Diario Oficial de Galicia
martes, 19 de xuño de 2007
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
Número do Dog:
117
Páxina do Dog:
10.461
Data da Disposición:
11 de xuño de 2007
Sección:
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
Organismo:
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Rango:
Orde
Título:
Orde do 11 de xuño de 2007 pola que se establecen as bases
reguladoras das axudas destinadas ao sector equino para o seu fomento e
desenvolvemento, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se convocan para
o ano 2007.
Orde do 11 de xuño de 2007 pola que se
establecen as bases reguladoras das axudas destinadas ao sector equino para o
seu fomento e desenvolvemento, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se
convocan para o ano 2007.
O sector equino é un dos sectores gandeiros
con máis importancia histórica en Galicia. Ata mediados do século pasado, o seu
papel como forza de transporte e traballo foi insubstituible, e o resto dos seus
produtos tiñan a relevancia suficiente como para serén incluídos dentro da
contabilidade agraria.
Non obstante, a rápida substitución do equino
como ferramenta de traballo debido aos avances tecnolóxicos levou a unha
importante regresión desta produción gandeira.
A pesar desta evolución
historica, o gando equino segue a ter un destacado papel no sector gandeiro
galego, tanto polo censo deste gando, como por ser esta capaz de aproveitar
directamente recursos naturais fóra do alcance doutras producións gandeiras.
Precisamente esta capacidade levou á xeneralización en Galicia dun sistema de
crianza peculiar consistente na explotación en extensivo e completa liberdade.
Este sistema de cría desenvólvese maioritariamente sobre a base territorial dos
montes xestionados polas comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC),
que representan practicamente un terzo da superficie forestal
galega.
O
fomento deste tipo de produción gandeira é extratéxica para o medio rural galego
tanto pola xeración de riqueza que representa o aproveitamento in situ e
sustentable de recursos naturais polas greas, como pola súa incidencia no
control da acumulación de biomasa piroxénica nos montes e, polo tanto, contribúe
á diminución da probabilidade e gravidade dos incendios forestais. Neste terreo,
esta orde pretende fomentar actuacións encamiñadas a compatibilizar a cría de
équidos cos aproveitamentos forestais e outros aproveitamentos do monte mediante
a ordenación e regulación do pastoreo, incrementar a rendabilidade das
explotacións mediante o desenvolvemento de programas de cría que apliquen
criterios zootécnicos e a potenciación de novos circuítos de comercialización, e
fomentar a organización dos produtores equinos en asociacións que establezan
acordos de aproveitamento dos pastos coas CMVMC.
Por outra banda, en
consonancia coas novas directrices da última reforma da política agraria común,
o fomento da produción gandeira debe orientarse tamen ás demandas sociais do
mercado, con outros ámbitos empresariais, desde o turismo rural, con crecente
importancia de xeito continuado, ata as actividades terapéuticas, como é o
emprego do gando equino na adaptación de persoas con minusvalideces, sen
esquecer todas as actividades deportivas relacionadas con este tipo de animais
(carreiras, concursos de saltos, etc.), todas elas, ao fin e ao cabo, xeradoras
dunha riqueza económica e social que se considera axeitado fomentar desde os
poderes públicos.
Estas axudas axústanse ao disposto, no caso de axudas ás pequenas e
medianas empresas agrarias, ao regulamento (CE) Nº 1857/2006 da Comisión, do 15
de decembro de 2006 sobre a aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas
estatais para as pequenas e medianas empresas dedicadas á produción de producos
agrícolas e polo que se modifica o Regulamento (CE) nº 70/2001; no caso das
axudas ás pequenas e medianas empresas non agrarias, ao establecido no
Regulamento (CE) nº 1998/2006 da Comisión, do 15 de decembro de 2006, relativo á
aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas de minimis, e para as
axudas á formación, no Regulamento (CE) nº 68/2001 da Comisión, do 12 de xaneiro
de 2001, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas á
formación.
O
Real decreto 1.200/2005, do 10 de outubro,modificado polo Real decreto
1581/2006, do 22 de decembro que establece as bases reguladoras das subvencións
estatais destinadas ao sector equino, establece que as comunidades autónomas son
as encargadas da xestión das subvencións que nel se recollen, polo que se fai
preciso o desenvolvemento da normativa galega para a xestión destas axudas. As
empresas agrarias equinas definidas neste real decreto reciben tradicionalmente
en Galicia a denominación de explotacións agrarias equinas, atopándose definidas
como tales explotacións agrarias na Lei 19/1995, do 4 de xullo, de modernización
das explotacións agrarias.
En consecuencia, de acordo co previsto no artigo
30.1º.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e, no uso das facultades que me
confiren os artigos 78 e 79 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo
que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financiero e orzamentario de
Galicia, e a Lei 1/1983, reguladora da Xunta e do seu presidente,
DISPOÑO:
Artigo 1º.-Obxecto.
O obxecto desta orde é establecer as bases
reguladoras das subvencións destinadas ao sector equino para o seu fomento e
desenvolvemento, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e proceder á súa
convocatoria en réxime de concorrencia competitiva, para o ano 2007.
Artigo 2º.-Ámbito de
aplicación.
Esta orde será de
aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia, para aquelas actividades que se
leven a cabo no seu territorio.
Artigo 3º. Definicións.
1. Para os efectos desta orde, serán de
aplicación as definicións previstas no Regulamento (CE) nº 68/2001 da Comisión,
do 12 de xaneiro de 2001, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado
CE ás axudas de formación; no Regulamento (CE) nº 1/2004 da Comisión, do 23 de
decembro de 2003, sobre a aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas
estatais para as pequenas e medianas empresas dedicadas á produción,
transformación e comercialización de produtos agrarios, e na Lei 19/1995, do 4
de xullo, de modernización das explotacións agrarias.
2. Así mesmo, entenderase
como:
a) Agrupación de produtores
equinos: as entidades con personalidade xurídica propia, baixo calquera forma
asociativa válida de acordo co ordenamento xurídico, que nos seus estatutos de
constitución teñan entre os seus obxectivos a produción e crianza de gando
equino.
b)
Empresa agraria equina: o conxunto de bens e dereitos organizados
empresarialmente polo seu titular no exercicio da actividade agraria coa especie
equina, primordialmente con fins de mercado e que constitúe en si mesma unha
unidade técnico económica.
c) Explotación agraria equina: o conxunto de bens
e dereitos organizados empresarialmente polo seu titular no exercicio da
actividade agraria, primordialmente con fins de mercado, e constitúe en si mesma
unha unidade técnico-económica.
d) Équidos: os cabalos, asnos e os seus
cruzamentos.
e) Primeira instalación:
o inicio da actividade gandeira por primeira vez con équidos ou a reorientación
da produción con cambio de especie cara á produción equina.
f) Titular de empresa
agraria equina: a persoa física ou xurídica que exerce a actividade agraria coa
especie equina, que organiza os bens e dereitos integrantes da explotación con
criterios empresariais e asume os riscos e a responsabilidade civil, social e
fiscal que pode derivar da xestión da explotación.
g) Unidade de traballo: o
traballo efectuado por unha persoa dedicada a tempo completo durante un ano á
actividade en cuestión.
h) Agricultor profesional: a persoa física que,
sendo titular dunha explotación agraria, obteña polo menos o 50 por 100 da súa
renda total de actividades agrarias ou outras actividades complementarias,
sempre e cando a parte de renda procedente directamente da actividade agraria
realizada na súa explotación non sexa inferior ao 25 por 100 da súa renda total
e o tempo de traballo dedicado a actividades agrarias ou complementarias sexa
superior á metade do seu tempo de traballo total.
Para estes efectos,
consideraranse actividades complementarias a participación e presenza do
titular, como consecuencia de elección pública, en institucións de carácter
representativo, así como en órganos de representación de carácter sindical,
cooperativo ou profesional, sempre que estes se atopen vinculados ao sector
agrario, as de transformación dos produtos da súa explotación e as relacionadas
coa conservación do espazo natural e protección do ambiente, ao igual que as
turísticas, cinexéticas e artesanais realizadas na súa explotación.
i) Agricultor mozo: a
persoa que cumprise os dezaoito anos e non cumprise corenta anos e exerza ou
pretenda exercer a actividade agraria.
j) Silvopastoreo: o uso de terreos forestais,
pasteiros, pasteiros arbustivos ou pasteiro con arboredo con fins gandeiros
mediante aproveitamento extensivo dos seus recursos.
Artígo
4º.-Beneficiarios.
1. Poderán ser
beneficiarios das subvencións destinadas ás pequenas e medianas empresas
agrarias, en función da liña de axuda:
a) As entidades asociativas ou as súas
agrupacións, as agrupacións de produtores da especie equina, as comunidades de
montes veciñais en man común (CMVMC) con plan de aproveitamento de pastos que
inclúa a especie equina e as agrupacións de defensa sanitaria recoñecidas de
acordo co establecido no Real decreto 1880/1996, do 2 de agosto, polo que se
regulan as agrupacións de defensa sanitaria gandeiras.
b) Os titulares de
explotacións ou empresas agrarias equinas dedicadas á produción e crianza de
équidos.
c)
As pequenas e medianas empresas agrarias equinas ou as súas asociacións
legalemente recoñecidas dedicadas á transformación e comercialización de carne
de cabalo, sobre as que recaia a carga financeira dos investimentos e gastos que
se consideren subvencionables, que leven a cabo a actividade para a cal se
outorga a axuda e que manteñan a dita actividade durante un período non inferior
a cinco anos, contados a partir do momento en que se iniciase.
2. Poderán ser
beneficiarios das subvencións destinadas ás pequenas e medianas empresas non
agrarias e outras institucións:
a) As pequenas e medianas empresas non agrarias e
aqueloutras institucións que ofrezan servizos a terceiros coa participación de
équidos. En particular os centros de aluguer ou pupilaxe de animais da especie
equina, centros de ocio en que se leven a cabo actividades ecuestres, empresas
de turismo rural, centros de ensino públicos ou privados, centros deportivos
ecuestres que desenvolvan a sua actividade no ámbito rural, así como fundacións,
empresas e as súas asociacións, sempre que o seu obxecto sexan actividades
económicas relacionadas co emprego de équidos.
3. O obxectivo, as
actividades subvencionables, e a contía máxima total ou intensidade bruta destas
axudas serán as reguladas nos artigos, 5º, 6º, 7º e 8º
repectivamente.
Artigo 5º.-Axudas ás CMVMC, asociacións e agrupacións de produtores de
équidos.
1. O obxectivo desta axuda
é, por unha banda, promover a constitución de entidades de carácter asociativo
legalmente recoñecidas relacionadas co sector equino, que permitan fomentar
actuacións encamiñadas a compatibilizar a cría de équidos cos aproveitamentos
integrais do monte mediante a ordenación e regulación do pastoreo, incrementar a
rendibilidade das explotacións mediante o desenvolvemento de programas de cría
que apliquen criterios zootécnicos e fomentar a organización dos produtores
equinos en asociacións que establezan acordos de aproveitamento de pasteiros
coas CMVMC; e por outra, fomentar actividades de asistencia técnica, e mellorar
a comercialización dos produtos.
2. As actividades subvencionables serán as
seguintes:
a) Asistencia técnica ás
entidades asociativas e agrupacións de produtores de équidos, que se constitúan
ou que amplíen significativamente as súas actividades.
b) Implantación de
programas de calidade voluntarios ou de sistemas de produción diferenciada,
denominacións de calidade e produción ecolóxica.
c) Implantación de
programas de manexo zootécnico e sanitario nas explotacións equinas aprobadas
pola autoridade competente que abranguen aspectos relacionados coa mellora da
calidade, sanidade, e rastrexabilidade das producións equinas.
d) Implantación de
técnicas ou prácticas innovadoras no ámbito da cría equina de produción de carne
(ceba en común, centros de normalización, tipificación de canais,
etc.)
e)
Realización de cursos de formación en produción equina relacionados coa
produción e crianza de équidos a nivel de explotación.
f) Realización e
asistencia a certames, feiras ou exposicións que teñan como finalidade o fomento
e a promoción do equino e os seu produtos e servizos, sempre que non se atopen
incluídos no ámbito de aplicación da orde do Ministerio de Agricultura, Pesca e
Alimentación, do 17 de mazo de 1988, pola que se actualizan e regulan os
certames gandeiros de raza pura, de carácter nacional e internacional, e se
fixan as axudas á participación nestes.
g) Campañas para a promoción e difusión do
consumo de carne de cabalo e das súas cualidades nutricionais.
h) Aplicación de servizos
en común e os seguintes investimentos en común:
Construción, adquisición e mellora de bens
inmobles para a súa adaptación á crianza e estabulación de équidos, incluíndo o
acondicionamento de parcelas para o desenvolvemento da actividade gandeira coa
especie equina e os investimentos na aplicación de sistemas de control
individual dos animais explotados nos sistemas extensivos, a construción e
rehabilitación de valados e cercados gandeiros perimetrais, a construción de
recintos de manexo, mangas de contención, refuxios, etc.
No caso de construción,
adquisición e mellora de bens inmobles o período durante o cal o beneficiario
deberá destinar os bens ao fin concreto para o cal se concedeu a subvención non
poderá ser inferior a dez anos en caso de bens inscritibles nun rexistro
público, nin a dous anos para o resto de bens. No caso de bens inscritibles nun
rexistro público, deberá facerse constar na escritura esta circunstancia, así
como o importe da subvención concedida, debendo ser obxecto estes extremos de
inscrición no rexistro público correspondente.
i) Alugamento de locais
axeitados e adquisición de material, incluídos ordeadores, para a aplicación dos
programas, no caso de asociacións ou agrupacións que se constitúan ou amplíen
significativamente as súas actividades.
3. Poderán ser beneficiarios das axudas os
definidos no artigo 4º.1.a, que cumpran as seguintes condicións:
a) Acreditar a súa
viabilidade económica, e estar ao día das obrigas fiscais e coa Seguridade
Social que correspondan conforme a normativa vixente.
b) Todas as explotacións
dos integrantes da asociación ou agrupación ou as englobadas polo plan de
ordenación e aproveitamento de pastos aprobado pola CMVMC beneficiaria de axudas
deben cumprir cos requisitos establecidos no artigo 6º.3, agás no tocante á
viabilidade económica e estar ao corrente das obrigas fiscais e coa Seguridade
Social, que deberá de ser acreditada pola entidade beneficiaria da
axuda.
c) Os
programas aprobados débense aplicar a todas as explotacións pertencentes á
asociación.
d) Os programas deben ser supervisados por un técnico con titulación de
grao medio ou superior e, no caso dos programas sanitarios, por un
veterinario.
e) No caso de que as axudas solicitadas estean destinadas a mellorar a
comercialización da produción, polo menos, o 50 por cento desta, que, pola súa
vez, proceda, como mínimo, do 50 por cen das explotacións integradas na entidade
asociativa, debe ser comercializada pola entidade asociativa
beneficiaria.
f) Que só agrupen produtores.
g) No caso do punto 2.d), que cumpran os requisitos nos números 4º e 5º
do artigo 14 do Regulamento (CE) nº 1/2004 da Comisión, do 23 de decembro de
2003.
h) Non
poderán concederse subvencións despois do sétimo ano desde o recoñecemento ou
constitución da asociación ou agupación de produtores.
4. A contía máxima total
da axuda por asociación non poderá superar os 100.000 euros e deberán
respectarse, ademais, as seguintes condicións:
a) No caso dos puntos
2.d) e 2.f), o límite máximo será do 50 por cento dos custos subvencionables. En
todo caso, o límite de 100.000 euros por beneficiario virá referido a un máximo
de tres anos consecutivos.
b) No caso do punto 2.e), atenderase o disposto
no artigo 4 do Regulamento (CE) nº 68/2001 da Comisión, do 12 de xaneiro de
2001.
c) No
caso do punto 2.g), o límite máximo será do 50 por cento do custo de cada
campaña.
d)
No caso do punto 2.h), o límite máximo será o 40 por cento dos investimentos
subvencionables, ou 50 por cento nas zonas desfavorecidas.
e) No caso do punto 2.i),
estas axudas serán temporais e decrecentes e non poderán superar o 100 por cen
dos custos subvencionables correspondentes ao primeiro ano, cunha redución anual
de 20 puntos porcentuais, ata un máximo de cinco anos.
Artigo 6º.-Axudas aos
titulares de explotacións ou empresas agrarias equinas dedicadas á produción e
crianza de équidos para a realización de investimentos.
1. O obxetivo desta axuda
é optimizar os custos de produción, mellorar e reorientar a produción, aumentar
a calidade, protexer e mellorar o contorno natural, as condicións hixiénicas e
as normas de benestar animal e fomentar a diversificación das actividades
gandeiras coa especie equina.
2. As actividades subvencionables serán as
seguintes:
a) A construción,
adquisición e mellora de bens inmobles para a súa adaptación á crianza e
estabulación de équidos, incluíndo o acondicionamento de parcelas para o
desenvolvemento da actividade gandeira coa especie equina e a construción e
rehabilitación de valados e cercados perimetrais, a construción de recintos de
manexo, mangas de contención, refuxios, etc.
No caso de construción, adquisición e mellora de
bens inmobles o período durante o cal o beneficiario deberá destinar os bens ao
fin concreto para o cal se concedeu a subvención, non poderá ser inferior a dez
anos en caso de bens inscritibles nun rexistro público, nin a dous anos para o
resto de bens. No caso de bens inscritibles nun rexistro público, deberá facerse
constar na escritura esta circunstancia, así como o importe da subvención
concedida, debendo ser obxecto estes extremos de inscrición no rexistro público
correspondente.
b) A primeira adquisición de animais da especie equina no caso da
primeira instalación como explotación equina, incluíndo os reprodutores
rexistrados en libros xenealóxicos ou equivalentes.
c) A compra ou
arrendamento con opción de compra de nova maquinaria e equipamento, incluídos os
ordenadores destinados á actividade gandeira equina no suposto de primeira
instalación como explotación equina.
d) Os custos xerais, como honorarios de técnicos
e estudos de viabilidade para a primeira instalación da explotación
equina.
e)
Investimentos destinados ao cumplimento de normas mínimas de recente introdución
en materia de ambiente, hixiene e benestar animal relacionadas coa especie
equina, conforme o previsto no artigo 4 do Regulamento (CE) nº 1/2004 da
Comisión, do 23 de decembro de 2003. Entendendo de recente introdución, as que
entrasen en vigor no prazo máximo dun ano anterior á data de solicitude da
axuda.
3.
Poderán ser beneficiarios das axudas os definidos no artigo 4º.1.b, que cumpran
as seguintes condicións:
a) Estaren inscritas no Rexistro de Explotacións
Gandeiras conforme o Real decreto 479/2004, do 26 de marzo, polo que se
establece e regula o Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras, como explotación
de reprodución e produción, así como dispor do correspondente libro de
explotación actualizado que se estableza regulamentariamente para os équidos e
identificar os seus animais conforme a normativa vixente.
b) Acreditar viabilidade
económica da empresa e estar ao día das obrigas fiscais e coa Seguridade Social
que correspondan conforme a normativa vixente.
c) Cumprir coas normas
mínimas en materia de ambiente, en particular, as relacionadas coa xestión dos
subprodutos de orixe animal non destinados ao consumo humano, xerados na súa
empresa.
d)
Cumprir a normativa aplicable en materia de benestar animal e, en especial, os
reais decretos 348/2000, do 10 de marzo, polo que se incorpora ao ordenamento
xurídico a Directiva 98/58/CE do Consello, do 20 de xullo de 1998, relativa á
protección dos animais nas explotacións gandeiras, 54/1995, do 20 de xaneiro,
sobre protección dos animais no intre do seu sacrificio ou matanza, e 1041/1997,
do 27 de xuño, polo que se establecen as normas relativas á protección dos
animais durante o seu transporte.
e) Aplicar os programas sanitarios que establezan
as autoridades competentes e efectuar o rexistro dos tratamentos medicamentosos
conforme o Real decreto 1749/1998, do 31 de xullo, polo que se establecen as
medidas de control aplicables a determinadas substancias e os seus residuos nos
animais vivos e os seus produtos.
4. A intensidade bruta da axuda non deberá
superar:
a) O 40 por cento dos
investimentos subvencionables, o 50 por cento nas zonas
desfavorecidas.
b) Tratándose de investimentos feitos por agricultores mozos dentro dos
cinco anos seguintes á súa instalación, o 45 por cento, ou 55 por cento dos
investimentos subvencionables en zonas desfavorecidas
c) Se o investimento
prevé custos suplementarios relacionados coa protección e a mellora do ambiente,
a mellora das condicións hixiénicas das explotacións equinas ou co benestar
animal, estas porcentaxes do 40 e 50 por cento previstos na alínea a) poderán
aumentarse 20 e 25 puntos porcentuais, respectivamente. Neste caso, só poderán
concederse para cumprir requisitos que vaian máis aló das normas comunitarias,
nacionais ou autonómicas o para aquelas de recente promulgación, nos termos
establecidos no artigo 4 do Regulamento (CE) nº 1/2004 da Comisión, do 23 de
decembro de 2003.
Artigo 7º.-Axudas aos investimentos en pequenas e medianas empresas
agrarias equinas dedicadas á transformación e comercialización de carne de
cabalo.
1. O
obxectivo desta axuda é facilitar a mellora e racionalización da transformación
e comercialización da carne de cabalo, aumentar a súa competividade e o seu
valor engadido, mellorar a súa calidade e aplicar procedementos de
rastrexabilidade ao longo de toda a cadea de produción.
2. As actividades
subvencionables serán as seguintes:
a) Implantación de programas voluntarios de garantía de calidade e
sistemas documentais para a etiquetaxe e rastrexabilidade das producións co fin
de mellorar a calidade.
b) Compra ou arrendamento de maquinaria con
opción de compra, equipamentoss e ordenadores, para a aplicación dos programas e
sistemas documentais sinalados no parágrafo anterior.
c) Estudo de mercado e
viabilidade, deseño de produtos e pagamento de honorarios a
asesores.
d)
Cursos de formación no ámbito da produción, transformación e comercialización de
carne de cabalo en relación coa aplicación de sistemas de garantía de calidade e
sistemas APPCC (análise de perigos e de puntos de control crítico).
e) Realización e
asistencia a certames, feiras e exposicións que teñan como finalidade o fomento
e a promoción de carne de cabalo.
3. Poderán ser beneficiarios das axudas os
definidos no artigo 4º.1.c, que cumpran as seguintes condicións:
a) Acreditar a
viabilidade económica da empresa e estar ao día das obrigas fiscais e coa
Seguridade Social que correspondan conforme a normativa vixente.
b) Que as investimentos
redunden en vantaxes para os produtores equinos a través de contratos
agroalimentarios ou acordos de comercialización.
c) Acreditar a aplicación
de sistemas de rastrexabilidade na produción, de control de puntos críticos en
todo o proceso produtivo, así como fomentar, mediante compromisos por escrito, o
cumprimento das normas en vigor sobre o ambiente, a hixiene e a sanidade, o
rexistro e a identificación dos animais, os programas sanitarios aprobados pola
autoridade competente e, de ser o caso, o benestar animal e códigos de boas
prácticas hixiénicas, nas explotacións vinculadas.
Para estes efectos,
entenderase como explotacións vinculadas aquelas que teñan relación directa de
carácter comercial coas empresas de transformación e comercialización
beneficiarias das axudas descritas nesta orde.
d) Realizar unha correcta
xestión dos subprodutos xerados durante o proceso productivo.
4. A intensidade bruta da
axuda non deberá superar:
a) O 50 por
cento do investimento subvencionable.
b) No caso da actividade prevista no punto 2.d), atenderase o disposto no
artigo 4 do Regulamento (CE) nº 68/2001 da Comisión, do 12 de xaneiro de
2001.
Artigo
8º.-Axudas ás pequenas e medianas empresas non agrarias e outras
institucións.
1. O obxectivo desta axuda é o fomento de actividades relacionadas con
servizos a terceiros nos ámbitos do lecer, deportivos, sociais, culturais ou do
turismo rural co emprego de équidos.
2. As actividades subvencionables serán as
seguintes:
a) Adecuación e deseño das
instalacións e aloxamento dos animais, zonas de recreo e rutas ecuestres para o
desenvolvemento da actividade.
b) Primeira compra de animais e de arneses, selas
e demais bens mobles de uso específico directamente relacionado coa práctica da
actividade ecuestre, en empresas de turismo rural que desexen ofertar servizos a
terceiros con équidos.
c) Realización de cursos de formación para
profesionais, no ámbito ecuestre.
d)
Desenvolvemento de actividades ecuestres no ámbito escolar ou con fins
terapéuticos (hipoterapia).
e) Fomento da equitación de base nas escolas,
fundacións e centros formativos, como actividade complementaria á educacional,
cando se implante por primeira vez e no marco dun programa aprobado pola
autoridade competente.
3. Poderán ser beneficiarios das axudas os
definidos no artigo 4º.2., que cumpran as seguintes condicións:
a) Acreditar a súa
viabilidade económica.
b) Estar ao
día das obrigas fiscais e coa Seguridade Social que correspondan conforme a
normativa vixente.
c) Cumprir coas normas mínimas exixibles en materia de benestar animal,
hixiene e ambiente.
d) Levar unha correcta xestión dos subprodutos xerados pola actividade
que se desenvolve cos équidos.
e) Dispor de persoal responsable dos animais, con
formación específica en gandaría equina ou acreditala nos dous anos
posteriores.
f) Rexistrar a explotación e identificar todos os animais empregados na
actividade, conforme a normativa vixente.
g) Contar cun programa sanitario para os équidos,
supervisado por un veterinario.
4. Así mesmo, as axudas á formación non poderán
superar a contía prevista no artigo 5 do Regulamento (CE) nº 68/2001 da
Comisión, do 12 de xaneiro de 2001.
A axuda total de minimis concedida non será
superior a 200.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais.
Antes de conceder a axuda, solicitarase da empresa unha declaración escrita ou
en soporte electrónico, sobre calquera outra axuda de minimis recibida durante
os dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en
curso.
O
beneficiario informarase por escrito do importe da axuda (expresado en importe
bruto de subvención) e sobre o seu carácter de minimis, facendo referencia ao
Regulamento (CE)1998/2006 da Comisión, do 15 de decembro de 2006.
Artigo 9º.-Solicitudes e
prazo de presentación.
1. As
solicitudes presentaranse preferentemente nos rexistros dos órganos dependentes
da Consellería do Medio Rural. Así mesmo, poderán presentarse nos rexistros de
calquera órgano administrativo que pertenza á Administración xeral do Estado, á
de calquera administración das comunidades autónomas ou a algunha das entidades
que integran a Administración local se, neste último caso, se subscribiu o
oportuno convenio, ou por calquera outro medio previsto no artigo 38.4º da Lei
30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do
procedemento administrativo común. No caso de envío por correo, farase de acordo
co regulamentariamente previsto no artigo 31 do Real decreto 1829/1999, do 3 de
decembro, polo que se aproba o regulamento polo que se regula a prestación dos
servizos postais, en desenvolvemento do establecido na Lei 24/1998, do 13 de
xullo, do servizo postal universal e de liberalización dos servizos postais, que
se presentará en sobre aberto, co obxecto de que na cabeceira da primeira folla
do documento que se queira enviar se faga constar, con claridade, o nome da
oficina e a data, o lugar, a hora e o minuto da súa admisión.
Á solicitude xuntaráselle
a documentación que a continuación se relaciona, e que está en función da liña
de axuda solicitada.
1.1. Axudas ás CMVMC, asociacións e agrupacións
de produtores equinos (solicitude segundo o anexo I):
1. Acreditación da
personalidade xurídica da entidade solicitante.
2. Estatutos da asociación ou
agrupación.
3. Acreditación da
representatividade do solicitante.
4.
Fotocopia cotexada do código de identificación fiscal.
5. Certificado orixinal da entidade financeira
sobre a titularidade da conta en que se solicita o ingreso do importe da
axuda.
6.
Declaración do conxunto de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas para o
mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou calquera
dos seus organismos, entes ou sociedades, así como doutros ingresos ou recursos
que financien o proxecto, ou, de ser o caso, cubrir, debidamente asinada, a
declaración que figura no anexo V.
7. Memoria das actividades que se pretenden levar
a cabo, reflectindo os obxectivos, orzamento pormenorizado e prazo de execución,
visada por un técnico de grao medio ou superior, e no caso dos programas
sanitarios, por un veterinario.
8. Estudo de viabilidade ou documentos
acreditativos da viabilidade económica da asociación ou agrupación.
9. Relación de
integrantes da asociación ou agrupación, número de identificación fiscal destes,
número do Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (REGA) das súas
explotacións.
10. Compromiso escrito dos socios de cumplimento nas súas explotacións
dos requisitos enumerados no artigo 5º.3, apartados c), d) e e), e de aplicar na
súa explotación os programas aprobados, segundo o modelo do anexo VII, que
incluirá, de ser o caso, os datos acreditativos do aproveitamento de recursos en
extensivo, mediante silvopastoreo, cunha carga gandeira menor ou igual a 1,4 UGM
por hectárea, segundo se establece no anexo VI.
1.2. Axudas aos titulares
de explotacións ou empresas agrarias equinas dedicadas á produción e crianza de
équidos, para a realización de investimentos. (solicitude segundo o anexo
II):
1. Se
procede, acreditación da personalidade xurídica da entidade solicitante. De ser
o caso, mediante certificación de inscrición e vixencia, incluíndo o teor
literal dos seus estatutos, emitido polo Rexistro Mercantil.
2. Acreditación da
representatividade do solicitante, de ser o caso.
3. Fotocopia cotexada do código ou número de
identificación fiscal, e número do Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras
(REGA).
4.
Certificado orixinal da entidade financeira sobre a titularidade da conta en que
se solicita o ingreso do importe da axuda.
5. Declaración do conxunto de todas as
solicitudes efectuadas ou concedidas para o mesmo proxecto das distintas
administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou
sociedades, así como doutros ingresos ou recursos que financien o proxecto, ou,
de ser o caso, cubrir, debidamente asinada, a declaración que figura no anexo
V.
6. Memoria
das actividades que se pretenden levar a cabo, reflectindo os obxectivos,
orzamento pormenorizado e prazo de execución, visada por un técnico de grao
medio ou superior, e no caso dos programas sanitarios, por un veterinario.
Reflectindo claramente, cando estes estean previstos, os custos suplementarios
relacionados coa protección e mellora do ambiente, coa mellora das condicións
hixiénicas das explotacións ou co benestar animal, máis aló da normativa
vixente, así como a aplicación de sistemas de control individual dos animais
explotados nos sistemas extensivos necesarios para desenvolver as devanditas
accións.
7.
Estudo de viabilidade ou documentos acreditativos da viabilidade económica da
empresa, segundo se establece no anexo VI para o cálculo da renda unitaria do
traballo.
8.
Documentación acreditativa de tratarse de primeira instalación como explotación
ou empresa agraria equina, de ser o caso.
9. Acordos de comercialización existentes, de ser
o caso.
10. Documentación
acreditativa de tratarse dun agricultor profesional ou persoa xurídica titular
de explotación con actividade principal agraria, segundo se establece no anexo
VI, de ser o caso.
11. Documentación acreditativa de aproveitar recursos en extensivo,
mediante silvopastoreo, (cunha carga gandeira menor ou igual a 1,4 UGM por
hectárea, segundo se establece no anexo VI) e do dereito ao uso desa
superficie.
1.3. Axudas aos investimentos en pequenas e medianas empresas agrarias
equinas dedicadas á transformación e comercialización de carne de cabalo
(solicitude segundo o anexo III):
1. Se procede, acreditación da personalidade
xurídica da entidade solicitante. De ser o caso mediante certificación de
inscrición e vixencia, incluíndo o teor literal dos seus estatutos, emitido polo
Rexistro Mercantil.
2. Acreditación da representatividade do solicitante, de ser o
caso.
3. Fotocopia cotexada do código
ou número de identificación fiscal.
4. Certificado orixinal da entidade financeira sobre a titularidade da
conta en que se solicita o ingreso do importe da axuda.
5. Declaración do
conxunto de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas para o mesmo proxecto
das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus
organismos, entes ou sociedades, así como doutros ingresos ou recursos que
financien o proxecto, ou, de ser o caso, cubrir, debidamente asinada, a
declaración que figura no anexo V.
6. Memoria das actividades que se pretenden levar
a cabo, reflectindo os obxectivos, orzamento pormenorizado e prazo de execución.
Visada por un técnico de grao medio ou superior, e no caso dos programas
sanitarios, por un veterinario.
7. Estudo de viabilidade ou documentos
acreditativos da viabilidade económica da empresa ou asociación.
8. Relación de produtores
equinos, explotacións vinculadas, número de identificación fiscal destes, número
do Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (REGA) e domicilio da explotación,
cos que se subscribisen acordos agroalimentarios e de comercialización, xuntando
copia dos respectivos contratos e do compromiso por escrito pola súa partes de
cumprimento das normas establecidas no artigo 7º.3.c).
9. Memoria descritiva do
sistema de trazabilidade na produción, de análises de perigos e puntos de
control críticos en todo o proceso produtivo, así como do protocolo para a
xestión dos subprodutos xerados durante o proceso produtivo.
1.4. Axudas ás pequenas e
medianas empresas non agrarias e outras institucións (solicitude segundo o anexo
IV):
1. Se
procede, acreditación da personalidade xurídica da entidade solicitante. De ser
o caso, mediante certificación de inscrición e vixencia, incluíndo o teor
literal dos seus estatutos, emitido polo Rexistro Mercantil.
2. Acreditación da
representatividade do solicitante, de ser o caso.
3. Fotocopia cotexada do código ou número de
identificación fiscal, e número do Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras
(REGA).
4.
Certificado orixinal da entidade financeira sobre a titularidade da conta en que
se solicita o ingreso do importe da axuda.
5. Declaración do conxunto de todas as
solicitudes efectuadas ou concedidas para o mesmo proxecto das distintas
administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou
sociedades, así como doutros ingresos ou recursos que financien o proxecto, ou,
se é o caso, cubrir, debidamente asinada, a declaración que figura no anexo
V.
6. Memoria
das actividades que se pretenden levar a cabo, reflectindo os obxectivos,
orzamento pormenorizado e prazo de execución. Visada por un técnico de grao
medio ou superior, e no caso dos programas sanitarios, por un
veterinario.
7. Estudo de viabilidade ou documentos acreditativos da viabilidade
económica da empresa.
8. Documentación acreditativa de posuír a
capacidade profesinal suficiente, do persoal responsable dos animais segundo se
establece no anexo VI, ou plan de formación que se levará a cabo.
9. Memoria do programa
sanitario a desenvolver, visado e supervisado por un veterinario, facendo
mención específica á xestión de subprodutos xerados na actividade que se leve a
cabo cos équidos.
2. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día
seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
3. A presentación da
solicitude de concesión de axuda polo interesado suporá autorización á Dirección
Xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria para solicitar as
certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria,
a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Economía e Facenda da
Xunta de Galicia.
4. Porén, quedan exentas de presentar os xustificantes do cumprimento das
obrigas a que fai referencia o artigo 78 do texto refundido de la Lei de réxime
financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999,
do 7 de outubro, as especificadas no artigo 41 da Lei 7/2005, do 29 de decembro,
de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano
2007.
5. Se a
documentación presentada fose incompleta ou presentase erros corrixibles,
requirirase o responsable para que no prazo de dez días hábiles, desde o
seguinte ao da recepción do requirimento emende a falta ou xunte os documentos
preceptivos, coa advertencia de que, se non o fixer, terase por desistido da súa
solicitude, de acordo co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de
novembro, na súa redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de
xaneiro.
6. A Consellería do Medio Rural poderá solicitar dos peticionarios toda a
información e xustificacións técnicas e económicas que considere necesarias co
obxecto de comprobar a realización das actuacións subvencionables e os custos
derivados.
7.
A acreditación dos requisitos documentais exixidos levarase a cabo segundo se
establece no anexo VI.
Artigo 10º.-Tramitación e resolución.
O órgano competente para a instrución e
tramitación do procedemento é a Dirección Xeral de Produción, Industrias e
Calidade Agroalimentaria. A resolución do expediente correspóndelle ao
conselleiro do Medio Rural, por proposta do director xeral de Produción,
Industrias e Calidade Agroalimentaria.
De acordo co artigo 22 da Lei 38/2003, do 17 de
novembro, xeral de subvencións, a baremación das solicitudes, segundo os
criterios do artigo 11º, efectuaraa un órgano colexiado constituído para o
efecto, formado por: presidente o subdirector/a xeral de Gandaría; vogal, o/a
xefe/a de Servizo de Planificación Gandeira, e secretario o/a, xefe/a de Servizo
de Producións Gandeiras, que emitirá o informe correspondente. Á vista deste
informe o director xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria
elevará proposta de resolución ao conselleiro do Medio Rural. A consellería
resolverá e notificará, no prazo de nove meses contados a partires do día
seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia. A falta de
comunicación no dito prazo poderase entender desestimatoria das peticións de
axuda.
Esta
resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderase presentar recurso
potestativo de reposición ante o mesmo órgano, no prazo dun mes a partir do día
seguinte ao da súa notificación; ou ben alternativamente recurso
contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día
seguinte ao da notificación.
Artigo 11º.-Criterios de valoración e control da
execución.
1.-Na concesión das
subvencións previstas nesta orde, cando as solicitudes excedan do crédito
orzamentario consignado para o efecto, terán prioridade as solicitudes das
axudas ás pequenas e medianas empresas agrarias, e entre estas, e por esta orde,
as previstas nas letras a, b, e c do artigo 4º, ordenándose consonte co seguinte
criterio:
1º.
Axudas ás CMVMC con plan de aproveitamento de pastos que inclúa a especie equina
e as asociacións e agrupacións de produtores de équidos que teñan establecido
acordos de aproveitamento dos pastos coas CMVMC, seguindo os seguintes criterios
de prelación:
1. Que apliquen un programa de ordenación do aproveitamento dos pastos
que recolle un sistema complementario de identificación dos animais, ata 10
puntos.
2.
Número de équidos, ata 6 puntos.
3.
Número de socios, ata 3 puntos.
4.
Grao de integración das fases do proceso produtivo e de comercialización ou
emprego hípico ou deportivo, ata 10 puntos.
5. Aproveitamento de recursos en extensivo,
mediante silvopastoreo, cunha carga gandeira menor ou igual a 1,4 UGM por
hectárea, por parte dos seus asociados, ata 15 puntos.
2º. Axudas aos titulares
de explotacións ou empresas agrarias equinas dedicadas á produción e crianza de
équidos, para a realización de investimentos. De entre as anteriores, a orde de
prioridade establecerase seguindo os seguintes criterios de
prelación:
1.
Explotación en zona desfavorecida, ata 10 puntos.
2. Agricultor mozo titular da empresa agraria
equina, ata 5 puntos.
3.
Aproveitamento de recursos en extensivo, mediante silvopastoreo, cunha carga
gandeira menor ou igual a 1,4 UGM por hectárea, ata 15 puntos.
4. Existencia de acordos
de comercialización, ata 5 puntos.
5.
Tratarse de agricultores profesionais, ata 5 puntos.
6. Número de équido, ata 5 puntos.
3º. Investimentos en pequenas e medianas empresas
agrarias equinas dedicadas á transformación e comercialización de carne de
cabalo, seguindo os seguintes criterios de prelación:
1. Número de explotacións
vinculadas agrupadas en asociacións de produtores de équidos que establezan
acordos de aproveitamento dos pastos coas CMVMC onde se asenten as explotacións,
ou que teñan como base territorial superficie de CMVMN, que apliquen un programa
de ordenación do aproveitamento dos pastos e a identificación complementaria do
gando, ata 10 puntos.
2. Zonas desfavorecidas, ata 10
puntos.
3. Empregos xerados a tempo
completo, ata 10 puntos.
4. Empregos
xerados a tempo parcial, ata 5 puntos.
2.-Nas subvencións ás pequenas e medianas empresas non agrarias e outras
institucións, a orde de prioridade establecerase seguindo os seguintes criterios
de prelación:
1. Zonas desfavorecidas, ata 10 puntos.
2. Empregos xerados a tempo completo, ata 10
puntos.
3. Empregos xerados a tempo
parcial, ata 5 puntos.
4. Utilizar
exemplares de cabalo de pura raza galega (PRG), ata 5 puntos.
5. Interese social da actividade, ata 10
puntos.
6. Número de équidos, ata 5
puntos.
3. O control da execución dos
programas levarao a cabo a Dirección Xeral de Produción, Industrias e Calidade
Agroalimentaria.
Artigo 12º.-Modificación das axudas.
1. As subvencións á que se refire esta orde serán consideradas como
subvencións máximas e poderán ser reducidas, por proposta da Dirección Xeral de
Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria, cando exista concorrencia
doutras axudas outorgadas por outras administración ou entes públicos ou
privados, nacionais ou internacionais ou doutros ingresos ou recurso que
financien as actividades subvencionadas.
2. O incumprimento dos requisitos exixidos para a
concesión da subvención, con independencia doutras responsabilidades en que
puidese incorrer o beneficiario dará lugar á perda do dereito á subvención
concedida, coa obriga de reembolsar as cantidades xa percibidas, incrementadas
cos xuros legais de demora.
3. Toda alteración das condicións tidas en conta
para a concesión das axudas e, en todo caso, a obtención concorrente de
subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou
privados, nacionais ou internacionais ou doutros ingresos ou recursos que
financien as actividades subvencionadas poderá dar lugar á modificación da
resolución de concesión.
Artigo 13º.-Seguimento e control da concorrencia
e acumulación de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as
actividades subvencionadas, e contía das axudas.
1. Xunto coa solicitude
inicial, os peticionarios das axudas presentarán unha declaración do conxunto de
todas as solicitudes efectuadas ou concedidas, para o mesmo proxecto, das
distintas administracións ou entes públicos así como doutros ingresos ou
recursos que financien as actividades subvencionadas ou o anexo V debidamente
cuberto.
2.
En calquera caso, coas xustificación e se houbera modificación da declaración
anterior, o peticionario presentará unha declaración complementaria do conxunto
das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de
resolución, para un mesmo proxecto, das distintas administracións públicas
competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades, así como
doutros ingresos ou recursos que financien as actividades
subvencionadas.
3. As subvencións previstas nesta orde serán compatibles con calquera
outras que, para a mesma finalidade e obxecto, puidesen establecer outras
administracións públicas ou outros entes públicos ou privados, nacionais ou
internacionais.
4. Porén, a obtención concorrente de axudas outorgadas para esta
finalidade por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais
ou internacionais, cando o importe total das subvencións percibidas por cada
beneficiario supere o custo de toda a actividade que se vaia desenvolver para o
período de que se trate, dará lugar á redución proporcional que corresponda no
importe das subvencións reguladas nesta orde, ata axustarse a ese
límite.
Se
aínda así a suma de subvencións supón unha intensidade da axuda superior aos
máximos establecidos nesta orde ou na normativa estatal ou comunitaria
aplicable, reducirase ata o citado límite.
5. Sen prexuízo do previsto nos artigos 5, 6, e
7, en todo caso, as axudas a pequenas e medianas empresas agrarias non poderán
superar as contías previstas no artigo 1.3 do Regulamento (CE) nº 1/2004 da
Comisión, do 23 de decembro de 2003.
Artigo 14º.-Reintegro da axuda e obriga de
facilitar información.
Procederá o
reintegro das cantidades percibidas, así como a exixencia do xuro de demora
desde o momento do pagamento da subvención, nos supostos previstos no artigo
37.1 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
Así mesmo, ten a obriga
de facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral
da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no
exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas,
así como as que lle sexan solicitadas por calquera órgano comunitario de
inspección ou control.
No relativo a infraccións e sancións, será de
aplicación o título IV, infraccións e sancións administrativas en materia de
subvencións, da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de
subvencións.
Artigo 15º.-Prazo de realización das actuacións e
xustificacións.
O prazo de
realización das actividades rematará o 14 de novembro de 2007 ou o 14 de
novembro de 2008, neste segundo caso as actividades obxecto de subvención
deberán ter unha execución mínima (investimento xustificado e pagado) na
anualidade 2007 do 60% do total.
As xustificacións técnicas e económicas da
realización do programa deberán presentarse como máximo o 14 de novembro de cada
exercicio, preferentemente no rexistro da consellería, das súas delegacións
provinciais ou nas oficinas agrarias comarcais. Así mesmo, poderanse presentar
nos rexistros de calquera órgano administrativo que pertenza á Administración
xeral do Estado, á de calquera Administración das comunidades autónomas, ou a
algunha das entidades que integran a Administración local, se neste derradeiro
caso se subscribiu o oportuno convenio, ou por calquera outro medio previsto no
artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das
administracións públicas e do procedemento administrativo común. Xuntarase aos
xustificantes orixinais de investimento total unha relación informatizada
destes, e unha memoria explicativa sobre a realización do programa auxiliado,
que probe a entrega efectiva dos produtos ou a prestación efectiva dos
servizos.
A
relación informatizada debe contar cos seguintes campos: concepto, provedor,
número de factura, data de emisión e data de pagamento, base impoñible, importe
correspondente ao IVE e importe total con IVE.
As xustificacións
técnicas dos programas previstos no artigo 7 terán que ser visadas por un
técnico con titulación de grao medio ou superior e, no caso dos programas
sanitarios, por un veterinario, que certifique ter supervisado o desenvolvemento
dos programas. No caso de que as axudas solicitadas estean destinadas a mellorar
a comercialización da produción, deberá xustificarse que polo menos, o 50 por
cento desta, que, pola súa vez, proceda, como mínimo, do 50 por cento das
explotacións integradas na entidade asociativa, teña sido comercializada pola
entidade asociativa beneficiaria.
O pagamento da subvención realizarase logo de
xustificación polo beneficiario, da realización da actividade, proxecto, obxecto
ou adopción do comportamento para o que se concedeu nos termos establecidos
nesta orde.
Considérase gasto realizado o que teña sido efectivamente pagado, de
xeito que aqueles gastos presentados nos que non se xustifique o seu pagamento,
terán que ser xustificados no momento no que sexa realizado, para que a axuda
poida ser pagada. Por regra xeral, os pagamentos realizados polo beneficiario
final deberán xustificarse mediante facturas orixinais pagadas. Nos casos en que
isto non sexa posible, os pagamentos serán xustificados por documentos contables
de valor probatorio equivalente.
De acordo co artigo 30 número 4 da Lei 38/2003,
do 17 de novembro, xeral de subvencións, cando as actividades fosen financiadas,
ademais de coa subvención, con fondos propios ou outras subvencións ou recursos,
deberanse acreditar na xustificación o importe, procedencia e aplicación dos
fondos ás actividades subvencionadas.
De acordo co artigo 31, número 3 da Lei 38/2003,
do 17 de novembro, xeral de subvencións, cando o importe do gasto subvencionable
supere a contía de 30.000 euros no suposto de custo por execución de obra, ou de
12.000 euros no suposto de subministración de bens de equipamento ou prestación
de servizos por empresas de consultoría ou asistencia técnica, o beneficiario
deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, previamente
á adquisición do compromiso para a prestación do servizo ou a entrega do ben,
fóra de que polas especiais características dos gastos subvencionables non
exista no mercado o suficiente número de entidades que o subministren ou
presten.
A
elección entre as ofertas presentadas, que deberán achegarse na xustificación,
ou, se é o caso, na solicitude de subvención, realizarase consonte a criterios
de eficiencia e economía, debendo xustificarse expresamente nunha memoria a
elección, cando non recaia na proposta económica máis ventaxosa.
Artigo
16º.-Financiamento.
1.As axudas que
deriven da aplicación desta orde proceden dos orzamentos xerais do Estado, e
financiaranse con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias:
Ano 2007
11.03.713-C.771.2: 122.983,52 euros.
Ano 2008 11.03.713-C.771.2: 81.989,02 euros.
Está cantidade poderase incrementar con base en
futuras achegas orzamentarias da Administración do Estado uo da comunidade
autónoma para esta finalidade.
A concesión da axuda someterase á condición
suspensiva da existencia de crédito axeitado e suficiente no momento da
resolución.
Disposicións adicionais
Primeira.-En todas aquelas cuestións non previstas nesta orde haberá que
aterse ao disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, nos
artigos 78 e 79 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se
aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia
(DOG do 5 de novembro) coas modificacións introducidas pola Lei 14/2004, do 29
de decembro, de medidas tributarias e de réxime administrativo (DOG do 30 de
decembro), e no Decreto 287/2000, de 21 de novembro, polo que se desenvolve o
réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de
Galicia.
Segunda.-As axudas reguladas pola esta orde rexeranse polas normas
comunitarias aplicables e concretamente, no caso das axudas ás pequenas e
medianas empresas agrarias, o Regulamento (CE) nº 1/2004 da Comisión, do 23 de
decembro de 2003, sobre a aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas
estatais para as pequenas e medianas empresas dedicadas á produción,
transformación e comercialización de produtos agrarios; no caso das axudas ás
pequenas e medianas empresas non agrarias, ao establecido no Regulamento (CE) nº
69/2001 da Comisión, do 12 de xaneiro de 2001, relativo á aplicación dos artigos
87 e 88 do Tratado CE as axudas de minimis, e para as axudas á formación, no
Regulamento (CE) nº 68/2001 da Comisión, do 12 de xaneiro de 2001, relativo á
aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas á formación, e o Real
decreto 1200/2005, de 10 de outubro, polo que se establecen as bases reguladoras
das subvencións estatais ao sector equino.
Terceira.-De conformidade co artigo 13.4º da Lei
4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración
pública galega, a Consellería do Medio Rural publicará na súa páxina web oficial
as concesións das axudas reguladas nesta orde, polo que a presentación da
solicitude leva implícita autorización para o tratamento necesario dos datos dos
beneficiarios e da súa publicación na citada páxina web.
Disposicións
derradeiras
Primeira.-Facúltase o
director xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria para ditar as
normas necesarias para o mellor cumprimento e desenvolvemento desta
orde.
Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación
no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 11 de xuño de
2007.
Alfredo Suárez
Canal
Conselleiro do Medio
Rural
© Xunta de Galicia
Información mantida pola Xunta de
Galicia
Servizo prestado pola Consellería de Presidencia, AA.PP. e
Xustiza
Correo electrónico: webdoga
xunta.es