Diario Oficial de Galicia
luns, 28 de maio de 2007

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS


Número do Dog:

101


Páxina do Dog:

8.727


Data da Disposición:

26 de abril de 2007


Sección:

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS


Organismo:

INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA


Rango:

Resolución


Título:

Resolución do 26 de abril de 2007 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións e axudas a proxectos de aforro e eficiencia enerxética e proxectos de enerxías renovables correspondentes ao exercicio 2007.



Resolución do 26 de abril de 2007 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións e axudas a proxectos de aforro e eficiencia enerxética e proxectos de enerxías renovables correspondentes ao exercicio 2007.

Segundo a Lei 3/1999, do 11 de marzo, de creación do Instituto Enerxético de Galicia, este organismo público ten por finalidade o fomento, o impulso e a realización de iniciativas e programas de actuación para a investigación, o estudo e o apoio das actuacións de coñecemento, desenvolvemento e aplicación das tecnoloxías enerxéticas, incluídas as renovables, a mellora do aforro e a eficiencia enerxética, o fomento do uso racional da enerxía e, en xeral, a óptima xestión dos recursos enerxéticos nos distintos sectores económicos de Galicia, así como a participación na xestión e prestación, se é o caso, de servizos noutros campos sinérxicos ao enerxético, de acordo coas directrices do Goberno no ámbito das súas competencias.

Para levar a cabo estes obxectivos, o Instituto Enerxético de Galicia establece este sistema de subvencións complementario aos creados por outras entidades públicas para proxectos que fomenten o aforro e eficiencia enerxética e as enerxías renovables.

No marco das actuacións do Goberno central en materia de aforro, diversificación enerxética e respecto ao medio natural, encamiñadas a cumprir os compromisos internacionais nestas materias, o Consello de Ministros con data do 8 de xullo de 2005 aprobou un Plan de acción específico para o período 2005-2007, para o desenvolvemento da estratexia de aforro e eficiencia enerxética en España (E4).

Do mesmo xeito, o Consello de Ministros con data do 26 de agosto de 2005, aprobou o Plan de enerxías renovables (PER) 2005-2010.

No desenvolvemento das actuacións previstas no Plan de acción, no ano 2007, o Instituto para a Diversificación e o Aforro da Enerxía (IDAE) conta cun orzamento específico sectorizable xeograficamente de 201.524.000 euros, resultante da dotación consignada ao seu favor nos orzamentos xerais do Estado e dos recursos establecidos no Real decreto 1634/2006, do 29 de decembro, polo que se establece a tarifa eléctrica para 2007.

Para o desenvolvemento das actuacións previstas no Plan de enerxías renovables, no ano 2007, o IDAE conta cun orzamento específico, de acordo coa dotación consignada ao seu favor nos orzamentos xerais do Estado, por un importe total de 27.120.000 euros.

Para o desenvolvemento dos referidos plans, o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio e o IDAE consideraron conveniente deseñar mecanismos de colaboración con todas as comunidades autónomas, que faciliten a articulación das medidas en todo o territorio nacional, tendo en consideración, ademais, as necesidades e os obxectivos de cada comunidade en razón ás súas propias peculiaridades e ao seu ámbito competencial.

Para tal efecto, o IDAE facilitaralles ás comunidades autónomas os fondos necesarios para financiar as actuacións a levar a cabo, no marco dos devanditos plans, no ámbito de cada comunidade.

A distribución destes recursos económicos ás comunidades autónomas aprobouse no seo da Conferencia Sectorial que tivo lugar o 18 de outubro de 2005, delegando a súa concreción na Comisión Consultiva de Directores Xerais do 27 de outubro de 2006, e nas comisións técnicas dos os días 16 e 28 de novembro de 2006; todo iso, atendendo a diferentes indicadores que teñen en conta a actividade sectorial, os potenciais das diferentes áreas e o esforzo que habería que realizar para acadar os obxectivos marcados no Plan de acción e no Plan de enerxías renovables.

Esta distribución, para o caso de Galicia, e segundo establecen os convenios de colaboración asinados entre o IDAE e o Instituto Enerxético de Galicia o día 9 de marzo de 2007, concrétase nas seguintes contías: 2.033.472 euros para medidas ou actuacións de aforro e eficiencia energéticas, e 781.056 euros para enerxías renovables.

De acordo coa política enerxética da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, o Instituto Enerxético de Galicia considera de máximo interese potenciar as actuacións de mellora do aforro e a eficiencia enerxética, as enerxías renovables e a óptima xestión dos recursos enerxéticos nos distintos sectores en Galicia.

Para o desenvolvemento destas actuacións, o Instituto Enerxético de Galicia conta nos seus orzamentos para o ano 2007 cunha partida de 5.811.208,68 euros.

Artigo 1º.-Convocatoria, obxecto e ámbito.
Mediante esta resolución convócase o procedemento para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para proxectos de aforro e eficiencia enerxética e proxectos de enerxías renovables en Galicia, e apróbanse as bases reguladoras para o ano 2007, que figuran como anexos desta resolución:

1. Anexos técnicos de proxectos de aforro e eficiencia enerxética:
a) Anexo técnico I. Programa de axudas públicas no marco da estratexia de aforro e eficiencia enerxética E4 (Plan de acción 2005-2007).

b) Anexo técnico II. Programa de axudas públicas do Inega para o uso racional da enerxía.

2. Anexo técnico III. Programa de axudas para proxectos de enerxías renovables.
Artigo 2º.-Crédito orzamentario.
As subvencións outorgaranse con cargo aos orzamentos seguintes:
1. Os establecidos nos respectivos convenios asinados entre o IDAE e o Instituto Enerxético de Galicia, de acordo coa dotación consignada nos orzamentos xerais do Estado.



2. Os recursos adicionais establecidos no Real decreto 1634/2006, do 29 de decembro, polo que se establece a tarifa eléctrica para 2007.

3. As cantidades consignadas nos orzamentos do Instituto Enerxético de Galicia, con cargo á conta contable 7500000, en contía de 5.811.208,68 euros para proxectos de aforro e eficiencia enerxéticas e de enerxías renovables.


Estas cantidades poderían incrementarse nun total de 2.029.927 euros, dependendo do criterio relativo á facilidade e resultados da aplicación do convenio subscrito entre o Inega e o IDAE o día 9 de marzo de 2007.

4. En función do grao de execución do orzamento a que se refire o punto tres deste artigo, e de acordo co establecido nos convenios de colaboración celebrados entre o Inega e o IDAE o día 9 de marzo de 2007, con anterioridade ao 31 de decembro de 2007, os gastos estarán formalmente comprometidos mediante unha resolución publicada no Diario Oficial de Galicia de ordes de axudas, sinatura de convenios con terceiros, contratos de adquisición de bens ou servizos, ou outros actos xurídicos equivalentes nun total de 2.029.927 euros, destinados a proxectos do sector industria e servizos públicos.

Artigo 3º.-Beneficiarios das axudas.
1. Poderán ser beneficiarios das subvencións os indicados en cada un dos anexos técnicos a que se refire o artigo un destas bases reguladoras.

a) Persoas físicas maiores de idade e que teñan plena capacidade de obrar.
b) Persoas xurídicas legalmente constituídas.
c) Cando o beneficiario sexa unha agrupación de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas sen personalidade, deberanse facer constar expresamente, tanto na solicitude coma na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos, así como o importe da subvención que se vai aplicar a cada un deles, que terán igualmente a condición de beneficiarios.

Nestes casos, deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación, con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, corresponden á agrupación.

Non se poderá disolver a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 23 e 79 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

2. Non poderán ter a condición de beneficiarios as persoas ou entidades nas cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 13.2º e 3º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Artigo 4º.-Solicitudes e documentación.
Toda a documentación deberá presentarse en duplicado exemplar, ben orixinal ou unha copia compulsada.

Cando a solicitude da subvención coa súa documentación, se presente no rexistro do Instituto Enerxético de Galicia, os interesados deben presentar un exemplar orixinal e unha fotocopia para a súa compulsa.

A) Documentación que deben achegar todos os solicitantes:
1. Modelo de solicitude (anexo ADM 00).
2. Copia compulsada do DNI, CIF ou NIF do solicitante.
3. Datos xerais do proxecto (anexo ADM 01 e 02).
4. Declaración expresa de axudas solicitadas, obtidas, ou que se vaian solicitar para o mesmo proxecto ou actuación en calquera outra Administración, entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais (anexo ADM 03).

5. Declaración responsable de non estar incluído nas circunstancias establecidas no artigo 13.2º e 3º da Lei 38/2003, xeral de subvencións (anexo ADM 04).

6. Certificados de estar ao día nas obrigas coa Seguridade Social, a Axencia Estatal da Administración Tributaria e a Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia. No caso de que a contía da subvención que se vai outorgar non exceda de 3.000 euros, será suficiente unha declaración responsable segundo anexo ADM 07.

7. Anexos técnicos en función do sector e concepto obxecto da axuda solicitada, que farán constar o orzamento do investimento e o calendario de execución do proxecto.


Todos os modelos están á disposición dos interesados no enderezo da internet: http://www.inega.es/.

B) Documentación que deben presentar os solicitantes, segundo corresponda:
1. Empresas:
-Certificación expedida polo rexistro mercantil correspondente.
-Documentación acreditativa do domicilio social e centro de traballo en Galicia.
-Documento público acreditativo do poder con que actúa o seu representante.
-Para a categoría de microempresas, pequenas e medianas empresas (Pemes) hai que indicar o número de empregados, volume de negocios anual e o balance xeral anual, co fin de fixar o importe da axuda, segundo a porcentaxe dos custos subvencionables, establecida nas directrices comunitarias sobre axudas estatais en favor do ambiente (2001/C 37/03).

2. Se o solicitante é unha Administración pública:
-Copia compulsada do DNI da persoa que asina a solicitude.
-Documentación acreditativa da representación con que actúa.
-Certificación do acordo do órgano competente para solicitar a subvención, en que conste o compromiso de realizar a actividade pola que se pide a subvención, no caso de obtela.

3. No caso de fundacións, asociacións e outras entidades sen ánimo de lucro:
-Escritura de constitución.
-Estatutos debidamente inscritos no rexistro correspondente
-Documentación acreditativa de estar exento do imposto sobre o valor engadido (IVE), expedido pola Axencia Estatal da Administración Tributaria.

4. Agrupación de persoas físicas e xurídicas, públicas ou privadas, sen personalidade xurídica:

-Documentación acreditativa da súa constitución.
-Documento en que consten os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, indicando a porcentaxe da subvención que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios (anexo ADM 06).

-Documentación acreditativa da condición de exención do IVE, expedido pola Axencia Estatal da Administración Tributaria.

Conforme o establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de decembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, se a solicitude non reúne os requisitos exixidos, requirirase do interesado que, nun prazo de dez (10) días, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se terá por desistido da súa petición, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da devandita lei.

Sen prexuízo do disposto no parágrafo anterior, poderá requirirse do solicitante que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

Artigo 5º.-Concorrencia con outras axudas ou subvencións públicas.
1. Estas axudas son compatibles con calquera outra liña de subvencións que poida ser de aplicación aos solicitantes, coa limitación do importe delas, que a lexislación fixe para cada caso.

2. O importe das subvencións reguladas nestas bases en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras axudas e subvencións, supere o custo da actividade subvencionable.

3. O importe da subvención neta equivalente ás empresas, en concorrencia con axudas doutras administracións públicas ou doutras entidades públicas ou privadas, nacionais ou internacionais, non poderán superar o máximo de intensidade autonómica do 40% sobre o investimento subvencionable establecido para cada actividade nesta resolución. No caso de axudas a pequenas e medianas empresas, engadirase un 10% adicional ao devandito límite, de acordo co indicado no artigo anterior.

4. A obtención doutras axudas ou subvencións deberá comunicarse ao Instituto Enerxético de Galicia tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos recibidos.

5. O incumprimento do disposto neste artigo considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión nos termos previstos no artigo 13 destas bases reguladoras.

6. Ao estar este réxime de axudas suxeito ao Regulamento (CE) 1998/2006 relativo ás axudas de minimis (DOUE 28-12-2006), deberase garantir, no caso de axudas a empresas, que no caso de recibir o beneficiario outras axudas baixo o réxime de minimis, non se supera o límite de 200.000 euros nun período de tres exercicios fiscais. Polo que respecta ás axudas ás empresas que operan no sector transporte por estrada, este límite fíxase en 100.000 euros.

Nestes casos, os solicitantes deben cubrir a epígrafe correspondente do anexo ADM 03, sobre as axudas de minimis concedidas no ano 2007.

Estes límites aplicaranse independentemente da forma da axuda de minimis ou do obxectivo perseguido. O período determinarase tomando como referencia os dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en curso, de acordo co establecido no artigo 2 do citado regulamento.

No caso de superar os anteriores límites, o pagamento das axudas queda condicionado ao que se sinale na Decisión da Comisión Europea, de acordo co establecido no artigo 7 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 6º.-Lugar e prazo de presentación de solicitudes.
1. O prazo de presentación de solicitudes de subvencións comezará a contar o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, e finalizará o día 30 de xuño de 2007.

2. Cando o día de finalización do prazo fose inhábil no municipio onde reside o interesado ou na sede do Instituto Enerxético de Galicia, considerarase inhábil para todos os efectos, e prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

3. As solicitudes poden presentarse dos seguintes xeitos:
-No rexistro do Instituto Enerxético de Galicia, sito na rúa Ourense, nº 6, A Rosaleda, CP 15701, Santiago de Compostela (A Coruña).

-Por calquera dos medios previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de decembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

-Ademais, os interesados poderán enviar a súa solicitude de subvención de forma telemática, cubrindo os formularios que aparecen na páxina web do Instituto Enerxético de Galicia (http://www.inega.es/), de acordo co previsto na disposición adicional décimo oitava da devandita Lei 30/1992, do 26 de decembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O envío telemático servirá unicamente para anunciar a presentación da solicitude, pero só se considerará presentada en prazo cando se realice na forma que se indica nos parágrafos un e dous do punto tres deste artigo.

Artigo 7º.-Gastos non subvencionables.
1. Non serán subvencionables:
Ademais dos conceptos non subvencionables indicados en cada unha das medidas, como regra xeral non son obxecto de axuda:

a) Os gastos que se realicen en pagamentos de licenzas, gastos sometidos a aranceis ou os correspondentes a investimentos realizados con fórmulas de arrendamento financeiro.

b) Os impostos indirectos, cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación, nin os impostos persoais sobre a renda.

2. Poderase considerar subvencionable o imposto sobre o valor engadido (IVE) nos seguintes casos:

a) Cando o solicitante da axuda sexa unha asociación ou entidade sen ánimo de lucro e acredite, mediante a correspondente certificación acreditativa, que se atopa acollido ao réxime de exención do IVE.

b) Cando o solicitante da axuda sexa unha persoa física e efectúe unha declaración responsable de que o obxecto da subvención non se dedica nin se adscribe a ningunha actividade empresarial ou profesional (anexo ADM 05).

Artigo 8º.-Criterios de valoración e ponderación outorgada.
Ademais do cumprimento das bases reguladoras, dentro de cada sector, a valoración dos proxectos terá en conta os criterios que se recollen a continuación para cada tipo de axuda:

1. Proxectos de aforro e eficiencia enerxética:
-Aforro e eficiencia enerxética: 50% (no caso dos estudos e auditorías, neste punto valorarase a solvencia técnica da empresa auditora).

-Mellora ambiental adicional á obtida por motivos enerxéticos: 15%.
-Existencia dunha auditoría enerxética ou informes específicos enerxéticos que describan a situación de partida e a valoración da mellora que a execución do proxecto produce sobre o aforro enerxético. Deberán estar subscritos por un técnico ou unha empresa consultora establecida en Galicia con recoñecida experiencia na materia: 15%.

-Rateo aforro/investimento: 20%.
2. Proxectos de enerxías renovables.
Enerxía solar térmica.
Os criterios de valoración dos proxectos presentados serán os seguintes:
Criterio y ponderación:
Eficiencia técnica e económica da instalación: deseño do sistema, eficiencia e calidade dos equipamentos utilizados, grao de utilización da instalación, rateo potencia instalada/investimento, garantías da instalación e dos equipamentos utilizados: 70%.

Integración arquitectónica e/ou paisaxística: 15%.

Difusión da instalación (non aplicable a particulares): 10%.
Calidade da documentación presentada na solicitude (achegando a documentación requirida nos formularios adxuntos): 5%.

Enerxía solar fotovoltaica illada.
Os criterios de valoración dos proxectos presentados serán os seguintes:
Criterio y ponderación:
Eficiencia técnica e económica da instalación: deseño do sistema, eficiencia e calidade dos equipamentos utilizados, grao de utilización da instalación, rateo potencia instalada/investimento, garantías da instalación e dos equipamentos utilizados: 70%.

Integración arquitectónica e/ou paisaxística: 15%.
Difusión da instalación (non aplicable a particulares): 10%.
Calidade da documentación presentada na solicitude (achegando a documentación requirida nos formularios adxuntos): 5%.

Enerxía solar fotovoltaica conectada á rede:
Os criterios de valoración dos proxectos presentados serán os seguintes:
Criterio y ponderación:
Eficiencia técnica e económica da instalación: deseño do sistema, eficiencia e calidade dos equipamentos utilizados, rateo potencia instalada/investimento, garantías da instalación e dos equipamentos utilizados: 70%.

Difusión da instalación (non aplicable a particulares): 25%.
Calidade da documentación presentada na solicitude (achegando a documentación requirida nos formularios adxuntos): 5%.

Biomasa.
Os criterios de valoración dos proxectos presentados serán os seguintes:
Criterio y ponderación:
Eficiencia técnica e económica da instalación: deseño do sistema, eficiencia e calidade dos equipamentos utilizados, grao de utilización da instalación, rateo (potencia X rendemento)/investimento, garantías da instalación e dos equipamentos utilizados: 70%.

Difusión da instalación (non aplicable a particulares): 25%.
Calidade da documentación presentada na solicitude (achegando a documentación requirida nos formularios adxuntos): 5%.

Outras renovables.
Os criterios de valoración dos proxectos presentados serán os seguintes:
Criterio y ponderación:
Eficiencia técnica e económica da instalación: deseño do sistema, eficiencia e calidade dos equipamentos utilizados, grao de utilización da instalación, rateo potencia instalada/investimento, garantías da instalación e dos equipamentos utilizados: 70%.

Difusión da instalación (non aplicable a particulares): 25%.
Calidade da documentación presentada na solicitude (achegando a documentación requirida nos formularios adxuntos): 5%.

Artigo 9º.-Valoración das solicitudes.
1. A valoración das solicitudes correspóndelle á comisión de valoración, a cal valorará as solicitudes e proporá a aprobación ou denegación das subvencións, de acordo cos criterios obxectivos que se establecen nestas bases reguladoras e baseándose no informe técnico dos proxectos, elaborado polos técnicos da área de aforro e eficiencia enerxética e da área de enerxías renovables.

2. A composición das comisións de valoración será a seguinte:
a) Comisión de valoración das solicitudes de subvencións para proxectos de aforro e eficiencia enerxética:

-Presidenta: a directora do Departamento de Secretaría e Servizos Xerais.
-Vogais: director do Departamento de Enerxía e Planificación Enerxética, xefa de Unidade Técnica de Participación Empresarial e xefa da Área de Aforro e Eficiencia Enerxética.

b) Comisión de valoración das solicitudes de subvencións para proxectos de enerxías renovables.

-Presidenta: a directora do Departamento de Secretaría e Servizos Xerais.
-Vogais: director do Departamento de Enerxía e Planificación Enerxética, xefa de Unidade Técnica de Participación Empresarial e xefe da Área de Enerxías Renovables.

As comisións de valoración poderán estar asistidas polo persoal deste ente público que se considere necesario.

3. As comisións de valoración formularán as propostas de resolución, nas cales figurarán de xeito individualizado os beneficiarios e proxectos seleccionados, así como a porcentaxe e o importe da subvención proposta para cada un deles ata esgotar o crédito dispoñible.

Os criterios de valoración utilizados e a súa ponderación serán os indicados no artigo anterior.

Artigo 10º.-Resolución e notificación.
A) Solicitudes de subvencións para proxectos de aforro e eficiencia enerxética referentes aos setores e conceptos que se indican na seguinte táboa:


1. A comisión de valoración estudará as solicitudes e elaborará unha relación delas coa puntuación que lle corresponde a cada unha, en aplicación dos criterios de valoración, coa súa correspondente ponderación, establecidos no artigo 8.

2. A proposta de resolución provisional das solicitudes puntuadas, referidas aos sectores e conceptos indicados na anterior táboa, publicarase no Diario Oficial de Galicia, no prazo máximo de catro meses, desde a finalización da data de presentación das solicitudes.

3. Os interesados poderán formular alegacións no prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación no DOG da devandita proposta de resolución provisional.

4. Unha vez analizadas as citadas alegacións, a comisión de valoración confeccionará a relación definitiva de puntuacións outorgadas ás solicitudes presentadas e elevará a proposta de resolución definitiva ao director do Instituto Enerxético de Galicia, en que se reflectirá a contía da axuda concedida a cada solicitude en relación coa puntuación definitiva a que fose acredora.

5. O prazo máximo para resolver será de cinco meses contados a partir do seguinte ao da finalización do prazo establecido para a presentación de solicitudes de subvención.

B) Solicitudes de subvencións para proxectos de aforro e eficiencia enerxética e proxectos de enerxías renovables, referentes aos sectores e conceptos que se indican nas seguintes táboas:


1. A comisión de valoración estudará as solicitudes e elaborará unha relación delas coa puntuación que lle corresponde a cada unha, en aplicación dos criterios de valoración, coa súa correspondente ponderación, establecidos no artigo 8.

2. A proposta de resolución provisional das solicitudes puntuadas, referidas aos sectores e conceptos indicados nas anteriores táboas, publicarase no Diario Oficial de Galicia, no prazo máximo de cinco meses, desde a finalización da data de presentación das solicitudes.

3. Os interesados poderán formular alegacións no prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación no DOG da devandita proposta de resolución provisional.

4. Unha vez analizadas as citadas alegacións, a comisión de valoración confeccionará a relación definitiva de puntuacións outorgadas ás solicitudes presentadas e elevará a proposta de resolución ao director do Instituto Enerxético de Galicia, na cal se reflectirá a contía da axuda concedida a cada solicitude en relación coa puntuación definitiva a que fose acredora.

5. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución será de seis meses contados a partir do seguinte ao da finalización do prazo establecido para a presentación de solicitudes de subvención.

En ambos os dous supostos regulados nas epígrafes A) e B) anteriores, as resolucións estimatorias das solicitudes de subvención serán notificadas de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Non obstante, e de conformidade co establecido no artigo 59.6º b) da indicada lei, poderase substituír a notificación individual pola publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Instituto Enerxético de Galicia.

Nesta publicación especificarase a data da convocatoria, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade da subvención outorgada.

Se transcorrese o prazo máximo para resolver sen que recaese resolución expresa, os interesados poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

Artigo 11º.-Réxime de recursos.
As resolucións expresas ou presuntas ditadas ao abeiro desta resolución de convocatoria non poñerán fin á vía administrativa e contra elas poderán interpoñerse os seguintes recursos:

a) Recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación e Industria, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, ou de tres meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produzan os efectos do silencio administrativo.

b) Contra a resolución do recurso de alzada poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, ou no prazo de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Todo iso sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente.

Artigo 12º.-Aceptación.
1. Sen prexuízo dos recursos que procedan contra a resolución, para os únicos efectos da optimización da xestión dos fondos dispoñibles, o beneficiario da axuda deberá comunicar a súa aceptación no modelo que se facilitará para o efecto xunto coa notificación da resolución.


2. Transcorridos dez (10) días naturais contados desde o seguinte ao da notificación da resolución sen que o beneficiario presentase a súa aceptación, entenderase que concorre a renuncia á axuda concedida e procederase nos termos do artigo 42.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 13º.-Modificación da resolución.
1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados poderá dar lugar á modificación da resolución.

2. Poderase acordar a modificación da resolución por instancia do beneficiario, debendo cumprirse os requisitos previstos no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

3. O acto polo que se acorde ou se denegue a modificación da resolución será ditado polo director do Instituto Enerxético de Galicia, logo da instrución do correspondente expediente no cal se lles dará audiencia aos interesados na forma prevista no artigo 9.4º do Decreto 287/2000.

Artigo 14º.-Subcontratacións.
1. Permítese a subcontratación total ou parcial sobre o importe da actividade para que se solicita a subvención.

2. Nos casos de subvencións para o uso racional da enerxía e fomento das enerxías renovables non se considerará subcontratación nin a adquisición dos equipamentos nin a contratación da súa instalación e montaxe.

3. Cando a actividade concertada con terceiros exceda do 20 por 100 do importe da subvención e o referido importe sexa superior a 60.000 euros, a subcontratación estará sometida ao cumprimento dos seguintes requisitos:

-Que o contrato se celebre por escrito.
-Que a celebración daquel a autorice previamente o Instituto Enerxético de Galicia.

Non se poderá fraccionar un contrato co obxecto de diminuír a contía deste e eludir o cumprimento dos requisitos exixidos no punto anterior.

4. En todo o demais, as subcontratacións que se efectúen rexeranse polo disposto no artigo 29 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Artigo 15º.-Obrigas dos beneficiarios.
Son obrigas dos beneficiarios:
a) Cumprir o obxectivo, executar o proxecto, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión das subvencións.

b) Xustificar ante o Instituto Enerxético de Galicia o cumprimento dos requisitos e condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou desfrute da subvención.

c) Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará o Instituto Enerxético de Galicia, así como calquera outra actuación, sexa de comprobación ou control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, achegando canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

d) Comunicarlle ao Instituto Enerxético de Galicia a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención.

Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

e) Acreditar, con anterioridade á proposta de resolución de concesión, que está ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias, fronte á Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, na forma que se indica no punto 4 e) do artigo 16 das bases reguladoras.

f) Dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como cantos estados contables e rexistros específicos sexan exixidos polas bases reguladoras das subvencións, coa finalidade de garantir o axeitado exercicio das facultades de comprobación e control.

g) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, mentres poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

h) O beneficiario da subvención deberá darlle publicidade ao financiamento polo Inega do investimento que sexa obxecto de subvención, consistente na inclusión da imaxe institucional do Instituto Enerxético de Galicia, a Consellería de Innovación e Industria e o Instituto para a Diversificación e o Aforro da Enerxía, así como lendas relativas ao financiamento público nos cartaces, placas conmemorativas, materiais impresos, medios electrónicos audiovisuais, ou ben en mencións realizadas nos medios de comunicación.

i) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos previstos no artigo 78.10º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Todo isto sen prexuízo das demais obrigas que resulten da disposición adicional segunda do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 16º.-Prazo para realizar e xustificar os investimentos. Xustificación da subvención.

1. Considéranse proxectos subvencionables os realizados nos seguintes períodos:
-Nos supostos previstos no artigo 10 A) desta resolución: os realizados entre o día 1 de xaneiro de 2007 e o día 28 de febreiro de 2008.

-Nos supostos previstos no artigo 10 B) desta resolución: os realizados entre o día 1 de xaneiro de 2007 e o día 30 de xuño de 2008.

2. Despois da aceptación, cada tres meses deberá enviarse a documentación xustificativa do estado ou situación da execución do proxecto ata a súa finalización.

3. No caso de non procederse ao envío desta documentación, entenderase que renuncia á axuda concedida.

4. Para o cobramento da subvención concedida, o beneficiario deberá presentar por duplicado a documentación orixinal ou copia compulsada que se relaciona a continuación:

a) Informe técnico ou documento en que se describa a realización do proxecto ou actuación e os datos e incidencias máis significativas na súa execución.

b) Facturas orixinais ou copias compulsadas correspondentes ao investimento e documentación xustificativa do pagamento realizado.

Cando o importe do gasto subvencionable supere a contía de 30.000 euros no suposto de custo por execución de obra, ou de 12.000 euros no suposto de subministración de bens de equipamento ou prestación de servizos por empresas de consultoría ou asistencia, o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores de contraer o compromiso para a prestación do servizo ou entrega do ben.

Non se exixirá xustificalo se polas especiais características dos gastos non existe no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten, ou no caso en que se celebrase o contrato con anterioridade á solicitude da subvención.

Deberá xustificarse en criterios de eficiencia e economía a elección da oferta finalmente seleccionada cando non recaia na proposta economicamente máis vantaxosa.

No caso das administracións públicas, admitirase como medio de xustificación do investimento a certificación do órgano que teña atribuídas as facultades de control do cumprimento, na cal se faga constar o cumprimento da finalidade para a que foi concedida e da aplicación dos fondos destinados para tal efecto.

c) Declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, destinadas ao financiamento do mesmo proxecto, das distintas administracións públicas, entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, indicando a súa contía (anexo ADM 03).

d) Certificación bancaria orixinal acreditativa da titularidade e identificación da conta para o pagamento da axuda, en que consten o ordinal bancario, código do banco, código de sucursal e código de conta corrente.

e) Certificacións acreditativas de estar ao día nas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

f) Naqueles casos en que así o requira a regulamentación vixente, achegarase o proxecto presentado na delegación correspondente.

En canto ao boletín de instalación, no caso de non dispoñer del na data en que finalice o prazo para xustificar o investimento, basta con presentar a documentación acreditativa de telo solicitado, estando obrigado a achegalo en canto se dispoña del.

O prazo para a xustificación do investimento remata, para as solicitudes ás cales se refire o artigo 10 a) desta resolución, o día 28 de febreiro de 2008, e para as solicitudes ás cales se refire o artigo 10 b) da resolución remata o día 30 de xuño de 2008.

Artigo 17º.-Proposta de pagamento.
1. Os órganos competentes do Instituto Enerxético de Galicia poderán solicitar as aclaracións ou informes relativos á xustificación do investimento que consideren convenientes. Transcorrido o prazo concedido para o efecto sen que o beneficiario os presentase, poderase entender que renuncia á subvención.


2. Previamente á proposta de pagamento, os servizos técnicos do Instituto Enerxético de Galicia poderán realizar unha inspección de comprobación material na cal certifiquen que se realizou o investimento que foi obxecto da axuda e que tal investimento coincide co previsto na resolución de concesión.

3. No caso de que o investimento realizado teña un custo inferior ao inicialmente previsto, e sempre que isto non supoña unha realización deficiente do proxecto, a contía da subvención poderá reducirse proporcionalmente se debido á redución do investimento se superen as porcentaxes máximas de subvención.

Artigo 18º.-Reintegro das axudas.
1. Procederá o reintegro parcial ou total da axuda e dos xuros de demora devengados desde o momento do seu pagamento ata a data en que se acorde a procedencia de tal reintegro, nos casos previstos no artigo 78.10º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

2. A tramitación do correspondente procedemento de reintegro realizarase de acordo co disposto no capítulo IV do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 19º.-Fiscalización e control.
Os beneficiarios destas subvencións someteranse ás actuacións de control que realice o Instituto Enerxético de Galicia para o seguimento dos proxectos aprobados e ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, así como ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, así como, de ser o caso, ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo.

Artigo 20º.-Réxime sancionador.
Aos beneficiarios das subvencións obxecto destas bases reguladoras seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Artigo 21. Publicidade.
1. No prazo máximo de tres meses, contados desde a data de resolución das concesións, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación de subvencións concedidas, con indicación da norma reguladora, beneficiario, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención.

2. Non obstante o anterior, cando os importes das subvencións concedidas, individualmente consideradas, sexan de contía inferior a 3.000 euros, non será necesaria a publicación no Diario Oficial de Galicia, que será substituída pola publicación das subvencións concedidas na páxina web do Instituto Enerxético de Galicia.

Artigo 22º.-Consentimentos e autorizacións.
1. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras. De conformidade co artigo 43 da Lei 14/2006, do 28 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007, a presentación da solicitude da subvención comportará a autorización do solicitante para que o órgano concedente obteña de forma directa a acreditación do cumprimento das súas obrigas tributarias co Estado, coa comunidade autónoma e coa Seguridade Social, a través de certificacións telemáticas.

2. Igualmente, de conformidade co mesmo artigo, se o solicitante indica que certa documentación que se deba usar neste procedemento xa consta no poder da Administración, a presentación da solicitude implica a autorización ao órgano instrutor para acceder a ela. Para estes efectos, a documentación debe manterse vixente e identificarase no formulario de solicitude o procedemento administrativo para o que foi presentada.

3. De acordo co establecido na disposición adicional primeira do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, de creación dos rexistros de axudas, subvencións e convenios e de sancións da Xunta de Galicia, a persoa solicitante da subvención consentirá expresamente a inclusión e publicidade dos datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións impostas, no devandito rexistro, feito que terá lugar agás nos supostos legalmente establecidos. Todo isto consonte o establecido na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, e na Lei orgánica 1/1982, do 5 de maio, pola que se regula a protección civil do dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe.

4. De conformidade co artigo 13.4º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, o Instituto Enerxético de Galicia publicará na súa páxina web oficial a relación dos beneficiarios e o importe das axudas concedidas, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e a súa publicación na citada páxina web, coas excepcións previstas nas leis.

A devandita autorización esténdese á cesión dos seus datos persoais ao IDAE, á entidade financeira na que se aboe o pagamente das axudas, ao Diario Oficial de Galicia e ás demais cesións previstas na lei.

5. O solicitante poderá exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición no enderezo do Instituto Enerxético de Galicia, sito na rúa Ourense, nº 6, A Rosaleda, CP 15701, Santiago de Compostela (A Coruña).

Artigo 23º.-Remisión normativa.
Para todo o non previsto nestas bases haberá que aterse ao previsto no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia; no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, e no resto de normativa que resulte de aplicación, aos preceptos básicos da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e ao Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, que aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2007.
Xoán Ramón Doldán García
Director do Instituto Enerxético de Galicia
ANEXO TÉCNICO I
Programa de axudas públicas no marco da estratexia de aforro e eficiencia enerxética E4 (Plan de acción 2005-2007).

1. Sector industria.
1.a. Auditorías enerxéticas a industrias (AEI).
Concepto.
Estudos de optimización enerxética que analicen o proceso produtivo dunha empresa e que propoñan medidas de redución do consumo enerxético.

Beneficiarios.
Industrias manufactureiras excepto as do sector de transformación da enerxía (refinarías e produción de enerxía eléctrica) con sede social ou establecemento produtivo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Contía máxima da subvención.
75% do custo do estudo cos seguintes valores máximos de subvención en función do consumo de enerxía final actual da industria.

Consumo enerxía final (tep) e subvención máx. (€)
Consumo 60.000: subvención 22.500 €.
Consumo 40.000-60.000: subvención 18.000 €.
Consumo 20.000-40.000: subvención 15.000 €.
Consumo 10.000-20.000: subvención 12.750 €.
Consumo 6.000-10.000: subvención 10.500 €.
Consumo 4.000-6.000: subvención 9.000 €.
Consumo 200-4.000: subvención 7.500 €.
Consumo 50-200: subvención 5.000 €.
Consumo 50: subvención 2.000 €.
Os estudos deberán ter o contido mínimo indicado no documento Contido mínimo dunha auditoría enerxética dispoñible na páxina web do Inega (www.inega.es).

Unha vez rematada a auditoría, deberá presentarse copia dela en papel e en formato dixital así como o formulario de resultados do estudo, dispoñible na páxina web do Inega (www.inega.es).

Documentación.
-Documentación administrativa.
-Memoria técnica AEI.
1.b. Proxectos de aforro e eficiencia enerxética en industrias (PEI).
Concepto.
Investimentos encamiñados á redución do consumo de enerxía no sector industrial. O importe mínimo do investimento que se subvencionará será de 6.000 euros.

Beneficiarios.
Empresas do sector industrial con sede social ou establecemento produtivo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Custo elixible.
Investimentos en equipamentos, instalacións e sistemas que transformen ou consuman enerxía no proceso produtivo, así como os sistemas auxiliares necesarios para o proxecto, sempre que demostre a consecución dos obxectivos de aforro enerxético. Inclúense os proxectos de enxeñaría asociada, obra civil de implantación destes equipamentos e montaxe e posta en marcha.

Contía máxima da subvención.
Subvención a fondo perdido cun máximo de 22% do custo elixible do proxecto, cunha contía máxima de axuda de 200.000 euros por proxecto, salvo proxectos que polo seu carácter innovador se xustifiquen axeitadamente. Neste último caso, enténdese que se poderá superar a contía máxima no caso de introdución de novas tecnoloxías (procesos novos ou mellorados, ou desenvolvemento de novos equipamentos para incorporalos aos devanditos procesos) que supoñan unha redución do consumo enerxético e que se implanten en Galicia.

Documentación.
-Documentación administrativa.
-Memoria técnica PEI.
2. Sector transporte.
2.a. Estudos xerais de mobilidade urbana sustentable (EPM).

Concepto.
Estudos integrais de mobilidade urbana sustentable, dirixidos a promover actuacións na mobilidade urbana que fagan posible un cambio modal cara á utilización de medios de transporte menos consumidores de enerxía.

Beneficiarios.
Concellos.
Contía máxima da subvención.
60% do custo do estudo cos seguintes valores máximos de licitación:
Habitantes e custo máx. licitación (€):
30.000-50.000: 100.000 €.
50.000-100.000: 150.000 €.
50.00 100.000: 200.000 €.
Os concellos beneficiarios deberán manifestar o compromiso de levar a cabo as medidas que se propoñan nestes estudos, sempre e cando sexan viables técnica e economicamente, mediante aprobación en Pleno municipal.

Documentación.
-Documentación administrativa.
-Memoria técnica EPM.
2.b. Estudos de viabilidade de actuacións de mobilidade urbana sustentable (VPM).

Concepto e custo elixible.
-Estudos previos á implantación de medidas específicas de mobilidade urbana sustentable, que teñan un impacto importante no aforro enerxético.

-Experiencias piloto de medidas relacionadas coa mobilidade urbana: implantación dun sistema de coche compartido, carrís-bus, servizo de autobús lanzadeira. Non se inclúen neste caso os investimentos en infraestrutura de obra civil.

Beneficiarios.
Concellos.
Contía máxima da subvención.
60% do custo elixible cun máximo de 50.000 € para os estudos e 200.000 € para as experiencias piloto.

Documentación.
-Documentación administrativa.
-Memoria técnica VPM.
2.c. Plans de transporte para empresas (EPT).
Concepto e custo elixible.
-Estudos para a realización dun plan de transporte a unha empresa ou centro de actividade (polígono industrial, centros educativos ou sanitarios etc.) de máis de 200 traballadores, dirixidos a cambiar o modo maioritario de desprazamento ao posto de traballo en vehículo turismo, con baixa ocupación.

-Proxectos piloto, de duración limitada no tempo, para poñer en marcha plans de transporte a empresas ou áreas de actividade de máis de 200 traballadores.

Beneficiarios.
Concellos, outras administracións públicas, empresas e organizacións empresariais.

Contía máxima da subvención.
60% do custo elixible cos seguintes custos máximos de licitación.
-Estudos para a elaboración de plans de transporte a empresas: en función do número de traballadores.

Traballadores e custo máx. licitación (€):
200-1.000: 30.000 €.
200-1 1.000: 50.000 €.
-Proxectos piloto. Custo elixible máximo 150.000 €. Non están incluídos os custos de infraestrutura da obra civil.

Documentación.
-Documentación administrativa.
-Memoria técnica EPT.
3. Sector edificación.
3.a. Rehabilitación da envolvente térmica (ENV).
Concepto.
Actuacións enerxéticas que consigan unha redución da demanda de enerxía do edificio mediante melloras da súa envolvente térmica. Por exemplo: mellora do illamento de fachadas e cubertas, mellora das carpintarías exteriores e vidros, instalación de proteccións solares, muros trombre, muros parietodinámicos, invernadoiros asociados ás fachadas, sistemas de sombreamento, ventilación natural, etc. As exixencias mínimas de eficiencia enerxética que debe cumprir a envolvente térmica que se rehabilite son as que figuran no documento HE1, limitación da demanda enerxética do Código técnico da edificación.

Beneficiarios.
Persoas físicas ou xurídicas de natureza pública ou privada propietarios ou titulares de edificios do sector residencial e terciario (promotores, inmobiliarias, propietarios de edificios do sector terciario, propietarios de edificios de vivendas, comunidades ou mancomunidades de veciños, empresas municipais de vivenda, administracións públicas etc.).

Custo elixible.
Investimentos en medidas tendentes a reducir a demanda de calefacción e refrixeración do edificio, mediante actuacións na súa envolvente térmica.

Contía máxima da subvención.
O 22% do custo elixible, cun máximo de 20.000 euros por vivenda e por cada vivenda afectada e de 300.000 euros para proxectos de edificios do sector terciario.

Documentación.
-Documentación administrativa.
-Memoria técnica ENV.
3.b. Mellora da eficiencia enerxética de instalacións térmicas nos edificios existentes (TER).

Concepto.
Actuacións de mellora da eficiencia enerxética das instalacións de calefacción, produción de auga quente sanitaria e refrixeración que se renoven:

-Plan Renove de caldeiras: substitución de caldeiras cunha antigüidade maior a quince anos por novos equipamentos cun rendemento superior ao 90%.

-Substitución doutros equipamentos de produción de calor por bombas de calor e caldeiras de condensación e baixa temperatura: renovación de equipamentos con antigüidade inferior a quince anos, sempre que xustifiquen axeitadamente unha redución do 20% do consumo de enerxía.

-Substitución de equipamentos de movemento dos fluídos caloportadores por outros, seleccionados con base nun maior rendemento enerxético.

-Illamento de tubos de condución de auga quente sempre que xustifiquen axeitadamente unha redución do 20% do consumo de enerxía.

-Sistemas de arrefriamento gratuíto por aire exterior e de recuperación de calor do aire de extración sempre que xustifiquen axeitadamente unha redución do 20% do consumo de enerxía.

-Instalacións novas de sistemas centralizados de calefacción e refrixeración de barrio ou que dean servizo a varios edificios, así como a reforma ou ampliación das existentes.

Beneficiarios.
Empresas de servizos enerxéticos e de mantemento, persoas físicas ou xurídicas de natureza pública ou privada propietarios ou titulares de edificios do sector residencial e terciario (promotores, inmobiliarias, propietarios de edificios do sector terciario, propietarios de edificios de vivendas, comunidades ou mancomunidades de veciños, empresas municipais de vivenda, administracións públicas etc.).

Custo elixible e contía máxima da subvención.
Considérase custo elixible aqueles custos necesarios para a substitución dos equipamentos, instalación de illamentos e de sistemas de arrefriamento. No caso dos sistemas centralizados incluiranse no custo elixible os equipamentos de xeración, o tendido das canalizacións de transporte de fluídos caloportadores, os sistemas de regulación e control e a obra civil directamente asignable para a súa implantación.

As contías máximas das subvencións son as seguintes:
-Plan Renove de caldeiras: 22% do custo elixible.
-Substitucións doutros equipamentos de produción de calor:
Sistema de xeración e contía máxima da subvención.
Bomba de calor xeotérmica, COP > 4:30 % do custo elixible.
Bomba de calor xeotérmica 3,5 < COP < 4:25 % do custo elixible.
Bomba de calor aire/aire, aire/auga COPmín 3,5: 25 % do custo elixible.
Caldeiras de baixa temperatura: 30 % do custo elixible.
Caldeiras de condensación: 30 % do custo elixible.
-Substitución de equipamentos de movemento dos fluídos: 22% do custo elixible.
-Illamento de tubaxes de condución de auga quente: 22% do custo elixible.
-Sistemas de arrefriamento gratuíto: 22% do custo elixible.
-Sistemas centralizados: 22% do custo elixible.
Documentación.
-Documentación administrativa.
-Memoria técnica TER.
3.c. Mellora da eficiencia enerxética nas instalacións de iluminación nos edificios existentes (ILI).

Concepto.
Actuacións de mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación que se renoven.

-Substitución de equipamentos: substitución de luminarias, lámpadas e equipo auxiliar existentes por luminarias de maior rendemento, lámpadas de maior eficiencia e reactancias electrónicas regulables e que permitan reducir a potencia instalada en iluminación en, polo menos, un 30% cumprindo os requirimentos de calidade e confort visual regulamentados.

-Sistemas de control de acendido e regulación de nivel de iluminación que incluirán sistemas de detección de presenza e regulación do nivel de iluminación segundo achega de luz natural, conseguindo un aforro eléctrico de, polo menos, un 20% respecto á situación sen regulación ou control.

-Cambio de sistemas de iluminación: cambio na situación dos puntos de luz con utilización das anteriores tecnoloxías, de forma que se reduza o consumo eléctrico en, polo menos, un 30% respecto ao sistema actual de iluminación.

O importe mínimo do investimento a subvencionar será de 600 euros.
As exixencias mínimas de eficiencia enerxética que deben cumprir a instalación de iluminación que se rehabilite son as que figuran no documento HE3 do Código técnico da edificación.

Beneficiarios.
Persoas físicas ou xurídicas de natureza pública ou privada propietarios ou titulares de edificios do sector residencial e terciario (promotores, inmobiliarias, propietarios de edificios do sector terciario, propietarios de edificios de vivendas, comunidades ou mancomunidades de veciños, empresas municipais de vivenda, administracións públicas etc.).


Custo elixible.
Considérase custo elixible aqueles custos necesarios para a substitución dos equipamentos, sistemas de iluminación e instalación de sistemas de control e regulación da iluminación.

Contía máxima da subvención.
O 22% do custo elixible, cun máximo de 10.000 euros por proxecto. Naqueles casos en que se substitúan sistemas por equipamentos de alta eficiencia energética, a contía máxima da axuda será do 40%

Documentación.
-Documentación administrativa.
-Memoria técnica ILI.
4. Sector transformación da enerxía.
4.a. Auditorías enerxéticas a estacións de coxeración (AEC).
Concepto.
Auditorías enerxéticas tendentes á mellora da eficiencia enerxética das estacións de coxeración existentes e ao redeseño da súa potencia, para adaptarse mellor ás demandas térmicas que deben satisfacer actualmente e aplicar as novas tecnoloxías desenvolvidas en turbinas e motores, todo iso dentro do novo marco legal que será de aplicación a partir da transposición da Directiva 08/2004/CE.

Condicionantes: as empresas que realicen o estudo deberán ter probada experiencia na realización deles na rama de actividade correspondente.

Os estudos deberán ter o contido mínimo indicado no documento Contido mínimo dunha auditoría enerxética dunha estación de coxeración dispoñible na páxina web do Inega (www.inega.es).

Unha vez rematada a auditoría, deberá presentarse copia desta en papel e en formato dixital, así como o formulario de resultados do estudo, dispoñible na páxina web do Inega (www.inega.es).

Beneficiarios.
Empresas do sector industrial ou terciario, con sede social ou establecemento produtivo na Comunidade Autónoma de Galicia, que teñan en funcionamento unha planta de coxeración.

Contía máxima da axuda.
O 75% do custo do estudo cunha axuda máxima de 9.000 euros.
Documentación.
-Documentación administrativa.
-Memoria técnica AEC.
4.b. Estudos de viabilidade para coxeracións (EVC).
Concepto.
Estudos de viabilidade técnica e económica dirixidos a promover novas estacións de coxeración, que definirán as solucións e os deseños técnicos máis correctos a partir das demandas de calor útil.

Condicionantes: as empresas que realicen o estudo deberán ter probada experiencia na realización deles na rama de actividade correspondente. Unha vez realizado o estudo de viabilidade, deberase enviar copia en formato dixital e soporte papel ao Inega, así como os datos relevantes do estudo que se recollerán no informe tipo que está dispoñible na web do Inega: www.inega.es.

Beneficiarios.
Empresas do sector industrial, servizos e tratamento de residuos, que vaian realizar un estudo de coxeración e con sede social ou establecemento produtivo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Contía máxima da subvención.
O 75% do custo do estudo cun máximo de 11.250 € de axuda por estudo.
Documentación.
-Documentación administrativa.
-Memoria técnica EVC.
4.c. Axudas públicas á coxeración non industrial (CNI).
Concepto.
Axudas económicas á construción de estacións de coxeración de alta eficiencia no sector terciario e non industrial terciario, servizos e agropecuarios (excepto xurros).

Custo elixible.
Activos fixos novos en estacións de coxeración de alta potencia, independentemente da súa potencia, así como en microcoxeracións de ata 500 kW, que utilicen como combustible gas natural ou gasóleo, incluíndo os sistemas de frío. Formarán parte das partidas elixibles o custo dos equipos e sistemas, a obra civil asociada cun máximo do 10% e a realización de proxectos de enxeñaría.

Beneficiarios.
Persoas físicas ou xurídicas de natureza pública ou privada.
Contía máxima da subvención.
Subvención a fondo perdido cun máximo do 10% do custo elixible do proxecto cun importe máximo da axuda de 200.000 euros por proxecto.

Documentación.
-Documentación administrativa.
-Memoria técnica CNI.

ANEXO TÉCNICO II
Programa de axuds públicas do Inega para o uso racional da enerxía.
1. Sector industria.
1. Proxectos de diversificación enerxética no sector industrial (PDE).
Concepto.
Investimentos destinados á substitución de produtos petrolíferos por gas natural ou combustibles alternativos (residuos de proceso, biomasa etc) co obxecto de reducir o consumo de enerxía e/ou as emisións de CO2, cun importe mínimo do investimento de 6.000 €.

Beneficiarios.
Empresas con sede social ou establecemento produtivo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Custo elixible.
Investimentos en equipamentos, instalacións e sistemas que substitúan outros que transformen ou consuman produtos petrolíferos no proceso produtivo. Formará parte das partidas elixibles a obra civil asociada e a realización de proxectos de enxeñaría cun máximo do 15% do investimento.

Contía máxima da axuda.
O 22% do custo elixible do proxecto, cun importe máximo da axuda de 60.000 €.
Documentación necesaria.
-Documentación administrativa.
-Memoria técnica PDE.
2. Sector edificación.
2.a. Auditoría enerxética nos edificios do sector servizos (AES).
Concepto.
Estudos de optimización enerxética en edificios do sector servizos.
Beneficiarios.
Empresas sector terciario, entidades sen fin de lucro, administracións públicas con sede social ou establecemento na Comunidade Autónoma de Galicia.

Contía máxima da subvención.
O 75% do custo do estudo cos seguintes valores máximos de subvención en función do consumo de enerxía final actual do edificio:

Consumo enerxía final (tep) e subvención máx. (€):
Consumo 1.000: subvención 15.000 €.
Consumo 600-1.000: subvención 12.000 €.
Consumo 400-600: subvención 9.000 €
Consumo 200-400: subvención 7.500 €.
Consumo 50-200: subvención 5.000 €
Consumo 20-50: subvención 2.000 €.
Consumo 20-50 20: subvención 1.000 €.
Unha vez rematada a auditoría, deberá presentarse copia desta en soporte papel e en formato dixital así como o formulario de resultados do estudo, dispoñible na páxina web do Inega (www.inega.es).

Documentación necesaria.
-Documentación administrativa.
-Memoria técnica AES.
2.b. Proxectos de novas instalacións térmicas de alta eficiencia (NTE).
Concepto.
Instalación de novos equipamentos de calefacción, produción de auga quente sanitaria e refrixeración de alta eficiencia (bombas de calor, caldeiras de condensación e de baixa temperatura).

Beneficiarios.
Empresas de servizos enerxéticos e de mantemento, persoas físicas ou xurídicas de natureza pública ou privada propietarios ou titulares de edificios do sector residencial e terciario (promotores, inmobiliarias, propietarios de edificios do sector terciario, propietarios de edificios de vivendas, comunidades ou mancomunidades de veciños, empresas municipais de vivenda, administracións públicas, etc.).

Custo elixible.
Instalación de equipametos xeradores de enerxía térmica de alta eficiencia: bombas de calor, caldeiras de condensación e caldeiras de baixa temperatura. Inclúense equipamentos auxiliares de xeración. Non se inclúe o sistema de distribución interior.

Contía máxima da subvención.
As contías máximas das subvencións son as seguintes:
Sistema de xeración e contía máxima da subvención:
Bomba de calor xeotérmica, COP > 4: 30 % do custo elixible.
Bomba de calor xeotérmica 3,5 < COP < 4: 25 % do custo elixible.
Bomba de calor aire/aire, aire/auga COPmín 3,5: 25% do custo elixible.
Caldeiras de baixa temperatura: 30% do custo elixible.
Caldeiras de condensación: 30% do custo elixible
Documentación necesaria.
-Documentación administrativa.
-Memoria técnica NTE.
4. Sector servizos públicos.
A) Renovación das instalacións de iluminación pública exterior existentes (ILE).
Concepto.
Renovación das instalacións de iluminación pública exterior existentes aplicando criterios de aforro e eficiencia enerxética. As actuacións enerxéticas consideradas dentro desta medida serán aquelas que consigan unha redución do consumo de enerxía eléctrica en iluminación exterior e que se xustifiquen documentalmente.

Beneficiarios.
Concellos, institucións públicas e empresas públicas ou privadas concesionarias do servizo de iluminación exterior.

Custo elixible.
Formarán parte das partidas elixibles o custo dos equipamentos, a reforma de tendidos e instalacións eléctricas e a realización de proxectos de enxeñaría.

Exemplos de actuacións subvencionables:
Substitución de lámpadas de vapor de mercurio e equipamento auxiliar por vapor de sodio alta presión co seu respectivo equipamento auxiliar.


Instalación de sistemas de regulación do nivel luminoso que permitan reducir os niveis de iluminación nas vías públicas cando se reduce a súa actividade.

Substitución da tecnoloxía actual por tecnoloxía LED en semáforos, aumentando a eficiencia enerxética.

Contía máxima da subvención.
40% do custo elixible.
Documentación necesaria.
-Documentación administrativa.
-Memoria técnica ILE.
B) Proxectos de novas instalacións de iluminación exterior de alta eficencia (NIL).

Concepto.
Novas instalacións de iluminación pública exterior nas cales se apliquen as tecnoloxías máis eficientes enerxeticamente. Con carácter orientativo e non limitativo son:

-Instalación de lámpadas de VSAP e equipamento auxiliar.
-Luminarias e lámpadas de alto rendemento enerxético que permita optimizar o seu consumo.

-Instalación de sistemas de regulación do nivel luminoso que permite reducir os niveis de iluminación nas vías públicas cando se reduce a actividade nelas.

-Tecnoloxía LED en semáforos.
Beneficiarios.
Concellos, institucións públicas e empresas públicas ou privadas concesionarias do servizo de iluminación exterior.

Custo elixible.
Formarán parte das partidas elixibles o custo dos equipamentos, as instalacións eléctricas e a realización de proxectos de enxeñaría que demostren unha eficiencia enerxética na iluminación exterior.

Contía máxima da subvención.
40% do custo elixible.
Documentación necesaria.
-Documentación administrativa (publicada na páxina web).
-Memoria técnica NIL.
4. Sector transformación da enerxía.
4. A. Proxectos de alta eficiencia en coxeración industrial (ECI).
Concepto.
Investimentos en substitución de equipamentos para a mellora do rendemento total da instalación de coxeración e investimentos en novas instalacións de coxeración de alta eficiencia (rendemento superior en 5 puntos ao mínimo legal exixido e que se xustifiquen axeitadamente).

Custo elixible.
Investimento en equipamentos para o aumento da eficiencia das instalacións existentes, adaptación das plantas de coxeración a gas natural e investimento en equipamentos en novas instalacións. Formará parte das partidas elixibles a obra civil asociada e a realización de proxectos de enxeñaría cun máximo do 15% do investimento.

Beneficiarios.
Empresas do sector industrial con sede social ou establecemento produtivo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Contía máxima da subvención.
Subvención a fondo perdido cun máximo do 10% do custo elixible do proxecto cun importe máximo da axuda de 200.000 euros por proxecto. O importe mínimo do investimento que se subvencionará será de 6.000 euros.

Documentación necesaria.
-Documentación administrativa (publicada na páxina web).
-Memoria técnica ECI.
ANEXO TÉCNICO III
Progarama de axudas para proxectos de enerxías renovables.
1. Enerxía solar térmica.
Concepto.
Instalacións que aproveitan a radiación solar para o quentamento dun fluído mediante paneis solares planos ou tubos de baleiro.

Non será subvencionables aquelas instalacións que sexan obrigatorias en virtude do Documento básico HE 4 -Contribución solar mínima de auga quente sanitaria do Código técnico da edificación, aprobado polo Real decreto 314/2006, do 17 de marzo.

Beneficiarios.
Particulares; agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas o privadas sen personalidade; fundacións, asociacións e outras entidades sen ánimo de lucro; administracións públicas e empresas.

Investimento elixible.
Considérase investimento elixible o custo dos equipamentos e compoñentes que forman parte da instalación (captadores solares térmicos, acumuladores, intercambiadores de calor, bombas de circulación, tubos, válvulas e conexións, vasos de expansión, illamentos, sistema eléctrico e de control, equipamentos de medida e demais equipamentos secundarios), así como a montaxe e conexionado do conxunto, obra civil asociada, deseño de enxeñaría da instalación, dirección de obra e posta en marcha.

Contía máxima da subvención.
A contía máxima da subvención é o 37% do investimento elixible, cos seguintes límites máximos:

Tipo de instalación e subvención máx:
Instalación con paneis planos: 450 euros/kW (*)
Instalación con tubos de baleiro: 300 euros/m2
(*) A potencia instalada calcularase a partir da superficie útil de captación e a curva de rendemento do panel, con temperatura de entrada 45º C, temperatura ambiente 15º C e a radiación correspondente á curva de ensaio do captador.

No caso de que os fondos non sexan suficientes para atender todas as solicitudes recibidas, nos proxectos dedicados á xeración de auga quente e apoio á calefacción poderase conceder a axuda correspondente á subinstalación de xeración de auga quente.

Establécese a axuda máxima por proxecto en 60.000 euros.
Documentación.
-Anexo de datos administrativos (ADM-00).
-Documento R-ST - Memoria enerxía solar térmica.
-Copia da curva característica do ensaio de rendemento do colector solar empregado. Deberá estar emitida por unha entidade debidamente acreditada (segundo a Orde ITC/71/2007, do 22 de xaneiro, do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio).

-Documentación xustificativa de que a instalación obxecto da axuda non é obrigatoria en virtude do Código técnico da edificación aprobado polo Real decreto 314/2006, do 17 de marzo (esta documentación poderá consistir nunha copia da licenza de obras da edificación, copia das escrituras de compravenda ou de fin de obra da edificación, fotografías actuais ou calquera outro documento co cal, ao xuízo da comisión de valoración, quede constancia deste feito).

2. Enerxía solar fotovoltaica illada.
Concepto.
Instalacións que transforman a radiación solar en enerxía eléctrica, mediante paneis fotovoltaicos, para o seu consumo illado da rede de distribución, podendo contar o sistema con acumulación en baterías.

Beneficiarios.
Particulares; agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas o privadas sen personalidade; fundacións, asociacións e outras entidades sen ánimo de lucro; administracións públicas e empresas.

Requisitos da instalación.
Deberá xustificarse a utilización dunha instalación solar fotovoltaica illada pola imposibilidade de conexión á rede de distribución sen implantación de novas liñas eléctricas. Esta xustificación non será necesaria para instalacións demostrativas.

Investimento elixible.
Formarán parte das partidas elixibles o custo dos equipamentos e instalacións, módulos fotovoltaicos, baterías, reguladores, convertedores, tendidos eléctricos e conexións, así como obra civil asociada, dirección e enxeñaría de proxecto, posta en marcha e documentación técnica.

O investimento elixible ten os seguintes límites máximos por potencia fotovoltaica instalada:

Tipo de instalación e investimento máximo (€/kWp):
Instalación sen acumulación (baterías): 9.000.
Instalacións con acumulación (baterias): 12.000.
Contía máxima da subvención.
A contía máxima da subvención será do 50% do investimento elixible, agás no caso das empresas, para as cales existirá unha limitación adicional na porcentaxe máxima do investimento subvencionable segundo as directrices europeas do medio.

Establécese a seguinte axuda máxima por proxecto:
Tipo de instalación e axuda máxima (€):
Instalación sen acumulación (baterías): 9.000.
Instalación con acumulación (baterías): 12.000.
Documentación
-Anexo de datos administrativos (ADM-00).
-Documento R-FI-Memoria enerxía solar fotovoltaica (só os campos correspondentes a instalacións illadas).

-Copia do certificado de cumprimento da normativa IEC dos paneis fotovoltaicos, emitido por unha entidade debidamente acreditada (organismos normalizadores, institutos tecnolóxicos, etc.) Este documento é facilitado polo fabricante ou distribuidor dos paneis fotovoltaicos.

3. Enerxía solar fotovoltaica conectada á rede.
Concepto.
Instalacións que transforman a radiación solar en enerxía eléctrica, mediante paneis fotovoltaicos integrados arquitectonicamente, para a súa inxección á rede eléctrica.

Non será subvencionables aquelas instalacións que sexan obrigatorias en virtude do Documento básico HE 5 -Contribución fotovoltaica mínima de enerxía eléctrica do Código técnico da edificación, aprobado polo Real decreto 314/2006, do 17 de marzo.

Beneficiarios.
Particulares; agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas o privadas sen personalidade; fundacións, asociacións e outras entidades sen ánimo de lucro; administracións públicas e empresas.

Requisitos da instalación.
A potencia nominal da instalación en inversores será igual ou menor de 10 kW. Este límite será aplicable igualmente á suma das potencias nominais das instalacións que se inclúan en diferentes solicitudes de axudas e que estean situadas na mesma edificación.


Os paneis fotovoltaicos deberán estar integrados arquitectonicamente, entendendo integración no sentido de estar situadas nun plano paralelo ao cerramento da edificación, ou incluso substituír algún dos seus elementos.

Custo elixible.
Formarán parte das partidas elixibles o custo dos equipamentos e instalacións necesarias para o correcto funcionamento do sistema.

O investimento elixible ten o seguinte límite máximo por potencia fotovoltaica instalada:

Tipo de instalación e investimento elixible máximo (€/kWp):
Instalación fotovoltaica conectada á rede: 6.000.
Contía máxima da subvención.
A contía máxima da subvención será do 10% do investimento elixible, sendo a axuda máxima por proxecto (ou proxectos situados na mesma edificación) de 4.000 euros.

Documentación
-Anexo de datos administrativos (ADM-00).
-Documento R-FR-Memoria enerxía solar fotovoltaica (só os campos correspondentes a instalacións conectadas á rede).

-Copia do certificado de cumprimento da normativa IEC dos paneis fotovoltaicos, emitido por unha entidade debidamente acreditada (organismos normalizadores, institutos tecnolóxicos, etc.) Este documento é facilitado polo fabricante ou distribuidor dos paneis fotovoltaicos.

-No caso de atoparse no ámbito de aplicación especificado no artigo 1.1. do documento HE 5 -Contribución fotovoltaica mínima de enerxía eléctrica do Código técnico da edificación, aprobado polo Real decreto 314/2006, de 17 de marzo, achegarase documentación xustificativa de que a implantación da instalación obxecto da axuda non é obrigatoria (esta documentación poderá consistir nunha copia da licenza de obras da edificación, copia das escrituras de compravenda ou de fin de obra da edificación, fotografías actuais ou calquera outro documento co cal, ao xuízo da comisión de valoración, quede constancia deste feito).

4. Biomasa.
Concepto.
Instalacións que utilizan biomasa para o quentamento dun fluído mediante caldeiras con alimentación automática ou semiautomática.

Beneficiarios.
Particulares; agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas o privadas sen personalidade; fundacións, asociacións e outras entidades sen ánimo de lucro; administracións públicas e empresas.

Custo flexible.
Formarán parte das partidas elixibles o custo da caldeira, o custo do sistema de almacenamento de combustible e o custo do sistema de alimentación de combustible.

Contía máxima da subvención.
A contía máxima da subvención é o 30% do investimento elixible, cos seguintes límites máximos adicionais de subvención por tipo de instalación e potencia térmica:

Tipo de instalación e subvención máx. (€/kWt):
Instalación con alimentación automática (silo con parafuso sen fin): 150.
Instalación sen alimentación automática: 100.
Establécese a axuda máxima por proxecto en 20.000 euros.
Documentación.
-Anexo de datos administrativos (ADM-00).
-Documento R-CB-Memoria biomasa.
-Folla de características da caldeira utilizada.
5. Outras renovables: enerxía eólica e enerxía minihidráulica.
Concepto.
Instalacións de aproveitamento da enerxía eólica e enerxía minihidráulica para xeración eléctrica.

Beneficiarios.
Particulares; agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas o privadas sen personalidade; fundacións, asociacións e outras entidades sen ánimo de lucro; administracións públicas e empresas.

Requisitos da instalación.
A potencia eléctrica instalada total será igual ou menor de 10 kw. Este límite será aplicable igualmente á suma das potencias nominais das instalacións que se inclúan en diferentes solicitudes de axudas e que estean situadas no mesmo lugar.

No caso de instalacións illadas, deberá xustificarse debidamente a súa utilización pola imposibilidade de conexión á rede de distribución sen necesidade de implantación de novas liñas eléctricas. Esta xustificación non será necesaria para instalacións demostrativas.

Custo flexible.
Formarán parte das partidas elixibles o custo dos equipamentos e instalacións, aeroxeradores, turbinas, baterías, reguladores, convertedores, tendidos eléctricos e conexións, así como obra civil asociada, dirección e enxeñaría do proxecto, posta en marcha e documentación técnica.

Contía máxima da subvención.
A contía máxima da subvención é o 40% do investimento elixible, cos seguintes límites máximos da axuda por potencia instalada en aeroxerador e/ou turbina:

Tipo de instalación e subvención más. (€/kW):
Eólica e/ou minihidráulica sen acumulación: 1.500.
Eólica e/ou minihidráulica con acumulación: 3.000.
Establécese a axuda máxima por proxecto en 15.000 euros.
Documentación.
-Anexo de datos administrativos (ADM-00).
-Documento R-OT-Memoria outras renovables.
-Folla de características do aeroxerador e/ou turbina.
Importante. Instalacións mixtas.
As solicitudes de axudas relativas a instalacións mixtas que utilicen as tecnoloxías solar térmica, solar fotovoltaica conectada á rede e/ou biomasa deberán separarse en proxectos individualizados para estes aproveitamentos, utilizando os modelos R-ST, R-FR e/ou R-CB, respectivamente.

O resto das tecnoloxías (fotovoltaica illada, eólica e/ou minihidráulica) poderán presentarse de forma individual ou conxuntamente nunha única solicitude.

En todo caso, nas instalacións mixtas a valoración e a asignación da axuda realizarase de forma proporcionada para as distintas tecnoloxías, utilizando as especificacións incluídas nas epígrafes correspondentes.

Para todos os tipos de axuda.
No caso de axudas a empresas, as porcentaxes de axudas máximas aplicaranse sobre o investimento elixible menos os beneficios dos cinco primeiros anos de explotación.






[Páx. Anterior][Sumario D.O.G.][Páx. Seguinte]



© Xunta de Galicia
Información mantida pola Xunta de Galicia
Servizo prestado pola Consellería de Presidencia, AA.PP. e Xustiza
Correo electrónico: webdoga xunta.es