FICHA EN WORD |
VIXENCIA |
*
LEXISLACIÓN |
Xerar documento de Word imprimible. |
A data de vixencia da
axuda é 01/11/2006 |
|
|
|
ORGANISMO
|
AGADER - Axencia Galega de
Desenvolvemento Rural
|
AMBITO DE
ACTUACIÓN DO PROGRAMA |
|
1. TÍTULO
DO PROGRAMA / AXUDA |
Proder
II
|
2.
FINALIDADE / OBXECTIVO |
Xerar unha
actividade socioeconómica local e consolidar un tecido produtivo
vivo diversificado e competitivo no medio rural mediante as
seguintes axudas: a) Actividades e investimentos de carácter
produtivo. b) Actividades e investimentos de carácter non
produtivo.
|
3. TIPOS
DE APOIO |
Subvención a
fondo perdido, establecida como unha porcentaxe sobre o total do
investimento aceptado.
|
4.
BENEFICIARIOS POTENCIAIS |
Para actividades
e investimentos de carácter produtivo: empresarios individuais,
sociedades mercantís, sociedades agrarias de transformación,
cooperativas, sociedades laborais e calquera outra entidade con
personalidade xurídica propia así como entidades públicas de
carácter local que cumpran os seguintes requisitos: - Acometer
un proxecto de investimento na zona de aplicación do programa. -
Ter carácter de pequena empresa (agás as entidades públicas de
carácter local) nos termos establecidos no Regulamento (CE) 70/2001.
- No caso de sociedades, cumprir o criterio de independencia.
Para actividades e investimentos de carácter non produtivo:
concellos, mancomunidades e outras institucións e entidades públicas
ou privadas de natureza asociativa ou colectiva cos mesmos
requisitos.
|
5.
SECTORES INCENTIVABLES |
Aqueles
comprendidos no programa do Grupo de Acción local e que respondan á
promoción e desenvolvemento das zonas rurais.
|
6.
REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO |
- Tratarse dun
proxecto de nova creación, ampliación, modernización e/ou traslado
de empresa. - Ser viable técnica, económica e financeiramente.
- Non ter iniciados os investimentos antes da solicitude de
axuda. - Respectar as disposicións vixentes na materia de que se
trate. - Xerar ou manter emprego. - Contribuír a corrixir os
desequilibrios territorais, sectorais e produtivos.
|
7.
CUALIFICACIÓN REQUERIDA DO PROXECTO |
- Axeitarse á
estratexia do Grupo de Acción local e obter unha valoración positiva
polo mesmo. - Recibir o informe técnico de subvencionabilidade
por parte do organismo intermediario (AGADER).
|
8.
INVESTIMENTOS E/OU GASTOS COMPUTABLES |
- Construción,
adquisición ou mellora de bens inmobles (no caso de adquisición, o
custo subvencionable non poderá sobrepasar o 25% do investimento
total auxiliable). - Adquisición de terreos (límite 10% do
investimento total auxiliable). - Maquinaria, instalacións,
ferramenta e mobiliario novos ou de segunda man que cumpran
determinados requisitos. - Equipos para procesos de
informatización e comunicación. - Elementos de transporte
interno. - Honorarios por redacción de proxectos ou estudos e
adquisición de patentes ou licenzas (límite 12% do investimento
total auxiliable). No caso de actividades de carácter non
produtivo ademais serán subvencionables os gastos de funcionamento
dos Grupos de Acción local, os investimentos e as actividades de
interese. No caso de proxectos de formación serán elixibles,
entre outros, os custos do equipo formador, o alugamento dos locais
e de equipos materiais.
|
9. CONTÍA
DAS AXUDAS |
-Límite máximo
no caso de investimentos produtivos: 54% do investimento aceptado co
límite de 250.000 €. -Límite máximo no caso de investimentos de
carácter non produtivos: 100% do investimento aceptado co límite de
500.000 €. A subvención acadada por cada proxecto virá
determinada pola aplicación do baremo aprobado por cada Grupo de
Acción local onde se valoran distintos aspectos como por exemplo:
adecuación ao programa, creación de emprego, utilización de factores
produtivos da zona, etc.
|
10. PRAZO
DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES |
Con carácter
xeral ata o 01-11-2006. Os Grupos de Acción local poderán
establecer os seus propios prazos e convocatorias máis restritivos.
|
11.
INCOMPATIBILIDADES |
Calquera outra
axuda cofinanciada con fondos comunitarios.
|
12.
REFERENCIA LEXISLATIVA |
Resolución do 10
de agosto de 2001 pola que se comunica a apertura do prazo de
presentación de proxectos para acollerse á iniciativa comunitaria
Leader. Real decreto 2/2002, do 11 de xaneiro (BOE 12-01-2002).
Decisión nº C (2001) 1245, do 18 de maio.
|
13.
INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN EN |
Teléfono de
información: 981547355. http://agader.xunta.es Grupo de
Acción local do territorio no que vai localizarse o proxecto.
|
14.
OBSERVACIÓNS |
Terá
consideración de pequena empresa nos termos do Regulamento (CE)
70/2001 a unidade económica con personalidade física ou xurídica que
reúna os seguintes requisitos: - Empregar menos de 50
traballadores (a media mensual do cadro de persoal no último ano
financeiro pechado). - Ter un volume de negocio anual non
superior aos 7 millóns de euros ou ben un balance xeral non superior
aos 5 millóns de euros. - Cumprir o criterio de independencia
(basicamente, non esta participada en máis dun 25% por outras
empresas que non cumpran as condicións de pequena empresa).
A solicitude de axuda debe conter, como mínimo, os seguintes
datos: - Identificación legal do solicitante. - Memoria e
proxecto valorado dos investimentos. - Certificados de estar ao
corrente de pago coa Administración tributaria estatal e autonómica
e a Seguridade Social. - Compromiso de manter o destino do
investimento e xeración de emprego durante os cinco anos posteriores
á cerficación final do investimento. - Declaración xurada
doutras axudas solicitadas ou recibidas doutras administracións.
- Acreditación da propiedade ou capacidade legal do uso e
desfrute dos bens inmobles onde se pretende executar o investimento.
- Permisos, inscricións, rexistros ou calquera outro requisito
esixido pola comunidade autónoma e/ou concello para a actividade de
que se trate. - Compromiso de poñer a disposición do Grupo de
Acción local, comunidade autónoma, organismo intermediario ou
órganos da U. E. a documentación necesaria ata os cinco anos
seguintes ao pago da axuda. - Calquera outro documento que o
Grupo de Acción local estime necesario.
|