Diario Oficial de Galicia
luns, 26 de marzo de 2007

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS


Número do Dog:

60


Páxina do Dog:

4.801


Data da Disposición:

13 de marzo de 2007


Sección:

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS


Organismo:

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA


Rango:

Orde


Título:

Orde do 13 de marzo de 2007 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a modernización de comercios situados en zonas rurais da Comunidade Autónoma de Galicia en desenvolvemento do Plan de renovación e mellora do comercio galego, e se procede á súa convocatoria (IN218A).



Orde do 13 de marzo de 2007 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a modernización de comercios situados en zonas rurais da Comunidade Autónoma de Galicia en desenvolvemento do Plan de renovación e mellora do comercio galego, e se procede á súa convocatoria (IN218A).

No Estado español, durante as últimas décadas, producíronse importantes cambios na sociedade rural, caracterizados en moitos casos por unha redución paulatina da oferta comercial, así como a perda da competitividade que se vén dar no comercio retallista situado nas zonas rurais de Galicia. Esta redución da oferta comercial vai unida en ocasións á diminución da poboación en determinadas zonas e a un envellecemento progresivo desta. Esta circunstancia provoca que a rendibilidade económica de determinadas actividades comerciais en ocasións se vexa limitada. De igual maneira, a redución da oferta comercial pode chegar a provocar dificultades de abastecemento da poboación residente. Estas circunstancias fan que o mantemento de niveis axeitados de actividade comercial nestes ambientes rurais se considere prioritario.

Por isto, o Plan de renovación e mellora do comercio galego recolle un programa específico no que se definen como obxectivos básicos a integración das poboacións rurais, ao facilitar que a poboación que reside nelas se beneficie do mantemento de niveis axeitados de actividade comercial no ámbito territorial facilitando que poida acceder ao máximo abano de servizos que poidan proverse localmente, así como contribuír á súa renovación e modernización co obxectivo de mellorar a calidade dos seus servizos e acadar o nivel de competitividade que exixe o mercado actual.

En virtude do exposto, e no exercicio das atribucións que me foron conferidas,
DISPOÑO:
Artigo 1º.-Convocatoria e bases reguladoras.
1. Esta orde ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das subvencións da Consellería de Innovación e Industria destinadas a promocionar e incentivar a modernización e a implantación de comercios situados en zonas rurais de Galicia, que se inclúen como anexo I.

2. Así mesmo, por medio desta orde convócase a devandita subvención para o ano 2007.

Artigo 2º.-Solicitudes.
1. Para poder ser beneficiario da subvención deberá presentarse unha solicitude axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo II desta orde,

que irá acompañada dos documentos que se especifican no artigo 4 das bases reguladoras.

Artigo 3º.-Lugar e prazo de presentación das solicitudes.
1. As solicitudes presentaranse preferentemente nos rexistros da Consellería de Innovación e Industria, así como nos de calquera outro órgano da Administración xeral do Estado, das comunidades autónomas ou das entidades que integran a Administración local, sempre que neste último caso se teña subscrito o oportuno convenio, ou polos restantes medios previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 4º.-Prazo de duración do procedemento de concesión.
Unha vez rematado o prazo para a presentación de solicitudes, estas serán tramitadas e valoradas de acordo co procedemento establecido nas bases reguladoras, que non poderá ter unha duración superior a 6 meses.

Artigo 5º.-Información aos interesados.
Sobre este procedemento administrativo, que ten o código IN-218A, poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Dirección Xeral de Comercio, a través dos seguintes medios:

a) Páxina web oficial da consellería (www.conselleriaiei.org), no seu punto de «axudas» e na «oficina virtual».

b) O teléfono 981 54 54 19 da devandita dirección xeral.
c) O enderezo electrónico: dxcomercio*xunta.es.
d) Presencialmente.
Así mesmo, para cuestións xerais sobre este ou outro procedemento, poderá facerse uso do teléfono de información xeral da Consellería de Innovación e Industria, que é o 981 54 43 41.

Disposicións derradeiras
Primeira.-Habilitación para o desenvolvemento.
Facúltase a directora xeral de comercio para que dite as resolucións que sexan precisas para o desenvolvemento e aplicación desta orde.

Segunda.-Entrada en vigor.
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2007.
Fernando Xabier Blanco Álvarez
Conselleiro de Innovación e Industria
ANEXO I
Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, da subvención para a modernización de comercios situados en zonas rurais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 1º.-Obxecto e réxime da subvención.
1. A subvención regulada por estas bases ten por obxecto promover e incentivar a modernización e a implantación de comercios situados en zonas rurais de Galicia.

Para os efectos desta orde considéranse comercios rurais os situados en:
a) Concellos con poboación inferior a 10.000 habitantes, de acordo co establecido no Real decreto 1627/2006, do 29 de decembro, polo que se declaran oficiais as cifras de poboación resultantes da revisión do Padrón municipal referidas ao 1 de xaneiro de 2006 (anexo VII).

b) Núcleos de poboación que non superen os 1.500 habitantes, situados en municipios de máis de 10.000 habitantes, con ou sen planeamento municipal vixente, sempre que o concello correspondente certifique o seu carácter de núcleo rural.

2. O procedemento de concesión desta subvención tramitarase en réxime de concorrencia competitiva e quedará suxeito ao réxime de axudas de minimis, polo que non poderán exceder os límites cuantitativos (200.000 euros nun período de tres anos) establecidos no Regulamento (CE) nº 1998/2006 da Comisión da Unión Europea, do 15 de decembro de 2006, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas de minimis (DOUE nº L379/5, do 28-12-2006).

3. En concreto, considéranse actuacións subvencionables, sempre que estas sexan realizadas e efectivamente pagadas desde a data de publicación desta orde no DOG ata a data da xustificación dos investimentos, de acordo co artigo 16.1º, as seguintes:

a) Custo da reforma e/ou de ampliación do local comercial sempre que a superficie resultante non supere os 300 m.

b) Custo de adquisición de moblaxe, elementos de decoración e calquera outro tipo de equipamento comercial.

c) Deseño e execución de campañas publicitarias ou promocionais dirixidas á captación e fidelización de clientes no territorio.

d) Adquisición de vehículos comerciais de ata 3.500 quilogramos pma (peso máximo autorizado) de uso exclusivo para o desenvolvemento da actividade económica subvencionada, segundo o anexo VI, debidamente rotulado co nome e enderezo do establecemento comercial.

e) Gastos das actas notariais que se exixen con motivo desta orde referidas ao artigo 4º j).

4. Quedan expresamente excluídas do ámbito de aplicación desta orde as actuacións seguintes:

a) A adquisición de locais e, en xeral, de bens inmobles.
b) As obras realizadas en almacéns, trastendas, oficinas, aseos, que non se destinen a superficie de venda, así coma os equipamentos destinados para estes, tales como cámaras frigoríficas, mobiliario, etc.

c) A maquinaria e equipamentos para a fabricación e elaboración de produtos de consumo final.

d) Os fondos de comercio e dereitos de traspaso.
e) Os bens usados.
f) As compras de mercadorías obxecto de comercialización.
g) As compras de material funxible e doutros elementos amortizables nun ano.
h) Os portes e outros custos de transportes.
i) As taxas por autorizacións administrativas, permisos e licenzas, tributos, o IVE soportado ou outras taxas recuperables polo beneficiario.

j) Os gastos de funcionamento da actividade.
k) Os gastos de reparación ou de mantemento.
l) Non terán carácter subvencionable os investimentos realizados mediante contratos de arrendamento financeiro ou outras modalidades de financiamento.

m) En xeral, todos aqueles gastos non relacionados directamente coas actividades e investimentos obxecto da axuda e os subvencionados por outras liñas de axuda desta consellería.

Artigo 2º.-Financiamento e concorrencia.
1. As subvencións que se establezan para as actuacións obxecto desta orde, serán con cargo á aplicación orzamentaria 10.05.751-A.770.3 Fomento do comercio rural, cun importe máximo de 1.750.000 euros para o ano 2007, sen prexuízo de ulteriores variacións producidas como consecuencia da existencia dunha maior dispoñibilidade orzamentaria, o que poderá dar lugar á concesión de máis subvencións de acordo coa orde de prelación de solicitantes que resulte da aplicación dos criterios do artigo 9º.

2. Para poder optar á axuda, establécese unha contía mínima de investimento subvencionable de 1.500 euros, IVE excluído. O investimento máximo subvencionable será de 50.000 euros, IVE excluído.

As axudas consistirán nunha subvención a fondo perdido de ata o 40% do investimento subvencionable aprobado pola Dirección Xeral de Comercio.


No caso das axudas á adquisición de vehículos comerciais recollidas no artigo 1.3º d) destas bases a subvención a fondo perdido será de ata o 20%.

3 O importe das axudas e subvencións reguladas nesta orde en ningún caso poderá ser de tal contía que, illada ou en concorrencia con outras axudas e subvencións das distintas administracións ou calquera dos seus entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o 70 % do investimento subvencionable.

Artigo 3º.-Beneficiarios.
Poderán ser beneficiarios os comerciantes retallistas, xa sexan persoas físicas ou xurídicas, sociedades civís e comunidades de bens, legalmente constituídas e que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que desenvolvan ou inicien a súa actividade en establecementos comerciais situados en zonas rurais da Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo co establecido no artigo 1º destas bases.

b) Que a súa actividade principal estea incluída nalgunha das agrupacións ou epígrafes correspondentes á clasificación do imposto de actividades económicas relacionadas no anexo VI desta orde. No caso de que o solicitante estea dado de alta en dúas ou máis epígrafes do IAE, entenderase como actividade principal aquela que comporte a maior facturación e, se isto non é posible de determinar, atenderase á superficie de venda destinada a cada actividade.

c) Que non superen os dez traballadores.
d) Que os locais comerciais non superen os 300 m de superficie comercial destinada á exposición e venda ao público. (Quedan excluídos para o cómputo desta superficie as oficinas, trastendas, almacéns e salas de refrixeración, talleres e outros locais dedicados á elaboración ou manipulación de produtos, aulas, aseos, etc.).

Os solicitantes non poderán estar incursos en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Artigo 4º.-Solicitudes.
1. As solicitudes para participar no procedemento de concesión das subvencións presentaranse na forma e prazo que se indican na convocatoria.

2. A solicitude de subvención, segundo modelo normalizado do anexo II, acompañarase da documentación que a continuación se relaciona, en orixinal ou copia compulsada:

a) Documentos acreditativos da personalidade ou entidade solicitante (DNI e/ou CIF no caso de sociedades) e, se é o caso, acreditación da representación na que se actúa.

b) Copia da escritura de constitución e modificacións posteriores, no caso de ser unha sociedade.

c) Documentación acreditativa do número de traballadores da empresa (TC2) do mes anterior á presentación da solicitude ou, se é o caso, certificación da Seguridade Social da non existencia de traba

lladores, e último recibo de cotización no réxime da Seguridade Social correspondente.

d) Certificación expedida pola Axencia Estatal Tributaria, na que se indiquen as epígrafes do imposto de actividades económicas nos que figura dado de alta o solicitante.

e) No caso de apertura de establecemento, e de non ter no momento da solicitude o determinado no parágrafo anterior, presentarase copia do modelo 036 de comunicación previa de inicio de actividade da Axencia Tributaria.

f) Copia da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas ou do imposto de sociedades do último exercicio; neste último caso, se o solicitante está dado de alta en dúas ou máis epígrafes do IAE, deberá acreditar que a súa actividade principal é subvencionable segundo os datos de facturación ou, no seu defecto, de superficie de venda.

g) Declaración expresa sobre a concesión ou solicitude doutras axudas ou subvencións para a mesma finalidade procedentes de calquera administración ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais así como declaración expresa de non estar incurso en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, segundo anexo III desta orde.

h) Certificacións expedidas polos organismos competentes, acreditativas de estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da comunidade autónoma, sen prexuízo do disposto no artigo 43 da Lei 14/2006, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007.

i) Memoria descritiva do investimento, con detalle do orzamento desagregado por partidas ou facturas proforma e do calendario de execución, acompañada polo proxecto técnico no caso de ser esixido polo concello. Non terán a consideración de orzamentos as estimacións de gastos efectuadas polo solicitante.

j) Documentos gráficos das partes específicas que se van reformar, e/ou dos bens para os que se solicita subvención.

As fotos das obras cuxos investimentos superen os 24.000 A irán acompañadas da correspondente acta notarial que dea fe do estado no que se atopa o local antes da reforma.

k) Documentos que acrediten que o solicitante é propietario do local comercial ou, se é o caso, copia do contrato de aluguer, traspaso, cesión, etc., no que se indique expresamente a posibilidade de que se poidan realizar reformas no local, ou ben autorización expresa do propietario para realizar reformas no local.

l) Se é o caso, certificado municipal da situación do local segundo o disposto no artigo 1º desta orde.

Ademais disto, e para os efectos sinalados no artigo 9º destas bases, poderase achegar a seguinte documentación:

a) Declaración do compromiso de comercialización de produtos autóctonos e/ou artesanais (anexo IV).

b) Certificado expedido polo órgano competente de pertenza a unha asociación de comerciantes ou empresarios.

c) Declaración de compromiso de uso e posterior utilización da lingua galega nas relacións coa Administración autonómica, así coma en campañas publicitarias, elementos promocionais e na sinalítica interior e exterior do establecemento comercial (anexo IV).

Artigo 5º.-Consentimentos e autorizacións.
1. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras. De conformidade co artigo 43 da Lei 14/2006, do 28 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007, a presentación da solicitude da subvención comportará a autorización do solicitante para que o órgano concedinte obteña de forma directa a acreditación do cumprimento das súas obrigas tributarias co Estado, coa comunidade autónoma e coa Seguridade Social, a través de certificacións telemáticas.

Igualmente, de conformidade co mesmo artigo, se o solicitante indica que certa documentación que se deba usar neste procedemento xa consta no poder da Administración, a presentación da solicitude implica a autorización ao órgano instrutor para acceder a ela. Para estes efectos, a documentación debe manterse vixente e identificarase no formulario de solicitude o procedemento administrativo para o que foi presentada.

2. De acordo co establecido na disposición adicional primeira do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, de creación dos rexistros de axudas, subvencións e convenios e de sancións da Xunta de Galicia, a persoa solicitante da subvención consentirá expresamente a inclusión e publicidade dos datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións impostas, no devandito rexistro, feito que terá lugar agás nos supostos legalmente establecidos. Todo isto consonte o establecido na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, e na Lei orgánica 1/1982, do 5 de maio, pola que se regula a protección civil do dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe.

3. De conformidade co artigo 13.4º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, esta consellería publicará na súa páxina web oficial a relación dos beneficiarios e o importe das axudas concedidas, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e a súa publicación na citada páxina web, coas salvidades previstas nas leis.

Artigo 6º.-Órganos competentes.
A Dirección Xeral de Comercio será o órgano competente para a instrución do procedemento de concesión da subvención, correspondendo ao conselleiro de Innovación e Industria ditar a resolución de concesión.

Artigo 7º.-Instrución dos procedementos.
1. De conformidade co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras ou na correspondente convocatoria requirirase o interesado para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixese, terase por desistido na súa petición, logo da correspondente resolución.

Este requirimento de emenda tamén se fará se das certificacións obtidas de conformidade co artigo 5.1º resulta que o solicitante non se atopa ao corrente do pagamento das súas obrigas tributarias, coa Seguridade Social, ou con calquera outro organismo da Administración pública galega.

2. Sen prexuízo do disposto no parágrafo anterior, poderá requirirse ao solicitante que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.


3. Unha vez revisadas as solicitudes e as emendas feitas, aqueles expedientes administrativos que reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria serán remitidos á comisión encargada da súa avaliación, de acordo co establecido no artigo seguinte.

4. Os expedientes que non cumpran as exixencias contidas nestas bases ou na normativa de aplicación, ou que non conteñan a documentación necesaria, quedarán á disposición do órgano instrutor para que formule a proposta de resolución de inadmisión, na que se indicarán as causas desta.

Artigo 8º.-Comisión de avaliación.
1. A comisión de avaliación será o órgano colexiado encargado de valorar as solicitudes de acordo cos criterios obxectivos fixados no artigo seguinte, así como de propoñer a concesión ou denegación das subvencións aos interesados.

2. A composición da comisión de avaliación será a seguinte:
a) Un xefe de servizo.
b) Un xefe de sección.
c) Un técnico da Dirección Xeral de Comercio.
3. Na proposta de concesión que formule a comisión figurarán de xeito individualizado os solicitantes propostos para obter a subvención, especificándose a avaliación que lles corresponde segundo os criterios recollidos no artigo seguinte. Así mesmo,

indicarase a contía da subvención para cada un deles, ata esgotar o crédito dispoñible.

4. O resto das actuacións subvencionables quedará en reserva para ser atendido ben co crédito que quedase libre de producirse algunha renuncia ou modificación nos proxectos inicialmente subvencionados, ben co incremento dos créditos orzamentarios destinados a estas subvencións. Para estes efectos poderán realizarse sucesivas propostas de resolución conforme o sinalado neste artigo.

Artigo 9º.-Criterios de avaliación.
Os proxectos ou actuacións que se presenten deberán ser técnica, comercial e financeiramente viables, e os criterios de avaliación que servirán de base para a determinación da preferencia na concesión da subvención, relacionados por orde decrecente de importancia, serán os seguintes:

a) A localización do comercio retallista en concellos de menos habitantes.
b) A situación do comercio retallista en concellos con menor índice de renda familiar bruta dispoñible, segundo a última publicación do indicador municipal de renda dos fogares elaborado polo IGE (Instituto Galego de Estatística).

c) A porcentaxe de financiamento propio.
d) O compromiso de comercialización de produtos autóctonos e/ou artesanais.
e) Por pertenza a unha asociación de comerciantes ou empresarios.
f) A inclusión da proposta dun compromiso de uso e posterior utilización da lingua galega en campañas publicitarias, elementos promocionais e na sinalítica interior e exterior do establecemento comercial.

g) Compromiso de utilización da lingua galega en todas as relacións que o interesado manteña coa Administración autonómica, de acordo co establecido no artigo 6.3º da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística. Este compromiso acreditarase mediante a presentación, debidamente asinado, do modelo que se inclúe como anexo IV.

Artigo 10º.-Audiencia.
1. Instruído o procedemento, e inmediatamente antes de redactar a proposta de resolución, porase de manifesto aos interesados para que, nun prazo de dez días, poidan formular alegacións e presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

2. Porén, poderase prescindir do trámite ao que se refire o punto anterior cando non figuren no procedemento nin se vaian ter en conta na resolución outros feitos nin outras alegacións ou probas que as aducidas polo interesado.

Artigo 11º.-Resolución e notificación.
1. Unha vez concluído o trámite de audiencia, a comisión de valoración formulará a proposta de resolución, que se elevará, a través do órgano instrutor, ao conselleiro.

2. O conselleiro, á vista da proposta, ditará a correspondente resolución, que deberá estar debidamente motivada e expresará, cando menos, a actuación que se subvenciona e o seu custo, así como a subvención concedida e a súa contía, ou, se é o caso, a causa de denegación.

En ningún caso, o importe da subvención concedida poderá superar o custo do investimento a desenvolver polo beneficiario, ou, se é o caso, a porcentaxe máxima do investimento subvencionable legalmente establecida.

3. O prazo máximo para resolver e notificarlle a resolución ao interesado será de 6 meses contados a partir do seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se transcorrese o prazo máximo para resolver sen que recaese resolución expresa, os interesados poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

4. Todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Non obstante, e de conformidade co establecido no artigo 59.6º b) da indicada lei, no caso das subvencións concedidas poderase substituír a notificación individual pola publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería de Innovación e Industria. Nesta publicación especificarase a data da convocatoria, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade da subvención outorgada.

As solicitudes desestimadas notificaranse individualmente, con indicación das causas da desestimación.

Artigo 12º.-Réxime de recursos.
As resolucións ditadas ao abeiro da correspondente orde de convocatoria poñerán fin á vía administrativa e contra elas poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Innovación e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta fose expresa, ou de tres meses contados a partir do seguinte a aquel no que se produza o acto presunto.

b) Recurso contencioso-administrativo ante a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta fose expresa, ou de seis meses contados a partir do seguinte a aquel no que se produza o acto presunto.

Artigo 13º.-Modificación da resolución.
1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes

públicos ou privados nacionais ou internacionais, poderán dar lugar á modificación da resolución de concesión.

2. O órgano competente para a concesión da subvención poderá acordar a modificación da resolución a instancia do beneficiario, debendo cumprirse os seguintes requisitos:

a) Que a modificación do proxecto estea comprendida dentro da finalidade das normas ou bases reguladoras.

b) Que se acredite a inexistencia de prexuízos a terceiros.
c) Que os novos elementos e circunstancias que motiven a modificación, de ter concorrido na concesión inicial, non supoñan a denegación da axuda ou subvención.

O beneficiario deberá solicitar a modificación mediante instancia dirixida ao conselleiro de Innovación e Industria acompañada da documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos sinalados no punto anterior, cun límite de 20 días hábiles antes da data de finalización do prazo de xustificación do investimento.

3. O acto polo que se acorde ou se denegue a modificación da resolución será ditado polo conselleiro de Innovación e Industria logo da instrución do correspondente expediente, no que se lle dará audiencia ao interesado nos termos previstos no artigo 10º.

Artigo 14º.-Aceptación e renuncia.
1. Sen prexuízo dos recursos que procedan contra a resolución de concesión, transcorridos quince días naturais desde a notificación ou publicación desta sen que o interesado comunicase expresamente a súa renuncia á subvención entenderase que a acepta, e, desde ese momento, adquirirá a condición de beneficiario.

A renuncia á subvención poderase facer axustándose ao modelo que se inclúe como anexo V, así como por calquera outro medio que permita a súa constancia, de acordo co establecido no artigo 91 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

No caso de que se comunicase a renuncia en prazo, o conselleiro ditará a correspondente resolución nos termos do artigo 42.1º da mesma lei.

Artigo 15º.-Obrigas dos beneficiarios.
a) Realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

b) Acreditar ante a entidade concedente a realización da actividade ou a adopción do comportamento, así como o cumprimento dos requisitos ou condicións que determinan a concesión ou aproveitamento da subvención.

c) Acreditar con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión que se atopa ao corrente das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social, e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto coa Administración pública da Comunidade Autónoma galega.

d) Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará o órgano concedente, así como calquera outra comprobación e control que poidan realizar os órganos de control competentes, e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores. En particular, facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control.


e) Comunicarlle á entidade concedente a obtención de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberase efectuar tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

f) Conservar os documentos xustificativos da aplicación de fondos recibidos incluídos os documentos electrónicos en tanto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

g) Reintegro, total ou parcial, da subvención percibida no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión.

h) Todos os investimentos deberán permanecer, cando menos, cinco anos desde a súa concesión no establecemento comercial declarado polo beneficiario na solicitude.

Todo isto sen prexuízo das demais obrigas que resulten da disposición adicional segunda do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 16º.-Xustificación da subvención.
1. Para cobrar a subvención concedida, o beneficiario deberá presentar antes do 30 de outubro de 2007 a seguinte documentación orixinal ou, no seu defecto, copia compulsada:

a) Facturas xustificativas da materialización do investimento, indicando nelas concepto, importe sen IVE e importe total, así como documentos xustificativos do pagamento dos investimentos realizados. Factura da acta notarial para o referido no artigo 4º j).

b) Fotografías das zonas reformadas que amosen as obras realizadas e/ou dos bens obxecto da subvención. As fotos serán tomadas desde o mesmo ángulo desde o que se realizaron as remitidas coa solicitude.

c) Fotocopia da documentación do vehículo, permiso de circulación e tarxeta ITV.
d) Certificacións expedidas polos organismos competentes, acreditativas de estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da comunidade autónoma, sen prexuízo do disposto no artigo 43 da Lei 14/2006, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007.

e) Xustificante de axudas obtidas ou declaración das solicitadas ou que se prevé obter para o mesmo investimento en calquera outra Administración, entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, indicando a súa contía.

f) Certificación expedida pola entidade bancaria de titularidade da conta bancaria onde debe realizarse o pagamento, na que conste código do banco, código da sucursal, díxito de control e código de conta corrente.

g) No suposto sinalado no artigo 4.2º e) destas bases, presentarase certificación expedida pola Axencia Estatal Tributaria, na que se indiquen as epígrafes do imposto de actividades económicas nos que figura dado de alta o solicitante.

2. Transcorrido o prazo indicado sen que o beneficiario presentase a documentación solicitada poderase entender que renuncia á subvención. Neste caso, o conselleiro ditará a oportuna resolución, nos termos do artigo 42.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 17º.-Pagamento.
1. Recibida a documentación xustificativa da subvención, os órganos competentes da consellería, antes de proceder ao seu pagamento, poderán realizar as actuacións de comprobación oportunas para verificar o cumprimento da actividade subvencionada.

2. O libramento da subvención farase nun único pagamento, mediante transferencia bancaria.

3. As subvencións minoraranse proporcionalmente se o investimento xustificado é inferior ao orzamento que serviu de base para a resolución de concesión, sempre que estea garantida a consecución do obxecto e o investimento realizado non sexa inferior á contía mínima establecida no artigo 2º.2 destas bases. No caso de concorrencia con outras subvencións ou axudas haberá que aterse ao establecido no artigo 2º.3 destas bases.

Artigo 18º.-Incumprimento, reintegros e sancións.
1. O incumprimento das obrigas contidas nestas bases reguladoras, na convocatoria ou na demais normativa aplicable, así como das condicións que, se é o caso, se establezan na resolución de concesión,

dará lugar á obriga de devolver total ou parcialmente a subvención percibida, así como os xuros de demora correspondentes.

2. Para facer efectiva a devolución á que se refire o punto anterior tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto no artigo 78.10º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e na súa normativa de desenvolvemento.

3. Aos beneficiarios da subvención regulada nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e na súa normativa de desenvolvemento.

Artigo 19º.-Control.
1. A Consellería de Innovación e Industria poderá facer as actividades de inspección que considere oportunas para controlar o cumprimento das subvencións.

2. Alén do anterior, as subvencións estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercido pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece o Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e a súa normativa de desenvolvemento. Así mesmo, estará sometida ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.

Artigo 20º.-Publicidade.
No prazo máximo de tres meses contados desde a data de resolución da concesión publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas con indicación da norma reguladora, beneficiario, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención.

Non obstante o anterior, cando os importes das subvencións concedidas, individualmente consideradas, sexan de contía inferior a 3.000 euros, non será necesaria a publicación no Diario Oficial de Galicia, que será substituída pola publicación das subvencións concedidas na páxina web da Consellería de Innovación e Industria.

Artigo 21º.-Remisión normativa.
Para todo o non previsto nestas bases haberá que aterse ao previsto no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, e no resto de normativa que resulte de aplicación.

ANEXO VI
Relación de epígrafes do IAE subvencionables
641. Comercio polo miúdo de froitas, verduras, hortalizas e tubérculos.
642. Comercio polo miúdo de carnes e miúdos; de produtos derivados cárnicos elaborados: de ovos, aves, coellos de granxa, caza; e dos seus produtos derivados.

643. Comercio polo miúdo de pescados e doutros produtos da pesca e da acuicultura e caracois.

644. Comercio polo miúdo de pan, pastelaría, confeitaría e similares, e de leite e produtos lácteos.

645. Comercio polo miúdo de viños e bebidas de todas clases.
647.1. Comercio polo miúdo de produtos alimenticios e de bebidas en establecementos con vendedor.

647.2. Comercio polo miúdo de produtos alimenticios e de bebidas en réxime de autoservizo ou mixto en establecementos cuxa sala de vendas teña unha superficie inferior a 120 metros cadrados.

647.3. Comercio polo miúdo de calquera clase de produtos alimenticios e de bebidas en réxime de autoservizo ou mixto en supermercados, denominados así cando a superficie da súa sala de vendas se atopen comprendidos entre 120 e 399 metros cadrados.

651. Comercio polo miúdo de produtos téxtiles, confección, calzado, peles e artigos de coiro.

652.2. Comercio polo miúdo de produtos de drogaría, perfumaría e cosmética, limpeza, pinturas, vernices, disolventes, papeis e outros produtos para a decoración e de produtos químicos.

652.3. Comercio polo miúdo de produtos de perfumaría e cosmética, e de artigos para hixiene e aseo persoal.

652.4. Comercio polo miúdo de plantas e herbas en herbolarios.
653. Comercio polo miúdo de artigos para o equipamento do fogar e a construción.
654.2. Comercio polo miúdo de accesorios e pezas de recambio para vehículos terrestres.

654.5. Comercio polo miúdo de toda clase de maquinaria.
657. Comercio polo miúdo de instrumentos musicais, en xeral, así como dos seus accesorios.

659.2. Comercio polo miúdo de mobles de oficina e máquinas e equipos de oficina.
659.3. Comercio polo miúdo de aparellos e instrumentos médicos, ortopédicos, ópticos e fotográficos.

659.4. Comercio polo miúdo de libros, xornais, artigos de papelaría e escritorio e artigos de debuxo e belas artes.

659.5. Comercio polo miúdo de artigos de xoiería, reloxaría, prataría e bixutaría.

659.6. Comercio polo miúdo de xoguetes, artigos de deporte, roupa deportiva, de vestido, calzado e lacado, armas, cartucheira e artigos de pirotecnia.


659.7. Comercio polo miúdo de sementes, fertilizantes, flores e plantas e pequenos animais.

661.3. Comercio polo miúdo en almacéns populares, entendendo por tales aqueles establecementos que ofrecen en seccións múltiples e venden en autoservizo ou en preselección un variado relativamente amplo e pouco profundo de bens de consumo, cunha gama de prezos baixa e un servizo reducido.

662.2. Comercio polo miúdo de toda clase de artigos, incluíndo alimentación e bebidas, en establecementos distintos dos especificados no grupo 661 e na epígrafe 662.1.

ANEXO VII
Relación de concellos con poboación inferior a
10.000 habitantes
Cifras oficiais de poboación a 1 de xaneiro de 2006
A Coruña:




Concellos Poboación
















































































Abegondo 5.773
Aranga 2.230
Ares 5.405
Arzúa 6.532
Baña, A 4.652
Bergondo 6.539
Boimorto 2.410
Boqueixón 4.406
Brión 6.972
Cabana de Bergantiños 5.199
Cabanas 3.343
Camariñas 6.323
Capela, A 1.487
Cariño 4.700
Carnota 5.112
Carral 5.579
Cedeira 7.443
Cee 7.489
Cerceda 5.483
Cerdido 1.496
Cesuras 2.391
Coirós 1.654
Corcubión 1.912
Coristanco 7.582
Curtis 4.287
Dodro 3.087
Dumbría 3.970
Fisterra 5.009
Frades 2.841
Irixoa 1.552
Laxe 3.489
Lousame 3.798
Malpica 6.567
Mañón 1.765
Mazaricos 5.329
Melide 7.931
Mesía 3.102
Miño 5.162
Moeche 1.437



Monfero 2.414







Concellos Poboación





























































Mugardos 5.638
Muros 9.999
Muxía 5.746
Neda 5.675
Negreira 6.481
Oroso 6.526
Ortigueira 7.376
Outes 7.751
Oza dos Ríos 3.184
Paderne 2.735
Padrón 9.016
Pino, O 4.885
Ponteceso 6.588
Pontedeume 8.619
Rois 5.105
San Sadurniño 3.182
Santiso 2.116
Sobrado 2.289
Somozas, As 1.392
Toques 1.485
Tordoia 4.548
Touro 4.448
Trazo 3.557
Val do Dubra 4.580
Valdoviño 6.896
Vedra 5.052
Vilarmaior 1.326
Vilasantar 1.496
Vimianzo 8.402
Zas 5.674



Lugo:





Concellos Poboación
































































Abadín 3.141
Alfoz 2.216
Antas de Ulla 2.573
Baleira 1.684
Baralla 3.100
Barreiros 3.291
Becerreá 3.334
Begonte 3.587
Bóveda 1.767
Burela 8.755
Carballedo 2.929
Castro de Rei 5.785
Castroverde 3.187
Cervantes 1.914
Cervo 4.847
Corgo, O 4.192
Cospeito 5.409
Chantada 9.249
Folgoso do Courel 1.310
Fonsagrada, A 4.856
Foz 9.754
Friol 4.490
Guitiriz 5.972
Guntín 3.248
Incio, O 2.236
Láncara 3.047
Lourenzá 2.629
Meira 1.774
Mondoñedo 4.770
Monterroso 4.140
Muras 926



Navia de Suarna 1.615







Concellos Poboación





























































Nogais, As 1.441
Ourol 1.301
Outeiro de Rei 4.695
Palas de Rei 3.759
Pantón 3.147
Paradela 2.307
Páramo, O 1.823
Pastoriza, A 3.726
Pedrafita do Cebreiro 1.414
Pobra do Brollón, A 2.291
Pol 1.945
Pontenova, A 3.016
Portomarín 1.910
Quiroga 4.035
Rábade 1.668
Ribadeo 9.619
Ribas de Sil 1.245
Ribeira de Piquín 771
Riotorto 1.634
Samos 1.820
Saviñao, O 4.758
Sober 2.895
Taboada 3.614
Trabada 1.479
Triacastela 821
Valadouro, O 2.233
Vicedo, O 2.090
Xermade 2.339
Xove 3.614
Negueira de Muñiz 213



Ourense:




Concellos Poboación






























































Allariz 5.433
Amoeiro 2.371
Arnoia, A 1.184
Avión 2.730
Baltar 1.149
Bande 2.217
Baños de Molgas 1.970
Barbadás 8.426
Beade 553
Beariz 1.372
Blancos, Os 1.089
Boborás 3.149
Bola, A 1.517
Bolo, O 1.223
Calvos de Randín 1.167
Carballeda de Avia 1.551
Carballeda de Valdeorras 2.010
Cartelle 3.507
Castrelo de Miño 2.008
Castrelo do Val 1.234
Castro Caldelas 1.714
Celanova 6.137
Cenlle 1.542
Coles 3.285
Cortegada 1.385
Cualedro 2.161
Chandrexa de Queixa 766
Entrimo 1.352
Esgos 1.283
Gomesende 1.078



Gudiña, A 1.596







Concellos Poboación



















































































































Irixo, O 1.971
Larouco 571
Laza 1.730
Leiro 1.893
Lobeira 1.117
Lobios 2.361
Maceda 3.162
Manzaneda 1.098
Maside 3.064
Melón 1.554
Merca, A 2.323
Mezquita, A 1.385
Montederramo 1.109
Monterrei 3.098
Muíños 2.004
Nogueira de Ramuín 2.500
Oímbra 1.941
Paderne de Allariz 1.602
Padrenda 2.383
Parada de Sil 750
Pereiro de Aguiar 5.647
Peroxa, A 2.406
Petín 1.073
Piñor 1.469
Pobra de Trives, A 2.664
Pontedeva 621
Porqueira 1.103
Punxín 930
Quintela de Leirado 795
Rairiz de Veiga 1.759
Ramirás 2.024
Ribadavia 5.401
Riós 2.064
Rúa, A 4.978
Rubiá 1.638
San Amaro 1.326
San Cibrao das Viñas 4.103
San Cristovo de Cea 2.877
San Xoán de Río 846
Sandiás 1.528
Sarreaus 1.755
Taboadela 1.712
Teixeira, A 529
Toén 2.627
Trasmiras 1.763
Veiga, A 1.238
Verea 1.315
Viana do Bolo 3.517
Vilamarín 2.320
Vilamartín de Valdeorras 2.321
Vilar de Barrio 1.835
Vilar de Santos 1.025
Vilardevós 2.500
Vilariño de Conso 727
Xinzo de Limia 9.999
Xunqueira de Ambía 1.863
Xunqueira de Espadanedo 1.001



Pontevedra:




Concellos Poboación














Agolada 3.286
Arbo 3.955
Barro 3.402
Caldas de Reis 9.730

Campo Lameiro 2.132
Cañiza, A 6.714



Catoira 3.482







Concellos Poboación































































Cerdedo 2.330
Cotobade 4.608
Covelo 3.602
Crecente 2.677
Cuntis 5.267
Dozón 1.947
Forcarei 4.505
Fornelos de Montes 2.042
Illa de Arousa, A 4.849
Lama, A 3.022
Meaño 5.494
Meis 5.001
Mondariz 5.354
Mondariz-Balneario 740
Moraña 4.274
Neves, As 4.473
Oia 3.140
Pazos de Borbén 3.179
Ponte Caldelas 6.513
Pontecesures 3.120
Portas 3.174
Ribadumia 4.529
Rodeiro 3.317
Rosal, O 6.326
Salceda de Caselas 7.402
Salvaterra de Miño 8.505
Silleda 9.058
Soutomaior 6.110
Valga 6.116
Vila de Cruces 6.644
Vilaboa 6.030






[Páx. Anterior][Sumario D.O.G.][Páx. Seguinte]



© Xunta de Galicia
Información mantida pola Xunta de Galicia
Servizo prestado pola Consellería de Presidencia, AA.PP. e Xustiza
Correo electrónico: webdoga xunta.es