Diario Oficial de Galicia
martes, 13 de marzo de 2007
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
Número do Dog:
51
Páxina do Dog:
3.917
Data da Disposición:
8 de marzo de 2007
Sección:
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
Organismo:
CONSELLERÍA DE TRABALLO
Rango:
Orde
Título:
Orde do 8 de marzo de 2007 pola que se establecen as bases
reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a
realización de actividades de información, orientación e busca de
emprego.
Orde do 8 de marzo de 2007 pola que se
establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de
subvencións para a realización de actividades de información, orientación e
busca de emprego.
A evolución do mercado de traballo e a
persistencia do desemprego fan necesario articular medidas que inclúan accións
de atención constante e especializada dirixidas a aqueles colectivos con
dificultades de inserción laboral. O permanente cambio, froito das evolucións
socias, tecnolóxicas e organizativas, composta unha dificultade engadida para as
persoas que buscan un emprego, facendo necesario, a miúdo, procesos de
orientación e asesoramento especializados, que presten colaboración ás persoas
demandantes de emprego e que lles faciliten o camiño cara ao mercado
laboral.
No
Real decreto 1375/1997, do 29 de agosto, establécese o traspaso á Comunidade
Autónoma de Galicia da xestión realizada polo Instituto Nacional de Emprego, no
ámbito do traballo, o emprego e a formación, asumíndose as funcións e os
servizos transferidos mediante o Decreto 289/1997, do 9 de outubro.
As directrices de emprego
da Unión Europea, e Plans Nacionais de Acción para o emprego, recollen como
actuación prioritaria a mellora da capacidade de inserción laboral dos
desempregados a través da información e a orientación profesional
personalizada.
Con este obxectivo, a Consellería de Traballo pon en marcha un sistema de
orientación laboral, baseado en accións de información, orientación,
busca
activa
de emprego, coa finalidade de mellorar a ocupabilidade dos demandantes de
emprego. Este sistema establece a colaboración de entidades especializadas para
incrementar a capacidade e a calidade das accións, o seu achegamento aos
usuarios e a atención a colectivos específicos.
O Decreto 536/2005, do 6
de outubro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de
Traballo, atribúelle a esta, a través da Dirección Xeral de Formación e
Colocación, o exercicio das competencias, entre outras, en materia de formación
ocupacional e intermediación no mercado de traballo, colocación e orientación
laboral.
En
virtude do exposto, e co fin de promover as posibilidades de inserción laboral
en Galicia, faise necesario articular unha vía de colaboración en materia de
información e orientación laboral dos usuarios do Servizo Público de Emprego de
Galicia, con entidades externas que achegen os recursos humanos, técnicos e
materiais necesarios para o desenvolvemento das citadas accións.
Atendendo ao Decreto
lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei
de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, modificado pola Lei 14/2004, do
29 de decembro, o financiamento das axudas previstas na presente orde farase con
cargo aos créditos das aplicacións 16.03.322B.481.0, 16.03.322B.460.0 e
16.03.322B.440.0, correspondente a fondos finalistas transferidos desde a
Administración do Estado, e 16.03.323V.481.2, 16.03.323V.481.3, e
16.03.323V.461.0 correspondentes a fondos procedentes do Fondo Social Europeo, a
través do Programa Operativo de Galicia 2007-2013, cun cofinanciamento do 80%
correspondente ao FSE e do 20%, correspondente á Xunta de Galicia. Todas elas
figuran na Lei 14/2006, do 28 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade
Autónoma de Galicia para o ano 2007.
Consultado o Consello Galego de Relacións
Laborais e solicitados os informes preceptivos na tramitación, por proposta da
Dirección Xeral de Formación e Colocación e en uso das facultades que me son
conferidas de acordo co artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora
da Xunta e do seu presidente,
DISPOÑO:
Capítulo I
Disposicións
xerais
Artigo
1º.-Obxecto.
A presente orde ten por
obxecto o establecemento das bases e a convocatoria pública para a concesión de
subvencións por parte da Consellería de Traballo, a entidades beneficiarias que
realicen accións de información, orientación e busca de emprego, articuladas en
itinerarios de inserción profesional e dirixidas a mellorar as posibilidades de
ocupación dos demandantes de emprego inscritos no Servizo Público de Emprego de
Galicia.
Artigo 2º.-Entidades beneficiarias.
Para os efectos da presente orde, enténdese por entidades beneficiarias
as que teñen personalidade xurídica propia e carezan de fins lucrativos: as
universidades públicas, as corporacións locais, as confederacións e asociacións
empresariais e sindicais de ambito territorial de Galicia, as entidades
especializadas en atención a determinados colectivos preferentemente con
diminucións físicas, psíquicas ou sensoriais e realicen as acccións de
orientación profesional, de acordo co previsto nesta norma.
Para as asociacións
empresariais e sindicais de carácter sectorial, e para as confederacións, só se
considerarán as solicitudes de maior ambito territorial, é dicir, denegaranse
aquelas solicitudes das entidades mencionadas cando existan solicitudes
susceptibles de resolución favorable das asociacións ou confederacións dun
ámbito territorial máis amplo a que pertenzan ou estean asociados.
Artigo
3º.-Programas.
1. Programa de
información profesional.
1. A
Dirección Xeral de Formación e Colocación, mediante o Servizo Público de
Emprego, directamente ou por medio de centros colaboradores distribuídos nas
áreas funcionais determinadas, levará a cabo accións de información profesional,
consistente en:
a) Proporcionarlle información a cada usuario demandante de emprego
acerca das actuacións que leva a cabo o Servizo Público de Emprego, directamente
e a través dos seus centros colaboradores, así como pautas básicas sobre a
situación do mercado laboral.
b) Tratamento da demanda de emprego, formulada
perante o Servizo Público de Emprego de Galicia, mediante a revisión do
curriculum vitae dos demandantes de emprego que se dirixan aos ditos centros.
Esta acción comporta a realización dunha entrevista individual e personalizada,
a comprobación e validez dos datos que contén o currículo e dos documentos
acreditativos achegados polo usuario do servizo, a posterior codificación destes
datos, e a súa introdución á base de datos do Servizo Público de Emprego. A
entrevista ten por finalidade comprobar a adecuación dos datos do currículo coa
relación de ocupacións a que opta o demandante de emprego e asesoralo sobre esta
ocupación ou outras alternativas.
Esta acción deberana facer efectiva os centros
colaboradores do Servizo Público de Emprego nun prazo máximo de dous días desde
a realización da entrevista ocupacional ao demandante de emprego.
c) Renovación do
currículo cando o solicite o demandante de emprego. Enténdese por renovación o
mantemento do currículo dispoñible para o seu emparellamento.
d) Modificación do
currículo. Independentemente do establecido nos puntos anteriores, o demandante
de emprego poderalle solicitar en calquera momento
ao centro que introduciu
o seu currículo ou fixo a última modificación nel a rectificación ou
modificación dos datos contidos no seu currículo. O centro deberá facer efectiva
a rectificación ou modificación solicitada no prazo de dous días. A notificación
a que fai referencia o artigo 16.4º da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro,
de protección de datos de carácter persoal, faraa o centro asociado ao Servizo
Galego de Colocación, de xeito automático por medio da rede informática
conectada.
e)
Captación de ofertas de traballo. A tarefa da xestión de ofertas de traballo
centrarase na captación de ofertas, a cal se concretará na realización das
seguintes accións: posta en contacto co empregador, cubrir o impreso de
captación de oferta, asinado polo empregador, onde aparecerá recollido o perfil
profesional da/s vacante/s que se vaian cubrir, e remitir o dito impreso á
oficina de emprego correspondente, a cal rematará a tramitación da dita
oferta.
2. As
accións especificadas no presente artigo unicamente poderán ser realizadas polo
persoal expresamente autorizado para este fin pola Consellería de
Traballo.
2.
Programa de orientación laboral e busca de emprego.
1. A Dirección Xeral de Formación e Colocación,
mediante o Servizo Público de Emprego, directamente ou por medio de centros
colaboradores distribuídos nas áreas funcionais determinadas, levará a cabo as
accións de orientación laboral e busca de emprego, dirixidas aos demandantes de
emprego.
Estas accións realizaranse de xeito personalizado, coa finalidade de
avaliar o perfil curricular de cada demandante, actuando ao mesmo tempo sobre as
súas aptitudes e capacidades, e establecendo actuacións tendentes a adecuar os
seus intereses e motivacións á situación actual do mercado de traballo. Tamén
poderán desenvolverse accións colectivas, dirixidas á adquisición das
capacidades básicas que lles permitan aos demandantes articular itinerarios
activos e eficaces na busca de emprego; estas accións determinaraas a Dirección
Xeral de Formación e Colocación, que especificará a súa duración das mesmas, o
número de usuarios de cada acción e a metodoloxía que se vaia
empregar.
2.
Os centros colaboradores que leven a cabo accións de orientación laboral e busca
de emprego, deberán actualizar na base de datos do Servizo Público de Emprego de
Galicia o curriculum vitae dos demandantes de emprego que sexan remitidos aos
ditos centros. Neste sentido, os centros colaboradores no programa de
orientación e busca de emprego estarán obrigados a respectar o disposto nos
puntos a), b), c) e d) do artigo 3º.1 da presente orde.
3. Captación de ofertas
de traballo. A tarefa da xestión de ofertas de traballo centrarase na captación
de ofertas, a cal se concretará na realización das seguintes accións: posta en
contacto co empregador; cubrir o impreso de captación de oferta, asinado polo
empregador, onde aparecerá recollido o perfil
profesional da/s
vacante/s que se vaian cubrir, e remitirlle o de dito impreso á oficina de
emprego correspondente, a cal rematará a tramitación da dita oferta.
4. As accións
especificadas no presente artigo unicamente poderán ser realizadas polo persoal
expresamente autorizado para este fin pola Consellería de Traballo.
Capítulo II
Dos beneficiarios das accións
Artigo 4º.-Beneficiarios dos programas de
información, orientación e busca de emprego.
Serán beneficiarios de ambos os dous programas
todos os demandantes de emprego inscritos no Servizo Público de Emprego, ben
cando o soliciten expresamente ben cando lles sexa ofertado polo propio servizo,
a través de calquera dos seus departamentos.
Capítulo III
Das entidades beneficiarias
Artigo 5º.-Requisitos.
As
entidades beneficiarias deberán reunir os seguintes requisitos no momento de
realizar a solicitude.
a) Dispoñer de locais con despacho ou despachos
axeitados para atención individual aos demandantes de emprego.
b) Dispoñer dun fax con
numeración autónoma, independentemente do tipo de acceso utilizado (liña
analóxica, acceso básico RDSI ou outros), co fin de garantir a comunicación
entre os servizos centrais do Servizo Público de Emprego e a entidade
beneficiaria.
c) Conexión coa rede corporativa da Xunta de Galicia. A conexión pódese
facer de tres formas diferentes:
1. Acceso básico dedicado RDSI.
2. Acceso á rede corporativa por liña dedicada
ADSL.
3. Acceso á rede corporativa
vía internet.
d) En calquera das tres
opcións o hardware de comunicación que posibilite a conexión á rede corporativa
da Xunta de Galicia terá que cumprir os estándares definidos polo organismo
xestor da rede corporativa.
e) Dispoñer dun ordenador persoal con protocolo
TCP/IP. A conexión do ordenador á rede corporativa da Xunta de Galicia deberá
ser exclusiva. Unha vez establecida esta, no se poderá acceder a el, a través
doutras canles de comunicación, por elementos situados en redes alleas á propia
entidade.
Queda expresamente prohibido o uso de técnicas NAT, proxy ou similares na
canle de comunicación que oculten a identidade única da estación de traballo. O
enderezo IP da estación de traballo debe ser fixa en calquera das tres
modalidades de
conexión. En calquera das modalidades de acceso, os diferentes elementos
da rede de comunicación permitirán a apertura de sockets TCP desde os servizos
centrais do Servizo Público de Emprego ata a estación de traballo do
usuario.
Tanto o software de base instalado como as características do hardware da
estación de traballo deberán posibilitar o correcto funcionamento do aplicativo
cliente do Servizo Público de Emprego.
f) Dispoñer de acceso á internet e de correo
electrónico.
g) A entidade terá que
aplicar as medidas de seguridade nivel medio no tratamento da información de
carácter persoal relacionada coas súas tarefas co Servizo Público de Emprego.
Ademais, deberá contar con software antivirus, debidamente actualizado e con
mantemento periódico, en todas as estacións de traballo que teñan acceso á rede
corporativa.
4. Ademais dos requisitos especificados no punto anterior, as entidades
que desexen colaborar coa Dirección Xeral de Formación e Colocación no programa
información profesional deberán acreditar experiencia en tarefas de
intermediación no mercado laboral e xestión de bolsas de traballo.
5. Pola súa parte, as
entidades que desexen colaborar coa Dirección Xeral de Formación e Colocación no
programa de orientación laboral e busca de emprego deberán acreditar experiencia
en materia de orientación profesional e laboral, motivación cara ao emprego,
técnicas de busca de emprego, acompañamento para a inserción, selección de
persoal e/ou valoración de postos de traballo.
6. Os centros que
colaboren coa Dirección Xeral de Formación e Colocación no desenvolvemento da
presente orde poderán levar a cabo as accións previstas no artigo 3º desta orde,
sempre que reúnan os requisitos exixidos nesta orde para a realización das ditas
accións.
7.
As entidades que colaboren coa Dirección Xeral de Formación e Colocación na
realización das accións previstas no artigos 3º da presente orde levarán a cabo
as ditas accións cos seus medios propios e nas instalacións habilitadas por cada
entidade para o seu desenvolvemento.
8. As entidades beneficiarias que teñan algunhas
das prohibicións que establece o artigo 13 da Lei 38/2003 no poderán obter a
condición de beneficiario.
Artigo 6º.-Solicitude.
1. As entidades que, reunindo os requisitos
establecidos no artigo anterior, desexen obter o recoñecemento como centro
colaborador do Servizo Público de Emprego na área de información, orientación e
busca de emprego, deberán formalizar a correspondente solicitude segundo o
modelo oficial que se xunta como anexo I á presente orde, subscrita polo titular
ou representante legal da entidade, debidamente acreditado, e dirixida ao
director xeral de Formación e Colocación.
2. De conformidade co artigo 13.4º da Lei 4/2006,
do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración Pública
galega, a consellería publicará na súa páxina web oficial a relación dos
beneficiarios e o importe das axudas concedidas, polo que a presentación da
solicitude leva implícita autorización para o tratamento necesario dos datos dos
beneficiarios e da súa publicación na citada páxina web.
3. As solicitudes irán
acompañadas da seguinte documentación:
a) Copia compulsada da escritura de constitución e dos estatutos da
entidade.
b) Tarxeta de
identificación fiscal.
c)
Documentación acreditativa de representatividade suficiente para asinar a
solicitude.
d) Título lexítimo que habilite para a posesión dos inmobles e
instalacións correspondentes.
e) Licenza municipal de apertura.
f) Documentación acreditativa do cumprimento dos
requisitos exixidos no artigo 5º:
-Planos do local, selados e asinados polo
representante legal da entidade, en que debe figurar o enderezo do centro ou
centros a que corresponden, e con indicación expresa do despacho ou despachos
que se dedicará á realización das accións de información e/ou orientación, tendo
en conta que a entidade solicitante deberá dispor de tantos despachos como
persoas se dediquen a estas tarefas.
-Facturas conformadas ou documentos que acrediten
a existencia dun fax con liña dedicada, conexión ADSL, RDSI ou equivalente,
protocolo de comunicación TCP/IP e acceso a internet.
g) Proxecto-memoria das
accións que se van realizar, en que deberán figurar, de xeito claro e facilmente
identificables, os seguintes puntos:
1. Recursos técnicos, humanos e materiais
requiridos, con indicación expresa do número de técnicos de información e/ou
orientación para os que se solicita a subvención.
2. Documentación que
acredite a experiencia no desenvolvemento das accións solicitadas, detallando o
tipo de accións realizadas, a metodoloxía empregada e o número de usuarios
atendidos.
3.
Xustificación da necesidade das accións.
4. Sistemas de avaliación dos servizos que se lle vaian prestar aos
demandantes de emprego.
5. Curriculum vitae suficientemente acreditado da
persoa ou persoas propostas para a realización das accións. (Ver anexo
I).
6.
Porcentaxe de inserción laboral dos usuarios das accións de información,
orientación e busca de emprego que a entidade prevexa acadar no período
subvencionado.
7. Estudo organizativo do servizo ou metodología dos traballos ou outros
documentos como manuais de procedemento para a realización das
tarefas
incluídas na colaboración: funcións do persoal propio da entidade,
maneira de desenvolvelas, criterios de desenvolvemento e ordenación do traballo,
cadea de mando.
h) Orzamento de gastos relativo ao custo do persoal técnico e do persoal
de apoio, referido a un período de 12 meses, con indicación do número de persoas
que se solicitan.
i) No caso de que a entidade solicitante desenvolva outras medidas de
carácter ocupacional (formación profesional ocupacional, escolas obradoiro,
obradoiros de emprego, asesoramento a emprendedores etc.), documentación
suficiente que o acredite.
l) Declaración do conxunto de todas as
solicitudes de axudas presentadas ou concedidas para o mesmo proxecto das
distintas administracións públicas ou de calquera dos seus organismos autónomos,
entes ou sociedades, artigo 4.2 do decreto 287/2000 (anexo II).
m) Datos bancarios onde
se desexe percibir a subvención (anexo III).
n) Declaración de non estar incursa nalgunha das circustancias recollidas
no artigo 13.2º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de
subvencións
4. As entidades que no momento de presentar a súa solicitude posúan a
condición de centros colaboradores do Servizo Público de Emprego na área de
información e/ou orientación e busca de emprego, estarán exentas de presentar a
documentación indicada nas letras a), b), c), d) e e) do punto 3 deste artigo.
No suposto de que se producise algunha modificación na documentación que consta
en poder da Administración, estas entidades deberán remitir a dita documentación
convenientemente modificada.
5. Así mesmo, as entidades beneficiarias de
titularidade dunha Administración pública estarán exentas da presentación do
documento indicado na letra a) do punto 3 deste artigo.
6. Se a solicitude
presentada non reúne os requisitos establecidos na presente orde, farase un
único requirimento ao interesado para que, no prazo de 10 días hábiles, emende o
erro ou xunte os documentos preceptivos. De non facelo así, teráselle por
desistido da súa petición, logo de resolución, de acordo co disposto no artigo
71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións
públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do
13 de xaneiro.
7. As solicitudes presentaranse no rexistro xeral da Consellería de
Traballo ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 4/1999, de
modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das
administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Artigo
7º.-Prazo.
O prazo para a
presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da
publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.
Artigo 8º.-Criterios de
valoración para a adxudicación.
1. A
adxudicación das subvencións previstas na presente orde ás entidades que reúnan
os requisitos exixidos no artigo 5º, realizarase conforme os seguintes
criterios:
a)
Cobertura existente dentro do Servizo Público de Emprego segundo a área
funcional e/ou concello no que se sitúa a entidade, en relación co número de
habitantes e demandantes de emprego de cada zona. 15 puntos.
b) Experiencia acreditada
da entidade solicitante no desenvolvementro das accións que solicite realizar.
10 puntos.
c)
No caso de que a entidade solicitante posúa no momento da solicitude a condición
de centro colaborador do Servizo Público de Emprego de Galicia, valoración do
traballo desenvolvido. 15 puntos.
d) Desenvolvemento, por parte da entidade
solicitante, de forma habitual e ordinaria, de tarefas de información e
orientación profesional e laboral como actividade non lucrativa. 10
puntos.
e)
Desenvolvemento, por parte da entidade solicitante, doutras medidas de carácter
ocupacional complementarias ás definidas nesta orde, de xeito que unha mesma
entidade poida ofrecer aos demandantes de emprego a maior oferta de actuacións
ocupacionais necesarias, co fin de lograr a inserción e/ou mellorar as
posibilidades de emprego dos usuarios atendidos. 15 puntos.
f) Porcentaxe de
inserción acadada cos usuarios do período anterior. 10 puntos.
g) Ter abordado a prospección e o estudio do
mercado de traballo da área funcional en que está situada a entidade. 15
puntos.
h)
Recursos técnicos, humanos e materiais, así como os procedementos de xestión e
seguimento de accións que presenten as entidades. 10 puntos
2. A valoración minima
para a consecución da condición de entidade beneficiaria será de 25 puntos. A
concesión da subvención realizarase mediante a comparación de todas as
solicitudes presentadas e adxudicaranse dentro do crédito dispoñible a aquelas
que obtiveron maior valoración en aplicación dos criterios previstos nas alíneas
do punto 1.
Artigo 9º.-Procedemento e concesión de subvencións.
1. A convocatoria das subvencións realizarase
mediante réxime de concorrencia competitiva.
2. A tramitación e instrución dos expedientes
realizarase na Dirección Xeral de Formación e Colocación conforme o disposto na
Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas
e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de
xaneiro.
3.
Unha vez analizadas as solicitudes presentadas e á vista do informe da comisión
de valoración, o director xeral Formación e Colocación, por delegación do
conselleiro de Traballo, ditará resolución motivada, que lle será notificada aos
interesados.
4. A comisión de valoración estará formada polo subdirector xeral de
Colocación e dúas persoas que formen parte do funcionariado adscrito á citada
subdirección.
5. A resolución e notificación dos expedientes deberá producirse nun
prazo de tres meses contados desde o día seguinte ao da entrada da solicitude no
correspondente rexistro. Transcorrido o devandito prazo sen que recaese
resolución expresa, esta entenderase desestimatoria.
6. A resolución que
finaliza os procedementos regulados nesta orde esgota a vía administrativa, polo
que contra elas poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o
órgano xurisdicional competente, na forma e prazo previstos no artigo 46 da Lei
29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición
contenciososo-administrativa.
Potestativamente, e con anterioridade á
interposición do citado recurso contencioso-administrativo, poderase interpoñer
recurso de reposición perante o mesmo órgano que ditou o acto administrativo, na
forma e prazos establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime
xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,
modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, sen prexuízo da interposición de
calquera outro recurso que se considere oportuno para a defensa dos dereitos e
intereses das entidades solicitantes e outros posibles interesados.
7. As resolucións de
concesión serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia.
Artigo 10º.-Obrigas dos
centros beneficiarios.
Calquera
centro colaborador do Servizo Público de Emprego na área de información e/ou
orientación e busca de emprego estará obrigado a:
a) Manter as condicións
relativas á instalación e estrutura de medios necesarios para a realización das
accións acordadas.
b) Presentar trimestralmente información relativa ás accións realizadas,
na cal constará sempre a sinatura dos participantes e do técnico/a orientador/a,
e que se presentarán á Dirección Xeral de Formación e Colocación polos
mecanismos que se establezan.
c) Manter e custodiar o expediente completo de
cada usuario. No caso de que o Centro Colaborador, perdese esta condición,
remitirá á oficina de emprego que lle corresponda a cada demandante, no prazo
máximo de tres meses, o expediente completo do usuario.
d) Comunicar á Dirección
Xeral de Formación e Colocación calquera alteración das condicións tidas en
conta para a concesión da subvención.
e) Obter o consentimento do usuario para o
tratamento automatizado dos seus datos persoais para os efectos da
intermediación no mercado de traballo.
f) Adoptar as medidas técnicas e organizativas
necesarias para garantir a seguridade dos datos de carácter persoal e evitar a
súa alteración, perda ou o tratamento non autorizado, de acordo co disposto na
Orde do 5 de decembro de 1996, pola que se regulan os ficheiros de datos de
carácter persoal.
g) Facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención
Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas, ou polo Consello de
Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das
axudas.
h)
Poñer á disposición dos técnicos de información e/ou orientación todos os medios
materiais necesarios para o correcto desenvolvemento das súas funcións e, en
particular, os equipamentos informáticos precisos, así como acceso a internet e
correo electrónico.
i) Facilitar, no prazo máximo de 10 días, os datos que a Dirección Xeral
de Formación e Colocación requira sobre o desenvolvemento e resultado das
accións cos demandantes de emprego inscritos no Servizo Público de
Emprego.
l)
Utilizar axeitadamente as identificacións segundo as instrucións que estableza a
Dirección Xeral de Formación e Colocación, e en todo caso, incluír en toda a
documentación relativa ás accións de información e/ou orientación e busca de
emprego, o logotipo da Unión Europea (Fondo Social Europeo), e da Xunta de
Galicia (Consellería de Traballo)
m) Obter autorización previa por parte da
Dirección Xeral de Formación e Colocación para a difusión publicitaria das
accións previstas no artigo 3º desta orde, así como tamén respectar as
instrucións e utilizar o modelo de anuncio ou cartel publicitario que determine
a Dirección Xeral de Formación e Colocación.
n) Manter á disposición do Servizo Galego de
Colocación o expediente completo correspondente ao usuario demandante de emprego
durante o período en que se executen as accións.
ñ) Informar a Dirección
Xeral de Formación e Colocación e, se é o caso, solicitar autorización,
previamente e por escrito, sobre calquera cambio que se puidese producir nos
datos expresados polo centro no inicio da súa colaboración.
o) Informar os usuarios
dos servizos de información e/ou orientación e busca de emprego do
cofinanciamento das accións por parte do Fondo Social Europeo, así como dos
obxectivos destes fondos.
p) Non percibir retribución económica ningunha
dos usuarios pola realización das accións desenvolvidas en colaboración coa
Dirección Xeral de Formación e Colocación no marco desta
disposición.
q) Informar previamente a Dirección Xeral de Formación e Colocación sobre
se perciben compensacións económicas doutras administracións por levar a termo
accións iguais ou análogas ás reguladas nesta orde.
r) Gardar o segredo
profesional respecto aos datos contidos nos ficheiros automatizados de
titularidade da Consellería de Traballo ou rexistrados en soportes físicos
susceptibles de tratamento automatizado. Esta obriga subsistirá cando finalice a
súa colaboración coa Dirección Xeral de Formación e Colocación, de acordo co
establecido na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos
de carácter persoal, e demais normativa que a desenvolva.
Os datos de carácter
persoal obxecto do tratamento automatizado estarán sometidos, no que respecta á
súa comunicación, ao disposto no artigo 11 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de
decembro, de protección de datos de carácter persoal.
s) Facilitar información
á persoa demandante de emprego do estado dos seus datos de carácter persoal
incluídos nos ficheiros automatizados, con calquera das formas expresadas no
artigo 15.2º da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos
de carácter persoal.
t) En caso de cesamento das súas actividades, perda da súa condición de
centro colaborador co Servizo Público de Emprego de Galicia na área de
información e/ou orientación e busca de emprego, ou que a Consellería de
Traballo lle suprimise este servizo, o centro remitirá os expedientes dos
usuarios que estean vixentes ao centro ou entidade que lle indique a Dirección
Xeral de Formación e Colocación.
u) Todas aqueloutras obrigas que se desprendan do
articulado desta orde.
Artigo
11º.-Selección e contratación do persoal para a realización das
accións.
1. A entidade beneficiaria
en materia de información e/ou orientación e busca de emprego, unha vez ditada
resolución estimatoria, realizará a preselección de técnicos, en todo caso
titulados medios ou superiores, para o desenvolvemento das accións referidas no
artigo 3º desta orde. Unha vez realizada a dita preselección, a entidade
colaboradora remitirá á Dirección Xeral de Formación e Colocación ou á
delegación provincial correspondente, segundo o caso, os curriculum vitae das
persoas preseleccionadas, suficientemente acreditados. Os técnicos da
Consellería de Traballo, examinarán os currículum presentados de acordo co
seguinte baremo:
Requisitos imprescindibles para superar a fase de baremación de
curriculum vitae:
-Titulación media ou superior.
-Acadar unha puntuación mínima total en currículum de cinco (5)
puntos.
Titulación académica (máximo
2,5 puntos).
Titulacións
preferentes:
Psicoloxía.
Puntuación: 2,5 puntos.
Pedagoxía.
Puntuación: 2,5 puntos.
Psicopedagoxía.
Puntuación:
2,5 puntos.
Socioloxía.
Puntuación: 2,0 puntos.
Educación social.
Puntuación: 2,0 puntos.
Traballo social.
Puntuación: 2,0 puntos.
Outra titulación media ou superior: 1
punto.
Formación complementaria
(máximo 2 puntos).
Masters, cursos...
etc., en materias relacionadas con: análise ocupacional, mercado de traballo,
formación ocupacional, itinerarios formativos, técnicas de busca de emprego,
técnicas de entrevista, orientación laboral, aplicación e valoración de probas
psicotécnicas, técnicas de comunicación e motivación, adestramento en
habilidades sociais, relacións laborais, traballo e dinámica de grupo,
resolución de conflitos, etc.
Puntuación: 0,1 puntos por cada 30 horas
formativas.
Experiencia profesional:
(máximo 5 puntos).
A experiencia
profesional deberá acreditarase a través de certificación oficial de vida
laboral actualizada máis copia do contrato ou certificado de empresa en que
consten as tarefas realizadas, e IAE (alta e actualización) no caso de
traballadores autónomos.
Cando se trate de colaboracións, bolsas,
titorías, docencia, educación social ou servicios sociais, estos deberán
acreditase mediante certificación de organismos oficiais.
Por cada período de seis
meses realizando tarefas directamente relacionadas co posto ofertado:
orientación laboral/profesional, titorías laborais con persoas adultas,
inserción laboral...
Puntuación: 0,2 puntos por cada mes.
Por cada período de seis meses realizando tarefas indirectamente
relacionadas co posto ofertado.
Puntuación: 0,05 puntos por cada mes (máximo 2
puntos neste epígrafe).
Outros
méritos: (máximo 0,5 puntos).
Título
de iniciación á lingua galega*.
Puntuación: 0,15 puntos.
Título de perfeccionamento da lingua galega*.
Puntuación: 0,25 puntos.
Coñecementos de informática.
Puntuación: 0,25 puntos.
*(No caso de que o candidato posúa os títulos de
iniciación e perfeccionamento, só se valorará o de
perfeccionamento).
A acta de selección asinarase conxuntamente co representante da entidade
beneficiaria.
Unha vez asinada a acta de selección do persoal que realizará as accións
e información e/ou orientación e busca de emprego, a entidade colaboradora pode
proceder á contratación do persoal.
No caso de que entidades que xa colaborasen co
Servizo Público de Emprego de Galicia no programa de información e/ou
orientación e busca de emprego no exercicio 2006-2007 propoñan os mesmos
técnicos que desenvolveron as accións descritas nesta orde no pasado exercicio,
unicamente deberán facelo constar no proxecto-memoria segundo figura no anexo
I.
2. O
procedemento descrito no punto 1 deste artigo non será de aplicación para a
contratación de persoal de apoio, por considerarse a este auxiliar
administrativo.
3. Os técnicos seleccionados aos que alude o punto 1 deste artigo poderán
ter relación previa contractual coa entidade beneficiaria ou non e, en todo
caso, deberán posuír o título de diplomado ou licenciado universitario,
preferentemente en psicoloxía, psicopedagoxía, pedagoxía, socioloxía, educación
social ou traballo social.
A entidade beneficiaria asume a súa condición de
empregador, respecto ao seu propio persoal técnico de emprego contratado e o
compromiso de cumprir a normativa laboral en materia de
contratación.
A entidade beneficiaria deberá acreditar a experiencia do/s técnico/s
seleccionados nas seguintes materias:
a) Para o persoal que desenvolva accións de
información profesional, experiencia en materia de formación profesional e/ou
ocupacional, intermediación laboral e xestión de bolsas de traballo.
b) Para o persoal que
desenvolva accións de orientación laboral e busca de emprego, experiencia en
materia de formación profesional e/ou ocupacional, orientación profesional e
laboral, recursos humanos, motivación cara ao emprego, técnicas de busca de
emprego, acompañamento para a inserción, ou outras disciplinas que garden
relación directa co mercado laboral.
c) No dous casos previstos nas alíneas a) e b)
anteriores, e no suposto de a experiencia non poida ser acreditada, a selección
realizarase en función das titulacións preferentes establecidas no punto 1 deste
artigo, e en todo caso a persoa ou persoas seleccionadas deberán superar os
requisitos establecidos no baremo de selección existente ao respecto na
Dirección Xeral de Formación e Colocación.
4. As entidades beneficiarias deberán
facilitarlles aos seus traballadores os elementos persoais e materiais
necesarios para levar a cabo o seu traballo e achegar a súa propia dirección e
xestión para a articulación da colaboración conservando a estrutura de mando
sobre o seu persoal, conforme as liñas definidas no
proxecto-memoria.
Serán os responsables das entidades beneficiarias os que lles impartirán
todas as ordes e criterios de realización do traballo e directrices aos seus
traballadores. A entidade beneficiaria será a responsable da calidade técnica
das tarefas que desenvolva.
5. A Dirección Xeral de Formación e Colocación
realizará, sempre que se considere necesario, a formación inicial dos técnicos
seleccionados. Igualmente organizará, con medios propios ou alleos, o
perfeccionamento e actualización formativa dos técnicos que realizan as accións
e ditaralles as instrucións necesarias para a realización das tarefas aos
responsables da entidade.
Capítulo IV
Contía das subvencións
Artigo
12º.-Contía.
1. As contías previstas
nesta orde terán por obxecto subvencionar as retribucións totais, incluída a
cotización empresarial á Seguridade Social, por todos os conceptos de persoal
necesario para a execución das accións.
a) Para os técnicos, titulados superiores ou
medios, as retribucións establecidas na respectiva normativa de aplicación para
cada categoría, nivel ou grupo profesional, ata un máximo de 28.786,92 euros por
ano.
b) Para
o persoal de apoio, as retribucións establecidas na respectiva normativa de
aplicación para cada categoría, nivel ou grupo profesional, ata un máximo de
20.149,43 euros por ano.
2. Igualmente subvencionarase ata un 15% do total
da subvención aprobada, en concepto de gastos xerais, materiais, técnicos,
axudas de custo e desprazamentos que se xeren polo desenvolvemento das accións
recollidas nesta orde.
Os dereitos de explotación dos proxectos e
produtos financiados con cargo a esta orde serán cedidos á Dirección Xeral de
Formación e Colocación, que será a garante da súa difusión e
transferibilidade.
Neste sentido, e sempre que lle sexa requirido, o representante legal da
entidade solicitante da subvención comprometerase por escrito a realizar esa
cesión, de acordo cos requisitos establecidos no texto refundido da Lei de
propiedade intelectual, aprobado por Real decreto lexislativo 1/1996, do 12 de
abril.
Quedan
excluídas da previsión establecida neste artigo as actuacións sometidas ao
ámbito de aplicación do réxime xurídico das contratacións coas administracións
públicas.
3.
As retribucións refírense á prestación de servizos a xornada completa. As
retribucións acomo
daranse proporcionalmente á xornada que se
desenvolva no caso de que a prestación de servizos sexa a tempo
parcial.
4.
En ningún caso, o importe da subvención que se outorgue ao abeiro desta orde
poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras
subvencións ou axudas doutras administracións públicas, ou doutros entes
públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o custo da actividade
a desenvolver pola entidade solicitante.
Artigo 13º.-Gastos imputables.
1. En relación co artigo anterior, a acreditación
dos diferentes conceptos de gastos subvecionables realizarase achegando a
seguinte documentación:
a) Retribucións de persoal:
-Copia autenticada do contrato.
-Copia autenticada do TC1 e TC2 correspondentes
aos meses imputados.
-Copia
autenticada das nóminas correspondentes aos meses imputados.
-Copia autenticada do impreso de liquidación
nominal do IRPF.
-Copia do documento
autenticado (transferencia bancaria ou cheque nominativo), que xustifique o
pagamento das nóminas do persoal.
b) gastos imputables ás accións realizadas en
concepto de gastos xerais, materiais e técnicos necesarios.
Considéranse gastos
imputables neste capítulo:
-Gastos de
elaboración de material técnico.
-Gastos en material de oficina, impresos e material funxible.
-Gastos xerais para a realización das accións:
alugeres (leasing excluído), seguros de responsabilidade civil, mantemento (se
non está incluído no aluguer), subministración eléctrica, auga, combustible para
calefacción (se non está incluído no aluguer), comunicacións (teléfonos,
correos...), limpeza, seguridade e vixilancia.
-Gastos que se orixinen
por axudas de custo e desprazamentos necesarios para o desenvolvemento das
accións, ata o máximo establecido para ambos os conceptos pola Xunta de Galicia,
ou polas normas legais ou regulamentarias, nos correspondentes convenios
colectivos de aplicación, ou contrato de traballo. Se as ditas contías fosen
superiores, as máximas subvencionables con cargo a esta orde serán as
estipuladas nas normas regulamentarias da Xunta de Galicia.
A acreditación deste
bloque de gastos farase mediante as facturas correspondentes, orixinais ou
copias compulsadas e xustificación do seu pagamento a través de transferencia
bancaria ou cheque nominativo, tendo en conta que todas as facturas
ache
gadas
como xustificantes deberán estar referidas de forma inequívoca á entidade
subvencionada e ao período que abrangue a subvención.
2. Non terán a
consideración de gastos imputables as subvencións que se concedan con cargo á
presente orde:
a) Gastos financieros.
b)
Gastos de asesoría.
c) Gastos
relacionados co cumprimento dos requisitos para obter a subvención.
d) Gastos de formación e/ou obtención de títulos
ou cotas de colexios profesionais.
e) Os gastos imputados que fosen documentados con
facturas que non cumpran os requisitos legais aplicables.
f) Calquera outro tipo de
gasto que pola súa natureza ou relación co programa subvencionado non se
corresponda co establecido nas letras a) e b) do punto 1 deste
artigo.
Artigo 14º.-Forma de pagamento.
1. O aboamento da subvención realizarase do seguinte xeito:
a) Unha vez presentado, por parte da entidade
beneficiaria o certificado de inicio das accións (anexo IV), a copia compulsada
do contrato ou contratos do persoal que realizará as accións e o certificado de
alta na Seguridade Social do dito persoal, e descontado, se é o caso, o período
que a entidade solicitante non poidese xustificar por ter contratado con
posterioridade á data establecida como inicio na resolución de concesión,
aboarase o 35 por 100 da suma das subvencións do ano 2007 e 2008 da anualidade
correspondente, en concepto de anticipo a conta da xustificación.
b) Cando a entidade
beneficiaria teña certificado e xustificado conforme o previsto no artigo 15º
desta orde o 20 por 100 da suma das subvencións de 2007 e 2008 da anualidade
correspondente, transferirase un 20% da cantidade total, sempre e cando a suma
do anticipo anterior (35%) e o que se solicita (20%), sexa inferior ao importe
da subvención concedida para o ano 2007.
c) As entidades beneficiarias disporán do mes de
xaneiro de 2008 para presentar a liquidación parcial da subvención, polo que
deberán presentar a xustificación de todos os gastos realizados con cargo á
subvención, ata o 31-12-2007 conforme o previsto no artigo 15º desta orde, e a
Dirección Xeral de Formación e Colocación procederá a liquidar o importe que
corresponda, de acordo coa xustificación presentada e cos anticipos percibidos
pola entidade, correspondentes á subvención concedida para o ano
2007.
d) Unha
vez finalizadas as accións, a entidade solicitante presentará liquidación final
conforme o establecido nos artigos 14º e 17º desta orde, tendo
en conta que só deberán
xustificar o período comprendido entre o 1-1-2008 e o 31-3-2008 e a Dirección
Xeral de Formación e Colocación procederá a liquidar o importe que corresponda,
de acordo coa xustificación presentada pola entidade, correspondente á
subvención concedida para o ano 2008.
e) En todo caso, as certificacións e
xustificacións presentadas polas entidades colaboradoras deberán axustarse ao
disposto no artigo 15 o Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se
desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de
Galicia.
2.
Poderanse aboar anticipos de ata o 50% da subvención concedida, unha vez que a
entidade acredite o inicio das accións segundo o disposto na letra a) do punto 1
deste artigo, sempre que se constitúa unha garantía a favor da Consellería de
Traballo (Xunta de Galicia), nos termos e condicións sinalados no artigo 17 do
Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e
subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.
No caso de entidades
locais, o anticipo a que se alude no parágrafo anterior terá como límite o 35%
da subvención concedida.
Unha vez xustificado o importe total do anticipo
concedido conforme o previsto no artigo 15º desta orde, e en todo caso durante o
mes seguinte ao de finalización da execución das accións obxecto da subvención,
a entidade colaboradora presentará liquidación final dos gastos realizados, no
modelo que dispoña a Dirección Xeral de Formación e Colocación, consonte o
establecido no artigo 17º da presente orde.
Artigo 15º.-Requisitos para o
aboamento.
1. A presentación da
solicitude de concesión de axuda ou subvención polo interesado comportará a
autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir
a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade
Social e a Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia segundo o
disposto no artigo 43 da Lei 14/2006, do 28 de decembro, de orzamentos xerais da
Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007. Exceptuándose as entidades
recollidas no articulado da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de
Galicia para o ano 2007.
2. Unha vez finalizadas todas as actividades, as
entidades beneficiarias deberán acreditar mediante certificación selada e
asinada polo representante da entidade, a realización das accións
descritas.
3.
Así mesmo, finalizadas as accións, e antes de proceder ao último pagamento, a
entidade beneficiaria deberá presentar unha declaración do conxunto de todas as
solicitudes de axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo proxecto das
distintas administracións públicas ou de calquera dos seus organismos autónomos,
entes ou sociedades (anexo II).
Artigo 16º.-Prazo de execución das
accións.
1. As accións poderanse
executar ata o 31 de marzo do ano 2008. Neste caso, o proxecto conxunto de
acccións deberá terse iniciado antes do 31 de decembro do ano 2007.
2. No suposto anterior,
procederase a imputar á anualidade futura as accións e gastos que se devenguen
desde o 1 de xaneiro ao 31 de marzo do ano 2008.
Artigo 17º.-Liquidación
final.
1. Antes do 31 de xaneiro de
2008, a entidade beneficiaria presentará liquidación dos gastos realizados
correspondente á subvención concedida para o ano 2007 no modelo que figura como
anexo V á presente orde, acompañada da documentación especificada no artigo
13º.1 desta orde.
2. Antes do 30 de abril de 2008, a entidade beneficiaria presentará
liquidación dos gastos realizados correspondente á subvención concedida para o
ano 2008 no modelo que figura como anexo V á presente orde, acompañada da
documentación especificada no artigo 13º.1 desta orde.
Igualmente deberá
presentar memoria das accións realizadas durante a totalidade do período
subvencionado, con especificación dos demandantes de emprego atendidos en cada
unha delas.
3. Ás entidades que, transcorridos os prazos especificados nos números 1
e 2 anteriores, non presentasen a documentación de xustificación final dos
gastos, poderá serlles exixido o reintegro das cantidades percibidas en concepto
de anticipo, consonte o disposto no artigo 19º desta orde.
En caso de que calquera
das xustificacións presentadas fose incorrecta, requirirase a entidade para que
corrixa os erros ou defectos observados no prazo de 10 días, advertíndolle de
que, de non facelo, se procederá, se é o caso, a reclamar o reintegro, total ou
parcial, da axuda concedida, nos termos e coas condicións sinalados no artigo 78
da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.
Capítulo V
Seguimento e control
Artigo 18º.-Seguimento das accións.
1. Sen prexuízo das facultades inspectoras que
teñan atribuídas outros órganos da Administración do Estado e da comunidade
autónoma, a Consellería de Traballo poderá realizar as comprobacións e
verificacións que considere precisas para a constatación do cumprimento do
disposto nesta orde e demais normativas vixentes que resulten de
aplicación.
Así mesmo, as delegacións provinciais da Consellería de Traballo poderán
realizar comprobacións e verificacións, presenciais e aleatorias, co obxecto de
avaliar cuantitativa e cualitativamente o desenvolvemento das accións previstas
na presente orde en calquera das entidades beneficiarias da
subvención.
No caso de levarse a cabo visitas de seguimento por parte da Consellería
de Traballo, os centros colaboradores na área de información e/ou orientación e
busca de emprego facilitarán o acceso ás instalacións onde se realizan as
accións, así como toda a documentación de carácter técnico, administrativo,
informático ou contable que teña relación coa subvención concedida que se lles
solicite.
Nas
visitas de seguimento elaborarase un informe que asinarán o responsable da
visita e o responsable da entidade. A sinatura do responsable da entidade non
implicará a conformidade co contido do informe.
2. Toda alteración das
condicións tidas en conta para a concesión da subvención, ou incumprimento
dalgunha das obrigas sinaladas nesta orde, e, en todo caso, a obtención
concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou
entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á
modificación da resolución de concesión.
Artigo 19º.-Reintegro das
subvencións.
1. Procederá o reintegro
das cantidades percibidas nos seguintes casos:
a) Incumprimento da obriga de xustificar a
realización da actividade.
b)
Incumprimento da finalidade para a que a axuda foi concedida.
c) Incumprimento por parte da entidade
colaboradora das obrigas sinaladas nesta orde.
d) Obtención da
subvención sen reunir os requisitos exixidos nesta orde ou na normativa que a
desenvolva.
2. Así mesmo, procederá o reintegro por parte da entidade colaboradora
das cantidades que excedan da contía que se vai percibir polas accións
realizadas, unha vez deducidas outras subvencións ou axudas recibidas pola
entidade colaboradora para a mesma finalidade, e, en todo caso, haberá que
aterse ao diposto no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve
o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de
Galicia
Artigo 20º.-Participación institucional.
A participación dos axentes sociais para os
efectos do Servizo Público de Emprego efectuarase a través do Comité Autonómico
de Emprego.
Disposicións adicionais
Primeira.-As accións incluídas nesta orde financiaranse con cargo ás
consignacións orzamentarias que figuran nos orzamentos xerais da comunidade
autónoma para 2007: 16.03.322B.481.0 cun importe de 3.860.739,00 euros na
anualidade de 2007, e 2.000.000,00 euros na anualidade de 2008, código do
proxecto 200214460, 16.03.322B.460.0 cun importe de 283.480,00 euros na
anualidade de 2007,
e 200.000,00 euros na anualidade de 2008, código do proxecto 200214460,
16.03.322B.444.0 cun importe de 353.290,78 euros na anualidade de 2007, e
200.000,00 euros na anualidade de 2008, código de proxecto 200214460,
16.03.323V.481.2 cun importe de 182.000,00 euros na anualidade de 2007, e
84.000,00 euros na anualidade de 2008, código do proxecto 200700689,
16.03.323V.481.3, cun importe de 449.583,84 euros na anualidade de 2007, e
175.000,00 euros na anualidade de 2008, código do proxecto 200700689,
16.03.323V.461.0, cun importe de 815.000,00 euros na anualidade de 2007 e
350.000,00 euros na anualidade de 2008. código do proxecto
200700689.
A
forma de pagamento prevista no artigo 14º desta orde estará condicionada á
autorización do Consello da Xunta de Galicia.
As ditas consignacións
estarán supeditadas ás modificacións orzamentarais que se poidan realizar como
consecuencia de incrementos das cantidades asignadas á comunidade autónoma pola
Administración do Estado.
Segunda.-Poderán ditarse resolucións
complementarias das solicitudes presentadas dentro do prazo, cando existan
fondos provenientes de renuncias de subvencións inicialmente concedidas ou de
incrementos das cantidades asignadas á comunidade autónoma pola Administración
do Estado. Os incrementos serán obxecto de publicación no Diario Oficial de
Galicia.
Terceira.-A concesión das subvencións terá como límite global o crédito
asignado para este fin na presente orde, e o límite dos compromisos plurianuais
que se adquiran ao abeiro do artigo 58.1º.b do texto refundido da Lei de réxime
financeiro e orzamentario de Galicia, logo da autorización do compromiso
plurianual por parte do Consello da Xunta.
Cuarta.-Apróbase a delegación de atribucións do
conselleiro de Traballo no director xeral de Formación e Colocación para
autorizar, dispoñer, recoñecer as obrigas e propoñer os correspondentes
pagamentos.
Quinta.-En todo o non disposto nesta disposición, será de aplicación a
normativa do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais relativa ao programa de
información, orientación e busca de emprego.
Disposicións derradeiras
Primeira.-Facúltase o director xeral de Formación
e Colocación para que dite, no ámbito das súas competencias, as resolucións e
aclaracións necesarias para o desenvolvemento e cumprimento desta
orde.
Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación
no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 8 de marzo de
2007.
Ricardo Jacinto Varela
Sánchez
Conselleiro de
Traballo
© Xunta de Galicia
Información mantida pola Xunta de
Galicia
Servizo prestado pola Consellería de Presidencia, AA.PP. e
Xustiza
Correo electrónico: webdoga
xunta.es