Diario Oficial de Galicia
martes, 13 de marzo de 2007
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
Número do Dog:
51
Páxina do Dog:
3.876
Data da Disposición:
1 de marzo de 2007
Sección:
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
Organismo:
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Rango:
Orde
Título:
Orde do 1 de marzo de 2007 pola que se convocan axudas dirixidas
ao alumnado de bacharelato para realizar actividades de inmersión lingüística no
estranxeiro.
Orde do 1 de marzo de 2007 pola que se
convocan axudas dirixidas ao alumnado de bacharelato para realizar actividades
de inmersión lingüística no estranxeiro.
O dominio
dunha lingua estranxeira constitúe un compoñente básico da formación dos futuros
e das futuras cidadáns, xa que ese dominio abre as portas ao coñecemento doutras
formas de vida e de organización social alleas ás nosas, ao tempo que permite
acceder a mercados laborais e profesionais máis amplos, mellorar e diversificar
as canles de información e establecer relacións de intercambio e de amizade con
persoas doutros países.
A integración plena no contexto europeo exíxenos
unha intercomunicación, tanto no plano cultural como no laboral, para a que o
coñecemento de linguas estranxeiras se fai imprescindible. A Comisión Europea,
dentro do seu programa de traballo Educación e Formación 2010, considera que a
comunicación nunha lingua estranxeira é unha das competencias clave para a
sociedade do coñecemento. O dominio dunha primeira e segunda lingua estranxeira
pode considerarse como unha necesidade de primeira orde para o cidadán do século
XXI, pois contribúe de xeito esencial á formación integral do alumnado. A
consecución destes obxectivos debe igualmente considerarse desde a perspectiva
da contribución a reforzar unha cidadanía activa coñecedora doutras culturas. Na
procura destes fins, a Administración educativa galega é consciente da súa
tarefa na formación do alumnado e no deseño de actividades formativas que lle
proporcionen a oportunidade de enriquecer os coñecementos nestas linguas e no
contorno cultural delas.
Está recoñecido que a mellor maneira de chegar a
esa capacidade de comunicación é nun proceso de inmersión, en que a lingua
vehicular sexa a lingua en proceso de aprendizaxe. Para posibilitar que as
familias galegas teñan a posibilidade de facilitarlles aos seus fillos e fillas
o acceso a esta liña de coñe
cemento, establécense axudas dirixidas ao
alumnado do bacharelato destinadas á realización de actividades formativas de
inmersión lingüística para desenvolver en países cuxo idioma oficial sexa a
lingua obxecto de aprendizaxe.
Por todo iso, e dentro dun plan máis completo de
fomento da aprendizaxe de linguas estranxeiras, esta Consellería de Educación e
Ordenación Universitaria
DISPÓN:
Primeiro.-Obxecto e ámbito da convocatoria.
O obxecto desta orde é convocar 500 axudas de
1.100 A dirixidas ao alumnado de 1º e 2º de bacharelato que se establece no
punto cuarto desta orde para realizar actividades de formación de mellora da
competencia lingüística no estranxeiro durante o curso 2006/2007, que se
desenvolverán nos meses de xullo e agosto en países cuxo idioma oficial sexa
unha lingua estranxeira de entre as que está cursando o alumno/a no centro
escolar.
Segundo.-Actividades a que se dirixen as axudas.
As axudas desta convocatoria teñen como obxecto
mellorar a competencia no uso de linguas estranxeiras implantadas no sistema
educativo e estudadas como primeira ou segunda lingua estranxeiras polo alumnado
desta comunidade autónoma.
Terceiro.-Condicións económicas.
O importe de cada unha das axudas será de 1.100
A, que serán aboados por transferencia bancaria ao pai/nai/titor legal da persoa
beneficiaria en dous prazos do seguinte xeito: o 50% tras a publicación da
resolución definitiva e o restante 50% ao remate da estadía, unha vez
xustificada a súa realización segundo se establece no punto 10 desta
orde.
Estas
axudas son incompatibles co aproveitamento doutro tipo de axudas de institucións
públicas ou privadas destinadas á realización de actividades formativas de
mellora da competencia lingüística no estranxeiro, sen prexuízo do establecido
na epígrafe d) do artigo cuarto.
Cuarto.-Beneficiarios e requisitos.
Poderá solicitar a axuda para a mellora da
competencia no uso de linguas estranxeiras o alumnado dos cursos 1º e 2º de
bacharelato dos centros sostidos con fondos públicos dependentes desta
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Os solicitantes destas
actividades deberán reunir os seguintes requisitos:
a) Que as persoas solicitantes ou, se é o caso,
os membros da unidade familiar teñan domicilio fiscal no territorio da
Comunidade Autónoma galega.
b) Os beneficiarios deberán estar cursando os
cursos de bacharelato requiridos na presente convocatoria durante o curso
2006-2007.
c)
Os beneficiarios deberán ter, no curso 2005-2006, unha avaliación positiva na
área de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía.
d) As persoas
participantes nas estadías non deben ter solicitada nin concedida ningunha outra
axuda para estadías no estranxeiro igual ou similar ás establecidas nesta orde
de convocatoria.
Quinto.-Prazo e presentación das solicitudes.
Para axilizar e facilitar o trámite de selección,
as persoas solicitantes deberán completar, on-line, a solicitude e anexos que
como formulario electrónico se atoparán na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle, ou
ben presentar os anexos desta orde debidamente cubertos.
a) As solicitudes,
asinadas polo pai/nai/titor legal, xunto cos anexos e a documentación
acreditativa, dirixidos á Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa,
deberán presentarse, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da
publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, no rexistro xeral da
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, San Caetano s/n, 15781
Santiago de Compostela, nas súas delegacións provinciais ou mediante calquera
dos procedementos establecidos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, de réxime
xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Faise notar a posibilidade de que a solicitude sexa remitida por correo, para o
cal será necesaria a súa presentación en sobre aberto para que o funcionario de
correos poida facer constar o selo e a data antes de proceder á súa
certificación postal.
b) A presentación da solicitude de concesión de
axudas ou subvención polo interesado comportará a autorización ao órgano xestor
para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Tributaria, a
Tesourería Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Economía e Facenda da
Xunta de Galicia.
Sexto.-Documentación.
Documentación que deberán presentar todas as persoas
solicitantes:
1. Solicitude segundo o
anexo I desta convocatoria, asinada polo pai/nai/titor legal, validados os datos
académicos coa sinatura do director/a e selo do centro educativo onde cursa
estudos o alumnado solicitante.
2. Programa educativo da actividade de inmersión
e do centro no estranxeiro para o que solicita a axuda.
3. Autorización do
pai/nai/titor legal para solicitar a axuda segundo o modelo que figura no anexo
II.
4.
Autorización de todos os membros da unidade familiar declarantes ao órgano
xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Tributaria, a
Tesourería Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Economía e Facenda da
Xunta de Galicia, segundo o modelo que figura no anexo III. Se o representante
legal ou os membros da unidade familiar do beneficiario non presentaron
declara
ción,
por non estaren obrigados a facelo, a acreditación dos seus ingresos familiares
efectuarase mediante información de carácter tributario ou económico facilitada
pola Administración tributaria, relativa ás mencionadas parte xeral e especial
das bases reguladas nos artigos 38 e 39, respectivamente, do Real decreto
lexislativo 3/2004, do 5 de marzo.
5. Declaración de que non ten solicitada nin
concedida ningunha outra axuda igual ou similar para esta actividade, segundo o
modelo que figura no anexo IV.
Documentación que deberán presentar as persoas
solicitantes con circunstancias familiares especiais:
1. Declaración de formar
parte dunha familia monoparental en que o seu sustentador principal é viúvo/a,
pai ou nai solteiro/a, divorciado/a ou separado/a legalmente ou de feito,
segundo o modelo que figura no anexo V, xunto coa fotocopia compulsada do libro
de familia para os casos en que se alegue viuvez ou divorcio do/a sustentador/a
principal.
2.
Fotocopia compulsada do libro de familia para os casos en que se alegue
orfandade do solicitante.
3. Fotocopia do carné de familia numerosa, cando
proceda.
4. Certificado do grao de
minusvalidez cunha porcentaxe igual ou superior ao 33% acreditado polo Equipo de
Valoración e Orientación de Minusvalidez (EVO) da Vicepresidencia da Igualdade e
do Benestar, cando proceda.
5. Resolución do Instituto Nacional da Seguridade
Social (INSS) ou de pensionistas de clases pasivas que acredite unha pensión de
grande invalidez, cando proceda.
6. Acreditación da situación de desemprego do
pai/nai/titor legal, cando proceda.
Non serán tidos en conta nin valorados os méritos
alegados e non xustificados documentalmente, nin os que se aleguen fóra dos
prazos que figuran nesta convocatoria.
A Consellería de Educación e Ordenación
Universitaria poderá requirirlle ao interesado en calquera momento aclaración da
documentación presentada.
Todas as fotocopias que se remitan deberán ir
acompañadas das dilixencias de compulsa expedidas polo equipo directivo do
centro educativo ou pola delegación provincial da Consellería de Educación e
Ordenación Universitaria.
De acordo co establecido no artigo 71 da Lei
30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do
procedemento administrativo común, para aquelas solicitudes que non acheguen os
documentos anteriormente sinalados, requirirase o interesado/a para que, nun
prazo de dez días, emende as faltas ou remita os documentos preceptivos. De non
facelo, considerarase
que desistiu da súa petición e arquivarase o
expediente nos termos previstos no citado artigo.
Sétimo.-Comisión
avaliadora.
A selección das persoas
beneficiarias desta convocatoria realizaraa unha comisión integrada polos
seguintes membros:
Presidenta: o/a titular da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación
Educativa ou persoa en quen delegue.
Vogais: ata un máximo de catro vogais nomeados
pola presidenta da comisión avaliadora, con categoría de subdirector xeral, xefe
de servizo ou membros da Inspección educativa.
Unha persoa funcionaria
da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que actuará como
secretaria, con voz e sen voto.
A comisión poderá dispoñer a constitución dunha
subcomisión técnica especializada para os efectos de colaborar na valoración dos
documentos achegados.
Para os efectos previstos no artigo 26.2º o
Decreto 144/2001, do 7 de xuño, esta comisión considérase incluída na categoría
3ª.
Oitavo.-Criterios de valoración.
Os criterios de valoración que se terán en conta para conceder esta axuda
serán:
1. Renda familiar dos
pais/nais dos solicitantes. Por renda familiar entenderase a suma dos ingresos
computables obtidos por todos os membros da familia no ano 2005 e entenderase
que son ingresos da unidade familiar.
Ao cociente dos ingresos anuais da familia polo
número de membros adxudicaráselle a seguinte puntuación:
Ata 3.904,00 : 10
puntos.
De 3.904,01 a 4.429,00 A: 8
puntos.
De 4.429,01 a 4.961,00 A: 7
puntos.
De 4.961,01 a 5.484,00 A: 6
puntos.
De 5.484,01 a 6.060,00 A: 5
puntos.
De 6.060,01 a 6.540,00 A: 4
puntos.
De 6.540,01 a 7.072,00 A: 3
puntos.
De 7.072,01 a 7.596,00 A: 2
puntos.
De 7.596,01 a 8.126,00 A1 1
punto.
Máis de 8.126,00 A: 0
puntos.
2. Aos aspirantes con
circunstancias familiares especiais engadiráselles ata un máximo de 5 puntos.
Considéranse neste punto situacións como:
Situación de desemprego do pai e/ou nai ou titor
legal: 0,5/1 puntos.
O ser orfos de
pai e/ou nai: 1/2 puntos.
Pertencer a
familias onde un ou máis membros cos que conviva (en primeiro ou segundo grao
por consanguinidade ou afinidade) teña unha minusvalidez de grao igual ou
superior ao 33% ou sexa pensionista de grande invalidez: 0,5/1
puntos.
Pertencer a familias monoparentais, cuxo sustentador principal sexa
viúvo/a, pai ou nai solteiro/a, divorciado/a ou separado/a legalmente ou de
feito: 0,5 puntos.
Pertencer a familias numerosas (presentarase carné): 0,5
puntos.
Noveno.-Procedemento de
adxudicación.
1. Finalizada a
comprobación das solicitudes recibidas, a comisión fará pública a relación de
admitidos e excluídos, xunto coas causas de exclusión e da documentación para
emendar, que se exporá no taboleiro de anuncios da Consellería de Educación e
Ordenación Universitaria, no edificio administrativo de San Caetano e nos das
delegacións provinciais, na Consellería de Presidencia (Oficina de Atención ao
Cidadán), así como no portal educativo da Consellería de Educación e Ordenación
Universitaria da Xunta de Galicia (http://www.edu.xunta.es/) na internet, na
sección de convocatorias e de alumnado, e nos taboleiros de anuncios dos centros
de ensino secundario.
2. Esta exposición abrirá un prazo de dez días
para emendar erros e a falta de documentación, e para efectuar reclamacións ou
renuncias.
3.
Transcorrido este prazo, publicarase nos lugares citados no punto 1 a listaxe
provisional coas puntuacións obtidas. Así mesmo, publicarase unha listaxe de
suplentes ordenados por puntuación. Faise notar que, nos casos en que se
produzan empates na puntuación dos solicitantes, estes se resolverán aplicando o
criterio de menor renda por membro da unidade familiar.
4. Abrirase un prazo de
10 días para que os solicitantes lle remitan á Consellería de Educación e
Ordenación Universitaria a aceptación da axuda, segundo o modelo que figura no
anexo VI, xunto coa certificación bancaria da conta onde se vai aboar a axuda en
que se acredite que o titular é o pai/nai/titor legal do solicitante e en que
conste o código da conta de cliente comprensivo dos códigos que identifican o
banco ou caixa, a oficina, o díxito de control e o número de conta. Non enviar
esta documentación supón a renuncia á axuda concedida. Así mesmo, remitirán a
declaración de non ter solicitada nin concedida ningunha outra axuda igual ou
similar para esta actividade no momento de concesión, segundo o modelo que
figura no anexo IV.
As axudas vacantes seranlles ofertadas aos alumnos suplentes por
chamamento directo, segundo a relación publicada.
5. A comisión
seleccionadora elevaralle a proposta definitiva á conselleira de Educación e
Ordenación Universitaria, que resolverá a relación final das persoas
seleccionadas.
6. A resolución definitiva publicarase no Diario Oficial de Galicia e
exporase nos taboleiros de anuncios e no portal educativo da Consellería de
Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia (http://www.edu.xunta.es/) na internet, así
como nos taboleiros de anuncios dos centros de ensino secundario.
7. A obtención da axuda
falseando as condicións requiridas para iso ou ocultando aquelas que a
impedirían, así como a renuncia posterior á resolución definitiva, salvo casos
debidamente xustificados, poderá supoñer, en aplicación do artigo 37 da Lei
xeral de subvencións e do artigo 78.10º da Lei de réxime financeiro de Galicia,
o reintegro do importe da axuda e a exixencia do xuro de demora correspondente
desde o momento do pagamento da subvención ata a data en que se acorde a
procedencia do reintegro.
Décimo.-Procedemento de xustificación da
realización da actividade.
Ao
finalizar a actividade formativa obxecto da axuda, as persoas beneficiarias, no
prazo de 10 días, e sempre antes do 10 de setembro, deberán achegar á Dirección
Xeral de Ordenación e Innovación Educativa a factura orixinal do pagamento da
estadía ou fotocopia compulsada desta, así como a certificación da realización
da actividade con aproveitamento emitida pola institución educativa estranxeira
onde se desenvolveu. Nesta certificación, cando menos deberán constar: nome e
enderezo da institución, nome a apelidos do/a alumno/a, número de horas de
actividade formativa, datas en que se desenvolveu e grao de
aproveitamento.
Contra a resolución definitiva de adxudicación, que esgota a vía
administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de
reposición perante a conselleira de Educación e Ordenación Universitaria no
prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG,
segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das
administracións públicas e do procedemento administrativo común (coas
modificacións da Lei 4/1999), ou ben directamente recurso
contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de
Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo,
reguladora da xurisdición contencioso administrativa.
Décimo primeiro.-Contía
das axudas.
O importe total de
550.000 A que se vai distribuír na presente convocatoria farase con cargo á
partida orzamentaria 09.02.423B.480.0 dos orzamentos xerais da Comunidade
Autónoma de Galicia para o ano 2007.
Décimo segundo.-Difusión desta
convocatoria.
A dirección de cada
centro educativo arbitrará as medidas necesarias para que o contido desta
orde
sexa
coñecido por todos os sectores da comunidade educativa e entregaralle unha copia
dela ao consello escolar, ao claustro, ás ANPA e, de ser o caso, ás asociacións
de alumnado; así mesmo, expoñeranse no taboleiro de anuncios do centro as
listaxes provisionais e a definitiva. O contido desta orde atoparanse na páxina
da internet http://www.edu.xunta.es/,
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, sección convocatorias e
alumnado.
Décimo terceiro.-Recursos.
Contra esta orde os interesados poden interpoñer recurso potestativo de
reposición ante a conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo
dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, segundo o
disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das
administracións públicas e do procedemento administrativo común, coas
modificacións da Lei 4/1999, ou ben directamente recurso
contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de
Xustiza de Galicia.
Disposicións adicionais
Primeira.-A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria resérvase
o dereito de valorar e resolver sobre a idoneidade dos centros elixidos para a
realización da actividade formativa e dos seus programas educativos, e poderá
requirir máis información para o efecto.
Segunda.-Para os efectos do disposto na
disposición adicional do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan
os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de
decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano
2006, as persoas solicitantes deberán autorizar expresamente á Administración
concedente para incluír e facer públicos, nos rexistros regulados no citado
decreto, os datos relevantes referidos ás axudas recibidas.
A reserva que o
peticionario poida facer no sentido de non autorizar a obtención de datos ou a
publicidade dos datos nos rexistros, que en todo caso terá que expresar, poderá
dar lugar á exclusión do proceso de participación para obter a axuda ou, noutro
caso, á revogación do acto de outorgamento e, se procede, ao reintegro do
importe concedido.
Disposicións derradeiras
Primeira.-Autorízase a Dirección Xeral de
Ordenación e Innovación Educativa para adoptar os actos e medidas necesarias
para a aplicación desta orde.
Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día
seguinte ao da súa publicación no DOG.
Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2007.
Laura Sánchez Piñón
Conselleira de Educación e Ordenación
Universitaria
© Xunta de Galicia
Información mantida pola Xunta de
Galicia
Servizo prestado pola Consellería de Presidencia, AA.PP. e
Xustiza
Correo electrónico: webdoga
xunta.es