Diario Oficial de Galicia
luns, 18 de febreiro de 2008
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
Número do Dog:
34
Páxina do Dog:
2.650
Data da Disposición:
30 de xaneiro de 2008
Sección:
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
Organismo:
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Rango:
Orde
Título:
Orde do 30 de xaneiro de 2008 pola que se establecen as bases e
se convocan para o ano 2008 as axudas para o fomento das frondosas
caducifolias.
Orde do 30 de xaneiro de 2008 pola que
se establecen as bases e se convocan para o ano 2008 as axudas para o fomento
das frondosas caducifolias.
O Regulamento (CE) nº 1698/2005 do Consello,
de 20 de setembro de 2005, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do
Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no seu artigo 45
establece a primeira forestación de terras non-agrícolas.
O
Real decreto 2128/2004, do 29 de outubro, polo que se regula o sistema de
información xeográfica de parcelas agrícolas, establece as normas de aplicación
deste sistema e a súa utilización como instrumento de xestión no marco do
sistema integrado de xestión e control e resto de réximes de axuda relacionados
coa superficie da política agrícola común. Así mesmo, a Orde do 24 de xaneiro de
2005 (Diario Oficial de Galicia nº 19, do 28 de xaneiro), da Consellería de
Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, establece o Sistema de
Información Xeográfica de Parcelas Agrícolas en Galicia.
A
Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais
de Galicia, e o Decreto 105/2006, do 22 de xuño, regulan as medidas relativas á
prevención de incendios forestais, á protección dos asentamentos no medio rural
e á regulación de aproveitamentos e repoboacións forestais.
A
Xunta de Galicia, de acordo co establecido no artigo 27.10º do Estatuto de
autonomía, ten competencia exclusiva en materia de montes e aproveitamentos
forestais.
A Consellería do Medio Rural, segundo o
establecido no Decreto 175/2007, do 13 de setembro (Diario Oficial de Galicia nº
186, do 25 de setembro), polo que se modifica o Decreto 562/2005, do 1 de
decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio
Rural e do Fondo Galego de Garantía Agraria, é o organismo competente para a
xestión destas axudas que teñen como obxectivos os seguintes:
a) Fomentar a plantación de frondosas caducifolias.
b) Favorecer o aumento da
biodiversidade.
c) A diminución do risco de incendio mediante a creación de devasas con
frondosas caducifolias.
d) A protección dos
núcleos rurais contra os incendios forestais mediante a creación de devasas
naturais con frondosas.
e) Incidir na mellora da
paisaxe.
f)
Contribuír a incrementar a cuberta forestal a longo prazo e ao mantemento ou
recuperación da biodiversidade e dun ecosistema forestal san, así como
contribuír á función protectora dos bosques.
A Lei 9/2007, do 13 de
xuño, de subvencións de Galicia, ten por obxecto a regulación do réxime xurídico
propio das subvencións cuxo establecemento e xestión lles corresponde á
Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, organismos e demais entidades
vinculadas ou dependentes desta, así como tamén ás entidades locais de Galicia,
incluídos os organismos e entidades dependentes delas.
De conformidade co previsto no artigo 30.1º 3 do Estatuto de autonomía de
Galicia, e no uso das facultades que confiren os artigos 7 e 14 da Lei 9/2007,
do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
De acordo co disposto na
Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, e
demais normativa concorrente,
DISPOÑO:
Artigo
1º.-Obxecto.
Constitúe o obxecto desta orde establecer as bases e convocar para o ano
2008 as axudas para o fomento das frondosas caducifolias, mediante a súa
plantación.
Artigo 2º.-Ámbito de aplicación.
O disposto nesta orde
será de aplicación para todo o territorio forestal da Comunidade Autónoma de
Galicia, con exclusión de:
-Os bosques ou outras
superficies forestais que sexan propiedade da Administración central ou
autonómica.
-Os bosques e outras superficies forestais
propiedade da Coroa.
-Os bosques propiedade de persoas xurídicas, cando polo menos o 50% do
seu capital pertenza a algunha das institucións anteriormente
citadas.
Artigo 3º.-Beneficiarios.
Poderán ser beneficiarios
das axudas expostas nesta orde os propietarios particulares, as agrupacións
destes propietarios, as cooperativas agrarias, os pro indivisos, as comunidades
de bens, as entidades locais, outras persoas xurídicas e as comunidades de
montes veciñais en man común.
Non poderán ser
beneficiarios as persoas físicas ou xurídicas que non sexan propietarios dos
terreos obxecto de axuda. Non se admite a cesión por parte do propietario do
terreo a un terceiro.
Artigo 4º.-Actuacións
obxecto de axuda e importes de investimento.
As especies que se van empregar nas actuacións
abaixo indicadas e os traballos que se van realizar son os indicados nos anexos
II e III desta orde.
Os importes de subvención corresponderanse, como
máximo, co 80% do valor máximo de investimento no caso de que os traballos que
se van realizar se atopen en zonas desfavorecidas (anexo XI) e co 70% do valor
máximo de investimento no resto dos casos:
1ª Epígrafe. Plantación
de frondosas caducifolias.
O valor máximo de investimento por hectárea de
actuación é de 2.290 euros, e neste importe inclúese o tratamento da vexetación
preexistente (roza, ou roza e fresado), a preparación do terreo (sempre
aburatamento con retroescavadora, aburatamento mecánico con riper modificado,
nunca subsolaxe soa, sempre acompañada de aburatamento agás subsolaxe cruzada),
plantación manual, a planta, a colocación de protectores e a
fertilización.
2ª Epígrafe. No caso de aproveitamentos
silvopastorais, plantación de castiñeiros en marcos amplos ou no caso doutro
aproveitamento na superficie, o valor máximo de investimento por hectárea de
actuación é de 1.200 euros.
No caso dos pro
indivisos, as comunidades de bens, as cooperativas agrícolas, CMVMC, entidades
locais, outras persoas xurídicas ou agrupacións de propietarios poderase
subvencionar ademais o peche da plantación realizada, sempre e cando a
superficie de actuación supere as 10 hectáreas e se xustifique a súa necesidade
(gando, fauna cinexética ...), sendo o valor máximo do peche por hectárea de
actuación de 280 euros e ata 7.000 euros por km de peche. A colocación de
protectores poderase subvencionar independentemente do tipo de beneficiario,
sempre e cando se xustifique a súa necesidade (gando, fauna
cinexética...).
En terreos agrícolas abandonados, excepto no caso
de entidades locais, pagaranse cinco (5) primas de mantemento, contadas a partir
do ano seguinte ao do pagamento da forestación con frondosas caducifolias e para
pagar nos anos 1, 2, 3, 4 e 5; esta prima de mantemento está destinada aos
coidados culturais mínimos e ao mantemento da forestación realizada, e o importe
de cada prima de mantemento será de 300 euros/ha.
Son terras agrícolas abandonadas aqueles terreos de ermo, terreo con
arbustos e matos ou arboredo cunha fracción de cabida cuberta inferior ao 20%,
que tradicionalmente tiveron un aproveitamento agrícola / gandeiro e que non
recibiron ningunha utilización, nin intervención agraria durante os últimos dez
(10) anos.
Artigo 5º.-Distribución do crédito.
O financiamento previsto
no artigo 16º desta orde distribúese do seguinte xeito:
-Propietarios
particulares de xeito individual: 20%.
-Agrupacións de propietarios particulares,
cooperativas agrícolas, pro indivisos, comunidades de bens, entidades locais e
outras persoas xurídicas (S.A., S.L. ...): 40%.
-CMVMC con superficie total clasificada inferior ou igual a 25 hectáreas:
20%.
-CMVMC
con superficie total clasificada superior a 25 hectáreas: 20%.
No caso de que unha vez
priorizados os expedientes solicitados non se cubra a totalidade do importe
especificado nas epígrafes, os importes sobrantes das epígrafes pasará aos
demais para lles facer fronte aos expedientes solicitados, se é o
caso.
Artigo 6º.-Superficies mínimas e máximas para
solicitar axudas.
1. Para solicitudes realizadas por propietarios particulares de xeito
individual, a superficie mínima continua de actuación é de 0.5 hectáreas e a
máxima de 3 hectáreas non admitíndose máis dun couto redondo por solicitude e
concello.
2. No caso de comunidades de montes veciñais en
man común, cooperativas agrícolas, proindivisos, comunidades de bens, entidades
locais, outras persoas xurídicas ou agrupacións de propietarios particulares, a
superficie mínima continua de actuación será de 1 hectárea e a máxima 15
hectáreas, admitíndose máis dun couto redondo por solicitude, sempre e cando
supere a superficie mínima.
Artigo 7º.-Criterios de
prioridade.
Cando as solicitudes presentadas superen as dispoñibilidades
orzamentarias previstas nesta orde, atenderanse as solicitudes de maior a menor
puntuación, dentro de cada un dos puntos do artigo 5º, segundo o baremo
seguinte:
Predios onde se van realizar os traballos
con:
-Linde
con zona húmida (valgada, etc.): 10 puntos.
-Linde con masa de frondosas caducifolias
existentes: 10 puntos.
-Linde zona agrícola (pastos...): 5
puntos.
-Linde con autoestrada, autovía ou estrada nacional: 7
puntos.
-Zona de concentración parcelaria de uso forestal: 3 puntos.
-Explotación prioritaria:
10 puntos.
-Parcela obxecto dos traballos lindante con infraestrutura forestal
(pista forestal, devasas...): 10 puntos.
-No caso de que a
superficie de actuación conte cun plan de xestión ou ordenación: 5
puntos.
-No caso de que a superficie de actuación se
atope a menos de 50 metros dun núcleo rural ou casa habitada e supoña un perigo
no caso de incendio: 5 puntos.
-Por cada beneficiario
que realizase un curso de formación en tratamentos silvícolas de frondosas: 2
puntos por beneficiario, ata un máximo de 8 puntos por solicitude de
axuda.
-Agrupacións de propietarios legalmente
constituídas: 15 puntos.
-Por cada membro da agrupación de propietarios,
do pro indiviso (copropietarios) ou da comunidade de bens: 5 puntos.
-No caso de montes veciñais en man común que invistan como mínimo o 15%
dos seus ingresos nos últimos tres exercicios fiscais (2004, 2005 e 2006) en
melloras do monte, aplicarase a puntuación maior das tres epígrafes
seguintes:
-Investimentos dun 15% a un 30% dos seus ingresos
nos últimos tres exercicios fiscais: 10 puntos.
-Investimentos de máis dun 30% a un 50% dos seus ingresos nos últimos
tres exercicios fiscais: 15 puntos.
-Investimentos de máis
dun 50% dos seus ingresos nos últimos tres exercicios fiscais: 20
puntos.
-No caso de montes veciñais en man común que
investisen nos últimos tres exercicios fiscais (2004, 2005 e 2006) un mínimo do
15 % dos seus ingresos noutros investimentos, que non sexan no monte pero que
vaian dedicados aos veciños ou teñan un fin social: 5 puntos.
-No caso de montes veciñais en man común sen ingresos nos últimos tres
exercicios fiscais (2004, 2005 e 2006): 10 puntos.
Para todos os casos, de existir empate, prevalecerá o número máis baixo
formado polas catro últimas cifras do DNI ou CIF do titular do
terreo.
Artigo 8º.-Condicións técnicas das
inversións.
1. Xunto coa solicitude de axuda presentarase un documento descritivo das
actuacións que se levarán a cabo; no caso dos propietarios particulares será
suficiente con presentar o anexo VI, e no caso de comunidades de montes veciñais
en man común, cooperativas agrícolas, pro indivisos, comunidades de bens,
entidades locais, outras persoas xurídicas ou agrupacións de propietarios
particulares, cando a axuda solicitada sexa aprobada, presentarase un proxecto,
cos mesmos datos que o documento descritivo, asinado por un enxeñeiro de montes
ou enxeñeiro técnico forestal e visado polo correspondente colexio oficial; no
caso de enxeñeiro técnico forestal deberá estar visado no colexio da Comunidade
Autónoma de Galicia e, en todo caso, nomearase un director de obra. O documento
descritivo das actuacións deberá conter, como mínimo, o seguinte:
-Estado legal do predio obxecto de solicitude de axuda: superficie,
localización, estremeiros, accesos...
-Descrición das
actuacións que se van levar a cabo.
-Especies que se van empregar, densidade
final....
-Cartografía: planos sobre mapas oficiais, preferentemente a escala
1:5.000, ou, no seu defecto, escala 1:10.000. No caso de CMVMC deberase
presentar a maiores planos a escala 1:25.000; no caso de agrupacións, incluirase
nos planos unha referencia que permita coñecer cal é a superficie con que
participa cada membro da agrupación, e, en calquera caso, ficha
Sixpac.
-Indicación de se os terreos se atopan en Rede
Natura 2000, en zonas de protección lateral do Camiño de Santiago ou se existen
obxectos ou restos materiais que formen parte do Rexistro de Bens de Interese
Cultural de Galicia.
-Farase constar nos documentos descritivos das
actuacións se a superficie de actuación se atopa dentro da Rede Natura 2000, e
solicitarase de forma interna, antes da aprobación da axuda, informe ao Servizo
de Conservación da Natureza; no caso de que este informe sexa desfavorable, non
se admitirá a trámite a solicitude de axuda, agás no caso de que a superficie
dispoña dun plan de xestión forestal aprobado e con informe favorable do
departamento competente en materia de ambiente. Non se poderán realizar
solicitudes de axuda sobre hábitats prioritarios.
A
planimetría do proxecto visado, que se presentará no caso de se aprobar a
solicitude de axuda, presentarase xeorreferenciada en coordenadas UTM, huso 29,
con referencia ao datum de traballo, en ficheiro DXF, obtido a partir dun plano
de escala mínima 1:10.000, e preferentemente 1:5.000. O ficheiro DXF deberá
estar estruturado da seguinte maneira:
Ver referencia pdf
"03400D009P014.PDF"
2. A densidade
inicial e final será:
-No caso de plantación de frondosas caducifolias
(punto 1 do artigo 4º desta orde): a densidade final mínima será de 625 pés/ha
(4×4 m), existindo a posibilidade de facer mesturas pé a pé, ata un máximo de
tres (3) especies.
-No caso de plantación de frondosas caducifolias
para aproveitamentos silvopastorais, castiñeiros en marco amplo, plantacións con
clons híbridos, planta mellorada, micorrizada ou enxertada ou casos doutro
aproveitamento na superficie (punto 2 do artigo 4º desta orde) permítese que a
densidade final sexa inferior os 625 pés/ha; no caso de que sexa inferior os 250
pés/ha deberase empregar castiñeiro enxertado (clave F26 e F27 do anexo III) e
xustificar debidamente os motivos da devandita densidade, non baixando nunca dos
100 pés/ha.
3. Características da planta:
-A planta empregada
deberá cumprir o Decreto 220/2007, do 15 de novembro, polo que se crea o sistema
oficial para o control da produción e comercialización dos materiais forestais
de reprodución e supletoriamente os requisitos de procedencia e calidade
exterior exixidos polo Real decreto 289/2003, e sanitarios, regulados polo Real
decreto 58/2005, do 21 de xaneiro.
-No caso de planta en
contedor, a planta deberá ser dun ou máis zumes e o tamaño mínimo do contedor
será de 300 cc, e de 200 cc para Alnus sp. e Betula sp.
-No caso de empregarse planta a raíz núa, esta deberá ser de dous ou máis
zumes, excepto no caso de clons híbridos.
4. Traballos:
-Na subsolaxe simple e
cruzada, a profundidade mínima do labor, medida desde o nivel do solo sen
alterar, será maior de 50 cm.
-No caso de realizarse
subsolaxe, esta sempre deberá ir acompañada dun aburatamento, agás no caso de
subsolaxe cruzada.
-O aburatamento deberá ter unha profundidade
mínima de 50 cm e unhas dimensións mínimas de 50×50 cm.
-A gradadura/ fresado só e poderá realiza en pendentes inferiores ao
15%.
-Na
preparación do terreo farase sempre aburatamento con retroexcavadora, aburatado
mecánico con ripper modificado, nunca subsolaxe soa, sempre acompañada de
aburatamento agás subsolaxe cruzada.
5. Durante cinco anos,
contados a partir da data de remate dos traballos, realizarase obrigatoriamente
o control da vexetación de competencia e a reposición de marras, e no caso de
que a plantación así o requira:
-Podas de formación e
calidade.
-Fertilización cando o estado da planta o demande.
6. As axudas só se
poderán pedir en terreos clasificados no Sixpac como: forestal (FO), pasto con
arboredo (PA, densidade inferior a 150 pés/ha) e pasto arbustivo
(PR).
7. Nos terreos obxecto de solicitude de axuda
deberase cumprir en todo caso o disposto na Lei 3/2007, do 9 de abril, de
prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia e no Decreto
105/2006, do 22 de xuño, que regula as medidas relativas á prevención de
incendios forestais, á protección dos asentamentos no medio rural e á regulación
de aproveitamentos e repoboacións forestais.
8. Nos terreos obxecto de
subvención, unha vez aprobada a axuda, colocarase en lugar visible desde o
acceso, como mínimo, un cartel identificativo, segundo o modelo indicado no
anexo IX, excepto no caso de propietarios particulares de xeito individual, nos
cales non é necesaria a colocación do cartel.
9. Poderanse tramitar peticións de axuda co obxecto de realizar traballos
en montes que teñan subscrito un convenio ou consorcio coa Xunta de Galicia,
logo de informe de viabilidade do Servizo Provincial de Montes e Industrias
Forestais correspondente. Os montes consorciados coa Administración non poden
solicitar as axudas dentro da superficie consorciada, ben que aqueles montes
para os cales se solicitase a rescisión do consorcio ou o paso a convenio con
anterioridade á publicación desta orde, si que poderán ser obxecto de axuda. Os
montes que teñan un convenio ou solicitasen o paso a convenio coa Xunta de
Galicia, antes de propoñerse a aprobación da axuda deberán ter un informe do
Servizo Provincial de Montes e Industrias Forestais correspondente.
10. En zonas cun procedemento de concentración parcelaria en execución
soamente serán aprobables as axudas solicitadas en terreos nos cales o acordo de
concentración parcelaria sexa firme. Non obstante, poderanse aprobar as axudas
nos casos en que non sendo firme o acordo, transcorresen seis meses desde a toma
de posesión dos predios de substitución, logo de informe favorable do Servizo
Provincial de Infraestruturas Agrarias.
Artigo
9º.-Solicitudes.
As solicitudes das axudas deberán ser cubertas nos modelos formalizados
para o efecto (anexo I) e facilitados polos órganos da Consellería do Medio
Rural. As ditas solicitudes presentaranse nas súas oficinas, nas súas
delegacións provinciais ou na forma prevista no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26
de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento
administrativo común, e irán dirixidas ao conselleiro do Medio
Rural.
Artigo 10º.-Documentación.
Os impresos, debidamente
cubertos, deberán ir acompañados da seguinte documentación:
1. En xeral:
a) Fotocopia do DNI, NIF ou CIF do beneficiario.
b) Documento descritivo
das actuacións ou anexo VI no caso de propietarios particulares.
c) Declaración do beneficiario da axuda do conxunto de todas as
solicitudes percibidas, solicitadas ou autorizadas para o mesmo proxecto ou
actividade que a axuda solicitada ao abeiro desta orde, ante as administracións
públicas competentes ou doutros entes públicos (anexo VIII).
d) Ficha Sixpac das parcelas obxecto de solicitude de axuda e anexo VIII
debidamente cuberto.
2. Para todo tipo de titulares de terreos,
excepto comunidades de montes veciñais en man común:
2.1. No caso de ser propietario dos terreos: fotocopia do título de
propiedade ou declaración xurada ou baixo a súa responsabilidade do titular da
propiedade. Na dita declaración farase constar: nome, apelidos e DNI do
propietario, nome dos predios, superficie e lindeiros obxecto dos traballos e
localización deles ou anexo VIII. No suposto de que o terreo sexa propiedade de
varios copropietarios (pro indiviso), ademais presentarase documento privado no
cal se acredite o consentimento de todos os condóminos e a designación dun
solicitante-representante. No caso de concentracións parcelarias sen títulos
presentarase un certificado do Servizo Provincial de Infraestruturas Agrarias e,
no caso de non dispor do dito certificado, presentarase unha declaración xurada
de propiedade e unha fotocopia da solicitude do devandito
certificado.
3. Para comunidades de montes veciñais en man
común:
3.1.
Certificado do acordo tomado en asemblea xeral, asinado polo secretario,
conforme autorizan o presidente da comunidade a pedirlle axudas á Consellería do
Medio Rural, para a execución das accións obxecto da solicitude.
4. Para agrupacións de propietarios particulares, cooperativas agrarias,
pro indivisos, comunidades de bens, outras entidades xurídicas e comunidades de
montes veciñais en man común:
-No caso de agrupacións
de propietarios, pro indivisos, cooperativas agrícolas, comunidades de bens e
comunidades de montes veciñais en man común, os membros da agrupación, os
copropietarios, os membros da comunidade de bens, cooperativa ou os comuneiros,
e cando menos os seus representantes, anexo VII conforme solicitaron un curso de
formación en silvicultura de frondosas caducifolias.
5. Documentación complementaria
5.1. No caso de explotación
prioritaria:
-Documento xustificativo de ser titular dunha explotación
prioritaria.
5.2. Para agrupacións de propietarios particulares:
-Anexo IV desta orde
debidamente cuberto.
-No caso de agrupacións legalmente constituídas: CIF e documento
acreditativo de constitución dela onde consten as persoas que forman parte da
devandita agrupación.
-No caso de cooperativas
agrarias: copia dos estatutos.
-No caso de comunidades de bens: documentación
acreditativa, documento asinado por todos os membros da comunidade de bens de
cumprir todos os compromisos e obrigas establecidos nesta orde, así como na
demais normativa concorrente, e nomeamento dun representante.
-No caso doutras entidades xurídicas: copia dos estatutos ou escrituras
de constitución e acreditación da persoa física que as representa.
-No caso de entidades locais: certificado do secretario municipal
conforme se informou á comisión de goberno da solicitude de axuda.
6. Documentación adicional.
6.1. Montes veciñais en man común que invistan
como mínimo o 15% dos seus ingresos en melloras do monte ou noutros
investimentos que vaian dedicados aos veciños, teñan un fin social nos últimos 3
exercicios fiscais (2004, 2005 e 2006) ou non teñan ingresos: anexo V
debidamente cuberto.
6.2. No caso de plantación de frondosas
caducifolias en terreos agrícolas abandonados: anexo VIII debidamente
cuberto.
Artigo 11º.-Prazos.
O prazo de presentación
de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación
no Diario Oficial de Galicia desta orde.
Deberase empregar un
impreso de solicitude para cada petición realizada sobre diferentes
concellos.
Cada titular poderá pedir axuda en cada
solicitude para un só punto do artigo 4.
Un titular poderá presentar un máximo de unha
solicitude por concello
Os traballos obxecto de solicitude de axuda non
se poderán iniciar antes da aprobación da axuda.
Artigo 12º.-Tramitación.
1. Unha vez presentada a solicitude revisarase a
súa documentación e, no caso de que conteña defectos ou omisións, seralle
requirida ao solicitante a emenda, outorgándolle un prazo de dez días hábiles
para facelo, de conformidade co disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, modificada
pola Lei 4/1999, con indicación de que, se así non o fixese, se terá por
desistido da súa petición arquivándose o expediente sen máis trámite cos efectos
previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999.
2. O órgano competente para levar a cabo a tramitación desta orde de
axudas é a Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais. Os servizos
provinciais de Montes e Industrias Forestais proporanlle a Dirección Xeral
Montes e Industrias Forestais, como órgano xestor, a aprobación das solicitudes
presentadas que cumpran todos os requisitos desta orde; a Dirección Xeral de
Montes e Industrias Forestais valorará as solicitudes de axuda segundo os
criterios de prioridade establecidos no artigo 7, emitirá un informe ao director
xeral de Montes e Industrias Forestais e este formulará proposta de resolución
de acordo co artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,
que remitirá ao conselleiro do Medio Rural. O conselleiro do Medio Rural
resolverá sobre a aprobación das axudas solicitadas en réxime de concorrencia
competitiva axustándose aos principios de publicidade, concorrencia,
obxectividade, transparencia, igualdade e non-discriminación.
3. A Consellería do Medio Rural notificará a aprobación e contía das
axudas ou a denegación razoada da solicitude no prazo máximo de nove meses, que
se poderá ampliar, segundo o indicado no artigo 49 da Lei 30/1992.
4. No caso de non recaer resolución expresa nun prazo de nove meses a
partir da data de entrada en vigor desta orde, o interesado poderá entender
desestimada a súa solicitude sen prexuízo da obriga legal de resolver
expresamente conforme o disposto nos artigos 42 e 44 da Lei 30/1992, do 26 de
novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento
administrativo común, modificada pola Lei 4/1999. Estas resolucións seranlle
notificadas a cada un dos solicitantes dentro do prazo de dez (10) días
seguintes ao da toma do acordo.
Contra a resolución
aprobatoria ou denegatoria, que esgota a vía administrativa, cabe a
interposición do recurso potestativo de reposición ante o conselleiro do Medio
Rural, no prazo dun mes que comezará a contar a partir do día seguinte ao da
recepción da notificación da resolución, ou no prazo de tres meses desde que se
entenda desestimada por silencio administrativo, ou ben ser impugnada
directamente ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous
meses, de acordo co disposto no artigo 117 da Lei 30/1992, modificada pola Lei
4/1999, e o artigo 46 da Lei 26/1998, do 13 de xullo, da xurisdición
contencioso-administrativa.
Artigo 13º.-Execución e
xustificación.
1. Na resolución indicarase o prazo para a execución dos traballos que,
con carácter xeral, non será inferior a dous meses.
2. No caso de comunidades de montes veciñais en man común, cooperativas
agrícolas, pro indivisos, comunidades de bens, entidades locais, outras persoas
xurídicas ou agrupacións de propietarios particulares, nun prazo dun mes contado
a partir da notificación da resolución de aprobación deberase presentar o
correspondente proxecto e o nomeamento do director de obra segundo o indicado no
artigo 8º desta orde.
En cumprimento do
disposto no artigo 29 punto 3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de
Galicia, dentro do devandito prazo dun mes, cando o importe do investimento
supere os 30.000 euros, o beneficiario deberá solicitar como mínimo tres ofertas
a diferentes provedores e presentalas xunto co proxecto. A elección entre as
ofertas presentadas realizarase conforme os criterios de eficiencia e economía,
debendo xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na
proposta económica máis favorable.
3. Dous funcionarios da
Consellería do Medio Rural realizarán unha inspección no campo para verificar as
superficies, comprobar os datos da solicitude e comprobar a viabilidade dos
traballos. Esta inspección poderase realizar antes da resolución de
aprobación.
4. A axuda definitiva será a resultante da
comprobación final realizada por dous funcionarios da Consellería do Medio
Rural, un deles distinto dos que realizaron a inspección en campo.
Coa comprobación final poderase modificar á baixa a cantidade aprobada
inicialmente, no caso de que se realizase un menor número de unidades de obra
das aprobadas.
No caso de que o importe xustificado polo
beneficiario coa notificación de remate dos traballos supere en máis dun 3 % o
importe da comprobación final realizada por dous funcionarios da Consellería do
Medio Rural, reducirase, ademais, a axuda a percibir resultante da comprobación
final na diferenza entre ambos os importes. Non obstante, non se aplicará
ningunha redución se o beneficiario pode demostrar que non é responsable da
inclusión do importe xustificado
Poderanse admitir
certificacións parciais, por petición por escrito do solicitante, para importes
de certificación superiores a 12.020,24 euros.
5. As prórrogas serán solicitadas motivadamente e cun mes de antelación
ao remate do prazo para a execución dos traballos. Terán unha duración máxima de
seis meses e serán propostas polos servizos de Montes e Industrias Forestais ao
director xeral de Montes e Industrias Forestais, quen elevará proposta ao
conselleiro do Medio Rural, que resolverá.
6. Xunto coa notificación
de remate dos traballos achegarase a seguinte documentación:
-Facturas polo importe total do investimento, de conformidade co disposto
no artigo 28 da Lei 9/2007, do 13 de xuño. No caso de que o beneficiario realice
os traballos polos seus propios medios, deberá presentar un documento
xustificativo de ter realizado os traballos polos seus propios medios (horas de
traballo/superficie, custo hora...), de posuír a maquinaria empregada na
realización dos traballos e os xustificantes dos gastos polo importe total do
investimento.
-Facturas da planta empregada.
-Certificación bancaria a
nome do titular do terreo; no caso de agrupacións, nesta conta deberán ser
titulares conxuntos todos os titulares que formen parte da agrupación, excepto
agrupacións legalmente constituídas. Nas agrupacións permítese a sinatura
mancomunada da conta bancaria nun membro da agrupación.
-Declaración doutras axudas solicitadas ou percibidas para os mesmos
fins.
7.
Pagamentos das primas de mantemento.
A) Os importes correspondentes ás primas de
mantemento poderán ser aboados, logo de solicitude (anexo X) anterior ao 30 de
xuño de cada ano en que se xunta factura ou, no caso de que o beneficiario
realice os traballos polos seus propios medios, deberá presentar un documento
xustificativo de ter realizado os traballos polos seus propios medios e os
xustificantes dos gastos polo importe total do investimento. No caso de
propietarios particulares que realizaron os traballos polos seus propios medios,
será suficiente a presentación dun documento xustificativo de ter realizado os
traballos polos seus propios medios e de posuír a maquinaria empregada na
realización dos traballos, a partir do ano seguinte a aquel en que se efectuou o
aboamento da certificación final dos traballos da reforestación, durante cinco
anos, sempre e cando se axusten ao disposto no artigo 8, punto 5.
b) Os pagamentos correspondentes ás primas de mantemento dos expedientes
solicitados ao abeiro desta orde efectuaranse sempre que o estado da masa sexa
satisfactorio de acordo co plan de controis.
Artigo
14º.-Comprobacións.
1. O beneficiario comprométese a someterse ás actuacións de control que
deba efectuar a entidade concedente e ás de control financeiro que correspondan
á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coas subvencións e
axudas concedidas e as previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do
Consello de Contas, de acordo co disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de
subvencións de Galicia, e as instancias de control comunitarias.
2. A solicitude non implica ningún dereito para o peticionario, mentres
non exista resolución favorable á petición.
3. A Dirección Xeral de
Montes e Industrias Forestais, como órgano xestor, antes de levar a cabo a
valoración das solicitudes de axuda comprobará que os beneficiarios cumpren coas
súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social; nas agrupacións de
propietarios todos os membros cumprirán as devanditas obrigas. No caso de
concesión da axuda, esta comprobación tamén se levará a cabo antes de cada
pagamento.
Artigo 15º.-Reintegros.
1. A axuda poderase
revogar, total ou parcialmente, se se dá algún dos seguintes
supostos:
a) Execución de menos do 80% das accións
previstas, sen autorización previa ou causa xustificada de forza
maior.
b) Incumprimento dos prazos para realizar os
traballos subvencionados fixados na notificación de aprobación do expediente ou,
se é o caso, da prórroga concedida.
c) Modificacións graves
das accións previstas, de forma que desvirtúen os obxectivos descritos nesta
orde.
d) Por incumprimento das disposicións legais de
aplicación, ocultar ou falsear datos ou destinar as axudas a fins distintos aos
sinalados na solicitude.
e) Obtención da
subvención falseando as condicións requiridas para iso ou ocultando aquelas que
o impedisen.
f) Incumprimento do ditado en calquera dos
artigos desta orde que impliquen obrigas por parte do beneficiario.
g) ncumprimento da finalidade para a cal foi concedida a
subvención.
h) Incumprimento das obrigas impostas pola Administración ás entidades
colaboradoras e aos beneficiarios, así como dos compromisos por estes asumidos,
con motivo da concesión da subvención, sempre que afecten ou se refiran ao modo
en que se conseguen os obxectivos, se realiza a actividade, se executa o
proxecto ou se adopta o comportamento que fundamenta a concesión da
subvención.
i) Incumprimento da obriga de adoptar as medidas
de difusión contidas na Lei 14/2006.
j) Resistencia, escusa,
obstrución ou negativa ás actuacións de control financeiro, así como o
incumprimento das obrigas contables rexistrais ou de conservación de documentos,
cando signifique a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos
percibidos, o incumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das
actividades subvencionadas ou a concorrencia de subvencións, axudas, ingresos ou
recursos, para a mesma finalidade, obtidos de calquera Administración ou ente
público ou privado, nacionais, da Unión Europea ou de organismos
internacionais.
k) A adopción, en virtude do establecido nos
artigos 87 a 89 do Tratado da Unión Europea, dunha decisión da cal derive unha
necesidade de reintegro.
l) Non presentar nun
prazo dun mes, contado a partir da notificación da resolución de aprobación, o
proxecto visado e o nomeamento do director de obra segundo o especificado no
artigo 8º.
m) Incumprimento da obriga de xustificación ou a
xustificación insuficiente, segundo o establecido nesta orde e na Lei
9/2007.
m) Incumprimento total ou parcial do obxectivo,
da actividade ou do proxecto ou non-adopción do comportamento que fundamenta a
concesión da subvención
Nestes supostos, a
consellería reclamará directamente a devolución das cantidades aboadas en
concepto de axudas e os xuros de demora xerados desde o seu pagamento, sen
prexuízo das responsabilidades a que houber lugar.
De se descubrir que un beneficiario efectuou deliberadamente unha
declaración falsa, o expediente de axuda de que se trate quedará excluído da
axuda do Feader e recuperaranse todos os importes que fosen aboados por este
expediente. Ademais, o beneficiario quedará excluído da axuda para a medida en
cuestión durante o exercicio do Feader de que se trate e durante o exercicio do
Feader seguinte.
2. Nos casos de anulación ou minoración por
certificación final das cantidades inicialmente aprobadas, as dotacións
orzamentarias resultantes poderán ser adxudicadas a outros peticionarios de
acordo coa relación de prioridades e a orde establecida.
3. Naqueles supostos nos cales o importe das subvencións recibidas polo
beneficiario excedan os custos da actividade, procederase á solicitar a
devolución da cantidade percibida que exceda o custe real da
actividade.
Artigo 16º.-Financiamento.
As accións previstas
nesta orde financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 11.06.713B.770.0,
no ano 2008, cunha dotación inicial de 2.200.000 euros e no ano 2009 cunha
dotación inicial de 2.000.000 euros, dotación que poderá ser ampliada con fondos
propios ou comunitarios. No suposto de se proceder a esta ampliación, terase en
conta o disposto no artigo 31 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de
Galicia.
Para lles facer fronte ás primas de mantemento
destínase unha partida global de 4.200.000.00 €, distribuídos nas anualidades
2010, 2011, 2012, 2013 e 2014, 840.000 € por anualidade con cargo á aplicación
orzamentaria 11.06.713B.770.0.
Artigo 17º.-Alteración de
condicións.
Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da
subvención, e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas
outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais
ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de
concesión.
Artigo 18º.-Compromisos.
O titular dos terreos
comprométese a manter o investimento realizado durante a quenda da
especie.
No caso de agrupacións de propietarios e
comunidades de bens, os membros da agrupación ou da comunidade de bens
comprométense a cumprir todos os compromisos e obrigas establecidos nesta orde,
así como na demais normativa concorrente.
No caso de agrupacións de
propietarios, pro indivisos, cooperativas agrícolas, comunidades de bens e
comunidades de montes veciñais en man común, os membros da agrupación, os
copropietarios, os membros da comunidade de bens, cooperativa ou os comuneiros,
e cando menos os seus representantes, comprométense a solicitar un curso de
formación en silvicultura de frondosas caducifolias.
En todos os casos, e para calquera tipo de titular excepto no caso de
propietarios particulares de xeito individual que executaron os traballos polos
seus propios medios, o persoal que executou os traballos deberá estar dado de
alta no réxime xeral da Seguridade Social, podéndose solicitar en calquera
momento que se verifique que se cumpre o dito requisito.
Artigo 19º.-Limitacións.
1. As actuacións indicadas nas epígrafes 1 e 2 do
artigo 4º desta orde non se poderán solicitar para unha mesma
superficie.
2. O IVE non é subvencionable.
3. Os traballos obxecto
de solicitude de axuda non se poderán iniciar antes da aprobación da
axuda.
Artigo 20º.-Medidas informativas e
publicitarias.
Conforme o establecido no artigo 58 e no anexo VI do Regulamento (CE)
1974/2006, o beneficiario das axudas deberá cumprir coa normativa sobre
información e publicidade das axudas do Feader indicadas no anexo VI do referido
regulamento. En particular, no caso de investimentos subvencionados cun custo
total superior a 50.000 euros, o beneficiario deberá colocar unha placa
explicativa na cal figurará unha descrición do proxecto así como a bandeira
europea e o lema Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural: Europa inviste
nas zonas rurais.
Artigo 21º.-Infraccións e sancións.
En materia de infraccións
e sancións será de aplicación o disposto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de
xuño, de subvencións de Galicia.
Disposicións
adicionais
Primeira.-As axudas concedidas nesta orde son incompatibles con outras
subvencións de calquera Administración pública e con calquera outro réxime de
axudas comunitarias.
Segunda.-De conformidade co artigo 13.4º da Lei
4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración
pública galega, a Consellería do Medio Rural publicará na súa páxina web oficial
as concesións das axudas reguladas nesta orde, polo que a presentación da
solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos
dos beneficiarios e da súa publicación na citada páxina web.
De acordo co establecido na disposición adicional primeira do Decreto
132/2006, do 27 de xullo, de creación dos rexistros de axudas, subvencións e
convenios e de sancións da Xunta de Galicia, a persoa solicitante da axuda
consentirá expresamente a inclusión e publicidade dos datos relevantes referidos
ás axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións impostas, de ser o
caso.
Terceira.-A concesión e o pagamento das axudas
quedarán condicionados en todo caso á aprobación pola Unión Europea do Marco
Nacional de Desenvolvemento Rural e do Programa de Desenvolvemento Rural de
Galicia para o período 2007-2013, e ás posibles observacións e modificacións
derivadas diso.
Disposicións derradeiras
Primeira.-Facultase o
director xeral de Montes e Industrias Forestais para ditar todas as disposicións
necesarias para a execución desta orde.
Segunda.-Esta orde
entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de
Galicia.
Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de
2008.
Alfredo
Suárez Canal
Conselleiro do Medio
Rural
Ver referencia pdf
"03400D009P014.PDF"
ANEXO
II
Especies
que se van empregar
-B7 Castiñeiro: Castanea sativa.
-B8 Castiñeiro híbrido: Castanea
hibrida.
Recoméndase castiñeiro híbrido resistente á tinta en zonas de clima non
mediterráneo en altitudes de 0-600 metros, agás como portaenxerto. Por riba dos
600 metros recoméndase castanea sativa salvo presenza da tinta.
-B6 Freixo:
Fraxinus excelsior L.: clima marítimo oceánico.
Fraxinus angustifolia
Vahl.: clima mediterráneo continental.
-Outros:
B21 Acer pseudoplantanus:
B9 Prunus avium ou clon
híbrido.
B1
Ameneiro: Alnus glutinosa (L.) Gaertn.
B2 Bidueiro: Bétula Sp.:
-B10 Carballo: Quercus
robur L.
-B22
Carballo albariño: Quercus petrea (Matts) Liebl.
-B20 Carballo americano:
Quercus rubra.
-C2 Nogueira: Juglans regia ou clon híbrido.
-B15 Nogueira americana:
Juglans nigra ou clon híbrido.
ANEXO III
Cadro resumo dos importes de investimento,
traballos
e importes
subvencionables
Epígrafe 1: plantación de frondosas caducifolias. Valor máximo do
investimento: 2.290 euros/hectárea.
Epígrafe 2: no caso de
aproveitamentos silvopastorais, plantación de castiñeiros en marcos amplos ou no
caso doutro aproveitamento na superficie. Valor máximo de investimento: 1.200
euros/hectárea.
No caso dos pro indivisos, as comunidades de
bens, as cooperativas agrícolas, CMVMC, entidades locais, outras persoas
xurídicas ou agrupacións de propietarios poderase subvencionar, ademais, o peche
da plantación realizada, sempre e cando a superficie de actuación supere as 10
hectáreas e se xustifique a súa necesidade (gando, fauna cinexética...). A
repercusión máxima do peche por hectárea de actuación é de 280 euros e ata 7.000
euros por km de peche.
Traballos
subvencionables:
Ver referencia pdf
"03400D009P014.PDF"
ANEXO
XI
Concellos
en zonas desfavorecidas
-A Coruña:
Concello:
Aranga.
Arzúa.
Boimorto.
Capela, A.
Cedeira.
Cerceda.
Cerdido.
Coirós.
Curtis.
Frades.
Irixoa.
Mañón.
Melide.
Mesía.
Monfero.
Ordes.
Oroso.
Ortigueira.
Pino, O.
Pontes de García Rodríguez, As.
San
Sadurniño.
Santiso.
Sobrado.
Somozas, As.
Toques.
Tordoia.
Touro.
Trazo.
Val do Dubra.
Vilasantar.
Cariño.
-Lugo:
Concello:
Abadín.
Alfoz.
Antas de Ulla.
Baleira.
Baralla.
Becerreá.
Begonte.
Bóveda.
Carballedo.
Castro de Rei.
Castroverde.
Cervantes.
Chantada.
Corgo, O.
Cospeito.
Folgoso do
Courel.
Fonsagrada, A.
Friol.
Xermade.
Guitiriz.
Guntín.
Incio, O.
Láncara.
Lugo.
Meira.
Mondoñedo.
Monforte de Lemos.
Monterroso.
Muras.
Navia de
Suarna.
Negueira de Muñiz.
Nogais, As.
Ourol.
Outeiro de Rei.
Palas de Rei.
Pantón.
Paradela.
Páramo, O.
Pastoriza, A.
Pedrafita.
Pol.
Pobra do Brollón,
A.
Pontenova,
A.
Portomarín.
Quiroga.
Rábade.
Ribas de Sil.
Ribeira de Piquín.
Riotorto.
Samos.
Sarria.
Saviñao, O.
Sober.
Taboada.
Triacastela.
Valadouro, O.
Vilalba.
-Ourense:
Concello:
Allariz.
Amoeiro.
Arnoia, A.
Avión.
Baltar.
Bande.
Baños de
Molgas.
Barbadás.
Barco de Valdeorras, O.
Beade.
Beariz.
Blancos, Os.
Boborás.
Bola, A.
Bolo, O.
Calvos de Randín.
Carballeda.
Carballeda de
Avia.
Carballiño, O.
Cartelle.
Castrelo de Miño.
Castrelo do
Val.
Castro
Caldelas.
Celanova.
Cenlle.
Chandrexa de Queixa.
Coles.
Cortegada.
Cualedro.
Entrimo.
Esgos.
Gomesende.
Gudiña, A.
Irixo, O.
Xunqueira de Ambía.
Larouco.
Laza.
Leiro.
Lobeira.
Lobios.
Maceda.
Manzaneda.
Maside.
Melón.
Merca, A.
Mezquita, A.
Montederramo.
Monterrei.
Muíños.
Nogueira de
Ramuín.
Oímbra.
Ourense.
Paderne de Allariz.
Padrenda.
Parada de Sil.
Pereiro de Aguiar,
O.
Peroxa,
A.
Petín.
Piñor.
Pontedeva.
Porqueira.
Pobra de Trives, A.
Punxín.
Quintela de Leirado.
Rairiz de
Veiga.
Ramirás.
Ribadavia.
Río, San Xoán de.
Riós.
Rúa, A.
Rubiá.
San Amaro.
San Cibrao das Viñas.
Cea.
Sandiás.
Sarreaus.
Taboadela.
Teixeira, A.
Toén.
Trasmiras.
Veiga, A.
Verea.
Verín.
Viana do
Bolo.
Vilamarín.
Vilamartín de Valdeorras.
Vilar de Barrio.
Vilar de
Santos.
Vilardevós.
Vilariño de Conso.
Xinzo de Limia.
Xunqueira de
Espadanedo.
-Pontevedra:
Concello:
Arbo.
Campo Lameiro.
Cañiza, A.
Cerdedo.
Cotobade.
Covelo.
Crecente.
Cuntis.
Dozón.
Estrada, A.
Forcarei.
Fornelos de Montes.
Agolada.
Lalín.
Lama, A.
Mondariz.
Neves (As).
Pazos de
Borbén.
Ponte
Caldelas.
Rodeiro.
Silleda.
Vila de Cruces.
© Xunta de Galicia
Información mantida pola Xunta de
Galicia
Servizo prestado pola Consellería de Presidencia, AA.PP. e
Xustiza
Correo electrónico: webdoga
xunta.es