Diario Oficial de Galicia
mércores, 11 de xullo de 2007
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
Número do Dog:
134
Páxina do Dog:
11.917
Data da Disposición:
25 de xuño de 2007
Sección:
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
Organismo:
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Rango:
Orde
Título:
Orde do 25 de xuño de 2007 pola que se establecen as bases
reguladoras das axudas a equipamentos para o fortalecemento do tecido asociativo
no medio rural e se convocan para o ano 2007.
Orde do
25 de xuño de 2007 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas a
equipamentos para o fortalecemento do tecido asociativo no medio rural e se
convocan para o ano 2007.
O Decreto 562/2005, do 1 de decembro, polo
que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e do Fondo
Galego de Garantía Agrícola atribúelle á Dirección Xeral de Desenvolvemento
Rural a realización de todas as actuacións de fomento do desenvolvemento
económico do territorio rural galego, a dinamización das áreas rurais de
Galicia, a formulación de iniciativas e programas de desenvolvemento das zonas
rurais e a execución de cantas accións contribúen á diversificación económica e
á modernización do tecido produtivo rural.
O desenvolvemento do medio rural require unha
actuación integral, que inclúa, ao lado da promoción de proxectos produtivos
xeradores de emprego a actividade económica, o apoio a aquelas iniciativas que
contribúan a reforzar o tecido social e mellorar a calidade de vida dos seus
habitantes. Neste sentido resulta de especial interese a dotación de
equipamentos xestionados por asociacións e outras entidades sen ánimo de lucro,
que poidan actuar como centros de dinamización social para os residentes nas
áreas rurais.
En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1º 3 do
Estatuto de autonomía de Galiza e no uso das facultades que me confiren os
artigos 78 e 79 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se
aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de
Galicia.
DISPOÑO:
Artigo
1º.-Obxecto.
Esta orde ten por
obxecto establecer, en réxime de concorrencia competitiva, as bases das axudas
destinadas a fortalecer o tecido asociativo do medio rural, por medio do apoio á
rehabilitación, acondicionamento e construción de locais sociais.
Sección
primeira
Base reguladoras
Artigo 2º.-Liñas de actuación.
As axudas establecidas nesta normativa comprenden
tres tipos de actuacións:
1. Axudas
para a rehabilitación e acondicionamento de locais sociais xestionados por
entidades sen ánimo de lucro.
2. Axudas para o amoblamento e equipamento de
locais sociais xestionados por entidades sen ánimo de lucro.
3. Axudas para a
construción de locais sociais por parte de entidades sen ánimo de
lucro.
Artigo
3º.-Beneficiarios.
Poderanse acoller
ás axudas reguladas nesta orde as asociacións, fundacións e outras entidades sen
ánimo de lucro que teñan a súa sede social en Galicia, para actuacións que se
van realizar en núcleos de poboación cun tamaño igual ou inferior aos mil
habitantes.
Quedan excluídas expresamente as entidades públicas locais, tanto
territoriais como non territoriais, universidades ou entidades delas
dependentes, así como calquera tipo de entidade con ánimo de lucro.
Artigo 4º.-Requisitos
comúns.
As entidades solicitantes
deberán estar legalmente constituídas no momento da presentación da solicitude
de axuda ao abeiro desta convocatoria, e cumprir todos os requisitos legais para
recibir financiamento público.
Os locais nos que se vaian realizar as obras de
rehabilitación, acondicionamento ou amoblamento deberán ser propiedade da
entidade solicitante, ou ben esta deberá demostrar de xeito que faga fe a súa
capacidade para a xestión deste durante un período mínimo de cinco anos desde a
execución do investimento, por medio dun documento de cesión asinado polo
representante da entidade propietaria do local.
No caso de nova
construción a entidade solicitante deberá ser propietaria dos terreos ou ter
unha cesión de uso destes por un período mínimo de 25 anos, contados desde a
execución das obras.
Artigo 5º.-Conceptos subvencionables e contía económica.
A subvención concedida ao abeiro desta orde
poderá alcanzar o 100% do investimento, sendo a contía máxima que se percibirá
por cada liña de axuda a seguinte:
1. Adquisición de mobles ou equipamento: ata unha
axuda máxima de 10.000 euros.
2.
Rehabilitación e acondicionamento de inmobles: ata unha axuda máxima de 25.000
euros.
3.
Construción de inmobles novos: ata unha axuda máxima de 30.000
euros.
Cada entidade solicitante
poderá, nesta convocatoria, solicitar axuda para un ou varios dos conceptos
citados. Non obstante, a axuda total recibida por unha entidade non poderá ser
superior aos 30.000 euros.
Nos casos de axudas para a adquisición,
construción, rehabilitación e mellora de bens inventariables, as entidades
beneficiarias destinaran estes ao fin concreto para que se concedeu a axuda, por
un periodo mínimo de cinco anos, en caso, de bens inscribibles nun rexistro
público e dous anos como mínimo no resto de bens. En todo caso as entidades
beneficiarias das axudas estarán suxeitas ao establecido no artigo 31.4º da Lei
xeral de subvencións.
O importe das axudas concedidas para calquera das
liñas de axudas non poderá superar o 50% dos fondos totais
dispoñibles.
Artigo 6º.-Criterios de valoración.
Para a selección das peticións que se aprobarán, así como para establecer
as porcentaxes de axuda, teranse en conta os seguintes criterios:
1. Implantación da
entidade solicitante na súa área de actuación. Máximo de 10 puntos, en función
dos seguintes aspectos:
-Data de creación da entidade.
-Número de socios, en relación coa poboación
total da súa área de actuación.
-Participación en federacións, plataformas ou coordinadoras de ámbito
local, comarcal ou supracomarcal.
2. Memoria das actividades realizadas pola
entidade nos últimos tres anos. Máximo de 10 puntos, segundo o seguinte
baremo:
-Actividades non sexistas dirixidas a mulleres: ata 2 puntos.
-Actividades relacionadas coa extensión agraria
ou forestal: ata 2 puntos.
-Actividades formativas dirixidas a mozos/as: ata 2 puntos.
-Actividades de lecer, deportivas ou festivas:
ata 1 punto.
-Edición de publicacións
divulgativas: ata 1 punto.
-Outras
actividades: até 2 puntos.
3.
Proposta de actividades que se realizarán nos locais ou equipamento obxecto de
subvención. Máximo de 25 puntos, segundo o seguinte baremo:
-Grao de innovación dos
programas: ata 5 puntos.
-Incidencia
na calidade de vida da poboación e na xeración de actividades económicas e/ou
dinamización do tecido social: ata 10 puntos.
-Incidencia na mellora
ambiental: ata 2 puntos.
-Promoción
da igualdade entre o home e a muller: ata 3 puntos.
-Atención ás mozas/os da zona: ata 3
puntos.
-Grao de implicación e
colaboración con outras entidades: ata 2 puntos.
4. Dinámica da poboación no concello durante o
período 2001-2006. Máximo de 5 puntos, segundo o seguinte baremo:
- Incremento ou
estabilidade da poboación: 0 puntos.
-Diminución da poboación inferior ao 5%: 2 puntos.
-Diminución da poboación entre o 5% e o 10%: 3
puntos.
-Diminución da poboación
superior ao 10%: 5 puntos.
5. Nivel
de renda por habitante no concello, segundo os últimos datos dispoñibles do
Instituto Galego de Estatística. Máximo de 10 puntos, segundo o seguinte
baremo:
-Nivel de renda superior á media galega: 0 puntos.
-Nivel de renda entre o 95% e o 100% da media
galega: 2 puntos.
-Nivel de renda
entre o 90% e o 95% da media galega: 4 puntos.
-Nivel de renda entre o 85% e o 90% da media
galega: 6 puntos.
-Nivel de renda
entre o 80% e o 85% da media galega: 8 puntos.
-Nivel de renda inferior ao 80% da media galega:
10 puntos.
Artigo
7º.-Solicitudes.
1. As solicitudes de
axuda presentaranse segundo o modelo adxunto, que se compón dos seguintes
anexos:
-Modelo A: instancia de solicitude e relación da documentación que se
achega, segundo o punto 4 do modelo A.
2. As solicitudes deben vir debidamente cubertas
e asinadas polo presidente ou representante legal da entidade peticionaria. Coas
solicitudes achegarase a documentación que se detalla no artigo 8 desta
orde.
3. As
solicitudes dirixiranse ao conselleiro do Medio Rural, presentaranse
preferentemente no rexistro da Consellería do Medio Rural ou dos xeitos
previstos no artigo 38º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico
das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada
pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
4. Non se admitirán como subvencionables os
investimentos iniciados con anterioridade á presentación da axuda.
5. A presentación da
solicitude de axuda polo interesado implicará a autorización ao órgano xestor
para solicitar as certificacións que teñan que emitir a Axencia Estatal da
Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral de Seguridade Social e a
Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, de acordo co previsto no
artigo 43 da Lei 14/2006, do 28 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade
Autónoma de Galicia para o ano 2007.
Artigo 8º.-Documentación que debe acompañar a
solicitude
1. Copia compulsada dos
estatutos sociais e do CIF da entidade solicitante, así como do DNI do seu
presidente ou representante legal.
2. Copia compulsada ou certificación da acta da
reunión da xunta directiva ou órgano de dirección equivalente, na cal
se:
-Aproba realizar os investimentos para os que se vai pedir a
subvención.
-Acorda solicitar a
subvención.
-Autoriza a persoa
encargada dos trámites.
3. Informe no
que se recollan as actividades máis destacables realizadas pola entidade
solicitante nos últimos tres anos.
4. Certificación da entidade solicitante, segundo
o modelo do anexo II, sobre os seguintes aspectos:
-Cumprimento dos
requisitos necesarios para acollerse a esta orde de axudas, asi como das obrigas
e compromisos que nela se establecen.
-Autenticidade dos datos facilitados e da
documentación presentada.
-Compromiso
de facilitar a documentación complementaria que se poida requirir, así como de
permitir as comprobacións e inspeccións que para o efecto esta administración
considere oportunas.
5. Memoria ou proposta de actividades que se desenvolverán unha vez
executada a axuda solicitada.
6. Memoria técnica xustificativa sobre os
investimentos que se van realizar: xustificación da súa necesidade, descrición
técnica, orzamento desagregado, prazos de execución, financiamento previsto,
etc.
No caso
de construcións, presentarase memoria, anteproxecto ou proxecto que inclúan como
mínimo unha desagregación do investimento por unidades de obra, o seu custo
unitario e os planos necesarios para a súa definición. Ademais deberase
presentar a solicitude de licenza de obra, cando for precisa, e cualificación
urbanística da parcela.
7. Certificación bancaria asinada e orixinal do
número de conta en que se solicita o ingreso da subvención.
8. Cando o importe do
investimento subvencionable supere a contía de 30.000 euros no caso de obra, ou
de 12.000 euros no suposto de subministración de bens de equipamento, o
beneficiario deberá presentar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores,
con carácter previo á entrega do ben ou á contratación do compromiso para a
prestación a servizo, agás nos casos en que polas especiais características dos
gastos subvencionables, non exista no mercado suficiente número de entidades que
o subministren ou presten. A elección destas ofertas realizarase conforme
criterios de eficiencia e economía, debendo xustificarse expresamente nunha
memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis
vantaxosa.
Artigo 9º.-Instrución e tramitación.
1. A instrución e tramitación levarase a cabo a través da entidade
colaboradora, Sociedade Anónima para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia, de
acordo ao establecido no artigo 12 da Lei 30/2003, do 17 de novembro, xeral de
subvencións.
2. A Sociedade Anónima para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia actuará
en nome e por conta da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural.
3. A Sociedade Anónima
para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia enviaralles aos solicitantes os
requirimentos da documentación exixida nesta orde, se os impresos de solicitude
non están debidamente cubertos, se non se achega a documentación establecida no
artigo 8º ou se o expediente presenta defectos corrixibles, para que, nun prazo
máximo de dez días, emende os erros ou presente os documentos preceptivos, coa
advertencia de que, de non facelo, se terá por desistido da súa petición, logo
de resolución ditada nos termos previstos no artigo 42, de conformidade co
disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das
administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola
Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
Artigo 10º.-Obrigas da entidade
colaboradora.
Son obrigas da entidade
colaboradora:
a) Comprobar, se é o
caso, o cumprimento e efectividade das condicións ou requisitos determinantes
para o outorgamento desta subvención, así como a realización da actividade e o
cumprimento da finalidade que determine a concesión desta
subvención.
Artigo 11º.-Valoración e resolución.
Á vista dos expedientes instruídos e do resultado da valoración das
solicitudes, o director xeral de Desenvolvemento Rural emitirá informe que
conterá unha relación dos solicitantes para os que se propón a concesión de
subvención e a contía, así como daqueles para os que se propón a denegación da
subvención solicitada formulando a proposta de concesión ao conselleiro do Medio
Rural.
O
conselleiro do Medio Rural resolverá sobre a aprobación das axudas solicitadas
en réxime de concorrencia competitiva axustándose aos principios de publicidade,
concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non-discriminación.
Seguidamente notificaráselles ás entidades beneficiarias a resolución de
concesión da subvención e o seu importe, segundo as normas e criterios
establecidos nesta orde, así como en función das solicitudes presentadas e da
dotación orzamentaria existente. O pagamento queda supeditado á súa correcta
xustificación. Se non se notificase a resolución de concesión no prazo de seis
meses, poderá entenderse desestimada a axuda solicitada.
Artigo
12º.-Incompatibilidade.
As
subvenciones reguladas por esta orde son compatibles con calquera outra axuda
das administracións públicas ou entidades privadas para os mesmos conceptos,
sempre que a suma destas non supere o 100% do investimento.
Artigo 13º.-Xustificación
e pagamento.
1. A xustificación do
gasto correspondente aos investimentos subvencionables para cada unha das liñas
de axuda reguladas nesta orde, deberase realizar antes do 15 de novembro de
2007.
O
incuprimento deste prazo poderá implicar a perda da subvención concedida, sen
necesidade de aviso ou notificación ningunha á entidade
beneficiaria.
2. Para efectuar o pagamento da axuda concedida é necesario que as
entidades beneficiarias presenten a seguinte documentación:
a) Facturas orixinais, ou
as súas copias compulsadas, que xustifiquen os gastos e investimentos
realizados. Tamén se achegará transferencia bancaria, certificación ou calquera
outro documento que acredite fidedignamente o seu pagamento efectivo. As
facturas deberán traer o IVE desagregado correctamente.
b) Certificación da
entidade na que se detalle a súa aceptación expresa da subvención nos termos en
que se lle concedeu.
c) Certificación de non ter débedas por ningún concepto, pendentes de
pagamento, coa Administración pública desta comunidade autónoma.
d) Certificación de todas
as axudas solicitadas ante as distintas administracións públicas para os mesmos
fins recollidas nesta orde, tanto as concedidas como as pendentes de resolución.
Esta certificación debe vir asinada polo presidente ou representante legal da
entidade solicitante.
e) No caso de construcións, licenza definitiva de
obras.
f) Calquera outra que se
sinale expresamente na resolución da concesión.
3. A documentación xustificativa dos
investimentos presentarase no rexistro da Consellería do Medio Rural ou dos
xeitos previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime
xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,
modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
Artigo 14º.-Seguimento e
control.
1. Toda alteración das
condicións que se tiveron en conta para a concesión da subvención, incluída a
obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras
administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais,
poderá dar lugar á correspondente modificación da resolución de
concesión.
2.
Calquera modificación dos investimentos aprobados que supoña un cambio de
localización, obxetivos, conceptos, prazo de execución ou variación do
orzamento, así como calquera condición específica sinalada na resolución de
concesión, requirirá a autorización desta consellería, unha vez presentada a
correspondente solicitude xustificativa. No caso de redución dos investimentos,
sempre que se manteñan os obxectivos iniciais, a subvención concedida verase
diminuída na contía proporcional conseguinte.
3. A Consellería do Medio
Rural poderá realizar as comprobacións e inspeccións que considere oportunas co
fin de comprobar a veracidade dos datos e da documentación presentada, así como
o lóxico seguimento e control das axudas concedidas. Tamén facilitará toda a
información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade
Autónoma de Galicia, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio
das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas e
subvencións.
4. As entidades beneficiarias quedan obrigadas ao reintegro, total ou
parcial, da subvención ou axuda pública percibida, no suposto de incumprimento
das condicións establecidas para a súa concesión, así como nos demais supostos
previstos no artigo 78 da Lei de réxime financiero e orzamentario de Galicia
(Decreto lexislativo 1/1999). Igualmente estarán suxeitas ao réxime de
infraccións e sancións da Lei de rexime de infraccións e sancións da Lei de
réxime financiero e orzamentario de Galicia (Decreto lexislativo
1/1999).
Artigo 15º.-Réxime de recursos.
1. A convocatoria desta axuda, as súas bases e todos cantos actos
administrativos deriven dela poderán ser impugnados polos interesados nos casos
e na forma establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico
das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada
pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
2. As resolucións expresas ou presuntas ditadas
en aplicación desta orde esgotan a vía administrativa, e contra elas poderase
interpor potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou o
acto administrativo, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa
notificación se é expresa, ou de tres meses contados a partir do día seguinte a
aquel en que se produza o acto presunto, segundo os casos; ou ben poderá ser
impugnada directamente ante o órgano xurisdicional contencioso-administrativo no
prazo de dous meses.
3. En todo o non previsto nesta orde aplicarase o
sinalado nos artigos 78 e 79 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro,
polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario
de Galicia, modificado parcialmente pola Lei 14/2004, do 29 de
decembro.
Sección segunda
Convocatoria
Artigo
16º.-Convocatoria.
Convócanse, de
acordo coas bases reguladoras establecidas nesta orde, as axudas a equipamentos
para o fortalecemento do tecido asociativo no medio rural en Galiza para o ano
2007.
Artigo
17º.-Prazo de presentación.
O prazo
de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao de
publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Artigo
18º.-Financiamento.
A concesión das
axudas efectuarase con cargo ao concepto orzamentario 11.04.551A.781.0, por un
importe máximo de 450.000 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de
Galicia para o ano 2007, así como con outros remanentes que poidan existir nas
mesmas aplicacións. As devanditas aplicacións orzamentarias poderán ser
incrementadas con fondos adicionais comunitarios, estatais e desta comunidade
autónoma.
Disposicións adicionais
Primeira.-En todo o non recollido nesta orde aplicarase o disposto para
esta materia no Decreto lexislativo 1/1999, do 17 de outubro, polo que se aproba
o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, no
Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e
subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, e demais normativa de
aplicación.
Disposicións derradeiras
Primera.-Facúltase o director xeral de Desenvolvemento Rural da
Consellería do Medio Rural para que, no ámbito das súas competencias, dite as
instrucións necesarias para a correcta aplicación e cumprimento desta
orde.
Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación
no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 25 de xuño de
2007.
Alfredo Suárez
Canal
Conselleiro do Medio
Rural
Ver referencia pdf
"13400D006P017.PDF"
Ver referencia
pdf "13400D006P017.PDF"
Ver
referencia pdf "13400D007P024.PDF"
© Xunta de Galicia
Información mantida pola Xunta de
Galicia
Servizo prestado pola Consellería de Presidencia, AA.PP. e
Xustiza
Correo electrónico: webdoga
xunta.es