INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
 
Ficha de Axuda
* Aviso: A información contida neste resumo ten únicamente efectos informativos, cómpre consultar a orde publicada no DOG para obter a información completa.
   
FICHA EN WORD
VIXENCIA * LEXISLACIÓN

Xerar documento de Word imprimible.

A data de vixencia da axuda é 01/11/2006
Texto completo
ORGANISMO
AGADER - Axencia Galega de Desenvolvemento Rural
AMBITO DE ACTUACIÓN DO PROGRAMA
1. TÍTULO DO PROGRAMA / AXUDA
Programa AGADER
2. FINALIDADE / OBXECTIVO
Programa propio da comunidade autónoma que ten como finalidade fomentar o desenvolvemento e frear o despoboamento do medio rural galego e estender as actuacións previstas no Programa Proder II a un maior número de zonas rurais.


3. TIPOS DE APOIO
Subvención a fondo perdido, establecida como unha porcentaxe sobre o total do investimento aceptado
4. BENEFICIARIOS POTENCIAIS
No caso de actividades produtivas: empresarios individuais, sociedades mercantís, sociedades agrarias de transformación, cooperativas, sociedades laborais e calquera outra entidade con personalidade xurídica propia así como entidades públicas de carácter local que cumpran os seguintes requisitos:
- Acometer un proxecto de investimento na zona de aplicación do programa.
- Ter carácter de pequena empresa (agás as entidades públicas de carácter local) nos termos establecidos no Regulamento (CE) 70/2001.
- No caso de sociedades, cumprir o criterio de independencia.
No caso de actividades non produtivas: concellos, mancomunidades e outras institucións e entidades públicas ou privadas de natureza asociativa ou colectiva cos mesmos requisitos.



5. SECTORES INCENTIVABLES
Aqueles comprendidos no programa do Grupo de Acción local e que respondan á promoción e desenvolvemento das zonas rurais.
6. REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO

- Tratarse dun proxecto de nova creación, ampliación, modernización e/ou traslado de empresa.
- Ser viable técnica, económica e financeiramente.
- Non ter iniciados os investimentos antes da solicitude de axuda.
- Respectar as disposicións vixentes na materia de que se trate.
- Xerar ou manter emprego.
- Contribuír a corrixir os desequilibrios territorais, sectorais e produtivos.


7. CUALIFICACIÓN REQUERIDA DO PROXECTO
Axeitarse á estratexia do Grupo de Acción local e obter unha valoración positiva por parte do mesmo.
- Recibir informe técnico favorable de subvencionabilidade por parte de AGADER.


8. INVESTIMENTOS E/OU GASTOS COMPUTABLES
- Construción, adquisición ou mellora de bens inmobles (no caso de adquisición o custo subvencionable non poderá sobrepasar o 25% do investimento total auxiliable).
- Adquisición de terreos (límite 10% do investimento total auxiliable).
- Maquinaria, instalacións, ferramenta e mobiliario novos ou de segunda man que cumpran determinados requisitos.
- Equipos para procesos de informatización e comunicación.
- Elementos de transporte interno.
- Honorarios por redacción de proxectos ou estudos e adquisición de patentes ou licenzas (límite o 12% do investimento total auxiliable).
No caso de actividades de carácter non produtivo ademais serán subvencionables os gastos de funcionamento dos Grupos de Acción local, os investimentos e as actividades de interese.

9. CONTÍA DAS AXUDAS
-Límite máximo no caso de investimentos produtivos: 54% do investimento aceptado co límite de 250.000 €.
-Límite máximo no caso de investimentos de carácter non produtivos: 100% do investimento aceptado. Co límite de 500.000 €.
A subvención acadada por cada proxecto virá determinada pola aplicación do baremo aprobado por cada Grupo de Acción local onde se valoran distintos aspectos como por exemplo: adecuación ao programa, creación de emprego, utilización de factores produtivos da zona, etc.


10. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Con carácter xeral ata o 01-11-2006.
Os Grupos de Acción local poderán establecer os seus propios prazos e convocatorias máis restritivos.


11. INCOMPATIBILIDADES
-
12. REFERENCIA LEXISLATIVA
Resolución do 16 de abril de 2002 pola que se convocan axudas aos programas de desenvolvemento rural de Galicia.
Real decreto 2/2002, do 11 de xaneiro (BOE 12-01-2002).
Decisión nº C (2001) 1245, do 18 de maio.


13. INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN EN

Teléfono de información: 981547355.
http://agader.xunta.es
Grupo de Acción local do territorio no que vai localizarse o proxecto.


14. OBSERVACIÓNS
Terá consideración de pequena empresa nos termos do Regulamento (CE) 70/2001 a unidade económica con personalidade física ou xurídica que reúna os seguintes requisitos:
- Empregar menos de 50 traballadores (a media mensual do cadro de persoal no último ano financeiro pechado).
- Ter un volume de negocio anual non superior aos 7 millóns de euros ou ben un balance xeral non superior aos 5 millóns de euros.
- Cumprir o criterio de independencia (basicamente, non estar participada en máis dun 25% por outras empresas que non cumpran as condicións de Pequena Empresa).

A solicitude de axuda debe conter, como mínimo, os seguintes datos:
- Identificación legal do solicitante.
- Memoria e proxecto valorado dos investimentos.
- Certificados de estar ao corrente de pago coa Administración tributaria estatal e autonómica e a Seguridade Social.
- Compromiso de manter o destino do investimento e xeración de emprego durante os cinco anos posteriores á cerficación final do investimento.
- Declaración xurada doutras axudas solicitadas ou recibidas doutras administracións.
- Acreditación da propiedade ou capacidade legal do uso e desfrute dos bens inmobles onde se pretende executar o investimento.
- Permisos, inscricións, rexistros ou calquera outro requisito esixido pola comunidade autónoma e/ou concello para a actividade de que se trate.
- Compromiso de poñer a disposición do Grupo de Acción local, comunidade autónoma, organismo intermediario ou órganos da U. E. a documentación necesaria ata os cinco anos seguintes ao pago da axuda.
-Calquera outro documento que o Grupo de Acción local estime necesario.


 
 
IGAPE - Instituto Galego de Promoción Económica - * Aviso Legal