Diario Oficial de Galicia
martes, 13 de marzo de 2007

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS


Número do Dog:

51


Páxina do Dog:

3.883


Data da Disposición:

2 de marzo de 2007


Sección:

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS


Organismo:

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA


Rango:

Orde


Título:

Orde do 2 de marzo de 2007 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a concellos con destino ao apoio ás festas populares e outros eventos de contido turístico, e se procede á súa convocatoria para o ano 2007.



Orde do 2 de marzo de 2007 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a concellos con destino ao apoio ás festas populares e outros eventos de contido turístico, e se procede á súa convocatoria para o ano 2007.

Entre as actuacións de fomento do turismo son especialmente relevantes todas aquelas encamiñadas á conservación do seu patrimonio inmaterial, o realce e a difusión do acervo cultural e histórico dun pobo. Entre estas últimas atópanse as festas e eventos populares que na actualidade acadan unhas cotas moi altas de participación de persoas, tanto naturais do lugar como visitantes, o que implica que se consideren de grande interese na vida diaria da sociedade que as celebra.

A importancia crecente destas celebracións fai que moitas das festas sexan declaradas de interese turístico de Galicia, estatal ou internacional tanto polas súas singulares características de orixinalidade e calidade, a súa capacidade de convocatoria e participación, como polo seu especial arraigamento na localidade.

Estas actuacións, organizadas polas concellos tratan de dar a coñecer a través da gastronomía, da artesanía e das distintas tradicións das localidades, a nosa comunidade dun xeito lúdico e festivo.

Deste xeito, a Consellería de Innovación e Industria, a través da Dirección Xeral de Turismo, quere optimizar os recursos dispoñibles, tanto de infraestrutura como humanos e económicos para contribuír á organización e promoción destes eventos.

Así, para os efectos de axudar á mellora global da oferta turística de Galicia é polo que, con cargo aos créditos orzamentarios da Consellería de Innovación e Industria asignados para esta finalidade, con base no establecido sobre medidas de fomento nos artigos 73 e 74 da Lei 9/1997, do 21 de agosto, de ordenación e promoción do turismo en Galicia, de acordo co determinado no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, convócanse axudas destinadas ao apoio a festas populares e outros eventos turísticos para o ano 2007.

Por iso, no uso das facultades que me foron conferidas,
DISPOÑO:
Artigo 1º.-Obxecto.
Nesta orde establécense as bases reguladoras e convócanse para o ano 2007 subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para investimentos relacionados co apoio, promoción e difusión de festas, romarías, exposicións, festivais, certames da comarca e outros eventos similares de interese turístico para a Comunidade Autónoma de Galicia, nos termos do artigo seguinte.

Artigo 2º.-Actuacións subvencionables.
Só será subvencionable un evento por solicitante agás que no dito concello exista máis dunha festa declarada de interese turístico.

As celebracións dos eventos xirarán en todo caso ao redor das manifestacións de interese cultural, lúdico, folclórico, artístico, relixioso, gastrónomico, deportivo ou ambiental.

Estas actuacións deberán acentuar a valoración das tradicións populares e posuirán unha especial importancia como atractivo turístico cara ao pulo económico da comarca e consistirán na organización, desenvolvemento e promoción de festas populares de interese turístico e doutras manifestacións populares de carácter similar.

Segundo a natureza das actuacións que se executen deberá figurar de modo visible, se é o caso, que se trata dunha acción subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria, Dirección Xeral de Turismo, cos logotipos correspondentes.

Non se computará como subvencionable ningún tipo de imposto, taxa ou prezo público.

Artigo 3º.-Determinacións orzamentarias.
Estas subvencións, que se rexen polos principios de publicidade, concorrencia competitiva e obxectividade, no exercicio 2007 imputaranse á aplicación orzamentaria 10.06.761A.760.2 que figura dotada no orzamento de gastos da Consellería e Innovación e Industria para 2007, en que existe crédito adecuado e suficiente ata un importe máximo de 687.314 euros, sendo posible a concorrencia con calquera outra axuda para o mesmo obxecto e finalidade doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados.

De haber concorrencia, o seu importe, en ningún caso, poderá ser de tal contía que se supere a porcentaxe máxima do investimento subvencionable que legalmente estea establecido.

Artigo 4º.-Contía das axudas.
As actuacións que se consideran nesta orde como accións subvencionables, poderán acadar unha axuda económica de ata un 40% do investimento subvencionable cun máximo de 30.000 A.

Artigo 5º.-Ámbito temporal.
Poderán acollerse a esta orde os investimentos que se describen no seu artigo 2º, sempre que se realicen no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2007 e a data de xustificación dos investimentos establecida no artigo 12º.

Artigo 6º.-Requisitos dos beneficiarios.
Poderán ser beneficiarios das subvencións convocadas pola presente orde os concellos da Comunidade Autónoma de Galicia que pretendan a celebración de festas populares e outros eventos ou actuacións de carácter similar de interese turístico incluídas no obxecto desta convocatoria que se vaian celebrar durante o ano 2007.

Artigo 7º.-Obrigas dos beneficiarios.
Os beneficiarios das subvencións adquiren os seguintes compromisos e obrigas de conformidade co establecido no artigo 78.4º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia:

1. Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará a Consellería de Innovación e Industria, ás de control financeiro que lle corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coas subvencións e axudas concedidas e ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e o Consello de Contas.

2. Comunicarlle á Consellería de Innovación e Industria a obtención de subvencións ou axudas para a mesma finalidade procedentes doutras administracións ou entes públicos ou privados nacionais ou internacionais.

3. Realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención sen que proceda ningún cambio da actividade para a que se concedeu a axuda, agás modificacións ou prórrogas autorizadas pola Dirección Xeral de Turismo.

4. Acreditar ante a entidade concedente a realización da actividade subvencionada, así como o cumprimento dos requisitos e condicións que determinen a concesión ou desfrute da axuda.

5. A reintegrar, total ou parcialmente, o importe percibido da subvención concedida así como os correspondentes xuros de demora devengados desde o momento do pagamento, nos seguintes casos:

* Por incumprimento dos compromisos e obrigas relacionados neste artigo.
* Por incumprimento da obriga de xustificación ou xustificación insuficiente nos prazos e termos establecidos nesta orde.

* Obtención da subvención sen reunir os requisitos exixidos para a súa concesión con falsificación das condicións requiridas para isto ou ocultación daquelas que o impedisen.

* Incumprimento total ou parcial do obxectivo, da actividade, do proxecto ou non adopción do comportamento que fundamentou a subvención.

* Resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro, ou incumprimento das obrigas contables, rexistrais ou de conservación de documentos cando disto derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o incumprimento do obxectivo ou a concorrencia con outras axudas para a mesma finalidade percibidas de calquera administración ou ente público ou privado.

Artigo 8º.-Solicitudes e documentación.
1. As solicitudes de subvención, xunto coa documentación que a continuación se especifica deberán presentarse, por duplicado exemplar, na delegación provincial da Consellería de Innovación e Industria correspondente á provincia onde se atope o concello, ou en calquera das formas previstas na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia:

a) Solicitude segundo o modelo do anexo I subscrita polo presidente da entidade solicitante.

b) Copia cotexada do CIF da entidade solicitante.
c) Certificación do secretario da entidade acreditativa do nomeamento como presidente de quen subscribe a solicitude.

d) Memoria explicativa da actividade que se vaia desenvolver con expresión do prazo de execución e estimación da afluencia de visitantes en edicións anteriores. Indicarase o número de edicións celebradas, que se acreditará mediante documentación gráfica (programas, carteis, etc.).

e) Orzamento detallado dos investimentos ou actividades que se vaian realizar.
f) Declaración de conxunto de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas, para a actividade obxecto desta orde polas distintas administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados nacionais ou internacionais.

2. Os interesados emendarán os defectos das solicitudes de subvención que o precisen, segundo o sinalado no artigo 71.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de non facelo teráselles


por desistidos na súa petición, logo de resolución ditada para o efecto.
De acordo co establecido na disposición adicional primeira do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, de creación dos rexistros de axudas, subvencións e convenios e de sancións da Xunta de Galicia, a persoa solicitante da subvención consentirá expresamente a inclusión e publicidade dos datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións impostas, no devandito rexistro, feito que terá lugar agás nos supostos legalmente establecidos.

Artigo 9º.-Instrución e selección das solicitudes.
Correspóndelle á Dirección Xeral de Turismo a instrución do procedemento de concesión de subvencións, e desenvolverá de oficio cantas actuacións considere necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales se deba formular a proposta de resolución.

As solicitudes de subvención serán estudadas por unha comisión técnica de valoración constituída polo titular da Subdirección Xeral de Fomento e Cooperación, que a presidirá, actuando como vogais, os xefes do Servizo de Turismo de cada unha das delegacións provinciais da Consellería de Innvovación e Industria, os xefes do Servizo de Fomento e Promoción, de Formación, Cooperación Institucional e Documentación, de Ordenación do Turismo e de Inspección, xefe da Área de Edicións e Publicacións de Turgalicia.

Exercerá as funcións de secretario da comisión o mencionado xefe do Servizo de Fomento e Promoción.

Para a valoración das solicitudes teranse en conta, en orde decrecente, os seguintes criterios, que terán a seguinte puntuación:

1. A declaración de interese turístico internacional, estatal ou galego da festa ou evento (2,5 puntos).

2. A declaración oficial como turístico do concello (2 puntos).
3. Estar incluído o dito concello ou localidade nun Plan de Dinamización e/ou Excelencia Turística (1,5 puntos).

4. A súa implantación atendendo ao número de edicións celebradas (1 punto).
5. A difusión na prensa ou revistas especialidadas así como a programación innovadora dun evento con impacto turístico (0,5 puntos).

Esta comisión, á vista dos expedientes e dos informes emitidos e dos que, se é o caso, considere necesarios, analizará e cualificará os proxectos e, tendo en conta as dispoñibilidades orzamentarias, formularalle ao conselleiro de Innovación e Industria, a través do director xeral de Turismo, as propostas de concesión ou denegación adoptados por esta. Das ditas propostas redactarase a correspondente acta.

A proposta de resolución redactarase de acordo coas determinacións contidas no artigo 9.5º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 10º.-Resolución.
O conselleiro de Innovación e Industria ditará as resolucións de concesión ou, se é o caso, de denegación

de subvencións. Contra as ditas resolucións que esgotan a vía administrativa, poderá o interesado interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o titular desta consellería no prazo dun mes ou recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados ambos os prazos desde o día seguinte ao da recepción da notificación das ditas resolucións.

A resolución de concesión determinará o importe da subvención concedida, con cargo ás disposicións orzamentarias determinadas nesta orde.

De conformidade co artigo 13.4º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, a consellería publicará na súa páxina web oficial a relación dos beneficiarios e o importe das axudas concedidas, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e da súa publicación na citada páxina web.

Os interesados poderán entender desestimadas as solicitudes sobre as que non recaese resolución expresa no prazo de seis meses contados desde a data de publicación da orde.

Artigo 11º.-Modificación da resolución.
Segundo o artigo 12 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia:

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

Cando por cincunstancias técnicas se varíe o contido específico dos investimentos ou actuacións recollidas no proxecto inicial e as ditas variacións incidan no investimento subvencionable, o órgano competente para a concesión da axuda poderá acordar a modificación da resolución por instancia do beneficiario/a, debendo cumprirse os seguintes requisitos:

a) Que a actividade, conduta ou modificación do proxecto estea comprendida dentro da finalidade da presente orde.

b) Que se acredite a inexistencia de prexuízo a terceiros e terceiras.
c) Que os novos elementos e as circunstancias que motiven a modificación, de teren concorrido na concesión inicial, non supuxesen a denegación da axuda ou subvención.

Por outra banda, o beneficiario deberá solicitar a modificación con tempo suficiente para a súa avaliación antes do desenvolvemento do proxecto.

A conformidade expresa da Consellería de Innovación e Industria ás mencionadas modificacións requirirá informe favorable da Dirección Xeral de Turismo.

Artigo 12º.-Xustificación e pagamento das subvencións.
1. Os beneficiarios de subvencións concedidas en virtude desta orde terán como data límite para a presentación de xustificación do investimento executado o 31 de outubro de 2007.

No caso de festas ou eventos turísticos celebrados tras a data indicada, a resolución de concesión da subvención establecerá expresamente a data en que se deberá presentar a documentación establecida neste artigo para a xustificación do investimento realizado.

2. O investimento xustificado deberá coincidir coa resolución da concesión da subvención ou coas modificacións ou prórrogas autorizadas. Se o investimento xustificado fose menor e sempre mantendo os fins para os que se concedeu a subvención, esta reducirase proporcionalmente ao importe xustificado.

3. Para percibir a subvención os beneficiarios remitiranlle á Dirección Xeral de Turismo, por triplicado exemplar, a seguinte documentación:

a) Solicitude de cobramento segundo o modelo do anexo II.
b) Memoria da actuación realizada á que se xuntarán os carteis, folletos, fotografías ou calquera outra documentación que xustifique o cumprimento da actividade subvencionada.

c) Facturas orixinais ou fotocopias cotexadas acreditativas dos gastos efectuados.

d) Declaración de conxunto das axudas solicitadas, tanto aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para a actividade obxecto desta orde, das distintas administracións públicas competentes ou doutros entes públicos ou privados nacionais ou internacionais.

e) Certificación orixinal da entidade bancaria acreditativa do número de conta e do CIF do beneficiario.

Se a documentación non reúne os requisitos necesarios, concederase un prazo de dez días para cubrilos, segundo o establecido no artigo 76 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, procedendo a declarar decaídos no seu dereito os interesados que non cumpran o disposto neste artigo, logo de resolución ditada para o efecto.

Poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda obxecto desta orde.

En todo caso, poderá modificar o establecido na resolución de concesión, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais que superen a porcentaxe legalmente establecida.

Disposición derradeira
En todo o non recollido nesta orde aplicarase o disposto para esta materia no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, e as súas disposicións de desenvolvemento, así como no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia e demais normativa que resulte de aplicación.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2007.
Fernando X. Blanco Álvarez
Conselleiro de Innovación e Industria



[Páx. Anterior][Sumario D.O.G.][Páx. Seguinte]



© Xunta de Galicia
Información mantida pola Xunta de Galicia
Servizo prestado pola Consellería de Presidencia, AA.PP. e Xustiza
Correo electrónico: webdoga xunta.es