INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
 
Ficha de Axuda
* Aviso: A información contida neste resumo ten únicamente efectos informativos, cómpre consultar a orde publicada no DOG para obter a información completa.
   
FICHA EN WORD
VIXENCIA * LEXISLACIÓN

Xerar documento de Word imprimible.

A data de vixencia da axuda é 01/11/2006
Texto completo
ORGANISMO
AGADER - Axencia Galega de Desenvolvemento Rural
AMBITO DE ACTUACIÓN DO PROGRAMA
1. TÍTULO DO PROGRAMA / AXUDA
Leader +
2. FINALIDADE / OBXECTIVO
Fomento das estratexias orixinais de desenvolvemento sostido e de calidade no medio rural a través de actividades e investimentos de carácter produtivo, non produtivo e formativo.


3. TIPOS DE APOIO
Subvención a fondo perdido establecida como unha porcentaxe sobre o total do investimento aceptado.
4. BENEFICIARIOS POTENCIAIS
Para actividades e investimentos de carácter produtivo: empresarios individuais, sociedades mercantís, sociedades agrarias de transformación, cooperativas, sociedades laborais e calquera outra entidade con personalidade xurídica propia así como entidades públicas de carácter local que cumpran os seguintes requisitos:
- Acometer un proxecto de investimento na zona de aplicación do programa.
- Ter carácter de pequena empresa (agás as entidades públicas de carácter local) nos termos establecidos no Regulamento (CE) 70/2001.
- No caso de sociedades, cumprir o criterio de independencia.

Para actividades e investimentos de carácter non produtivo: concellos, mancomunidades e outras institucións e entidades públicas ou privadas de natureza asociativa ou colectiva cos mesmos requisitos.

Para actividades formativas: Grupos de Acción local e asociacións.

5. SECTORES INCENTIVABLES
Todos sempre e cando os proxectos demostren o seu carácter innovador, piloto e transferible e poidan encadrarse nos eixos da iniciativa: utilización de novos coñecementos e tecnoloxías, mellora da calidade de vida, valorización dos produtos locais e valorización dos recursos naturais e culturais.


6. REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO
- Tratarse dun proxecto de nova creación, ampliación, modernización e/ou traslado de empresa.
- Ser viable técnica, económica e financeiramente.
- Non ter iniciados os investimentos antes da solicitude de axuda.
- Respectar as disposicións vixentes na materia de que se trate.
- Xerar ou manter emprego.
- Contribuír a corrixir os desequilibrios territorais, sectorais e produtivos.
- Demostrar o seu carácter innovador, piloto e transferible.
No caso de proxectos de formación deben ser destinados á formación profesional de persoas activas que persigan mellorar a estabilidade e o mantemento do emprego.


7. CUALIFICACIÓN REQUERIDA DO PROXECTO
- Axeitarse á estratexia do Grupo de Acción local e obter unha valoración positiva polo mesmo.
- Recibir o informe técnico de subvencionabilidade por parte do organismo intermediario (AGADER).



8. INVESTIMENTOS E/OU GASTOS COMPUTABLES
- Construción, adquisición ou mellora de bens inmobles (no caso de adquisición, o custo subvencionable non poderá sobrepasar o 25% do investimento total auxiliable).
- Adquisición de terreos (límite 10% do investimento total auxiliable).
- Maquinaria, instalacións, ferramenta e mobiliario novos ou de segunda man que cumpran determinados requisitos.
- Equipos para procesos de informatización e comunicación.
- Elementos de transporte interno.
- Honorarios por redacción de proxectos ou estudos e adquisición de patentes ou licenzas (límite 12% do investimento total auxiliable).
No caso de actividades de carácter non produtivo ademais serán subvencionables os gastos de funcionamento dos Grupos de Acción local, os investimentos e as actividades de interese.
No caso de proxectos de formación serán elixibles, entre outros, os custos do equipo formador, o alugamento dos locais e de equipos materiais.


9. CONTÍA DAS AXUDAS
-Límite máximo no caso de investimentos produtivos: 54% do investimento aceptado co límite de 250.000 €.
-Límite máximo no caso de investimentos de carácter non produtivos: 100% do investimento aceptado co límite de 500.000 €.
A subvención acadada por cada proxecto virá determinada pola aplicación do baremo aprobado por cada Grupo de Acción local onde se valoran distintos aspectos como por exemplo: adecuación ao programa, creación de emprego, utilización de factores produtivos da zona, etc.

10. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Con carácter xeral ata o 01-11-2006.
Os Grupos de Acción local poderán establecer os seus propios prazos e convocatorias máis restritivos.


11. INCOMPATIBILIDADES
Calquera outra axuda cofinanciada con fondos comunitarios.


12. REFERENCIA LEXISLATIVA
Resolución do 10 de agosto de 2001 pola que se comunica a apertura do prazo de presentación de proxectos para acollerse á iniciativa comunitaria Leader.
Real decreto 2/2002, do 11 de xaneiro (BOE 12-01-2002).
Decisión nº C (2001) 1245, do 18 de maio.


13. INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN EN
Teléfono de información: 981547355.
http://agader.xunta.es
Grupo de Acción local do territorio no que vai localizarse o proxecto.



14. OBSERVACIÓNS
Terá consideración de pequena empresa nos termos do Regulamento (CE) 70/2001 a unidade económica con personalidade física ou xurídica que reúna os seguintes requisitos:
- Empregar menos de 50 traballadores (a media mensual do cadro de persoal no último ano financeiro pechado).
- Ter un volume de negocio anual non superior aos 7 millóns de euros ou ben un balance xeral non superior aos 5 millóns de euros.
- Cumprir o criterio de independencia (basicamente, non estar participada en máis dun 25% por outras empresas que non cumpran as condicións de pequena empresa).

A solicitude de axuda debe conter, como mínimo, os seguintes datos:
- Identificación legal do solicitante.
- Memoria e proxecto valorado dos investimentos.
- Certificados de estar ao corrente de pago coa Administración tributaria estatal e autonómica e a Seguridade Social.
- Compromiso de manter o destino do investimento e a xeración de emprego durante os cinco anos posteriores á cerficación final do investimento.
- Declaración xurada doutras axudas solicitadas ou recibidas doutras administracións.


 
 
IGAPE - Instituto Galego de Promoción Económica - * Aviso Legal