Diario Oficial de Galicia
mércores, 6 de xuño de 2007
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
Número do Dog:
108
Páxina do Dog:
9.545
Data da Disposición:
29 de maio de 2007
Sección:
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
Organismo:
CONSELLERÍA DE TRABALLO
Rango:
Orde
Título:
Orde do 29 de maio de 2007 pola que se establecen as bases
reguladoras dos programas de incentivos á contratación por conta allea como
medida para favorecer a inserción da mocidade, cofinanciados polo Fondo Social
Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2007.
Orde do 29 de maio de 2007 pola que se establecen as bases reguladoras
dos programas de incentivos á contratación por conta allea como medida para
favorecer a inserción da mocidade, cofinanciados polo Fondo Social Europeo, e se
procede á súa convocatoria para o ano 2007.
Mediante o
Decreto 289/1997, do 9 de outubro, esta comunidade autónoma asumiu as funcións e
servizos transferidos pola Administración do Estado relativos á xestión
realizada polo Instituto Nacional de Emprego (Inem) no ámbito do traballo, o
emprego e a formación, o exercicio das cales lle corresponde hoxe en día á
Consellería de Traballo, ao abeiro do disposto no Decreto 536/2005, do 6 de
outubro, polo que se establece a súa estrutura orgánica, modificado polo Decreto
20/2007, do 22 de febreiro.
Impulsado polo novo Goberno o proceso de diálogo
social de Galicia, e como resultado deste, a Xunta de Galicia, a Confederación
de Empresarios de Galicia (CEG), a UGT-Galicia e o Sindicato Nacional de CC.OO.
de Galicia conveñen en subscribir o 5 de febreiro de 2007 o Acordo sobre
obxectivos e medidas de emprego de Galicia, que establece os obxectivos que
cómpre acadar en materia de emprego neste período na liña de converxencia coa
media do Estado e coa de Europa, e as medidas e recursos que se implementarán
cara á consecución destes obxectivos, iniciándose unha nova etapa no marco das
relacións laborais.
Así, no marco establecido no artigo 40 da Constitución española, na Lei
56/2003, do 16 de decembro, de emprego, nos artigos 29 e 30 do Estatuto de
autonomía de Galicia, nos obxectivos de crecemento e emprego da Unión Europea, e
no citado acordo, entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais e
empresariais, e co obxectivo de que a sociedade galega acade uns maiores niveis
de desenvolvemento económico, de calidade no emprego, de benestar social, e de
cohesión no territorio, é preciso adoptar políticas que promovan a inserción
laboral da mocidade.
A persistencia dunha taxa de desemprego na mocidade máis alta que a
desexable á hora de analizar a súa situación laboral, require o deseño de
instrumentos e mecanismos específicos no marco das políticas sociais e de
emprego, co fin de poñer á disposición dos mozos e das mozas un amplo abano de
actuacións dirixidas a mellorar as súas posibilidades reais de inserción no
mercado de traballo, facendo unha especial énfase no deseño e execución dunha
serie de medidas.
Os incentivos á contratación por conta allea configúranse como un
instrumento para facilitar o acceso e permanencia daqueles grupos de
traballadores con maiores dificultades, e, pola súa vez, como una ferramenta
para fomentar a estabilidade das novas contratacións e dos cadros de persoal das
empresas galegas, coa finalidade de favorecer a creación de máis e mellores
empregos e de avanzar no obxectivo de conseguir un mercado de traballo
equilibrado cun nivel óptimo de emprego. Así para reforzar a exixencia de
estabilidade laboral, vincúlanse os incentivos á contratación á existencia dunha
taxa de estabilidade nos cadros de persoal das empresas
beneficiarias.
Nesta actuación de facilitar a inserción laboral da mocidade, o obstáculo
que con máis frecuencia se atopan é o requisito da experiencia laboral para
poder acceder a un posto de traballo, pero a experiencia só se obtén
traballando, por este motivo unha das liñas de actuación das políticas activas é
a de incentivar a contratación en prácticas de mozos e mozas
titulados/as.
Porén, o esforzo máis importante que realiza a consellería é o de
fomentar o emprego estable. Así, e co obxectivo de potenciar o seu carácter de
instrumento ponte cara ao emprego estable, o programa compleméntase coa
configuración de incentivos pola transformación dos contratos en prácticas en
indefinidos, fomentando e promovendo a incorporación á empresa como persoal fixo
sen ruptura de continuidade.
Nesta liña de actuación, así mesmo, póñense en
marcha dous programas dirixidos a acadar maiores niveis de estabilidade no
emprego das persoas traballadoras por conta allea. O programa de incentivos á
contratación indefinida, no que se incentiva o período de proba co fin de acabar
coa realización daqueles contratos temporais que poderían ser utilizados como
períodos de proba, e a incentivación dos contratos de revezamento e de
substitución por anticipación da idade de xubilación, co obxectivo de
incrementar a participación da mocidade nas empresas, garantindo a non
destrución de postos de traballo unha vez que os traballadores que os ocupaban
rematan a súa vida activa.
Para facilitar a innovación científica e técnica
dos sistemas organizativos e produtivos das empresas galegas, como elemento
esencial para mellorar a súa produtividade e competitividade, introdúcese un
programa de axudas á contratación en prácticas de mozos e mozas titulados/as que
se incorporen a empresas de menos de 30 traballadores para ocupar novos postos
vinculados a estas actividades.
As bases reguladoras dos programas recollidos
nesta orde establecen un procedemento de concesión que non ten a consideración
de concorrencia competitiva, dado que de acordo coa finalidade e obxecto dos
programas non resulta necesario realizar a comparación de prelación das
solicitudes presentadas nun único procedemento, senón que a concesión das axudas
se realiza pola comprobación de concorrencia no solicitante dos requisitos
establecidos ata o esgotamento do crédito orzamentario.
Neste marco de actuación,
as bases reguladoras destes incentivos e a súa convocatoria, para o presente
exercicio, axústanse ao disposto no artigo 78 do texto refundido da Lei de
réxime financeiro e orzamentario de Galicia aprobado polo Decreto lexislativo
1/1999, do 7 de outubro, na súa redacción dada pola Lei 14/2004, do 29 de
decembro, de medidas tributarias e de réxime administrativo, na Lei de
orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, no Decreto 287/2000, do 21
de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da
Comunidade Autónoma de Galicia e, no que resulte de aplicación a Lei 38/2003, do
27 de novembro, xeral de subvencións, e no seu regulamento de desenvolvemento
aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo.
As axudas recollidas
nesta orde financiaranse con cargo aos créditos das aplicacións orzamentarias
que, para o exercicio 2007, se recollen na disposición adicional quinta da
orde.
Por
todo o exposto, no desenvolvemento da planificación presentada ante o Comité
Autonómico de Emprego, na súa reunión do día 8 de marzo de 2007, consultado o
Consello Galego de Relacións Laborais, e no exercicio das facultades que me
confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, modificada pola Lei
2/2007, de 28 de marzo, reguladora da Xunta e da súa presidencia,
DISPOÑO:
Capítulo I
Ámbito e réxime das axudas
Artigo 1º.-Obxecto, finalidade e principios de xestión.
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases
reguladoras e a convocatoria para o ano 2007 dos programas destinados a
facilitar a todos os mozos e mozas demandantes de emprego a súa incorporación ou
reincorporación ao mercado de traballo cunha perspectiva de
estabilidade:
I. Programa de fomento da contratación en prácticas de mozos e mozas con
titulacións de difícil empregabilidade (anexo A).
II. Programa de fomento
da contratación de mozos e mozas para substitución de traballadores e
traballadoras que rematan a súa vida laboral (anexo B).
III. Programa de creación
de novos empregos para mozos e mozas titulados/as nas empresas de menos de 30
persoas traballadoras (anexo C).
IV. Programa de fomento da contratación
indefinida inicial de mozos e mozas desempregados/as (anexo D).
V. Programa de incentivos
á transformación en indefinidos de determinados contratos temporais subscritos
con mozos e mozas (anexo E).
2. As bases específicas de cada un dos programas
regúlanse nos correspondentes anexos A, B, C, D, E desta orde e forman parte
integrante dela.
3. Para os efectos das axudas recollidas nesta orde, terán a
consideración de mozos e mozas desempregados/as as persoas cunha idade
comprendida entre os 16 e os 30 anos, ambos inclusive, que no momento da súa
contratación inicial estean inscritas como demandantes de emprego no Servizo
Público de Emprego e, pola súa vez, carezan de ocupación segundo o informe de
vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
4. As solicitudes,
tramitación e concesión destas axudas e subvencións axustaranse ao disposto no
texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, na Lei de
orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, no Decreto 287/2000, do 21
de novembro, e nesta orde.
5. A xestión destes programas realizarase de
acordo cos seguintes principios:
a)
Publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e
non-discriminación.
b) Eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados.
c) Eficiencia na asignación e na utilización dos
recursos públicos.
Artigo
2º.-Beneficiarios.
1. Poderán ser
beneficiarios dos incentivos para o fomento da contratación establecidos nesta
orde as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídos
autónomos e as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de
personalidade xurídica, que contraten traballadores e traballadoras por conta
allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade
Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen
nesta orde para cada un dos programas e tipos de axuda e non incorran nas
circunstancias previstas no artigo 13.2º da Lei 38/2003, do 17 de novembro,
xeral de subvencións. No caso de sociedades civís e comunidades de bens deberán
nomear unha persoa representante ou apoderada única da agrupación, con poderes
bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, lle corresponden á
agrupación.
2. Non poderán ser beneficiarios destas axudas as administracións
públicas, as sociedades públicas, nin as entidades vinculadas ou dependentes de
calquera delas.
Capítulo II
Normas comúns:
competencia e procedemento
Artigo
3º.-Competencia.
A competencia para
coñecer e resolver as solicitudes de axudas e subvencións presentadas ao abeiro
desta orde, por delegación do conselleiro de Traballo,
corresponderalles:
1. Aos delegados e delegadas provinciais da Consellería de Traballo cando
a contratación se realice para prestar servizos en centros de traballo radicados
na respectiva provincia, agás nos supostos previstos no punto
seguinte.
2.
Ao director xeral de Promoción do Emprego nos seguintes supostos:
a) Solicitudes presentadas ao abeiro de calquera
dos programas sinalados no artigo 1º desta orde cando as contratacións se
realicen para prestar servizos en centros de traballo radicados en varias
provincias da Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Solicitudes
presentadas ao abeiro de calquera dos programas sinalados no artigo 1º desta
orde para a contratación de 15 ou máis traballadores/as.
Artigo 4º.-Solicitudes e
prazo.
1. As solicitudes de axudas e
subvencións dirixiranse ao órgano competente para resolver, e presentaranse nos
rexistros das respectivas delegacións provinciais ou, se é o caso, na Dirección
Xeral de Promoción do Emprego da Consellería de Traballo, ou por calquera das
formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada
pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións
públicas e do procedemento administrativo común.
2. As axudas previstas
nos diferentes programas desta orde, solicitaranse nos dous meses seguintes á
data en que se inicie a relación laboral ou se produza a transformación do
contrato temporal en indefinido.
O prazo para a presentación das solicitudes de
axudas finalizará o 15 de setembro de 2007 aínda que nesta data non
transcorresen dous meses desde a data de alta no correspondente réxime da
Seguridade Social do traballador ou traballadora contratado/a polo que se
solicite subvención.
3. As solicitudes de axudas polas contratacións iniciais ou polas
transformacións realizadas desde o 16 de setembro de 2006 e ata a data da
publicación da presente orde, que cumpran os requisitos e condicións
establecidos nela, deberán presentarse no prazo dun mes contado a partir do día
seguinte ao da publicación desta orde.
4. As solicitudes e os anexos deste programa
están dispoñibles na páxina web da Consellería de Traballo:
www.xunta.es/emprego.
5. A presentación da solicitude de concesión de
subvención polo interesado, comportará a autorización do solicitante para que o
órgano concedente obteña de forma directa a acreditación do cumprimento das súas
obrigas tributarias co Estado, coa Comunidade Autónoma e coa Seguridade Social,
a través de certificados telemáticos, polo que queda liberado o solicitante de
achegar a correspondente certificación, segundo o establecido no artigo 43 da
Lei 14/2006, do 28 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de
Galicia para o ano 2007 (Diario Oficial de Galicia nº 249, do 29 de decembro de
2006).
Non
obstante, o solicitante poderá denegar expresamente o consentimento, debendo
presentar coas solicitudes as devanditas certificacións.
6. Mediante a
presentación da solicitude de subvención o interesado presta expresamente o seu
consentimento á Consellería de Traballo para incluír e facer públicos os datos
relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións
impostas, nos rexistros públicos de axudas, subvencións e convenios e de
sancións administrativas, regulados no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo
que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005,
do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o
ano 2006 (Diario Oficial de Galicia nº 153, do 9 de agosto). Os dereitos de
acceso, rectificación, consulta, cancelación e oposición de datos de carácter
persoal exerceranse ante o CIXTEC como responsable dos ficheiros con domicilio
na rúa Domingo Fontán 9-15702 Santiago de Compostela, de conformidade coas
prescricións da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos
de carácter persoal.
7. Coa presentación da solicitude de subvención o interesado autoriza
expresamente a Consellería de Traballo para que de acordo co establecido nos
apuntos 3º e 4º do artigo 13 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de
boas prácticas na Administración pública galega, publique as subvencións
concedidas ao abeiro desta orde no Diario Oficial de Galicia e na súa páxina web
oficial, con expresión do beneficiario, a contía e a súa finalidade.
8. Para a presentación
das solicitudes de axudas, os beneficiarios poderán contar coa información e
asesoramento dos axentes de emprego da rede coordinada pola Consellería de
Traballo (www.tecnicosempregogalicia.xunta.es).
Artigo 5º.-Instrución e
tramitación.
Se a solicitude non
estivese debidamente cuberta ou non se achegase a documentación exixida, as
unidades administrativas encargadas da tramitación do expediente de conformidade
co disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico
das administracións públicas e do procedemento administrativo común, requirirán
o interesado para que nun prazo de 10 días emende a falta ou achegue os
documentos preceptivos, coa advertencia de que, se así non o fixese, se
considerará desistido da súa petición, logo de resolución que deberá ser ditada
nos termos previstos no artigo 42 da antedita lei.
Artigo 6º.-Resolución e
recursos.
1. Logo da fiscalización
polas respectivas intervencións das propostas emitidas polos correspondentes
servizos, as resolucións serán ditadas polo órgano competente por delegación do
conselleiro de Traballo e deberán serlles notificadas aos interesados. As
resolucións, de concesión ou denegatorias, deberán ser sempre
motivadas.
2.
O prazo para resolver e notificar será de seis meses que se computarán desde a
data de entrada da solicitude no rexistro do órgano competente para a súa
tramitación. Transcorrido o dito prazo sen que se ditasen as resolucións
expresas, entenderanse desestimadas as solicitudes, de acordo co establecido nos
artigos 1 e 2 da Lei 6/2001, do 29 de xuño, de adecuación da normativa da
Comunidade Autónoma de Galicia á Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación
da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións
públicas e do procedemento administrativo común.
3. As resolucións que se
diten neste procedemento esgotan a vía administrativa, e contra elas cabe
interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o
órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa, e poderá
formularse, con carácter potestativo, recurso de reposición, no prazo dun mes,
ante o mesmo órgano que ditou a resolución impugnada, de conformidade co
disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición
contencioso-administrativa e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime
xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo
común.
Artigo
7º.-Modificación da resolución de concesión.
Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión das axudas
ou subvencións, así como a obtención concorrente de subvencións e axudas
outorgadas por outras administracións ou outros entes públicos ou privados,
nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de
concesión e eventualmente á súa revogación.
Artigo 8º.-Revogación e reintegro.
Procederá a revogación das subvencións e axudas,
así como o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas e a exixencia do
xuro de demora, nos casos e nos termos previstos no artigo 78 do texto refundido
da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e no Decreto 287/2000, do
21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas
da Comunidade Autónoma de Galicia.
A obriga de reintegro establecida no parágrafo
anterior enténdese sen prexuízo do establecido no Real decreto lexislativo
5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre
infraccións e sancións na orde social.
Capítulo III
Incompatibilidades e obrigas
Artigo 9º.-Incompatibilidades e concorrencia.
1. Os incentivos establecidos para cada colectivo
ou modalidade de contratación nos distintos programas de fomento da contratación
recollidos nesta orde son incompatibles entre si. Para o caso de que unha mesma
contratación puidese dar lugar á súa inclusión en máis dun dos supostos para os
que está prevista subvención, correspóndelle a opción ao
solicitante.
2. As subvencións previstas nesta orde para as contratacións por conta
allea serán incompatibles con outras que, polos mesmos conceptos, poidan
outorgar as administracións públicas como medida de fomento de emprego. As ditas
axudas son compatibles, se é o caso, coas bonificacións á Seguridade
Social.
3. Os
incentivos á contratación en prácticas (anexos A e C) e á contratación temporal
de desempregados/as co fin de substituír a traballadores e traballadoras que
rematan a súa vida laboral (anexo B) compleméntanse e serán compatibles cos
incentivos á súa transformación en indefinidos nos termos que se establecen no
programa de incentivos á transformación de contratos temporais en indefinidos
(anexo E).
4.
Os beneficios establecidos á contratación, nos anexos A, B, C, D, E desta orde
non poderán, en concorrencia con outras axudas públicas para a mesma finalidade,
superar o 60% do custo salarial anual correspondente ao contrato que se
subvenciona.
5. Os incentivos regulados nesta orde serán compatibles con calquera
outra axuda para distinta finalidade da Unión Europea, doutras administracións
públicas ou entes públicos ou privados, sen que, en ningún caso, illadamente ou
en concorrencia con outros, poidan superar os límites establecidos pola Unión
Europea e os que establece o artigo 78.9º do texto refundido da Lei de réxime
financeiro e orzamentario de Galicia, na súa redacción dada pola Lei 14/2004, do
29 de decembro, de medidas tributarias e de réxime administrativo.
Artigo 10º.-Obrigas dos
beneficiarios.
Son obrigas dos
beneficiarios das axudas e subvencións:
a) Estar ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da
Seguridade Social, así como non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda
por ningún concepto, coa Administración pública da comunidade autónoma, con
anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión e realizar a
proposta de pagamento da subvención.
b) Comunicarlle ao órgano concedente calquera
modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así
como dos compromisos e obrigas asumidos polos beneficiarios e, de ser o caso, a
obtención concorrente de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financian
a actividade subvencionada. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como
se coñeza, e en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada
aos fondos percibidos.
c) Adoptar as medidas axeitadas de difusión para
dar publicidade ao financiamento público das actuacións subvencionadas pola
Consellería de Traballo, así como, se é o caso, cofinanciadas polo Fondo Social
Europeo, nos termos establecidos no Regulamento (CE) nº 1828 da Comisión, do 8
de decembro de 2006, polo que se fixan normas de desenvolvemento do Regulamento
(CE) nº 1083/2006, do Consello, polo que se establecen as disposicións xerais
relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo
e ao Fondo de Cohesión e o Regulamento (CE) nº 1080/2006 do Parlamento Europeo e
do Consello, relativo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (DOUE L45, do
15 de febreiro de 2007).
d) O sometemento ás actuacións de control,
comprobación e inspección que efectuará a Consellería de Traballo, ás de control
financeiro que correspondan, se é o caso, á Intervención Xeral da Comunidade
Autónoma, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e o Consello de
Contas, ou a outros órganos da Administración do Estado ou da Unión Europea, e
achegar canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións
anteriores.
e) Manter os postos de traballo obxecto de subvención durante o período e
nos termos establecidos para os distintos programas recollidos nos diferentes
anexos desta orde.
f) Aqueloutras obrigas establecidas no artigo 78 do texto refundido da
Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto
lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, conforme a redacción dada pola Lei 14/2004,
do 29 de decembro, de medidas tributarias e de réxime
administrativo.
Artigo 11º.-Seguimento e control.
As delegacións provinciais e a Dirección Xeral de Promoción do Emprego
poderán comprobar, en todo momento, a aplicación das subvencións concedidas para
os fins programados. Para estes efectos os beneficiarios deberán cumprir as
obrigas de comprobación que se establezan nesta orde e na resolución de
concesión.
Disposicións adicionais
Primeira.-Sen prexuízo das facultades que teñan atribuídas outros órganos
da Administración do Estado ou da Comunidade Autónoma, a Consellería de Traballo
levará a cabo funcións de control, así como de avaliación e seguimento dos
programas.
Para realizar as ditas funcións poderanse utilizar cantos medios estean
ao dispor da Consellería de Traballo para comprobar o cumprimento dos requisitos
exixidos nesta orde e demais normas vixentes que resulten de
aplicación.
Segunda.-A Consellería de Traballo poderá requirir en todo momento a
documentación orixinal que se considere necesaria para acreditar mellor o exacto
cumprimento das condicións exixidas nos diferentes programas desta orde, agás
aquela que de acordo co artigo 35 f) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de
réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo
común xa se atope en poder da administración actuante.
Terceira.-Apróbase a
delegación de atribucións do conselleiro de Traballo nos delegados/as
provinciais, no ámbito das súas respectivas provincias, e no director xeral de
Promoción do Emprego, para resolver a concesión ou denegación das axudas e
subvencións previstas nesta orde, para autorizar, dispoñer, recoñecer a obriga e
propoñer os correspondentes pagamentos, así como para resolver os procedementos
de reintegro das subvencións indebidamente percibidas polos seus beneficiarios,
respecto das resolucións de concesión das cales traen causa, ditadas por
delegación do conselleiro.
Cuarta.-A concesión das axudas e subvencións
previstas na presente orde estará suxeita á existencia de crédito
orzamentario.
Quinta.-No exercicio económico 2007, as axudas recollidas nesta orde,
entre outras, financiaranse con cargo ás aplicacións orzamentarias
16.02.322C.470.2, código de proxecto 2007 00 675, cun crédito de 4.142.691
euros; 16.02.322C.470.3, código de proxecto 2007 00 676, cun crédito de
6.300.000 euros; 16.02.322C.470.4, código de proxecto 2007 00 678, cun crédito
de 4.000.000 euros; 16.02.322C.470.4, código de proxecto 2007 00 679, cun
crédito de 7.651.519 euros; 16.02.322C.470.6, código de proxecto 2007 00 749,
cun crédito de 6.000.000 euros; 16.02.322C.480.1, código de proxecto 2007 00
682, cun crédito de 1.200.000 euros; 16.02.322Z.470.0, código de proxecto 2007
00 690, cun crédito de 963.160 euros; 16.02.322Z.470.0, código de proxecto 2007
00 691, cun crédito de 4.965.809 euros; 16.02.322Z.470.1, código de proxecto
2007 00 693, cun crédito de 2.228.611 euros; 16.02.322Z.470.1, código de
proxecto 2007 00 694, cun crédito de 2.527.068 euros; 16.02.322Z.470.1, código
de proxecto 2007 00 696, cun crédito de 5.647.605 euros; 16.02.322Z.470.1,
código de proxecto 2007 00 697, cun crédito de 1.133.755 euros;
16.02.322Z.470.2, código de proxecto 2007 00 672, cun crédito de 1.793.659
euros; e 16.02.322Z.470.2, código de proxecto 2007 00 700, cun crédito de
383.283 euros.
Estas contías están recollidas na Lei 14/2006, do 28 de decembro, de
orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007, e
constitúen o importe global para o financiamento desta orde; da orde pola que se
establecen as bases reguladoras do programa para o fomento das transformacións
dos contratos de carácter temporal en indefinidos e se procede a súa
convocatoria para o ano 2007; da orde pola que se establecen as bases
reguladoras do programa para a promoción do emprego autónomo cofinanciado polo
Fondo Social Europeo e se procede á súa convocatoria para o ano 2007; da orde
pola que se establecen as bases reguladoras do réxime de axudas e subvencións ás
empresas cualificadas como iniciativas locais de emprego (ILE) ou como
iniciativas de emprego rural (IER), cofinanciadas polo Fondo Social Europeo e se
procede á súa convocatoria para o ano 2007; da orde pola que se establecen as
bases reguladoras dos programas para a promoción da integración laboral das
persoas con discapacidade, cofinanciados polo Fondo Social Europeo, e se procede
á súa convocatoria para o ano 2007; da orde pola que se establecen as bases
reguladoras do programa de subvencións ás unidades de apoio á actividade
profesional no marco dos servizos de axuste persoal e social dos centros
especiais de emprego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2007; da orde
pola que se establecen as bases reguladoras do programa de axudas e subvencións
ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT),
cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o
ano 2007; e das demais ordes que establezan as bases das medidas de fomento do
emprego, incentivos á contratación por conta allea e actuacións de apoio a
persoas emprendedoras, autoemprego e economía social, incluídos nos programas
orzamentarios 322C e 322Z.
Así mesmo, os créditos consignados nesta orde
poderán ser obxecto de modificacións como consecuencia da asignación ou da
redistribución de fondos para o financiamento dos programas de fomento do
emprego, coas limitacións que estableza a Conferencia Sectorial de Asuntos
Laborais ou polas disposicións aplicables ás axudas cofinanciadas polo Fondo
Social Europeo.
Disposicións derradeiras
Primeira.-Facúltase o director xeral de Promoción do Emprego para que
dite, no ámbito das súas competencias, as resolucións e instrucións necesarias
para o desenvolvemento e cumprimento desta orde.
Segunda.-Esta orde
entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de
Galicia.
Santiago de Compostela, 29 de maio de 2007.
Ricardo Jacinto Varela Sánchez
Conselleiro de Traballo
ANEXO A
Programa de fomento da contratación en prácticas de mozos e mozas con
titulacións de difícil
empregabilidade
Primeira.-Finalidade.
Proporcionar experiencia laboral a aqueles mozos
e mozas desempregados/as, cuxas titulacións profesionais presentan especiais
dificultades de acceso ao mercado de traballo.
Segunda.-Ámbito de
aplicación, contratacións subvencionables e definicións.
1. Poderán ser obxecto de subvención os contratos
en prácticas que cumpran as exixencias e formalidades establecidas no artigo 11
do Estatuto dos traballadores e nas normas regulamentarias de desenvolvemento,
que se realicen con mozos e mozas cunha idade comprendida entre os 16 e os 30
anos, ambos inclusive, desempregados inscritos como demandantes de emprego no
Servizo Público de Emprego no momento da súa contratación, e que non tivesen
anteriormente relación laboral coa empresa a través dun contrato da mesma
modalidade.
2. Os contratos en prácticas deberán concertarse a xornada completa e por
unha duración inicial non inferior a doce meses, e non poderán supoñer a
sucesión de traballadores en prácticas para ocupar o mesmo posto de
traballo.
3.
Para que os contratos en prácticas poidan ser obxecto de subvención deberán
realizarse con mozos e mozas desempregados/as que estean en posesión dalgún dos
títulos de difícil empregabilidade definidos na listaxe do anexo
V-A.
4. Para
os efectos do cálculo da taxa de estabilidade e do incremento do persoal fixo na
empresa, ao persoal contratado con contratos de interinidade consideraráselle a
mesma condición de fixo ou temporal que a persoa que substitúe. Se o traballador
con contrato de interinidade substitúe un traballador con obriga de cotización,
e que consta no TC2, o interino non se computa.
Terceira.-Beneficiarios.
Poderán ser beneficiarios dos incentivos previstos neste anexo as
empresas, de acordo coa definición do artigo 2º da presente orde, que contraten
mozos e mozas traballadores cunha idade comprendida entre os 16 e os 30 anos,
ambos inclusive, desempregados e inscritos no Servizo Público de Emprego para
prestar servizos en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de
Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nas bases
reguladoras deste anexo.
Cuarta.-Requisitos das empresas.
Para poder acceder aos beneficios establecidos
neste anexo, as empresas deberán cumprir as seguintes condicións e
requisitos:
1. A taxa de estabilidade do cadro de persoal da empresa no mes anterior
ao da contratación obxecto de solicitude de subvención, deberá ser igual ou
superior ao 72,50%.
As empresas de nova creación ou aquelas que non tivesen traballadores no
mes anterior ao da contratación, poderán acollerse aos incentivos previstos
neste programa sempre e cando teñan unha taxa de estabilidade do 72,50%,
excluído o novo contrato temporal, no mes da contratación e cumpran o resto dos
requisitos establecidos na orde de convocatoria.
Para os efectos do
anterior entenderase por taxa de estabilidade a porcentaxe de persoas
traballadoras fixas sobre o total do cadro de persoal no conxunto dos centros de
traballo da empresa en Galicia.
2. Como consecuencia da contratación que se
fomenta ten que incrementarse o cadro global de persoal da empresa no ámbito
territorial de Galicia, de modo que supere a media aritmética dos doce meses
anteriores á data de inicio da prestación laboral.
Quinta.-Axudas pola
contratación en prácticas.
Os
contratos en prácticas que se realicen cumprindo os requisitos deste programa,
incentivaranse nunha contía de ata 1.000 euros, incrementándose ata 4.000 euros
cando se realicen con mulleres tituladas.
Sexta.-Exclusións.
Exclúense dos beneficios establecidos no programa
deste anexo:
a) As relacións laborais
de carácter especial previstas no artigo 2.1º do Real decreto lexislativo
1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto
dos traballadores, ou noutras disposicións legais, así como as contratacións de
traballadores/as para prestar servizos noutras empresas mediante contratos de
posta á disposición.
b) Os contratos realizados co cónxuxe, ascendentes, descendentes e demais
parentes, por consanguinidade ou afinidade, ata o segundo grao inclusive, do
empresario ou empresaria dos/das que teñan cargos de dirección ou sexan membros
dos órganos de administración das empresas que revistan a forma xurídica de
sociedade, así como os que se produzan con estes últimos.
c) Traballadores e
traballadoras que finalizasen a súa relación laboral de carácter indefinido nun
prazo de tres meses previos á formalización do contrato en prácticas polo que se
solicita a subvención, sempre que se formalicen coa mesma empresa.
Sétima.-Solicitudes e
documentación.
As solicitudes deberán
presentarse nos modelos normalizados que figuran como anexos numéricos desta
orde, acompañadas da seguinte documentación, orixinal ou copia
compulsada:
1. Se o solicitante é persoa física, DNI e acreditación do NIF, e se é
persoa xurídica DNI e poder suficiente da persoa representante para actuar en
nome da entidade e NIF da empresa.
2. Relación nominal dos traballadores e
traballadoras polos/as que se solicita subvención, con indicación dos supostos e
tipo de incentivo que se solicita (anexo III-A).
3. Certificado
acreditativo da data de terminación dos estudos e copia simple do DNI de cada
traballador ou traballadora contratado/a.
4. Documentos acreditativos dos períodos de
inscrición como demandante de emprego na oficina pública de emprego, así como do
tempo de permanencia no paro segundo os datos do informe da vida laboral na
Tesouraría Xeral da Seguridade Social, e contrato de traballo e a alta na
Seguridade Social de cada traballador ou traballadora contratado/a.
5. Declaración
comprensiva do conxunto de todas as solicitudes efectuadas, ou concedidas, para
o mesmo proxecto ou actividade perante as administracións públicas competentes
ou outros entes públicos, ou, de ser o caso, unha declaración de que non
solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións (anexo XXII).
6. Ficha de solicitude de
transferencia bancaria e certificación da entidade financeira acreditativa de
que o solicitante é titular da conta (anexo XXIV).
7. Documentación
acreditativa de que están ao día nas súas obrigas tributarias -estatais e
autonómicas- e coa Seguridade Social e de que non teñen pendente de pagamento
ningunha outra débeda coa Administración da comunidade autónoma, unicamente no
suposto de que o solicitante denegase expresamente a autorización ao órgano
xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da
Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a
Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia.
8. Declaración do cadro
de persoal de todos os centros de traballo da empresa en Galicia en cada un dos
doce meses anteriores ao inicio da relación laboral do traballador ou
traballadora contratado/a, así como da taxa de estabilidade no mes anterior ao
da contratación obxecto de solicitude de subvención (anexo IV-A).
Oitava.-Xustificación do
pagamento.
1. De non achegarse con
anterioridade, o pagamento das axudas ou subvencións quedará condicionado á
presentación, no prazo, nos termos e na forma que se estableza na resolución de
concesión, da documentación que se exixa de forma expresa nela, entre a que
deberá figurar a seguinte:
a) Documentos TC2 correspondentes ás
mensualidades que se indiquen na resolución de concesión, agás que xunto coa
solicitude se achegasen todos os boletíns correspondentes ao período do cómputo
para o cálculo do incremento do cadro de persoal ou, se é o caso, certificación
da Tesouraría Xeral da Seguridade Social en que conste o número de
traballadores/as con contrato indefinido, o dos traballadores/as con contrato de
interinidade e dos e das demais traballadores/as con contratos temporais en cada
unha das ditas mensualidades no conxunto dos centros de traballo da empresa en
Galicia.
b)
Declaración complementaria da establecida na base sétima deste anexo, do
conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como das
pendentes de resolución para o mesmo proxecto das distintas administracións
públicas competentes ou outros entes públicos ou, de ser o caso, que non
solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións (anexo XXII).
2. Malia o sinalado no
punto anterior, a documentación exixida na fase de pagamento poderase presentar
xunto coa solicitude a opción do interesado. Neste suposto, poderán tramitarse
conxuntamente a concesión e o pagamento da axuda.
3. Non poderá realizarse
en ningún caso o pagamento da subvención se o beneficiario non figura ao
corrente do cumprimento das súas obrigas tributarias - estatais e autonómicas -
e da Seguridade Social, é debedor en virtude de resolución firme declarativa de
procedencia de reintegro ou ten algunha débeda pendente por calquera concepto
coa Administración da comunidade autónoma.
Novena.-Obrigas dos beneficiarios.
1. As empresas beneficiarias deberán manter no
seu cadro de persoal aos traballadores e traballadoras contratados/as ao abeiro
deste programa, polo período mínimo de duración do contrato obxecto de
subvención.
No suposto de extinción da relación laboral do traballador ou da
traballadora polo/a que se concedese a subvención, a cobertura do posto por un
novo/a traballador ou traballadora, que deberá reunir os mesmos requisitos do
traballador/a substituído/a e do contrato inicial, terá que realizarse dentro do
mes seguinte ao da baixa, feito que lle deberá ser comunicado pola empresa
beneficiaria ao órgano competente que concedese a axuda, dentro dos 20 días
seguintes á substitución. Esta nova contratación en ningún caso dará lugar a
unha nova axuda.
2. Manter a estrutura do cadro de persoal da empresa en Galicia cunha
taxa de estabilidade igual ou superior ao 72,50%, no seu cómputo anual, durante
o tempo de duración do contrato temporal subvencionado.
Para os efectos do
cumprimento desta obriga non se terá en conta para o seu cálculo o contrato
obxecto da subvención.
3. Co fin de garantir o cumprimento do anterior,
as empresas beneficiarias deberán presentar nos tres meses seguintes e durante o
ano posterior ao de realización das contratacións, unha declaración da media de
persoal traballador fixo e temporal no conxunto dos centros de traballo en
Galicia nun período de 12 meses contados desde o mes de realización das
contratacións, así como o TC2 correspondente ao mes en que se efectuaron as
ditas contratacións.
Décima.-Réxime de axudas.
As axudas recollidas neste anexo quedan sometidas
ao réxime de axudas de minimis. Polo tanto, non poderán exceder os límites
cuantitativos (200.000 euros nun período de tres anos) establecidos no
Regulamento (CE) nº 1998/2006, da Comisión da Unión Europea, do 15 de decembro,
relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado da CE ás axudas de minimis
(DOCE nº L379, do 28 de decembro).
ANEXO B
Programa de fomento da contratacion de mozos e mozas para substitución de
traballadores e
traballadoras que rematan a súa vida laboral
Primeira.-Finalidade.
Este programa ten por obxecto favorecer a
substitución nos cadros de persoal das empresas dos traballadores e
traballadoras próximos/as á xubilación por mozos e mozas, cos obxectivos de, por
unha banda, promover a permanencia dos mozos e mozas nas empresas e, por outra,
evitar a eliminación de empregos ou a súa transformación en empregos precarios a
través da incentivación dos seguintes contratos:
a) Contrato de
revezamento.
b) Contrato de
substitución por anticipación da idade de xubilación.
Segunda.-Ámbito de aplicación, contratacións
subvencionables e definicións.
a)
Contratos de revezamento.
1. Os
contratos de revezamento deberán cumprir as exixencias e formalidades
establecidas no Estatuto dos traballadores e nas normas regulamentarias de
desenvolvemento.
2. Estes contratos deberán realizarse con persoas traballadoras cunha
idade comprendida entre os 16 e os 30 anos, ambos inclusive, desempregadas
inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego no momento
da contratación, que non tivesen relación laboral coa empresa mediante un
contrato de duración determinada.
3. Para que os ditos contratos poidan ser obxecto
de subvención deberán concertarse a xornada completa ou a tempo parcial e por
unha duración mínima inicial non inferior a 12 meses.
4. Os contratos deberán
formalizarse por escrito e comunicarse á oficina pública de emprego na forma
regulamentariamente establecida.
5. Para os efectos do cálculo da taxa de
estabilidade e do incremento do persoal fixo na empresa, ao persoal contratado
con contratos de interinidade consideraráselle a mesma condición de fixo ou
temporal que a persoa que substitúe. Se o traballador con contrato de
interinidade substitúe a un traballador con obriga de cotización, e que consta
no TC2, o interino non se computa.
b) Contratos de substitución por anticipación da
idade de xubilación.
1. Os contratos
de substitución por anticipación da idade de xubilación deberán cumprir as
exixencias e formalidades establecidas nas súas diferentes normas
reguladoras.
2. Estes contratos deberán realizarse con persoas cunha idade comprendida
entre os 16 e os 30 anos, ambos inclusive, desempregadas inscritas como
demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego no momento da contratación,
para substituír a persoas traballadoras que anticipen a súa idade de xubilación
e estivesen vinculadas á empresa en virtude dunha relación laboral de carácter
indefinido.
3. Para que os ditos contratos poidan ser obxecto de subvención deberán
concertarse a xornada completa e por unha duración inicial non inferior a doce
meses.
4.
Para os efectos do cálculo da taxa de estabilidade e do incremento do persoal
fixo na empresa, ao persoal contratado con contratos de interinidade
consideraráselle a mesma condición de fixo ou temporal que a persoa que
substitúe. Se o traballador con contrato de interinidade substitúe un
traballador con obriga de cotización, e que consta no TC2, o interino non se
computa.
Terceira.-Beneficiarios.
Poderán ser beneficiarios dos incentivos previstos neste anexo as
empresas, de acordo coa definición do artigo 2º da presente orde, que contraten
persoas traballadoras cunha idade comprendida entre os 16 e os 30 anos, ambos
inclusive, desempregadas e inscritas no Servizo Público de Emprego para prestar
servizos en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia, de
acordo cos requisitos e condicións que se establecen nas bases reguladoras deste
anexo.
Cuarta.-Requisitos das empresas.
Para poder acceder aos beneficios establecidos neste anexo, as empresas
deberán cumprir as seguintes condicións e requisitos:
a) A taxa de estabilidade
do cadro de persoal da empresa, tanto nos contratos de revezamento como de
substitución por anticipación da idade de xubilación de carácter temporal,
deberá ser igual ou superior ao 72,50% no mes anterior ao da contratación
obxecto de solicitude de subvención.
A mesma taxa de estabilidade exixirase para os
contratos de revezamento e de substitución por anticipación da idade de
xubilación de carácter indefinido no mes da contratación obxecto de solicitude
de subvención.
Para os efectos do anterior entenderase por taxa de estabilidade a
porcentaxe de persoas traballadoras fixas sobre o total do cadro de persoal no
conxunto dos centros de traballo da empresa en Galicia.
b) As contratacións de
revezamento de carácter temporal deberán supoñer incremento do cadro global de
persoal da empresa no ámbito territorial de Galicia, de modo que supere a media
aritmética dos doce meses anteriores á data de inicio da prestación
laboral.
c)
As contratacións de revezamento de carácter indefinido, ademais do requisito
exixido na letra b), deberán supoñer incremento do cadro de persoal fixo da
empresa no ámbito territorial de Galicia, de modo que superen a media aritmética
dos doce meses anteriores á data de inicio da prestación laboral, sendo
unicamente subvencionables as contratacións que superen a dita
media.
Para
os efectos do establecido no parágrafo anterior, no cómputo de persoal fixo, non
se terán en conta as baixas que se producisen por propia vontade do traballador
ou traballadora, ou por morte, xubilación, incapacidade permanente, total,
absoluta ou grande invalidez legalmente recoñecidas.
Quinta.-Axudas.
1. Os
contratos de revezamento e de substitución por anticipación da idade de
xubilación de duración non inferior a 12 meses, poderán obter unha axuda
pagadoira dunha soa vez que consistirá nunha subvención por unha contía
equivalente ao importe do 50% da base mínima do grupo de cotización ao que
pertenza a persoa traballadora contratada establecido para o ano da presente
convocatoria calculada sobre unha anualidade, de ata un máximo de 1.500 euros,
que se pode incrementar ata 2.500 euros cando a contratación se realice con
mulleres.
2.
Os contratos de revezamento e de substitución por anticipación da idade de
xubilación de carácter indefinido, poderán obter unha axuda pagadoira dunha soa
vez que consistirá nunha subvención por unha contía equivalente ao importe do
40% da base mínima do grupo de cotización ao que pertenza a persoa traballadora
contratada establecido para o ano da presente convocatoria calculada sobre tres
anualidades, de ata un máximo de 7.500 euros, que se pode incrementar ata 12.000
euros cando a contratación se realice con mulleres.
3. No caso dos contratos
de revezamento cunha xornada a tempo parcial, a contía dos incentivos será
proporcional ao tempo de traballo en función da xornada a tempo completo
establecida no convenio colectivo de aplicación ou, no seu defecto, da xornada
ordinaria máxima legal.
Sexta.-Exclusións.
Exclúense dos beneficios establecidos no programa
deste anexo:
a) As relacións laborais
de carácter especial previstas no artigo 2.1º do Real decreto lexislativo
1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto
dos traballadores ou noutras disposicións legais, así como as contratacións de
traballadores ou traballadoras para prestaren servizos noutras empresas mediante
contratos de posta á disposición.
b) Os contratos realizados co cónxuxe,
ascendentes, descendentes e demais parentes, por consanguinidade ou afinidade,
ata o segundo grao inclusive, do empresario ou da empresaria dos/as que teñan
cargos de dirección ou sexan membros dos órganos de administración das empresas
que revistan a forma xurídica de sociedade, así como os que se produzan con
estes últimos.
c) Contratacións realizadas con traballadores e traballadoras que, nos 24
meses anteriores á data da contratación, presten servizos na mesma empresa ou
grupo de empresas mediante un contrato por tempo indefinido.
O disposto no parágrafo
precedente será tamén de aplicación no suposto de vinculación anterior do
traballador con empresas ás cales o solicitante dos beneficios sucedese en
virtude do establecido no artigo 44 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de
marzo.
d)
Traballadores e traballadoras que rematasen unha relación laboral de carácter
indefinido nun prazo de tres meses previos á formalización do contrato polo que
se solicita a subvención, agás que a dita relación laboral finalizase por causa
dun despedimento recoñecido ou declarado improcedente ou se extinga por algunha
das causas sinaladas no artigo 51 e 52 c) do Estatuto dos
traballadores.
Sétima.-Solicitudes e documentación.
As solicitudes deberán presentarse nos modelos normalizados que figuran
como anexos numéricos desta orde, xunto coa seguinte documentación, orixinal ou
copia compulsada:
1. Se o solicitante é persoa física, DNI e acreditación do NIF e, se é
persoa xurídica, DNI e poder suficiente da persoa representante para actuar en
nome da entidade e NIF da empresa.
2. Cando se solicite axuda pola contratación de
máis dun traballador ou traballadora, relación nominal dos/as traballadores/as
polos que se solicita subvención, con indicación do suposto e tipo de axuda que
se solicita (anexo VIII-B).
3. Copia simple do DNI dos traballadores e
traballadoras contratados/as.
4.
Documentos acreditativos dos períodos de inscrición como demandante de emprego
na oficina pública de emprego, así como do tempo de permanencia no paro segundo
os datos do informe de vida laboral na Tesouraría Xeral da Seguridade Social,
copias dos contratos de traballo e altas na Seguridade Social de cada
traballador ou traballadora contratado/a.
5. Declaración comprensiva do conxunto de todas
as solicitudes efectuadas, ou concedidas, para o mesmo proxecto ou actividade
perante as administracións públicas competentes ou outros entes públicos ou, de
ser o caso, unha declaración de que non solicitou nin percibiu outras axudas ou
subvencións (anexo XXII).
6. Declaración da estrutura da empresa e do
emprego (anexo XXIII).
7. Ficha de
solicitude de transferencia bancaria e certificación da entidade financeira
acreditativa de que o solicitante é titular da conta (anexo XXIV).
8. Documentación
acreditativa de que se encontran ao día as súas obrigas tributarias -estatais e
autonómicas- e coa Seguridade Social e de que non teñen pendente de pagamento
ningunha outra débeda coa Administración da Comunidade Autónoma, unicamente no
suposto de que o solicitante denegase expresamente a autorización ao órgano
xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da
Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a
Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia.
9. Declaración do cadro
de persoal de todos os centros de traballo da empresa en Galicia en cada un dos
doce meses anteriores ao inicio da relación laboral da persoa traballadora
contratada, así como da taxa de estabilidade no mes anterior ao da contratación
obxecto de solicitude de subvención cando o contrato sexa temporal, e da taxa de
estabilidade no mes da contratación no suposto de contrato indefinido (anexo
IX-B).
Se é o
caso, documentos acreditativos das baixas previstas na base 4ª deste
anexo.
Oitava.-Xustificación do pagamento.
1. De non achegarse con anterioridade, o pagamento das axudas ou
subvencións quedará condicionado á presentación, no prazo, nos termos e na forma
que se estableza na resolución de concesión, da documentación que se exixa de
forma expresa nela, entre a que deberá figurar a seguinte:
a) Documentos TC2
correspondentes ás mensualidades que se indiquen na resolución de concesión,
agás que xunto coa solicitude se achegasen todos os boletíns correspondentes ao
período de cómputo para o cálculo do incremento do cadro de persoal ou, se é o
caso, certificación da Tesouraría Xeral da Seguridade Social na cal conste o
número de traballadores e traballadoras con contrato indefinido, o dos/as
traballadores e traballadoras con contrato de interinidade e dos/as demais
traballadores e traballadoras con contratos temporais en cada unha das ditas
mensualidades no conxunto dos centros de traballo da empresa en
Galicia.
b)
Declaración complementaria da establecida na base sétima deste anexo, do
conxunto das axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como das
pendentes de resolución para o mesmo proxecto das distintas administracións
públicas competentes ou doutros entes públicos ou, de ser o caso, que non
solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións (anexo XXII).
2. Malia o sinalado no
punto anterior, a documentación exixida na fase de pagamento poderase presentar
xunto coa solicitude á opción do interesado. Neste suposto, poderán tramitarse
conxuntamente a concesión e o pagamento da axuda.
3. Non poderá realizarse
en ningún caso o pagamento da subvención se o beneficiario non está ao día do
cumprimento das súas obrigas tributarias -estatais e autonómicas- e da
Seguridade Social, é debedor en virtude de resolución firme declarativa de
procedencia de reintegro ou ten algunha débeda pendente por calquera concepto
coa Administración da Comunidade Autónoma.
Novena.-Obrigas dos beneficiarios.
a) Nos contratos de revezamento e de substitución
por anticipación da idade de xubilación de carácter temporal:
1. As empresas
beneficiarias deberán manter no seu cadro de persoal as persoas traballadoras
contratadas ao abeiro deste programa, polo período mínimo de duración do
contrato obxecto da subvención.
No suposto de extinción da relación laboral do
traballador ou da traballadora polo/a que se concedese a subvención, a cobertura
do posto por un novo traballador ou unha nova traballadora, que deberá reunir os
mesmos requisitos do/a traballador/a substituído/a e as características do
contrato, terá que realizarse dentro do mes seguinte ao da baixa. Non obstante,
o contrato do novo traballador deberá ter unha duración mínima de 12 meses, no
caso contrario, a empresa deberá proceder a reintegrar a parte proporcional
correspondente da subvención concedida, nos termos sinalados no artigo 8º desta
orde.
2.
Manter a estrutura do cadro de persoal da empresa en Galicia cunha taxa de
estabilidade igual ou superior ao 72,50%, no seu cómputo anual, durante o tempo
de duración do contrato temporal subvencionado.
Para os efectos do
cumprimento desta obriga non se terá en conta para o seu cálculo o contrato
obxecto de subvención.
3. Co fin de garantir o cumprimento do anterior,
as empresas beneficiarias deberán presentar nos tres meses seguintes e durante o
ano posterior ao de realización das contratacións, unha declaración da media de
persoal traballador fixo e temporal no conxunto dos centros de traballo en
Galicia nun período de 12 meses contados desde o mes de realización das
contratacións, así como o TC2 correspondente ao mes en que se efectuaron as
ditas contratacións.
b) Nos contratos de revezamento e de substitución por anticipación da
idade de xubilación de caracter indefinido:
1. As empresas beneficiarias deberán manter no
seu cadro de persoal as persoas traballadoras contratadas ao abeiro deste
programa, polo período mínimo de tres anos.
No suposto de extinción da relación laboral da
persoa traballadora pola que se concedese a subvención, a cobertura do posto por
un novo traballador, que deberá reunir os mesmos requisitos do traballador
substituído e as características do contrato, terá que realizarse dentro do mes
seguinte ao da baixa, feito que deberá ser comunicado pola empresa beneficiaria
ao órgano competente que concedese a axuda, dentro dos 20 días seguintes á
substitución. Esta nova contratación en ningún caso dará lugar a unha nova axuda
de fomento da contratación.
2. Manter o número de persoas traballadoras fixas
do seu cadro de persoal, en computo anual durante polo menos tres anos, que se
contarán desde a data da realización da contratación indefinida. E, cando se
trate de empregos ligados a un investimento, deberán manter os postos de
traballo durante un período mínimo de cinco anos.
3. Manter a estrutura do
cadro de persoal da empresa en Galicia cunha taxa de estabilidade igual ou
superior ao 72,50%, no seu cómputo anual, durante polo menos tres anos desde o
mes no que se realice a contratación subvencionada.
4. Co fin de garantir o
cumprimento do anterior, as empresas beneficiarias deberán presentar nos tres
meses seguintes e durante os tres anos posteriores ao de realización das
contratacións, unha declaración da media das persoas traballadoras fixas e
temporais no conxunto dos centros de traballo en Galicia nun período de 12 meses
contados desde o mes de realización das contratacións, así como o TC2
correspondente ao mes en que se efectuaron as ditas contratacións.
Décima.-Réxime de
axudas.
1. As axudas aos contratos de
revezamento e de substitución por anticipación da idade de xubilación de
carácter temporal, que reúnan as condicións e requisitos establecidos neste
anexo, e fosen realizados entre o 16 de setembro e o 31 de decembro de 2006,
quedan sometidas ao réxime de axudas de minimis. Polo tanto, non poderán exceder
os límites cuantitativos (200.000 euros nun período de tres anos) establecidos
no Regulamento (CE) nº 1998/2006, da Comisión da Unión Europea, do 15 de
decembro, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado da CE ás axudas
de minimis (DOCE nº L379, do 28 de decembro).
2. As axudas aos
contratos de revezamento e de substitución por anticipación da idade de
xubilación de carácter indefinido, que reúnan as condicións e requisitos
establecidos neste anexo, e fosen realizados entre o 16 de setembro e o 31 de
decembro do 2006, están amparadas na súa adecuación ao dereito comunitario pola
autorización da Comisión Europea C (2001) 3750 fin de 28-11-2001. E, cando se
trate de empregos ligados a un investimento, polo seu sometemento ao Regulamento
(CE) nº 70/2001, da Comisión, do 12 de xaneiro, relativo á aplicación dos
artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas estatais ás pequenas e medianas empresas
(DOCE L10, do 13 de xaneiro).
3. As axudas aos contratos de revezamento e de
substitución por anticipación da idade de xubilación de carácter temporal, que
reúnan as condicións e requisitos establecidos neste anexo, e sexan realizados
no ano 2007, quedan sometidas ao réxime de axudas de minimis. Polo tanto, non
poderán exceder os límites cuantitativos (200.000 euros nun período de tres
anos) establecidos no Regulamento (CE) nº 1998/2006, da Comisión da Unión
Europea, do 15 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado
da CE ás axudas de minimis (DOCE nº L379, do 28 de decembro).
4. As axudas aos
contratos de revezamento e de substitución por anticipación da idade de
xubilación de carácter indefinido, que reúnan as condicións e requisitos
establecidos neste anexo, e sexan realizados no ano 2007, están amparadas na súa
adecuación ao dereito comunitario polo seu sometemento ao Regulamento (CE) nº
2204/2002, da Comisión da Unión Europea, do 12 de decembro, relativo á
aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas estatais para o emprego
(DOCE L337, do 13 de decembro).
ANEXO C
Programa de creación de novos empregos para mozos e mozas titulados/as
nas empresas de menos de 30 persoas traballadoras
Primeira.-Finalidade.
Facilitar a incorporación en prácticas de mozos/as titulados/as a novos
postos de traballo creados en pequenas empresas galegas co obxecto de mellorar
os seus sistemas organizativos e produtivos e/ou a innovación.
Segunda.-Ámbito de
aplicación, contratacións subvencionables e definicións.
1. Contratos en prácticas que deberán cumprir as
exixencias e formalidades establecidas no artigo 11 do Estatuto dos
traballadores e nas normas regulamentarias de desenvolvemento.
2. Estes contratos
deberán realizarse con persoas traballadoras cunha idade comprendida entre os 16
e os 30 anos, ambos inclusive, desempregadas inscritas como demandantes de
emprego no Servizo Público de Emprego no momento da súa contratación e que non
tivesen relación laboral coa empresa a través dun contrato da mesma
modalidade.
3. Para que os ditos contratos poidan ser obxecto de subvención deberán
concertarse a xornada completa, por unha duración inicial non inferior a doce
meses, e non poderán supoñer a sucesión de traballadores e traballadoras en
prácticas para ocupar o mesmo posto de traballo.
4. Para os efectos do
presente programa consideraranse pequenas empresas aquelas en que no mes
anterior ao da contratación obxecto de subvención, o número total de
traballadores e traballadoras de todos os centros de traballo da empresa fose
inferior a 30.
5. Para os efectos do cálculo da taxa de estabilidade e do incremento do
persoal fixo na empresa, ao persoal contratado con contratos de interinidad
consideraráselle a mesma condición de fixo ou temporal que a persoa que
substitúe. Se o traballador con contrato de interinidade substitúe un
traballador con obriga de cotización, e que consta no TC2, o interino non se
computa.
Terceira.-Beneficiarios.
Poderán ser beneficiarias dos incentivos previstos neste anexo as
empresas, de acordo coa definición do artigo 2º da presente orde, que contraten
traballadores ou traballadoras por conta allea para prestaren servizos en
centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia de acordo cos
requisitos e condicións que se establecen nas bases deste anexo, e sempre que o
cadro de persoal sexa inferior a 30 persoas traballadoras.
Cuarta.-Requisitos das
empresas.
Para poder acceder aos
beneficios establecidos neste anexo, as empresas deberán cumprir as seguintes
condicións e requisitos:
1. Os postos ocupados polos traballadores e
traballadoras con titulación susceptible de realizar contratos en prácticas
deberán ser de nova creación e estar vinculados á titulación de tipo profesional
que posúa o mozo ou moza desempregado/a que se contrate.
Para os efectos deste
anexo serán postos de nova creación aqueles que supoñan un incremento do cadro
global de persoal da empresa no ámbito territorial de Galicia, de modo que
supere a media aritmética dos doce meses anteriores á data de inicio da
prestación laboral.
Nos postos de traballo creados e polos que se solicite subvención, deberá
existir correspondencia entre a categoría da titulación académica de tipo
profesional que posúa o traballador e a categoría profesional pola que se lle
contrata.
2.
A taxa de estabilidade do cadro de persoal da empresa no mes anterior ao da
contratación obxecto de solicitude de subvención, deberá ser igual ou superior
ao 72,50%.
As
empresas de nova creación ou aquelas que non tivesen traballadores no mes
anterior ao da contratación, poderán acollerse aos incentivos previstos neste
programa sempre e cando teñan unha taxa de estabilidade do 72,50%, excluído o
novo contrato temporal, no mes da contratación e cumpran o resto dos requisitos
establecidos na orde de convocatoria.
Para os efectos do anterior entenderase por taxa
de estabilidade a porcentaxe de persoas traballadoras fixas sobre o total do
cadro de persoal no conxunto dos centros de traballo da empresa en
Galicia.
Quinta.-Axudas pola contratación en prácticas.
Os contratos en prácticas que se realicen con
mozos e mozas titulados/as, segundo o establecido no artigo 11 do Estatuto dos
traballadores, e que reúnan os requisitos e condicións sinalados nas bases
anteriores, incentivaranse nunha contía de ata 1.250 euros, incrementándose ata
3.000 euros cando se realicen con mulleres tituladas.
Sexta.-Exclusións.
Exclúense
dos beneficios establecidos no programa deste anexo:
a) As relacións laborais de carácter especial
previstas no artigo 2.1º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo,
polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, ou
noutras disposicións legais, así como as contratacións de traballadores e
traballadoras para prestar servizos noutras empresas mediante contratos de posta
á disposición.
b) Os contratos realizados co cónxuxe, ascendentes, descendentes e demais
parentes, por consanguinidade ou afinidade, ata o segundo grao inclusive, do
empresario ou empresaria ou dos/das que teñan cargos de dirección ou sexan
membros dos órganos de administración das empresas que revistan a forma xurídica
de sociedade, así como os que se produzan con estes últimos.
c) Traballadores e
traballadoras que finalizasen a súa relación laboral de carácter indefinido nun
prazo de tres meses previos á formalización do contrato en prácticas polo que se
solicita a subvención, sempre que se formalicen coa mesma empresa.
Sétima.-Solicitudes e
documentación.
As solicitudes deberán
presentarse nos modelos normalizados que figuran como anexos numéricos desta
orde, xunto coa seguinte documentación, orixinal ou copia
compulsada:
1. Se o solicitante é persoa física, DNI e acreditación do NIF, e se é
persoa xurídica DNI e poder suficiente da persoa representante para actuar en
nome da entidade e NIF da empresa.
2. Relación nominal dos traballadores e
traballadoras polos que se solicita subvención, con indicación dos supostos e
tipo de incentivo que se solicita (anexo XII-C).
3. Certificado
acreditativo da data de terminación dos estudos e copia simple do DNI de cada
traballador ou traballadora contratado/a.
4. Documentos acreditativos dos períodos de
inscrición como demandante de emprego na oficina pública de emprego, así como do
tempo de permanencia no paro segundo os datos do informe da vida laboral na
Tesouraría Xeral da Seguridade Social, e contrato de traballo e a alta na
Seguridade Social de cada traballador ou traballadora contratado/a.
5. Declaración
comprensiva do conxunto de todas as solicitudes efectuadas, ou concedidas, para
o mesmo proxecto ou actividade perante as administracións públicas competentes
ou outros entes públicos, ou, de ser o caso, unha declaración de que non
solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións (anexo XXII).
6. Ficha de solicitude de
transferencia bancaria e certificación da entidade financeira acreditativa de
que o solicitante é titular da conta (anexo XXIV).
7. Documentación
acreditativa de que están ao día nas súas obrigas tributarias -estatais e
autonómicas- e coa Seguridade Social e de que non teñen pendente de pagamento
ningunha outra débeda coa Administración da comunidade autónoma, unicamente no
suposto de que o solicitante denegase expresamente a autorización ao órgano
xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da
Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a
Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia.
8. Declaración do cadro
de persoal de todos os centros de traballo da empresa en Galicia en cada un dos
doce meses anteriores ao inicio da relación laboral da persoa traballadora
contratada, así como da taxa de estabilidade no mes anterior ao da contratación
obxecto de solicitude de subvención (anexo XIII-C).
Oitava.-Xustificación do
pagamento.
1. De non achegarse con
anterioridade, o pagamento das axudas ou subvencións quedará condicionado á
presentación, no prazo, nos termos e na forma que se estableza na resolución de
concesión, da documentación que se exixa de forma expresa nela, entre a que
deberá figurar a seguinte:
a) Documentos TC2 correspondentes ás
mensualidades que se indiquen na resolución de concesión, agás que xunto coa
solicitude se achegasen todos os boletíns correspondentes ao período do cómputo
para o cálculo do incremento do cadro de persoal ou, se é o caso, certificación
da Tesouraría Xeral da Seguridade Social en que conste o número de persoas
traballadoras con contrato indefinido, o das persoas traballadoras con contrato
de interinidade e das demais persoas traballadoras con contratos temporais en
cada unha das ditas mensualidades no conxunto dos centros de traballo da empresa
en Galicia.
b) Declaración complementaria da establecida na base sétima deste anexo,
do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como das
pendentes de resolución para o mesmo proxecto das distintas administracións
públicas competentes ou outros entes públicos, ou, de ser o caso, que non
solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións (anexo
XXII).
2.
Malia o sinalado no punto anterior, a documentación exixida na fase de pagamento
poderase presentar xunto coa solicitude á opción do interesado. Neste suposto,
poderán tramitarse conxuntamente a concesión e o pagamento da axuda.
3. Non poderá realizarse
en ningún caso o pagamento da subvención se o beneficiario non está ao día do
cumprimento das súas obrigas tributarias -estatais e autonómicas- e da
Seguridade Social, é debedor en virtude de resolución firme declarativa de
procedencia de reintegro ou ten algunha débeda pendente por calquera concepto
coa Administración da Comunidade Autónoma.
Novena.-Obrigas dos beneficiarios.
1. As empresas beneficiarias deberán manter no
seu cadro de persoal os traballadores e traballadoras contratados/as ao abeiro
deste programa, polo período mínimo de duración do contrato obxecto de
subvención.
No suposto de extinción da relación laboral do/a traballador ou
traballadora polo/a que se concedese a subvención, a cobertura do posto por
un/unha novo/a traballador/a, que deberá reunir os mesmos requisitos do/a
traballador/a substituído/a e do contrato inicial, terá que realizarse dentro do
mes seguinte ao da baixa, feito que lle deberá ser comunicado pola empresa
beneficiaria ao órgano competente que concedese a axuda, dentro dos 20 días
seguintes á substitución. Esta nova contratación en ningún caso dará lugar a
unha nova axuda.
2. Manter a estrutura do cadro de persoal da empresa en Galicia cunha
taxa de estabilidade igual ou superior ao 72,50%, no seu cómputo anual, durante
o tempo de duración do contrato temporal subvencionado.
Para os efectos do
cumprimento desta obriga non se terá en conta para o seu cálculo o contrato
obxecto da subvención.
3. Co fin de garantir o cumprimento do anterior,
as empresas beneficiarias deberán presentar nos tres meses seguintes e durante o
ano posterior ao de realización das contratacións, unha declaración da media de
persoal traballador fixo e temporal no conxunto dos centros de traballo en
Galicia nun período de 12 meses contados desde o mes de realización das
contratacións, así como o TC2 correspondente ao mes en que se efectuaron as
ditas contratacións.
Décima.-Réxime de axudas.
As
axudas recollidas neste anexo quedan sometidas ao réxime de axudas de minimis.
Polo tanto, non poderán exceder os límites cuantitativos (200.000 euros nun
período de tres anos) establecidos no Regulamento (CE) nº 1998/2006, da Comisión
da Unión Europea, do 15 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88
do Tratado da CE ás axudas de minimis (DOCE nº L379, do 28 de
decembro).
ANEXO D
Programa de fomento da
contratación indefinida inicial de mozos e mozas desempregados/as
Primeira.-Finalidade.
Este
programa ten por finalidade fomentar a incorporación dun xeito estable no
mercado de traballo dos mozos e mozas cunha idade comprendida entre os 16 e os
30 anos, ambos inclusive, a través de dúas medidas conxuntas: a subvención do
período de proba e a subvención da contratación indefinida inicial.
Segunda.-Ámbito de
aplicación, contratacións subvencionables e definicións.
1. Os incentivos previstos neste programa serán
de aplicación ás contratacións indefinidas iniciais que se realicen con mozos e
mozas desempregados/as cunha idade comprendida entre os 16 e os 30 anos, ambos
inclusive, que estean inscritos como demandantes de emprego no Servizo Público
de Emprego no momento da súa contratación.
2. Será subvencionable o período de proba
concertado por escrito con suxeción aos límites de duración que, se é o caso,
establezan os convenios colectivos ou, no seu defecto, o artigo 14º do Estatuto
dos traballadores.
3. Para os efectos do cálculo da taxa de estabilidade e do incremento do
persoal fixo na empresa, ao persoal contratado con contratos de interinidade
consideraráselle a mesma condición de fixo ou temporal que a persoa que
substitúe. Se o traballador con contrato de interinidade substitúe un
traballador con obriga de cotización, e que consta no TC2, o interino non se
computa.
Terceira.-Beneficiarios.
Poderán ser beneficiarios dos incentivos previstos neste anexo as
empresas, de acordo coa definición do artigo 2º da presente orde, que contraten
mozos e mozas traballadores cunha idade comprendida entre os 16 e os 30 anos,
ambos inclusive, desempregados e inscritos no Servizo Público de Emprego para
prestar servizos en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de
Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nas bases
reguladoras deste anexo.
Cuarta.-Requisitos das empresas.
Para poder acceder aos beneficios establecidos
neste anexo, as empresas deberán cumprir as seguintes condicións e
requisitos:
1. A taxa de estabilidade do cadro de persoal da empresa no mes da
contratación obxecto de solicitude de subvención, deberá ser igual ou superior
ao 72,50%.
Para os efectos do anterior entenderase por taxa de estabilidade a
porcentaxe de persoas traballadoras fixas sobre o total do cadro de persoal no
conxunto dos centros de traballo da empresa en Galicia.
2. Como consecuencia da
contratación indefinida que se fomenta ten que incrementarse o cadro global de
persoal da empresa no ámbito territorial de Galicia, de modo que supere a media
aritmética dos doce meses anteriores á data de inicio da prestación
laboral.
3.
Como consecuencia da contratación indefinida que se fomenta ten que
incrementarse o cadro de persoal fixo da empresa no ámbito territorial de
Galicia, de modo que supere a media aritmética dos doce meses anteriores á data
de inicio da prestación laboral, sendo unicamente subvencionables as
contratacións que superen a dita media.
Para os efectos do cómputo do incremento do cadro
de persoal fixo, non se terán en conta as baixas dos traballadores que se
producisen por propia vontade do traballador ou por morte, xubilación,
incapacidade permanente total ou absoluta ou grande invalidez legalmente
recoñecidas.
Quinta.-Incentivos á contratación indefinida inicial.
1. Os contratos indefinidos, subscritos a xornada
completa ou a tempo parcial, incluídos os fixos-descontinuos, realizados con
traballadores e traballadoras desempregados/as, cunha idade comprendida entre os
16 e os 30 anos, ambos inclusive, poderán obter unha axuda pagadoira dunha soa
vez, que consistirá nunha subvención por unha contía equivalente ao importe do
40% da base mínima do grupo de cotización ao que pertenza o traballador ou
traballadora contratado/a establecido para o ano da presente convocatoria
calculada sobre tres anualidades, de ata un máximo de 5.000 euros,
incrementándose ata 7.500 euros, cando se realicen con mulleres.
Nas contratacións a tempo
parcial a contía dos incentivos será proporcional ao tempo efectivo de traballo
en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de
aplicación ou, no seu defecto, da xornada ordinaria máxima legal.
2. O período de proba que
se acorde no contrato indefinido poderá ser obxecto dunha subvención equivalente
ao custo salarial total de dous meses, sen que, en ningún caso, esta axuda poida
ser superior aos 3.000 euros.
Sexta.-Exclusións.
Exclúense dos beneficios do programa establecido
neste anexo:
a) As relacións laborais
de carácter especial previstas no artigo 2.1º do Real decreto lexislativo
1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto
dos traballadores, ou noutras disposicións legais, así como as contratacións de
traballadores e traballadoras para prestar servizos noutras empresas mediante
contratos de posta á disposición.
b) Os contratos realizados co cónxuxe,
ascendentes, descendentes e demais parentes, por consanguinidade ou afinidade,
ata o segundo grao inclusive, do empresario ou empresaria ou de quen desempeñe
cargos de dirección ou sexan membros dos órganos de administración das empresas
que revistan a forma xurídica de sociedade, así como os que se produzan con
estes últimos.
c) Contratacións realizadas con traballadores e traballadoras que, nos 24
meses anteriores á data da contratación, prestasen servizos na mesma empresa ou
grupo de empresas mediante un contrato por tempo indefinido.
O disposto no parágrafo
precedente será tamén de aplicación no suposto de vinculación laboral anterior
do traballador ou traballadora con empresas ás cales o solicitante dos
beneficios sucedese en virtude do establecido no artigo 44 do Real decreto
lexislativo 1/1995, do 24 de marzo.
d) Traballadores que rematasen unha relación
laboral de carácter indefinido nun prazo de tres meses previos á formalización
do contrato polo que se solicita a subvención, agás que a dita relación laboral
finalizase por causa dun despedimento recoñecido ou declarado improcedente ou se
extinga por algunha das causas sinaladas no artigo 51 e 52 c) do Estatuto dos
traballadores.
Sétima.-Solicitudes e documentación.
As solicitudes deberán presentarse nos modelos normalizados que figuran
como anexos numéricos desta orde, xunto coa seguinte documentación, orixinal ou
copia compulsada:
1. Se o solicitante é persoa física, DNI e acreditación do NIF, e se é
persoa xurídica, DNI e poder suficiente da persoa representante para actuar en
nome da entidade e NIF da empresa.
2. Declaración da empresa en que se faga constar
o número e provincia de localización dos centros de traballo da empresa en
Galicia, así como do número de contratacións indefinidas polas que se solicita
subvención ao abeiro deste programa (no modelo de solicitude).
3. Declaración do cadro
de persoal de todos os centros de traballo da empresa en Galicia en cada un dos
doce meses anteriores ao inicio da relación laboral do traballador ou
traballadora contratado/a, así como da taxa de estabilidade no mes da
contratación obxecto de solicitude de subvención (anexo XVII-D).
Se é o caso, documentos
acreditativos das baixas previstas na base cuarta deste anexo.
4. Relación nominal dos
traballadores contratados polo que se solicita subvención, con indicación do
colectivo e tipo de axuda que se solicita (anexo XVI-D).
5. Copia simple do DNI
dos traballadores contratados.
6.
Documentos acreditativos dos períodos de inscrición como demandantes de emprego
na oficina pública de emprego, así como do tempo de permanencia no paro segundo
os datos do informe de vida laboral na Tesouraría Xeral da Seguridade Social,
copias dos contratos de traballo e altas na Seguridade Social. Nómina
correspondente ao mes en que se realiza a contratación do traballador obxecto de
solicitude de subvención ou, se é o caso, declaración da empresa en que se fagan
constar os custos salariais totais do dito mes.
7. Declaración
comprensiva do conxunto de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas para o
mesmo proxecto perante as administracións públicas competentes ou outros entes
públicos ou, de ser o caso, unha declaración de que non solicitou nin percibiu
outras axudas ou subvencións (anexo XXII).
8. Declaración da estrutura da empresa e do
emprego (anexo XXIII).
9. Ficha de
transferencia bancaria e certificación da entidade financeira acreditativa de
que o solicitante é titular da conta (anexo XXIV).
10. Documentación
acreditativa de que están ao día nas súas obrigas tributarias -estatais e
autonómicas- e coa Seguridade Social e de que non teñen pendente de pagamento
ningunha outra débeda coa Administración da Comunidade Autónoma, unicamente no
suposto de que o solicitante denegase expresamente a autorización ao órgano
xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da
Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a
Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia.
Oitava.-Xustificación do
pagamento.
1. De non achegarse con
anterioridade, o pagamento das axudas ou subvencións quedará condicionado á
presentación, no prazo, nos termos e na forma que se estableza na resolución de
concesión, da documentación que se exixa de forma expresa nela, entre a que
deberá figurar a seguinte:
a) Documentos TC2 correspondentes ás
mensualidades que se indiquen na resolución de concesión, agás que xunto coa
solicitude se achegasen todos os boletíns correspondentes ao período de cómputo
para o cálculo do incremento do cadro de persoal fixo, ou, se é o caso,
certificación da Tesouraría Xeral da Seguridade Social en que conste o número de
traballadores con contrato indefinido, o dos traballadorescon contrato de
interinidade e dos demais traballadores con contratos temporais en cada unha das
ditas mensualidades no conxunto dos centros de traballo da empresa en
Galicia.
b)
Declaración complementaria da establecida na base sétima do conxunto das axudas
solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas coma as pendentes de resolución
para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou
outros entes públicos, ou, se é o caso, que non solicitou nin percibiu outras
axudas e subvencións (anexo XXII).
2. Malia o sinalado nos números anteriores, a
documentación exixida na fase de pagamento poderase presentar xunto coa
solicitude segundo a opción do interesado. Neste suposto poderán tramitarse
conxuntamente a concesión e o pagamento da axuda.
3. Non poderá realizarse
en ningún caso o pagamento da subvención se o beneficiario non está ao día do
cumprimento das súas obrigas tributarias -estatais e autonómicas- e da
Seguridade Social, é debedor en virtude de resolución firme declarativa da
procedencia de reintegro ou ten algunha débeda pendente, por calquera concepto,
coa Administración da comunidade autónoma.
Novena.-Obrigas dos beneficiarios.
Son obrigas das empresas
beneficiarias:
1. Manter no seu cadro
de persoal fixo os traballadores e traballadoras contratados/as ao abeiro deste
programa durante un período mínimo de tres anos.
No suposto de extinción
da relación laboral do traballador polo que se concedese a subvención, a
cobertura do posto por un novo traballador, que deberá reunir os requisitos do
traballador substituído, terá que realizarse dentro do mes seguinte ao da baixa,
feito que deberá ser comunicado pola empresa beneficiaria ao órgano competente
que concedese a axuda, dentro dos 20 días seguintes á substitución. Esta nova
contratación en ningún caso dará lugar a unha nova axuda de fomento da
contratación.
Esta obriga manterase durante tres anos desde a data de realización do
contrato indefinido obxecto de subvención.
2. Manter o número de persoas traballadoras fixas
do seu cadro de persoal, en cómputo anual, durante polo menos tres anos, que se
contarán desde a data de realización da contratación indefinida. E, cando se
trate de empregos ligados a un investimento, deberán manter os postos de
traballo durante un período mínimo de cinco anos.
3. Manter a estrutura do
cadro de persoal da empresa en Galicia cunha taxa de estabilidade igual ou
superior ao 72,50%, no seu cómputo anual, durante polo menos tres anos desde o
mes en que se realice a contratación subvencionada.
4. Co fin de garantir o
cumprimento do anterior, as empresas beneficiarias deberán presentar nos tres
meses seguintes e durante os tres anos posteriores ao de realización das
contratacións, unha declaración da media de persoal traballador fixo e temporal
no conxunto dos centros de traballo en Galicia nun período de 12 meses contados
desde o mes de realización das contratacións, así como o TC2 correspondente ao
mes en que se efectuaron as ditas contratacións.
Décima.-Réxime de
axudas.
As axudas ás contratacións
indefinidas iniciais, que reúnan as condicións e requisitos establecidos neste
anexo, e fosen realizadas entre o 16 de setembro e o 31 de decembro do 2006,
están amparadas na súa adecuación ao dereito comunitario pola autorización da
Comisión Europea C (2001) 3750 fin do 28-11-2001. E, cando se trate de empregos
ligados a un investimento, polo seu sometemento ao Regulamento (CE) nº 70/2001,
da Comisión, do 12 de xaneiro, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do
Tratado CE ás axudas estatais ás pequenas e medianas empresas (DOCE L10, do 13
de xaneiro).
As axudas ás contratacións indefinidas iniciais, que reúnan as condicións
e requisitos establecidos neste anexo, e sexan realizadas no ano 2007, están
amparadas na súa adecuación ao dereito comunitario polo seu sometemento ao
Regulamento (CE) nº 2204/2002, da Comisión da Unión Europea, do 12 de decembro,
relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas estatais para
o emprego (DOCE L337, do 13 de decembro).
ANEXO E
Programa de incentivos á transformación en
indefinidos de determinados contratos temporais
subscritos con mozos e mozas
Primeira.-Finalidade.
Este
programa ten por finalidade promover o acceso a un emprego estable a un
colectivo, como a mocidade, que presenta en Galicia unha alta taxa de
temporalidade, incentivando as empresas que transformen os seus contratos
temporais en indefinidos.
Segunda.-Ámbito de aplicación, contratacións
subvencionables e definicións.
1.
Poderán ser obxecto dos incentivos previstos neste anexo, as transformacións en
indefinidos, incluídos os que se acorden pola modalidade de fixo-descontinuo, de
contratos para a formación, en prácticas, de revezamento, de substitución por
anticipación da idade de xubilación e de interinidade, calquera que sexa a data
da súa subscrición. Cando se trate de contratos de interinidade, en todo caso, a
súa transformación en indefinidos só poderá ser obxecto de subvención cando se
manteña o posto do traballador substituído, o que terá que
acreditarse.
No caso de transformación de contratos temporais a tempo completo, a
xornada do novo contrato indefinido será tamén a tempo completo, agás as
transformacións de contratos temporais en indefinidos na súa modalidade de
fixo-descontinuo.
Nos supostos de transformación de contratos temporais a tempo parcial, a
xornada do novo contrato indefinido deberá ser, como mínimo, igual á do contrato
que se transforma.
Para os efectos deste anexo, entenderase que se produce a transformación
en todos aqueles casos en que ambas as dúas modalidades contractuais se sucedan
sen ruptura da relación laboral coa empresa, incluídos aqueles supostos en que o
inicio da relación laboral indefinida ten lugar ao día seguinte ao do termo da
vixencia do contrato temporal, incorporándose á empresa con carácter estable sen
ruptura de continuidade na relación laboral.
2. As transformacións, para que poidan ser
obxecto de subvención, deberán formalizarse por escrito e comunicarse á oficina
pública de emprego na forma regulamentariamente establecida.
3. Para os efectos do
cálculo da taxa de estabilidade e do incremento do persoal fixo na empresa, ao
persoal contratado con contratos de interinidade consideraráselle a mesma
condición de fixo ou temporal que a persoa que substitúe. Se o traballador con
contrato de interinidade substitúe un traballador con obriga de cotización, e
que consta no TC2, o interino non se computa.
Terceira.-Beneficiarios.
Poderán ser beneficiarios dos incentivos previstos neste anexo as
empresas, de acordo coa definición do artigo 2º da presente orde, que
transformen en indefinidos os contratos temporais subscritos con mozos e mozas
que, no momento da contratación temporal obxecto de transformación, tivesen unha
idade comprendida entre os 16 e os 30 anos, ambos inclusive, de acordo cos
requisitos e condicións que se establecen nas bases reguladoras deste
anexo.
Cuarta.-Requisitos das empresas.
Para poder acceder aos beneficios establecidos neste anexo, as empresas
deberán cumprir as seguintes condicións e requisitos:
1. A taxa de estabilidade
do cadro de persoal da empresa no mes da contratación obxecto de solicitude de
subvención, deberá ser igual ou superior ao 72,50%.
Para os efectos do
anterior entenderase por taxa de estabilidade a porcentaxe de persoas
traballadoras fixas sobre o total do cadro de persoal no conxunto dos centros de
traballo da empresa en Galicia.
2. Como consecuencia da contratación indefinida
que se fomenta ten que incrementarse o cadro de persoal fixo da empresa no
ámbito territorial de Galicia, de modo que supere a media aritmética dos doce
meses anteriores á data de inicio da prestación laboral, sendo unicamente
subvencionables as contratacións que superen a dita media.
Para os efectos do
cómputo do incremento do cadro de persoal fixo, non se terán en conta as baixas
dos traballadores e traballadoras que se producisen por propia vontade do/a
traballador/a ou por morte, xubilación, incapacidade permanente total ou
absoluta ou grande invalidez legalmente recoñecidas.
Quinta.-Incentivos á
transformación.
Os incentivos á
transformación de contratos temporais en indefinidos que cumpran os requisitos e
condicións establecidos neste anexo son os seguintes:
1. As transformacións en
indefinidos de contratos formativos incentivaranse cunha axuda de ata 3.750
euros, incrementándose ata 6.000 euros cando as ditas transformacións se
realicen con mulleres.
2. As transformacións en indefinidos dos
contratos de interinidade incentivaranse cunha axuda de ata 3.750 euros,
incrementándose ata 6.000 euros cando as ditas transformacións se realicen con
mulleres.
3.
As transformacións en indefinidos dos contratos de revezamento e substitución
por anticipación da idade de xubilación incentivaranse cunha axuda de ata 4.750
euros, incrementándose ata 7.500 euros cando as ditas transformacións se
realicen con mulleres.
4. Para o caso de que se solicitasen os
incentivos previstos neste anexo pola transformación dun contrato temporal
subvencionado, e a conversión se produza con anterioridade á súa duración mínima
inicial de doce meses, compensarase a parte da subvención concedida
correspondente ao período non esgotado reducindo na mesma contía o incentivo
pola transformación do contrato en indefinido.
5. Cando se trate de
transformacións a tempo parcial, a contía dos incentivos previstos neste anexo
serán proporcionais ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo
completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, no seu defecto, da
xornada ordinaria legal.
Sexta.-Exclusións.
Exclúense dos beneficios do programa establecido
neste anexo:
a) As relacións laborais
de carácter especial previstas no artigo 2.1º do Real decreto lexislativo
1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto
dos traballadores, ou noutras disposicións legais, así como as contratacións de
traballadores e traballadoras para prestar servizos noutras empresas mediante
contratos de posta á disposición.
b) Os contratos realizados co cónxuxe,
ascendentes, descendentes e demais parentes, por consanguinidade ou afinidade,
ata o segundo grao inclusive, do empresario ou empresaria ou de quen desempeñe
cargos de dirección ou sexan membros dos órganos de administración das empresas
que revistan a forma xurídica de sociedade, así como os que se produzan con
estes últimos.
Sétima.-Solicitudes e documentación.
As solicitudes deberán presentarse nos modelos normalizados que figuran
como anexos numéricos desta orde, xunto coa seguinte documentación, orixinal ou
copia compulsada:
1. Se o solicitante é persoa física, DNI e acreditación do NIF, e se é
persoa xurídica, DNI e poder suficiente da persoa representante para actuar en
nome da entidade e NIF da empresa.
2. Declaración da empresa en que se faga constar
o número e provincia de localización dos centros de traballo da empresa en
Galicia, así como do número de contratacións indefinidas polas que se solicita
subvención ao abeiro desta orde (no modelo de solicitude).
3. Declaración do cadro
de persoal fixo de todos os centros de traballo da empresa en Galicia en cada un
dos doce meses anteriores ao inicio da relación laboral do traballador
contratado, así como da taxa de estabilidade no mes da contratación obxecto de
solicitude de subvención (anexo XXI-E).
Se é o caso, documentos acreditativos das baixas
previstas na base 4ª deste anexo.
4. Relación nominal das persoas traballadoras
contratadas polas que se solicita subvención (anexo XX-E).
5. Copia simple do DNI
das persoas traballadoras contratadas.
6. O contrato temporal do que trae causa e as súas posibles prórrogas,
así como a comunicación da conversión do contrato temporal en indefinido á
oficina pública de emprego e a comunicación de variación de datos á Seguridade
Social.
7.
Declaración comprensiva do conxunto de todas as solicitudes efectuadas ou
concedidas para o mesmo proxecto perante as administracións públicas competentes
ou outros entes públicos ou, de ser o caso, unha declaración de que non
solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións (anexo XXII).
8. Declaración da
estrutura da empresa e do emprego (anexo XXIII).
9. Ficha de transferencia bancaria e
certificación da entidade financeira acreditativa de que o solicitante é titular
da conta (anexo XXIV).
10. Documentación acreditativa de que están ao
día das súas obrigas tributarias -estatais e autonómicas- e coa Seguridade
Social e de que non teñen pendente de pagamento ningunha outra débeda coa
Administración da comunidade autónoma, unicamente no suposto de que o
solicitante denegase expresamente a autorización ao órgano xestor para solicitar
as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración
Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Economía
e Facenda da Xunta de Galicia.
Oitava.-Xustificación do pagamento.
1. De non achegarse con anterioridade, o
pagamento das axudas ou subvencións quedará condicionado á presentación, no
prazo, nos termos e na forma que se estableza na resolución de concesión, da
documentación que se exixa de forma expresa nela, entre a que deberá figurar a
seguinte:
a)
Documentos TC2 correspondentes ás mensualidades que se indiquen na resolución de
concesión, agás que xunto coa solicitude se achegasen todos os boletíns
correspondentes ao período de cómputo para o cálculo do incremento do cadro de
persoal fixo, ou, se é o caso, certificación da Tesouraría Xeral da Seguridade
Social en que conste o número de traballadores e traballadoras con contrato
indefinido, o dos/as traballadores e traballadoras con contrato de interinidade
e dos/as demais traballadores e traballadoras con contratos temporais en cada
unha das ditas mensualidades no conxunto dos centros de traballo da empresa en
Galicia.
b)
Declaración complementaria da establecida na base sétima do conxunto das axudas
solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas coma as pendentes de resolución
para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou
outros entes públicos, ou, de ser o caso, que non solicitou nin percibiu outras
axudas e subvencións (anexo XXII).
2. Malia o sinalado nos números anteriores, a
documentación exixida na fase de pagamento poderase presentar xunto coa
solicitude segundo a opción do interesado. Neste suposto poderán tramitarse
conxuntamente a concesión e o pagamento da axuda.
3. Non poderá realizarse
en ningún caso o pagamento da subvención se o beneficiario non está ao día do
cumprimento das súas obrigas tributarias -estatais e autonómicas- e da
Seguridade Social, é debedor en virtude de resolución firme declarativa da
procedencia de reintegro ou ten algunha débeda pendente, por calquera concepto,
coa Administración da comunidade autónoma.
Novena.-Obrigas dos beneficiarios.
Son obrigas das empresas
beneficiarias:
1. Manter no seu cadro
de persoal fixo as persoas traballadoras contratadas ao abeiro deste programa
durante un período mínimo de tres anos.
No suposto de extinción da relación laboral do
traballador polo que se concedese a subvención, a cobertura do posto por un novo
traballador, que deberá reunir os requisitos do traballador substituído, terá
que realizarse dentro do mes seguinte ao da baixa, feito que deberá ser
comunicado pola empresa beneficiaria ao órgano competente que concedese a axuda,
dentro dos 20 días seguintes á substitución. Esta nova contratación en ningún
caso dará lugar a unha nova axuda de fomento da contratación.
Esta obriga manterase
durante tres anos desde a data de realización do contrato indefinido obxecto de
subvención.
2. Manter o número de persoas traballadoras fixas do seu cadro de
persoal, en cómputo anual, durante polo menos tres anos, que se contarán desde a
data de realización da transformación do contrato temporal en indefinido. E,
cando se trate de empregos ligados a un investimento, deberán manter os postos
de traballo durante un período mínimo de cinco anos.
3. Manter a estrutura do
cadro de persoal da empresa en Galicia cunha taxa de estabilidade igual ou
superior ao 72,50%, no seu cómputo anual, durante polo menos tres anos desde o
mes en que se realice a transformación do contrato temporal en
indefinido.
4. Co fin de garantir o cumprimento do anterior, as empresas
beneficiarias deberán presentar nos tres meses seguintes e durante os tres anos
posteriores ao de realización das contratacións, unha declaración da media de
persoas traballadoras fixas e temporais no conxunto dos centros de traballo en
Galicia nun período de 12 meses contados desde o mes de realización das
contratacións, así como o TC2 correspondente ao mes en que se efectuaron as
ditas contratacións.
Décima.-Réxime de axudas.
As
axudas polas transformacións en indefinidos de contratos temporais, que reúnan
as condicións e requisitos establecidos neste anexo, e fosen realizadas entre o
16 de setembro e o 31 de decembro do 2006, están amparadas na súa adecuación ao
dereito comunitario pola autorización da Comisión Europea C (2002) 1884 fin de
22-5-2002. E, cando se trate de empregos ligados a un investimento, polo seu
sometemento ao Regulamento (CE) nº 70/2001, da Comisión, do 12 de xaneiro,
relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas estatais ás
pequenas e medianas empresas (DOCE L10, do 13 de xaneiro).
As axudas polas
transformacións en indefinidos de contratos temporais, que reúnan as condicións
e requisitos establecidos neste anexo, e sexan realizadas no ano 2007, quedan
sometidas ao réxime de axudas de minimis. Polo tanto, non poderán exceder os
límites cuantitativos (200.000 euros nun período de tres anos) establecidos no
Regulamento (CE) nº 1998/2006, da Comisión da Unión Europea, do 15 de decembro,
relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado da CE ás axudas de minimis
(DOCE nº L379, do 28 de decembro).
© Xunta de Galicia
Información mantida pola Xunta de
Galicia
Servizo prestado pola Consellería de Presidencia, AA.PP. e
Xustiza
Correo electrónico: webdoga
xunta.es