Boletín Nº 76. Miércoles, 6 de abril de 2005

- IV. ADMINISTRACIÓN LOCAL - IV.1 PROVINCIAL - DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA - SERVICIO DE FOMENTO - SECCIÓN DE PROMOCIÓN ECONÓMICA


ANUNCIO  Pág. 4554  Reg. 3946-x.  

Siguiente

Convocatoria de programa de subvencións dirixida ós Grupos de Acción Local da Provincia da Coruña.

Por resolución da presidencia nº . 4.637 de 21 de marzo de 2005, aprobouse o seguinte

CONVOCATORIA DO PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS DE PROMOCIÓN ECONÓMICA, DIRIXIDA ÓS GRUPOS DE ACCIÓN LOCAL DA PROVINCIA DA CORUÑA

1.-Finalidade e obxecto.

A finalidade desta convocatoria é apoiar mediante a concesión de subvencións aos Grupos de Acción Local da provincia da Coruña, coa intención de colaborar cos concellos que os compoñen e que poidan dispoñer dos medios necesarios no mantenemento das suas actividades e a consecución dos seus fins.

Os Grupos de Acción Local cumpren unha función fundamental no desenvolvemento rural e teñen por obxecto promover e coordina-lo desenvolvemento rural da provincia, mellora-las condicións de vida e contribuir a frea-lo despoboamento do territorio rural, mediante a aplicación, planificación e xestión dos programas de desenvolvemento rural Leader +, Proder II e Agader.2005.

Non poderan ser obxecto de axuda na presente convocatoria as actividades ou investimentos subvencionados, nos mesmo exercicio, a través doutras convocatorias de subvencións ou de planos provinciais da Deputación.

2.-Solicitantes.

Poderán optar ó presente programa os Grupos de Acción Local que cumpran os seguintes requisitos:

. Estar legalmente constituidos.

. Ter como ámbito de actuación municipios perteñecentes a provincia da Coruña, na sua totalidade o en parte.

. Carecer de fins de lucro.

. Non estar incursa en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas.

. Estar ó día nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, asi mesmo deberán estar ó corrente das súas obrigas fiscais coa Deputación da Coruña.

3.-Condicións.

Os Grupos de Acción Local que desexen participar no programa de subvencións, deberán:

. Asumir o compromiso de integración, previos os trámites legais e acordos que legalmente procedan, a Excma. Deputación Provincial da Coruña nos seus órganos rectores: Comisión Permanente, Junta Directiva e Comisión de Traballo.

A Deputación concederá 6.000,- euros por cada un dos concellos que perteñecendo a provincia da Coruña, compoñan a Asociación.

4.-Documentación.

Deberán achegar a seguinte documentación:

a) Fotocopia compulsada dos estatutos.

b) Fotocopia compulsada da tarxeta do CIF da asociación.

c) Certificación dos datos bancarios, segundo modelo aprobado pola Deputación.

d) Declaración de estar ao corrente das obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

e) Acreditar mediante certificación do Secretario da entidade os concellos que a compoñen perteñecentes a provincia da Coruña.

f) Certificación do acordo adoptado polo órgano correspondente no que se aproba participar neste programa e nomeamento do representante para as súas relacións coa Deputación.

g) Fotocopia da tarxeta do NIF do representante.

h) Declaración do representante non estar incurso en causas de incompatibilidade ou incapacidade para contratar coa administración pública, asi como aceptación das bases.

i) Autorización para que a Deputación poda obter as certificacións da Axencia Estatal da Administración Tributaria e da Tesorería da Seguridade Social nas que se acredite que a entidade está ó corrente nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social no momento de recoñecer as obrigacións e ordear os pagos das subvencións.

j) Certificación da composición da actual xunta directiva, especificando a duración do seu mandato.

k) Memoria das actividades desenvolvidas durante o ano 2004.

l) Orzamento correspondente a o ano 2005.

As fotocopias da documentación que se entregue deberán estar compulsadas.

De conformidade co art. 35f) da Lei 30/1992, se os documentos solicitados nos apartados a), b), c) e g) están en poder da Deputación, o solicitante non terá que remitilos novamente, pero haberá de sinalar a data e a dependencia na que se presentaron anteriormente.

O defecto, erro ou ausencia na presentación da documentación á que se refire esta base, deberá ser subsanado no prazo de dez días dende a recepción do requirimento.

5.-Lugar e prazo de presentación.

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación e na forma prevista no artº . 38,4 da Lei 30/92 de réximen xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación de solicitudes comenzará ó día seguinte á publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial da provincia e rematará o 6 de maio de 2005.

6.-Resollución das solicitudes.

A aprobación das axudas determinaránse mediante resolución da presidencia, a proposta motivada da correspondente comisión avaliadora e requerirá informe do Servicio de Fomento, no que conste que da información obrante no seu poder, derívase que os beneficiarios cumplen todos os requisitos necesarios para acceder as subvencións.

A comisión avaliadora estará composta polos seguintes membros:

Presidente: Deputado presidente da Comisión de Promoción Económica, Emprego e Turismo.

Vocais: Tres deputados designados polo presidente da Deputación.

Na comisión actuará como secretario, sen voto, un funcionario do Servicio de Fomento.

6.1) Valoración das solicitudes.

O importe a conceder, será de 6.000 euros por cada un dos concellos, que perteñecentes a provincia da Coruña, formen parte da Asociación.

A subvención concedida irá destinada a gastos correntes.

7.-Xustificación e pagamento.

Aboarase o 50 % do importe concedido unha vez aprobada a subvención, pola comisión avaliadora como anticipo prepagable, a xustificar, ao cumplimento do mesmo e previa presentación de aval pola cuantía da cantidade anticipada e certificación bancaria da conta na que se aboará a aportación provincial.

O importe anticipado ingresaráse na conta específica, con cargo á que soamente realizaránse cargos derivados do orzamento obxecto do convenio, autorizándose expresamente á Deputación Provincial e aos órganos de control interno e externo á verificación dos movementos realizados na mesma.

As entidades deberán acreditar que están ó corrente nas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

O 50% restante, previa a presentación da certificación da liquidación do orzamento do ano 2005.

E acreditación de estar ó corrente nas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

7.1) Tramitación da xustificación.

A cantidade concedida, xustificarase mediante a certificación de la liquidación do prosuposto, correspondente a o ano 2005.

Asimesmo deberán detallar as subvencións o axudas de outras administracións públicas ou entidades privadas para o mesmo obxecto ou, pola contra, declaración de non ter outras subvencións públicas ou privadas para o mesmo obxecto.

Se a cantidade xustificada na liquidación do presuposto, que corresponda a gastos correntes e superior a o importe concedido, manterase o importe da subvención.

Se o importe xustificado na liquidación do presuposto, que corresponda a gastos correntes, e inferior a o importe concedido, a subvención reducirase ata o importe realmente xustificado.

Se o importe xustificado dera lugar a unha subvención provincial inferior o anticipo librado, unha vez determinado o importe definitivo da mesma, tramitárese o reintegro do anticipo librado xunto cos intereses de demora na cuantía correspondente.

Asimesmo, no caso de concurrencia de subvencións públicas que se atopen xustificadas , poderá aportarse certificación da Administración concedente, na que se detallen os conceptos subvencionados e os importes xustificados.

Disposición adicional primeira.

Con carácter xeral admitiranse fotocopias da documentación presentada sempre que veñan compulsadas:

- Diante do notario

- Polo Rexistro Xeral da Deputación da Coruña

- Polo órgano administrativo que teña no seu poder os documentos orixinais

Disposición adicional segunda.

Para o non previsto nesta convocatoria serán de aplicación as normas incluídas nas bases de execución do presuposto xeral da Deputación da Coruña para exercicio de 2005 e na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

A Coruña, 21 de marzo do 2005.

O presidente en funcións,

Asdo.: Xaime Bello Costa.

O secretario,

Asdo.: José Luis Almau Supervía.

 

Reg. 3946-x