Diario Oficial de Galicia
venres, 20 de xullo de 2007

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS


Número do Dog:

141


Páxina do Dog:

12.569


Data da Disposición:

12 de xullo de 2007


Sección:

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS


Organismo:

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL


Rango:

Orde


Título:

Orde do 12 de xullo de 2007 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para programas de valorización integral e promoción da multifuncionalidade do monte e se convocan para o ano 2007.



Orde do 12 de xullo de 2007 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para programas de valorización integral e promoción da multifuncionalidade do monte e se convocan para o ano 2007.

Preambulo
O monte galego precisa unha mellora substancial da súa estrutura e potencialidades produtivas, desenvolvendo todos os beneficios tanto económicos coma ecolóxicos e sociais. É importante acadar un axeitado nivel de formación no sector forestal, especialmente en canto á sustentabilidade da xestión e a posibilidade de aproveitar o monte desde un punto de vista multifuncional, estudando as potencialidades e os distintos produtos e beneficios que se obterán.

Para conferir unha xestión forestal sostible debemos fomentar os documentos de planificación da xestión forestal e proxectos de valorización integral dos recursos forestais.

Para garantir un axeitado aproveitamento dos recursos forestais debe estudarse a necesidade de diversificación dos produtos e servizos que se poden obter do monte, co fin de conseguir unha mellora das producións en xeral e a posibilidade de obter máis rendas baseándose na calidade e ordenación das producións.

A mellora das condicións dos montes para o seu uso social e divulgativo e o fomento da mellora das condicións ambientais, a través da creación de espazos axeitados e instalacións e infraestruturas que aumenten as posibilidades de uso social do monte á vez que transmiten os valores e as potencialidades deste, permiten unha maior complicidade na loita contra os incendios forestais.

O Regulamento (CE) nº 1698/2005 do Consello, do 20 de setembro de 2005, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) establece as condicións relativas a determinadas accións prioritarias tales como as relativas á información e á formación profesional, ao asesoramento, ao aumento do valor económico dos bosques e de utilización sostible dos terreos forestais a través de investimentos non produtivos.

A Xunta de Galicia, de acordo co establecido no artigo 27.10º do Estatuto de autonomía, ten competencia exclusiva en materia de montes e aproveitamentos forestais.

A Consellería do Medio Rural segundo o establecido no Decreto 232/2005, do 11 de agosto (Diario Oficial de Galicia nº 155, do 12 de agosto) polo que fixou a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia e no Decreto 562/2005, do 1 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e do Fondo Galego de Garantía Agraria, é o organismo competente para a xestión destas axudas que teñen como obxectivos os seguintes:

-Acadar e difundir coñecementos e tecnoloxías axeitadas para a implantación de niveis crecentes de xestión produtiva, multifuncional e sustentable dos bosques.

-Optimización do aproveitamento dos distintos recursos e servizos que proporcionan os montes.

-A regulación e ordenación dos aproveitamentos forestais.
-A conservación e fomento dos recursos forestais e dos valores ambientais e sociais dos montes.

-O fomento, mellora e diversificación da produción forestal.
O Decreto 287/2000, do 21 de novembro, desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia. Por outro lado a Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións ten por obxecto a regulación do réxime xurídico xeral das subvencións outorgadas polas administracións públicas.

A Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e o decreto 105/2006, do 22 de xuño, establecen un novo marco normativo e regulan as medidas relativas á prevención de incendios forestais, á protección dos asentamentos no medio rural e á regulación de aproveitamentos e repoboacións forestais.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1º.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e no uso das facultades que confiren os artigos 78 e 79 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

DISPOÑO:
Capítulo I
Disposicións xerais
Artigo 1º.-Obxecto e finalidade.
1.1. Constitúe o obxecto desta orde establecer as bases reguladoras das axudas para os programas de valorización integral e promoción da multifuncionalidade no monte e proceder á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para o ano 2007.

1.2. Constitúe a súa finalidade o fomento de programas que conduzan á valorización integral do monte galego e á diversificación dos produtos e recursos que proporciona.

O apoio técnico, a formación e concienciación, a ordenación de montes arborizados, a implantación de actividades produtivas e de promoción do uso social no marco da xestión forestal sostible, son obxectivos concretos desta orde de axudas.

Artigo 2º.-Ámbito de aplicación.
O disposto nesta orde será de aplicación para todo o territorio forestal da Comunidade Autónoma de Galicia coa exclusión de:

Os bosques e outras superficies forestais que sexan propiedade da Administración central ou autonómica.

Os bosques e outras superficies forestais propiedade da coroa.
Os bosques propiedade de persoas xurídicas, cando polo menos o 50% do seu capital pertenza a algunha das institucións anteriormente citadas.

Artigo 3º.-Beneficiarios.
Con carácter xeral estas axudas destinaranse a calquera entidade agraria, persoa física ou xurídica vinculada ao sector forestal galego, que se prevexa para cada tipo de programa especificado nos capítulos II, III e IV desta orde.

Artigo 4º.-Criterios de prioridade.
Os criterios de prioridade para a selección das solicitudes especificaranse para cada tipo de programa nos capítulos II, III e IV e incluirán como criterio favorable, sempre que sexa facilmente asociable, o número de titulares ou beneficiarios directos dos investimentos que se realizarán e a superficie forestal obxecto do programa.

A puntuación establecerase, cando proceda, unha vez definido o valor máximo e mínimo de entre todas as solicitudes presentadas, establecéndose intervalos de valores proporcionais aos parámetros. A cada un destes intervalos asóciase o mesmo número de puntos.

Para todos os casos, de existir empate, prevalecerá a maior superficie forestal certificada asociada ao programa, e finalmente o número máis baixo formado polas catro últimas cifras do DNI ou CIF do titular do terreo.

Artigo 5º.-Condicións técnicas dos investimentos.
As condicións técnicas específicas de cada programa recóllense nos capítulos II, III e IV desta orde.

Con carácter xeral, como condicións técnicas dos investimentos en materia de diversificación das producións e valorización integral así como en materia de posta en valor dos usos públicos (capítulos III e IV respectivamente, e do capítulo II cando proceda) contémplanse:

1. Os beneficiarios deberán posuír a titularidade da superficie forestal coa dispoñibilidade dos terreos polo período de vixencia do programa subvencionado.

2. Deberase presentar xunto coa solicitude de axuda un documento descritivo das actuacións para levar a cabo. Este documento deberá desenvolver como mínimo os seguintes contidos:

-Estado legal do predio obxecto de solicitude de axuda: superficie, localización, estremeiros, accesos...

-Descrición das actuacións para levar a cabo.
-Especies e materiais para empregar, densidade final....
-Orzamento das accións do programa.
-Cartografía: planos sobre mapas oficiais, e ficha SIXPAC.
-Indicación de se os terreos se atopan en Rede Natura 2000, en zonas de protección lateral do camiño de Santiago ou se existen obxectos ou restos materiais que formen parte do Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia.

-Xustificación da coherencia das accións do programa co instrumento de xestión forestal.

3. Todos os documentos descritivos das actuacións que se presenten deberán incluír un plan de defensa da superficie forestal en programa, ou xustificación técnica motivada de que non é necesario.

4. Todos os documentos descritivos das actuacións teñen que incluír como cartografía planos sobre mapas oficiais, preferentemente a escala 1:5.000, ou no seu defecto escala 1:10.000. Deberá presentarse esta documentación tanto en formato papel como dixital.

A planimetría do proxecto, que se presentará no caso de aprobarse a solicitude de axuda, presentarase xeorreferenciada en coordenadas UTM, fuso 29, con referencia ao datum de traballo, en ficheiro DXF, obtido a partir dun plano de escala mínima 1:10.000, e preferentemente 1:5.000. O ficheiro DXF deberá estar estruturado da seguinte maneira:

-Elemento do plano: límite do monte.
Nivel ou capa: 1.
Cor: azul.
-Elemento do plano: contorno das superficies de actuación:
* Accións do capítulo II.
Nivel ou capa 2.
Cor: vermello.
* Accións do capítulo III.
Nivel ou capa 3.
Cor: morado.
* Accións do capítulo IV.
Nivel ou capa 4.
Cor: maxenta.
-Elemento do plano: pistas xa existentes.
Nivel ou capa 5.
Cor: amarelo.
-Elemento do plano: pistas de nova creación.

Nivel ou capa 6.
Cor: azul escuro.
-Elemento do plano: pistas arranxadas.
Nivel ou capa 7.
Cor: azul claro.
-Elemento do plano: devasas existentes.
Nivel ou capa 8.
Cor: verde.
-Elemento do plano: devasas de nova creación.
Nivel ou capa 9.
Cor: verde escuro.
-Elemento do plano: punto de auga.
Nivel ou capa 10.
Cor: marrón.
Observacións: círculo de 2 m de Ø.
Nota: exceptúanse os proxectos de ordenación e plans técnicos de xestión que deberán presentarse co formato especificado no punto 2 do artigo 15º.

No caso de agrupacións, incluirase nos planos unha referencia que permita localizar cal é a superficie coa que participa cada membro da agrupación.

5. No caso de que os traballos solicitados no documento descritivo das actuacións deban someterse a avaliación de impacto ambiental, segundo o disposto na lexislación vixente, o solicitante deberá iniciar os trámites para a declaración de impacto ambiental.

6. No caso de que as superficies obxecto de actuación se atopen dentro da Rede Natura 2000, zonas de protección lateral do Camiño de Santiago ou existan obxectos ou restos materiais que formen parte do Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia solicitarase de forma interna antes da aprobación da axuda, informe dos servizos correspondentes.

7. A lonxitude máxima subvencionable, suma de arranxo e construción de pista forestal, que deberá realizarse dentro da superficie obxecto de actuación será de 40 metros lineais por cada hectárea de actuación.

8. Os puntos de auga que se instalarán deberán ter xustificada a súa viabilidade e idoneidade, debendo ter informe favorable do Servizo de Defensa Contra Incendios Forestais, e no caso de que o dito informe sexa desfavorable non será obxecto de axuda a dita unidade.

9. As condicións técnicas mínimas e limitacións de uso que deben observarse figuran no anexo VIII.

10. Nos terreos obxecto de subvención, unha vez aprobada a axuda, colocarase en lugar visible desde o acceso, como mínimo, un cartel identificativo, segundo o modelo indicado no anexo XI.

11. Nos terreos obxecto de solicitude de axuda deberá cumprirse en todo caso o disposto no Decreto 105/2006, do 22 de xuño, que regula as medidas relativas á prevención de incendios forestais, á protección dos asentamentos no medio rural e á regulación de aproveitamentos e repoboacións forestais, e da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

12. Poderán tramitarse peticións de axuda co obxecto de realizar traballos forestais en montes con superficies que teñan subscrito un convenio ou consorcio coa Xunta de Galicia, tras o informe de viabilidade do Servizo Provincial de Montes e Industrias Forestais correspondente. En calquera caso, as actuacións que se poidan levar a cabo en superficies consorciadas non poderán afectar ao voo arbóreo.

13. En zonas cun procedemento de concentración parcelaria en execución soamente serán aprobables as axudas solicitadas en terreos nos que o acordo de concentración parcelaria sexa firme.

14. Os terreos cun proceso iniciado de expropiación forzosa non poderán beneficiarse das presentes axudas.

15. Os proxectos presentados deberán ser redactados por enxeñeiro de montes ou enxeñeiro técnico forestal, visados polo correspondente colexio oficial. No caso de enxeñeiro técnico forestal deberá estar visado no colexio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Capítulo II
Mellora e racionalización do aproveitamento dos recursos forestais a través do aumento do coñecemento e concienciación dos propietarios e xestores

Artigo 6º.-Obxecto.
As axudas previstas neste capítulo teñen por obxectivo a mellora dos coñecementos de todos os axentes para permitir un aproveitamento integral dos distintos recursos forestais no marco dunha xestión forestal sostible e dunha política preventiva de incendios forestais e outros riscos ambientais.

Artigo 7º.-Beneficiarios.
1. Poderán acollerse a estas axudas as asociacións ou mancomunidades de comunidades de montes veciñais en man común, as asociacións de propietarios forestais e de silvicultores ou agrupacións destes formalmente constituídas e outras entidades sen ánimo de lucro relacionadas co sector forestal galego.

2. No caso do artigo 8º alíneas b) e c) ademais dos especificados no parágrafo anterior poderán ser beneficiarios das axudas outras entidades, persoas físicas ou xurídicas, relacionadas co sector forestal galego.

3. Os concellos e as súas mancomunidades poderán ser beneficiarios das axudas vencelladas coas alíneas b), c) e d) do artigo 8º sempre e cando o obxectivo das accións sexa a utilización sostible das terras forestais a través de investimentos non produtivos e a concienciación e sensibilización da poboación nese ámbito.

4. Os montes veciñais en man común poderán ser beneficiarios das axudas regulamentadas nas alíneas b), c) e d) do artigo seguinte.

Artigo 8º.-Clase e cuantía das axudas.
1. As axudas incluídas neste capítulo poderán consistir en:
a) Contratación de persoal técnico competente para a asistencia técnica dos propietarios ou xestores dos montes en materia de xestión forestal sostible, diversificación da produción forestal e aproveitamento multifuncional, prevención de incendios e outros contidos que se especificarán no programa de actuacións.

A subvención chegará ata o máximo do 80% do custo do contrato no primeiro ano e ao 40% a segunda anualidade de contratación.

b) Estudos técnicos, estudos de viabilidade ou de mercado necesarios para unha correcta xestión das superficies forestais obxecto do programa de actuación.

A axuda chegará ata o 80% do custo sen que poida exceder de 15.000 € por estudo nin de 30.000 € por beneficiario.

c) Ensaios, proxectos piloto ou de demostración e outras accións de apoio técnico encamiñadas á definición da mellor xestión forestal e aproveitamento multifuncional do bosque.

A axuda poderá chegar ata o 80% dos custos de implantación e seguimento sen superar o máximo de 60.000 € por proxecto.

d) Accións de formación, divulgación e concienciación en materia de novas tecnoloxías, multifuncionalidade, sostenibilidade, diversificación dos produtos forestais, prevención de incendios e outras cuestións do ámbito forestal.

A axuda poderá chegar ata o 100% do custo sen superar o máximo de 30.000 € por acción e 60.000 € por beneficiario.

2. Os investimentos en bens, equipos ou instalacións estritamente necesarios para levar a cabo estes programas poderán subvencionarse, de ser o caso, cun máximo do 50% do custo.

Artigo 9º.-Compromisos dos beneficiarios e condicións técnicas.
1. Para as axudas de asesoramento, os beneficiarios deberán cuantificar suficientemente as súas necesidades en asistencia técnica en función do número de explotacións e superficie forestal afectada polo programa que se desenvolverá.

2. Os beneficiarios comprométense a establecer e aplicar un plan de difusión das técnicas e coñecementos que compoñen os resultados do programa subvencionado, como mínimo entre os asociados da entidade beneficiaria. No caso de que os documentos finais do programa subvencionado sexan relevantes para aplicación na totalidade do sector forestal os beneficiarios autorizan a Administración á súa difusión técnica.

Artigo 10º.-Documentación complementaria.
Coa solicitude de axudas deberá xuntarse un documento descritivo das actuacións obxecto do programa específico que se levará a cabo, que conteña o plan de formación e divulgación, a relación de explotacións e superficie afectada, as distintas accións desglosadas e o seu orzamento previsto, así como a concreción dos tempos de dedicación do persoal técnico para contratar, segundo proceda.

Artigo 11º.-Criterios de prioridade.
A Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais valorará as solicitudes presentadas en relación con este capítulo de acordo cos seguintes criterios de selección:

a) Número de silvicultores ou beneficiarios directos implicados no programa; ata 5 puntos de baremación.

b) Superficie forestal afectada polo programa; ata 5 puntos de baremación.
c) Ámbito xeográfico de repercusión do programa (local, provincial ou autonómico); ata 5 puntos de baremación.

d) Asociación do programa a superficies forestais certificadas; ata 5 puntos de baremación.

e) Zonas desfavorecidas: 5 puntos.
f) Asociacións de propietarios forestais: 10 puntos.
Capítulo III
Accións de aumento do valor económico dos bosques e promoción da diversificación das producións

Artigo 12º.-Obxecto.
As accións concretas incentivadas neste capítulo terán como obxectivo a ordenación das superficies forestais e dos aproveitamentos madeirables e non madeirables, así como os investimentos forestais encamiñados á posta en marcha e compatibilización de actividades produtivas complementarias da madeira tales como a gandería e a súa base forraxeira, os froitos do bosque, os cogomelos, a biomasa residual, as plantas aromáticas e medicinais, etc.

Artigo 13º.-Beneficiarios.

1. No caso de ordenacións de montes arborizados, poderán ser beneficiarios os propietarios forestais ou titulares de terreos forestais, ben sexan persoas físicas ou xurídicas de dereito público ou privado.

2. Para estudos de avinza ou acordo de lindes total entre comunidades de montes veciñais en man común poderán ser beneficiarias as propias comunidades ou as súas asociacións e mancomunidades.

3. No caso de proxectos de valorización integral e iniciativas que promovan actividades de valorización integral, poderán ser beneficiarios as comunidades de montes veciñais en man común, as mancomunidades de montes veciñais en man común, as sociedades agrarias de transformación e outras entidades societarias con personalidade xurídica propia previstas na lexislación vixente, agrupacións de propietarios de terreos forestais e as unidades de xestión forestal recollidas na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, recoñecidas e aprobadas pola consellería competente en materia forestal.

4. Para comunidades de montes veciñais en man común poderán promoverse iniciativas de valorización integral por parte de subgrupos de comuneiros da comunidade tras a autorización da asemblea xeral desta, de acordo co decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Artigo 14º.-Clase e contía das axudas.
1. Os investimentos subvencionables deberán estar recollidos nun proxecto de ordenación, plan técnico de xestión ou proxecto de valorización integral dos recursos.

2. Os proxectos de valorización integral dos recursos consistirán nunha análise técnica das condicións e posibilidades do monte e avaliarán as actividades de máis potencialidade co correspondente estudo económico.

3. Actividades subvencionables:
3.1. Redacción de proxectos de ordenación e plans técnicos de xestión ou revisión xustificada destes por finalización do plan especial, cambios drásticos na cuberta forestal ou obxectivos ou imposibilidade manifesta de levar a cabo as accións recollidas nel.

3.1.1. Proxectos de ordenación de montes arborizados.
I = importe máximo de investimento en euros.
S = hectárea arborizada para ordenar.
I = 300*S0,7825
No caso de proxectos de ordenación subvencionarase como máximo o 60% do importe de investimento en zonas desfavorecidas ou incluídas na Rede Natura 2000 e o 50% no resto das zonas. Nas revisións de proxectos de ordenación subvencionarase como máximo o 50% do importe de investimento.

3.1.2. Plans técnicos de montes arborizados.
I = importe máximo de investimento en euros.
S = hectárea arborizada para ordenar.
I= 150*S0,78
No caso de plans técnicos de montes arborizados subvencionarase como máximo o 60% do importe de investimento en zonas desfavorecidas ou incluídas na Rede Natura 2000 e o 50% no resto das zonas. Nas revisións de plans técnicos de montes arborizados subvencionarase como máximo ao 50% do importe de investimento.

Nas revisións de proxectos de ordenación ou plans técnicos de xestión poderanse descontar os custos de inventario sempre que se poidan usar os datos de inventarios anteriores.

3.2. Estudos para avinza ou acordo de lindes total entre CMVMC.
Estes estudos subvencionaranse ata o 60% do seu custo en zonas desfavorecidas ou incluídas na Rede Natura 2000, e ata o 50% no resto das zonas, coa seguinte limitación:

P= importe máximo en euros.
L= km de linde.
P= 552 * (L+3)0.98
Á cantidade obtida anteriormente sumaranse as seguintes cantidades por marco:
*Marco de primeira orde: 30 €.
*Marco de segunda orde: 20 €.
3.3. Estudos e proxectos de valorización integral dos recursos forestais.
Estes estudos serán necesarios para apoiar investimentos encamiñados á implantación e mellora de aproveitamentos complementarios dos produtos madeirables, sempre que non estean xa suficientemente analizados e valorados noutro instrumento de xestión.

O importe máximo do custo subvencionable da redacción destes proxectos será de 6.000 € que se xustificarán na memoria técnica.

Os contidos mínimos están recollidos no anexo VII, sendo coherentes cos instrumentos de planificación da superficie.

As axudas poderán chegar ata o 100% do investimento.
3.4. Iniciativas de valorización integral do monte.
Estas iniciativas terán como obxectivo un mellor aproveitamento dos recursos do monte así como a ordenación dos distintos usos e a promoción de accións colectivas neste marco e no da prevención de incendios forestais como medida complementaria de protección.

Neste apartado as axudas poderán chegar ao 60% en zonas desfavorecidas ou incluídas na Rede Natura 2000 e ao 50% no resto das zonas, sen superar o importe máximo de 120.000 € por proxecto. Poderanse subvencionar os seguintes investimentos:

3.4.1. Proxectos silvopastorais.
-A mellora da estrutura da masa arbórea para o seu aproveitamento por pastoreo baixo arborado.

-A instalación de peches perimetrais para manexo de gando e protección das repoboacións, así como as estruturas de parcelación interior.

-Instalacións e construcións integradas para o manexo gandeiro e forestal.
-Bebedoiros e balsas de auga con capacidade e deseño tal que poidan ser utilizadas como puntos de auga para a extinción de incendios forestais.

-Rozas e queimas controladas.
-Plantacións ao marco axeitado para a compatibilización das producións, permitindo o control do mato mediante o pastoreo.

-Implantación de pasteiros de estrita necesidade para compatibilizar as producións desde un punto de vista integral.

3.4.2. Outros proxectos de aproveitamentos complementarios: froitos do bosque (castaña, noz, pequenos froitos...), semente forestal, cogomelos, plantas medicinais, mel, etc.

-Instalación de peches e sinalizacións para delimitar as zonas de produción.
-Accións silvícolas para mellora da produción e colleita dos aproveitamentos.
-Implantación ou mellora de masas de especies froiteiras forestais tanto arbóreas coma arbustivas, así como daqueles outros aproveitamentos non madeirabeis obxecto do programa de valorización.

-Instalacións e construcións necesarias para a correcta xestión e compatibilización das producións.

3.4.3. Programas colectivos de ordenación de recursos forestais e prevención de incendios forestais.

Nesta liña de axudas preténdese apoiar e impulsar o apoio das accións de diversificación das producións forestais e a multifuncionalidade mediante a necesaria análise e implementación de medidas de silvicultura, ordenación forestal e infraestruturas de prevención e defensa contra os incendios forestais.

Serán subvencionables as seguintes accións sempre e cando estean asociadas a un proxecto de valorización integral:

-Aproveitamento da biomasa residual con fins enerxéticos ou de compostaxe.
-Accións silvícolas e de organización das superficies forestais con obxecto da prevención de incendios (rareos, rozas, podas, cortas, devasas, plantacións, etc).

-Puntos de auga.
-Pistas forestais, accesos e outras infraestruturas necesarias.
O investimento máximo subvencionable será xustificado mediante memoria técnica independentemente do especificado no artigo seguinte.

Artigo 15º.-Condicións dos investimentos.
1. Superficies mínimas e máximas para solicitar as axudas.
1.1. Para proxectos de ordenación ou revisións destes a superficie mínima autorizada para ordenar será de 50 ha e para plans técnicos ou revisións destes a superficie mínima para ordenar será de 15 ha arborizadas cunha masa que supere os 5 anos de idade. A superficie máxima para ordenar será de 250 ha para plans técnicos de montes arborizados, salvo que a espesura defectiva ou estado de inmadurez das masas non faga recomendable a redacción dun proxecto de ordenación. Non se fixa superficie máxima para proxectos de ordenación. Tampouco se fixa superficie máxima para a revisión, tanto de proxectos de ordenación como de plans técnicos de montes arborizados.

1.2. Non se fixa superficie máxima para os estudos e proxectos de valorización integral dos recursos forestais.

1.3. Para iniciativas que promovan actividades de valorización integral a superficie mínima obxecto do programa será de 10 ha.

2. Outras condicións técnicas dos investimentos.
2.1. Os proxectos de ordenación e plans técnicos de montes arborizados ou as revisións destes deberán ser redactados por enxeñeiro de montes ou enxeñeiro técnico forestal, visados polo correspondente colexio oficial, -no caso de enxeñeiro técnico forestal deberá estar visado no colexio da Comunidade Autónoma de Galicia-, e axustarse ao establecido na Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes e o Decreto 485/1962, do 22 de febreiro, polo que se aproba o regulamento de montes no que non se opoña ao previsto nesta lei, así como ás ordes ministeriais do 29 de decembro de 1970 e do 29 de xullo de 1971. Nestes documentos constará o consentimento e o compromiso da propiedade do monte para executar o disposto no seu contido. Así mesmo deberán cumprir coas directrices e formatos especificados nas instrucións para a estrutura e codificación de proxectos de ordenación e plans técnicos de xestión dispoñibles na páxina Web da Consellería do Medio Rural.


Co proxecto de ordenación ou plan técnico ou a revisión destes, entregarase un anexo onde figure o cálculo do erro da mostraxe e da posibilidade, así como o sistema empregado para a marcaxe das árbores nas parcelas de mostraxe e a xustificación de que é un sistema permanente e facilmente identificable.

As parcelas de mostraxe levantadas no inventario deberán quedar identificadas de tal xeito que se posibilite o seu control posterior. Para tal efecto marcaranse perimetralmente, do xeito sinalado no anexo ao proxecto ou plan técnico ou revisión destes, á altura do diámetro normal as cinco árbores máis próximas ao centro da parcela.

A superficie para ordenar deberá ser a totalidade da superficie do monte.
No caso de proxectos de ordenación, polo menos un 25% da superficie arborizada ocupada pola especie principal ou principais terá unha idade superior ás dúas terceiras partes da súa quenda, excepto masas de Pinus sylvestris onde terá unha idade superior a 40 anos.

Nos proxectos de ordenación e plans técnicos ou nas revisións destes, no derradeiro apartado do plan especial, titulado balance económico, deberanse ter presentes todos os ingresos e gastos íntegros, independentemente do financiamento, e non contar con futuras subvencións ou préstamos adiantados. De igual xeito, o estudo de viabilidade económica que o acompañará operará co mesmo criterio no cálculo de fluxos de caixa, valor actualizado neto ou taxa interna de rendemento.

As revisións dos proxectos de ordenación ou plans técnicos de montes arborizados soamente poderán solicitarse naqueles casos nos que se cumprira o plan especial ou se xustifique debidamente os motivos da revisión.

No caso de ordenacións de montes arborizados ou revisións, unha vez finalizado ao inventario deberase comunicar, por escrito, ao distrito correspondente para que este emita informe favorable e no caso de montes conveniados unha vez finalizada a redacción do plan xeral deberá existir un informe favorable do distrito.

2.2. Para estudos de avinza ou acordo de lindes total entre comunidades de montes veciñais en man común, realizados por enxeñeiro técnico forestal ou enxeñeiro de montes, presentarase un levantamento topográfico realizado por técnico competente, visado polo correspondente colexio oficial. Procederase á elaboración de actas do acordo sobre o terreo, nas que se describan detalladamente as lindes do monte e a súa colindancia. Estas actas serán asinadas tanto polos colindantes como polo enxeñeiro operador, formalizando a avinza mediante elevación a público do acordo ou acto conciliatorio ante notario ou xuíz de paz, achegando os acordos da/s asemblea/s xeral/is e actas e planos subscritos polo enxeñeiro operador e propietarios. Posteriormente procederase á remisión de copia do expediente ao Rexistro de Montes Veciñais en Man Común da delegación provincial.

Marcarase in situ cada vértice de xeito permanente e no acordo final de lindes que se presentará xunto co remate dos traballos obxecto de axuda presentaranse fotografías dos vértices e xeorreferenciaranse.

Por cada km de linde, poñerase polo menos un marco de primeira orde e 4 de segunda orde.

Artigo 16º.-Criterios de prioridade.
A Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais valorará as solicitudes presentadas en relación con este capítulo de acordo aos seguintes criterios de selección:

a) Nº de silvicultores ou beneficiarios directos implicados no programa: ata 5 puntos.

b) Superficie forestal afectada polo programa: ata 5 puntos.
c) A condición de MVMC: 5 puntos.
d) Superficie forestal certificada: ata 5 puntos.
e) Plan de prevención de incendios: 5 puntos.
f) Superficie de actuación consolidada por un proceso de concentración parcelaria: 5 puntos.

g) Superficie de actuación consolidada pola constitución dunha unidade de xestión forestal da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia: 10 puntos.

h) Zonas desfavorecidas: 5 puntos.
i) Repercusión do programa na creación e mantemento de emprego rural: ata 5 puntos.

j) Programa de valorización integral que desenvolve accións dos capítulos III e IV: 5 puntos.

Capítulo IV
Accións de posta en valor dos usos públicos dos espazos forestais
Artigo 17º.-Obxecto.
As axudas previstas neste capítulo terán como obxecto incentivar investimentos non produtivos que promovan o valor de recreo público das áreas forestais e que permitan o desenvolvemento da multifuncionalidade do monte como elemento protector.

Será un obxectivo específico deste apartado a aplicación de medidas de conservación e mellora da paisaxe e dos hábitats importantes para a flora e fauna silvestres, especialmente en superficies declaradas como Rede Natura 2000.

Artigo 18º.-Beneficiarios.
Poderán ser beneficiarios destas axudas do capítulo IV desta orde as comunidades de montes veciñais en man común, as mancomunidades de montes veciñais en man común, asociacións sen ánimo de lucro, agrupacións de propietarios de terreos forestais e as unidades de xestión forestal recollidas na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, recoñecidas e aprobadas pola consellería competente en materia forestal, así coma os concellos e as súas mancomunidades.

Artigo 19º.-Clase e cuantía das axudas.
1. As axudas concedidas para atender as solicitudes presentadas en relación con este capítulo IV poderán chegar ata o 80% dos investimentos.

2. O custo máximo subvencionable por proxecto será de 60.000 €
3. As accións subvencionables que conformen o programa poderán ser:
a) Creación e restauración de contornos forestais de alto valor paisaxístico e de conservación da biodiversidade, a través da implantación e mellora de masas forestais fundamentalmente de frondosas autóctonas. A superficie máxima de actuación será de 5 ha para o caso de primeira instalación da masa e de 10 ha para o caso de mellora das masas mediante actuacións silvícolas ou de densificación.

b) Creación e mellora de pequenas instalacións para o fomento do uso social e divulgativo do monte e a mellora da concienciación e comprensión da importancia dos valores ambientais dos espazos forestais.

-Centros de uso divulgativo e de interpretación forestal.
-Itinerarios autoguiados, rutas.
-Espazos de uso sociorrecreativo.
-Outras accións de posta en valor dos aspectos sociais e turísticos das masas forestais.

Artigo 20º.-Condicións técnicas dos investimentos.
1. As accións de posta en valor dos usos públicos e sociais dos espazos forestais regulados neste capítulo deberán estar recollidos con carácter integrador nun estudo ou proxecto de valorización integral dos recursos forestais.

Estes proxectos estarán asinados por técnico competente e visado polo correspondente colexio oficial e presentarase sinatura de conformidade dos propietarios.

2. En caso de existir proxectos de ordenación ou plan técnicos de xestión do monte aprobado pola Administración deberá presentarse a modificación do plan especial, e se é o caso, do plan xeral.

3. As accións que supoñan traballos silvícolas ou de forestación estarán suxeitos ás condicións técnicas recollidas no artigo 5º.

3. A superficie mínima obxecto do programa será de 10 hectáreas.
Artigo 21º.-Criterios de prioridade.
As accións e investimentos recollidos nas solicitudes de axudas serán valoradas de acordo co seguinte criterio para a súa prioridade.

a) Nº de beneficiarios directamente implicados no programa: ata 5 puntos.
b) Superficie forestal afectada polo programa: ata 5 puntos.
c) A condición de MVMC: 5 puntos.
d) Superficie forestal certificada: ata 5 puntos.
e) Plan de prevención de incendios: 5 puntos.
f) Superficie de actuación consolidada por un proceso de concentración parcelaria: 5 puntos.

g) Superficie de actuación consolidada pola constitución dunha unidade de xestión forestal da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia: 10 puntos.

h) Zonas desfavorecidas: 5 puntos.
i) Repercusión do programa na creación e mantemento de emprego rural: 5 puntos.
j) Programa de valorización integral que desenvolve accións dos capítulos III e IV: 5 puntos.

k) Superficie incluída na Rede Natura 2000: 10 puntos.
Capítulo V
Xestión das subvencións
Artigo 22º.-Solicitudes e documentación.
1. As solicitudes das axudas deberán ser cubertas nos modelos formalizados para o efecto, segundo consta no anexo I, facilitados polos órganos periféricos e centrais da Consellería do Medio Rural. As ditas solicitudes presentaranse no rexistro xeral da Consellería do Medio Rural, nas súas delegacións provinciais ou na forma prevista no artigo 38 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e irán dirixidas ao conselleiro do Medio Rural.

2. Os impresos de solicitude, total e correctamente cubertos, deberán ir necesariamente acompañados da documentación abaixo relacionada.

a) En xeral:
-Fotocopia do DNI, NIF ou CIF do beneficiario.
-Documento descritivo das actuacións.
-Declaración do beneficiario do conxunto de todas as solicitudes de axuda percibidas, solicitadas ou autorizadas para o mesmo proxecto ou actividade, ante as administracións públicas competentes ou doutros entes públicos e de non estar incurso en circunstancias de inhabilitación para a percepción de axudas conforme ao artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións (anexo III).

-Ficha SIXPAC das parcelas obxecto de solicitude de axuda e anexo IV debidamente cuberto.

b) Para todo tipo de titulares de terreos, excepto comunidades de montes veciñais en man común:

-No caso de ser propietario dos terreos: fotocopia do título de propiedade ou declaración xurada do titular da propiedade. Na dita declaración farase constar: nome, apelidos e DNI do propietario, nome dos predios, lindeiros, superficies obxecto dos traballos e localización destas. No suposto de que o terreo sexa propiedade de varios copropietarios (proindiviso), presentarase ademais documento privado no que se acredite o consentimento de todos os codonos e a designación dun solicitante/representante e que todos oscodonos asumen os compromisos e obrigas desta orde. No caso de concentracións parcelarias sen títulos, presentarase un certificado do Servizo Provincial de Infraestruturas Agrarias e no caso de non dispor do dito certificado presentarase unha declaración xurada de propiedade e unha fotocopia da solicitude do dito certificado.

c) Para comunidades de montes veciñais en man común:
-Certificado do acordo tomado en asemblea xeral, asinado polo secretario, conforme se lle autoriza ao presidente da comunidade a pedir axudas á Consellería do Medio Rural, para a execución das accións obxecto da solicitude.

d) Documentación complementaria
-Para agrupacións de propietarios particulares:
-Anexo V desta orde debidamente cumberto.
-No caso de agrupacións legalmente constituídas: CIF e documento acreditativo de constitución desta onde consten as persoas que forman parte da dita agrupación.

-No caso de cooperativas agrarias: copia dos estatutos.
-No caso de comunidades de bens: documentación acreditativa do nomeamento dun representante e de que todos os codonos asumen os compromisos e obrigas desta orde.

-No caso de que se modifiquen as porcentaxes máximas de subvención na resolución aprobatoria desta, de acordo cos artigos 24, 25 e 27 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, deberá presentarse por parte do beneficiario a aceptación por escrito das axudas segundo o anexo II.

3. Deberá empregarse un impreso de solicitude por cada provincia e capítulo, excepto no caso de accións de formación, divulgación ou asesoramento, nas que o ámbito de actuación dunha solicitude poderá exceder a provincia. Poderanse presentar solicitudes para todos os capítulos da orde dos que se poida ser beneficiario.

Artigo 23º.-Prazos.
O prazo de presentación de solicitudes será como mínimo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria anual, e quedará expresamente reflectido na convocatoria anual da axuda.

Artigo 24º.-Tramitación
1. Unha vez presentada a solicitude revisarase a documentación desta e no caso de que conteña defectos u omisións non esenciais, seralle requirida ao solicitante a emenda, outorgándolle un prazo de 10 días hábiles para facelo, de conformidade co disposto no artigo 71 da 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, con indicación de que se así non o fixera teráselle por desistido da súa petición logo de resolución en tal sentido, e arquivarase o expediente sen máis trámite cos efectos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999.

2. Xunto coa solicitude de axuda presentarase un documento descritivo das actuacións para levar a cabo e cando a axuda solicitada sexa aprobada, no caso de que se trate de accións sobre o terreo dos capítulos III e IV, presentarase un proxecto, no prazo máximo dun mes, cos mesmos datos que o documento descritivo. Nestes casos nomearase un director de obra.

3. O órgano competente para levar a cabo a tramitación desta orde de axudas é a Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais. Os servizos provinciais de Montes e Industrias Forestais proporanlle ao órgano colexiado, composto polo xefe de servizo de Planificación e Valorización do Monte e por dous funcionarios da Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais (un deles actuará como secretario), a aprobación das solicitudes presentadas que cumpran todos os requisitos desta orde; o órgano colexiado valorará as solicitudes de axuda segundo os criterios de prioridade establecidos nos artigos correspondentes segundo proceda e emitiralle un informe ao director xeral de Montes e Industrias Forestais que á súa vez elevará a proposta de concesión ao conselleiro do Medio Rural. O conselleiro do Medio Rural resolverá sobre a aprobación das axudas solicitadas en réxime de concorrencia competitiva axustándose aos principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non-discriminación.

4. A Consellería do Medio Rural comunicará no prazo máximo de 6 meses, e poderanse ampliar segundo o indicado no artigo 49 da Lei 30/1992, a aprobación e contía das axudas ou a denegación razonada da solicitude.

5. No caso de non recaer resolución expresa nun prazo de 6 meses a partir da data de entrada en vigor desta orde, o interesado poderá entender desestimada a súa solicitude sen prexuízo da obriga legal de resolver expresamente conforme o disposto nos artigos 42 e 44 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999. As ditas resolucións serán notificadas a cada un dos solicitantes dentro do prazo de 10 días seguintes á toma do acordo.

Contra a resolución aprobatoria ou denegatoria, que esgota a vía administrativa, cabe a interposición do recurso potestativo de reposición ante o conselleiro do Medio Rural, no prazo dun mes que comezará a contar a partir do día seguinte á recepción da notificación da resolución, ou no prazo de tres meses desde que se entenda desestimada por silencio administrativo, ou ben cabe ser impugnada directamente ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses se a resolución fora expresa, de acordo co disposto no artigo 117 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999 e o artigo 46 da Lei 26/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Cando se estime necesario, polo contido da resolución de aprobación da axuda, poderá pedirse a aceptación por escrito dos beneficiarios, segundo anexo II, cun prazo de 15 días naturais desde a notificación da resolución, de todas as condicións, requisitos e cláusulas establecidas nas bases reguladoras, na convocatoria e na resolución.

Artigo 25º.-Execución e xustificación.
1. Na resolución indicarase o prazo para a execución dos traballos, que con carácter xeral non será inferior a 2 meses.

2. Nun prazo dun mes contado a partir da notificación da resolución de aprobación deberase presentar o correspondente proxecto e o nomeamento do director de obra segundo o indicado no artigo anterior.

En cumprimento do disposto no artigo 31 punto 3º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, dentro do devandito prazo dun mes, cando o importe do investimento supere os 30.000 euros no caso de custo por execución de obra e de 12.000 € no suposto de subministración de bens de equipo ou prestación de servizos por empresas de consultoría ou asistencia técnica, o beneficiario deberá solicitar como mínimo tres ofertas a diferentes provedores e presentalas xunto co proxecto. A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía, debendo xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis favorable.

Nos casos de axudas para a adquisición, construción, rehabilitación e mellora de bens inventariables, as entidades beneficiarias destinarán os mesmos ao fin concreto para o que se concedeu a axuda, por un período mínimo de cinco anos, no caso de bens inscribibles nun rexistro público e dous anos como mínimo no resto dos bens. En todo caso as entidades beneficiarias das axudas estarán suxeitas ao establecido no artigo 31.4º. da Lei xeral de subvencións.

Por outra parte, cando proceda, de acordo co Regulamento CE 1974/2006, do 15 de decembro, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (CE) 1698/2005 relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), estableceranse as contías das axudas baseándose en custos estándar e módulos máximos.

3. Cando se trate de investimentos materiais realizarase unha inspección no campo por funcionarios da Consellería do Medio Rural, para verificar as superficies, comprobar os datos da solicitude e comprobar a viabilidade dos traballos. Esta inspección poderase realizar antes da resolución de aprobación.

A modificación do investimento deberá ser xustificada e exixirá autorización previa da Consellería do Medio Rural por proposta da Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais tras a proposta dos Servizos de Montes e Industrias Forestais, de conformidade co disposto no artigo 12 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro.

4. A axuda definitiva será a resultante da comprobación final realizada por funcionarios da Consellería do Medio Rural, distintos dos que realizaron a inspección en campo.


Coa comprobación final poderase modificar á baixa a cantidade aprobada inicialmente, no caso de que se tivese realizado un menor número de unidades de obra das aprobadas.

5. As prórrogas serán solicitadas motivadamente e cun mes de antelación á terminación do prazo para a execución dos traballos. Terán unha duración máxima de 6 meses e seranlles propostas polos servizos de Montes e Industrias Forestais, ao director xeral de Montes e Industrias Forestais, quen elevará proposta ao conselleiro do Medio Rural, que resolverá.

6. Para instrumentos de ordenación de montes de xestión pública requirirase informe favorable do técnico de distrito forestal.

7. Xunto coa notificación de remate dos traballos achegarase a seguinte documentación:

-Facturas polo importe total do investimento, de conformidade co disposto no artigo 15 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro. No caso de que o beneficiario realice os traballos polos seus propios medios deberá presentar un documento xustificativo desta circunstancia e os xustificantes dos gastos e custos desglosados dos traballos realizados. A suma destes conceptos deberá ser igual ao importe total do investimento.

-Facturas da planta empregada que deberá ser preferentemente de procedencia galega, excepto os híbridos.

-Certificación bancaria a nome do titular do terreo. No caso de agrupacións, nesta conta deberán ser titulares conxuntos todos os titulares que formen parte da agrupación.

-Declaración doutras axudas solicitadas ou percibidas para os mesmos fins.
-Aval bancario no caso de pagamento de anticipos para axudas totais aprobadas maiores de 30.050,61 €, que deberá axustarse ao regulado no artigo 17 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas.

-No suposto de contratación de asistencia técnica segundo o artigo 8. a), achegarase copia dos contratos TC 1 e TC 2 e das nóminas dos traballadores.

-No caso de instrumentos de xestión forestal achegarase a solicitude do propietario para a aprobación e rexistro deste. No caso de CMVMC esta solicitude deberá estar avalada pola asemblea xeral.

-Memoria xustificativa da correcta execución dos traballos subvencionados, recollendo documentos acreditativos dos importes asociados ás distintas accións realizadas.

Artigo 26º.-Revogacións.
1. A axuda poderá revogarse, total ou parcialmente, se se da algún dos seguintes supostos:

a) Execución de menos do 80% das accións previstas, sen autorización previa ou causa xustificada de forza maior.

b) Incumprimento dos prazos para realizar os traballos subvencionados fixados na notificación de aprobación do expediente, ou se é o caso, da prórroga concedida.

c) Modificacións graves das accións previstas, de forma que desvirtúen os obxectivos descritos nesta orde.

d) Por incumprimento das disposicións legais de aplicación, ocultar ou falsear datos ou destinar as axudas a fins distintos aos sinalados na solicitude.

e) Obtención da subvención sen reunir os requisitos exixidos para a súa concesión.

f) Incumprimento do ditado en calquera dos artigos desta orde que impliquen obrigas por parte do beneficiario.

g) Incumprimento da finalidade para a cal foi concedida a subvención.
h) Incumprimento das condicións impostas ás entidades colaboradoras e beneficiarios con motivo da concesión da subvención ou axuda pública.

i) Incumprimento da obriga de adoptar as medidas de difusión contidas na Lei 14/2006.

j) Resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de control financeiro, así como o incumprimento das obrigas contables rexistrais ou de conservación de documentos, cando signifique a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o incumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas ou a concorrencia de subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade remitidas de calquera Administración ou ente público ou privado, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

k) A adopción, en virtude do establecido nos artigos 87 a 89 do Tratado da Unión Europea, dunha decisión da cal derive unha necesidade de reintegro.

l) Non presentar nun prazo dun mes contado a partir da notificación da resolución de aprobación o proxecto visado e o nomeamento do director de obra segundo o especificado no artigo 24º.

Nestes supostos, a consellería reclamará directamente a devolución das cantidades aboadas en concepto de axudas e os intereses de demora devengados desde o seu pagamento, sen prexuízo das responsabilidades a que houbese lugar.

2. Nos casos de anulación ou minoración por certificación final das cantidades inicialmente aprobadas, as dotacións orzamentarias resultantes poderán ser adxudicadas a outros peticionarios de acordo coa relación de prioridades e orde establecido.

3. Naqueles supostos nos cales o importe das subvencións recibidas polo beneficiario excedan os custos da actividade procederase a solicitar a devolución da cantidade percibida que exceda o custo real da actividade.

4. Serán casos de forza maior, de conformidade co disposto no artigo 47 do Regulamento (CE) 1974/2006 da Comisión do 18 de decembro de 2006:

-Falecemento do beneficiario.
-Incapacidade profesional de longa duración do beneficiario.
-Expropiación dunha parte importante da explotación, se esta expropiación non era previsible o día en que se subscribiu o compromiso.

Calamidades naturais graves que afecten seriamente a superficie de actuación.
A notificación dos casos de forza maior e as probas relativas a eles, deberán realizarse por escrito e nun prazo de dez días hábiles, contados desde a data na que se produciu o caso de forza maior.

Artigo 27º.-Financiamento.
1. As accións previstas nesta orde financiaranse con cargo ás aplicacións orzamentarias da Dirección Xeral de Montes e I.F. da Consellería do Medio Rural, que se detallarán na convocatoria de cada ano.

2. Os fondos utilizados serán Feader e outros fondos da Administración estatal ou autonómica que figuren na Lei de orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para cada ano.

3. No que respecta aos fondos con cofinanciamento comunitario de Feader estarán asociados ao desenvolvemento de accións das seguintes medidas do programa de desenvolvemento rural de Galicia segundo o Regulamento ( CE) 1698 / 2005:

-Fomento do coñecemento e mellora do potencial humano a través de información e formación profesional e da implantación de servizos de asesoramento.

-Aumento do valor económico dos bosques.
-Utilización sostible das terras forestais a través de investimentos non produtivos.

Artigo 28º.-Controis.
A Consellería do Medio Rural realizará os controis sobre o terreo, así como as comprobacións e inspeccións que considere oportunas co fin de comprobar a veracidade dos datos e da documentación presentada, así como o lóxico seguimento e control das axudas concedidas.

O beneficiario someterase ás actuacións de comprobación e control financeiro dos investimentos subvencionados por parte da Consellería do Medio Rural, a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Consello de Contas e o Tribunal de Contas.

Non se poderá efectuar ningún pagamento sen realizar previamente os controis preceptivos, tanto administrativos como sobre o terreo, de acordo co plan anual de controis con base ao establecido no Regulamento (CE) 1975/2006, da Comisión, do 7 de decembro de 2006.

Artigo 29º.-Infraccións e sancións.
Ás persoas beneficiarias das axudas reguladas nesta orde seralles de aplicación o Regulamento (CE) 1975/2006, da Comisión, do 7 de decembro de 2006.

Ademais, en materia de infraccións e sancións será de aplicación o disposto no artigo 79 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, así como o disposto no Decreto 287/2000, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia e o disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións ten por obxecto a regulación do réxime xurídico xeral das subvencións outorgadas polas administracións públicas.

Artigo 30º.-Alteración de condicións.
Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, e en todo caso, para a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

Artigo 31º.-Obrigas.
1. O beneficiario da axuda e o solicitante están obrigados a facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

2. O solicitante e o beneficiario están obrigados a realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

3. No caso de encontro casual de obxectos e restos materiais que posúan valores que son propios do patrimonio cultural galego, o descubridor deberá comunicarllo inmediatamente á Consellería de Cultura e Deporte de conformidade coa Lei 8/1995, do 30 de outubro, pola que se regula o patrimonio cultural de Galicia.


4. As actuacións na zona lateral de protección do camiño de Santiago comunicarallas o solicitante á Consellería de Cultura e Deporte, co obxecto de contar coa súa autorización previa de conformidade coa Lei 3/1996, do 10 de maio, de protección dos camiños de Santiago.

5. Nas accións relativas ao capítulo IV o beneficiario comprométese a poñer en disposición de uso público as superficies que foron obxecto de intervención.

Artigo 32º.-Avaliación de impacto ambiental.
De conformidade co disposto no artigo 1 punto 2º da Lei 6/2001, do 8 de maio, de modificación do Real decreto lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de avaliación de impacto ambiental, fíxanse os limiares de acordo cos criterios do seu anexo III, por debaixodos cales as actuacións que se realicen ao abeiro desta orde non deben someterse a avaliación de impacto ambiental:

1. Superficie de actuación menor de 50 ha.
2. Superficie de actuación continua acumulada con outros proxectos realizados ao abeiro de convocatorias de axudas anteriores menor de 1.000 ha.

Artigo 33º.-Medidas informativas e publicitarias das axudas cofinanciadas polo Feader.

1. Nos instrumentos de información e difusión que utilice a Consellería do Medio Rural farase constar que, na marxe doutras fontes de financiamento público, concorre o financiamento con fondos Feader.

2. Conforme o carácter público do financiamento da actividade subvencionada, o beneficiario estará obrigado a dar a axeitada publicidade desta circunstancia, para o que adoptará as medidas que, en cumprimento da normativa comunitaria, se especificarán na resolución de concesión.

3. Na resolución da concesión da axuda relacionaranse, de ser o caso, as obrigas de difusión e publicidade que asume o beneficiario ao ser receptor da subvención e, en particular:

a) A procedencia do financiamento dos fondos.
b) A advertencia de que os seus datos persoais serán obxecto das publicacións legalmente establecidas.

c) Os medios publicitarios que cabe adoptar, de ser o caso, para facer visible ante o público a orixe do financiamento da axuda.

Capítulo VI
Convocatoria para o ano 2007
Artigo 34º.-Convocatoria.
Convócanse as axudas para programas de valorización integral e promoción da multifuncionalidade do monte, en réxime de concorrencia competitiva para o ano 2007.

Artigo 35º.-Presentación de solicitudes.
As solicitudes de axuda para a convocatoria 2007 presentaranse no prazo de corenta días hábiles contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde.

Artigo 36º.-Financiamento.
1. As axudas reguladas nesta orde estarán financiadas no exercicio 2007 e 2008 con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias:

Ano 2007:
-11.06.713-A.760.0 (214.286 €).
-11.06.713-A.770.0 (2.371.119 €).
-11.06.713-A.780.0 ( 400.000 €).
Ano 2008:
-11.06.713-A.760.0 (50.000 €).
-11.06.713-A.770.0 (600.000 €).
-11.06.713-A.780.0 (300.000 €).
2. Estes importes poderanse ver incrementados con fondos comunitarios, da Administración do Estado ou da comunidade autónoma.

3. O crédito correspondente a cada aplicación orzamentaria distribuirase como se detalla a continuación:

-11.06.713-A.760.0:
50% accións do capítulo II.
50% accións do capítulo IV.
-11.06.713-A.770.0.
a) En función do tipo de accións subvencionadas:
25% accións do capítulo II.
75% accións do capítulo III, co seguinte desglose:
Artigo 14, apartados 3.1., 3.2. e 3.3, 25%.
Artigo 14, apartado 3.4, 75%.
b) En función do tipo de beneficiario:
Capítulo II:
CMVMC: 30%.
Organizacións e asociacións do sector forestal: 50%.
Outros beneficiarios: 20%.
Capítulo III:
CMVMC: 40%.
Agrupacións de propietarios forestais: 40%.
Outros beneficiarios: 20%.
-11.06.713-A.780.0.
40% accións do capítulo II (excepto asesoramento e asistencia técnica).
60% accións do capítulo IV.
Cando as solicitudes presentadas non cubran a totalidade do importe destinado a cada punto os sobrantes de crédito poderán distribuírse aos outros apartados, de ser o caso.

Disposicións adicionais
Primeira.-As axudas concedidas nesta orde son incompatibles con outras subvencións de calquera administración pública e con calquera outro réxime de axudas comunitarias.

Segunda.-As axudas para asesoramento e asistencia técnica reguladas no artigo 8º.1. a) están acollidas ao réxime de minimis establecido no regulamento (CE) 1998/2006, da Comisión, do 15 de decembro de 2006, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do tratado ás axudas de minimis (DOUE do 28 de decembro de 2006), polo que os beneficiarios non poderán recibir subvencións acollidas a ese mesmo réxime por importe superior a 200.000 euros nun período de tres anos.

Terceira.-De conformidade co artigo 13.4º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, a Consellería do Medio Rural publicará na súa páxina web oficial as concesións das axudas reguladas nesta orde, polo que a presentación da solicitude leva implícita autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e da súa publicación na citada páxina.

Cuarta.-A elixibilidade das axudas reguladas nesta orde quedará condicionada en todo caso á aprobación pola Unión Europea do Marco Nacional de Desenvolvemento Rural e do Programa de desenvolvemento rural de Galicia para o período 2007-2013, e as posibles observacións e modificación derivadas diso.

Disposicións derradeiras
Primeira.-Facúltase o director xeral de Montes e Industrias Forestais para ditar todas as disposicións complementarias co obxecto de executar esta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2007.
Alfredo Súarez Canal
Conselleiro do Medio Rural
Ver referencia pdf "14100D005P013.PDF"
Ver referencia pdf "14100D005P013.PDF"
Ver referencia pdf "14100D005P013.PDF"
Ver referencia pdf "14100D005P013.PDF"
Ver referencia pdf "14100D005P013.PDF"
Ver referencia pdf "14100D005P013.PDF"
Ver referencia pdf "14100D005P013.PDF"
Ver referencia pdf "14100D005P013.PDF"
Ver referencia pdf "14100D005P013.PDF"
Ver referencia pdf "14100D005P013.PDF"
Ver referencia pdf "14100D005P013.PDF"
Ver referencia pdf "14100D005P013.PDF"
Ver referencia pdf "14100D005P013.PDF"
Ver referencia pdf "14100D005P013.PDF"
Ver referencia pdf "14100D005P013.PDF"
Ver referencia pdf "14100D005P013.PDF"



[Páx. Anterior][Sumario D.O.G.][Páx. Seguinte]



© Xunta de Galicia
Información mantida pola Xunta de Galicia
Servizo prestado pola Consellería de Presidencia, AA.PP. e Xustiza
Correo electrónico: webdoga xunta.es