Diario Oficial de Galicia
mércores, 6 de xuño de 2007
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
Número do Dog:
108
Páxina do Dog:
9.609
Data da Disposición:
31 de maio de 2007
Sección:
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
Organismo:
CONSELLERÍA DE TRABALLO
Rango:
Orde
Título:
Orde do 31 de maio de 2007 pola que se establecen as bases
reguladoras dos programas para o fomento da estabilidade no emprego,
cofinanciados polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o
ano 2007.
Orde do 31 de maio de 2007 pola que se
establecen as bases reguladoras dos programas para o fomento da estabilidade no
emprego, cofinanciados polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa
convocatoria para o ano 2007.
Mediante o Decreto 289/1997, do 9 de outubro,
esta comunidade autónoma asumiu as funcións e servizos transferidos pola
Administración do Estado relativos á xestión realizada polo Instituto Nacional
de Emprego no ámbito do traballo, do emprego e da formación e, a través dos
decretos 211/2005, do 11 de agosto, polo que se fixa a estrutura orgánica dos
departamentos da Xunta de Galicia, e mais o Decreto 536/2005, do 6 de outubro,
polo que se establece a súa estrutura orgánica, modificado polo Decreto 20/2007,
do 22 de febreiro, a Consellería de Traballo asume o exercicio das competencias
e funcións, entre outras materias, no relativo ás políticas activas de
emprego.
Impulsado polo novo Goberno o proceso de diálogo social de Galicia, e
como resultado del, a Xunta de Galicia, a Confederación de Empresarios de
Galicia (CEG), a UGT-Galicia e o Sindicato Nacional de CC.OO. de Galicia
conveñen en subscribir o 5 de febreiro de 2007 o Acordo sobre obxectivos e
medidas de emprego de Galicia, que establece os obxectivos que cómpre acadar en
materia de emprego neste período na liña de converxencia coa media do Estado e
coa de Europa, e as medidas e recursos que se implementarán cara a consecución
destes obxectivos, iniciándose unha nova etapa no marco das relacións
laborais.
Así, no marco establecido no artigo 40 da Constitución española, na Lei
56/2003, do 16 de decembro, de emprego, nos artigos 29 e 30 do Estatuto de
autonomía de Galicia, nos obxectivos de crecemento e emprego da Unión Europea, e
no citado acordo, entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais e
empresariais, e co obxectivo de que a sociedade galega acade uns maiores niveis
de desenvolvemento económico, de calidade no emprego, de benestar social e de
cohesión no territorio, é preciso adoptar un conxunto de políticas activas de
emprego para o fomento da contratación e da estabilidade no emprego.
Estas políticas teñen
como finalidade facilitar a creación de emprego estable e de calidade, poñendo
especial atención en facilitar a inserción laboral de persoas desempregadas con
maiores dificultades de integración no mercado de traballo e a permanencia nas
empresas con contrato estable daquelas que teñen na actualidade un contrato
temporal.
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dos programas
de fomento da contratación por conta allea de persoas desempregadas pertencentes
a colectivos que presentan dificultades de inserción laboral, regulando para o
ano 2007 os incentivos establecidos para os ditos colectivos e excluíndo deles
as mulleres, que polas súas propias características á hora de acceder a un posto
de traballo e para este ano se regulan en orde separada.
Inclúese, así mesmo, un
programa específico para apoiar e incidir naquelas empresas sen persoas
asalariadas, que con potencialidade para a creación de emprego, non adoptan tal
decisión polo risco ou carga que pode supoñer a contratación da súa primeira
persoa traballadora, o que ten unha especial relevancia nesta comunidade
autónoma polo significativo número de microempresas en que se detecta tal
situación.
O
desenvolvemento tecnolóxico xoga un papel estratéxico para a sociedade galega e
para o seu tecido empresarial, sendo necesario crear os incentivos necesarios
que fomenten a difusión e transparencia de tecnoloxías, dunha parte, e os
proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación propios, por outra.
Así, establécese unha liña específica de apoio á contratación indefinida inicial
vinculada a proxectos I+D, co fin de favorecer a innovación nas empresas
galegas.
Non
obstante, para conservar a identidade e especificidade de cada un deles
recóllense en anexos independentes as características propias de cada
un.
As bases
reguladoras dos programas regulados nesta orde establecen un procedemento de
concesión que non ten a consideración de concorrencia competitiva, dado que de
acordo coa finalidade e obxecto do programa non resulta necesario realizar a
comparación e prelación da solicitudes presentadas nun único procedemento, senón
que a concesión das axudas se realiza pola comprobación da concorrencia no
solicitante dos requisitos establecidos ata o esgotamento do crédito
orzamentario.
Neste marco de actuación, as bases reguladoras destes incentivos e a súa
convocatoria para o presente exercicio, axústanse ao disposto no artigo 78 do
texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado
polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, na súa redacción dada pola Lei
14/2004, do 29 de decembro, de medidas tributarias e de réxime administrativo,
do 28 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o
ano 2007, no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o
réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, e no
que resulte de aplicación a Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de
subvencións, e no seu regulamento de desenvolvemento aprobado polo Real decreto
887/2006, do 21 de xullo.
As axudas recollidas nesta orde financiaranse con
cargo aos créditos das aplicacións orzamentarias que, para o exercicio 2007 se
recollen na disposición adicional sétima da orde.
Por todo o exposto, e no
desenvolvemento da planificación presentada ante o Comité Autonómico de Emprego,
na súa reunión do día 8 de marzo de 2007, consultado o Consello Galego de
Relacións Laborais, e no exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da
Lei 1/1983, do 22 de febreiro, modificada pola Lei 2/2007, do 28 de marzo,
reguladora da Xunta e da súa Presidencia,
DISPOÑO:
Capítulo I
Finalidade, ámbito
e principios de xestión.
Artigo
1º.-Obxecto, finalidade e principios de xestión.
1. Esta orde ten por obxecto fixar as bases
reguladoras dos incentivos para fomentar novos postos de traballo facilitando a
inserción dos colectivos de persoas desempregadas con dificultades de acceso ao
mercado laboral, así como a permanencia nas empresas con contrato estable a
aqueles que teñen na actualidade un contrato temporal, e se procede á súa
convocatoria para o 2007 a través dos seguintes programas:
I. Programa de fomento da
contratación indefinida inicial de colectivos de desempregados con dificultades
de inserción laboral (anexo A).
II. Programa de fomento da permanencia nas
empresas con contrato estable a aqueles que teñen na actualidade un contrato
temporal (anexo B).
Axudas á transformación en indefinidos de contratos para a formación,
prácticas de revezamento, de substitución por anticipación da idade de
xubilación e de interinidade.
III. Programa de axudas a empresarias e
empresarios sen persoas asalariadas pola contratación da súa primeira persoa
traballadora fixa (anexo C).
IV. Programa de fomento da contratación
indefinida inicial vinculada a proxectos I+D (anexo D).
2. As bases específicas
de cada un dos programas regúlanse nos correspondentes anexos A, B, C e D desta
orde e forman parte integrante dela.
3. Para efectos das axudas recollidas nesta orde,
terán a consideración de persoas desempregadas aquelas que estean inscritas como
demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego no momento da contratación
e que, pola súa vez, carezan de ocupación segundo o informe de vida laboral da
Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
4. As solicitudes, tramitación e concesión destas
axudas e subvencións axustaranse ao disposto no texto refundido da Lei de réxime
financeiro e orzamentario de Galicia, na Lei de orzamentos xerais da Comunidade
Autónoma de Galicia, no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, e nesta
orde.
5. A
xestión deste programa realizarase de acordo cos seguintes
principios:
a) Publicidade,
concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non
discriminación.
b) Eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados.
c) Eficiencia na asignación e na utilización dos
recursos públicos.
Artigo
2º.-Beneficiarios.
1. Poderán ser
beneficiarios dos incentivos previstos nesta orde as empresas, calquera que sexa
a forma xurídica que adopten, incluídos os autónomos e as sociedades civís e as
comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten
traballadores e traballadoras por conta allea para prestaren servizos en centros
de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos
e condicións que se establecen nesta orde para cada un dos programas e tipos de
axudas e que non incorran nas circunstancias previstas no artigo 13.2º da Lei
38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións. No caso de sociedades civís e
comunidades de bens, deberán nomear unha persoa representante ou apoderada única
da agrupación, con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como
beneficiaria, lle corresponden á agrupación.
2. Non poderán ser beneficiarios destas axudas as
administracións públicas, as sociedades públicas, nin as entidades vinculadas ou
dependentes de calquera delas.
Capítulo II
Normas comúns: competencia e procedemento
Artigo 3º.-Competencia.
A competencia para coñecer e resolver as
solicitudes de axudas e subvencións presentadas ao abeiro desta orde, por
delegación do conselleiro de Traballo, corresponderalles:
1. Ás delegadas e
delegados provinciais da Consellería de Traballo cando a contratación se realice
para prestaren servizos en centros de traballo radicados na respectiva
provincia, agás no suposto previsto no punto seguinte.
2. Ao director xeral de
Promoción do Emprego nos seguintes supostos:
a) Solicitudes presentadas ao abeiro do programa de fomento da
contratación indefinida inicial de colectivos de desempregados con dificultades
de inserción laboral ou do programa de fomento da permanencia nas empresas con
contrato estable a aqueles que teñen na actualidade un contrato temporal (anexos
A e B) que recollan a contratación indefinida de 15 ou máis traballadores no
ámbito territorial de Galicia nunha ou varias solicitudes de axudas presentadas
durante o período de vixencia desta orde, ou cando as contratacións se realicen
para prestaren servizos en centros de traballo radicados en varias provincias da
Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Solicitudes de axudas á contratación
indefinida con orixe en plans empresariais de desenvolvemento e investigación
tecnolóxica (anexo D) que recollan a contratación de 15 ou máis traballadoras e
traballadores no ámbito territorial de Galicia ou cando se trate da
incorporación a proxectos empresariais de investigación e innovación acollidos
ao Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico ou a empresas que
participen ou participasen no Programa IDIPEME ou cando as contratacións se
realicen para prestaren servizos en centros de traballo radicados en varias
provincias da Comunidade Autónoma de Galicia.
Artigo 4º.-Solicitudes e
prazo.
1. As solicitudes de axudas e
subvencións dirixiranse ao órgano competente para resolver e presentaranse nos
rexistros das respectivas delegacións provinciais ou, se é o caso, na Dirección
Xeral de Promoción do Emprego da Consellería de Traballo, ou por calquera das
formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada
pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións
públicas e do procedemento administrativo común.
2. As solicitudes e os
anexos deste programa están dispoñibles na páxina web da Consellería de
Traballo: www.xunta.es/emprego.
3. As axudas previstas nos diferentes programas
desta orde solicitaranse nos dous meses seguintes á data en que se inicie a
relación laboral.
O prazo para a presentación das solicitudes de axudas finalizará o 15 de
setembro de 2007 aínda que nesta data non transcorresen dous meses desde a data
de alta no correspondente réxime da Seguridade Social da persoa traballadora
contratada pola que se solicita subvención.
4. As solicitudes de axudas polas contratacións
iniciais e polas transformacións realizadas desde o 16 de setembro de 2006 e ata
a data da publicación da presente orde, que cumpran os requisitos e condicións
establecidos nela, deberán presentarse no prazo de 1 mes contado a partir do día
seguinte ao da publicación desta orde.
5. A presentación da solicitude de concesión de
subvención polo interesado comportará a autorización do solicitante para que o
órgano concedente obteña de forma directa a acreditación do cumprimento das súas
obrigas tributarias co Estado, coa comunidade autónoma e coa Seguridade Social,
a través de certificados telemáticos, polo que queda liberado o solicitante de
achegar a correspondente certificación, segundo o establecido no artigo 43 da
Lei 14/2006, do 28 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de
Galicia para o ano 2007 (DOG nº 249, do 29 de decembro de 2006).
Porén, o solicitante
poderá denegar expresamente o consentimento, deberá achegar entón as devanditas
certificacións, coas solicitudes.
6. Mediante a presentación da solicitude de
subvención, o interesado presta expresamente o seu consentimento á Consellería
de Traballo para incluír e facer públicos os datos relevantes referidos ás
axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións impostas, nos rexistros
públicos de axudas, subvencións e convenios e de sancións administrativas,
regulados no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros
públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de
orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006 (DOG nº 153,
do 9 de agosto). Os dereitos de acceso, rectificación, consulta, cancelación e
oposición de datos de carácter persoal exerceranse ante o CIXTEC como
responsable dos ficheiros, con domicilio na rúa Domingo Fontán 9-15702 Santiago
de Compostela, de conformidade coas prescricións da Lei orgánica 15/1999, do 13
de decembro, de protección de datos de carácter persoal.
7. Coa presentación da
solicitude de subvención o interesado autoriza expresamente a Consellería de
Traballo para que de acordo co establecido nos números 3º e 4º do artigo 13 da
Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na
Administración pública galega, publique as subvencións concedidas ao abeiro
desta orde no Diario Oficial de Galicia e na súa páxina web oficial, con
expresión do beneficiario, a contía e a súa finalidade.
8. Para a presentación
das solicitudes de axudas, os beneficiarios poderán contar coa información e co
asesoramento dos axentes de emprego da rede coordinada pola Consellería de
Traballo (www.tecnicosempregogalicia.xunta.es).
Artigo 5º.-Instrución e
tramitación.
Se a solicitude non
estivese debidamente cuberta ou non se achegase a documentación exixida, as
unidades administrativas encargadas da tramitación do expediente de conformidade
co disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico
das administracións públicas e do procedemento administrativo común, requirirán
o interesado para que, nun prazo de 10 días, emende a falta ou presente os
documentos preceptivos, coa advertencia de que, se así non o fixer, se
considerará desistido da súa petición, logo de resolución, que deberá ser ditada
nos termos previstos no artigo 42 da antedita lei.
Artigo 6º.-Resolución e
recursos.
1. Logo da fiscalización
polas respectivas intervencións das propostas emitidas polos correspondentes
servizos, as resolucións serán ditadas polo órgano competente por delegación do
conselleiro de Traballo e deberán serlles notificadas aos interesados. As
resolucións de concesión ou denegatorias deberán ser sempre
motivadas.
2.
O prazo para resolver e notificar será de seis meses, que se computarán desde a
data de entrada da solicitude no rexistro do órgano competente para a súa
tramitación. Transcorrido o devandito prazo sen que se ditase resolución
expresa, entenderase desestimada a solicitude, de acordo co establecido nos
artigos 1 e 2 da Lei 6/2001, do 29 de xuño, de adecuación da normativa da
Comunidade Autónoma de Galicia á Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación
da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións
públicas e do procedemento administrativo común.
3. As resolucións que se
diten neste procedemento esgotan a vía administrativa, e contra elas cabe
interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o
órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa, e poderá
formularse, con carácter potestativo, recurso de reposición, no prazo dun mes,
ante o mesmo órgano que ditou a resolución impugnada, de conformidade co
disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición
contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime
xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo
común.
Artigo
7º.-Incompatibilidades e concorrencia.
1. Os incentivos establecidos para cada un dos diferentes programas
previstos nesta orde son incompatibles entre si. Para o caso de que unha mesma
contratación puidese dar lugar á súa inclusión en máis dun dos supostos para os
que está prevista subvención, correspóndelle a opción ao
solicitante.
2. As subvencións previstas nesta orde para as contratacións por conta
allea serán incompatibles con outras que, polos mesmos conceptos, poidan
outorgar as administracións públicas como medida de fomento de emprego. As ditas
axudas son compatibles, se é o caso, con incentivos en forma de bonificacións á
Seguridade Social.
3. Os beneficios establecidos á contratación indefinida nos anexos A, B,
C e D desta orde non poderán, en concorrencia con outras axudas públicas para a
mesma finalidade, superar o 60% do custo salarial anual correspondente ao
contrato que se subvenciona.
4. Os incentivos establecidos nesta orde serán
compatibles con calquera outra axuda para distinta finalidade da Unión Europea,
doutras administracións públicas ou entes públicos ou privados, sen que en
ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras, poidan superar os
límites establecidos pola Unión Europea e os que establece o artigo 78.9º do
texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, conforme
a redacción dada pola Lei 14/2004, do 29 de decembro, de medidas tributarias e
de réxime administrativo.
Artigo 8º.-Obrigas dos beneficiarios.
Son obrigas dos beneficiarios das axudas e
subvencións:
a) Estar ao día das súas
obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social, así como non
ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa
Administración pública da comunidade autónoma, con anterioridade a ditarse a
proposta de resolución de concesión e realizar a proposta de pagamento da
subvención.
b) Comunicarlle ao órgano concedente calquera modificación das condicións
tidas en conta para a concesión de subvencións, así como dos compromisos e das
obrigas asumidos polos beneficiarios e, de ser o caso, a obtención concorrente
de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades
subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e,
en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos
percibidos.
c) O sometemento ás actuacións de control, comprobación e inspección que
efectuará a Consellería de Traballo ás de control financeiro que lle
correspondan, se é o caso, á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, ás
previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, ou
doutros órganos da Administración do Estado ou da Unión Europea e achegar canta
información lle sexa requirida no exercicio das actuacións
anteriores.
d) Adoptar as medidas axeitadas de difusión para darlle publicidade ao
financiamento público das actuacións subvencionadas pola Consellería de
Traballo, así como, se é o caso, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, nos
termos establecidos no Regulamento (CE) nº 1828, da Comisión, do 8 de decembro
de 2006, polo que se fixan as normas de desenvolvemento do Regulamento (CE) nº
1083/2006, do Consello, polo que se establecen as disposicións xerais relativas
ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo e ao Fondo
de Cohesión e o Regulamento (CE) nº 1080/2006, do Parlamento Europeo e do
Consello, relativo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (DOUE L 45, do
15 de febreiro de 2007).
e) Manter os postos de traballo obxecto da
subvención durante o período e nos termos establecidos para os distintos
programas recollidos nos diferentes anexos desta orde.
f) Aqueloutras obrigas
establecidas no artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e
orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de
outubro, conforme a redacción dada pola Lei 14/2004, do 29 de decembro, de
medidas tributarias e de réxime administrativo.
Artigo 9º.-Modificación
da resolución de concesión.
Toda
alteración das condicións tidas en conta para a concesión das axudas ou
subvencións, así como a obtención concorrente de subvencións e axudas outorgadas
por outras administracións ou outros entes públicos ou privados, nacionais ou
internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión e
eventualmente á súa revogación.
Artigo 10º.-Revogación e reintegro.
Procederá a revogación das subvencións e axudas,
así como o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas e a exixencia do
xuro de demora, nos casos e nos termos previstos no artigo 78 do texto refundido
da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia e no Decreto 287/2000, do
21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas
da Comunidade Autónoma de Galicia.
A obriga de reintegro establecida no parágrafo
anterior enténdese sen prexuízo do establecido no Real decreto lexislativo
5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre
infraccións e sancións na orde social.
Artigo 11º.-Seguemento e control.
As delegacións provinciais e a Dirección Xeral de
Promoción do Emprego poderán comprobar, en todo momento, a aplicación das
subvencións concedidas para os fins programados. Para estes efectos os
beneficiarios deberán cumprir as obrigas de comprobación que se establezan nesta
orde e na resolución de concesión.
Disposicións adicionais
Primeira.-Sen prexuízo das facultades que teñan
atribuídas outros órganos da Administración do Estado ou da comunidade autónoma,
a Consellería de Traballo levará a cabo funcións de control, así como de
avaliación e seguimento dos programas.
Para realizar as ditas funcións poderanse
utilizar cantos medios estean á disposición da Consellería de Traballo para
comprobar o cumprimento dos requisitos exixidos nesta orde e demais normas
vixentes que resulten de aplicación.
Segunda.-A Consellería de Traballo poderá
requirir en todo momento a documentación orixinal que se considere necesaria
para acreditar mellor o exacto cumprimento das condicións exixidas nesta orde,
agás aquela que de acordo co artigo 35º f) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de
réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo
común, xa se atopen en poder da Administración actuante.
Terceira.-Apróbase a
delegación de atribucións do conselleiro de Traballo nos delegados/as
provinciais, no ámbito das súas respectivas provincias, e no director xeral de
Promoción do Emprego, para resolver a concesión ou denegación das axudas e
subvencións previstas nesta orde, así como para autorizar, dispoñer, recoñecer a
obriga e propoñer os correspondentes pagamentos, así como para resolver os
procedementos de reintegro das subvencións indebidamente percibidas polos seus
beneficiarios, respecto das resolucións concesorias de que traen causa, ditadas
por delegación do conselleiro.
Cuarta.-Para o caso de que se soliciten os
incentivos previstos nesta orde pola transformación en indefinido dun contrato
en prácticas, e a conversión se produza con anterioridade á súa duración mínima
inicial de 12 meses, compensarase a parte da subvención concedida correspondente
ao período non esgotado reducindo na mesma contía o incentivo pola
transformación do contrato en indefinido.
Quinta.-Para os efectos do sinalado na base
terceira dos anexos A e C, terá a consideración de titular de familia
monoparental e con cargas familiares a persoa solteira, viúva, separada ou
divorciada que teña ao seu coidado fillas ou fillos menores de 21 anos ou
persoas maiores incapacitadas e que non obteñan ingresos de calquera natureza
superiores ao 75% do IPREM vixente no momento da solicitude.
Para os efectos do
sinalado na base sexta do anexo A terán a consideración de traballadores
desempregados procedentes de empresas en crise aquelas traballadoras e
traballadores cuxa relación laboral se extinga por algunha das causas sinaladas
nos artigos 51 e 52 c) do Estatuto dos traballadores.
Para os efectos do
sinalado na base cuarta do anexo C, terán a consideración de retornados/as
aqueles/as emigrantes que cumpran coa condición de que non transcorresen máis de
dous anos entre a data do retorno e a data de alta no correspondente réxime da
Seguridade Social.
Sexta.-A concesión das axudas e subvencións previstas nesta orde estará
suxeita á existencia de crédito orzamentario.
Sétima.-No exercicio
económico 2007, as axudas recollidas nesta orde, entre outras, financiaranse con
cargo ás aplicacións orzamentarias 16.02.322C.470.2, código de proxecto 2007 00
675, cun crédito de 4.142.691 euros; 16.02.322C.470.3, código de proxecto 2007
00 676, cun crédito de 6.300.000 euros; 16.02.322C.470.4, código de proxecto
2007 00 678, cun crédito de 4.000.000 de euros; 16.02.322C.470.4, código de
proxecto 2007 00 679, cun crédito de 7.651.519 euros; 16.02.322C.470.6, código
de proxecto 2007 00 749, cun crédito de 6.000.000 de euros; 16.02.322C.480.1,
código de proxecto 2007 00 682, cun crédito de 1.200.000 euros;
16.02.322Z.470.0, código de proxecto 2007 00 690, cun crédito de 963.160 euros;
16.02.322Z.470.1, código de proxecto 2007 00 693, cun crédito de 2.228.611
euros; 16.02.322Z.470.1, código de proxecto 2007 00 694, cun crédito de
2.527.068 euros; 16.02.322Z.470.1, código de proxecto 2007 00 696, cun crédito
de 5.647.605 euros; 16.02.322Z.470.1, código de proxecto 2007 00 697, cun
crédito de 1.133.755 euros; 16.02.322Z.470.2, código de proxecto 2007 00 672,
cun crédito de 1.793.659 euros; 16.02.322Z.470.2, código de proxecto 2007 00
700, cun crédito de 383.283 euros.
Estas contías están recollidas na Lei 14/2006, do
28 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o
ano 2007, e constitúen o importe global para a financiamento desta orde; da orde
pola que se establecen as bases reguladoras do programa para o fomento das
transformacións dos contratos de carácter temporal en indefinidos e se procede á
súa convocatoria para o ano 2007; da orde pola que se establecen as bases
reguladoras do programa para a promoción do emprego autónomo cofinanciado polo
Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2007; da orde
pola que se establecen as bases reguladoras do réxime de axudas e subvencións ás
empresas cualificadas como iniciativas locais de emprego (ILE) ou como
iniciativas de emprego rural (IER), cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, e
se procede á súa convocatoria para o ano 2007; da orde pola que se establecen as
bases reguladoras dos programas para a promoción da integración laboral das
persoas con discapacidade, cofinanciados polo Fondo Social Europeo, e se procede
á súa convocatoria para o ano 2007; da orde pola que se establecen as bases
reguladoras do programa de subvencións ás unidades de apoio á actividade
profesional no marco dos servizos de axustamento persoal e social dos centros
especiais de emprego e se procede á súa convocatoria para o ano 2007; da orde
pola que se establecen as bases reguladoras do programa de axudas e subvencións
ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT),
cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o
ano 2007; da orde pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de
incentivos á contratación por conta allea como medida para favorecer a inserción
dos mozos e mozas, cofinanciados polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa
convocatoria para o ano 2007; da orde pola que se establecen as bases
reguladoras e se convocan para o ano 2007 os incentivos á contratación dirixidos
a favorecer a conciliación da vida laboral e familiar; da orde pola que se
establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación por
conta allea de persoas desempregadas pertencentes a colectivos en risco de
exclusión social, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa
convocatoria para o ano 2007; da orde pola que se establecen as bases
reguladoras do programa de incentivos á contratación indefinida das mulleres
como medida para lograr un mercado de traballo igualitario, cofinanciado polo
Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2007 e das
demais ordes que establezan as bases das medidas de fomento do emprego,
incentivos á contratación por conta allea e actuacións de apoio a persoas
emprendedoras, autoemprego e economía social, incluídos nos programas
orzamentarios 322C e 322Z.
Así mesmo, os créditos consignados nesta orde
poderán ser obxecto de modificacións como consecuencia da asignación ou da
redistribución de fondos para o financiamento dos programas de fomento do
emprego, coas limitacións que estableza a Conferencia Sectorial de Asuntos
Laborais ou as disposicións aplicables ás axudas cofinanciadas polo Fondo Social
Europeo.
Disposicións derradeiras
Primeira.-Facúltase o director xeral de Promoción do Emprego para que
dite, no ámbito das súas competencias, as resolucións e instrucións necesarias
para o desenvolvemento e cumprimento desta orde.
Segunda.-Esta orde
entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de
Galicia.
Santiago de Compostela, 31 de maio de 2007.
Ricardo Jacinto Varela Sánchez
Conselleiro de Traballo
Anexo A
Programa de fomento da contratación indefinida inicial de colectivos de
desempregados con dificultades de inserción laboral.
Primeira.-Obxecto.
Este
programa ten por obxecto fomentar a creación de postos de traballo de calidade e
favorecer a inclusión social mediante o apoio á inserción laboral das categorías
de traballadores que presentan desvantaxes e dificultades particulares para
accederen e permaneceren no mercado de traballo.
Segunda.-Réxime das
axudas.
As axudas ás contratacións
indefinidas iniciais que reúnan as condicións e requisitos establecidos neste
anexo, e fosen realizadas entre o 16 de setembro e o 31 de decembro do 2006,
están amparadas na súa adecuación ao dereito comunitario pola autorización da
Comisión Europea C (2002) 1884 fin de 22-5-2002. E, cando se trate de empregos
ligados a un investimento, polo seu sometemento ao Regulamento (CE) nº 70/2001
da Comisión, do 12 de xaneiro de 2001, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88
do Tratado CE ás axudas estatais ás pequenas e medianas empresas (DOCE L10,
13-1-2001).
As axudas ás contratacións indefinidas iniciais que reúnan as condicións
e requisitos establecidos neste anexo, e sexan realizadas no ano 2007, están
amparadas na súa adecuación ao dereito comunitario polo seu sometemento ao
Regulamento (CE) nº 2204/2002 da Comisión da Unión Europea, do 12 de decembro,
relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas estatais para
o emprego (DOCE L337, do 13 de decembro).
Terceira.-Colectivos desfavorecidos.
Para os efectos deste anexo, terán a
consideración de colectivos beneficiarios que presentan desvantaxes para o
acceso e permanencia no mercado de traballo os homes desempregados maiores de 31
anos nos cales concurra algunha das seguintes circunstancias:
a) Desempregados de longa
duración: todo home que estivese sen traballo 12 dos anteriores 16 meses, ou
durante 6 meses dos anteriores 8, se for maior de 45 anos.
b) Homes titulares de
familias monoparentais que teñan cargas familiares ou desempregados de unidades
familiares en que ningún dos seus membros en idade laboral obteña rendas de
calquera natureza superiores ao 75% do IPREM vixente no momento da
solicitude.
Cuarta.-Ámbito de aplicación, contratacións subvencionables e
definicións.
1. Poderán ser obxecto
de subvención as contratacións indefinidas iniciais, sempre que se realicen con
traballadores desempregados que estean inscritos como demandantes de emprego no
Servizo Público de Emprego no momento da contratación, pertencentes a algún dos
colectivos desfavorecidos relacionados na base 3ª deste anexo.
2. As ditas contratacións
iniciais, para poderen ser obxecto de subvención, deberán formalizarse por
escrito e comunicarse á oficina pública de emprego na forma regulamentariamente
establecida.
3. Cando se trate de contratacións a tempo parcial, a contía dos
incentivos previstos neste anexo será proporcional ao tempo efectivo de traballo
en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de
aplicación ou, na súa falta, da xornada ordinaria legal.
4. Para os efectos do
cálculo da taxa de estabilidade e do incremento do persoal fixo na empresa, ao
persoal contratado con contratos de interinidade consideraráselle a mesma
condición de fixo ou temporal que a persoa que substitúe. Se o traballador con
contrato de interinidade substitúe un traballador con obriga de cotización, e
que consta no TC2, o interino non se computa.
Quinta.-Requisitos.
Para poder
acceder aos beneficios á contratación indefinida establecidos neste anexo,
deberán cumprirse as seguintes condicións e requisitos:
a) A taxa de estabilidade
do cadro de persoal da empresa no mes da contratación pola cal se solicita
subvención deberá ser igual ou superior ao 72,5%.
Para os efectos do
anterior entenderase por taxa de estabilidade a porcentaxe de persoas
traballadoras fixas sobre o total do cadro de persoal no conxunto dos centros de
traballo da empresa en Galicia.
b) Como consecuencia da contratación indefinida
que se fomenta, ten que incrementarse o cadro de persoal fixo da empresa no
ámbito territorial de Galicia, de modo que supere a media aritmética dos doce
meses anteriores á data de inicio da prestación laboral, sendo unicamente
subvencionables as contratacións que superen a dita media.
Para os efectos do
cómputo do incremento do cadro de persoal fixo, non se terán en contas as baixas
dos traballadores e das traballadoras que se producisen por propia vontade da
traballadora ou traballador ou por morte, xubilación, incapacidade permanente
total ou absoluta ou grande invalidez legalmente recoñecidas.
c) Como consecuencia da
contratación indefinida que se fomenta, ten que incrementarse o cadro global de
persoal da empresa no ámbito territorial de Galicia, de modo que supere a media
aritmética dos doce meses anteriores á data de inicio da prestación
laboral.
Sexta.-Incentivos á contratación indefinida inicial.
1. As contratacións indefinidas iniciais,
incluídos os fixos-descontinuos, realizadas con traballadores desempregados de
longa duración menores de 45 anos, incentivaranse cunha axuda de ata 3.500
euros.
2. As
contratacións indefinidas iniciais, incluídos os fixos-descontinuos, realizadas
con traballadores desempregados de longa duración maiores de 45 anos,
incentivaranse cunha axuda de ata 5.000 euros.
3. As contratacións
indefinidas iniciais, incluídos os fixos-descontinuos, realizadas con titulares
de familias monoparentais que posúan cargas familiares ou demandantes de
unidades familiares en que ningún dos seus membros en idade laboral obteña
rendas superiores ao 75% do IPREM vixente no momento da solicitude,
incentivaranse cunha axuda de ata 5.000 euros.
4. As contratacións
indefinidas iniciais, incluídos os fixos-descontinuos, realizadas con
traballadores desempregados que, pertencendo a algún dos colectivos relacionados
na base 3ª, procedan de empresas en crise, incentivaranse cunha axuda de ata
5.500 euros.
5. Cando se trate de contratacións a tempo parcial, a contía dos
incentivos previstos neste anexo será proporcional ao tempo efectivo de traballo
en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de
aplicación ou, na súa falta, da xornada ordinaria legal.
Sétima.-Exclusións.
Exclúense
dos beneficios do programa establecido neste anexo:
a) As relacións laborais de carácter especial
previstas no artigo 2.1º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo,
polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, ou
noutras disposicións legais, así como as contratacións de traballadores para
prestaren servizos noutras empresas mediante contratos de posta á
disposición.
b) Os contratos realizados co/a cónxuxe, ascendentes, descendentes e
demais parentes, por consanguinidade ou afinidade, ata o segundo grao inclusive,
da empresaria ou empresario ou de quen desempeñe cargos de dirección ou sexan
membros dos órganos de administración das empresas que revistan a forma xurídica
de sociedade, así como as que se produzan con estes últimos.
c) Contratacións
realizadas con traballadores que, nos 24 meses anteriores á data da
contratación, prestasen servizos na mesma empresa ou grupo de empresas mediante
un contrato por tempo indefinido.
O disposto no parágrafo precedente será tamén de
aplicación no suposto de vinculación laboral anterior do traballador con
empresas a que o solicitante dos beneficios sucedese en virtude do establecido
no artigo 44 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo.
d) Traballadores que
rematasen unha relación laboral de carácter indefinido nun prazo de 3 meses
previos á formalización do contrato polo cal se solicita a subvención, agás que
a dita relación laboral finalizase por causa dun despedimento recoñecido ou
declarado improcedente ou se extinga por algunha das causas sinaladas no artigo
51 e 52 c) do Estatuto dos traballadores.
Oitava.-Prazo.
As axudas previstas neste programa solicitaranse
nos dous meses seguintes á data en que se inicie a relación laboral.
O prazo para a
presentación das solicitudes de axudas finalizará o 15 de setembro de 2007,
aínda que nesta data non transcorresen dous meses desde a realización do
contrato obxecto de subvención.
Novena.-Documentación.
As solicitudes deberán presentarse nos modelos
normalizados que figuran como anexos numéricos desta orde, xunto coa seguinte
documentación, orixinal ou copia compulsada:
1. Se o solicitante é
persoa física, DNI e acreditación do NIF, e se é persoa xurídica, DNI e poder
suficiente da persoa representante para actuar en nome da entidade e NIF da
empresa.
2.
Declaración da empresa, no modelo da solicitude, en que se faga constar o número
e provincia de localización dos centros de traballo da empresa en Galicia, así
como do número de contratacións indefinidas polas cales se solicita subvención
ao abeiro desta orde.
3. Declaración do cadro de persoal de todos os
centros de traballo da empresa en Galicia en cada un dos doce meses anteriores
ao inicio da relación laboral do traballador contratado, así como da taxa de
estabilidade acadada no mes da contratación (anexo III-A).
Se é o caso, documentos
acreditativos das baixas previstas na base 5ª deste anexo.
4. Relación nominal dos
traballadores contratados polos cales se solicita subvención, con indicación do
colectivo e tipo de axuda que se solicita (anexo IV-A).
5. Copia simple do DNI
dos traballadores contratados.
6.
Documentos acreditativos dos períodos de inscrición como demandantes de emprego
na oficina pública de emprego, así como do tempo de permanencia no paro segundo
os datos do informe de vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social,
copias dos contratos de traballo e altas na Seguridade Social.
Así mesmo, documentos
acreditativos das características que determinen a súa pertenza ao
correspondente colectivo.
7. Declaración comprensiva do conxunto de todas
as solicitudes efectuadas ou concedidas para o mesmo proxecto perante as
administracións públicas competentes ou outros entes públicos ou, de ser o caso,
unha declaración de que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións
(anexo XV).
8. Declaración da estrutura da empresa e do emprego (anexo
XVI).
9. Ficha de transferencia
bancaria e certificación da entidade financeira acreditativa de que o
solicitante é titular da conta (anexo XVII).
10. Documentación acreditativa de se encontraren
ao día das súas obrigas tributarias -estatais e autonómicas-e coa Seguridade
Social e de non teren pendente de pagamento ningunha outra débeda coa
Administración da comunidade autónoma, unicamente no suposto de que o
solicitante denegase expresamente a autorización ao órgano xestor para solicitar
as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración
Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Economía
e Facenda da Xunta de Galicia.
Décima.-Xustificación do pagamento.
1. De non achegarse con anterioridade, o
pagamento das axudas ou subvencións quedará condicionado á presentación, no
prazo, nos termos e na forma que se estableza na resolución de concesión, da
documentación que se exixa de forma expresa nela, entre a cal deberá figurar a
seguinte:
a)
Documentos TC2 correspondentes ás mensualidades que se indiquen na resolución de
concesión, agás que xunto coa solicitude se achegasen todos os boletíns
correspondentes ao período de cómputo para o cálculo do incremento do cadro de
persoal fixo ou, se é o caso, certificación da Tesouraría Xeral da Seguridade
Social en que conste o número de persoas traballadoras con contrato indefinido,
o de persoas traballadoras con contrato de interinidade e dos/das demais
traballadores e traballadoras con contratos temporais en cada unha das ditas
mensualidades no conxunto dos centros de traballo da empresa en
Galicia.
b)
Declaración complementaria da establecida na base novena do conxunto das axudas
solicitadas, tanto aprobadas ou concedidas como pendentes de resolución para o
mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou outros
entes públicos, ou, de ser o caso, que non solicitou nin percibiu outras axudas
e subvencións (anexo XV).
2. Non obstante o sinalado nos números
anteriores, a documentación exixida na fase de pagamento poderase presentar
xunto coa solicitude segundo a opción do interesado. Neste suposto poderán
tramitarse conxuntamente a concesión e o pagamento da axuda.
3. Non poderá realizarse
en ningún caso o pagamento da subvención se o beneficiario non figura ao día no
cumprimento das súas obrigas tributarias -estatais e autonómicas-e da Seguridade
Social, é debedor en virtude de resolución firme declarativa da procedencia de
reintegro ou ten algunha débeda pendente, por calquera concepto, coa
Administración da comunidade autónoma.
Décimo primeira.-Obrigas dos
beneficiarios.
Son obrigas das
empresas beneficiarias:
1. Manter no
seu cadro de persoal fixo o traballador contratado ao abeiro deste programa
durante un período mínimo de 3 anos.
No suposto de extinción da relación laboral do
traballador por quen se concedese a subvención, a cobertura do posto por un novo
traballador, que deberá reunir os requisitos do traballador substituído, terá
que realizarse dentro do mes seguinte ao da baixa, feito que deberá ser
comunicado pola empresa beneficiaria ao órgano competente que concedese a axuda,
dentro dos 20 días seguintes á substitución. Esta nova contratación en ningún
caso dará lugar a unha nova axuda de fomento da contratación.
Esta obriga manterase
durante 3 anos desde a data de realización do contrato indefinido obxecto de
subvención, e, cando se trate de empregos ligados a un investimento, deberán
manter os postos de traballo durante un período mínimo de 5 anos.
2. Manter o número de
persoas traballadoras fixas do seu cadro de persoal, en cómputo anual, durante
polo menos 3 anos, que se contarán desde a data de realización da contratación
indefinida.
3. Manter a estrutura do cadro de persoal da empresa en Galicia cunha
taxa de estabilidade igual ou superior ao 72,5% no seu cómputo anual, durante
polo menos 3 anos desde o mes en que se realice a contratación
subvencionada.
4. Co fin de garantir o cumprimento do anterior, as empresas
beneficiarias deberán presentar nos tres meses seguintes e durante os tres anos
posteriores ao de realización das contratacións, unha declaración da media de
persoal traballador fixo e temporal no conxunto dos centros de traballo en
Galicia nun período de 12 meses contados desde o mes de realización das
contratacións, así como o TC2 correspondente ao mes no que se efectuaron as
ditas contratacións.
Anexo B
Programa de fomento da
permanencia nas empresas con contrato estable a aqueles que teñen na actualidade
un contrato temporal.
Primeira.-Obxecto.
Este programa ten por obxecto fomentar a
estabilidade nas empresas por medio da transformación en indefinidos de
contratos para a formación, prácticas, de revezamento, de substitución por
anticipación da idade de xubilación e de interinidade, celebrados con homes
maiores de 31 anos no momento da contratación temporal.
Segunda.-Réxime das
axudas.
As axudas polas
transformacións en indefinidos de contratos temporais que reúnan as condicións e
requisitos establecidos neste anexo, e fosen realizadas entre o 16 de setembro e
o 31 de decembro de 2006, están amparadas na súa adecuación ao dereito
comunitario pola autorización da Comisión Europea C (2002) 1884 fin de
22-5-2002, e, cando se trate de empregos ligados a un investimento, polo seu
sometemento ao Regulamento (CE) nº 70/2001 da Comisión, do 12 de xaneiro de
2001, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas estatais
ás pequenas e medianas empresas (DOCE L10, 13-1-2001).
As axudas polas
transformacións en indefinidos de contratos temporais que reúnan as condicións e
requisitos establecidos neste anexo, e fosen realizadas no ano 2007, quedan
sometidas ao réxime de axudas de minimis. Polo tanto, non poderán exceder os
límites cuantitativos (200.000 euros nun período de tres anos) establecidos no
Regulamento (CE) nº 1998/2006, da Comisión da Unión Europea, do 15 de decembro,
relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado da CE ás axudas de minimis
(DOCE nº L379, do 28 de decembro).
Terceira.-Ámbito de aplicación, contratacións
subvencionables e definicións.
1.
Poderán ser obxecto dos incentivos previstos neste anexo as transformacións en
indefinidos de contratos para a formación, en prácticas, de revezamento, de
substitución por anticipación da idade de xubilación e de interinidade, calquera
que sexa a data da súa realización, que se formalicen con homes maiores de 31
anos na data do contrato temporal obxecto de conversión.
Cando se trate de
contratos de interinidade, en todo caso, a súa transformación en indefinidos só
poderá ser obxecto de subvención cando se manteña o posto da persoa traballadora
substituída, o que terá que acreditarse.
2. Na transformación de contratos temporais a
tempo completo, a xornada do novo contrato indefinido será tamén a tempo
completo. Nos supostos de transformación de contratos temporais a tempo parcial,
a xornada do novo contrato indefinido deberá ser, como mínimo, igual á do
contrato que se transforma.
3. Para os efectos deste anexo, entenderase que
se produce a transformación en todos aqueles casos en que ambas as modalidades
contractuais se sucedan sen ruptura da relación laboral coa empresa, incluídos
aqueles supostos en que o inicio da relación laboral indefinida ten lugar ao día
seguinte ao do termo da vixencia do contrato temporal, incorporándose á empresa
con carácter estable sen ruptura de continuidade na relación
laboral.
4.
As ditas transformacións, para poderen ser obxecto de subvención, deberán
formalizarse por escrito e comunicarse á oficina pública de emprego na forma
regulamentariamente establecida.
5. Cando se trate de contratacións a tempo
parcial, a contía dos incentivos previstos neste anexo serán proporcionais ao
tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no
convenio colectivo de aplicación ou, na súa falta, da xornada ordinaria
legal.
6.
Para os efectos do cálculo da taxa de estabilidade e do incremento do persoal
fixo na empresa, ao persoal contratado con contratos de interinidade
consideraráselle a mesma condición de fixo ou temporal que a persoa que
substitúe. Se o traballador con contrato de interinidade substitúe un
traballador con obriga de cotización, e que consta no TC2, o interino non se
computa.
Cuarta.-Requisitos.
Para poder
acceder aos beneficios á contratación indefinida establecidos neste anexo,
deberán cumprirse as seguintes condicións e requisitos:
a) A taxa de estabilidade
do cadro de persoal da empresa no mes da contratación pola cal se solicita
subvención deberá ser igual ou superior ao 72,5%.
Para os efectos do
anterior entenderase por taxa de estabilidade a porcentaxe de persoal
traballador fixo sobre o total do cadro de persoal no conxunto dos centros de
traballo da empresa en Galicia.
b) Como consecuencia da contratación que se
fomenta ten que incrementarse o cadro de persoal fixo da empresa no ámbito
territorial de Galicia, de modo que supere a media aritmética dos doce meses
anteriores á data de inicio da prestación laboral, sendo unicamente
subvencionables as contratacións que superen a dita media.
Para os efectos do
cómputo do incremento do cadro de persoal fixo, non se terán en conta as baixas
dos traballadores e das traballadoras que se producisen por propia vontade do
traballador ou por morte, xubilación, incapacidade permanente total ou absoluta
ou grande invalidez legalmente recoñecidas.
Quinta.-Incentivos á transformación.
As transformacións en indefinidos dos contratos
que reúnan os requisitos e condicións establecidos na base terceira e cuarta
deste anexo incentivaranse cunha axuda de ata 2.000 euros.
Sexta.-Exclusións.
Exclúense
dos beneficios do programa establecido neste anexo:
a) As relacións laborais de carácter especial
previstas no artigo 2.1º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo,
polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, ou
noutras disposicións legais, así como as contratacións de traballadores para
prestaren servizos noutras empresas mediante contratos de posta á
disposición.
b) Os contratos realizados co/a cónxuxe, ascendentes, descendentes e
demais parentes, por consanguinidade ou afinidade, ata o segundo grao inclusive,
da empresaria ou empresario ou de quen desempeñe cargos de dirección ou sexan
membros dos órganos de administración das empresas que revistan a forma xurídica
de sociedade, así como as que se produzan con estes últimos.
c) Contratacións
realizadas con traballadores que nos 24 meses anteriores á data da contratación
prestasen servizos na mesma empresa ou grupo de empresas mediante un contrato
por tempo indefinido.
O disposto no parágrafo precedente será tamén de
aplicación no suposto de vinculación laboral anterior do traballador con
empresas a que o solicitante dos beneficios sucedese en virtude do establecido
no artigo 44 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo.
d) Traballadores que
rematasen unha relación laboral de carácter indefinido nun prazo de 3 meses
previos á formalización do contrato polo cal se solicita a subvención, agás que
a dita relación laboral finalizase por causa dun despedimento recoñecido ou
declarado improcedente ou se extinga por algunha das causas sinaladas nos
artigos 51 e 52 c) do Estatuto dos traballadores.
Sétima.-Prazo.
As axudas
previstas neste programa solicitaranse nos dous meses seguintes á data en que se
se produza a transformación do contrato temporal en indefinido.
O prazo para a
presentación das solicitudes de axudas finalizará o 15 de setembro de 2007,
aínda que nesta data non transcorresen dous meses desde a realización do
contrato obxecto de subvención.
Oitava.-Documentación.
As solicitudes deberán presentarse nos modelos
normalizados que figuran como anexos numéricos desta orde xunto coa seguinte
documentación, orixinal ou copia compulsada:
1. Se o solicitante é persoa física, DNI e
acreditación do NIF, e se é persoa xurídica, DNI e poder suficiente da persoa
representante para actuar en nome da entidade e NIF da empresa.
2. Declaración da
empresa, no modelo da solicitude, en que se faga constar o número e provincia de
localización dos centros de traballo da empresa en Galicia, así como do número
de contratacións indefinidas polas cales se solicita subvención ao abeiro desta
orde.
3.
Declaración do cadro de persoal fixo de todos os centros de traballo da empresa
en Galicia en cada un dos doce meses anteriores á transformación, así como da
taxa de estabilidade acadada no mes da contratación (anexo VII-B).
Se é o caso, documentos
acreditativos das baixas previstas na base 4ª deste anexo.
4. Relación nominal das
persoas traballadoras contratadas polas cales se solicita subvención, con
indicación do colectivo e tipo de axuda que se solicita (anexo
VIII-B).
5.
Copia simple do DNI dos traballadores contratados.
6. O contrato temporal que se transforma e as
súas posibles prórrogas, así como a comunicación da conversión do contrato
temporal en indefinido á oficina pública de emprego e a comunicación de
variación de datos á Seguridade Social.
7. Declaración comprensiva do conxunto de todas
as solicitudes efectuadas ou concedidas para o mesmo proxecto perante as
administracións públicas competentes ou outros entes públicos ou, de ser o caso,
unha declaración de que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións
(anexo XV).
8. Declaración da estrutura da empresa e do emprego (anexo
XVI).
9. Ficha de transferencia
bancaria e certificación da entidade financeira acreditativa de que o
solicitante é titular da conta (anexo XVII).
10. Documentación acreditativa de se encontraren
ao día das súas obrigas tributarias -estatais e autonómicas-e coa Seguridade
Social e de non teren pendente de pagamento ningunha outra débeda coa
Administración da comunidade autónoma, unicamente no suposto de que o
solicitante denegase expresamente a autorización ao órgano xestor para solicitar
as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración
Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Economía
e Facenda da Xunta de Galicia.
Novena-Xustificación do pagamento.
1. De non achegarse con anterioridade, o
pagamento das axudas ou subvencións quedará condicionado á presentación, no
prazo, nos termos e na forma que se estableza na resolución de concesión, da
documentación que se exixa de forma expresa nela, entre a cal deberá figurar a
seguinte:
a)
Documentos TC2 correspondentes ás mensualidades que se indiquen na resolución de
concesión, agás que xunto coa solicitude se achegasen todos os boletíns
correspondentes ao período de cómputo para o cálculo do incremento do cadro de
persoal fixo, ou, se é o caso, certificación da Tesouraría Xeral da Seguridade
Social en que conste o número de persoas traballadoras con contrato indefinido,
o de persoas traballadoras con contrato de interinidade e das demais persoas
traballadoras con contratos temporais en cada unha das ditas mensualidades no
conxunto dos centros de traballo da empresa en Galicia.
b) Declaración
complementaria da establecida na base oitava do conxunto das axudas solicitadas,
tanto aprobadas ou concedidas como pendentes de resolución para o mesmo proxecto
das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos, ou,
de ser o caso, que non solicitou nin percibiu outras axudas e subvencións (anexo
XV).
2. Non
obstante o sinalado nos números anteriores, a documentación exixida na fase de
pagamento poderase presentar xunto coa solicitude segundo a opción do
interesado. Neste suposto poderán tramitarse conxuntamente a concesión e o
pagamento da axuda.
3. Non poderá realizarse en ningún caso o pagamento da subvención se o
beneficiario non figura ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias
-estatais e autonómicas-e da Seguridade Social, é debedor en virtude de
resolución firme declarativa da procedencia de reintegro ou ten algunha débeda
pendente, por calquera concepto, coa Administración da comunidade
autónoma.
Décima.-Obrigas dos beneficiarios.
Son obrigas das empresas beneficiarias:
1. Manter no seu cadro de persoal fixo o
traballador subvencionado ao abeiro deste programa durante un período mínimo de
3 anos.
No
suposto de extinción da relación laboral do traballador polo cal se concedese a
subvención, a cobertura do posto por un novo traballador, que deberá reunir os
requisitos do traballador substituído, terá que realizarse dentro do mes
seguinte ao da baixa, feito que deberá ser comunicado pola empresa beneficiaria
ao órgano competente que concedese a axuda, dentro dos 20 días seguintes á
substitución. Esta nova transformación do contrato temporal en indefinido en
ningún caso dará lugar a unha nova axuda de fomento da contratación.
Esta obriga manterase
durante 3 anos desde a data de realización do contrato indefinido obxecto de
subvención. E, cando se trate de empregos ligados a un investimento, deberán
manter os postos de traballo durante un período mínimo de 5
anos.
2.
Manter o número de persoas traballadoras fixas do seu cadro de persoal, en
cómputo anual, durante polo menos 3 anos, que se contarán desde a data de
realización da transformación do contrato temporal en indefinido.
3. Manter a estrutura do
cadro de persoal da empresa en Galicia cunha taxa de estabilidade igual ou
superior ao 72,5%, no seu cómputo anual, durante polo menos 3 anos desde o mes
en que se realice a transformación do contrato temporal en
indefinido.
4. Co fin de garantir o cumprimento do anterior, as empresas
beneficiarias deberán presentar nos tres meses seguintes e durante os tres anos
posteriores ao de realización das transformacións dos contratos temporais en
indefinidos, unha declaración da media de persoal traballador fixo e temporal no
conxunto dos centros de traballo en Galicia nun período de 12 meses contados
desde o mes de realización das transformacións dos contratos temporais en
indefinidos, así como o TC2 correspondente ao mes en que se efectuaron estas
transformacións dos contratos temporais en indefinidos.
Anexo C
Programa de axudas a empresarias e empresarios
sen persoas asalariadas pola contratación da súa primeira persoa traballadora
fixa.
Primeira.-Obxecto.
Este
programa ten por obxecto fixar as bases reguladoras dos incentivos á
contratación indefinida, a tempo completo ou a tempo parcial, incluídos os
fixos-descontinuos, da primeira persoa traballadora por parte do empresariado
sen asalariados, coa finalidade de impulsar a capacidade de creación de emprego
das pequenas empresas e favorecer a inserción laboral de persoas
desempregadas.
Segunda.-Réxime das axudas.
As
axudas ás contratacións indefinidas iniciais, que reúnan as condicións e
requisitos establecidos neste anexo, e fosen realizadas entre o 16 de setembro e
o 31 de decembro de 2006, están amparadas na súa adecuación ao dereito
comunitario pola autorización da Comisión Europea C (2002) 1884 fin de
22-5-2002. E, cando se trate de empregos ligados a un investimento, polo seu
sometemento ao Regulamento (CE) nº 70/2001, da Comisión do 12 de xaneiro 2001
relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas estatais ás
pequenas e medianas empresas (DOCE L10, 13-01-2001).
As axudas ás
contratacións indefinidas iniciais, que reúnan as condicións e requisitos
establecidos neste anexo, e fosen realizadas no ano 2007, quedan sometidas ao
réxime de axudas de minimis. Polo tanto, non poderán exceder os límites
cuantitativos (200.000 euros nun período de tres anos) establecidos no
Regulamento (CE) nº 1998/2006, da Comisión da Unión Europea, de 15 de decembro,
relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado da CE ás axudas de minimis
(DOCE nº L379, do 28 de decembro).
Terceira.-Ámbito de aplicación, contratacións
subvencionables e definicións.
1.
Poderán ser obxecto de subvención as contratacións indefinidas iniciais que se
realicen con persoas traballadoras desempregadas, inscritas como demandantes de
emprego no Servizo Público de Emprego no momento da súa contratación indefinida
inicial e pertenzan a algún dos colectivos desfavorecidos relacionados na base
4ª deste anexo.
2. Os contratos indefinidos para que poidan ser obxecto de subvención
deberán formalizarse por escrito e comunicarse á oficina pública de emprego na
forma regulamentariamente establecida.
3. Cando se trate de contratacións a tempo
parcial, a contía dos incentivos previstos nesta orde será proporcional ao tempo
efectivo de traballo en función da xornada establecida no convenio colectivo de
aplicación ou, no seu defecto, da xornada ordinaria legal.
4. Para os efectos das
axudas consideradas neste anexo, terán a consideración de persoas desempregadas
aquelas que estean inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de
Emprego no momento da contratación e que, pola súa vez, carezan de ocupación
segundo o informe da vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade
Social.
Cuarta.-Colectivos desfavorecidos.
Para os efectos deste anexo terán a consideración de colectivos
desfavorecidos con maiores desvantaxes para o acceso ao mercado de traballo os
seguintes:
a)
Persoas desempregadas de longa duración: toda persoa que estivese sen traballo
12 dos anteriores 16 meses, ou durante 6 meses dos anteriores 8, se fose menor
de 25 anos ou maior de 45 anos.
b) Titulares de familias monoparentais que teñan
cargas familiares ou persoas desempregadas de unidades familiares nas que ningún
dos seus membros en idade laboral obteña rendas de calquera natureza superiores
ao 75% do IPREM vixente no momento da solicitude.
c) Mulleres
desempregadas, cando se contraten para prestar servizos en profesións ou
ocupacións en que estean subrepresentadas segundo a orde do Ministerio de
Traballo e Asuntos Sociais do 16 de setembro de 1998 (BOE do 29 de setembro)
para o fomento do emprego estable de mulleres nas profesións e ocupacións con
menor índice de emprego feminino ou que se reincorporen ao mercado de traballo
tras unha ausencia prolongada dun mínimo de dous anos, ou que sexan contratadas
nos 24 meses seguintes á data do parto.
d) Mulleres maiores de 30 anos demandantes de
primeiro emprego.
e) Desempregadas
maiores de 30 anos que non estean incluídas en ningún dos colectivos
anteriores.
f) Persoas desempregadas pertencentes a colectivos en risco de exclusión
social:
1. Persoas perceptoras da
renda de integración social de Galicia ou aquelas que non poidan acceder a ela,
ben por falta do período exixido de residencia ou empadroamento, ou ben por ter
esgotado o período máximo de percepción legalmente establecido, ou membros da
súa unidade familiar en desemprego.
2. Persoas que participen ou participasen en
procesos de rehabilitación ou reinserción social de drogodependentes debidamente
acreditadas ou autorizadas.
3. Persoas internas de centros penitenciarios
cuxa situación penitenciaria lles permita acceder a un emprego, así como persoas
liberadas condicionais ou ex-reclusos e ex-reclusas que non tivesen antes un
primeiro emprego fixo remunerado tras un período de privación de
liberdade.
4.
Mulleres procedentes de casas de acollida que presenten problemas adicionais de
inserción ou reinserción laboral.
5. As persoas que teñan acreditada pola
Administración competente a condición de vítima de violencia doméstica por parte
dalgún membro da unidade familiar de convivencia.
6. Menores internos/as
incluídos/as no ámbito de aplicación da Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro,
reguladora da responsabilidade penal dos/das menores, cuxa situación lles
permita acceder a un emprego, así como os/as que estean en situación de
liberdade vixiada e os ex-reclusos e ex-reclusas.
7. Mozos e mozas que
estean ou estivesen ata a súa maioría de idade baixo a tutela ou garda da
Administración autonómica.
8. Persoas traballadoras inmigrantes que pasen a
ser residentes da comunidade cuxas características condicionen a súa integración
social.
9.
Emigrantes retornados/as con graves necesidades persoais ou
familiares.
10. Persoas que formen
parte de colectivos ou minorías cuxas características poidan condicionar as súas
posibilidades de integración social.
11. Mulleres que abandonasen o exercicio da
prostitución e se incorporen ao mercado laboral.
Quinta.-Requisitos.
Poderán
ser beneficiarios das axudas previstas nesta orde as empresas privadas, calquera
que sexa a forma xurídica que adopten, que contraten con carácter indefinido a
súa primeira persoa empregada para prestar servizos en centros de traballo
situados na Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que iniciasen a actividade
cunha antelación mínima dun ano ao comezo da prestación de servizos pola
traballadora ou traballador e que se cumpran as condicións e os requisitos
establecidos neste anexo e non incorran nas circunstancias previstas no artigo
13.2º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
Para estes efectos,
entenderase que se trata da primeira persoa empregada cando na empresa, nos 24
meses anteriores á contratación indefinida, non prestasen servizos traballadoras
e traballadores por conta allea, agás con contratos de duración determinada ou
temporal que, no seu conxunto, non superen os 180 días.
Sexta.-Exclusións e
contratacións de familiares.
1.
Exclúense dos beneficios do programa establecido neste anexo:
a) As relacións laborais de carácter especial
previstas no artigo 2.1º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo,
polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores ou
noutras disposicións legais, así como as contratacións de persoas traballadoras
para prestasen servizos noutras empresas mediante contratos de posta á
disposición.
b) Traballadores e traballadoras que finalizasen a súa relación laboral
de carácter indefinido nun prazo de 3 meses previos á formalización do contrato
polo que se solicita a subvención, agás que a dita relación laboral finalizase
por causa dun despedimento recoñecido ou declarado improcedente ou se extinga
por algunha das causas sinaladas nos artigos 51 e 52. c) do Estatuto dos
traballadores.
c) Non poderán acceder a estas axudas as cooperativas e sociedades
laborais pola contratación da súa primeira persoa asalariada.
2. Sempre que se reúnan
os requisitos e demais condicións exixidos neste anexo e poidan ter a
consideración de asalariados, os incentivos establecidos na base 7ª tamén
poderán ser de aplicación ás contratacións da primeira persoa traballadora fixa
que se realice co/a cónxuxe, ascendentes, descendentes e demais parentes por
consanguinidade ou afinidade, ata o segundo grao inclusive. En todo caso, nestes
supostos, e como condición indispensable na solicitude de axuda, deberá
declararse expresamente a condición de familiar da persoa traballadora
contratada e cumprir os requisitos establecidos nas bases 3ª e 4ª deste
anexo.
Sétima.-Axudas.
As empresas
que contraten con carácter indefinido a súa primeira persoa traballadora de
acordo cos requisitos e condicións establecidos neste anexo poderán obter unha
axuda, pagadoira dunha soa vez, que consistirá nunha subvención por unha contía
equivalente ao importe do 30% da base mínima do grupo de cotización ao que
pertenza a persoa traballadora contratada, establecida para o ano de cada
convocatoria, calculada sobre tres anualidades, ata un máximo de 4.500 euros, se
o contrato se realiza a xornada completa, ou a parte proporcional se se realiza
a tempo parcial.
Cando a dita contratación se realice con mulleres o límite incrementarase
ata 6.600 euros.
Oitava.-Prazo.
As axudas
previstas neste programa solicitaranse nos dous meses seguintes á data en que se
inicie a relación laboral.
O prazo para a presentación das solicitudes de
axudas finalizará o 15 de setembro de 2007 aínda que nesta data non
transcorresen dous meses desde a celebración do contrato obxecto de
subvención.
Novena.-Documentación.
As
solicitudes deberán presentarse nos modelos normalizados que figuran como anexos
numéricos a esta orde, xunto coa seguinte documentación, orixinal ou copia
compulsada:
1. Se o solicitante é persoa física, DNI e acreditación do NIF e, se é
persoa xurídica, DNI e poder suficiente da persoa representante para actuar en
nome da entidade e NIF da empresa.
2. Alta no imposto de actividades económicas ou
alta no censo de obrigados tributarios do Ministerio de Economía e Facenda, e
documentación que acredite que se trata da creación do primeiro posto de
traballo de carácter fixo (vida laboral da empresa referida aos 24 meses
anteriores á data da contratación indefinida da persoa traballadora pola que
solicita a subvención, incluíndo todas as contas de cotización).
3. Copia simple do DNI da
traballadora ou traballador.
4.
Documentos acreditativos das características que determinen a súa pertenza ao
correspondente colectivo.
5. Documentos acreditativos dos períodos de
inscrición como demandante de emprego na oficina pública de emprego e do tempo
de permanencia no paro segundo os datos do informe da vida laboral na Tesouraría
Xeral da Seguridade Social, así como contrato de traballo e a alta na Seguridade
Social da persoa traballadora contratada.
6. Declaración comprensiva do conxunto de todas
as solicitudes efectuadas ou concedidas, para o mesmo proxecto ou actividade,
polas administracións públicas competentes ou outros entes públicos, ou de ser o
caso, unha declaración de que non solicitou nin percibiu outras axudas ou
subvencións (anexo XV).
7. Declaración da estrutura da empresa e do
emprego (anexo XVI).
8. Ficha de
transferencia bancaria e certificación da entidade financeira acreditativa de
que o solicitante é titular da conta (anexo XVII).
9. Documentación
acreditativa de que se encontraren ao día das súas obrigas tributarias -estatais
e autonómicas-e coa Seguridade Social e de que non teñen pendente de pagamento
ningunha outra débeda coa Administración da comunidade autónoma, unicamente no
suposto de que o solicitante denegase expresamente a autorización ao órgano
xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da
Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a
Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia.
Décima.-Xustificación do
pagamento.
1. De non achegarse con
anterioridade, o pagamento das axudas ou subvencións quedará condicionado á
presentación, no prazo, nos termos e na forma que se establezan na resolución de
concesión, da documentación que se exixa de forma expresa nela, entre a que
deberá figurar a seguinte:
a) Documento TC2 correspondente á mensualidade de
contratación.
b) Declaración
complementaria da establecida na base novena deste anexo, do conxunto das axudas
solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución
para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou
outros entes públicos, ou de ser o caso, que non solicitou nin percibiu outras
axudas ou subvencións (anexo XV).
2. Non obstante o sinalado no punto anterior, a
documentación exixida para a fase de pagamento poderase presentar xunto coa
solicitude, a opción do interesado. Neste suposto poderán tramitarse
conxuntamente a concesión e o pagamento da axuda.
3. Non poderá realizarse
en ningún caso o pagamento da subvención se o beneficiario non figura ao
corrente do cumprimento das súas obrigas tributarias estatais ou autonómicas e
da Seguridade Social, é debedor en virtude de resolución firme declarativa de
procedencia de reintegro ou ten algunha débeda pendente, por calquera concepto
coa Administración da comunidade autónoma.
Décimo primeira.-Obrigas dos
beneficiarios.
Son obrigas dos
beneficiarios das axudas e subvencións previstas neste anexo:
1. Manter no seu cadro de persoal fixo as persoas
traballadoras contratadas ao abeiro deste programa, por un período mínimo de
tres anos.
No
suposto de extinción da relación laboral do traballador ou traballadora por quen
se concedese a subvención, a cobertura do posto por unha nova persoa
traballadora, que deberá reunir os requisitos da persoa traballadora
substituída, terá que realizarse dentro do mes seguinte ao da baixa, feito que
deberá ser comunicado pola empresa beneficiaria ao órgano competente que
concedese a axuda, dentro dos 20 días seguintes á substitución. Esta nova
contratación en ningún caso dará lugar a unha nova axuda.
Esta obriga manterase
durante tres anos desde a data de realización do contrato indefinido obxecto de
subvención. E, cando se trate de emprego ligado a un investimento, deberán
manter o posto de traballo durante un período mínimo de 5 anos.
2. As empresas
beneficiarias, co fin de garantir o mantemento do posto de traballo estable
creado obxecto de subvención, deberán presentar, dentro do primeiro trimestre de
cada ano, unha declaración do mantemento do emprego xunto co TC2 do mes de
decembro do ano anterior.
Esta obriga manterase durante os tres anos
seguintes a aquel en que se concedeu a axuda ou subvención.
Anexo D
Programa de fomento da contratación indefinida
inicial vinculada a proxectos I+D.
Primeira.-Obxecto.
1. Este programa ten por obxecto favorecer a
inserción laboral con carácter estable das mozas e mozos titulados mediante
incentivos á contratación indefinida vinculada a proxectos I+D.
2. Poderán ser obxecto de
subvención os contratos indefinidos iniciais a tempo completo ou a tempo
parcial, incluídos os fixos descontinuos, que se realicen con mozos e mozas con
titulación universitaria ou de formación profesional de segundo grao ou de ciclo
superior, persoas desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego no
momento da contratación, sempre que concorra algunha das seguintes
circunstancias:
a) Que participasen en programas de fomento da investigación e
desenvolvemento tecnolóxico en universidades ou centros de investigación
públicos ou privados e se lles asignen tarefas acordes coa súa preparación e
titulación.
b) Que se incorporen a un departamento de actividades innovadoras ou, no
caso de que este non exista, se lles asignen tarefas que favorezan a innovación
tecnolóxica ou técnica da empresa.
c) Que se incorporen a proxectos empresariais de
investigación e innovación acollidos ao Plan Galego de Investigación e
Desenvolvemento Tecnolóxico ou a empresas que participen ou participasen no
programa IDIPEME.
d) Que se incorporen a empresas de menos de 50 traballadoras e
traballadores para a realización de tarefas relacionadas coa introdución de
novas tecnoloxías da información e as comunicacións.
3. Os contratos de
traballo deberán formalizarse por escrito e comunicarse á oficina pública de
emprego na forma regulamentariamente establecida.
4. Para os efectos do
cálculo da taxa de estabilidade e do incremento do persoal fixo na empresa, ao
persoal contratado con contratos de interinidade consideraráselle a mesma
condición de fixo ou temporal que a persoa que substitúe. Se o traballador con
contrato de interinidade substitúe un traballador con obriga de cotización, e
que consta no TC2, o interino non se computa.
Segunda.-Réxime das
axudas.
Os incentivos establecidos
neste anexo quedan sometidos ao réxime de axudas de minimis, polo tanto non
poderán exceder os límites cuantitativos (200.000 euros nun período de tres
anos) establecidos no Regulamento (CE) nº 1998/2006, da Comisión da Unión
Europea, de 15 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado
da CE ás axudas de minimis (DOCE nº L379, do 28 de decembro).
Terceira.-Requisitos.
Para
poder acceder aos beneficios á contratación indefinida establecidos neste anexo
deberán cumprirse as seguintes condicións e requisitos:
a) A taxa de estabilidade
do cadro de persoal da empresa no mes de contratación polo que se solicita
subvención deberá ser igual ou superior ao 72.5%.
Para os efectos do
anterior entenderase por taxa de estabilidade a porcentaxe de persoas
traballadoras fixas sobre o total do cadro de persoal no conxunto dos centros de
traballo da empresa en Galicia.
b) Como consecuencia da contratación indefinida
inicial que se fomenta ten que incrementarse o cadro de persoal fixo da empresa
no ámbito territorial de Galicia, de modo que supere a media aritmética dos doce
meses anteriores á data de inicio da prestación laboral, serán unicamente
subvencionables as contratacións que superen esta media.
Para os efectos do
cómputo do incremento do cadro de persoal fixo non se terán en conta as baixas
das traballadoras e dos traballadores que se producisen pola súa propia vontade,
ou por morte, xubilación, incapacidade permanente total ou absoluta ou grande
invalidez legalmente recoñecidas.
c) Como consecuencia da contratación indefinida
que se fomenta ten que incrementarse o cadro global de persoal da empresa no
ámbito territorial de Galicia, de modo que supere a media aritmética dos doce
meses anteriores á data de inicio da prestación laboral ou, se é o caso, na
referencia que se estableza en plans de emprego pactados coa representación
legal das traballadoras e dos traballadores no ámbito da empresa.
Cuarta.-Axudas.
1. As
contratacións indefinidas a xornada completa vinculadas a proxectos I+D
previstas neste anexo incentivaranse cunha axuda de ata 3.000 euros,
incrementándose a unha contía de ata 5.000 euros cando se realicen con mulleres
tituladas.
2.
Cando a persoa traballadora contratada posúa o título universitario de doutor/a
os incentivos previstos no número anterior incrementaranse nunha contía de ata
600 euros se son homes, e de ata 1.000 euros cando se trate de
mulleres.
3.
Nas contratacións a tempo parcial a contía dos incentivos será proporcional ao
tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no
convenio colectivo de aplicación ou, no seu defecto, da xornada ordinaria máxima
legal.
Quinta.-Exclusións.
Exclúense
dos beneficios establecidos no programa deste anexo:
a) As relacións laborais de carácter especial
previstas no artigo 2.1º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo,
polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, ou
noutras disposicións legais, así como as contratacións de traballadores e
traballadoras para prestar servizos noutras empresas mediante contratos de posta
á disposición.
b) Os contratos realizados co/a cónxuxe, ascendentes, descendentes e
demais parentes, por consanguinidade ou afinidade, ata o segundo grao inclusive,
da empresaria ou empresario ou de quen desempeñe cargos de dirección ou sexan
membros dos órganos de administración das empresas que revistan a forma xurídica
de sociedade, así como os que se produzan con estes últimos.
c) Contratacións
realizadas con traballadoras e traballadores que, nos 24 meses anteriores á data
da contratación, prestasen servizos na mesma empresa ou grupo de empresas
mediante un contrato por tempo indefinido.
O disposto no parágrafo precedente será tamén de
aplicación no suposto de vinculación laboral anterior do traballador con
empresas ás que o solicitante dos beneficios sucedese en virtude do establecido
no artigo 44 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo.
d) Traballadoras e
traballadores que finalizasen a súa relación laboral de carácter indefinido nun
prazo de 3 meses previos á formalización do contrato polo que se solicita a
subvención, agás que a dita relación laboral finalizase por causa dun
despedimento recoñecido ou declarado improcedente ou se extinga por algunha das
causas sinaladas nos artigos 51 e 52 c) do Estatuto dos
traballadores.
Sexta.-Prazo.
As axudas
previstas neste programa solicitaranse nos dous meses seguintes á data en que se
inicie a relación laboral.
O prazo para a presentación das solicitudes de
axudas finalizará o 15 de setembro de 2007, aínda que nesta data non
transcorresen dous meses desde a celebración do contrato obxecto de
subvención.
Sétima.-Documentación
As
solicitudes deberán presentarse nos modelos normalizados que figuran como anexos
numéricos á presente orde, xunto coa seguinte documentación, orixinal ou copia
compulsada:
1. Se o solicitante é persoa física, DNI e acreditación do NIF, e se é
persoa xurídica DNI e poder suficiente da persoa representante para actuar en
nome da entidade e NIF da empresa.
2. Relación nominal das persoas traballadoras
polas que se solicita subvención, con indicación dos supostos e tipo de
incentivo que se solicita (anexo XIV-D).
3. Certificado acreditativo da titulación e da
data de terminación dos estudos, e se é o caso, título universitario de doutora
ou doutor, así como copia simple do DNI de cada persoa traballadora
contratada.
4. Documentos acreditativos dos períodos de inscrición como demandante de
emprego na oficina pública de emprego, así como do tempo de permanencia no paro
segundo os datos do informe de vida laboral na Tesouraría Xeral da Seguridade
Social, contrato de traballo e alta na Seguridade Social, de cada traballador
contratado.
5. Cando se trate de contratos vinculados a proxectos I+D, deberá
xuntarse unha memoria na que se recolla unha definición precisa do posto de
traballo que considere as tarefas que vai desenvolver o traballador ou
traballadora, e unha breve descrición das actividades empresariais innovadoras
máis relevantes que vai desenvolver o equipo ou departamento da empresa en que
se integrará a traballadora ou traballador, ou das tecnoloxías da información e
as comunicacións introducidas nas empresas de menos de 50 traballadores e
traballadoras e, se é o caso, documentación acreditativa da participación da
persoa traballadora contratada en programas de investigación. No suposto de que
se trate da incorporación a proxectos empresariais de investigación e innovación
acollidos ao Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico ou a
empresas que participen ou participasen no programa IDIPEME, deberá achegarse,
ademais, informe favorable da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento
e Innovación.
6. Declaración do cadro de persoal de todos os centros de traballo da
empresa en Galicia en cada un dos doce meses anteriores ao inicio da relación
laboral da persoa traballadora contratada, así como da taxa de estabilidade no
mes da contratación (anexo XIII-D).
Se é o caso, documentos acreditativos das baixas
producidas polas causas previstas na base terceira.
7. Declaración
comprensiva do conxunto de todas as solicitudes efectuadas, ou concedidas, para
o mesmo proxecto ou actividade, perante as administracións públicas competentes
ou outros entes públicos, ou, de ser o caso, unha declaración de que non
solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións (anexo XV).
8. Ficha de solicitude de
transferencia bancaria e certificación da entidade bancaria acreditativa de que
o solicitante é titular da conta (anexo XVII).
9. Documentación
acreditativa de que se encontraren ao día das súas obrigas tributarias -estatais
e autonómicas-e coa Seguridade Social e de que non teñen pendente de pagamento
ningunha outra débeda coa Administración da comunidade autónoma, unicamente no
suposto de que o solicitante denegase expresamente a autorización ao órgano
xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da
Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a
Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia.
Oitava.-Xustificación do
pagamento.
1. De non achegarse con
anterioridade, o pagamento das axudas ou subvencións quedará condicionado á
presentación, no prazo, nos termos e na forma que se estableza na resolución de
concesión, da documentación que se exixa de forma expresa nela, entre a que
deberá figurar a seguinte:
a) Documentos TC2 correspondentes ás
mensualidades que se indiquen na resolución, agás que xunto coa solicitude, se
achegasen todos os boletíns correspondentes ao período de cómputo para o cálculo
do incremento do cadro de persoal ou, se é o caso, certificación da Tesouraría
Xeral da Seguridade Social en que conste o número de persoas traballadoras con
contrato indefinido e o das persoas traballadoras con contratos de interinidade,
en cada unha das ditas mensualidades no conxunto dos centros de traballo da
empresa en Galicia.
b) Declaración complementaria da establecida na base sétima deste anexo,
do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como das
pendentes de resolución para o mesmo proxecto das distintas administracións
públicas competentes ou outros entes públicos, ou de ser o caso, que non
solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións (anexo XV).
2. Malia o sinalado no
punto anterior, a documentación exixida na fase de pagamento poderase presentar
xunto coa solicitude segundo a opción do interesado. Neste suposto, poderá
tramitarse conxuntamente a fase de concesión e o pagamento das
axudas.
3.
Non poderá realizarse en ningún caso o pagamento da subvención se o beneficiario
non figura ao día do cumprimento das súas obrigas tributarias -estatais e
autonómicas-e da Seguridade Social, é debedor en virtude de resolución firme
declarativa da procedencia de reintegro ou ten algunha débeda pendente, por
calquera concepto, coa Administración da comunidade autónoma.
Novena.-Obrigas dos
beneficiarios.
Son obrigas dos
beneficiarios das axudas e subvencións:
1. Manter o número de persoas traballadoras fixas do seu cadro de
persoal, en cómputo anual, durante polo menos 3 anos, que se contarán desde a
data de realización do contrato indefinido.
2. As empresas beneficiarias deberán manter no
seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras contratadas durante un
período mínimo de tres anos.
No suposto de extinción da relación laboral da
traballadora ou traballador por quen se concedese a subvención, a cobertura do
posto por unha nova persoa traballadora, que deberá reunir os mesmos requisitos
que a persoa traballadora substituída, terá que realizarse dentro do mes
seguinte ao da baixa, feito que deberá ser comunicado pola empresa beneficiaria
ao órgano competente que concedese a axuda, dentro dos 20 días seguintes á
substitución. Esta nova contratación en ningún caso dará lugar a unha nova
axuda.
Esta obriga manterase durante tres anos desde a data de realización do
contrato indefinido obxecto de subvención.
3. Manter a estrutura do cadro de persoal da
empresa en Galicia cunha taxa de estabilidade igual ou superior ao 72,5% no seu
cómputo anual, durante polo menos 3 anos desde o mes en que se realice a
contratación subvencionada.
4. Co fin de garantir o cumprimento do anterior,
as empresas beneficiarias deberán presentar nos tres meses seguintes e durante
os tres anos posteriores ao de realización das contratacións, unha declaración
da media de persoal traballador fixo e temporal no conxunto dos centros de
traballo en Galicia nun período de 12 meses contados desde o mes de realización
das contratacións, así como o TC2 correspondente ao mes no que se efectuaron as
ditas contratacións.
© Xunta de Galicia
Información mantida pola Xunta de
Galicia
Servizo prestado pola Consellería de Presidencia, AA.PP. e
Xustiza
Correo electrónico: webdoga
xunta.es