Diario Oficial de Galicia
martes, 27 de marzo de 2007

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS


Número do Dog:

61


Páxina do Dog:

4.911


Data da Disposición:

14 de marzo de 2007


Sección:

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS


Organismo:

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA


Rango:

Orde


Título:

Orde do 14 de marzo de 2007 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a substitución de guindastres-torre desmontables para obras na Comunidade Autónoma de Galicia, no ano 2007, e se procede á súa convocatoria (IN420A).



Orde do 14 de marzo de 2007 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a substitución de guindastres-torre desmontables para obras na Comunidade Autónoma de Galicia, no ano 2007, e se procede á súa convocatoria (IN420A).

A Consellería de Innovación e Industria, a través da Dirección Xeral de Industria Enerxía e Minas, ten entre as súas competencias a inspección, o control e a vixilancia do cumprimento dos regulamentos e das normas de seguridade sobre instalacións e actividades industriais.

O obxecto desta orde é a convocatoria de subvencións para a substitución de guindastres-torre desmontables para obras (en diante G.T.D.O.), con data de fabricación anterior ao 1 de xaneiro de 1985, por outras de nova fabricación. Os G.T.D.O. que se substituirán deberán ser achatarradas.

Como medio e instrumento para favorecer e mellorar a seguridade nos guindastres, a Consellería de Innovación e Industria considera necesario establecer un programa de axudas para a substitución de G.T.D.O na Comunidade Autónoma de Galicia.

Neste programa estrutúrase unha liña de axudas, apróbanse as súas bases e adáptanse ás novas exixencias de regulación estatal e autonómica en materia de subvencións públicas. Igualmente procédese á convocatoria destas axudas para o ano 2007.

O contido desta orde de axudas axústase ao disposto polo Decreto 172/2001, do 12 de xullo, sobre incentivos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia.

Na súa virtude, e no uso das atribucións que me foron concedidas,
DISPOÑO:
Artigo 1º.-Convocatoria e bases reguladoras.
1. Esta orde ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión de subvencións da Consellería de Innovación e Industria para a substitución de G.T.D.O na Comunidade Autónoma de Galicia (IN420A), que se inclúen como anexo I a esta orde.

2. Así mesmo, por medio desta orde convócanse as devanditas subvencións para o ano 2007.

Artigo 2º.-Solicitudes.
1. Para poder ser beneficiario das subvencións deberá presentarse unha solicitude axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo II desta orde, que irá acompañada dos documentos que se especifican no artigo 4º das bases reguladoras.

2. As axudas outorgaranse en réxime de concorrencia competitiva, e ata esgotarse as dispoñibilidades orzamentarias aprobadas e financiaranse con cargo á partida 10.03.732-A.770.0 «Seguridade Industrial. Empresas» cun crédito de 309.000 euros, consignados nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007.

3. A contía máxima da subvención neta equivalente poderá alcanzar ata o 20% do custo do investimento subvencionable. A data limite para executar as actuacións que fosen obxecto de subvención e para xustificar o correspondente investimento é o 30 de outubro de 2007.

4. Sobre este procedemento administrativo, que ten o código IN420A, poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, a través da páxina web oficial da consellería (www. conselleriaiei. org), na súa epígrafe de axudas.

Artigo 3º.-Lugar e prazo de presentación das solicitudes.
1. As solicitudes, xunto coa documentación, presentaranse nos rexistros da Consellería de Innovación e Industria, así como nos de calquera outro órgano da Administración xeral do Estado, das comunidades autónomas ou das entidades que integran a Administración local, sempre que neste último caso se teña subscrito o oportuno convenio, ou polos restantes medios previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común

2. O prazo de presentación das solicitudes será de 30 días naturais desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 4º.-Prazo de duración do procedemento de concesión.
1. Unha vez rematado o prazo para a presentación de solicitudes, estas serán tramitadas e valoradas de acordo co procedemento establecido nas bases reguladoras.O prazo máximo para resolver e notificar a resolución do procedemento non poderá exceder de seis meses. O prazo computarase a partir da publicación da correspondente convocatoria.

2. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución ao interesado será de seis meses contados a partir do seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se transcorrese o prazo máximo para resolver sen que recaese resolución expresa, os interesados poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

Artigo 5º.-Información aos interesados.
Sobre este procedemento administrativo, que ten o código IN420A, poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, a través dos seguintes medios:

a) Páxina web oficial da consellería (www. conselleriaiei. org), na súa epígrafe de axudas.

b) Os teléfonos 981 54 55 72 e 981 54 43 88 da devandita dirección xeral.
c) Presencialmente.
Así mesmo, para cuestións xerais sobre este ou outro procedemento, poderá facerse uso do teléfono de información xeral da Consellería de Innovación e Industria, que é o 981 54 43 41.

Disposicións derradeiras
Primeira.-Habilitación para o desenvolvemento.
Facúltase o director xeral de Industria, Enerxía e Minas para que dite as resolucións que sexan precisas para o desenvolvemento e a aplicación desta orde.

Segunda.-Entrada en vigor.
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2007.
Fernando Xabier Blanco Álvarez
Conselleiro de Innovación e Industria
ANEXO I
Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a substitución de guindastres-torre desmontables para obras na Comunidade Autónoma de Galicia, no ano 2007.

Artigo 1º.-Obxecto e réxime das subvencións.
1. Estas bases teñen como obxecto proceder á convocatoria de axudas e subvencións para o ano 2007 do programa de apoio á substitución de guindastres-torre desmontables para obras (en diante G.T.D.O), con data de fabricación anterior ao 1 de xaneiro de 1985, por outras de nova fabricación. Os G.T.D.O. para substituír deberán ser achatarradas.

2. O G.T.D.O para substituír debe estar inscrita, antes do 8 de abril de 1997 no Rexistro de G.T.D.O. existente nas delegacións provinciais de Industria e ter sido instalada, polo menos nunha ocasión, antes desa data (8 de abril de 1997).

3. Estas axudas outorgaranse en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade, non-discriminación, eficacia e eficiencia.

4. Non se valorarán para efectos de investimentos, os gastos que se realicen en pagamento de licenzas, gastos sometidos a aranceis ou os correspondentes a investimentos realizados con fórmulas de arren

damento financeiro. Os tributos son gasto subvencionable cando o beneficiario da subvención os aboa efectivamente. En ningún caso se considerarán gastos subvencionables os impostos indirectos, salvo que se acredite que non son susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.

Artigo 2º.-Financiamento e concorrencia.
1. As axudas outorgaranse en réxime de concorrencia competitiva, e ata esgotarse as dispoñibilidades orzamentarias aprobadas e financiaranse con cargo á partida 10.03.732-A.770.0 «Seguridade Industrial. Empresas» cun crédito de 309.000 euros, consignados nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007.

O crédito e a aplicación orzamentaria son os que se indican a continuación:
Aplicación: 10.03.732-A.770.0.
Denominación: Seguridade industrial. Empresas.
Importe en euros: 309.000,00 A.
2. Sen prexuízo de ulteriores variacións producidas como consecuencia dunha maior dispoñibilidade orzamentaria, que poderá dar lugar á concesión de máis subvencións de acordo coa prelación de solicitudes, resultan de aplicación dos criterios de valoración que se recollen no artigo 9º.

3. A contía máxima da subvención neta equivalente poderá alcanzar ata o 20% do custo do investimento subvencionable.

4. Esta subvención é compatible con outras axudas para o mesmo fin, sempre e cando o importe das axudas e subvencións en ningún caso poderán ser de tal contía que, illada ou en concorrencia con outras, supere o custo da actividade subvencionable.

Artigo 3º.-Beneficiarios.
1. Os beneficiarios das axudas serán os propietarios de G.T.D.O que realicen investimentos de acordo co obxecto desta orde.

2. Cando o beneficiario sexa unha agrupación de persoas físicas ou xurídicas deberanse facer constar expresamente na solicitude os compromisos de execución asumidos para cada membro da agrupación, así como o importe da subvención que se aplicará para cada unha delas, que terán igualmente a condición de beneficiarios. Nestes casos, deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, correspondan á agrupación. Non se poderá disolver a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 23 e 79 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.


3. Os solicitantes deben reunir os seguintes requisitos:
a) Non estar incurso en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei xeral de subvencións.

b) Será condición imprescindible para que as empresas poidan acollerse a estes beneficios a inscrición no Rexistro de Establecementos Industriais de Galicia, de acordo co establecido no artigo 8.6ª do Decreto 115/2000, do 11 de maio, polo que se aproba o Regulamento do rexistro de establecementos industriais de Galicia.

Artigo 4º.-Solicitudes.
As solicitudes para parcipar no procedemento de concesión das subvencións presentaranse na forma e no prazo que se indican na convocatoria.

Cando o importe do gasto subvencionable supere a contía de 12.000 euros no suposto de subministración de bens de equipo, o beneficiario deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores salvo que se xustifique que, polas especiais características dos gastos subvencionables, non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten ou salvo que se celebrase o contrato con anterioridade á solicitude da subvención, sempre que se refiran ao período establecido no artigo 1º.1.

As solicitudes cubertas segundo o modelo do anexo II, presentaranse acompañadas da seguinte documentación, que deberá presentarse por duplicado:

a) Fotocopia cotexada do documento acreditativo da persoa ou entidade solicitante (DNI, NIF) ou, de ser o caso, da representación en que se actúa. No caso das persoas xurídicas, poder do asinante e escritura pública de constitución da sociedade.

b) Fotocopia cotexada da inscrición no Rexistro de Establecementos Industriais de Galicia da empresa solicitante.

c) Memoria técnica do guindastre que se vaia substituír, onde se especifique a marca, o tipo e o número de fabricación.

d) Fotocopia cotexada do certificado de construción emitido polo fabricante ou importador ou documento equivalente.

e) Documentación onde se acredite estar inscrita no rexistro de G.T.D.O. da Consellería de Innovación e Industria e ser instalada polo menos nunha ocasión antes do 8 de abril de 1997, ou copia cotexada desta.

f) Documento onde se acredite a última montaxe do G.T.D.O, ou copia cotexada deste.

g) Factura pro forma onde conste orzamento, con correspondente desagregación do IVE e prazo de entrega do G.T.D.O. substitutivo, así como copia das tres ofertas establecidas neste artigo.

h) Documento en que se identifiquen de forma fidedigna os elementos constitutivos do G.T.D.O. que se vaia substituír, que poderán ser verificados polos servizos técnicos da Consellería de Innovación e Industria.

i) Declaración doutras axudas solicitadas, obtidas ou que prevé solicitar para o mesmo investimento en calquera outra administración, entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais. A obtención destas axudas deberá comunicarse tan pronto como

se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos recibidos. Esta declaración axustarase ao modelo recollido como anexo III desta orde.

j) Compromiso por parte do empresario de instalar o G.T.D.O. substitutivo na Comunidade Autónoma de Galicia, así como de non vendela nos 5 anos seguintes á súa compra.

k) Declaración do solicitante de non estar incurso en ningunha das circunstancias previstas nos puntos 2º e 3º do artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións. Esta declaración axustarase ao modelo recollido como anexo IV desta orde.

l) Declaración xurada do solicitante de contar cos documentos de estar ao día das súas obrigas tributarias, da seguridade social, e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma. Só aqueles interesados aos que se lles adxudique a subvención presentarán a documentación que se relaciona na declaración xurada conforme o modelo previsto no anexo V desta orde, e farano no momento da xustificación da subvención.

Artigo 5º.-Consentimentos e autorizacións.
1. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras. De conformidade co artigo 43 da Lei 14/2006, do 28 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007, a presentación da solicitude de concesión da subvención comportará a autorización do solicitante para que o órgano concedente obteña de forma directa a acreditación do cumprimento das súas obrigas tributarias co Estado, coa Comunidade Autónoma e coa Seguridade Social, a través de certificados telemáticos.

Igualmente, de conformidade co mesmo artigo, se o solicitante indica que certa documentación que se deba usar neste procedemento xa figura no poder da Administración, a presentación da solicitude implica a autorización ao órgano instrutor para acceder a esa documentación. Para estes efectos, a documentación debe manterse vixente e identificarase no formulario de solicitude o procedemento administrativo para o que foi presentada.

2. De acordo co establecido na disposición adicional primeira do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, de creación dos rexistros de axudas, subvencións e convenios e de sancións da Xunta de Galicia, a persoa solicitante da subvención consentirá expresamente a inclusión e publicidade dos datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións impostas, no devandito rexistro, feito que terá lugar agás nos supostos legalmente establecidos. No caso de persoas físicas, todo isto consonte o establecido na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de caracter persoal, e na Lei orgánica 1/1982, do 5 de maio, pola que se regula a protección civil do dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe.

3. De conformidade co artigo 13.4º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, esta consellería publicará na súa páxina web oficial a relación dos beneficiarios e o importe das axudas concedidas, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e a súa publicación na citada páxina web, coas excepcións previstas nas leis.

Artigo 6º.-Órganos competentes.
A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas será o órgano competente para a instrución do procedemento de concesión da subvención, correspondendo ao conselleiro de Innovación e Industria ditar a resolución de concesión.

Artigo 7º.-Instrución dos procedementos.
1. De conformidade co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras ou na correspondente convocatoria, requirirase o interesado para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixese, se considerará que desistiu na súa petición, logo da correspondente resolución.

Este requirimento de emenda tamén se fará se das certificacións obtidas de conformidade co artigo 5º.1 resulta que o solicitante non se atopa ao día de pagamento das súas obrigas tributarias, coa Seguridade Social, ou con calquera outro organismo da Administración pública galega.

2. Sen prexuízo do disposto no parágrafo anterior, poderá requirirse o solicitante que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

3. Unha vez revisadas as solicitudes e as emendas feitas, aqueles expedientes administrativos que reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria serán remitidos á comisión encargada da súa valoración, de acordo co establecido no artigo seguinte.

4. Os expedientes que non cumpran as exixencias contidas nestas bases ou na normativa de aplicación, ou que non conteñan a documentación necesaria, quedarán á disposición do órgano instrutor para que formule a proposta de resolución de inadmisión, na cal se indicarán as causas desta.

Artigo 8º.-Comisión de valoración.
1. A comisión de valoración será o órgano colexiado encargado de valorar as solicitudes de acordo cos criterios obxectivos fixados no artigo seguinte, así como de propoñer a concesión ou denegación da subvención aos interesados.

2. A composición da comisión de valoración será a seguinte:
a) Presidente: o subdirector xeral de Administración Industrial ou a persoa en que delegue.

b) Vogais: un representante de cada unha das delegacións provinciais da Consellería de Innovación e Industria.

c) Secretario: o xefe do Servizo de Administración Industrial
3. Na proposta de concesión que formule a comisión figurarán de xeito individualizado os solicitantes propostos para obter a subvención, especificándose a avaliación que lles corresponde segundo os criterios recollidos no artigo seguinte. Así mesmo, indicarase o importe da subvención para cada un deles, ata esgotar o crédito dispoñible.

4. O resto das actuacións subvencionables quedará en reserva para seren atendidos ben co crédito que quedase libre de producirse algunha renuncia ou modificación nos proxectos inicialmente subvencionados, ben co incremento do crédito orzamentario destinado a esta subvención. Para estes efectos poderán realizarse sucesivas propostas de resolución conforme o sinalado neste artigo.


Artigo 9º.-Criterios de valoración.
As solicitudes de subvención serán valoradas de acordo cos seguintes criterios que se relacionan por orde decrecente de importancia:

a) Antigüidade do guindastre-torre que se vaia substituír, primando os máis antigos.

b) Data da última montaxe, primando aos máis próximos á data de publicación desta orde

c) O grao de cumprimento do solicitante nas subvencións outorgadas por esta consellería en convocatorias anteriores.

d) Darase prioridade aos guindastres-torre que se vaian substituír que están en funcionamento na actualidade, ou en datas o máis próximas posibles.

e) Orde de entrada das solicitudes.
Non se subvencionarán por empresa máis de 5 solicitudes salvo que exista crédito remanente.

Artigo 10º.-Audiencia.
1. Instruído o procedemento, e inmediatamente antes de redactar a proposta de resolución, porase de manifesto aos interesados para que, nun prazo de dez días, poidan formular alegacións e presentar os documentos e xustificacións que estimen pertinentes.

2. Porén, poderase prescindir do trámite a que se refire o punto anterior cando non figuren no procedemento nin se vaian ter en conta na resolución outros feitos nin outras alegacións ou probas que as aducidas polo interesado.

Artigo 11º.-Resolución e notificación.
1. Unha vez concluído o trámite de audiencia, a comisión de valoración formulará a proposta de resolución, que se elevará, a través do órgano instrutor, ao conselleiro.

2. O conselleiro, á vista da proposta, ditará a correspondente resolución, que deberá estar debidamente motivada e expresará, cando menos, a actuación que se subvenciona e o seu custo, así

como a subvención concedida e a súa contía ou, de ser o caso, a causa de denegación.

En ningún caso o importe da subvención concedida poderá superar o custo da actividade que desenvolverá o beneficiario ou, de ser o caso, a porcentaxe máxima do investimento subvencionable legalmente establecida.

3. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución ao interesado será seis meses contados a partir do seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se transcorrese o prazo máximo para resolver sen que recaese resolución expresa, os interesados poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

4. Todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 12º.-Réxime de recursos.
As resolucións ditadas ao abeiro da correspondente orde de convocatoria poñerán fin á vía administrativa e contra elas poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Innovación e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta fose expresa, ou de tres meses contados a partir do seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

b) Recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta fose expresa, ou de seis meses contados a partir do seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

c) A data límite para a presentación de modificación da resolución de concesión será os quince días naturais desde a súa notificación.

Artigo 13º.-Modificación da resolución.
1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

2. O órgano competente para a concesión da axuda poderá acordar a modificación da resolución por instancia do beneficiario. Os requisitos que deberán cumprirse para isto son os seguintes:

a) Que a actividade, conduta ou modificación do proxecto estea comprendida dentro da finalidade das bases reguladoras.

b) Que se acredite a inexistencia de prexuízo a terceiros.
c) Que os novos elementos e as circunstancias que motiven a modificación, de teren concorrido na concesión inicial, non supuxesen a denegación da axuda ou subvención.

3. O acto polo que se acorde ou se denegue a modificación da resolución será ditado polo conselleiro de Innovación e Industria logo da instrución do correspondente expediente, en que se lle dará audiencia ao interesado nos termos previstos no artigo 10º.

Artigo 14º.-Aceptación e renuncia.
1. Sen prexuízo dos recursos que procedan contra a resolución, transcorridos quince días naturais desde a notificación desta sen que o interesado comunicase expresamente a súa renuncia á subvención, entenderase que a acepta, e desde ese momento adquirirá a condición de beneficiario.

A renuncia á subvención farase axustándose ao modelo que se inclúe como anexo VI destas bases, así como por calquera outro medio que permita a súa constancia de acordo co establecido no artigo 91 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. No caso de que se comunicase a renuncia en prazo, o conselleiro ditará a correspondente resolución nos termos do artigo 42.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 15º.-Obrigas dos beneficiarios.
1. Son obrigas dos beneficiarios:
a) Cumprir o obxecto, executar o proxecto, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión das subvencións.

b) Xustificar ante o órgano concedente, ou a entidade colaboradora, de ser o caso, o cumprimento dos requisitos ou condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determine a concesión e o desfrute da subvención.

c) Someterse ás actuacións de comprobación, que efectúe o órgano concedente, ou a entidade colaboradora, de ser o caso, así como calquera outra comprobación e control financeiro que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto nacionais como comunitarios, achegando canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

d) Comunicar ao órgano concedente ou á entidade colaboradora a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

e) Acreditar con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión que se atopa ao día no

cumprimento das obrigas tributarias e fronte a Seguridade Social, na forma que se determine regulamentariamente, e sen prexuízo do establecido na disposición adicional décimo oitava da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

f) Dispor dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como cantos estados contables e rexistros específicos sexan exixidos polas bases reguladoras das subvencións coa finalidade de garantir o adecuado exercicio das facultades de comprobación e control.

g) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en tanto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

h) Os beneficiarios deberán dar a adecuada publicidade de carácter público do financiamento de programas, actividades, investimentos ou actuacións de calquera tipo que sexan obxecto de subvención, nos termos regulamentariamente establecidos.

i) Procederá o reintegro total ou parcial da subvención e dos xuros de demora devengados desde o momento do pagamento ata a data na que se acorde a procedencia de tal reintegro nos casos previstos no artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, modificado pola Lei 14/2004, do 29 de decembro, de medidas tributarias e de réxime administrativo.

Así mesmo, procederá o reintegro do exceso percibido nos supostos en que o importe da subvención illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións publicas ou doutras entidades públicas ou privadas, nacionais ou internacionais, supere o custo da actividade que vai desenvolver o beneficiario ou, se é o caso, a porcentaxe máxima de investimento subvencionable que se estableza.

2. A rendición de contas dos perceptores de subvencións a que se refire o artigo 34.3º da Lei 7/1988, do 5 de abril, de funcionamento do tribunal de contas, instrumentarase a través do cumprimento da obriga de xustificación do órgano concedente ou entidade colaboradora, de ser o caso, da subvención, regulada no parágrafo b) do punto 1 deste artigo.

Artigo 16º.-Xustificación da subvención.
1. Para cobrar a subvención concedida, o beneficiario deberá presentar antes do 30 de outubro de 2007 a seguinte documentación por duplicado:


a) Factura acreditativa da adquisición, xustificante de pagamento ou documentos de financiamento do G.T.D.O. adquirido, ou copia cotexada destes.

b) Certificado acreditativo do achatarramento do G.T.D.O. que vaia substituír, o que poderá ser obxecto de comprobación polos servizos técnicos da Consellería de Innovación e Industria.

c) Xustificante doutras axudas obtidas ou declaración das solicitadas obtidas ou que prevé obter para o mesmo investimento en calquera outra administración, entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais; indicando a súa contía. Esta declaración axustarase ao modelo recollido como anexo III desta orde.

d) Certificados acreditativos de que se atopa ao día das obrigas tributarias, da Seguridade Social, e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

e) Para o aboamento da subvención uniráselle á documentación xa sinalada unha certificación da conta bancaria, en que conste código de banco, código de sucursal, díxito de conta e código de conta corrente, onde se debe realizar o aboamento, expedida pola propia entidade bancaria.

f) Copia cotexada do documento de baixa no rexistro de guindastres-torre, do G.T.D.O. achatarrado na delegación provincial correspondente.

g) Copia cotexada do documento de alta no rexistro de guindastres-torre, do G.T.D.O. adquirido na delegación provincial correspondente.

2. Transcorrido o prazo indicado sen que o beneficiario presentase a documentación solicitada poderase entender que renuncia á subvención. Neste caso, o conselleiro ditará a oportuna resolución, nos termos do artigo 42.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 17º. Pagamento.
1. Recibida a documentación xustificativa da subvención, os órganos competentes da Consellería de Innovación e Industria, antes de proceder ao seu pagamento, poderán solicitar as aclaracións, informes ou medios de xustificación a que se refire o artigo 15 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, que consideren convenientes. No caso de que non os remitise o beneficiario dentro do prazo que se sinale, entenderase que renuncia á axuda.

2. A percepción da axuda terá lugar despois de que os servizos técnicos da Consellería de Innovación e Industria tras a inspección realizada, de ser o caso, certifiquen que se realizou o investimento que foi obxecto da subvención e o previsto na resolución de concesión. Ademais, o beneficiario deberá presentar a documentación adicional que lle sexa requirida por estes servizos técnicos, co obxecto de determinar o alcance do proxecto e as actuacións subvencionables.

No caso de que o investimento realizado tivese un custo inferior ao inicialmente previsto e sempre que a minoración do custo non supoña unha realización deficiente do proxecto, a axuda que se conceda verase minguada nunha porcentaxe proporcional.

3. Unha vez xustificado debidamente o investimento, aboarase ao beneficiario nun único pagamento.

Artigo 18º.-Incumprimento, reintegros e sancións.
1. O incumprimento das obrigas contidas nestas bases reguladoras, na convocatoria ou na demais normativa aplicable, así como das condicións que, de ser o caso, se establezan na resolución de concesión, dará lugar á obriga de devolver total ou parcialmente a subvención percibida, así como os xuros de demora correspondentes.

2. Para facer efectiva a devolución a que se refire o punto anterior, tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto no artigo 78.10º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e na súa normativa de desenvolvemento.

3. Aos beneficiarios da subvención reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e na súa normativa de desenvolvemento.

Artigo 19º.-Control.
1. A Consellería de Innovación e Industria poderá facer as actividades de inspección que considere oportunas para controlar o cumprimento das subvencións.

2. Alén do anterior, as subvencións estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercido pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece o Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e a súa normativa de desenvolvemento. Así mesmo, estará sometida ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.

Artigo 20º.-Publicidade.
No prazo máximo de tres meses contados desde a data de resolución da concesión publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas con indicación da norma reguladora, beneficiario, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención.

Disposición adicional
Única.-Remisión normativa.
Para todo o non previsto nestas bases observarase o previsto no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia e no resto de normativa que resulte de aplicación.




[Páx. Anterior][Sumario D.O.G.][Páx. Seguinte]



© Xunta de Galicia
Información mantida pola Xunta de Galicia
Servizo prestado pola Consellería de Presidencia, AA.PP. e Xustiza
Correo electrónico: webdoga xunta.es