Diario Oficial de Galicia
xoves, 8 de marzo de 2007
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
Número do Dog:
48
Páxina do Dog:
3.602
Data da Disposición:
1 de marzo de 2007
Sección:
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
Organismo:
CONSELLERÍA DE TRABALLO
Rango:
Orde
Título:
Orde do 1 de marzo de 2007 pola que se establecen as bases
reguladoras do programa para a promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo
Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano
2007.
Orde do 1 de marzo de 2007 pola que se
establecen as bases reguladoras do programa para a promoción do emprego
autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa
convocatoria para o ano 2007.
No marco establecido no artigo 40 da
Constitución española, na Lei 56/2003, do 16 de decembro, de emprego, nos
artigos 29 e 30 do Estatuto de autonomía de Galicia, nos obxectivos de
crecemento e emprego da Unión Europea, conforme a Estratexia Europea de Emprego,
e no primeiro Acordo polo Emprego de Galicia asinado o 5 de febreiro de 2007, e
co obxectivo de que a Comunidade Autónoma de Galicia acade uns maiores niveis de
desenvolvemento económico, de calidade no emprego, de benestar social, e da
cohesión no territorio, é preciso adoptar políticas que promovan a calidade dun
modelo de desenvolvemento económico que favoreza a capacidade de toda a
sociedade galega para crear emprego.
Neste sentido, o desenvolvemento das políticas
activas de emprego na nosa comunidade autónoma, no marco de actuación sinalado,
permite adecuar uns instrumentos que configuran o emprego como factor clave da
política económica e social na procura de metas máis ambiciosas no progreso de
Galicia. No obxectivo principal da creación de emprego é necesario potenciar a
capacidade creativa e emprendedora da sociedade galega, en especial dos mozos e
mozas, como fonte de riqueza e como elemento esencial para o crecemento, a
competitividade e a modernización do tecido produtivo galego.
Conforme con este
obxectivo, as diversas medidas de promoción do emprego postas en práctica pola
comunidade autónoma inclúen medidas específicas de fomento da cultura
emprendedora e de apoio a actividades e iniciativas de autoemprego.
De conformidade co
Decreto 168/1984, do 15 de novembro, de asunción de funcións e servizos
transferidos, correspóndelle á comunidade autónoma a xestión de calquera tipo de
axuda, subvencións e préstamos que realizaba o Fondo Nacional de Protección ao
Traballo, e de acordo co disposto no Decreto 536/2005, do 6 de outubro, polo que
se establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo, correspóndelle a
esta o exercicio das anteditas competencias e funcións, entre outras materias,
no relativo ás políticas activas de emprego.
Neste contexto de actuación nesta orde regúlase o
programa de promoción do emprego autónomo, e procédese á súa convocatoria para o
ano 2007.
As
bases reguladoras do programa regulado nesta orde establecen un procedemento de
concesión que non ten a consideración de concorrencia competitiva, dado que, de
acordo coa finalidade e obxecto do programa, non resulta necesario realizar a
comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento,
senón que a concesión das axudas se realizará pola comprobación da concorrencia
na persoa solicitante dos requisitos establecidos ata o esgotamento do crédito
orzamentario, conforme o previsto no Real decreto 357/2006, do 24 de marzo, polo
que se regula a concesión directa de determinadas subvencións nos ámbitos do
emprego e da formación profesional ocupacional.
As bases reguladoras e a
convocatoria deste programa axústanse ao disposto no artigo 78 do texto
refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo
Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, na súa redacción dada pola Lei
14/2004, do 29 de decembro, de medidas tributarias e de réxime administrativo,
na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, no Decreto
287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e
subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, e no que resulte de
aplicación a Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e o seu
Regulamento de desenvolvemento aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de
xullo.
Por
todo o exposto, no desenvolvemento da planificación presentada ante o Comité
Autonómico de Emprego, na súa reunión do día 21 de novembro de 2006, consultado
o Consello Galego de Relacións Laborais, e no exercicio das facultades que me
confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do
seu presidente,
DISPOÑO:
Capítulo
I
Finalidade, ámbito e principios de
xestión
Artigo 1º.-Obxecto e
finalidade.
1. Esta orde ten por
obxecto fixar as bases reguladoras do programa de promoción do emprego autónomo,
coa finalidade de promover e axudar a financiar aqueles proxectos empresariais
que facilitan a creación do seu propio posto de traballo ás persoas
desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou
profesional en Galicia como traballadores ou traballadoras autónomos/as ou por
conta propia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2007.
2. As solicitudes,
tramitación e concesión das axudas do programa de promoción do emprego autónomo
axustaranse ao disposto no texto refundido da Lei de réxime financeiro e
orzamentario de Galicia, na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de
Galicia, no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, e nesta orde.
3. A xestión deste
programa realizarase de acordo cos seguintes principios:
a) Publicidade, concorrencia, obxectividade,
transparencia, igualdade e non-discriminación.
b) Eficacia no
cumprimento dos obxectivos fixados.
c) Eficiencia na asignación e na utilización dos recursos
públicos.
Artigo 2º.-Beneficiarios e
beneficiarias.
1. Poderán ser
beneficiarias das axudas deste programa as persoas desempregadas inscritas como
demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego, que procedan á creación do
seu propio posto de traballo mediante a súa constitución en traballadores ou
traballadoras autónomos/as ou por conta propia, sempre que:
-Sexan titulares ou
cotitulares do negocio ou explotación ou ben constitúan unha sociedade limitada
que cumpra os requisitos establecidos no número 3 deste artigo.
-Se dean de alta no
réxime especial de autónomos/as ou no réxime especial do mar da Seguridade
Social ou en mutualidade de colexio profesional.
-Non percibisen
subvencións ao abeiro do programa de promoción do emprego autónomo nos catro
anos anteriores á data do inicio da nova actividade.
-Non desenvolvesen como
traballadores ou traballadoras autónomos/as a mesma ou similar actividade na
mesma localidade, nos seis meses inmediatamente anteriores á data do inicio da
nova actividade, nin estivesen de alta como traballadores ou traballadoras
autónomos/as en calquera réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de
colexio profesional, sempre que a dita situación de alta presupoña actividade,
nos tres meses inmediatamente anteriores.
2. Para os efectos deste programa, entenderase
como data de inicio de actividade laboral a da alta como autónomo no
correspondente réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio
profesional.
3. Poderán ser beneficiarias da axuda prevista no artigo 4º desta orde as
sociedades limitadas, sempre que:
-Sexan sociedades de nova creación cun capital
social fundacional inferior a 120.200 euros. Entenderase por sociedade limitada
de nova creación aquela que inicie a súa actividade con posterioridade ao 15 de
setembro de 2006, de acordo coa data de alta no imposto de actividades
económicas ou no censo de obrigados tributarios do Ministerio de Economía e
Facenda.
-A
totalidade dos seus socios e socias sexan persoas físicas e o número inicial de
socios/as non sexa superior a tres, agás que todas as persoas asociadas reúnan
os requisitos e condicións establecidos no número 1 deste artigo e pertenzan a
algún dos seguintes colectivos:
a) Mozos e mozas menores de 25 anos.
b) Mozos e mozas maiores de 25 anos e menores de
30 que finalizasen a súa educación a tempo completo nos dous anos anteriores á
súa alta na Seguridade Social ou mutualidade de colexio profesional e que non
tivesen antes un primeiro emprego fixo.
c) Persoas desempregadas maiores de 45
anos.
d) Mulleres desempregadas que
inicien a súa actividade laboral tras unha ausencia do mercado de traballo non
inferior a 24 meses.
e) Mulleres desempregadas que se incorporen para prestar servizos en
profesións ou ocupacións con menor índice de emprego feminino, de acordo co
disposto na orde do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais do 16 de setembro
de 1998 (BOE do 29 de setembro).
f) Persoas titulares de familias monoparentais e
con cargas familiares.
g) Persoas
desempregadas que realizasen, no ano da presentación da solicitude, ou nos dous
anos naturais anteriores, cursos de formación profesional ocupacional do Plan
FIP directamente relacionados co posto de traballo ao que se
incorporan.
h) Persoas desempregadas que participasen, no ano de presentación da
solicitude ou nos dous anos anteriores, como alumnos/as en escolas obradoiro,
casas de oficio ou en obradoiros de emprego directamente relacionadas no seu
contido co posto de traballo ao que se incorporan; ou ben, que traballasen no
ano da presentación da solicitude ou no ano natural anterior en obras ou
servizos de interese xeral realizados en virtude doutros programas de fomento do
emprego.
i)
Persoas en situación de desemprego de longa duración, maiores de 25 anos, que
estivesen sen traballo e inscritas na oficina de emprego durante 12 meses dos
anteriores 16 meses.
j) Persoas desempregadas afectadas por diversidade funcional cun grao de
minusvalidez non inferior ao 33%.
k) Persoas desempregadas procedentes de empresas
en crise.
l) Persoas desempregadas en
situación de risco de exclusión social pertencentes a algún dos colectivos
relacionados no artigo 6º.4 desta orde.
4. Non poderán obter a condición de beneficiarias
do programa regulado nesta orde as persoas ou entidades nas que concorran as
circunstancias previstas no artigo 13.2º da Lei 38/2003, do 17 de novembro,
xeral de subvencións.
Artigo 3º.-Concepto de persoa
desempregada.
Para os efectos das
axudas previstas nesta orde, terán a consideración de persoas desempregadas
aquelas que figuren inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de
Emprego e que, pola súa vez, carezan de ocupación segundo o informe da vida
laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social e, se é o caso, segundo
certificado da mutualidade do colexio profesional, na data da súa alta no
correspondente réxime da Seguridade Social ou mutualidade de colexio
profesional.
Capítulo II
Tipos de
axuda
Artigo 4º.-Subvención
financeira.
1. A subvención
financeira ten por finalidade facilitar a creación do seu propio posto de
traballo mediante a redución de xuros de préstamos necesarios para a súa
constitución como traballador ou traballadora
autónomo/a, tendo en
conta que, como mínimo, o 75% do préstamo deberá destinarse a financiar
investimentos en activo fixo, podendo destinarse ata un 25% a financiar o activo
circulante. Os ditos préstamos, para seren subvencionables, deberán ser
concedidos polas entidades financeiras que teñan subscrito convenio coa
Consellería de Traballo.
Esta subvención, pagadoira dunha soa vez, será
como máximo de seis puntos do tipo de xuro fixado pola entidade financeira que
conceda o préstamo, sen que en ningún caso o tipo de xuro que deba satisfacer a
beneficiaria ou beneficiario, despois de calculada a subsidiación, poida
resultar inferior a un punto. A contía calcularase como se a subvención se
devengase cada ano de duración do préstamo, incluído o posible período de
carencia. O importe máximo desta subvención non poderá superar a contía de 3.000
euros.
A
subvención financeira deberá presentarse con anterioridade ao inicio da
execución do proxecto de investimento e, en todo caso, antes de que
transcorresen dous meses desde a data de alta na Seguridade Social ou
mutualidade de colexio profesional, respectando, en todo caso, o prazo xeral
establecido no artigo 8º.2 desta orde, aínda que non transcorresen os dous meses
anteriormente citados.
2. Poderá concederse esta subvención a aquelas
sociedades limitadas de nova creación que reúnan os requisitos do artigo 2º,
parágrafo 3, desta orde, polos traballadores e traballadoras desempregados/as
que, constituíndose como autónomos/as, teñan a condición de socio/a da devandita
sociedade.
O
importe máximo desta subvención non poderá superar a contía de 3.000 euros por
cada socia ou socio que cumpra os requisitos e condicións previstos no artigo
2º.1 desta orde.
A sociedade limitada deberá presentar a solicitude da subvención
financeira con anterioridade ao inicio da execución do proxecto de investimento
e, en todo caso, antes de transcorreren dous meses desde a data de alta no IAE
ou, se é o caso, no censo de obrigados tributarios do Ministerio de Economía e
Facenda, respectando, en todo caso, o prazo xeral establecido no artigo 8º.2
desta orde, aínda que non transcorresen os dous meses anteriormente
citados.
3. O
investimento deberá realizarse desde a data da solicitude da subvención e ata
catro meses posteriores á data do contrato do préstamo.
Artigo 5º.-Rendas para o
inicio da actividade.
1.
Poderánselles conceder subvencións de ata 3.000 euros, en concepto de renda para
o inicio da actividade, por unha soa vez, para contribuír a garantir durante o
inicio da actividade uns ingresos mínimos, ás persoas desempregadas nos
seguintes supostos e condicións:
a) Menores de 25 anos ou maiores de 25 anos que
estivesen sen traballo e inscritos/as na oficina de emprego durante polo menos
12 dos anteriores 16 meses e que sexan solicitantes e beneficiarios/as da
subvención financeira ou obtivesen a prestación contributiva por desemprego na
súa modalidade de pagamento único.
b) Para as persoas desempregadas non incluídas
nos supostos da letra anterior, a contía da renda para o inicio da actividade
non poderá superar o 50% do investimento inicial en activo fixo debidamente
acreditado. No caso de que a persoa beneficiaria desta renda sexa unha muller, a
dita porcentaxe será do 60%.
c) Para as persoas desempregadas que procedan á
creación do seu propio posto de traballo mediante a constitución dunha sociedade
limitada de nova creación, a contía da renda para o inicio da actividade non
poderá superar o 50% da achega de diñeiro inicial ao capital social da persoa
asociada. No caso de que a persoa beneficiaria desta renda sexa unha muller, a
dita porcentaxe será do 60%.
2. O prazo de presentación de solicitudes da
renda de inicio da actividade será de dous meses desde a data de alta na
Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, respectando, en todo
caso, o prazo xeral establecido no artigo 8º.2 desta orde, aínda que non
transcorresen os dous meses anteriormente citados.
Artigo 6º.-Axuda
excepcional.
1. Poderáselles conceder
unha axuda para o financiamento dos primeiros gastos da actividade ás persoas
desempregadas dos colectivos relacionados nos seguintes puntos deste artigo,
sempre que cumpran os requisitos para ser beneficiarias deste programa, de
acordo co previsto no artigo 2º.1 desta orde, agás as que constitúan unha
sociedade limitada.
A través desta axuda serán subvencionables os gastos pola compra de
mercadorías, materias primas e outros aprovisionamentos, publicidade,
arrendamento de local e maquinaria, realizados nos dous meses anteriores e nos
seis meses seguintes ao inicio da actividade e sempre que se realicen no ano
2007 e sexan efectivamente xustificados, mediante facturas e documentos
acreditativos do seu pagamento, con anterioridade á finalización do período de
xustificación establecido na resolución de concesión, ou, de ser o caso, ata o
30 de novembro de 2007.
2. A contía desta subvención será de ata 2.400
euros para os seguintes colectivos:
a) Mozos e mozas menores de 30 anos.
b) Mulleres desempregadas.
c) Persoas desempregadas maiores de 45
anos.
3. A contía desta subvención
será de ata 3.000 euros para os seguintes colectivos:
a) Persoas en situación
de desemprego de longa duración que estivesen sen traballo e inscritas na
oficina de emprego durante polo menos 12 dos anteriores 16 meses.
b) Persoas desempregadas
que realizasen, no ano da presentación da solicitude ou nos dous anos naturais
anteriores, cursos de formación profesional ocupacional do Plan FIP directamente
relacionados coa actividade empresarial.
c) Persoas desempregadas que participasen, no ano
de presentación da solicitude ou nos dous anos anteriores, como alumnos e
alumnas en escolas obradoiro, casas de oficios ou en obradoiros de emprego
direc
tamente
relacionados no seu contido coa actividade empresarial, ou ben que traballasen
no ano da presentación da solicitude ou no ano anterior en obras ou servizos de
interese xeral realizados en virtude doutros programas de fomento do
emprego.
d)
Mulleres desempregadas que se reincorporen ao mercado laboral tras unha ausencia
non inferior a 24 meses.
e) Mulleres desempregadas que creen o seu posto
de traballo naquelas actividades económicas con menor índice de emprego
feminino, de acordo co disposto na orde do Ministerio de Traballo e Asuntos
Sociais do 16 de setembro de 1998 (BOE do 29 de setembro).
f) Persoas desempregadas
responsables dunha familia monoparental e con cargas familiares.
g) Traballadores e
traballadoras desempregados/as procedentes de empresas en crise.
4. A contía desta
subvención será de ata 3.600 euros para os seguintes colectivos:
-Persoas perceptoras da
renda de integración social de Galicia ou aquelas que non poidan acceder a ela,
ben por falta do período exixido de residencia ou empadroamento, ou ben por ter
esgotado o período máximo de percepción legalmente establecido, ou membros da
súa unidade familiar en desemprego.
-Persoas que participen ou participasen en
procesos de rehabilitación ou reinserción social de drogodependentes coa debida
acreditación ou autorización.
-Internos e internas de centros penitenciarios
cuxa situación penitenciaria lles permita acceder a un emprego, así como
liberados/as condicionais ou ex-reclusos/as que non tivesen antes un primeiro
emprego fixo remunerado tras un período de privación de liberdade.
-Mulleres procedentes de
casas de acollida que presenten problemas adicionais de inserción ou reinserción
laboral.
-As
persoas que teñan acreditada pola Administración competente a condición de
vítima de violencia doméstica por parte dalgún membro da unidade familiar de
convivencia.
-Mulleres que abandonasen o exercicio da prostitución e se incorporen ao
mercado laboral.
-Menores internos e internas incluídos/as no ámbito de aplicación da Lei
orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos
menores, cuxa situación lles permita acceder a un emprego, así como os que
estean en situación de liberdade vixiada e os ex-reclusos e
ex-reclusas.
-Mozos e mozas que estean ou estivesen ata a súa maioría de idade baixo a
tutela ou garda da Administración autonómica.
-Traballadores e
traballadoras inmigrantes que pasen a ser residentes da comunidade cuxas
características condicionen a súa integración social.
-Emigrantes retornados/as
con graves necesidades persoais ou familiares.
-Persoas que formen parte de colectivos ou
minorías cuxas características poidan condicionar as súas posibilidades de
integración social.
5. No suposto de que as características da persoa desempregada dea lugar
á súa inclusión en máis dun colectivo, só será posible aplicar a contía da
subvención respecto dun deles, correspondendo a opción á persoa
solicitante.
6. O prazo de presentación de solicitudes da axuda excepcional será de
dous meses desde a data de alta na Seguridade Social ou en mutualidade de
colexio profesional, respectando, en todo caso, o prazo xeral establecido no
artigo 8º.2 desta orde, aínda que non transcorresen os dous meses anteriormente
citados.
Capítulo III
Competencia e
procedemento
Artigo
7º.-Competencia.
A competencia para
coñecer e resolver as solicitudes de axudas e subvencións previstas nesta orde,
por delegación do conselleiro de Traballo, corresponderalles aos delegados e
delegadas provinciais da Consellería de Traballo, no respectivo ámbito
provincial onde a persoa ou entidade solicitante desenvolva a súa actividade
empresarial ou profesional, segundo consta na alta do imposto de actividades
económicas ou alta no censo de obrigados tributarios do Ministerio de Economía e
Facenda.
Artigo 8º.-Solicitudes e prazo.
1. As solicitudes de axudas e subvencións dirixiranse ao órgano
competente para resolver, e presentaranse nos rexistros das respectivas
delegacións provinciais da Consellería de Traballo, ou por calquera das formas
previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei
4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do
procedemento administrativo común.
2. O prazo xeral para a presentación de
solicitudes de axudas do programa para a promoción do emprego autónomo
finalizará o 15 de setembro de 2007, aínda que non transcorresen os prazos
específicos previstos para cada tipo de axuda.
3. As actuacións
subvencionables do programa para a promoción do emprego autónomo, realizadas
entre o 16 de setembro do ano 2006 e a data de publicación desta orde, poderán
acollerse ás axudas desta, aínda que transcorrese o prazo establecido desde a
alta na Seguridade Social ou mutualidade do colexio profesional, ou se tivese
iniciado a execución do proxecto de investimento, ou se tivesen realizado os
gastos subvencionables para a axuda excepcional. O prazo para a presentación
destas solicitudes remata o 30 de abril de 2007.
4. As solicitudes e os
anexos deste programa están dispoñibles na páxina web da Consellería de Traballo
www.xunta.es/emprego.
5. A presentación da solicitude de subvención
pola persoa ou entidade interesada comportará a autorización de quen solicita
para que o órgano concedente obteña de forma directa a acreditación do
cumprimento das súas obrigas tributarias co Estado, coa Comu
nidade Autónoma e coa
Seguridade Social, a través de certificados telemáticos, polo que queda liberada
a persoa ou entidade solicitante de achegar a correspondente certificación,
segundo o establecido no artigo 43 da Lei 14/2006, do 28 de decembro, de
orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007 (DOG nº 249,
do 29 de decembro).
Non obstante, a persoa ou entidade solicitante poderá denegar
expresamente o consentimento, debendo achegar entón as devanditas
certificacións.
6. Mediante a presentación da solicitude de subvención, a persoa ou
entidade interesada presta expresamente o seu consentimento á Consellería de
Traballo para incluír e facer públicos os datos relevantes referidos ás axudas e
subvencións recibidas, así como ás sancións impostas, nos rexistros públicos de
axudas, subvencións e convenios e de sancións administrativas, regulados no
Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos
creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos
xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006 (DOG nº 153, do 9 de
agosto). Os dereitos de acceso, rectificación, consulta, cancelación e oposición
de datos de carácter persoal exerceranse ante o CIXTEC, como responsable dos
ficheiros, con domicilio na rúa Domingo Fontán 9-15702 Santiago de Compostela,
de conformidade coas prescricións da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de
protección de datos de carácter persoal.
7. Coa presentación da solicitude de subvención a
persoa ou entidade interesada autoriza expresamente a Consellería de Traballo
para que, de acordo co establecido nos puntos 3º e 4º do artigo 13 da Lei
4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración
pública galega, publique as subvencións concedidas ao abeiro desta orde no
Diario Oficial de Galicia e na súa páxina web oficial, con expresión do
beneficiario ou beneficiaria, a contía e a súa finalidade.
8. Para a presentación de
solicitudes, os beneficiarios e beneficiarias poderán contar co asesoramento dos
axentes de emprego e desenvolvemento local da rede coordinada pola Consellería
de Traballo (www.tecnicosempregogalicia.xunta.es).
Artigo
9º.-Documentación.
As solicitudes
deberán presentarse nos modelos normalizados que figuran como anexos numéricos a
esta orde, e deberán ir acompañadas do orixinal ou fotocopia compulsada da
seguinte documentación:
a) DNI e acreditación do NIF da persoa
solicitante e, no suposto de constitución dunha sociedade limitada, escritura de
constitución, CIF da empresa, DNI e poder suficiente da persoa representante da
sociedade. No caso dunha comunidade de bens ou sociedade civil, escritura de
constitución e CIF da empresa.
b) Documentos acreditativos dos períodos de
inscrición como demandante de emprego na oficina pública de emprego, así como do
tempo de permanencia no paro segundo os datos do informe da vida laboral na
Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
De ser o caso, certificado do colexio profesional
de alta no dito colexio, con indicación de se presupón ou non exercicio da
actividade, e certificado da mutualidade do colexio profesional con indicación
dos períodos de alta nela.
No suposto de que se solicite subvención
financeira con anterioridade ao inicio da actividade, esta documentación deberá
achegarse na fase de xustificación do pagamento.
c) De ser o caso,
documentos acreditativos das circunstancias sinaladas no artigo 2º, parágrafo
3.
d) Alta no
imposto de actividades económicas ou, se é o caso, alta no censo de obrigados
tributarios no Ministerio de Economía e Facenda. Documentos de solicitude e
resolución de alta no correspondente réxime da Seguridade Social ou, de ser o
caso, en colexio profesional e mutualidade que corresponda.
No suposto de que se
solicite subvención financeira con anterioridade ao inicio da actividade, esta
documentación deberá achegarse na fase de xustificación do
pagamento.
e)
Memoria económica do proxecto empresarial asinada pola persoa solicitante que
inclúa o orzamento de investimento e o plan de financiamento que acredite a
viabilidade do proxecto, xunto con facturas ou, no seu defecto, facturas pro
forma ou orzamento dos activos que se vaian ter en conta para o cálculo da
contía da subvención.
f) Nos casos en que se solicite subvención
financeira, xuntarase o compromiso da entidade financeira sobre a concesión do
préstamo, en que figuren as súas características e se faga constar que a
operación se acolle ao convenio subscrito para tal fin (segundo o modelo do
anexo VIII) ou, de ser o caso, o contrato de préstamo.
g) No caso de que se
solicite a renda para o inicio de actividade e se constitúa unha sociedade
limitada, documento acreditativo do desembolso total da achega inicial ao
capital social da sociedade.
Se é o caso, resolución de concesión da
prestación de desemprego na modalidade de pagamento único. Se no momento de
presentar a solicitude da subvención non se dispuxese da resolución de concesión
da prestación de desemprego na modalidade de pagamento único, achegarase copia
da solicitude da dita prestación.
h) No suposto de que se solicite a axuda
excepcional, documentación acreditativa da concorrencia das circunstancias que
determinen a pertenza aos colectivos establecidos no artigo 6º desta orde, e
achegarase o anexo III, no que se indicará o colectivo polo que se solicita a
axuda.
i)
Declaración comprensiva do conxunto de todas as solicitudes efectuadas ou
concedidas, para o mesmo proxecto ou actividade, polas administracións públicas
competentes ou outros entes públicos ou, de ser o caso, unha declaración de que
non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións (segundo o modelo do
anexo VI).
j)
Ficha de solicitude de transferencia bancaria e certificación da entidade
financeira acreditativa de que quen solicita é titular da conta (segundo o
modelo do anexo VII).
k) Documentación acreditativa de se encontraren
ao día das súas obrigas tributarias -estatais e autonómicase coa Seguridade
Social e de que non teñen pendente de pagamento ningunha outra débeda coa
Administración da comunidade autónoma, unicamente no suposto de que a persoa ou
entidade solicitante lle denegase expresamente a autorización ao órgano xestor
para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da
Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a
Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia.
Artigo 10º.-Instrución e
tramitación.
Se a solicitude non
estivese debidamente cuberta ou non se achegase a documentación exixida, as
unidades administrativas encargadas da tramitación do expediente, de
conformidade co disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de
réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo
común, requirirán da persoa ou entidade interesada que, nun prazo de dez días,
emende a falta ou presente os documentos preceptivos, coa advertencia de que, se
así non o fixese, se considerará que desistiu da súa petición, logo de
resolución, que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da antedita
lei.
Artigo 11º.-Resolución e recursos.
1. Logo da fiscalización polas respectivas intervencións das propostas
emitidas polos correspondentes servizos, as resolucións serán ditadas polo
órgano competente, por delegación do conselleiro de Traballo, e deberán serlles
notificadas ás persoas ou entidades interesadas. As resolucións, concesorias ou
denegatorias, deberán ser sempre motivadas.
2. O prazo para resolver e notificar a resolución
será de seis meses, que se computará desde a data de entrada da solicitude no
rexistro do órgano competente para a súa tramitación. Transcorrido o dito prazo
sen que se ditase resolución expresa, entenderase desestimada a solicitude de
acordo co establecido no artigo 1 e no artigo 2 da Lei 6/2001, do 29 de xuño, de
adecuación da normativa da Comunidade Autónoma de Galicia á Lei 4/1999, do 13 de
xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico
das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
3. As resolucións que se
diten neste procedemento esgotan a vía administrativa e contra elas cabe
interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, ante o
órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa, e poderá
formularse, con carácter potestativo, recurso de reposición, no prazo dun mes,
ante o mesmo órgano que ditou a resolución impugnada, de conformidade co
disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición
contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime
xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo
común.
Artigo
12º.-Xustificación do pagamento.
1.
De non achegarse con anterioridade, o pagamento das axudas quedará condicionado
á presentación do orixinal ou copia compulsada, no prazo, nos termos e na forma
que se estableza na resolución de concesión, da documentación común e específica
que se exixa de forma expresa nela, entre a cal deberá figurar a relacionada nos
puntos seguintes:
A. Documentación xeral:
a)
Documentación xustificativa para acreditar o cumprimento da finalidade para a
cal se concedeu a subvención, segundo o tipo de axuda.
b) Declaración
complementaria do establecido no artigo 9º, alínea i), desta orde, do conxunto
das axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de
resolución para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas
competentes ou outros entes públicos. Ou, de ser o caso, de que non solicitou
nin percibiu outras axudas ou subvencións (anexo VI).
B. Documentación
específica:
a) Cando se trate da
subvención financeira de redución de xuros, xuntarase copia do contrato de
préstamo.
De
non achegarse xunto á solicitude a alta no imposto de actividades económicas ou,
se é o caso, alta no censo de obrigados tributarios no Ministerio de Economía e
Facenda; alta no correspondente réxime da Seguridade Social ou, de ser o caso,
en colexio profesional e mutualidade que corresponda.
DNI e documentos
acreditativos dos períodos de inscrición como demandantes de emprego na oficina
pública de emprego, así como do tempo de permanencia en situación de desemprego,
segundo os datos do informe da vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade
Social da persoa solicitante, ou das persoas incorporadas á sociedade limitada
polas cales se solicite subvención, de non telo presentado con
anterioridade.
b) Cando se trate da renda para o inicio da actividade, documentación
xustificativa, se é o caso, da realización do investimento en activo fixo e do
seu efectivo pagamento.
Se é o caso, resolución de concesión da
prestación de desemprego na modalidade de pagamento único.
c) Cando se trate da
axuda excepcional, documentos xustificativos da realización dos gastos obxecto
da subvención e do seu efectivo pagamento.
2. Malia o sinalado nos puntos anteriores, a
documentación exixida para a fase de pagamento común ou específica poderá
presentarse xunto coa solicitude, á opción da persoa ou entidade interesada.
Neste suposto poderán tramitarse conxuntamente a concesión e o pagamento da
axuda.
3.
Cando concorran varias axudas ou subvencións só será necesario presentar unha
vez a documentación coincidente, tanto na fase de solicitude como na de
xustificación.
4. Os beneficiarios/as deberán presentar a documentación xustificativa
para o pagamento sinalado no
punto 1 desde artigo no prazo establecido na
resolución de concesión, ou, de ser o caso, ata o 30 de novembro de 2007.
Excepcionalmente este prazo poderá ser prorrogado en 15 días de forma
extraordinaria e debidamente xustificado.
5. Non se poderá realizar en ningún caso o
pagamento da subvención mentres a persoa ou entidade beneficiaria non figure ao
día do cumprimento das súas obrigas tributarias -estatais e autonómicas- e da
Seguridade Social, sexa debedora en virtude de resolución declarativa da
procedencia de reintegro ou teña algunha débeda pendente, por calquera concepto,
coa Administración da comunidade autónoma.
Capítulo IV
Incompatibilidades e obrigas
Artigo 13º.-Incompatibilidades e concorrencia.
1. En ningún caso o importe das axudas concedidas
ao abeiro desta orde poderá ser de tal contía que, illadamente ou en
concorrencia coas concedidas por outras administracións ou entes públicos ou
privados, nacionais ou internacionais, supere o custo total da actividade que
vaia desenvolver a persoa ou entidade beneficiaria.
2. As axudas e
subvencións establecidas neste programa son incompatibles coas establecidas nos
programas de fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais,
iniciativas de emprego, iniciativas de emprego de base tecnolóxica e integración
laboral das persoas afectadas por diversidade funcional.
3. Non se poderán imputar
os mesmos gastos aos distintos tipos de axuda previstos neste programa, agás nos
supostos de rendas para o inicio da actividade, en que só se utilizarán como
parámetro para o cálculo da contía da subvención.
Artigo 14º.-Obrigas dos
beneficiarios e beneficiarias.
1. Son
obrigas dos beneficiarios e beneficiarias das axudas e subvencións:
a) Estar ao día das súas obrigas tributarias
estatais e autonómicas e da Seguridade Social, así como non ter pendente de
pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública
da comunidade autónoma, con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de
concesión e realizar a proposta de pagamento da subvención.
b) Realizar a actividade
que fundamente a concesión da axuda ou subvención durante un tempo mínimo de
tres anos, salvo cesamento por causas alleas á súa vontade, o que deberá
acreditar fidedignamente.
c) Comunicarlle ao órgano concedente calquera
modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así
como dos compromisos e obrigas asumidos polos beneficiarios e beneficiarias e,
de ser o caso, a obtención concorrente de subvencións, axudas, ingresos ou
recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá
efectuarse tan pronto como se coñeza, e en todo caso con anterioridade á
xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.
d) Adoptar as medidas
axeitadas de difusión para dar publicidade ao financiamento público das
actuacións subvencionadas pola Consellería de Traballo, asi como, se é o caso,
cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, nos termos establecidos no Regulamento
(CE) nº 1828 da Comisión, do 8 de decembro de 2006, polo que se fixan normas de
desenvolvemento do Regulamento (CE) nº 1083/2006, do Consello, polo que se
establecen as disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento
Rexional, ao Fondo Social Europeo e ao Fondo de Cohesión, e o Regulamento (CE)
nº 1080/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, relativo ao Fondo Europeo de
Desenvolvemento Rexional (DOUE L 371, do 27-12-2006).
e) O sometemento ás
actuacións de control, comprobación e inspección que efectuará a Consellería de
Traballo, ás de control financeiro que correspondan, se é o caso, á Intervención
Xeral da comunidade autónoma, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas
e o Consello de Contas, ou a outros órganos da Administración do Estado ou da
Unión Europea, e achegar canta información lle sexa requirida no exercicio das
actuacións anteriores.
f) No caso de constitución dunha sociedade
limitada, os socios/as polos cales se conceda a subvención teñen a obriga de
manter a súa achega ao capital social e a súa porcentaxe de participación no
capital social durante un período mínimo de tres anos. Para estes efectos, no
primeiro trimestre de cada ano natural e durante o período de tempo sinalado a
entidade beneficiaria deberá presentar certificación do Rexistro Mercantil sobre
as variacións no capital social desde a data da constitución da sociedade, e
declaración do órgano da Administración, con relación á información que conste
no libro de socios/as, respecto á titularidade e ás alteracións producidas desde
a data da constitución.
As persoas físicas beneficiarias de calquera
axuda deste programa deberán manter, durante un período mínimo de tres anos, a
forma empresarial elixida pola que se lles concedeu as axudas ou
subvencións.
g) Aqueloutras obrigas establecidas no artigo 78º do texto refundido da
Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto
lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, conforme a redacción dada pola Lei 14/2004,
do 29 de decembro, de medidas tributarias e de réxime
administrativo.
2. O
beneficiario/a da subvención financeira acreditará, no primeiro trimestre
natural de cada ano e ata a súa completa xustificación, mediante facturas,
escrituras públicas ou contratos, así como os correspondentes xustificantes de
pagamento, que o importe de préstamo subvencionado foi destinado a financiar os
investimentos obxecto da subvención.
O beneficiario/a, no prazo de 30 días desde a
data en que teña coñecemento do pagamento efectivo da subvención, ten que
presentar certificación expedida pola entidade financeira, acreditativa da
amortización do principal do préstamo na contía subvencionada.
Artigo 15º.-Modificación
da resolución de concesión.
Toda
alteración das condicións tidas en conta para a concesión das axudas ou
subvencións, así como a obtención concorrente de subvencións e axudas outorgadas
por outras administracións ou outros entes públicos ou privados, nacionais ou
internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión e,
eventualmente, á súa revogación.
Artigo 16º.-Revogación e reintegro.
Procederá a revogación das subvencións e axudas,
así como o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas e a exixencia do
xuro de demora, nos casos e nos termos previstos no artigo 78 do texto refundido
da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e no Decreto 287/2000, do
21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas
da Comunidade Autónoma de Galicia.
A obriga de reintegro establecida no parágrafo
anterior enténdese sen prexuízo do establecido no Real decreto lexislativo
5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre
infraccións e sancións na orde social.
Artigo 17º.-Seguimento e control.
1. As delegacións provinciais e a Dirección Xeral
de Promoción do Emprego poderán comprobar, en todo momento, a aplicación das
subvencións concedidas para os fins programados. Para estes efectos as persoas e
entidades beneficiarias deberán cumprir as obrigas de comprobación que se
establezan nesta orde e na resolución de concesión.
2. Os/as solicitantes das
axudas e subvencións recollidas nesta orde, no suposto de ter a condición de
beneficiario/a e para os efectos das actuacións de control das obrigas asumidas,
autorizan a Consellería de Traballo para que, por parte da Tesourería Xeral da
Seguridade Social, lle poida ser facilitada a información sobre situación de
alta no sistema da Seguridade Social.
Disposicións adicionais
Primeira.-Sen prexuízo das facultades que teñan
atribuídas outros órganos da Administración do Estado ou da comunidade autónoma,
a Consellería de Traballo levará a cabo funcións de control, así como de
avaliación e seguimento dos programas.
Para realizar as ditas funcións poderanse
utilizar cantos medios estean ao dispor da Consellería de Traballo para
comprobar o cumprimento dos requisitos exixidos nesta orde e demais normas
vixentes que resulten de aplicación.
Segunda.-A Consellería de Traballo poderá
requirir en todo momento a documentación orixinal que se considere necesaria
para acreditar mellor o exacto cumprimento das condicións exixidas nos
diferentes programas desta orde, agás aquela que, de acordo co artigo 35 f) da
Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas
e
do
procedemento administrativo común, xa se atopen en poder da Administración
actuante.
Terceira.-Apróbase a delegación de atribucións do conselleiro de Traballo
nos delegados/as provinciais, no ámbito das súas respectivas provincias, e para
resolver a concesión ou denegación das axudas e subvencións previstas nesta
orde, así como para autorizar, dispor, recoñecer a obriga e propor os
correspondentes pagamentos, e para resolver os procedementos de reintegro das
subvencións indebidamente percibidas polos seus beneficiarios e as súas
beneficiarias, respecto das resolucións concesorias, das que traen causas,
ditadas por delegación do conselleiro.
Cuarta.-Para os efectos do sinalado no artigo
6º.3, alínea f), desta orde, terá a consideración de persoa titular dunha
familia monoparental e con cargas familiares aquela persoa solteira, viúva,
separada ou divorciada que teña ao seu coidado fillos/as menores de 21 anos ou
persoas maiores incapacitadas que non obteñan ingresos de calquera natureza
superiores ao 75% do salario mínimo interprofesional vixente no momento da
solicitude.
Para os efectos do sinalado no artigo 6º.3, alínea g) desta orde, terán a
consideración de traballadores e traballadoras desempregados/as procedentes de
empresas en crise aqueles traballadores e traballadoras cuxa relación laboral se
extinga por algunha das causas sinaladas nos artigos 51 e 52 c) do Estatuto dos
traballadores.
Para os efectos do sinalado no artigo 6º.4 desta orde, terán a
consideración de retornados/as os emigrantes que cumpran coa condición de que
non transcorresen máis de dous anos entre a data do retorno e a data de alta no
correspondente réxime da Seguridade Social.
Quinta.-A concesión das axudas e subvencións
previstas nesta orde estará suxeita á existencia de crédito
orzamentario.
O pagamento das axudas e subvencións reguladas nesta orde financiaranse
con cargo aos créditos da aplicación orzamentaria que, mediante disposición
complementaria, se determinen anualmente, logo da aprobación dos orzamentos
xerais da comunidade autónoma para o exercicio correspondente.
Sexta.-No exercicio
económico 2007, as axudas recollidas nesta orde, entre outras, financiaranse con
cargo ás aplicacións orzamentarias 16.02.322C.470.1, código de proxecto 2003
00450, cun crédito de 11.278.000 euros; 16.02.322C.470.2, código de proxecto
2007 00675, cun crédito de 4.142.691 euros e 16.02.322C.470.3, código de
proxecto 2007 00676, cun crédito de 6.300.000 euros; 16.02.322C.470.4, código de
proxecto 2007 00677, cun crédito de 3.000.000 de euros; 16.02.322C.470.4, código
de proxecto 2007 00678, cun crédito de 4.000.000 de euros; 16.02.322C.470.4,
código de proxecto 2007 00679, cun crédito de 7.651.519 euros; 16.02.322C.
470.6, código de proxecto 2007 00749, cun crédito de 6.000.000 de euros;
16.02.322Z.470.0, código de proxecto 2007 00690, cun crédito de 963.160 euros;
16.02.322Z.470.0, código de proxecto 2007 00692, cun crédito de 750.383
euros.
Estas
contías están recollidas na Lei 14/2006, do 28 de decembro, de orzamentos xerais
da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007, e constitúen o importe global
das aplicacións para o financiamento desta orde, da orde pola que se establecen
as bases reguladoras do programa para o fomento das transformacións dos
contratos de carácter temporal en indefinidos, e se procede á súa convocatoria
para o ano 2007, e das demais ordes que establezan as bases das medidas de
fomento do emprego, incentivos á contratación por conta allea e actuacións de
apoio a persoas emprendedoras, autoemprego e economía social, incluídas nos
programas orzamentarios 322C e 322Z.
Así mesmo, os créditos consignados nesta orde
poderán ser obxecto de modificacións como consecuencia da asignación ou da
redistribución de fondos para o financiamento dos programas de fomento do
emprego, coas limitacións que estableza a Conferencia Sectorial de Asuntos
Laborais ou polas disposicións aplicables ás axudas cofinanciadas polo Fondo
Social Europeo.
Sétima.-Será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e de
comunicación aos beneficiarios/as o cofinanciamento dos fondos estruturais
europeos no suposto de que algún dos tipos de axudas regulados nesta orde sexan
incluídos no novo marco aprobado pola Comisión Europea.
Disposición
transitoria
Os expedientes de
subvención que estivesen en tramitación unha vez finalizado o exercicio
económico 2006, resolveranse con cargo aos créditos orzamentarios destinados
para o dito fin para o ano 2007, en función da normativa que lles era de
aplicación no momento de presentación da solicitude, sempre que se cumpran os
seguintes requisitos:
a) Que se acredite o motivo que impediu resolver
en prazo.
b) Que o expediente non
fose resolto de forma expresa e non fose impugnado o efecto do
silencio.
c)
Que a persoa ou entidade solicitante non manifeste expresamente a súa vontade de
desistencia da solicitude presentada.
Disposicións derradeiras
Primeira.-Facúltase o director xeral de Promoción
do Emprego para que dite, no ámbito das súas competencias, as resolucións e
instrucións necesarias para o desenvolvemento e cumprimento desta
orde.
Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación
no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 1 de marzo de
2007.
Ricardo Jacinto Varela
Sánchez
Conselleiro de
Traballo
© Xunta de Galicia
Información mantida pola Xunta de
Galicia
Servizo prestado pola Consellería de Presidencia, AA.PP. e
Xustiza
Correo electrónico: webdoga
xunta.es