Diario Oficial de Galicia
mércores, 7 de marzo de 2007
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
Número do Dog:
47
Páxina do Dog:
3.534
Data da Disposición:
28 de febreiro de 2007
Sección:
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
Organismo:
CONSELLERÍA DE TRABALLO
Rango:
Orde
Título:
Orde do 28 de febreiro de 2007 pola que se establecen as bases
reguladoras e se procede á convocatoria pública de subvencións para a
programación de accións formativas experimentais e complementarias do Plan FIP
dirixidas ás traballadoras e traballadores en desemprego cofinanciadas polo
Fondo Social Europeo na Comunidade Autónoma de Galicia para o exercicio de
2007.
Orde do 28 de febreiro de 2007 pola que se
establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria pública de
subvencións para a programación de accións formativas experimentais e
complementarias do Plan FIP dirixidas ás traballadoras e traballadores en
desemprego cofinanciadas polo Fondo Social Europeo na Comunidade Autónoma de
Galicia para o exercicio de 2007.
Polo Decreto
69/1993, do 10 de marzo, a Comunidade Autónoma de Galicia asume as funcións e
servizos transferidos pola Administración do Estado en materia de formación
profesional ocupacional.
O Decreto 536/2005, do 6 de outubro, polo que se
establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo atribúelle a esta, a
través da Dirección Xeral de Formación e Colocación, o exercicio das
competencias e funcións, entre outras materias, relativas á formación
profesional ocupacional; o Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se
desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de
Galicia, establece que a concesión de axudas e subvencións se axustará aos
principios de publicidade, concorrencia e obxectividade, en aplicación do
disposto no artigo 78 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia,
texto refundido aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, aos
que se axusta esta disposición.
A Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de
subvencións, regula os requisitos de concesión e xustificación das subvencións
concedidas na Administración do Estado. Nesta lei recóllense artigos que teñen
carácter básico, polo que son de aplicación á normativa desta comunidade
autónoma e, consecuentemente, a esta orde de convocatoria.
O Regulamento (CE) nº
1081/2006, do 5 de xullo, do Parlamento Europeo e do Consello, relativo ao Fondo
Social Europeo, polo que se aproban as disposicións de aplicación relativas ao
Fondo Social Europeo, sinala que o Fondo apoiará, entre outras, as accións nos
Estados membros encamiñadas a facilitar o acceso ao emprego e a inserción no
mercado de traballo, as políticas de fomento e mellora da formación profesional
e da formación en xeral.
O obxecto desta orde é a regulación das accións
formativas de carácter experimental e complementario respecto do Plan Nacional
de Formación e Inserción Profesional (Plan FIP), cofinanciadas polo Fondo Social
Europeo. Neste sentido, a regulación do Plan FIP, que conta cun catálogo
preestablecido de especialidades homologadas, pode deixar sen atender
especialidades formativas de especial interese, tanto desde o punto de vista do
colectivo que atenden como dos sectores produtivos aos que se
dirixen.
O
financiamento das axudas previstas nesta orde de convocatoria farase con cargo
aos créditos dos programas 16.03.323V 444.0 (209.424 A),
16.03.323V 470.0 (942.424
A), 16.03.323V 460.0 (100.000 A) e 16.03.343V 481.0 (163.700 A) e 16.03.323V
481.1 (539.156 A) que figuran na Lei de orzamentos xerais da comunidade autónoma
para o ano 2007, rexistrados cos códigos de proxecto 2007 00687 e 2007 00699 e
que constitúe o importe global máximo que se destina para estas subvencións.
Destas cantidades, o 80% achégao o Fondo Social Europeo e o 20% a Administración
autonómica.
O
importe destinado ao financiamento da orde poderá ser obxecto de ampliación como
consecuencia de ampliacións, xeracións ou incorporacións de crédito. O importe
ampliado será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia sen que iso
supoña unha nova apertura do prazo de presentación de solicitudes.
Consecuentemente con todo
o anterior, consultados o Consello Galego de Relacións Laborais e o Consello
Galego de Formación Profesional, no exercicio das facultades que me confire o
artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu
presidente, modificada parcialmente pola Lei 11/1988, do 20 de
outubro,
DISPOÑO:
Capítulo
I
Disposicións xerais
Artigo 1º.-Obxecto e ámbito de
aplicación.
1. Esta orde ten por
obxecto o establecemento das bases reguladoras polas que se rexerá, no ámbito da
Comunidade Autónoma de Galicia, tanto a convocatoria pública como a execución de
accións formativas experimentais e complementarias do Plan FIP dirixidas ás
traballadoras e traballadores en desemprego, cofinanciadas polo Fondo Social
Europeo, correspondentes ao exercicio de 2007, xestionadas pola Consellería de
Traballo, a través da Dirección Xeral de Formación e Colocación.
2. A convocatoria das
subvencións previstas nesta orde, agás as reguladas no artigo 2.I-a (compromisos
de contratación inmediata), realizarase mediante réxime de concorrencia
competitiva.
Artigo 2º.-Accións subvencionables.
As accións formativas reguladas nesta orde están incluídas no seguinte
programa:
Accións formativas
dirixidas ás persoas en desemprego inscritas no Servizo Público de Emprego en
data anterior á súa incorporación á acción formativa, que se agrupan en tres
subprogramas:
I-a.-Proxectos formativos con compromiso de contratación inmediata das
alumnas e dos alumnos que, polas súas especiais características, non se axusten
aos requisitos exixidos no Plan FIP. As entidades incluídas neste punto deberán
comprometerse a contratar polo menos o 60% do número de alumnas e alumnos para o
que se aprobou a acción formativa, por un período mínimo de seis meses a xornada
completa, ou tempo equivalente se a contratación non
é a xornada completa. No
caso de que o proxecto formativo se dirixa exclusivamente a colectivos
desfavorecidos: persoas afectadas por diversidade funcional, persoas en paro de
longa duración, maiores de 40 anos que leven máis dun ano en paro, persoas
desempregadas que accedan ao primeiro emprego, ou mulleres en sectores nas que
estean subrepresentadas, a exixencia de contratación poderá reducirse ao 40%. A
contratación en calquera dos casos deberá producirse dentro do ano de
impartición do curso.
I-b.-Cursos de posgrao e cursos organizados por
escolas de especialización profesional das universidades galegas, así como
daquelas entidades expresamente vinculadas á relación universidade/empresa,
dirixidos á mellora da empregabilidade das persoas con titulación universitaria,
que teñan carácter ocupacional e sexan útiles para a mellora da inserción
laboral das persoas posgraduadas preferentemente as establecidas no anexo
IV.
I-c.-Accións de carácter experimental que non teñan cabida no Plan FIP e
que melloren a empregabilidade das persoas destinatarias, sempre que haxa
expectativas razoables de inserción laboral das alumnas e dos alumnos
participantes e as accións que se realicen sexan preferentemente as establecidas
no anexo IV.
2. A duración da acción formativa non poderá superar as 650
horas.
Artigo 3º.-Entidades
beneficiarias.
1. Poderán ser
entidades beneficiarias das subvencións para o desenvolvemento do programa
regulado no artigo 2 desta orde:
Subprograma I-a: empresas, agrupacións de
empresas e entidades sen ánimo de lucro.
Subprograma I-b: as universidades galegas, así
como entidades expresamente vinculadas á relación
universidade/empresa.
Subprograma I-c: empresas, agrupacións de
empresas, entidades sen ánimo de lucro, entidades locais e corporacións de
dereito público.
2. Non poderán obter a condición de entidades beneficiarias ou entidades
colaboradoras as persoas ou entidades nas que concorra algunha das
circunstancias recollidas no artigo 13.2º da Lei 38/2003, do 17 de
novembro.
Artigo 4º.-Axudas.
1. Todas as
accións formativas incluídas nestes subprogramas serán obxecto de subvención
para compensar os custos derivados da súa execución na proporción e contía que
se determine nesta orde, sempre que se trate de gastos elixibles e que se
xustifiquen de acordo co establecido nesta orde e no resto de normativa de
aplicación.
2. Nas accións formativas dirixidas especificamente a alumnas e alumnos
con diversidade funcional incrementarase o importe da subvención nun
35%
co
obxecto de financiar o persoal de apoio e a adaptación curricular ou do material
didáctico que sexa necesario para garantir a adquisición de competencias por
parte deste alumnado.
3. O cobramento destas subvencións será
incompatible coa percepción de calquera outra axuda pública da mesma natureza e
para a mesma acción.
Artigo 5º.-Custos subvencionables.
a) De acordo co que se establece no artigo 11 do Regulamento (CE) nº
1081/2006, do 5 de xullo, do Parlamento Europeo e do Consello relativo ao Fondo
Social Europeo, e sen prexuízo do establecido no Regulamento (CE) nº 1685/2000,
do 28 de xullo, da Comisión, polo que se establecen disposicións de aplicación
do Regulamento (CE) nº 1260/1999 do Consello no relativo ao financiamento de
gastos de operacións cofinanciadas polos Fondos Estruturais, serán
subvencionables os seguintes gastos:
-Custos do persoal docente, así como os gastos de
desprazamento deste persoal, ata un máximo do 40% do custo total do curso.
Excepcionalmente por razóns da peculiaridade da docencia que se vaia impartir o
director xeral de Formación e Colocación poderá autorizar o incremento desta
porcentaxe.
-Os gastos de desprazamento das persoas beneficiarias da formación. A
entidade impartidora terá a obriga de compensar os gastos por este concepto a
todo o alumnado. Para cubrir estas necesidades ás persoas beneficiarias
aboaráselles en concepto de axuda de desprazamento 6 A por día lectivo, tendo en
conta que non percibirán esta axuda os días de ausencia, sexan ou non
xustificadas as faltas.
-Gastos de transporte necesarios para a
realización de viaxes didácticas previstas no programa formativo ou as que sexan
apreciadas como necesarias e autorizadas expresamente pola Dirección Xeral de
Formación e Colocación.
-Outros gastos correntes tales como materiais e
subministracións. Poderanse incluír neste punto o conxunto de gastos non
directamente vinculados ao obxecto último da acción formativa pero
indispensables para impartila, como gastos de limpeza, auga, electricidade,
teléfono, combustibles... Poderán incluírse, así mesmo, os gastos de alugueres,
tanto de instalacións como de maquinaria.
-A amortización dos instrumentos, equipos e
instalacións en proporción á súa utilización exclusiva para o proxecto de
formación de que se trate.
-Os custos dos servizos de asesoría en relación
coa acción de formación. Poden imputarse neste punto os gastos de asesoría legal
como informes xurídicos ou consultas xurídicas; gastos de notaría e rexistros;
gastos de asesoramento técnico tales como informes técnicos, peritaxes e
taxacións; gastos de asesoramento financeiro como consultoría financeira, así
como gastos de coordinación das accións formativas. As entidades impartidoras
non poderán imputar por este concepto un importe superior ao 10 por
cento
do
importe total do orzamento da acción formativa. Estes gastos soamente serán
subvencionables se están directamente relacionados e son indispensables para a
adecuada preparación e execución da actividade subvencionada.
b) Os custos
subvencionables deberán ir acompañados de probas documentais, que deberán ser
transparentes e detalladas.
Artigo 6º.-Módulos económicos.
1. Os módulos económicos aplicables para efectos
de liquidación das subvencións concedidas para o financiamento das accións
formativas incluídas nesta orde serán os que a continuación se establecen en
función da modalidade de impartición e nivel da formación:
*Modalidade de
impartición: presencial.
Nivel de
formación:
Básico: 8
euros.
Medio-superior: 12
euros.
* Modalidade de impartición: a
distancia.
Nivel de
formación:
Básico: 5
euros.
Medio-superior. 5
euros.
* Modalidade de impartición:
teleformación.
Nivel de
formación:
Básico: 6,75
euros.
Medio-superior: 6,75
euros.
* Modalidade de impartición:
mixta.
Nivel de
formación:
Básico: aplicaranse os
módulos anteriores en función das horas de formación presencial e a distancia ou
teleformación que teña a acción formativa.
Medio-superior: aplicaranse os módulos anteriores
en función das horas de formación presencial e a distancia ou teleformación que
teña a acción formativa.
2. Excepcionalmente, e tendo en conta as
especiais circunstancias de determinadas especialidades formativas, a Dirección
Xeral de Formación e Colocación poderá autorizar, nas accións formativas de
carácter presencial, a aprobación dun módulo superior, que en ningún caso poderá
superar os 16 A por alumno/a e hora de formación.
3. Na modalidade de
impartición presencial, o módulo de nivel básico aplicarase cando se trate de
impartir formación en materias transversais ou xenéricas, que capacita para
desenvolver competencias e cualificacións básicas.
4. O módulo de nivel
medio-superior aplicarase cando a formación incorpore materias que impliquen
especialización e/ou capacite para desenvolver competencias de programación e/ou
dirección.
5.
O importe das subvencións concretarase no produto das horas da acción formativa
polo número de alumnas e alumnos e polo importe do módulo que se aplique en cada
caso, en función dos criterios sinalados nos puntos anteriores.
6. Segundo o artigo 29 da
Lei 38/2003, do 17 de novembro, as entidades beneficiarias de todos os programas
regulados nesta orde poderán subcontratar, por unha soa vez, a realización das
accións formativas financiadas con cargo a esta convocatoria, tendo en conta que
a subcontratación non pode supoñer un aumento do custo de execución da acción
formativa. Ademais, as entidades subcontratistas deberán facilitar aos
organismos de auditoría e control toda a información necesaria relativa ás
accións subcontratadas. No caso de accións formativas subcontratadas, a
solicitude de calquera modificación respecto da execución das accións concedidas
deberá ser efectuada pola entidade adxudicataria. Esta subcontratación poderá
chegar ata o 100% da acción formativa.
Artigo 7º.-Obrigas das entidades
beneficiarias.
As entidades
beneficiarias das axudas deberán:
1.
Requirir de cada alumna e alumno, no momento da súa incorporación, a seguinte
documentación, que deberá arquivarse separadamente por cada acción
formativa:
-Copia simple do DNI.
-Ficha
individual.
2. Remitir á Dirección
Xeral de Formación e Colocación e á delegación provincial
correspondente:
a) Como mínimo cinco días antes do inicio da acción
formativa:
-As datas de inicio e
remate e o horario de impartición.
-A
planificación temporal dos módulos da acción formativa.
-O enderezo completo do lugar de
impartición.
-A relación nominal do
persoal docente especificando os seus DNI.
b) O día de inicio de cada acción formativa:
-Certificación xustificativa do seu comezo e, de
ser o caso, das modificacións producidas respecto dos datos sinalados no
apartado anterior.
3. Enviar á Dirección Xeral de Formación e Colocación:
a) Dentro dos 10 días seguintes ao inicio da
acción formativa, a seguinte documentación:
Informaticamente.
-Ficha de inicio que se cubrirá na aplicación
informática SIFO no punto de seguimento de cursos.
Documentalmente.
-Relación
nominal das alumnas e dos alumnos, especificando número do DNI.
-Copia simple dos seus DNI.
-Copia da póliza de seguros contratado co
xustificante do seu aboamento, de ser o caso.
A entidade impartidora
arquivará unha copia desta documentación separadamente por cada acción
formativa.
b)
Mensualmente:
-Fotocopia do parte de
asistencia, que poderá xerarse no SIFO unha vez cuberta a información
necesaria.
4.
Expoñer no taboleiro de anuncios do centro o programa completo da acción
formativa temporizado por módulos, os dereitos e deberes do alumnado e dos
centros colaboradores, así como a relación de docentes e o horario da acción
formativa. No anuncio farase referencia expresa aos organismos cofinanciadores
da acción formativa.
5. Aboar mensualmente aos alumnos e alumnas as axudas ás que teñan
dereito, así como ao profesorado a súa remuneración. Non exime desta obriga o
feito de que a entidade impartidora non percibise os anticipos previstos nesta
orde.
6.
Someterse ás actuacións de supervisión e control que, en calquera momento,
poidan acordar os servizos competentes da Consellería de Traballo, tanto no
relativo ao desenvolvemento das accións formativas como á súa xestión e
tramitación administrativa.
7. Contratar un seguro de accidentes para os
alumnos e alumnas, que cubra tanto os riscos que poidan ter durante o
desenvolvemento da acción formativa, como os do traxecto ao lugar de impartición
das clases e das prácticas. A súa duración abranguerá estritamente o período da
acción formativa, incluíndo expresamente as prácticas en empresas cando estas se
realicen, sen que poida admitirse restrición nin exclusión ningunha por razón do
medio de transporte utilizado. Esta obriga rexerá exclusivamente para as accións
formativas de carácter presencial, así como para a parte presencial das
mixtas.
A
cobertura mínima deste seguro será a seguinte:
-En caso de morte: 36.000 A.
-En caso de invalidez permanente: 42.000
A.
-Asistencia médico farmacéutica:
durante un ano a partir do sinistro.
8. Cando se realicen prácticas en empresas ou outras actividades
relacionadas coa acción formativa, contratar unha póliza de responsabilidade
civil para facer fronte aos riscos que poidan derivarse da súa realización para
os bens e as persoas. A realización destas prácticas ou actividades deberá ser
autorizada polo director xeral de Formación e Colocación cando non figuren no
programa formativo presentado pola entidade.
9. Velar por que todos os alumnos e alumnas dunha
acción formativa reciban a mesma formación, así como o mesmo número de horas
tanto teóricas como prácticas, independentemente de que a parte práctica teña
lugar no propio centro ou en centros de traballo.
10. Comunicarlles ás
delegacións provinciais da Consellería de Traballo calquera circunstancia ou
eventualidade que poida afectar substancialmente a execución das accións
formativas programadas, no prazo de cinco días desde que se produza.
11. Solicitar á Dirección
Xeral de Formación e Colocación, con cinco días de antelación, autorización para
realizar calquera modificación no desenvolvemento das accións
formativas.
12. Aceptar as modificacións que, de ser o caso, introduza o órgano
encargado da resolución dos expedientes en relación cos termos de impartición
sinalados na solicitude.
13. Facilitar toda a información que lles sexa
requirida pola Dirección Xeral de Formación e Colocación, pola Intervención
Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas, polo Consello de Contas
ou polo órgano competente da Unión Europea, no exercicio das súas funcións de
fiscalización e control do destino das axudas.
14. Incluír en toda a
documentación relativa á acción formativa o logotipo da Unión Europea (Fondo
Social Europeo) e da Xunta de Galicia (Consellería de Traballo
).
15.
Informar ao alumnado do cofinanciamento das accións formativas por parte da
Xunta de Galicia e do Fondo Social Europeo, así como dos obxectivos destes
fondos.
16.
Informe individualizado de cada alumna e alumno cualificando os progresos
acadados en cada un dos módulos profesionais da acción formativa.
17. Todas as entidades
adxudicatarias de subvencións deberán acreditar, con independencia da súa
contía, tanto antes de ditarse a resolución de concesión como de proceder ao
cobramento das subvencións, que están ao día nas súas obrigas tributarias e
sociais e que non teñen pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún
concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, agás que
a entidade beneficiaria xunte á solicitude a debida autorización para que a
citada información sexa solicitada polo órgano xestor das axudas. Do cumprimento
desta obriga quedan exceptuadas as entidades recollidas no articulado da Lei de
orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007.
A presentación da
solicitude de concesión de axudas ou subvencións pola entidade interesada
comportará autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que
deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral
da Seguridade Social e a Consellería de Economía e Facenda da Xunta de
Galicia.
18.
A entidade beneficiaria deberá comunicarlle á Dirección Xeral de Formación e
Colocación a obtención de subvencións ou axudas para a mesma finalidade
procedentes de calquera outra administración ou ente público.
Artigo 8º.-Incumprimento
de obrigas e reintegro.
1. Cando se
produza incumprimento de calquera das obrigas previstas nesta orde ou se dea
calquera dos supostos previstos no artigo 78 da Lei de réxime financeiro e
orzamentario de Galicia, texto refundido aprobado polo Decreto lexislativo
1/1999, do 7 de outubro, procederá o reintegro total ou parcial da axuda
concedida, nos termos e coas condicións sinalados na citada lei.
2. Nos proxectos
formativos con compromiso de contratación inmediata regulados no artigo 2º desta
orde (subprograma I-a), a Consellería de Traballo, transcorridos 12 meses desde
a contratación das alumnas e alumnos, comprobará se o nivel de inserción laboral
se corresponde co acreditado na liquidación da subvención, exixindo, en caso
contrario, a devolución proporcional da subvención indebidamente
percibida.
Artigo 9º. Pagamento e liquidación das subvencións.
A. Documentación para presentar.
1. As entidades impartidoras deberanlle enviar á
Dirección Xeral de Formación e Colocación, dentro dos 15 días seguintes ao
remate da acción formativa, a xustificación dos custos inherentes a el, a través
do SIFO e enviando posteriormente a seguinte documentación, que deberá
presentarse por cada acción formativa selada e asinada:
-Solicitude de
liquidación final.
-Relación de
facturas.
-Orixinal ou fotocopia
compulsada de todas as facturas, nóminas e xustificantes de pagamento de todos
os gastos imputables á acción formativa.
-Certificación dos gastos.
-Declaración complementaria do conxunto de todas
as axudas solicitadas (aprobadas, concedidas ou pendentes de resolución), para a
mesma acción formativa, das distintas administracións públicas competentes ou de
calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.
-Memoria final de
actividades na que se faga constar, segundo os casos, unha descrición detallada
da execución da acción formativa, dos colectivos atendidos, grao de inserción
laboral, así como unha valoración do carácter experimental da acción
formativa.
-Todas as entidades deberán acreditar, con independencia da súa contía e
antes de proceder ao cobramento das subvencións, que están ao día nas súas
obrigas tributarias e sociais e que non teñen pendente de pagamento ningunha
débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma
de Galicia. Todo isto sen prexuízo
das excepcións recollidas na Lei anual de
orzamentos.
2. Os custos das accións
formativas amparadas por esta orde só se poderán imputar a partir da data de
concesión da subvención, agás os incluídos no subprograma I-a (compromisos de
contratación inmediata) que poderán ter carácter retroactivo, sempre que se
trate de gastos elixibles segundo a normativa do Fondo Social Europeo, que se
produzan no ano 2007 e cando a entidade impartidora comunicase expresamente o
inicio das accións ao órgano competente da Consellería de Traballo.
B. Sistemas de
pagamento.
1. O aboamento da
subvención farase efectivo da seguinte forma:
a) Ata o 65 por 100 do importe de cada acción
formativa, en concepto de anticipo, no momento no que a Dirección Xeral de
Formación e Colocación reciba comunicación da entidade impartidora na que se
notifique o inicio de cada acción formativa, así como a documentación sinalada
no artigo 9º desta orde, de ser o caso.
b) O importe restante, unha vez rematadas todas
as accións formativas e xustificados os gastos realmente efectuados en cada
unha.
c)
Poderán acordarse pagamentos parciais á conta da liquidación definitiva a medida
que a entidade beneficiaria xustifique os libramentos anteriores, que nunca
serán superiores ao 80% da subvención concedida.
d) Poderanse aboar
anticipos de ata o 65% da subvención concedida, unha vez que a entidade acredite
o inicio da primeira das accións formativas, sempre que se constitúa garantía a
favor da Consellería de Traballo (Xunta de Galicia), nos termos e condicións
sinalados no artigo 17 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se
desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de
Galicia.
2.
No caso de que non inicien a acción formativa o total do alumnado para os que se
aprobou, ratearase o importe que se vai aboar ata o número máis alto de alumnas
e alumnos acadado no seu primeiro cuarto.
3. Revisada a xustificación efectuada polas
entidades beneficiarias e sempre que esta se axuste ao disposto nesta orde ou na
súa normativa de desenvolvemento, o Servizo de Xestión Administrativa de
Formación Ocupacional da Dirección Xeral de Formación e Colocación, emitirá
certificación para poder facer efectiva a correspondente liquidación da axuda
concedida.
No
caso de que a xustificación fose incorrecta, requirirase á entidade para que
corrixa os erros ou defectos observados no prazo de 10 días, advertíndolle de
que, de non facelo, se procederá, se é o caso, a reclamar o reintegro, total ou
parcial, da axuda concedida.
Artigo 10º.-Seguimento e control das accións
formativas.
1. Para verificar o
cumprimento do disposto nesta orde, a Dirección Xeral de Formación e Colocación
e as delegacións provinciais aplicarán un sistema de seguimento e control, que
consistirá na realización de visitas ás accións formativas aprobadas e enquisas
ao alumnado e ao persoal docente, e emitirase un informe respecto do progreso da
acción e do seu grao de execución en cada momento.
2. Cando nunha acción
formativa se detecte a existencia de irregularidades ou deficiencias que non
puidesen ser emendadas no prazo concedido para o efecto, e que incidan
negativamente na súa calidade docente, procederase á súa cancelación por
resolución motivada do órgano competente para a súa concesión.
Capítulo II
Das accións formativas
Artigo 11º.-Remate e xustificación das accións
formativas.
A data límite para o
remate e xustificación das accións formativas será, como norma xeral, o 30 de
novembro de 2007. Excepcionalmente, por causas xustificadas, logo de solicitude
da entidade interesada, e sempre precedendo autorización do director xeral de
Formación e Colocación, as accións formativas reguladas nesta orde poderán
rematar con posterioridade a esa data, sempre dentro do ano 2007.
Artigo 12º.-Selección do
alumnado.
1. A selección realizarase
mediante sondaxe pola oficina de emprego correspondente entre as persoas
demandantes inscritas nela.
2. No caso de que por este sistema non se
consigan alumnas e alumnos suficientes para a acción formativa, a entidade
adxudicataria poderá realizar unha convocatoria pública, que deberá publicarse,
como mínimo, nun dos xornais de maior tiraxe da comunidade autónoma. No anuncio
en prensa os logotipos deberán figurar coa seguinte distribución: na parte
superior esquerda o da Xunta de Galicia, na parte superior dereita da Unión
Europea (Fondo Social Europeo), e na parte inferior dereita o do centro
impartidor.
3. Excepcionalmente, por razón da peculiaridade do colectivo ao que se
dirixe a acción formativa, a entidade poderá seleccionar directamente ao
alumnado, logo de autorización do director xeral de Formación e
Colocación.
4. En calquera caso, do resultado da selección daráselle conta á oficina
de emprego que corresponda.
5. Nas accións formativas nas que, a pesar de que
se intentase completar o número de alumnas e alumnos, diminúa o número de
participantes ata unha cantidade inferior ao 50 por 100 do número
pro
gramado,
agás que as baixas se produzan por colocación do alumnado, poderán ser
canceladas pola Consellería de Traballo. En caso de cancelación, a entidade terá
dereito a unha indemnización, que será proposta pola comisión de valoración
prevista no artigo 17º e aprobada polo conselleiro de Traballo, calculada de
acordo co principio de proporcionalidade.
6. As persoas integrantes do alumnado que
resulten seleccionadas para unha acción formativa non poderán asistir
simultaneamente a outra incluída dentro da programación de formación ocupacional
da Consellería de Traballo e, salvo autorización expresa do director xeral de
Formación e Colocación, por causas excepcionais debidamente xustificadas, non
poderán causar baixa nunha para acceder a outra dentro desa
programación.
7. No caso de que se produzan baixas durante o desenvolvemento da acción
formativa, as entidades impartidoras poderán incorporar alumnas e alumnos dentro
do seu primeiro cuarto.
Artigo 13º.-Dereitos e deberes do
alumnado.
1. A formación será
gratuíta para a totalidade dos alumnos e alumnas das accións formativas
derivadas desta orde, agás nos mestrados e cursos de posgrao, nos que as
entidades impartidoras poderán recibir outras achegas.
2. Terán a obriga de
asistir e seguir con aproveitamento as accións formativas, e de facilitar a
documentación que lles sexa solicitada pola entidade impartidora. No caso de que
as faltas de asistencia sen xustificar dalgún alumno ou alumna superen o 25% das
horas lectivas, deberáselle dar de baixa na acción formativa.
3. Os alumnos e alumnas
que rematen as accións formativas con aproveitamento, e asistisen como mínimo ao
75% das súas horas lectivas, recibirán un diploma acreditativo desta
circunstancia, nun modelo que será xerado polo Sistema de Información de
Formación Ocupacional (SIFO).
Así mesmo, terán dereito ao diploma os alumnos e
as alumnas que causen baixa por colocación, cando o persoal docente coide que
teñen os coñecementos equivalentes ao nivel da acción formativa e asistisen,
como mínimo, ao 75 por 100 das horas lectivas.
4. Os alumnos e alumnas
que non teñan dereito a diploma poderán recibir, se o solicitan, unha
certificación polas horas e módulos aos que asistisen.
Artigo 14º.-Modalidades
de impartición das accións formativas.
1. As accións formativas poderán desenvolverse nas modalidades
presencial, a distancia, teleforma
ción ou mixta. En todo caso, no anexo II da
solicitude deberá especificarse expresamente a modalidade pola que optan e, se é
mixta, indicarán as horas de cada unha delas.
2. Na modalidade a
distancia e na parte a distancia da modalidade mixta o sistema de impartición
deberá incluír evidencias necesarias para comprobar que o alumnado recibe a
formación impartida.
Capítulo III
Da convocatoria
pública
Artigo
15º.-Solicitudes.
1. As entidades que
desexen colaborar na impartición das accións formativas previstas nesta orde
deberán formalizar a correspondente solicitude no modelo normalizado que se
publica como anexo I a esta orde, e que se subministrará nas delegacións
provinciais da consellería, na Dirección Xeral de Formación e Colocación ou en
calquera das oficinas administrativas de Información e Atención ao Cidadán,
subscrita pola persoa titular ou representante legal da entidade debidamente
acreditado e deberá ir acompañada da seguinte documentación:
a) Documentación
acreditativa da representatividade suficiente para asinar a
solicitude.
b) Licenza municipal de apertura da actividade da que se trate do local
ou locais onde se vaia desenvolver a acción solicitada. No seu defecto, este
documento poderá ser substituído por algún dos seguintes:
-Centros de titularidade
municipal: certificación do secretario ou secretaria municipal no que se
acredite que os lugares de impartición dos cursos son aptos para esta
finalidade.
-Entidades privadas: declaración responsable de quen exerza a súa
representación legal no que se faga constar esta circunstancia (deberá axustarse
ao anexo III desta orde).
-Entidades públicas (centros de formación,
centros sanitarios, etc.): calquera outro documento que acredite a súa
idoneidade para impartir formación.
c) Unha ficha por cada unha das accións
formativas no modelo normalizado segundo o anexo II.
d) De ser o caso,
compromiso de contratación inmediata asumido pola empresa ou empresas que vaian
contratar os alumnos e as alumnas.
e) Unha memoria-proxecto, na que se fará
referencia, polo menos, aos seguintes extremos:
-Descrición da acción
formativa, na que se especificarán os obxectivos de inserción laboral e o
programa formativo.
-Breve memoria na que xustifique a solicitude das especialidades nunha
orde de accións formativas de carácter experimental.
f) Declaración de
conxunto de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas para a mesma acción
formativa, das distintas administracións públicas competentes.
g) Declaración
responsable de non estar incurso en supostos de prohibicións para obter a
condición de beneficiario de subvencións.
2. As solicitudes dirixiranse ao conselleiro de
Traballo e poderanse presentar por calquera das formas previstas no artigo 38.4º
da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións
públicas e do procedemento administrativo común.
As entidades que
soliciten accións formativas incluídas en subprogramas diferentes deberán
formalizar unha solicitude independente para cada un deles.
3. A presentación da
solicitude de concesión de axudas ou subvencións pola entidade interesada
comportará a autorización á Consellería de Traballo para solicitar as
certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria,
a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Economía e Facenda da
Xunta de Galicia.
4. De conformidade co artigo 13.4º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de
transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, a consellería
publicará na súa páxina web oficial a relación das entidades beneficiarias e o
importe das axudas concedidas, polo que a presentación da solicitude leva
implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das entidades
beneficiarias e da súa publicación na citada páxina web.
Artigo
16º.-Prazo.
1. O prazo de
presentación de solicitudes será de un mes contado desde o día seguinte á
publicación desta orde, agás no subprograma I-a (proxectos formativos con
compromiso de contratación) nos que o prazo rematará o 30 de setembro de
2007.
2. No
suposto de que a solicitude non cumpra os requisitos sinalados na convocatoria
ou de que a documentación achegada conteña erros ou sexa insuficiente
requirirase á entidade solicitante para que, nun prazo de 10 días, emende a
falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se non o fai
así, se considerará desistido da súa solicitude, logo de resolución que así o
declare.
Artigo 17º.-Instrución do procedemento.
1. O órgano instrutor do procedemento é a
Dirección Xeral de Formación e Colocación.
2. Terán prioridade, dentro dos límites
orzamentarios previstos nesta orde, as solicitudes presentadas para o
subprograma I-a.-Proxectos formativos con compromiso de contratación
inmediata.
3.
O procedemento que se seguirá na tramitación e instrución dos expedientes será o
establecido no
Decreto 287/2000, do 21 de novembro, coas concrecións que se establecen
nos seguintes apartados.
4. A comisión de valoración analizará toda a
documentación achegada polas entidades solicitantes, informará os expedientes e
xuntará o seu informe á proposta de resolución realizada pola Subdirección Xeral
de Formación Ocupacional e Continua que será elevada ao órgano competente para
resolver.
5.
Para os efectos previstos neste artigo, a comisión de valoración estará composta
pola subdirectora xeral de Formación Ocupacional e Continua, que a presidirá, e
serán vogais o xefe ou xefa de servizo de Planificación de Formación Ocupacional
e Continua, que actuará como secretario ou secretaria, e dúas persoas que sexan
persoal técnico da Dirección Xeral de Formación e Colocación.
6. A comisión de
valoración, para avaliar as solicitudes e establecer a orde de prelación, terá
en conta os seguintes criterios:
a) Accións formativas:
a.1) Relacionadas coa programación do anexo IV,
10 puntos.
a.2) Calidade da acción
formativa, ata 10 puntos.
b) Por
comprometerse a facer prácticas profesionais non laborais nas empresas, ata 20
puntos. O compromiso de realización de prácticas deberá presentarse segundo o
modelo que figura no anexo V.
As prácticas profesionais non laborais nas
empresas que se valoran son as realizadas fóra do programa formativo do
curso.
c) Por
solicitar facer cursos con compromiso de inserción laboral do alumnado formado,
ata 30 puntos. O compromiso de inserción deberá presentarse segundo o modelo que
figura no anexo VI.
O compromiso de inserción laboral do alumnado formado valorarase con
respecto a aquelas alumnas e alumnos que non tivesen ningún tipo de relación
laboral nin co centro de formación nin coa empresa onde se realizará a
inserción.
d)
Por solicitar a impartición de especialidades ou módulos que se axusten aos
certificados de profesionalidade, ata 10 puntos.
e) Calidade do centro ou
experiencia docente relacionada coa familia profesional solicitada, ata 20
puntos.
e.1.
Informe técnico de seguimento.
e.2.
Xestión administrativa e contable (puntuarase negativamente).
Para poder acceder á programación será necesaria
unha puntuación mínima de 35 puntos.
Artigo 18º. Resolución.
1. A resolución dos expedientes de axudas, unha
vez informada pola Subdirección Xeral de Formación
Ocupacional e Continua, e
fiscalizada a proposta pola Intervención Delegada, corresponderalle ao
conselleiro de Traballo, e deberá ser notificada aos interesados no prazo de 10
días desde que se diten. As entidades deberán acreditar con anterioridade a
ditarse a proposta de resolución de concesión que están ao corrente no
cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, de acordo
co establecido no artigo 14.1 c) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, sen prexuízo
das exencións establecidas na lei de orzamentos para o exercicio de
2007.
2.
A resolución dos expedientes deberá producirse no prazo de tres meses contados a
partir do día seguinte ao da publicación desta orde, agás no caso dos proxectos
formativos con compromiso de contratación inmediata nos que a resolución deberá
producirse no prazo de tres meses desde que a solicitude da entidade interesada
teña entrada no rexistro correspondente. En todos os casos, transcorrido o
citado prazo sen que recaese resolución expresa, as entidades interesadas
deberán entender desestimada a súa solicitude.
3. As axudas previstas
nesta orde poderán materializarse a través de convenios de colaboración
subscritos pola consellería con cada unha das entidades
beneficiarias.
4. Contra as resolucións ditadas ao abeiro desta orde, que esgotan a vía
administrativa, poderase interpoñer recurso ante a xurisdición
contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do seguinte
ao da súa notificación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de
xullo, reguladora desta xurisdición.
Non obstante, poderase optar por interpor contra
estas resolucións recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do
día seguinte ao da súa notificación ante o mesmo órgano que a ditou. Neste caso
non caberá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antes citado mentres
non recaia resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, de acordo co
disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, modificadora da Lei 30/1992, do 26 de
novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento
administrativo común.
Disposicións adicionais
Primeira.-A realización das accións de formación
previstas nesta orde e a conseguinte concesión de subvencións estará supeditada
á existencia de crédito suficiente nos programas 16.03.323V 444.0, 16.03.323V
470.0, 16.03.323V 460.0, 16.03.343V 481.0 e 16.03.343V 481.1 dos orzamentos
xerais da comunidade autónoma para o ano 2007. A forma de pagamento prevista no
artigo 9 desta orde estará condicionada á autorización do Consello da
Xunta.
Segunda.-Se por calquera causa, cando a comisión de valoración teña que
examinar as solicitudes, algunha das persoas que a compoñen non puidesen
asistir, será substituída pola persoa que para o efecto designe o director xeral
de Formación e Colocación.
Terceira.-Poderán modificarse as resolucións nos
termos e cos requisitos sinalados no artigo 12º do Decreto 287/2000, do 21 de
novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da
Comunidade Autónoma de Galicia.
Cuarta.-En todo o non previsto nesta orde será de
aplicación o establecido na Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia,
texto refundido aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, no
Decreto 287/2000, do 21 de novembro, e na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral
de subvencións en canto lle sexa de aplicación, e a Orde do 21 de decembro de
2006 pola que se establece a convocatoria pública para a programación de cursos
do Plan Nacional de Formación e Inserción Profesional na Comunidade Autónoma de
Galicia correspondente ao exercicio de 2007, quedando as entidades beneficiarias
das axudas reguladas nesta orde suxeitas ao réxime disciplinario previsto nas
citadas disposicións.
Quinta.-Poderán efectuarse resolucións
complementarias cando existan fondos provenientes de renuncias de subvencións
inicialmente concedidas. Neste caso, agás que se acuda a unha convocatoria
complementaria, non poderán terse en conta outras solicitudes distintas das
tidas en conta para a resolución inicial.
Sexta.-Apróbase a delegación de atribucións do
conselleiro de Traballo no director xeral de Formación e Colocación para a
autorización, disposición, recoñecemento da obriga e proposta de pagamento das
subvencións reguladas nesta orde, así como para ditar as correspondentes
resolucións de concesión.
Sétima.-As resolucións de concesión de
subvencións serán obxecto de publicación no Diario Oficial de
Galicia.
Disposicións derradeiras
Primeira.-Autorízase o director xeral de Formación e Colocación para
ditar, no ámbito das súas competencias, as resolucións e instrucións necesarias
para o desenvolvemento e execución desta disposición.
Segunda.-Esta orde
entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de
Galicia.
Santiago de Compostela,28 de febreiro de 2007.
Ricardo Jacinto Varela Sánchez
Conselleiro de Traballo
SERVIZO GALEGO DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE DO
HOME
E DA MULLER
© Xunta de Galicia
Información mantida pola Xunta de
Galicia
Servizo prestado pola Consellería de Presidencia, AA.PP. e
Xustiza
Correo electrónico: webdoga
xunta.es