Diario Oficial de Galicia
venres, 16 de marzo de 2007
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
Número do Dog:
54
Páxina do Dog:
4.196
Data da Disposición:
6 de marzo de 2007
Sección:
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
Organismo:
CONSELLERÍA DE TRABALLO
Rango:
Orde
Título:
Orde do 6 de marzo de 2007 pola que se establecen as bases
reguladoras dos programas para a promoción da integración laboral das persoas
con discapacidade, cofinanciados polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa
convocatoria para o ano 2007.
Orde do 6 de marzo de
2007 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas para a promoción
da integración laboral das persoas con discapacidade, cofinanciados polo Fondo
Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano
2007.
No marco establecido nos artigos 40 e 49 da
Constitución española, na Lei 56/2003, do 16 de decembro, de emprego, nos
artigos 29 e 30 do Estatuto de autonomía de Galicia, nos obxectivos de
crecemento e emprego da Unión Europea, conforme á Estratexia europea de emprego,
e no primeiro Acordo polo emprego de Galicia, asinado o 5 de febreiro de 2007, e
co obxectivo de que a Comunidade Autónoma de Galicia acade uns maiores niveis de
desen
volvemento económico, de calidade no emprego, de benestar social, e de
cohesión no territorio, é preciso adoptar políticas que promovan a calidade dun
modelo de desenvolvemento económico que favoreza a capacidade de toda a
sociedade galega para crear emprego, en especial para aquelas persoas cuxa
integración laboral supón máis dificultades.
O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo
29, atribúelle á comunidade autónoma, en concordancia co artigo 149.1º.7 da
Constitución Española, competencia para a execución da lexislación do Estado en
materia laboral, asumindo as facultades, funcións e servizos correspondentes a
este ámbito.
No título VII da Lei 13/1982, do 7 de abril, de integración social das
persoas minusválidas, establécese como finalidade primordial da política de
emprego de traballadores e traballadoras con discapacidade, a súa integración no
sistema ordinario de traballo ou, no seu defecto, a súa incorporación ao sistema
produtivo mediante fórmulas especiais de traballo protexido, como son os centros
especiais de emprego; tamén, como fórmula alternativa ao traballo por conta
allea, o autoemprego constitúe un elemento eficaz para a inserción socio
profesional das persoas con discapacidade.
De conformidade co Decreto 168/1984, do 15 de
novembro, de asunción de funcións e servizos, correspóndelle á comunidade
autónoma a xestión de calquera tipo de axudas, subvencións e préstamos que
realizaba a Unidade Administradora do Fondo Nacional de Protección ao Traballo.
Así mesmo, mediante o Decreto 289/1997, do 9 de outubro, esta comunidade
autónoma asumiu as funcións e servizos transferidos pola Administración do
Estado relativos á xestión realizada polo Instituto Nacional de Emprego (Inem)
no ámbito do traballo, o emprego e a formación. Segundo o disposto no Decreto
536/2005, do 6 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica da
Consellería de Traballo, correspóndelle a esta o exercicio das anteriores
competencias e funcións, entre outras materias, no relativo ás políticas activas
de emprego.
Consonte o anterior, correspóndelle a esta consellería a regulación
específica, a convocatoria, a xestión e o control das axudas e subvencións á
contratación indefinida de traballadores e traballadoras con discapacidade,
reguladas no Real decreto 1451/1983, do 11 de maio, e na Orde do 13 de abril de
1994, que desenvolve o capítulo II do mencionado real decreto, no Real decreto
290/2004, do 20 de febreiro, polo que se regulan os enclaves laborais como
medida de fomento do emprego das persoas con discapacidade, e das axudas e
subvencións para a integración laboral das persoas con discapacidade en centros
especiais de emprego ou como traballadores e traballadoras autónomos/as ou por
conta propia, segundo a disposición adicional terceira da orde do Ministerio de
Traballo e Asuntos Sociais do 16 de outubro de 1998.
O acceso ao emprego é un
elemento decisivo para a integración das persoas con discapacidade na economía e
na sociedade nun sentido amplo. A Consellería de Traballo, en concordancia co
desenvolvemento doutras medidas no ámbito social e, na execución das políticas
activas de emprego, establece accións específicas para a inserción deste
colectivo, que teñen por obxecto a mellora da súa empregabilidade e,
coordinadamente, o establecemento de medidas para a súa inserción normalizada no
mercado de traballo.
Esta orde constitúe o marco normativo no cal se agrupan os programas que
teñen por obxecto establecer incentivos para a creación de emprego das persoas
con discapacidade, coa finalidade de dar unha visión integral e coherente do
apoio á integración laboral deste colectivo, e regular nos seus anexos A, B e C,
respectivamente, os programas de fomento da contratación indefinida das persoas
con discapacidade na empresa ordinaria, de integración laboral das persoas con
discapacidade en centros especiais de emprego e de promoción do seu emprego
autónomo.
No
programa de fomento da contratación indefinida das persoas con discapacidade na
empresa ordinaria para avanzar na estratexia dirixida a promover a integración
laboral das persoas con discapacidade en Galicia establécense os incentivos
autonómicos adicionais, co obxecto de incidir máis favorablemente no emprego das
mulleres con discapacidade e daquelas persoas cunha discapacidade que as afecte
máis severamente.
As bases reguladoras dos programas regulados nesta orde establecen un
procedemento de concesión que non ten a consideración de concorrencia
competitiva, dado que de acordo coa finalidade e co obxecto do programa non
resulta necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas
nun único procedemento, senón que a concesión das axudas se realizará pola
comprobación da concorrencia na persoa ou entidade solicitante dos requisitos
establecidos ata o esgotamento do crédito orzamentario, conforme o previsto no
Real decreto 357/2006, do 24 de marzo, polo que se regula a concesión directa de
determinadas subvencións nos ámbitos do emprego e da formación profesional
ocupacional.
As bases reguladoras e a convocatoria destes programas axústanse ao
disposto no artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e
orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de
outubro, na súa redacción dada pola Lei 14/2004, do 29 de decembro, de medidas
tributarias e de réxime administrativo, na Lei 14/2006, do 28 de decembro, de
orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007, no Decreto
287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e
subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, e, no que resulte de
aplicación, a Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións,
e no seu Regulamento de
desenvolvemento aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo.
Por todo o exposto, no
desenvolvemento da planificación presentada ante o Comité Autonómico de Emprego,
na súa reunión do día 21 de novembro de 2006, consultado o Consello Galego de
Relacións Laborais, e no exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da
Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu
presidente,
DISPOÑO:
Capítulo
I
Finalidade, ámbito e principios de
xestión
Artigo
1º.-Finalidade.
1. Esta orde ten por
obxecto fixar as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2007 das axudas e
subvencións establecidas pola Consellería de Traballo, coa finalidade de
promover a integración laboral das persoas con discapacidade na Comunidade
Autónoma de Galicia, a través dos seguintes programas:
-Programa de fomento da
contratación indefinida das persoas con discapacidade na empresa ordinaria
(anexo A).
-Programa de integración laboral das persoas con discapacidade en centros
especiais de emprego (anexo B).
-Programa de promoción do emprego autónomo das
persoas con discapacidade (anexo C).
2. A xestión destes programas realizarase de
acordo cos seguintes principios:
a)
Publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non
discriminación.
b) Eficacia no cumprimento cos obxectivos fixados.
c) Eficiencia na asignación dos recursos
públicos.
3. As bases específicas de
cada un dos programas regúlanse nos correspondentes anexos A, B e C desta orde e
forman parte integrante dela.
Artigo 2º.-Concepto de persoa con discapacidade e
persoa desempregada.
1. Para os
efectos das axudas previstas nesta orde, terán a condición de persoas con
discapacidade as que teñan recoñecida, pola Administración competente, unha
minusvalidez nun grao igual ou superior ao 33%.
De acordo co disposto no
artigo 1.2º da Lei 51/2003, do 2 de decembro, de igualdade de oportunidades, non
discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade, en todo
caso consideraranse afectadas por unha minusvalidez igual ou superior ao 33 por
cento as persoas pensionistas da Seguridade Social que teñan recoñecida unha
pensión de incapacidade permanente no grao de total, absoluta ou grande
invalidez e as persoas pensionistas de clases pasivas que teñan recoñecida unha
pensión por xubilación ou de retiro por inca
pacidade permanente para o servizo ou
inutilidade. Nestes supostos, a acreditación do grao de minusvalidez realizarase
conforme o previsto no Real decreto 1414/2006, do 1 de decembro, polo que se
determina a consideración de persoa con discapacidade para os efectos da Lei
51/2003, do 2 de decembro, de oportunidades, non-discriminación e accesibilidade
universal das persoas con discapacidade (BOE nº 300, do 16 de
decembro).
2.
Para os efectos das axudas previstas nesta orde, terán a consideración de
persoas desempregadas aquelas que figuren inscritas como demandantes de emprego
no Servizo Público de Emprego e que carezan de ocupación segundo o informe da
vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, ou, se é o caso, segundo
certificado da mutualidade de colexio profesional, no momento da súa alta no
correspondente réxime da Seguridade Social ou mutualidade de colexio
profesional.
Artigo 3º.-Normativa aplicable.
As solicitudes, tramitación e concesión destas axudas e subvencións
axustaranse ao disposto no texto refundido da Lei de réxime financeiro e
orzamentario de Galicia, na Lei 14/2006, do 28 de decembro, de orzamentos xerais
da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007, no Decreto 287/2000, do 21 de
novembro, e nesta orde.
Capítulo II
Normas comúns: competencia e procedemento
Artigo 4º.-Competencia.
A competencia para coñecer e resolver as
solicitudes de axudas e subvencións previstas nesta orde, por delegación do
conselleiro de Traballo, corresponderalles:
a) Aos delegados e delegadas provinciais da
Consellería de Traballo, cando a actividade pola cal se solicita subvención se
vaia desenvolver no respectivo ámbito provincial.
b) Ao director xeral de
Promoción do Emprego cando se trate de solicitudes de axudas para a creación ou
ampliación, para o saneamento financeiro e para o equilibrio orzamentario de
centros especiais de emprego.
Artigo 5º.-Solicitudes e prazo.
1. As solicitudes de axudas e subvencións
dirixiranse ao órgano competente para resolver e presentaranse nos rexistros das
respectivas delegacións provinciais ou, se for o caso, na Dirección Xeral de
Promoción do Emprego da Consellería de Traballo, ou por calquera das formas
previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei
4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do
procedemento administrativo común.
2. O prazo xeral para a presentación de
solicitudes de axudas e subvencións dos distintos programas desta orde
finalizará o 15 de setembro de 2007,
respectaranse, en todo caso, os prazos
específicos previstos nos anexos desta orde.
3. As actuacións subvencionables dos programas
para a promoción da integración laboral das persoas con discapacidade,
realizadas entre o 16 de setembro de 2006 e a data de publicación desta orde,
poderán acollerse ás súas axudas, aínda que transcorrese o prazo establecido
desde a contratación ou se tivese iniciado a execución do proxecto de
investimento ou se tivesen realizados os gastos subvencionables para a axuda
excepcional. O prazo para a presentación destas solicitudes remata o 30 de abril
de 2007.
4.
As solicitudes e os anexos dos programas están dispoñibles na páxina web da
Consellería de Traballo: www.xunta.es/emprego.
5. As solicitudes deberán
ir acompañadas da documentación, xeral e específica, que nos anexos A, B e C se
estableza para cada programa ou tipo de axuda.
6. A presentación da
solicitude de subvención pola persoa ou entidade interesada comportará a
autorización de quen solicita para que o órgano concedente obteña de forma
directa a acreditación do cumprimento das súas obrigas tributarias co Estado,
coa comunidade autónoma e coa Seguridade Social, a través de certificados
telemáticos, polo que queda liberada a persoa ou entidade solicitante de achegar
a correspondente certificación, segundo o establecido no artigo 43º da Lei
14/2006, do 28 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de
Galicia para o ano 2007 (DOG nº 249, do 29 de decembro).
Non obstante, a persoa ou
entidade solicitante poderá denegar expresamente o consentimento, debendo
achegar entón as devanditas certificacións.
7. Mediante a presentación da solicitude de
subvención a persoa ou entidade interesada préstalle expresamente o seu
consentimento á Consellería de Traballo para incluír e facer públicos os datos
relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións
impostas, nos rexistros públicos de axudas, subvencións e convenios e de
sancións administrativas, regulados no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo
que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005,
do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o
ano 2006. (DOG nº 153, do 9 de agosto). Os dereitos de acceso, rectificación,
consulta, cancelación e oposición de datos de carácter persoal exerceranse ante
o CIXTEC como responsable dos ficheiros, con domicilio na rúa Domingo Fontán,
9-15702 Santiago de Compostela, de conformidade coas prescricións da Lei
orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter
persoal.
8.
Coa presentación da solicitude de subvención, a persoa ou entidade interesada
autoriza expresamente a Consellería de Traballo para que de acordo
co establecido nos
números 3º e 4º do artigo 13 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de
boas prácticas na Administración pública galega, publique as subvencións
concedidas ao abeiro desta orde no Diario Oficial de Galicia e na súa páxina web
oficial, con expresión da persoa ou entidade beneficiaria, a contía e a súa
finalidade.
9. Para a presentación de solicitudes as persoas ou entidades
beneficiarias poderán contar co asesoramento do persoal técnico de emprego da
rede coordinada pola Consellería de Traballo
(www.tecnicosempregogalicia.xunta.es).
Artigo 6º.-Instrución e tramitación.
Se a solicitude non estivese debidamente cuberta
ou non se achegase a documentación exixida, as unidades administrativas
encargadas da tramitación do expediente, de conformidade co disposto no artigo
71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións
públicas e do procedemento administrativo común, requirirán a persoa ou entidade
interesada para que, nun prazo de 10 días, emende a falta ou presente os
documentos preceptivos coa advertencia de que, se así non o fixese, se
considerará por desistida da súa petición, logo de resolución, que deberá ser
ditada nos termos previstos no artigo 42 da antedita lei.
Artigo 7º.-Resolución e
recursos.
1. Logo da fiscalización
polas respectivas intervencións das propostas emitidas polos correspondentes
servizos, as resolucións serán ditadas polo órgano competente, por delegación do
conselleiro de Traballo, e deberán serlles notificadas ás persoas ou entidades
interesadas. As resolucións, concesorias ou denegatorias, deberán ser sempre
motivadas.
2.
O prazo para resolver e notificar a resolución será de seis meses que se
computarán desde a data de entrada da solicitude no rexistro do órgano
competente para a súa tramitación. Transcorrido o dito prazo sen que se ditase
resolución expresa, entenderase desestimada a solicitude de acordo co
establecido no artigo 1 e no artigo 2 da Lei 6/2001, do 29 de xuño, de
adecuación da normativa da Comunidade Autónoma de Galicia á Lei 4/1999, do 13 de
xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico
das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
3. As resolucións que se
diten neste procedemento esgotan a vía administrativa e contra elas cabe
interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o
órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa, e poderá
formularse, con carácter potestativo, recurso de reposición, no prazo dun mes,
ante o mesmo órgano que ditou a resolución impugnada, de conformidade co
disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición
contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime
xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo
común.
Artigo
8º.-Incompatibilidades e concorrencia.
1. En ningún caso o importe das subvencións ou axudas concedidas ao
abeiro desta orde poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia
coas concedidas por outras administracións ou entes públicos ou privados,
nacionais ou internacionais, supere o custo total da actividade que vaia
desenvolver a persoa ou entidade beneficiaria.
Os peticionarios e as
peticionarias das axudas e subvencións previstas nesta orde deberán presentar,
xunto coa solicitude, unha declaración comprensiva de todas as axudas e
subvencións solicitadas ou concedidas para un mesmo proxecto, ou, de ser o caso,
unha declaración de que non solicitaron nin percibiron outras axudas ou
subvencións.
Así mesmo, na fase de xustificación do pagamento deberán achegar unha
declaración complementaria e actualizada co mesmo contido que a descrita no
parágrafo anterior.
2. As axudas e subvencións establecidas para cada programa son
incompatibles coas establecidas para os demais programas previstos nesta
orde.
3. Non
se poderán imputar os mesmos gastos aos distintos tipos de axuda previstos en
cada programa desta orde, agás nos supostos de rendas para o inicio da
actividade, en que só se utilizarán como parámetro para o cálculo da contía da
subvención.
Artigo 9º.-Obrigas das persoas ou entidades beneficiarias.
Son obrigas das persoas e entidades beneficiarias
das axudas e subvencións:
a) Estar ao
día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social,
así como non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún
concepto, coa Administración pública da comunidade autónoma, con anterioridade a
ditarse a proposta de resolución de concesión e realizar a proposta de pagamento
da subvención.
b) Realizar a actividade que fundamente a concesión da axuda ou
subvención durante un tempo mínimo de tres anos, salvo cesamento por causas
alleas á súa vontade, o cal deberá acreditarse fidedignamente.
c) Comunicarlle ao órgano
concedente calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión
da subvención, así como dos compromisos e obrigas asumidos polas persoas ou
entidades beneficiarias e, de ser o caso, a obtención concorrente de
subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades
subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza, e
en todo caso con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos
percibidos.
d) Adoptar as medidas axeitadas de difusión para darlle publicidade ao
financiamento público das actuacións subvencionadas pola Consellería de
Traballo, así como, se for o caso, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, nos
termos establecidos no Regulamento (CE)
nº 1828, da Comisión, do 8 de decembro de 2006,
polo que se fixan normas de desenvolvemento do Regulamento (CE) nº 1083/2006, do
Consello, polo que se establecen as disposicións xerais relativas ao Fondo
Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo e ao Fondo de
Cohesión, e o Regulamento (CE) nº 1080/2006, do Parlamento Europeo e do
Consello, relativo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (DOUE L 371, do
27-12-2006).
e) O sometemento ás actuacións de control, comprobación e inspección que
efectuará a Consellería de Traballo, ás de control financeiro que correspondan,
se for o caso, á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, ás previstas na
lexislación do Tribunal de Contas e o Consello de Contas, ou a outros órganos da
Administración do Estado ou da Unión Europea e achegar canta información lle
sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.
f) No suposto da
subvención financeira, a persoa ou entidade beneficiaria acreditará, no primeiro
trimestre natural de cada ano e ata a súa completa xustificación, mediante
facturas, escrituras públicas ou contratos, así como os correspondentes
xustificantes de pagamento, que o importe do préstamo subvencionado foi
destinado a financiar os investimentos obxecto da subvención.
Así mesmo, a persoa ou
entidade beneficiaria, no prazo de 30 días desde a data en que teña coñecemento
do pagamento efectivo da subvención, ten que presentar certificación expedida
pola entidade financeira, acreditativa da amortización do principal do préstamo
na contía subvencionada.
g) Aqueloutras obrigas establecidas no artigo 78
do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia,
aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, conforme á redacción
dada pola Lei 14/2004, do 29 de decembro, de medidas tributarias e de réxime
administrativo.
Artigo 10º.-Modificación da resolución de concesión.
Toda alteración das condicións tidas en conta
para a concesión das axudas ou subvencións, así como a obtención concorrente de
subvencións e axudas outorgadas por outras administracións ou outros entes
públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á
modificación da resolución de concesión e, eventualmente, á súa
revogación.
Artigo 11º.-Revogación e reintegro.
Procederá a revogación das subvencións e axudas, así como o reintegro
total ou parcial das cantidades percibidas e a exixencia do xuro de demora, nos
casos e nos termos previstos no artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime
financeiro e orzamentario de Galicia e no Decreto 287/2000, do 21 de novembro,
polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade
Autónoma de Galicia.
A obriga de reintegro establecida no parágrafo anterior enténdese sen
prexuízo do establecido no Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo
que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde
social.
Artigo 12º.-Seguimento e control.
As delegacións provinciais e a Dirección Xeral de Promoción do Emprego
poderán comprobar, en todo momento, a aplicación das subvencións concedidas para
os fins programados. Para estes efectos as persoas e entidades beneficiarias
deberán cumprir as obrigas de comprobación que se establezan nesta orde e na
resolución de concesión.
Disposicións adicionais
Primeira.-Sen prexuízo das facultades que teñan
atribuídas outros órganos da Administración do Estado ou da comunidade autónoma,
a Consellería de Traballo levará a cabo funcións de control, así como de
avaliación e seguimento dos programas.
Para realizar as ditas funcións poderanse
utilizar cantos medios estean á disposición da Consellería de Traballo para
comprobar o cumprimento dos requisitos exixidos nesta orde e demais normas
vixentes que resulten de aplicación.
Segunda.-A Consellería de Traballo poderá
requirir en todo momento a documentación orixinal que se considere necesaria
para acreditar mellor o exacto cumprimento das condicións exixidas nos
diferentes programas desta orde, agás aquela que, de acordo co artigo 35.f) da
Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas
e do procedemento administrativo común, xa se atope en poder da Administración
actuante.
Terceira.-Apróbase a delegación de atribucións do conselleiro de Traballo
nos delegados/as provinciais, no ámbito das súas respectivas provincias, e no
director xeral de Promoción do Emprego, para resolver a concesión ou denegación
das axudas e subvencións previstas nesta orde, así como para autorizar,
dispoñer, recoñecer a obriga e propoñer os correspondentes pagamentos, así como
para resolver os procedementos de reintegro das subvencións indebidamente
percibidas polos seus beneficiarios e as súas beneficiarias, respecto das
resolucións concesorias, das que traen causas, ditadas por delegación do
conselleiro.
Cuarta.-A comprobación da condición de persoas con discapacidade
realizaraa directamente o órgano xestor das axudas, agás que fose recoñecida por
outra Administración, distinta da propia da Comunidade Autónoma de
Galicia.
Para
os efectos do sinalado na base 2ª.3 f) do anexo C desta orde, terá a
consideración de persoa titular dunha familia monoparental e con
responsabilidades familiares, aquela persoa solteira, viúva, separada ou
divorciada que teña ao seu coidado fillos/as menores de 21 anos ou persoas
maiores inca
pacitadas que non obteñan ingresos de calquera natureza superiores ao 75%
do salario mínimo interprofesional vixente no momento da solicitude.
Para os efectos do
sinalado na base 2ª.3 j), do anexo C desta orde, terán a consideración de
traballadores e traballadoras desempregados/as procedentes de empresas en crise,
aqueles traballadores e traballadoras cuxa relación laboral se extinga por
algunha das causas sinaladas nos artigos 51 e 52 c) do Estatuto dos
traballadores.
Para os efectos do sinalado na base 2ª.3 k), alínea décima do anexo C
desta orde, terán a consideración de retornados/as aqueles e aquelas emigrantes
que cumpran coa condición de que non transcorresen máis de dous anos entre a
data do retorno e a data da alta no correspondente réxime da Seguridade
Social.
Quinta.-Para o caso de que se soliciten os incentivos previstos no anexo
A desta orde pola transformación en indefinido dun contrato en prácticas, que
fose obxecto de subvención ao abeiro dos programas de fomento da contratación en
prácticas, convocados pola Consellería de Traballo, e a súa conversión se
produza con anterioridade á súa duración mínima inicial de 12 meses,
compensarase a parte da subvención concedida correspondente ao período non
esgotado reducindo na mesma contía o incentivo pola transformación do contrato
en indefinido.
Sexta.-A concesión das axudas e subvencións previstas nesta orde estará
suxeita á existencia de crédito orzamentario.
O pagamento das axudas e
subvencións reguladas nesta orde financiaranse con cargo aos créditos da
aplicación orzamentaria que, mediante disposición complementaria, se determinen
anualmente, logo da aprobación dos orzamentos xerais da comunidade autónoma para
o exercicio correspondente.
Sétima.-En virtude do anterior, no exercicio
económico 2007 as axudas recollidas nesta orde financiaranse con cargo ás
aplicacións orzamentarias: 16.02.322C.470.1, código de proxecto 2002 14438, cun
crédito de 2.200.000 euros; 16.02.322C.470.1, código de proxecto 2003 00451, cun
crédito de 7.000.000 de euros; 16.02.322C.470.2, código de proxecto 2007 00675,
cun crédito de 4.142.691 euros; 16.02.322C.470.3, código de proxecto 2007 00676,
cun crédito de 6.300.000 de euros; 16.02.322C.470.4, código de proxecto 2007
00677, cun crédito de 3.000.000 de euros; 16.02.322C.470.4, código de proxecto
2007 00678, cun crédito de 4.000.000 de euros; 16.02.322C.470.4; código de
proxecto 2007 00679, cun crédito de 7.651.519 euros; 16.02.322C. 470.6, código
de proxecto 2007 00749, cun crédito de 6.000.000 de euros; 16.02.322C.480.1, cun
crédito de 1.200.000 euros; 16.02.322Z.470.2, código de proxecto 2007 00672, cun
crédito de 1.793.659 euros; e 16.02.322Z.470.2, código de proxecto 2007 00700,
cun crédito de 383.283 euros.
Estas contías están recollidas na Lei 14/2006, do
28 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o
ano 2007, e constitúen o importe global das aplicacións para o financiamento
desta orde, da orde pola que se establecen as bases reguladoras do programa para
o fomento das transformacións dos contratos de carácter temporal en indefinidos
e se procede á súa convocatoria para o ano 2007, da orde pola que se establecen
as bases reguladoras do programa para a promoción do emprego autónomo,
cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o
ano 2007, da orde pola que se establecen as bases reguladoras do réxime de
axudas e subvencións ás empresas cualificadas como iniciativas locais de emprego
(ILE) ou como iniciativas de emprego rural (IER) cofinanciadas polo Fondo Social
Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2007, e das demais ordes que
establezan as bases das medidas de fomento do emprego, incentivos á contratación
por conta allea e actuacións de apoio a persoas emprendedoras, autoemprego e
economía social, incluídas nos programas orzamentarios 322C e 322Z.
Estes créditos poderán
ser obxecto de modificacións como consecuencia da asignación ou da
redistribución de fondos para o financiamento dos programas de fomento de
emprego, coas limitacións que estableza a Conferencia Sectorial de Asuntos
Laborais ou as disposicións aplicables ás axudas cofinanciadas polo Fondo Social
Europeo.
Oitava.-Os incentivos establecidos no programa de fomento da contratación
indefinida das persoas con discapacidade na empresa ordinaria, e no programa de
promoción do emprego autónomo das persoas con discapacidade, quedan sometidos ao
réxime de axudas de minimis, establecidos no Regulamento CE nº 1998/2006, da
Comisión, do 15 de decembro de 2006, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88
do Tratado CE ás axudas de minimis (DOUE L 379, do 28 de decembro de
2006).
Polo
tanto, a axuda total de minimis concedida a unha empresa non será superior a
200.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais, ou a 100.000
euros no suposto dunha axuda concedida a unha empresa que opere no sector do
transporte pola estrada.
Novena.-Será obxecto de publicación no Diario
Oficial de Galicia e de comunicación aos beneficiarios e ás beneficiarias o
cofinanciaciamento dos fondos estruturais europeos no suposto de que algún dos
tipos de axudas regulados nesta orde sexa incluído no novo marco aprobado pola
Comisión Europea.
Disposicións derradeiras
Primeira.-Facúltase o director xeral de Promoción do Emprego para que
dite, no ámbito das súas competencias, as resolucións e instrucións necesarias
para o desenvolvemento e cumprimento desta orde.
Segunda.-Esta orde
entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de
Galicia.
Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2007.
Ricardo Jacinto Varela Sánchez
Conselleiro de Traballo
ANEXO A
Programa de fomento da contratación indefinida das persoas con
discapacidade na empresa ordinaria.
Ámbito e réxime das axudas
Primeira.-Obxecto.
1. Este programa ten por obxecto incentivar a
contratación indefinida de traballadores e traballadoras con discapacidade
desempregados/as, coa finalidade de fomentar e favorecer a súa integración
laboral no sistema ordinario de traballo.
2. Os contratos iniciais e as transformacións de
contratos temporais en indefinidos para que poidan ser obxecto de subvención,
deberán formalizarse por escrito e comunicarse á Oficina Pública de Emprego na
forma regulamentariamente establecida.
Segunda.-Entidades beneficiarias.
1. Poderán ser beneficiarias das axudas previstas
neste programa as empresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, incluíndo
autónomos/as, sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de
personalidade xurídica, que contraten traballadores e traballadoras con
discapacidade para prestaren servizos en centros de traballo situados na
Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que cumpran as condicións e os requisitos
establecidos neste anexo e non incorran nas circunstancias previstas no artigo
13.2º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
No caso de sociedades
civís e comunidades de bens deberán nomear unha persoa representante ou
apoderada única da agrupación, con poderes bastantes para cumprir as obrigas
que, como beneficiaria, lle correspondan á agrupación.
2. Non poderán ser
beneficiarias destas axudas as administracións públicas, as sociedades públicas
nin as entidades vinculadas ou dependentes de calquera delas.
Terceira.-Exclusións e
requisitos.
1. Exclúense dos
beneficios regulados nesta orde:
a)
As contratacións realizadas con traballadores e traballadoras, que, nos 24 meses
anteriores á data de contratación, prestasen servizos na mesma empresa ou grupo
de empresas mediante un contrato por tempo indefinido. O disposto no parágrafo
precedente será tamén de aplicación no suposto de vinculación laboral anterior
do traballador ou traballadora con empresas ás cales a solicitante dos
beneficios sucedese en virtude do establecido no artigo 44 do texto refundido da
Lei do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo
1/1995, do 24 de marzo.
b) Traballadores e traballadoras que finalizasen
a súa relación laboral de carácter indefinido nun prazo de 3 meses previos á
formalización do contrato polo cal se solicita a subvención, agás que a dita
relación laboral finalizase por causa dun despedimento recoñecido ou declarado
improcedente ou por despedimento colectivo.
2. As exclusións previstas no punto 1 a) e b) non
serán de aplicación cando a contratación indefinida se realice cun traballador
ou traballadora con discapacidade procedente dun centro especial de emprego e no
suposto da incorporación ás empresas colaboradoras dos traballadores e
traballadoras con discapacidade procedentes dun enclave laboral.
3. Para que poidan ser de
aplicación os incentivos previstos neste anexo, as contratacións deberán
realizarse para ocupar postos de traballo que non quedasen vacantes como
consecuencia dun despedimento declarado improcedente.
Cuarta.-Axudas.
1. As empresas
que contraten con carácter indefinido traballadores ou traballadoras cunha
minusvalidez igual ou superior ao 33% que estean en situación de desemprego e
inscritos ou inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego
no momento da contratación, poderán obter as seguintes axudas:
a) Unha subvención de ata
3.907 euros por cada traballador ou traballadora con discapacidade contratado ou
contratada por tempo indefinido a xornada completa.
b) Un incentivo adicional
ao previsto na alínea a) desta base de ata 600 euros, no caso da contratación
indefinida de persoas cun grao de minusvalidez igual ou superior ao 49% ou no
suposto das persoas con parálise cerebral, con enfermidade mental ou persoas con
discapacidade intelectual cun grao de minusvalidez igual ou superior ao
33%.
c) Cando
se trate da contratación indefinida dunha muller con discapacidade, establécese
un incentivo adicional aos anteriores de ata 600 euros, calquera que sexa o seu
grao de minusvalidez.
d) Unha subvención, compatible coas anteriores,
que poderá alcanzar os 902 euros, para a adaptación dos postos de traballo ou
para a dotación de equipamentos de protección persoal necesarios para evitar
accidentes laborais ao traballador ou traballadora con discapacidade
contratado/a, ou para eliminar barreiras ou obstáculos que impidan ou dificulten
o traballo dos traballadores/as con discapacidade. A necesidade de adaptación ou
de medios especiais de protección persoal deberá contar co informe favorable da
Inspección de Traballo e Seguridade Social.
Esta axuda, se non é solicitada pola empresa,
poderá ser solicitada polo propio traballador ou traballadora.
2. Serán obxecto das
subvencións e, se é o caso, dos incentivos adicionais establecidos no número 1
desta base, as transformacións en indefinidos de contratos formativos e de
contratos temporais de fomento do emprego para persoas con
discapacidade.
3. As empresas colaboradoras que contraten con carácter indefinido un
traballador ou traballadora con discapacidade do enclave laboral, segundo o
previsto no Real decreto 290/2004, do 20 de febreiro, polo que se regulan os
enclaves laborais como medida de fomento do emprego das persoas con
discapacidade, que presente especiais dificultades para o acceso ao mercado
ordinario de traballo, nos supostos das persoas con parálise cerebral, con
enfermidade mental ou persoas con discapacidade intelectual, cun grao de
minusvalidez recoñecido igual ou superior ao 33 por 100, ou persoas con
discapacidade física ou sensorial, cun grao de minusvalidez recoñecido igual ou
superior ao 65 por 100, poderán obter as seguintes axudas:
a) Unha subvención de ata
7.814 euros por cada traballador ou traballadora con discapacidade contratado ou
contratada a xornada completa. Esta subvención poderá ser destinada pola empresa
colaboradora, total ou parcialmente, a servizos de apoio do/da
traballador/a.
b) A subvención prevista no número 1, alínea d), desta base.
Para ter dereito ás axudas previstas neste
número, a contratación deberá realizarse sen solución de continuidade e
transcorrido, polo menos, un prazo de tres meses desde o inicio do enclave ou
desde a incorporación do traballador ou traballadora se esta fose posterior ao
inicio do enclave.
No caso da contratación doutros traballadores ou traballadoras con
discapacidade do enclave non incluídos nos supostos do parágrafo primeiro deste
número, as axudas serán as establecidas no número 1 desta base.
4. Cando o contrato por
tempo indefinido se realice a tempo parcial, as subvencións e os incentivos
adicionais, se é o caso, reducirase proporcionalmente á xornada
pactada.
5. A
subvención prevista no número 1, alínea d), desta base será aplicable ás
empresas que realicen contratos temporais de fomento do emprego para persoas con
discapacidade de acordo co establecido na disposición adicional primeira da Lei
43/2006, do 29 de decembro, para a mellora do crecemento e do emprego, ou,
sempre que a súa duración sexa igual ou superior a 12 meses, contratos en
prácticas ou para a formación regulados no artigo 11 do texto refundido da Lei
do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1995, do
24 de marzo, ou contratos de duración determinada ao abeiro do artigo 15 do
devandito texto refundido.
Quinta.-Prazos de presentación de
solicitudes.
1. As solicitudes de
axuda á contratación deberán presentarse nos dous meses seguintes á data en
que
se inicie
a relación laboral en virtude dunha contratación inicial ou se produza a
transformación do contrato en indefinido, respectando en todo caso o prazo xeral
establecido no artigo 5.2º desta orde.
2. As solicitudes de axuda para a adaptación de
postos de traballo deberán presentarse antes do inicio da dita adaptación,
respectando en todo caso o prazo xeral establecido no artigo 5.2º desta
orde.
Sexta.-Solicitudes e documentación
As solicitudes deberán presentarse nos modelos normalizados que figuran
como anexos numéricos a esta orde e deberán ir acompañadas do orixinal ou
fotocopia debidamente compulsada, da seguinte documentación:
1. Se a persoa
solicitante é persoa física, DNI e acreditación do NIF e, se é persoa xurídica,
DNI e poder bastanteado da persoa representante para actuar en nome da entidade
e NIF da empresa.
2. Relación nominal dos traballadores ou traballadoras por quen se
solicita subvención, (segundo modelo anexo III-A).
3. DNI do traballador ou
traballadora.
4. No caso de
contratación inicial, documentos acreditativos dos períodos de inscrición como
demandante de emprego na Oficiana Pública de Emprego e do tempo de permanencia
no paro segundo os datos do informe da vida laboral da Tesouraría Xeral da
Seguridade Social, agás no caso de que se trate dun traballador ou traballadora
que proveña dun centro especial de emprego, así como, contrato de traballo e
alta na Seguridade Social.
5. Cando se trate de transformacións de contratos
temporais en indefinidos realizados con traballadores/as con discapacidade, o
contrato temporal do cal trae causa e as súas posibles prórrogas, así como a
comunicación da conversión do contrato temporal en indefinido á Oficina Pública
de Emprego e a comunicación da variación de datos á Seguridade
Social.
6.
Alta no imposto de actividades económicas ou, se é o caso, no censo de obrigados
tributarios.
7. Descrición detallada do posto de traballo que se vai cubrir e as súas
características técnicas.
8. No caso de axudas para adaptación dos postos
de traballo ocupados por traballadores/as con discapacidade, se é o caso,
memoria descritiva da necesidade de adaptación ou dotación de medios de
protección persoal con indicación do seu custo e calendario de
execución.
9.
Declaración comprensiva do conxunto de todas as solicitudes efectuadas ou
concedidas, para o mesmo proxecto ou actividade polas administracións públicas
competentes ou outros entes públicos, ou, de ser o caso, unha declaración de que
non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións (segundo modelo anexo
XIII).
10.
Declaración da estrutura da empresa e do emprego (segundo modelo anexo
IV-A).
11. De
ser o caso, resolución do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) que
recoñeza a condición de pensionista por incapacidade permanente total, absoluta
ou grande invalidez, ou resolución do Ministerio de Economía e Facenda ou do
Ministerio de Defensa que recoñeza unha pensión por xubilación ou retiro por
incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.
12. Documentación
acreditativa de se encontraren ao día das súas obrigas tributarias -estatais e
autonómicas- e coa Seguridade Social e de que non teñen pendente de pagamento
ningunha outra débeda coa Administración da comunidade autónoma, unicamente no
suposto de que quen solicita lle denegase expresamente a autorización ao órgano
xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da
Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a
Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia.
13. Ficha de
transferencia bancaria e certificación da entidade financeira acreditativa de
que quen solicita é titular da conta (segundo modelo anexo XIV).
Sétima.-Xustificación do
pagamento
1. De non achegarse con
anterioridade, o pagamento das axudas ou subvencións quedará condicionado á
presentación do orixinal ou copia compulsada, no prazo, nos termos e na forma
que se establezan na resolución de concesión, da documentación que se exixa de
forma expresa nela, entre a cal deberá figurar a seguinte:
a) A xustificación para a
percepción da subvención para a adaptación do posto de traballo requirirá a
presentación da documentación xustificativa da súa realización e do seu efectivo
pagamento.
b)
Declaración complementaria da establecida na base 6ª.9 deste anexo do conxunto
das axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de
resolución para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas
competentes ou outros entes públicos, ou, de ser o caso, de que non solicitou
nin percibiu outras axudas ou subvencións (segundo anexo XIII).
2. Malia o sinalado na
base sexta e nos puntos anteriores, a documentación exixida para a fase de
pagamento poderá presentarse xunto coa solicitude, a opción da entidade ou
persoa interesada. Neste suposto poderán tramitarse conxuntamente a concesión e
o pagamento da axuda.
3. Non poderá realizarse a proposta de pagamento
da subvención concedida ata a incorporación, no caso de que non conste no
expediente, dos seguintes informes que solicitará a Delegación Provincial da
Consellería de Traballo na fase de instrución:
-Dos equipos
multiprofesionais, sobre a adecuación do posto de traballo á discapacidade dos
traballadores ou traballadoras contratados/as.
-Da Inspección de
Traballo, sobre a necesidade de adaptación ou de medios especiais de protección
persoal, para o suposto de solicitude de subvención de adaptación de postos de
traballo.
4.
As empresas beneficiarias deberán presentar a documentación xustificativa para o
pagamento sinalado no punto 1 desta base no prazo establecido na resolución de
concesión, ou, de ser o caso, ata o 30 de novembro de 2007. Excepcionalmente
este prazo poderá ser prorrogado en 15 días de forma extraordinaria e
debidamente xustificada.
5. Non poderá realizarse en ningún caso o
pagamento da subvención mentres a persoa ou entidade beneficiaria non figure ao
día do cumprimento das súas obrigas tributarias -estatais e autonómicas- e da
Seguridade Social, sexa debedora en virtude de resolución declarativa da
procedencia de reintegro ou teña algunha débeda pendente, por calquera concepto,
coa Administración da comunidade autónoma.
Incompatibilidades e obrigas.
Oitava.-Incompatibilidades e
concorrencia
1. Os diferentes tipos
de axuda previstos neste programa serán incompatibles con outras que, polos
mesmos conceptos, poidan outorgar as administracións públicas como medida de
fomento de emprego.
2. As axudas establecidas á contratación indefinida neste programa serán
compatibles coas bonificacións nas cotas á Seguridade Social establecidas na Lei
43/2006, do 29 de decembro, para a mellora do crecemento e do emprego, e non
poderán, en concorrencia con outras axudas públicas para a mesma finalidade,
superar o 60% do custo salarial anual correspondente ao contrato que se
subvenciona.
3. Non obstante, os incentivos establecidos neste programa serán
compatibles con calquera outra axuda para distinta finalidade da Unión Europea,
doutras administracións públicas ou entes públicos ou privados pero, sen que en
ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras, poidan superar os
límites establecidos pola Unión Europea e os que establece o artigo 78.9º do
texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de
Galicia.
Novena.-Obrigas das persoas ou entidades beneficiarias.
Son obrigas das persoas ou entidades
beneficiarias das axudas e subvencións previstas neste anexo, ademais das xerais
recollidas no artigo 9º desta orde, as seguintes:
1. Manter no seu cadro de
persoal fixo os traballadores e as traballadoras contratados/as ao abeiro deste
programa, por un período mínimo de tres anos, non podendo despedir estes
traballadores e estas traballadoras sen causa xustificada e, no caso de
despedimento procedente, deberán substituírse por outros traballadores/as con
discapacidade, beneficiándose neste caso soamente da bonificación da cota á
Seguridade Social correspondente aos traballadores/as
substitutos/as.
Para o suposto de despedimento procedente ou baixa voluntaria destes
traballadores ou traballadoras, se non puidesen substituírse por non existir
persoa candidata idónea no Servizo Público de Emprego, procederá o reintegro
parcial da subvención correspondente ao período de tempo que quedou sen cubrir o
posto de traballo.
2. Co fin de garantir o cumprimento do anterior, as empresas deberán
presentarlle anualmente, dentro do primeiro trimestre, á Delegación Provincial
da Consellería de Traballo unha relación dos traballadores ou traballadoras
polos cales se lles concederon axudas para efectos de acreditar a súa
permanencia na empresa e, no caso de despedimento procedente, dos traballadores
ou traballadoras que os/as substituíron; esta obriga esténdese durante os tres
anos seguintes á data de concesión da axuda.
ANEXO B
Programa de integración laboral das persoas con discapacidade en centros
especiais de emprego.
Obxecto e beneficiarios
Primeira.-Obxecto.
O obxecto deste programa é incentivar a creación,
ampliación e mantemento de emprego nos centros especiais de emprego mediante o
financiamento parcial de iniciativas ou proxectos técnica, económica e
financeiramente viables que xeren emprego, preferentemente estable, para
traballadores e traballadoras con discapacidade.
Segunda.-Beneficiarios.
Poderán ser beneficiarios os centros especiais de emprego que figuren
inscritos como tales no Rexistro de Centros Especiais de Emprego desta
comunidade autónoma, de acordo co disposto no Decreto 200/2005, do 7 de xullo,
sempre que se cumpran as condicións e os requisitos establecidos neste anexo
para cada tipo de axuda e non incorran nas circunstancias previstas no artigo
13.2º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
Tipos de
axuda.
Terceira.-Tipos de
axuda.
Neste programa recóllense as
accións subvencionables e tipos de axudas seguintes:
a) Proxectos de creación
e de ampliación do cadro de persoal de centros especiais de emprego.
-Axudas para asistencia
técnica.
-Subvención
financeira.
-Subvención en función do
investimento en activo fixo.
b)
Mantemento de centros especiais de emprego.
-Subvención do custo salarial.
-Subvención para a adaptación de postos de traballo.
-Subvención para o saneamento
financeiro.
-Subvención para o
equilibrio orzamentario.
Cuarta.-Proxectos de creación e de ampliación do cadro de persoal de
centros especiais de emprego.
1. As axudas para creación e ampliación de
centros especiais de emprego reguladas neste anexo concrétanse nas
seguintes:
a)
Axudas para asistencia técnica
Poderanse subvencionar os gastos ocasionados pola asistencia técnica
necesaria para a creación ou ampliación de centros especiais de
emprego.
Esta
asistencia técnica só poderá solicitarse durante o primeiro ano, contado desde a
data de constitución do centro, e deberán prestala empresas ou persoas físicas
especializadas que reúnan garantía de solvencia profesional e poderá consistir
nalgunha das modalidades seguintes:
-Estudos de viabilidade, organización,
comercialización e outros de natureza análoga.
-Contratación de
directores/as, xerentes ou técnicos/as, por un período máximo dun
ano.
-Auditorías e informes económicos, sempre que estes non se realicen de
xeito obrigatorio por unha disposición que así o exixa.
-Labores de asesoramento
nas diversas áreas de xestión empresarial, excluídas as tarefas que, pola súa
natureza, teñan carácter ordinario e continuado na actividade da
empresa.
A
asistencia técnica poderá ser subvencionada ata o 50% do seu custo.
b) Subvención financeira.
A subvención financeira ten por finalidade
facilitar o emprego nos centros especiais de emprego, mediante a redución dos
xuros dos préstamos para financiar investimentos en activo fixo, concedidos
polas entidades financeiras que teñan subscrito convenio coa Consellería de
Traballo e solicitados a nome dos centros especiais de emprego. Non obstante, no
caso de constitución do centro especial de emprego, poderase destinar ata un 25%
do préstamo que vai financiar o activo circulante.
Esta subvención será,
como máximo, de seis puntos do tipo de xuro fixado pola entidade de crédito que
conceda o préstamo, pagadoira dunha soa vez, en contía calculada como se a
subvención se xerase cada ano da duración deste, incluído o posible período de
carencia.
En
ningún caso, o tipo de xuro que deba satisfacer a entidade beneficiaria, despois
de calculado o subsidio, poderá resultar inferior a un punto.
c) Subvención en función
do investimento en activo fixo.
Aqueles centros especiais de emprego que se consideren proxectos de
recoñecido interese social poderán beneficiarse dunha axuda calculada en
fun
ción do
investimento en activo fixo que se realice durante o ano natural, excluídos os
impostos que graven a adquisición.
2. As iniciativas e proxectos referentes aos
centros especiais de emprego que soliciten os beneficios recollidos no número
anterior, deberán reunir viabilidade técnica, económica e financeira e supoñer a
creación de emprego estable. A subvención polos tres tipos de axudas poderá
acadar a contía de 12.000 euros por cada posto de traballo creado con carácter
indefinido para traballadores e traballadoras con discapacidade.
Para os efectos desta
subvención unicamente serán subvencionables aqueles novos postos de traballo
que, sendo cubertos con persoas con discapacidade con carácter estable, sexan
creados a partir do 16 de setembro de 2006 e supoñan incremento respecto ao
cadro de persoal fixo de persoas con discapacidade que tiña o centro no
derradeiro expediente de axudas a proxectos de creación e ampliación do cadro de
persoal de centros especiais de emprego.
Para a determinación da contía das axudas
aplicaranse os criterios de gradación seguintes:
a) A porcentaxe de
traballadores e traballadoras con discapacidade respecto do total do cadro de
persoal do centro especial de emprego. Só se poderá acadar a contía máxima da
subvención cando o número de traballadores e traballadoras con discapacidade
supere o 90% do cadro de persoal. Se o número de traballadores e traballadoras
con discapacidade do centro especial de emprego está comprendido entre o 70% e o
90% do total do seu cadro de persoal, a subvención por posto de traballo creado
con carácter estable poderá ser de ata o 90% da contía máxima.
Tamén se poderá acadar a
contía máxima cando o número de persoas con discapacidade supere o límite mínimo
legal (70%) e se complete o cadro de persoal ata superar o 90% coa contratación
doutros colectivos en risco de exclusión social. A situación de exclusión social
deberá acreditarse documentalmente e, para os efectos, entenderase por
colectivos na dita situación os seguintes:
-Persoas perceptoras da renda de integración
social de Galicia ou aquelas que non poidan acceder a ela, ben por falta do
período exixido de residencia ou empadroamento, ou ben por ter esgotado o
período máximo de percepción legalmente establecido, ou membros da súa unidade
familiar en desemprego.
-Persoas que participen ou participasen en
procesos de rehabilitación ou reinserción social de drogodependentes coa debida
acreditación ou autorización.
-Internos e internas de centros penais cuxa
situación penal lles permita acceder a un emprego, así como liberados/as
condicionais ou ex-reclusos/as que non tivesen antes un primeiro emprego fixo
remunerado após un período de privación de liberdade.
-Mulleres procedentes de
casas de acollida que presenten problemas adicionais de inserción ou reinserción
laboral.
-As
persoas que teñan acreditada pola Administración competente a condición de
vítima de violencia doméstica por parte dalgún membro da unidade familiar de
convivencia.
-Mulleres que abandonasen o exercicio da prostitución e se incorporen ao
mercado laboral.
-Menores internos/as incluídos/as no ámbito de aplicación da Lei orgánica
5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, cuxa
situación lles permita acceder a un emprego, así como os que estean en situación
de liberdade vixiada e os ex-reclusos e ex-reclusas.
-Mozos e mozas que estean
ou estivesen ata a súa maioría de idade baixo a tutela ou garda da
Administración autonómica.
-Traballadores e traballadoras inmigrantes que
pasen a ser residentes da comunidade cuxas características condicionen a súas
posibilidades de integración social.
-Emigrantes retornados/as con graves necesidades
persoais ou familiares.
-Persoas que
formen parte de colectivos ou minorías cuxas características poidan condicionar
as súas posibilidades de integración social.
-Traballadores e traballadoras cunha minusvalidez
acreditada inferior ao 33%.
Para os
efectos de determinar a porcentaxe de traballadores e traballadoras con
discapacidade, non se computará o persoal sen discapacidade dedicado á
prestación de servizos de axuste persoal e social, así como o que preste
servizos naquelas actividades ou postos de traballo específicos que, pola súa
propia natureza ou complexidade, non poidan ser desempeñados por persoas con
discapacidade.
Entenderanse por servizos de axuste persoal e social os de
rehabilitación, terapéuticos, de integración social, culturais e deportivos que
lle procuren ao traballador ou traballadora con discapacidade do centro especial
de emprego unha maior rehabilitación persoal e mellor adaptación da súa relación
social.
b)
Grao de minusvalidez dos traballadores e traballadoras contratados/as: as
contías máximas das axudas unha vez aplicado o criterio da alínea a) anterior
poderán ser acadadas cando o grao de minusvalidez destes traballadores/as sexa
igual ou maior do 49%. No caso de que sexa inferior, a contía máxima da
subvención poderá ser de ata o 90%.
c) Grao de minusvalidez da totalidade dos
traballadores e traballadoras con discapacidade do centro especial de emprego:
as contías máximas das axudas, unha vez aplicados os criterios das alíneas a) e
b) anteriores, poderán ser acadadas no caso de que máis da metade do cadro de
persoal con
discapacidade do centro teña unha minusvalidez igual ou superior ao 49%.
No caso de que sexa inferior, a contía máxima da subvención será do
90%.
No caso
de tratarse de centros sen ánimo de lucro, segundo a cualificación rexistral do
artigo 10 do Decreto 200/2005, do 7 de xullo, soamente será de aplicación o
criterio de gradación establecido na alínea a) anterior.
No caso de contratacións
indefinidas a tempo parcial, os importes das axudas serán proporcionais á
duración da xornada estipulada no contrato.
As contías das subvencións a que se fai
referencia neste número teñen carácter de máximo.
Quinta.-Mantemento de
centros especiais de emprego.
Para o
mantemento de postos de traballo ocupados por persoas con discapacidade,
establécense as seguintes axudas:
a) Subvención do custo salarial correspondente
aos postos de traballo ocupados por persoas con discapacidade que realicen unha
xornada de traballo laboral normal e que estean en alta na Seguridade Social,
ata un importe máximo do 50% do salario mínimo interprofesional. No suposto de
contratos de traballo a tempo parcial, a subvención experimentará unha redución
proporcional á xornada laboral realizada. Cando o traballador ou traballadora se
atope en situación de incapacidade temporal, o importe da subvención salarial
referirase exclusivamente aos días en que o pagamento sexa por conta,
obrigatoriamente, do centro especial de emprego, de conformidade co que dispoña
a normativa da Seguridade Social.
Non se concederá a subvención do custo salarial
por aqueles traballadores e aquelas traballadoras con discapacidade contratados
e contratadas na mesma mensualidade con máis dunha contratación de natureza
temporal.
b)
Subvención para adaptación de postos de traballo e eliminación de barreiras
arquitectónicas por un importe non superior ao custo real e, en todo caso, cunha
contía máxima de 1.800 euros por posto de traballo.
c) Subvención por unha
soa vez destinada a equilibrar e sanear financeiramente os centros especiais de
emprego co fin de lograr a súa reestruturación para alcanzar niveis de
produtividade e rendibilidade que garantan a súa viabilidade e
estabilidade.
d) Subvención dirixida a equilibrar o orzamento nos centros especiais de
emprego que carezan de ánimo de lucro e sexan de utilidade pública e
imprescindibles polo labor que realizan.
Non se poderán conceder subvencións para
equilibrio orzamentario cando os resultados económicos adversos deriven dunha
xestión deficiente do centro.
Para a concesión e determinación da contía desta
subvención aplicarase o disposto no artigo 12 do
Real decreto 2273/1985,
do 4 de decembro, polo que se aproba o Regulamento dos centros especiais de
emprego, polo que se terá en conta:
-A actividade, dimensión, estrutura, titularidade
e xerencia do centro.
-A composición
do seu cadro de persoal, con especial atención á proporción de traballadores e
traballadoras con discapacidade respecto do total no centro especial de emprego,
así como á natureza e grao de minusvalidez das persoas que o compoñen, en
relación coa súa capacidade produtiva e de adaptación ao posto de traballo que
desempeñen.
-A modalidade e condicións dos contratos subscritos.
-As variables económicas que concorran no centro
en relación co seu obxecto e función social.
-Os servizos de axuste persoal e social que lles
preste o centro aos seus traballadores e traballadoras con
discapacidade.
Solicitudes, documentación e xustificación.
Sexta.-Solicitudes e documentación.
As solicitudes deberán presentarse nos modelos
normalizados que figuran como anexos numéricos a esta orde e deberán ir
acompañadas do orixinal ou copia compulsada da documentación que se
relaciona:
1.
Documentación común para todos os tipos de axudas:
a) Se a persoa solicitante é persoa física, DNI e
acreditación do NIF, e se é persoa xurídica, DNI e poder suficiente da persoa
representante para actuar en nome da entidade e NIF da empresa.
b) Certificación da
inscrición do centro especial de emprego, ou, no seu defecto, solicitude de
inscrición.
c) Memoria que recolle a titularidade do centro, enderezos dos centros de
traballo, actividades, cumprimento ou non dos seus obxectivos económicos e de
axuste persoal e social e as causas que as motivaron. No caso de centros que
realicen contratos previstos no Real decreto 346/2005, do 8 de abril, polo que
se regula o cumprimento alternativo con carácter excepcional da cota de reserva
en favor de traballadores e traballadoras con discapacidade, a memoria conterá a
tipoloxía das accións realizadas e os recursos aplicados de acordo co artigo
4.1º do citado real decreto.
Para as solicitudes de subvención do custo
salarial, agás os centros de nova creación, e para adaptación do posto de
traballo non será necesaria a presentación desta memoria.
d) Certificación da
relación nominal dos traballadores e traballadoras do cadro de persoal do centro
especial de emprego con indicación da relación dos/as traballadores/as con
discapacidade contratados/as e daqueles e daquelas polos cales se
solicita
a
subvención, a relación dos/as traballadores/as de axuste persoal e social que
teña o centro e daqueles/as traballadores/as non afectados/as por discapacidade,
con indicación dos e das que realizan servizos e/ou ocupan postos que pola súa
especificidade non pode realizar o persoal con discapacidade (segundo o modelo
do anexo VII-B), agás no caso da subvención ao custo salarial, e para adaptación
de postos de traballo en que se xuntará unha relación nominal dos/as
traballadores/as con discapacidade polas cales se solicita
subvención.
e) Declaración comprensiva do conxunto de todas as solicitudes efectuadas
ou concedidas, para o mesmo proxecto ou actividade, das administracións públicas
competentes ou outros entes públicos, ou, de ser o caso, unha declaración de que
non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións (segundo o modelo do
anexo XIII).
f) Ficha de solicitude de transferencia bancaria e certificación da
entidade financeira acreditativa de que quen solicita é titular da conta
(segundo o modelo do anexo XIV).
g) Documentación acreditativa de se encontraren
ao día das súas obrigas tributarias -estatais e autonómicas-e coa Seguridade
Social e de que non teñen pendente de pagamento ningunha outra débeda coa
Administración da comunidade autónoma, unicamente no suposto de que quen
solicita lle denegase expresamente a autorización ao órgano xestor para
solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración
Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Economía
e Facenda da Xunta de Galicia.
2. Documentación específica para a axuda de
asistencia técnica:
a) Memoria
explicativa do contido da modalidade de asistencia solicitada.
b) Cando se trate da modalidade de contratación o
curriculum vitae da persoa que vai prestar o servizo.
c) Cando se trate de
estudos ou de asesoramento, o orzamento detallado e un índice do seu contido,
así como a memoria da entidade ou o curriculum vitae da persoa que realice o
estudo ou asesoramento.
3. Documentación específica para a subvención
financeira:
a) Memoria económica do
proxecto que inclúa o orzamento de investimento e o plan de financiamento en
relación coa finalidade ou obxecto da axuda e xustificación da súa
necesidade.
b) Compromiso da entidade financeira sobre a súa concesión, en que
figuren as súas características e se faga constar que a operación se acolle ao
convenio subscrito para tal fin (segundo o modelo do anexo XV ) ou, de ser o
caso, o contrato de préstamo.
c) Facturas pro forma ou orzamentos dos activos
fixos e, se é o caso, xustificantes dos activos circulantes que se financiarán
co préstamo.
4. Documentación específica para as subvencións en función do
investimento en activo fixo:
a) Memoria ampliada do proxecto e
antecedentes.
b) Detalle do plan de
investimentos en activos fixos e calendario para a súa execución xunto con
facturas pro forma e orzamentos.
c) Estudo económico-financeiro de viabilidade do
proxecto.
d) Balance de situación e
conta de perdas e ganancias dos dous últimos exercicios e provisionais para os
dous próximos exercicios.
5. Documentación específica para a subvención do
custo salarial:
a) Relación nominal
dos traballadores e traballadoras con discapacidade por quen se solicita a
subvención (segundo o modelo do anexo X-B).
b) Documentación do cadro de persoal de novos/as
traballadores e traballadoras con discapacidade: contratos de traballo, altas e
variacións de datos na Seguridade Social e, de ser o caso, resolución do
Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) en que recoñeza a condición de
pensionista por incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez, ou
resolución do Ministerio de Economía e Facenda ou do Ministerio de Defensa que
recoñeza unha pensión por xubilación ou retiro por incapacidade permanente para
o servizo ou inutilidade.
c) Fotocopia compulsada dos documentos TC-1 e
TC-2, correspondentes ao mes de decembro do ano anterior, ou ao primeiro mes
polo cal se solicita a subvención, para o caso de centros que inician a súa
actividade por ser de nova creación, e solicitan a súa cualificación como
centros especiais de emprego.
d) Recibos de salarios e documento bancario de
transferencia que acredite o seu pagamento, dos traballadores e traballadoras
con discapacidade, correspondentes ao mes de xaneiro, ou ao primeiro mes polo
cal se solicita a subvención, para o caso de centros que inician a súa
actividade por seren de nova creación.
6. Documentación específica para a subvención de
adaptación de postos de traballo:
-Relación nominal dos traballadores e
traballadoras con discapacidade por quen se solicita a subvención (segundo o
modelo do anexo X-B).
-Memoria explicativa do obxecto da axuda e
xustificación da súa necesidade.
-Orzamento ou facturas pro forma do investimento que se vai
realizar.
7. Documentación específica
para as subvencións de saneamento financeiro ou equilibrio
orzamentario:
-Memoria explicativa do desequilibrio económico ou orzamentario e a súa
orixe: antecedentes do centro.
-Estudo económico-financeiro de
viabilidade.
-Balances de situación e
conta de perdas e ganancias dos dous últimos exercicios e provisionais para os
dous próximos exercicios.
Sétima.-Pagamento e xustificación.
1. De non achegarse con anterioridade, o
pagamento das axudas quedará condicionado á presentación do orixinal ou copia
compulsada, no prazo, nos termos e na forma que se estableza na resolución de
concesión, da documentación común e da especifica que se exixa de forma expresa
nela, entre a cal deberá figurar a relacionada nos puntos
seguintes:
A. Documentación común:
a)
Certificación da inscrición da entidade no Rexistro de Centros Especiais de
Emprego, de non achegarse con anterioridade.
b) Documentación xustificativa para acreditar o
cumprimento da finalidade para a cal se concedeu a subvención segundo o tipo de
axuda.
c)
Declaración complementaria do establecido na base sexta, 1 e) deste anexo, do
conxunto das axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como das
pendentes de resolución para o mesmo proxecto, das distintas administracións
públicas competentes ou outros entes públicos, ou, de ser o caso, que non
solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións (segundo modelo anexo
XIII).
B.
Documentación específica:
a) Cando se
trate de asistencia técnica na súa modalidade contractual, xuntarase copia do
contrato e alta na Seguridade Social. Para as outras modalidades de asistencia
técnica, xuntaranse as facturas acreditativas do custo do servizo recibido e,
para o caso da elaboración de estudos ou informes, presentarase copia
del.
b) Cando
se trate da subvención financeira, xuntarase copia do contrato de
préstamo.
c)
Cando se trate da subvención en función do investimento en activo fixo,
xuntaranse documentos xustificativos da súa realización e do seu efectivo
pagamento.
d)
Cando se trate dalgunha das axudas recollidas na base cuarta deste anexo,
achegarase documentación acreditativa da contratación e alta na Seguridade
Social, das persoas con discapacidade que ocupan os novos postos de traballo
creados con carácter estable.
De ser o caso, resolución do Instituto Nacional
da Seguridade Social (INSS) que recoñeza a condición de pensionista por
incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez, ou resolución do
Ministerio de Economía e Facenda ou do Ministerio de Defensa que recoñeza unha
pensión por xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou
inutilidade.
e) Cando se trate da subvención do custo salarial, recibos de salarios e
documento bancario de transferencia que acredite o seu pagamento correspondentes
á mensualidade pola cal se solicita o pagamento parcial.
Documentos TC1 e TC2 do
último mes ingresado, conforme as normas de cotización á Seguridade Social,
inmediatamente anterior ao da mensualidade pola cal se solicita pagamento
parcial segundo o previsto na base 8ª. 3 deste anexo.
De ser o caso, copia dos
contratos de traballo e partes de alta á Seguridade Social, correspondentes ao
novo persoal traballador contratado no mes obxecto de pagamento parcial, así
como todas as variacións de datos á Seguridade Social realizadas no dito
mes.
De ser o
caso, resolución do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) que recoñeza
a condición de pensionista por incapacidade permanente total, absoluta ou grande
invalidez, ou resolución do Ministerio de Economía e Facenda ou do Ministerio de
Defensa que recoñeza unha pensión por xubilación ou retiro por incapacidade
permanente para o servizo ou inutilidade.
Nos supostos de incapacidade temporal, achegarase
parte de baixa e alta.
Relación
nominal dos traballadores e traballadoras con discapacidade por quen se solicita
o pagamento parcial (segundo o modelo do anexo X-B).
2. Malia o sinalado nos
puntos anteriores, a documentación exixida para a fase de pagamento, común ou
específica, poderá presentarse xunto coa solicitude a opción do interesado ou da
interesada. Neste suposto poderá tramitarse conxuntamente a concesión e o
pagamento da axuda.
3. Cando se soliciten e concorran varias axudas ou subvencións só será
necesario presentar unha vez a documentación coincidente, tanto na fase de
solicitude como na de xustificación.
4. Os beneficiarios e beneficiarias deberán
presentar a documentación xustificativa para o pagamento sinalado no punto 1
desta base no prazo establecido na resolución de concesión, ou, de ser o caso,
ata o 30 de novembro de 2007. Excepcionalmente este prazo poderá ser prorrogado
en 15 días de forma extraordinaria e debidamente xustificada.
5. Non poderá realizarse
en ningún caso o pagamento da subvención en tanto a persoa ou entidade
beneficiaria non figure ao día do cumprimento das súas obrigas tributarias
-estatais e autonómicas- e da Seguridade Social, sexa debedora en virtude de
resolución declarativa da procedencia de reintegro ou teña algunha débeda
pendente, por calquera concepto, coa Administración da comunidade
autónoma.
6.
Poderán acordarse pagamentos parciais á conta da liquidación definitiva, a
medida que o beneficiario ou beneficiaria xustifique os libramentos anteriores,
ata unha porcentaxe non superior ao 80% da subvención concedida.
7. Se da documentación
presentada pola persoa ou entidade beneficiaria para o pagamento quedase
xustificada outra contía de subvención da inicialmente concedida, emitirase a
correspondente resolución revogatoria ou complementaria.
Oitava.-Prazos de
presentación de solicitudes.
1. As
solicitudes de asistencia técnica, subvención financeira e subvención en función
do investimento en activo fixo deberán presentarse respectando en todo caso o
prazo xeral establecido no artigo 5.2º desta orde.
2. Para a subvención do
custo salarial deberá presentarse unha única solicitude por todas as
mensualidades do ano natural. O prazo para a presentación desta solicitude
finalizará o 30 de abril. Para os centros especiais de emprego que soliciten a
súa cualificación a partir do 30 de abril a solicitude poderá presentarse ata o
15 de setembro.
Unha vez emitida a resolución, o pagamento quedará condicionado á
presentación, no prazo máximo establecido nela, da documentación xustificativa
prevista na base 7ª.1 B, alínea e) deste anexo; e poderá acordarse o seu
pagamento parcial á conta da liquidación definitiva.
3. As solicitudes de
subvención para adaptación de postos de traballo presentaranse con anterioridade
á realización da adaptación, respectando en todo caso o prazo xeral establecido
no artigo 5.2º desta orde.
4. As solicitudes de axudas para o saneamento
financeiro e o equilibrio orzamentario dos centros especiais de emprego deberán
presentarse respectando en todo caso o prazo xeral establecido no artigo 5.2º
desta orde.
ANEXO C
Programa de promoción
do emprego autónomo das persoas con discapacidade.
Obxecto e persoas e entidades
beneficiarias
Primeira.-Obxecto.
A
finalidade deste programa é promover a integración laboral das persoas con
discapacidade mediante o financiamento daqueles proxectos empresariais que
faciliten a creación do seu propio posto de traballo a traballadores e
traballadoras con discapacidade desempregados/as que pretendan desenvolver a súa
actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadores e
traballadoras autónomos/as ou por conta propia.
Segunda.-Beneficiarios e
beneficiarias.
1. Poderán ser
beneficiarias das axudas deste programa as persoas con discapacidade, en
situación de desemprego, inscritas como demandantes de emprego no Servizo
Público de Emprego, e que procedan á creación do seu propio posto de traballo
mediante a súa constitución en traballadores e tra
balladoras autónomos/as
ou por conta propia, sempre que:
-Sexan titulares ou cotitulares do negocio ou explotación, ou ben
constitúan unha sociedade limitada que cumpra os requisitos establecidos no
número 3 desta base.
-Se dean de alta no réxime especial de autónomos ou no réxime especial do
mar da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional.
-Non percibisen
subvencións ao abeiro do programa de promoción do emprego autónomo nos catro
anos anteriores á data do inicio da nova actividade.
-Non desenvolvesen como
traballadores ou traballadoras autónomos/as a mesma ou similar actividade na
mesma localidade, nos 6 meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova
actividade, nin estivesen de alta como traballadores/as autónomos/as en calquera
réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, sempre que
a dita situación de alta presupoña actividade, nos tres meses inmediatamente
anteriores.
2. Para os efectos deste anexo, entenderase como data de inicio de
actividade laboral a da alta como autónomo ou autónoma no correspondente réxime
da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional.
3. Poderán ser
beneficiarias da axuda prevista na base cuarta deste anexo as sociedades
limitadas, sempre que:
-Sexan sociedades de nova creación cun capital
social fundacional inferior a 120.200 euros.
-A totalidade das súas socias e socios sexan
persoas físicas e o número inicial de socios e socias non sexa superior a tres,
agás que a totalidade de persoas socias reúnan os requisitos e condicións
establecidos no número 1 desta base, aínda que non todas teñan a condición de
persoa con discapacidade, e pertenzan a algún dos seguintes
colectivos:
a) Mozos e mozas menores de 25 anos.
b) Mozos e mozas maiores de 25 anos e menores de 30 que finalizasen a súa
educación a tempo completo nos dous anos anteriores á súa alta na Seguridade
Social ou mutualidade de colexio profesional e que non tivesen antes un primeiro
emprego fixo.
c) Persoas desempregadas maiores de 45 anos.
d) Mulleres desempregadas que inicien a súa
actividade laboral tras unha ausencia do mercado de traballo non inferior a 24
meses.
e)
Mulleres desempregadas cando se incorporen para prestar servizos en profesións
ou ocupacións con menor índice de emprego feminino, de acordo co disposto na
orde do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, do 16 de setembro de 1998 (BOE
do 29 de setembro).
f) Persoas titulares de familias monoparentais e con responsabilidades
familiares.
g) Persoas desempregadas que realizasen, no ano da presentación da
solicitude, ou nos dous anos naturais anteriores, cursos de formación
profesional ocupacional do Plan FIP directamente relacionados co posto de
traballo a que se incorporan.
h) Persoas desempregadas que participasen, no ano
de presentación da solicitude ou nos dous anos anteriores, como alumnas en
escolas obradoiro, casas de oficio ou en obradoiros de emprego directamente
relacionadas no seu contido co posto de traballo ao cal se incorporan; ou ben,
que traballasen no ano da presentación da solicitude ou no ano natural anterior
en obras ou servizos de interese xeral realizados en virtude doutros programas
de fomento do emprego.
i) Persoas en situación de desemprego de longa
duración, maiores de 25 anos, que estivesen sen traballo e inscritas na Oficina
de Emprego durante 12 meses dos anteriores 16 meses.
j) Persoas desempregadas
procedentes de empresas en crise.
k)
Persoas desempregadas en situación de risco de exclusión social pertencentes a
algún dos seguintes colectivos:
-Persoas perceptoras da renda de integración
social de Galicia ou aquelas que non poidan acceder a ela, ben por falta do
período exixido de residencia ou empadroamento, ou ben por ter esgotado o
período máximo de percepción legalmente establecido, ou membros da súa unidade
familiar en desemprego.
-Persoas que participen ou participasen en
procesos de rehabilitación ou reinserción social de drogodependentes coa debida
acreditación ou autorización.
-Internos e internas de centros penitenciarios
cuxa situación penitenciaria lles permita acceder a un emprego, así como
liberados/as condicionais ou ex-reclusos/as que non tivesen antes un primeiro
emprego fixo remunerado após un período de privación de liberdade.
-Mulleres procedentes de
casas de acollida que presenten problemas adicionais de inserción ou reinserción
laboral.
-As
persoas que teñan acreditada pola Administración competente a condición de
vítima de violencia doméstica por parte dalgún membro da unidade familiar de
convivencia.
-Mulleres que abandonaran o exercicio da prostitución e se incorporen ao
mercado laboral.
-Menores internos/as incluídos no ámbito de aplicación da Lei orgánica
5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, cuxa
situación lles permita acceder a un emprego, así como os/as que estean en
situación de liberdade vixiada e os ex-reclusos/as.
-Mozos e mozas que estean
ou estivesen ata a súa maioría de idade baixo a tutela ou garda da
Administración autonómica.
-Traballadores e traballadoras inmigrantes que
pasen a ser residentes da comunidade cuxas características condicionen a súa
integración social.
-Emigrantes retornados/as con graves necesidades persoais ou
familiares.
-Persoas que formen parte
de colectivos ou minorías cuxas características poidan condicionar as súas
posibilidades de integración social.
4. No caso de constitución dunha sociedade
limitada, os socios e socias por quen se conceda a subvención quedan obrigados e
obrigadas a manter a súa achega ao capital social e a súa porcentaxe de
participación no capital social durante un período mínimo de tres anos. Para
estes efectos, no primeiro trimestre de cada ano natural e durante o período de
tempo sinalado, o beneficiario ou beneficiaria deberá achegar certificación do
Rexistro Mercantil acreditativa desta circunstancia.
5. Non poderán obter a
condición de beneficiarias deste programa, as persoas ou entidades nas cales
concorran as circunstancias previstas no artigo 13.2º da Lei 38/2003, do 17 de
novembro, xeral de subvencións.
Tipos de axuda.
Terceira. -Tipos de axuda.
Neste programa de promoción do emprego autónomo
das persoas con discapacidade inclúense os seguintes tipos de axuda:
-Subvención
financeira.
-Rendas para o inicio da
actividade.
-Subvención en función do
investimento en activo fixo.
-Axuda
excepcional.
Cuarta.-Subvención
financeira.
1. A subvención
financeira ten por finalidade facilitar a creación do propio posto de traballo,
mediante a redución dos xuros de préstamos necesarios para a súa constitución
como traballador ou traballadora autónomo/a, tendo en conta que, como mínimo, o
75% do préstamo deberá destinarse a financiar investimentos en activo fixo
podendo destinarse ata un 25% a financiar o activo circulante. Os ditos
préstamos, para seren subvencionables, deberán ser concedidos polas entidades
financeiras que teñan subscrito convenio coa Consellería de
Traballo.
Esta subvención será, como máximo, de seis puntos do tipo de xuro fixado
pola entidade financeira que conceda o préstamo, sen que en ningún caso o tipo
de xuro que deba satisfacer o beneficiario ou beneficiaria, despois de calculado
o subsidio, poida resultar inferior a un punto. A contía calcularase como se a
subvención se devengase cada ano de duración do préstamo, incluído o posible
período de carencia.
En todo caso, o importe máximo desta subvención non poderá superar a
contía de 4.500 euros.
A subvención financeira deberá presentarse con
anterioridade ao inicio da execución do proxecto de investimento e, en todo
caso, antes de transcorrer 2 meses desde a data de alta na Seguridade Social ou
mutualidade de colexio profesional, respectando en todo caso, o prazo xeral
establecido no artigo 5.2º desta orde, aínda que non transcorresen os dous meses
anteriormente citados.
2. Poderá concederse esta subvención a aquelas
sociedades limitadas de nova creación que reúnan os requisitos da base 2ª número
3 deste anexo, polos traballadores e traballadoras con discapacidade
desempregados/as que, constituíndose como autónomos/as, teñan a condición de
socio ou socia da devandita sociedade.
O importe máximo desta subvención non poderá
superar a contía de 4.500 euros por cada socio/a que cumpra os requisitos e
condicións previstos na base 2ª, número 1, deste anexo.
A sociedade limitada
deberá presentar a solicitude da subvención financeira con anterioridade ao
inicio da execución do proxecto de investimento e, en todo caso, antes de
transcorrer 2 meses desde a data de alta no IAE ou, se for o caso, no Censo de
Obrigados Tributarios do Ministerio de Economía e Facenda, respectando en todo
caso o prazo xeral establecido no artigo 5.2º desta orde, aínda que non
transcorresen os dous meses anteriormente citados.
3. O investimento deberá
realizarse desde a data da solicitude e ata catro meses posteriores á data do
contrato do préstamo.
Quinta.-Rendas para o inicio da
actividade.
1. Poderán concederse
subvencións de ata 3.600 euros, en concepto de renda para o inicio da
actividade, por unha soa vez, para contribuír a garantir durante o inicio da
actividade uns ingresos mínimos. No caso de que a persoa beneficiaria desta
renda sexa unha muller, a subvención incrementarase ata 4.800 euros.
2. A contía da renda para
o inicio da actividade non poderá superar o 50% do investimento inicial en
activo fixo debidamente acreditado ou, no suposto de constitución dunha
sociedade limitada de nova creación, o 50% da achega en diñeiro inicial ao
capital social do socio ou socia. No caso de que a persoa beneficiaria desta
renda sexa unha muller, a dita porcentaxe será do 60%.
3. O prazo de
presentación de solicitudes da renda de inicio da actividade será de dous meses
desde a data de alta na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio
profesional, respectando en todo caso, o prazo xeral establecido no artigo 5.2º
desta orde, aínda que non transcorresen os dous meses anteriormente
citados.
Sexta.-Subvencións en función do investimento en activo fixo.
Poderá concederse unha subvención de ata un
importe de 3.900 euros pola creación do seu posto
de traballo, calculada en
función do investimento en activo fixo.
Esta subvención deberá solicitarse con anterioridade ao inicio da
execución do proxecto de investimento e, en todo caso, antes de transcorrer 2
meses desde a data de alta na Seguridade Social ou na mutualidade de colexio
profesional, respectando en todo caso o prazo xeral establecido no artigo 5.2º
desta orde, aínda que non transcorresen os dous meses anteriormente
citados.
Non
poderán acceder a este tipo de axuda as sociedades limitadas nin os seus
socios/as.
Sétima.-Axuda excepcional.
1.
Poderáselles conceder unha axuda de ata 3.000 euros para o financiamento dos
primeiros gastos da actividade ás persoas con discapacidade desempregadas,
sempre que sexan beneficiarias deste programa, de acordo co previsto na base
2ª.1 deste anexo, agás as que constitúan unha sociedade limitada.
2. A través desta axuda
serán subvencionables os gastos pola compra de mercadorías, materias primas e
outros aprovisionamentos, publicidade, arrendamento de local e maquinaria,
realizados nos dous meses anteriores e nos seis meses seguintes ao inicio da
actividade e sempre que se realicen no ano 2007 e sexan efectivamente
xustificados, mediante facturas e documentos acreditativos do seu pagamento, con
anterioridade á finalización do período de xustificación establecido na
resolución de concesión, ou, de ser o caso, ata o 30 de novembro de
2007.
Para a data de inicio da actividade estarase ao disposto na base 2ª.2
deste anexo.
3. O prazo de presentación de solicitudes da axuda excepcional será de
dous meses desde a data de alta na Seguridade Social ou en mutualidade de
colexio profesional, respectando en todo caso, o prazo xeral establecido no
artigo 5.2º desta orde, aínda que non transcorresen os dous meses anteriormente
citados.
Solicitudes, documentación e xustificación.
Oitava.-Solicitudes e documentación.
1. As solicitudes deberán presentarse no modelo
normalizado que figura como anexo desta orde e deberán ir acompañadas do
orixinal ou fotocopia compulsada da seguinte documentación:
a) DNI e acreditación do
NIF da persoa solicitante e, no suposto de constitución dunha sociedade
limitada, escritura de constitución, CIF da empresa, DNI e poder suficiente da
persoa representante da sociedade. No caso dunha comunidade de bens ou sociedade
civil, escritura de constitución e CIF da empresa.
b) Documentos
acreditativos dos períodos de inscrición como demandante de emprego na
Oficiana
Pública de Emprego, así como do tempo de permanencia no paro segundo os
datos do informe da vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade
Social.
De
ser o caso, certificado do colexio profesional de alta no dito colexio con
indicación de se presupón ou non exercicio da actividade e certificado da
mutualidade de colexio profesional con indicación dos períodos de alta
nela.
No
suposto de que se solicite subvención financeira e subvención en función do
investimento en activo fixo con anterioridade ao inicio da actividade, esta
documentación deberá achegarse, na fase de xustificación do
pagamento.
c)
De ser o caso, documentos acreditativos das circunstancias sinaladas na base
segunda, número 3.
d) Alta no imposto de actividades económicas ou, se for o caso, no Censo
de Obrigados Tributarios do Ministerio de Economía e Facenda. Alta no
correspondente réxime da Seguridade Social ou, de ser o caso, en colexio
profesional e mutualidade que corresponda.
No suposto de que se solicite subvención
financeira e subvención en función do investimento en activo fixo con
anterioridade ao inicio da actividade, esta documentación deberá achegarse, na
fase de xustificación do pagamento.
e) Memoria económica do proxecto empresarial,
asinada por quen solicita, que inclúa orzamento de investimento e o plan de
financiamento que acredite a viabilidade do proxecto, xunto con facturas ou, no
seu defecto, facturas pro forma ou orzamento dos activos que se vaian ter en
conta para o cálculo da contía da subvención.
f) Nos casos en que se
solicite subvención financeira, xuntarase o compromiso da entidade financeira
sobre a concesión do préstamo, no cal figuren as súas características e se faga
constar que a operación se acolle ao convenio subscrito para tal fin (segundo o
modelo do anexo XV) ou, de ser o caso, o contrato de préstamo.
g) No caso que se
solicite a renda para o inicio da actividade e se constitúa unha sociedade
limitada, documento acreditativo do desembolso total da achega inicial ao
capital social da sociedade.
h) De ser o caso, resolución do Instituto
Nacional da Seguridade Social (INSS) recoñecendo a condición de pensionista por
incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez, ou resolución do
Ministerio de Economía e Facenda ou do Ministerio de Defensa recoñecendo unha
pensión por xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou
inutilidade.
i) Declaración comprensiva do conxunto de todas as solicitudes efectuadas
ou concedidas, para o mesmo proxecto ou actividade, perante as administracións
públicas competentes ou outros entes públicos, ou, de ser o caso, unha
declaración de que non soli
citou nin percibiu outras axudas ou subvencións
(segundo o modelo do anexo XIII).
j) Ficha de solicitude de transferencia bancaria
e certificación da entidade financeira acreditativa de que quen solicita é
titular da conta (segundo o modelo do anexo XIV).
k) Documentación
acreditativa de se encontraren ao día das súas obrigas tributarias -estatais e
autonómicas- e coa Seguridade Social e de que non teñen pendente de pagamento
ningunha outra débeda coa Administración da comunidade autónoma, unicamente no
suposto de que quen solicita lle denegase expresamente a autorización ao órgano
xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da
Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a
Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia.
Novena.-Xustificación do
pagamento.
1. De non achegarse con
anterioridade, o pagamento das axudas quedará condicionado á presentación do
orixinal ou copia compulsada, no prazo, nos termos e na forma que se estableza
na resolución de concesión, da documentación común e específica que se exixa de
forma expresa nela, entre a que deberá figurar a relacionada nos puntos
seguintes:
A.
Documentación xeral:
a) Documentación
xustificativa para acreditar o cumprimento da finalidade para a que se concedeu
a subvención segundo o tipo de axuda.
b) Declaración complementaria do establecido na
base oitava h) deste anexo, do conxunto das axudas solicitadas, tanto as
aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo proxecto
das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos, ou,
de ser o caso, que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións
(segundo o modelo do anexo XIII).
B. Documentación específica:
a) Cando se trate da subvención financeira
xuntarase copia do contrato de préstamo.
De non achegarse xunto coa solicitude a alta no
imposto de actividades económicas ou, se é o caso, alta no Censo de Obrigados
Tributarios no Ministerio de Economía e Facenda; alta no correspondente réxime
da Seguridade Social ou, de ser o caso, en colexio profesional e mutualidade que
corresponda; e no suposto de constitución dunha sociedade limitada, escritura
pública de constitución.
DNI e documentos acreditativos dos períodos de
inscrición como demandantes de emprego na Oficiana Pública de Emprego, así como
do tempo de permanencia en situación de desemprego, segundo os datos do informe
da vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, da persoa solicitante,
ou das persoas incorporadas á sociedade limitada
polas que se solicite
subvención, de non telo presentado con anterioridade.
b) Cando se trate de subvención en función do
investimento en activo fixo, documentación xustificativa da súa realización e do
seu efectivo pagamento.
De non achegarse xunto coa solicitude, a alta no
imposto de actividades económicas ou, se é o caso, alta no Censo de Obrigados
Tributarios no Ministerio de Economía e Facenda; alta no correspondente réxime
da Seguridade Social ou, de ser o caso, en colexio profesional e mutualidade que
corresponda.
DNI e documentos acreditativos dos períodos de inscrición como
demandantes de emprego na Oficiana Pública de Emprego, así como do tempo de
permanencia en situación de desemprego, segundo os datos do informe da vida
laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, de non telo presentado con
anterioridade.
c) Cando se trate da axuda excepcional, documentos xustificativos da
realización dos gastos obxecto da subvención e do seu efectivo
pagamento.
2.
Malia o sinalado nos puntos anteriores, a documentación exixida para a fase de
pagamento, xeral ou específica, poderá presentarse xunto coa solicitude a opción
da persoa interesada. Neste suposto poderán tramitarse conxuntamente a concesión
e o pagamento da axuda.
3. Cando concorran varias axudas ou subvencións
só será necesario presentar unha vez a documentación coincidente, tanto na fase
de solicitude como na de xustificación.
4. Os beneficiarios e beneficiarias deberán
presentar a documentación xustificativa para o pagamento sinalado no punto 1
desta base no prazo establecido na resolución de concesión, ou, de ser o caso,
ata o 30 de novembro de 2007. Excepcionalmente este prazo poderá ser prorrogado
en 15 días de forma extraordinaria e debidamente xustificado.
5. Non poderá realizarse
en ningún caso o pagamento da subvención en tanto a persoa beneficiaria non
figure ao día do cumprimento das súas obrigas tributarias -estatais e
autonómicas- e da Seguridade Social, sexa debedora en virtude de resolución
declarativa da procedencia de reintegro ou teña algunha débeda pendente, por
calquera concepto, coa Administración da comunidade autónoma.
Décima.-Incompatibilidades e concorrencia.
Ademais das condicións xerais, sobre
incompatibilidades e concorrencia, recollidas no artigo 8º desta orde, as axudas
e subvencións establecidas neste programa serán incompatibles coas establecidas
nos programas de fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais,
iniciativas de emprego, iniciativas de emprego de base tecnolóxica.
© Xunta de Galicia
Información mantida pola Xunta de
Galicia
Servizo prestado pola Consellería de Presidencia, AA.PP. e
Xustiza
Correo electrónico: webdoga
xunta.es