Diario Oficial de Galicia
luns, 28 de maio de 2007
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
Número do Dog:
101
Páxina do Dog:
8.775
Data da Disposición:
21 de maio de 2007
Sección:
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
Organismo:
INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
Rango:
Resolución 
Título:
Resolución do 21 de maio de 2007 pola que se fai público o 
contido do convenio de apoio financeiro aos investimentos das pequenas e 
medianas empresas de Galicia financiados polo Instituto Galego de Promoción 
Económica (Igape), o Instituto de Crédito Oficial (ICO) e as entidades 
financeiras.
Resolución do 21 de maio de 2007 pola 
que se fai público o contido do convenio de apoio financeiro aos investimentos 
das pequenas e medianas empresas de Galicia financiados polo Instituto Galego de 
Promoción Económica (Igape), o Instituto de Crédito Oficial (ICO) e as entidades 
financeiras.
Con data de hoxe o Instituto Galego de 
Promoción Económica (Igape) e diversas entidades financeiras asinaron un 
convenio de colaboración co obxecto de establecer unha liña de subsidiación ao 
financiamento obtido polas pequenas e medianas empresas que promovan 
investimentos na Comunidade Autónoma de Galicia ou no estranxeiro, mediante 
algunha das liñas do Plan de fomento empresarial 2007 do Instituto de Crédito 
Oficial (ICO).
Polo que antecede, e en virtude das facultades que teño conferidas 
mediante o artigo 12.a) da Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Instituto 
Galego de Promoción Económica e do artigo 11.1º.a) do Decreto 317/1992, do 12 de 
novembro, polo que se aproba o regulamento do Igape.
RESOLVO:
Facer público o texto do convenio que se anexa a 
esta resolución e a relación de entidades colaboradoras que figura como anexo 
V.
Santiago 
de Compostela, 21 de maio de 2007.
José Antonio Delgado Arce
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica
Convenio de apoio financeiro aos investimentos 
das pequenas e medianas empresas de Galicia financiados polo Instituto Galego de 
Promoción Económica (Igape), o Instituto de Crédito Oficial (ICO) e a entidade 
financeira.
Santiago de Compostela, 21 de maio de 2007.
Este convenio, asinado por unha parte polo 
presidente do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), José Ramón 
Fernández Antonio e, por outra parte, por..., representado por.... con poder 
suficiente, inscríbese dentro do marco da política de apoio do Igape ao 
investimento produtivo das pequenas e medianas empresas.
Conscientes do importante 
papel que supón para o desenvolvemento da actividade económica, ponse en marcha 
un programa de apoio ao financiamento dos investimentos que as pequenas e 
medianas empresas promovan na Comunidade Autónoma de Galicia ou no estranxeiro, 
consistindo na subsidiación ao tipo de xuro das operacións de préstamo/leasing 
que se concerten coas entidades de crédito asinantes deste convenio. Os fondos 
para a formalización destas operacións serán facilitados ás entidades de crédito 
polo Instituto de Crédito Oficial (ICO), nos termos e condicións establecidas no 
contrato de financiamento subscrito o 19 de febreiro de 2007 entre o devandito 
instituto e as entidades de crédito a través do Plan de fomento empresarial 
2007.
As 
entidades financeiras que teñan asinado o dito contrato de financiamento co ICO 
e manifesten o seu interese en colaborar no ámbito deste convenio poderán instar 
a súa adhesión perante o Igape dentro dos 15 días seguintes á súa entrada en 
vigor.
As 
citadas operacións poderán ser subsidiadas polo Igape con suxeición ás 
seguintes
Cláusulas
Cláusula 1ª.-Obxecto 
e dotación orzamentaria.
1.1. Este 
convenio ten por obxecto definir os termos de colaboración entre a entidade de 
crédito e o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), coa finalidade de 
establecer unha liña de subsidiación ao financiamento obtido polas pequenas e 
medianas empresas que promovan investimentos na Comunidade Autónoma de Galicia 
ou no estranxeiro, mediante algunha das liñas do Plan de fomento empresarial 
2007 do Instituto de Crédito Oficial (ICO):
-Liña ICO-PEME.
-Liña Crecemento empresarial.
-Liña Internacionalización.
-Liña Emprendedores.
1.2. As axudas reguladas neste convenio 
financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 02.01-E5/10/01-656700 cun 
crédito plurianual de 696.000 € para o exercicio 2007 e de 1.137.000 € euros 
para o exercicio 2008, e a súa concesión estará supeditada á existencia de 
crédito orzamentario suficiente.
1.3. As axudas outorgaranse ao abeiro do 
Regulamento (CE) 70/2001 da Comisión do 12 de xaneiro de 2001 relativo á 
aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas estatais ás pequenas e 
medianas empresas (DOUE L 10, do 13-1-2001). As axudas ás Pemes cunha actividade 
relacionada coa produción primaria de produtos agrícolas, fabricación e 
comercialización de produtos de imitación ou substitución do leite e os produtos 
lácteos outorgaranse ao abeiro do Regulamento CE nº 1857/2006, da Comisión do 15 
de decembro de 2006, sobre a aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas 
estatais para as pequenas e medianas empresas dedicadas á produción de produtos 
agrícolas e polo que se modifica o Regulamento (CE) nº 70 /2001 (DOUE L 358, do 
16 de decembro de 2006). As axudas ás pemes do sector da pesca outorgaranse ao 
abeiro do Regulamento (CE) nº 1595/2004, da Comisión do 8 de setembro de 2004, 
sobre a aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas estatais para as 
pequenas e medianas empresas dedicadas á produción, transformación e 
comercialización de produtos da pesca (DOUE L 291, do 14-9-2004).
Cláusula 
2ª.-Beneficiarios.
2.1. Poderán ser 
beneficiarios das axudas previstas neste convenio aquelas empresas que teñan a 
consideración de microempresa ou pequenas ou medianas empresas (Pemes) segundo a 
definición adoptada pola Comisión Europea, feita pública a efectos do Igape 
mediante a Resolución do 27 de decembro de 2004 (DOG nº 11, do 18 de xaneiro de 
2005), que formalizasen operacións de crédito con cargo a algunha das liñas do 
Plan de fomento empresarial 2007 do Instituto de Crédito Oficial (ICO) por un 
importe superior a 25.000 € e cumpran coas condicións específicas establecidas 
neste convenio.
2.2. Os beneficiarios terán que estar ao día das súas obrigas coa Facenda 
Pública, coa Seguridade Social e coa Comunidade Autónoma de Galicia e cumprir as 
condicións específicas para cada liña establecidas na cláusula terceira deste 
convenio.
Cláusula 3ª.-Condicións específicas para o acceso ás axudas do 
Igape.
3.1. Liña 
ICO-PEME.
3.1.1. 
Beneficiarios.
Pemes, calquera que 
sexa a súa forma xurídica.
3.1.2. 
Actividade.
Os proxectos obxecto de 
financiamento a través desta liña terán que corresponderse con algunha das 
actividades sinaladas no anexo I.
3.1.3. Localización.
O proxecto de investimento deberá realizarse en 
Galicia.
3.2. Liña 
Crecemento.
3.2.1. 
Beneficiarios.
Pemes, calquera que 
sexa a súa forma xurídica e conten cun cadro de traballadores de 50 ou máis 
persoas a 31 de decembro de 2006.
3.2.2. Actividade.
Os proxectos obxecto de financiamento a través 
desta liña terán que corresponderse con algunha das actividades sinaladas no 
anexo I.
3.2.3. Localización.
O 
proxecto de investimento deberá realizarse en Galicia.
3.3. Liña Internacionalización.
3.3.1. Beneficiarios.
Poderán ser beneficiarias das axudas previstas 
neste convenio aquelas pequenas e medianas empresas con forma xurídica de 
sociedade mercantil ou cooperativa e que teñan o seu domicilio social en Galicia 
ou, estando domiciliadas fóra da Comunidade Autónoma, conten con maioría de 
capital galego.
3.3.2. Actividade.
Os 
proxectos obxecto de financiamento a través desta liña non terán restrición 
ningunha por razón de actividade.
3.3.3. Localización.
O proxecto de investimento deberá realizarse fóra 
do territorio do Estado español.
3.4. Liña Emprendedores.
3.4.1. Beneficiarios.
Pemes constituídas a partir do 1 de xullo de 2006 
ou ben profesionais que se dean de alta no IAE desde esta data.
3.4.2. 
Actividade.
Os proxectos obxecto de 
financiamento a través desta liña non terán restrición ningunha por razón de 
actividade.
3.4.3. Localización.
O 
proxecto de investimento deberá realizarse en Galicia.
Cláusula 4ª.-Entrada en vigor e prazo de 
presentación de solicitudes.
Este 
convenio entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial 
de Galicia. O prazo de presentación de solicitudes de axuda iniciarase coa dita 
entrada en vigor e rematará o 28 de febreiro de 2008.
Cláusula 
5ª.-Características dos proxectos e operacións financeiras 
subvencionables.
5.1. Características dos proxectos subvencionables:
5.1.1. O proxecto deberá materializarse en 
activos produtivos novos, nos conceptos e prazos máximos establecidos polo ICO 
nos respectivos contratos de financiamento asinados coas entidades financeiras 
mediadoras; en caso contrario, deberá solicitarse autorización previa, expresa e 
motivada ao ICO, que autorizará por escrito, de ser o caso, a ampliación deste 
prazo e a súa duración.
5.1.2. Por activo novo deberá entenderse aqueles 
que se adquiran a un terceiro e supoñan unha primeira transmisión do ben. No 
caso de tratarse dun contrato de arrendamento financeiro (leasing), a empresa 
deberá comprometerse a exercer a opción de compra.
5.1.3. Por activo 
produtivo deberá entenderse aqueles bens que, directa ou indirectamente, 
permitan realizar a actividade principal da empresa descrita no seu obxecto 
social.
5.1.4. Os beneficiarios das axudas establecidas neste convenio deberán 
manter os investimentos obxecto de financiamento durante a vixencia do préstamo 
(e como mínimo tres anos desde a finalización do proxecto). Considerarase 
cumprida esta condición no caso de que os bens nos que se materialice o 
investimento sexan substituídos por outros da mesma natureza e destino, non se 
poderá obter para a súa adquisición ningún tipo de axuda financeira do 
Igape.
5.1.5. En ningún caso serán financiables:
-Reestruturacións de pasivo ou 
refinanciamentos.
-Activo circulante, 
adquisición de empresas e tomas de participación, agás na liña de 
internacionalización.
-Investimentos cuxa finalidade sexa a 
deslocalización da empresa.
-Elementos de transporte, no sector de transporte por 
estrada.
-O imposto sobre o valor 
engadido (IVE) ou calquera outro tributo ligado ao investimento.
5.2. Importe de 
financiamento por beneficiario e porcentaxe máxima de financiamento:
5.2.1. O importe mínimo 
de financiamento será de 25.000 € por beneficiario, e o máximo será o 
establecido polo ICO para cada unha das liñas do Plan de fomento empresarial 
2007.
5.2.2. 
A porcentaxe de financiamento terá os seguintes límites, dependendo da liña a 
que se acolla o beneficiario:
a) Liña Crecemento empresarial: ata un 70% do 
investimento a realizar en activos novos produtivos.
b) Liña ICO-PEME 
(pequenas e medianas empresas) e Liña Internacionalización: ata un 80% do 
investimento a realizar en activos novos produtivos.
c) Liña ICO-PEME 
(microempresas) e Liña Emprendedores: ata un 90% do investimento a realizar en 
activos novos produtivos.
5.3. Prazos e sistemas de 
amortización:
5.3.1. Os prazos e 
sistemas de amortización serán os establecidos polo ICO nos respectivos 
contratos de financiamento asinados coas entidades financeiras 
mediadoras.
5.3.2. En calquera caso, a subsidiación devengarase durante a vixencia da 
operación financeira, non podendo exceder en ningún caso dos 7 primeiros anos de 
vixencia desta.
5.4. Tipos de xuro.
Os tipos 
de xuro serán os establecidos polo ICO nos respectivos contratos de 
financiamento asinados coas entidades financeiras mediadoras.
5.5. 
Comisións.
As entidades de crédito 
non poden cobrar cantidade ningunha polas xestións relativas ao cumprimento das 
obrigas deste convenio. Para estes efectos, non se considerará comisión, o 
cobramento, dentro dos límites que a entidade de crédito tiver autorizados polo 
Banco de España, da tarifa de reclamación de posicións debedoras.
Cláusula 6ª.-Modalidade, 
cuantificación e destino da axuda.
6.1. Modalidade: a axuda consistirá na subsidiación aos tipos de xuro das 
operacións de préstamo/leasing formalizadas nas condicións das liñas do Plan de 
fomento empresarial 2007 e que cumpran os requisitos establecidos neste 
convenio.
6.2. Puntos de subsidiación:
a) A subsidiación do tipo de xuro nominal das operacións de 
préstamo/leasing acollidas a este convenio será, con carácter xeral, de 0,65 
puntos.
b) 
Non obstante, no caso de que a operación estea avalada por unha SGR que 
subscriba este convenio, a subsidiación será de 0,90 puntos.
6.3. Comisión de aval das 
SGR:
Estas sociedades poderán 
percibir polo importe do aval que presten unha comisión máxima anual do 1% sobre 
os saldos máximos garantidos cada ano; a dita comisión será integramente 
subvencionada polo Igape.
6.4. Cálculo da axuda financeira:
6.4.1. A axuda financeira que se conceda, tanto a 
subsidiación ao tipo de xuro como, se é o caso, a subvención da comisión de aval 
da SGR, pagarase dunha soa vez e para o seu cálculo procederase do seguinte 
xeito:
6.4.2. 
Calcularanse os valores absolutos das subvencións a percibir durante o período 
teórico de vixencia do préstamo/leasing, incluído, se é o caso, o período de 
carencia. Tomarase coma base da liquidación o ano comercial (360 
días).
6.4.3. 
Actualizaranse os valores absolutos obtidos anteriormente, utilizando como taxa 
de actualización o tipo de xuro legal do diñeiro correspondente ao ano da 
formalización da operación financeira.
6.4.4. No caso de que o préstamo/leasing fose 
formalizado a un prazo superior a 7 anos, a subsidiación e comisión de aval da 
SGR calcularase de xeito teórico, coma se fose a 7 anos, incluída a 
carencia.
6.5. Destino:
6.5.1. O importe 
resultante da axuda destinarase á amortización anticipada do principal do 
préstamo/leasing, non podendo a entidade financeira cobrar comisión ningunha por 
esta amortización.
6.5.2. No caso de que o préstamo/leasing sexa amortizado, total ou 
parcialmente, calcularase o novo importe da subvención e o importe a reintegrar 
polo beneficiario ao Igape, que deberá realizar na forma e prazos que se 
estableza na resolución de reintegro.
Cláusula 7ª.-Tramitación.
As axudas reguladas neste convenio tramitaranse 
en réxime de concesión directa ou concorrencia non competitiva, por solicitude 
dos interesados, atendendo ao seu carácter singular polo seu interese público, 
económico e social derivado da situación relativa da Comunidade Autónoma galega 
no espectro da UE, ao abeiro do disposto no último parágrafo do número 1 e no 
número 8 do artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e 
orzamentario de Galicia.
7.1. Presentación das solicitudes de 
axuda.
7.1.1. Os interesados, unha 
vez formalizada unha operación de préstamo/leasing ao abeiro de calquera das 
liñas do Plan de fomento empresarial 2007, dirixiranse á entidade de crédito na 
que formalizaron esta operación e cubrirán a solicitude de axuda a través da 
instancia incorporada a este convenio como anexo II.
7.1.2. As entidades de 
crédito centralizarán as solicitudes de axuda recibidas nas distintas sucursais 
e solicitarán en nome do interesado, a axuda financeira no Igape no prazo máximo 
de dous meses contados desde a data de formalización da operación financeira. 
Excepcionalmente, e para aquelas operacións formalizadas con anterioridade á 
sinatura deste convenio, terán un prazo de dous meses contado desde a súa 
entrada en vigor para presentar a solicitude de axuda no Igape. Así mesmo, cando 
o importe mínimo de financiamento se acade por acumulación de varias operacións 
de préstamo/leasing da mesma liña, computarase o prazo de dous meses desde a 
data da última operación formalizada.
7.1.3. As solicitudes da entidade de crédito ao 
Igape que se presenten fóra deste prazo serán obxecto de resolución de arquivo, 
asumindo a entidade de crédito toda a responsabilidade polos prexuízos que isto 
poida suporlle á empresa solicitante, salvo que a presentación extemporánea sexa 
por motivos imputables ao solicitante.
7.1.4. As solicitudes da entidade de crédito ao 
Igape presentaranse a través da «Extranet de Entidades Colaboradoras» (http://extranet.igape.es/) será esta vía 
telemática obrigatoria. O Igape reserva para si a potestade de introducir 
modificacións no funcionamento e na recollida de datos da extranet, co obxecto 
de mellorar a efectividade das interaccións entre entidades ou as actuacións de 
control que son propias do seu papel no convenio.
7.1.5. A autorización de 
acceso á extranet de entidades colaboradoras para este convenio darase de oficio 
para os usuarios que as entidades financeiras teñan xa rexistrados para outros 
convenios, aínda que é posible modificar estas autorizacións ou dar novas altas 
mediante a solicitude do anexo IV.
7.1.6. Os usuarios da extranet asinantes da 
solicitude por esta vía telemática deberán reunir os seguintes 
requisitos:
a) Será necesario que o usuario da extranet asinante da solicitude teña a 
autorización do interesado e da entidade de crédito tramitadora. A autorización 
por parte do interesado acreditarase mediante a solicitude orixinal (copia para 
a entidade de crédito do anexo II); a autorización por parte da entidade 
financeira virá dada polo anexo IV entregado ao Igape segundo se indicou 
anteriormente.
b) O asinante deberá posuír un certificado dixital en vigor baixo a norma 
X.509 V3 válido, tal e como especifica a Orde do 25 de novembro de 2004 da 
Consellería de Economía e Facenda pola que se establecen as normas específicas 
sobre o uso da sinatura electrónica nas relacións por medios electrónicos, 
informáticos e telemáticos coa Consellería de Economía e Facenda e os seus 
organismos e entidades adscritas (DOG nº 239, do 10 de decembro de 2004). Os 
certificados de clase 2 CA emitidos pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre-Real 
Casa da Moeda serán válidos para os efectos de presentación de 
solicitudes.
7.1.7. As entidades financeiras poderán optar entre dúas modalidades para 
a entrega dos datos na extranet:
a) Entrega dun ficheiro co mesmo formato do 
«anexo 0 electrónico do convenio ICO-PEME 2007» cunha liña para cada un dos 
expedientes que queiran presentar, coa posterior formalización en pantalla dos 
campos adicionais da solicitude do Igape.
b) Entrega dun ficheiro ampliado cunha liña para 
cada un dos expedientes que queiran presentar, cuxos 584 primeiros caracteres 
son os mesmos que os especificados no formato do «anexo 0 electrónico do 
convenio ICO-PEME 2007», e os caracteres do 585 ao 754 son específicos para o 
convenio Igape. Deste xeito, a entidade financeira xa non terá que cubrir en 
pantalla ningún dato. O formato deste ficheiro estará á disposición das 
entidades financeiras na extranet de entidades colaboradoras.
7.1.8. Unha vez entregado 
o ficheiro e, se é o caso, cubertos os datos complementarios a que se refire a 
epígrafe 7.1º.7.a), o usuario da entidade financeira deberá asinar 
electronicamente as solicitudes xeradas pola aplicación, e transferilas ao 
Igape. A continuación procederase á anotación dunha entrada no Rexistro 
Telemático da Xunta de Galicia. No momento da presentación o rexistro expedirá 
un recibo en que quedará constancia do feito da presentación, conforme o Decreto 
164/2005, do 16 de xuño. Así mesmo, as entidades de crédito colaboradoras 
poderán obter en todo momento un xustificante da recepción por parte do Igape 
dos termos da súa solicitude contidos no cuestionario.
7.1.9. Dentro dos dez 
días seguintes á recepción das solicitudes no rexistro telemático, o Igape 
comunicaralles aos solicitantes a data en que as solicitudes foron recibidas no 
Igape, o prazo máximo establecido para a resolución e notificación do 
procedemento e os efectos do silencio administrativo.
7.1.10. Se a solicitude 
non reúne os datos exixidos neste convenio, requirirase a entidade de crédito 
para que no prazo de dez días hábiles desde o seguinte ao requirimento se emende 
a falta, con indicación de que en caso contrario considerarase o interesado 
desistido da solicitude, logo de resolución declarativa de tal 
circunstancia.
7.1.11. A presentación da solicitude polo interesado comportaralle a 
autorización ao Igape para solicitar as certificacións que deban emitir a 
Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade 
Social e a Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, segundo o 
disposto no artigo 43 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da 
Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006. Non obstante, se por razóns 
técnicas ou doutra índole estes certificados non puidesen ser obtidos polo 
órgano xestor poderán serlles requiridos ao interesado.
7.2. 
Informes:
Nos casos nos que o Igape o 
considere necesario, e para os efectos da resolución da solicitude, solicitarase 
informe á consellería sectorial correspondente, en relación ao cumprimento por 
parte dos proxectos da normativa específica que resulte aplicable.
7.3. Trámite de 
audiencia:
Instruído o procedemento 
pola Área de Financiamento do Igape e inmediatamente antes de redactar proposta 
de resolución, porase de manifesto aos interesados, para que no prazo de 10 días 
poidan alegar e presentar os documentos e xustificacións pertinentes. Non 
obstante, poderá prescindirse do trámite de audiencia cando non figuren no 
procedemento nin se teñan en conta na resolución outros feitos, alegacións ou 
probas que as aducidas polos interesados.
7.4. Concesión:
7.4.1. Unha vez rematada a instrución e 
formalizado, se é o caso, o trámite de audiencia, a Dirección da Área de 
Financiamento do Igape elevará proposta de resolución ao director xeral do 
Igape, que incluirá os termos que se expresan a continuación:
O importe do investimento 
subvencionable, o importe da operación subsidiable, a porcentaxe de 
financiamento, o prazo de vixencia e carencia deste, o tipo de xuro nominal 
inicial da operación, os puntos de subsidiación e o importe da subsidiación e, 
se é o caso, o importe da comisión de aval subvencionada das operacións avaladas 
por unha SGR. As propostas de denegación de solicitudes deberán detallar a 
causa.
7.4.2. 
As solicitudes de axuda resolveranse por orde de entrada das solicitudes 
completas no Igape, e ata esgotarse as dispoñibilidades orzamentarias 
aprobadas.
7.5. Notificación, aceptación, silencio administrativo e 
recursos:
7.5.1. O Igape notificará 
ao solicitante e comunicará á entidade de crédito e SGR, se é o caso, a 
concesión ou denegación da subsidiación.
7.5.2. As resolucións de concesión deberán ser 
aceptadas por escrito polo beneficiario no prazo de 15 días hábiles a partir do 
seguinte ao da súa notificación. En caso contrario, entenderase que o 
beneficiario renuncia a ela, ditándose resolución neste sentido. A aceptación 
por parte do interesado suporá a obriga de cumprir as condicións establecidas na 
resolución, neste convenio e demais disposicións aplicables. A aceptación 
formalizarase na copia da resolución que, para tal efecto, se remitirá xunto coa 
resolución de concesión e que deberá ser devolta ao Igape debidamente 
cuberta.
7.5.3. O prazo máximo para notificar a resolución do procedemento será de 
6 meses desde a data de presentación da solicitude da axuda no Igape. Este prazo 
poderá ser suspendido nos supostos establecidos no artigo 42.5º da Lei de réxime 
xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. 
Transcorrido tal prazo sen que se notificase resolución expresa, poderá 
entenderse desestimada.
7.5.4. Contra a resolución, que esgota a vía 
administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante os 
xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de 
dous meses desde a súa notificación. Potestativamente, poderá interpoñerse 
recurso de reposición ante o director xeral do Igape no prazo dun mes desde a 
súa notificación, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei de réxime 
xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo 
común.
7.6. 
Publicación:
7.6.1. De conformidade 
co artigo 13.4º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas 
na Administración Pública Galega, o Instituto Galego de Promoción Económica 
publicará as subvencións concedidas ao abeiro deste convenio no Diario Oficial 
de Galicia e na páxina web do Igape, www.igape.es, expresando beneficiario, 
finalidade, contía e aplicación orzamentaria, polo que a presentación da 
solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos 
das entidades beneficiarias e da súa publicación nos citados medios.
7.6.2 De conformidade cos 
puntos 3º e 4º do artigo 13 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de 
boas prácticas na Administración Pública Galega, e co previsto no Decreto 
132/2006, do 27 de xullo, a Consellería de Economía e Facenda publicará na súa 
páxina web oficial as concesións das axudas reguladas neste convenio, e incluirá 
igualmente as referidas axudas e as sancións impostas por consecuencia delas nos 
correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva 
implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos persoais das 
persoas e entidades beneficiarias e a referida publicidade, e a súa cesión por 
parte do Igape aos órganos competentes da Consellería de Economía e 
Facenda.
Cláusula 8ª.-Pagamento da subsidiación.
8.1. Os beneficiarios destas axudas, unha vez 
executado e pagado o investimento, e no prazo máximo de dous meses contado desde 
a data de pagamento da derradeira factura ou da notificación da resolución de 
concesión, no caso de que esta fose posterior, deberán solicitar o cobramento da 
subvención concedida segundo o modelo que figura como anexo III.
Esta solicitude deberá 
presentarse no Igape, ben directamente, a través de calquera das súas oficinas, 
ou ben indirectamente a través das entidades financeiras colaboradoras, 
acompañada da seguinte documentación:
a) Fotocopia cotexada da póliza de 
préstamo/leasing formalizada.
b) 
Fotocopia cotexada da declaración censual (modelo 036) ou último recibo do 
Imposto de actividades económicas.
c) Fotocopias cotexadas dos documentos que 
xustifiquen a realización do investimento subvencionable e os pagamentos 
realizados (o cotexo destas facturas poderase facer directamente en calquera das 
oficinas do Igape ou ben na entidade financeira colaboradora).
d) Para o caso de 
resolucións de concesión de axudas condicionadas ao achegamento de determinada 
documentación, fotocopia cotexada desta.
8.2. O Igape revisará a documentación 
xustificativa, podendo solicitar á entidade de crédito, á SGR ou ao beneficiario 
calquera documentación e información adicional que considere oportuna para os 
efectos dunha correcta análise da xustificación da realización do 
proxecto.
8.3. De acordo co establecido no artigo 15.3º do Decreto 287/2000 polo 
que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade 
Autónoma de Galicia, a comprobación material do investimento aprobado para 
préstamos/leasing por importe igual ou superior a 600.000 euros substitúese pola 
documentación xustificativa establecida nas anteriores epígrafes desta cláusula, 
sen prexuízo da posibilidade de realización polo Igape de calquera outra 
actuación de control e inspección.
8.4. Unha vez verificada a documentación 
achegada, o Igape procederá ao pagamento da subsidiación e, se é o caso, da 
subvención da comisión de aval, dunha soa vez, a través da entidade financeira 
prestamista. A subvención terá que destinarse á amortización anticipada do 
principal da operación, polo que, unha vez aplicada, a entidade financeira 
deberá presentar no Igape, no prazo de 30 días desde a data de pagamento da 
subvención, certificación acreditativa da amortización do principal da operación 
na contía subvencionada.
Cláusula 9ª.-Modificacións.
9.1. Toda alteración das condicións tidas en 
conta para a concesión da axuda e, en todo caso, a obtención concorrente de 
subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou 
privados, poderá dar lugar á modificación da resolución de 
concesión.
9.2. O director xeral do Igape poderá acordar a modificación da 
resolución de concesión a instancias do beneficiario, sempre que a modificación 
do proxecto non desvirtúe a finalidade da axuda, non exista prexuízo a 
terceiros, e os novos elementos ou circunstancias que motiven a modificación, de 
ter concorrido na concesión inicial, non supuxesen a denegación da 
axuda.
As 
solicitudes de modificación, acompañadas de memoria xustificativa, presentaranse 
ao Igape a través da entidade financeira.
9.3. A resolución de modificación establecerá as 
novas condicións da concesión e, se é o caso, decretará o reintegro do 
indebidamente percibido. En ningún caso a resolución de modificación implicará 
aumentar a contía da operación subsidiable inicialmente aprobada.
9.4. O cambio de 
beneficiario da axuda poderá ser autorizado polo director do Igape sempre que se 
acredite documentalmente a subrogación na totalidade dos dereitos e obrigas 
derivados do proxecto subvencionado e especificamente da operación subsidiada, 
así como o cumprimento dos requisitos establecidos no punto 9.2. e deberá contar 
coa previa autorización do ICO. Presentarase a solicitude asinada polo novo 
titular, acompañando a póliza onde fose formalizada a subrogación, constando o 
consentimento do anterior beneficiario.
Cláusula 10ª.-Perda da subvención.
10.1. Procederá o reintegro total ou parcial das 
cantidades percibidas, xunto cos xuros de demora devengados desde o pagamento, 
nos seguintes casos:
a) Incumprimento da obriga de xustificación ou xustificación insuficiente 
segundo os termos contidos neste convenio.
b) Obtención da subvención sen reunir os 
requisitos exixidos para a súa concesión, falseando as condicións requiridas 
para isto ou ocultando aquelas que o impedisen.
c) Incumprimento total ou 
parcial do obxectivo, actividade, proxecto ou non-adopción do comportamento que 
fundamentou a concesión da subvención.
d) Incumprimento das condicións impostas aos 
beneficiarios con motivo da concesión da axuda ou subvención pública, así como 
dos compromisos por estes asumidos, sempre que afecten ou se refiran ao modo en 
que deben acadarse os obxectivos, realizar a actividade, executar o proxecto ou 
adoptar o comportamento que fundamente a concesión da subvención, ou daqueles 
distintos dos anteriores, cando disto derive a imposibilidade de verificar o 
emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade ou 
regularidade das actividades subvencionadas ou a concorrencia de subvencións, 
axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade procedentes de calquera 
Administración ou ente público ou privado, nacionais, da Unión Europea ou 
organimos internacionais.
e) Incumprimento de adoptar as medidas de 
difusión que se impuxesen na resolución de concesión.
f) Resistencia, excusa, 
obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro 
desempeñadas pola Administración ou calquera dos seus órganos, así como o 
incumprimento das obrigas contables, rexistrais ou de conservación de documentos 
cando disto derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos 
percibidos, o incumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das 
actividades subvencionadas, ou a concorrencia de subvencións, axudas, ingresos 
ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou 
ente público ou privado, nacionais, da Unión Europea, ou de organismos 
internacionais.
g) A adopción, en virtude do establecido nos artigos 87 a 89 do Tratado 
da Unión Europea, dunha decisión da cal derive unha necesidade de 
reintegro.
h) 
Nos demais casos previstos na normativa reguladora da subvención.
10.2. O alcance do incumprimento determinarase en 
función do grao e entidade da condición incumprida. A concorrencia de distintas 
causas de incumprimento dará lugar á súa apreciación conxunta. Se o 
incumprimento superase o 50% do investimento subvencionable aprobado, 
considerarase total, será causa de revogación da axuda e de reintegro da 
totalidade das cantidades percibidas. As cantidades a reintegrar terán a 
consideración de ingresos de dereito público, resultando de aplicación para o 
seu recobramento, se é o caso, a vía de constrinximento.
10.3. O procedemento para 
declarar o incumprimento e reintegro de cantidades axustarase ao disposto no 
artigo 20 do Decreto 287/2000, de desenvolvemento do réxime de axudas e 
subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.
10.4. Sen prexuízo do 
establecido nos puntos anteriores, os beneficiarios e entidades de crédito e SGR 
colaboradoras sométense ao réxime de infraccións e sancións establecido no 
artigo 79 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, desenvolvido no 
capítulo VII do Decreto 287/2000, do 21 de novembro.
Cláusula 
11ª.-Compatibilidade.
11.1. Non 
poderán acollerse ás axudas establecidas neste convenio aqueles proxectos que se 
vaian financiar, en todo ou en parte, mediante crédito, préstamos ou contratos 
de leasing que teñan calquera tipo de subvención encamiñada a mellorar as 
condicións financeiras respecto das normais de mercado, agás as bonificacións do 
ICO.
11.2. A 
concesión das axudas deste convenio queda supeditada ao cumprimento da normativa 
vixente e, en especial, á da Unión Europea. Neses termos, serán compatibles con 
calquera outras axudas públicas ou privadas -salvo as referidas no parágrafo 
anterior-, pero en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras, 
poderán superar os límites máximos de intensidade de axuda establecidos pola 
Unión Europea, no Regulamento (CE) 70/2001 da Comisión do 12 de xaneiro de 2001, 
relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas estatais ás 
pequenas e medianas empresas (DOUE L10, do 13-1-2001).
Cláusula 
12ª.-Control.
Os beneficiarios e as 
entidades colaboradoras quedan obrigados a someterse ás actuacións de control 
que efectúe o Igape para verificar a aplicación das axudas ás finalidades 
aprobadas e o cumprimento dos requisitos e condicións establecidos, así como ás 
de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade 
Autónoma, e ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de 
Contas, debendo facilitar toda a información requirida polos citados 
organismos.
Cláusula 13ª.-Obrigas das entidades de crédito.
1. A entidade asinante comprométese 
a:
a) Colaborar na tramitación dos 
expedientes de axuda, cumprindo os prazos e demais formalidades establecidas 
neste convenio.
b) Manter á disposición do Igape a documentación relativa á personalidade 
xurídica das sociedades (escritura de constitución e estatutos) e a capacidade 
do asinante da solicitude (poder de representación), así coma o exemplar da 
solicitude asinada polo titular (anexo II) e copia da póliza ou contrato 
formalizado.
c) Cumprir as normas de carácter operativo que dite o Igape para a mellor 
difusión, administración e control das operacións incluídas neste 
convenio.
d) 
Remitir ao Igape as aclaracións que solicite respecto da documentación relativa 
á formalización e abono das subsidiacións, así como someterse ás actuacións de 
comprobación que respecto á xestión dos fondos poda efectuar o Igape ou calquera 
dos organismos referidos na cláusula 12.
Cláusula 14ª.-Obrigas das SGR.
A SGR asinante comprométese a:
a) Colaborar na tramitación dos expedientes de 
axuda, cumprindo os prazos e demais formalidades establecidas neste 
convenio.
b) 
Cumprir as normas de carácter operativo que dite o Igape para a mellor difusión, 
administración e control das operacións incluídas neste convenio.
c) Remitir ao Igape as 
aclaracións que solicite respecto da documentación acreditativa das operacións 
avaladas pola SGR.
Cláusula 15ª.-Denuncia do convenio.
Será causa suficiente para a resolución deste convenio o incumprimento 
por unha das partes de calquera das súas cláusulas, logo de denuncia da outra 
cun mínimo de 30 días de aviso previo. A resolución suporá en todo caso deixar 
atendidas fronte aos beneficiarios as obrigas xa legalmente contraídas polas 
dúas partes.
Cláusula 16ª.-Seguimento do convenio.
O seguimento do convenio realizarase a través dunha comisión de 
vixilancia e seguimento, integrada polas entidades de crédito, as SGR e 
representantes do Igape que terán reunións con periodicidade trimestral ou ben 
convocando separadamente a cada unha delas. O Igape fará públicos os resultados 
do convenio de forma periódica.
Cláusula 17ª.-Publicidade.
17.1. As entidades de crédito asinantes 
comprométense a mostrar, nas súas distintas sucursais, a publicidade facilitada 
polo Igape e a colaborar na correcta difusión desta liña de axudas.
17.2. Co obxecto de 
lograr maior coordinación, os proxectos e campañas publicitarias que, se é o 
caso, realicen as entidades de crédito sobre este convenio, deberán comunicarse 
previamente ao Igape.
Cláusula 18ª.-Natureza.
Este convenio ten natureza xurídico 
administrativa correspondendo ao director xeral do Igape a interpretación do seu 
contido.
Cláusula adicional.
En todo o 
non regulado expresamente neste convenio haberá que aterse ao establecido no 
contrato de financiamento subscrito o 19 de febreiro de 2007 entre o Instituto 
de Crédito Oficial e as entidades de crédito (Plan de fomento empresarial 
2007).
Santiago de Compostela, 21 de maio de 2007.
Pola entidade financeira, Polo Igape,
...
Asdo.: ... Asdo.: José Ramón Fernández Antonio
DNI:.. Presidente
ANEXO V
Relación de entidades financeiras 
colaboradoras
Caixas Bancos 
SGR
Caixa Galicia Banco Bilbao 
Vizcaya Afigal
Argentaria 
Sogarpo
Caixanova Banco de 
Galicia
Caixa Rural Galega Banco 
Español de Crédito
Caja España Banco 
Espirito Santo
Caja Madrid Banco 
Gallego
La Caixa Banco 
Pastor
Ibercaja Banco 
Popular
Bancaja Banco 
Sabadell
Banco Caixa Geral, 
S.A.
Banco Santander Central 
Hispano
Bankinter
Lico Leasing, S.A. EFC
© Xunta de Galicia
Información mantida pola Xunta de 
Galicia
Servizo prestado pola Consellería de Presidencia, AA.PP. e 
Xustiza
Correo electrónico: webdoga
xunta.es