Diario Oficial de Galicia
mércores, 7 de marzo de 2007
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
Número do Dog:
47
Páxina do Dog:
3.517
Data da Disposición:
27 de febreiro de 2007
Sección:
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
Organismo:
CONSELLERÍA DE TRABALLO
Rango:
Orde
Título:
Orde do 27 de febreiro de 2007 pola que se establecen as bases
reguladoras do réxime de axudas e subvencións ás empresas cualificadas como
iniciativas locais de emprego (ILE) ou como iniciativas de emprego rural (IER)
cofinanciadas polo Fondo Social Europeo e se procede á súa convocatoria para o
ano 2007.
Orde do 27 de febreiro de 2007 pola que se
establecen as bases reguladoras do réxime de axudas e subvencións ás empresas
cualificadas como iniciativas locais de emprego (ILE) ou como iniciativas de
emprego rural (IER) cofinanciadas polo Fondo Social Europeo e se procede á súa
convocatoria para o ano 2007.
No marco establecido no artigo 40 da
Constitución Española, na Lei 56/2003, do 16 de decembro, de emprego, nos
artigos 29 e 30 do Estatuto de autonomía de Galicia, nos obxectivos de
crecemento e emprego da Unión Europea, conforme a Estratexia Europea de Emprego,
e no primeiro Acordo polo emprego de Galicia, asinado o 5 de febreiro de 2007, e
co obxectivo de que a Comunidade Autónoma de
Galicia acade uns maiores niveis de
desenvolvemento económico, de calidade no emprego, de benestar social e de
cohesión no territorio, é preciso adoptar políticas que promovan a calidade dun
modelo de desenvolvemento económico que favoreza a capacidade de toda a
sociedade galega para crear emprego.
Mediante o Decreto 289/1997, do 9 de outubro,
esta comunidade autónoma asumiu as funcións e os servizos transferidos pola
Administración do Estado relativos á xestión realizada polo Instituto Nacional
de Emprego (Inem) no ámbito do traballo, o emprego e a formación,
correspondéndolle o seu exercicio, hoxe en día, á Consellería de Traballo, ao
abeiro do disposto no Decreto 536/2005, do 6 de outubro, polo que se establece a
súa estrutura orgánica.
En consecuencia, e dentro do ámbito funcional da
Dirección Xeral de Promoción do Emprego, correspóndelle a convocatoria,
regulación específica, xestión e control das axudas e subvencións ás iniciativas
de emprego antes xestionadas polo Instituto Nacional de Emprego e reguladas na
actualidade pola Orde ministerial do 15 de xullo de 1999.
A importancia cualitativa
destas iniciativas exixe unha selección anterior dos proxectos a través da súa
cualificación previa e inscrición rexistral, así como unha definición das súas
características e clases, segundo o regulado no Decreto 9/2000, do
12
de
xaneiro, (DOG nº 18, do 27 de xaneiro; corrección de erros nº 24, do 4 de
febreiro).
A
necesidade de favorecer a desaceleración da perda de emprego no sector primario
e o necesario desenvolvemento e diversificación do tecido empresarial galego no
contorno territorial, xustifican o deseño dun programa dirixido a fomentar a
iniciativa emprendedora co fin de potenciar o crecemento económico e do emprego
no ámbito local e no medio rural, articulando unha colaboración entre a Xunta de
Galicia, as administracións locais de carácter territorial e a iniciativa
privada, coa finalidade de facilitar e fomentar a aparición de empresas
innovadoras xeradoras de emprego.
As bases reguladoras do réxime de axudas e
subvencións regulado nesta orde establecen un procedemento de concesión que non
ten a consideración de concorrencia competitiva, dado que de acordo coa
finalidade e obxecto deste réxime, non resulta necesario realizar a comparación
e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento, senón que a
concesión das axudas se realiza pola comprobación da concorrencia na entidade
solicitante dos requisitos establecidos ata o esgotamento do crédito
orzamentario.
As bases reguladoras destas axudas e a súa convocatoria axústanse ao
disposto no artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e
orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de
outubro, na súa redacción dada pola Lei 14/2004, do 29 de decembro, de medidas
tributarias e de réxime administrativo; na Lei 14/2006, do 28 de decembro, de
orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007; no Decreto
287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e
subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, e no que resulte de
aplicación a Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e o seu
regulamento de desenvolvemento aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de
xullo.
Por
todo o exposto, no desenvolvemento da planificación presentada ante o Comité
Autonómico de Emprego, na súa reunión do día 21 de novembro de 2006, consultado
o Consello Galego de Relacións Laborais, e no exercicio das facultades que me
confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do
seu presidente,
DISPOÑO:
Capítulo
I
Ámbito e réxime das
axudas
Artigo 1º.-Obxecto, finalidade
e principios de xestión.
1. Esta
orde, en desenvolvemento do Decreto 9/2000, do 12 de xaneiro, polo que se
regulan as iniciativas de emprego e as súas clases, así como o procedemento para
a súa cualificación e inscrición rexistral, ten por obxecto fixar as bases
reguladoras
do réxime de axudas e subvencións establecido pola Consellería de
Traballo, coa finalidade de fomentar e promover a creación de empresas
innovadoras, económica e financeiramente viables, que xeren emprego estable no
ámbito local e no medio rural, mediante o financiamento parcial dos custos
necesarios para a posta en marcha daqueles proxectos empresariais previamente
cualificados como iniciativas locais de emprego (ILE) ou como iniciativas de
emprego rural (IER) e inscritas no rexistro administrativo habilitado para o
efecto na Dirección Xeral de Promoción do Emprego e nas delegacións provinciais
da Consellería de Traballo, e proceder á súa convocatoria para o ano
2007.
2. As
solicitudes, tramitación e concesión destas axudas e subvencións axustaranse ao
disposto no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de
Galicia; na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia; no
Decreto 287/2000, do 21 de novembro, e nesta orde.
3. A xestión deste
programa realizarase de acordo cos seguintes principios:
a) Publicidade, concorrencia, obxectividade,
transparencia, igualdade e non-discriminación.
b) Eficacia no
cumprimento dos obxectivos fixados.
c) Eficiencia na asignación e na utilización dos recursos
públicos.
Artigo 2º.-Entidades
beneficiarias.
1. Poderán ser
beneficiarias das axudas previstas nesta orde as empresas privadas, calquera que
sexa a forma xurídica que adopten, incluíndo autónomos/as e as sociedades civís
e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que se
constitúan e inicien a súa actividade nun prazo non superior a un ano desde que
o proxecto empresarial foi cualificado como iniciativa de emprego, local ou
rural, ou, de ser o caso, no prazo que se estableza na resolución de
cualificación, en atención ao disposto no artigo 3 do Decreto 9/2000, do 12 de
xaneiro, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nesta
orde para cada tipo de axuda.
No caso de sociedades civís e comunidades de
bens, deberán nomear unha persoa representante ou apoderada única da agrupación,
con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, lle
corresponden á agrupación.
2. Entenderase que unha empresa está constituída
desde o momento da súa inscrición no correspondente Rexistro Mercantil, ou, se é
o caso, no Rexistro de Cooperativas. Cando se trate de empresario ou empresaria
individual ou comunidade de bens, cando cause alta no Censo de Obrigados
Tributarios do Ministerio de Economía e Facenda.
3. Entenderase que inicia
a súa actividade produtiva cando cause alta no imposto de actividades económicas
ou, de ser o caso, desde a data de alta no Censo de Obrigados Tributarios do
Ministerio de Economía e Facenda.
Capítulo II
Modalidades de axuda
Artigo
3º.-Tipos de axuda.
1. Ao abeiro do
Programa de promoción de iniciativas de emprego regulado nesta orde poden
solicitarse os seguintes tipos de axudas:
a) Subvención á creación directa de emprego
estable.
b) Subvención para a
contratación de persoal experto técnico de alta cualificación.
c) Apoio á función
xerencial.
d) Subvención
financeira.
e) Axuda para o inicio e
posta en marcha da actividade.
2.
Terán a consideración de accións subvencionables as que se produzan no primeiro
ano de actividade empresarial e sempre que observen as previsións específicas
contidas nos artigos seguintes para os diferentes tipos de axuda.
3. Para os efectos das
axudas recollidas nesta orde, terán a consideración de persoas desempregadas
aquelas que figuren inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de
Emprego e, pola súa vez, carezan de ocupación segundo o informe de vida laboral
da Tesouraría Xeral da Seguridade Social no momento da súa alta no
correspondente réxime da Seguridade Social.
Artigo 4º.-Subvención á creación directa de
emprego estable.
1. A creación de
postos de traballo estables de carácter indefinido, incluídos os propios
promotores e promotoras, que sexan ocupados por desempregados e desempregadas
inscritos/as como tales no Servizo Público de Emprego incentivaranse cada un
deles cunha subvención de ata 4.800 euros. A subvención incrementarase no
suposto dunha muller desempregada ata 5.400 euros. Estes incentivos xerais terán
un incremento de ata 300 euros no suposto dun mozo ou dunha moza desempregada
menor de 30 anos. Para o suposto dunha persoa desempregada afectada por
diversidade funcional, a subvención poderá acadar a contía de 6.000
euros.
Terán
dereito a estes incentivos as cooperativas ou sociedades laborais, cualificadas
como iniciativas de emprego pola incorporación de persoas desempregadas como
socios/as traballadores/as.
Cando a dedicación sexa a tempo parcial, as
contías destes incentivos serán proporcionais ao tempo efectivo de traballo, en
función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de
aplicación ou, no seu defecto, na xornada ordinaria legal.
2. Cando a dedicación
inicial se realice a tempo parcial e se transforme con posterioridade a tempo
completo, a empresa poderá solicitar a diferenza entre a contía que se percibiu
inicialmente e a que corresponde por dedicación a tempo completo,
sem
pre que a
dita modificación se produza dentro do primeiro ano da actividade.
3. Cando se trate de contratacións indefinidas de
traballadores ou traballadoras por conta allea, esta axuda, de ser o caso, será
compatible coas bonificacións á Seguridade Social previstas na normativa
estatal, sen que ambos os dous beneficios poidan superar o 60% do custo salarial
anual correspondente ao contrato obxecto de subvención.
4. Non se poderá conceder
esta axuda cando se trate de traballadores ou traballadoras que prestasen
servizos na mesma empresa en virtude dun contrato de carácter
temporal.
Poderán ser obxecto desta subvención os postos de traballo estables de
carácter indefinido creados ata o 15 de setembro de 2007.
5. O prazo de
presentación de solicitudes de subvención á creación de emprego estable será de
dous meses desde a data da alta no correspondente réxime da Seguridade Social.
Non obstante, deberá ser respectado o prazo xeral establecido no artigo 12.2º
desta orde, aínda que nesta data non transcorresen dous meses desde a data de
alta na Seguridade Social.
Artigo 5º.-Subvención para a contratación de
persoal experto técnico de alta cualificación.
Para a contratación de
expertos ou expertas técnicos/as de alta cualificación, poderá concedérselles ás
empresas cualificadas como iniciativas de emprego unha subvención equivalente ao
50 por 100 dos custos laborais totais, incluídas as cotizacións á Seguridade
Social por todos os conceptos, segundo a duración do contrato, cun máximo de
doce mensualidades.
Quedan excluídas deste tipo de axudas as contratacións ou incorporacións
dos e das titulares ou socios e socias da empresa cualificada como iniciativa de
emprego, así como do ou da cónxuxe, ascendentes, descendentes e demais parentes,
por consanguinidade ou afinidade, ata o segundo grao inclusive, do empresario/a
ou de quen desempeñe cargos de dirección ou sexan membros dos órganos de
administración das empresas que revistan a forma xurídica de sociedade, así como
as que se produzan con estas últimas persoas citadas.
A subvención, que se
concederá por unha soa vez, terá como límite máximo, por todas as contratacións,
a contía de 18.000 euros, e estará condicionada á xustificación pola empresa de
que, coas contratacións obxecto de subvención, se suplan carencias ben
identificadas para o desenvolvemento da actividade empresarial e o bo fin
dela.
Esta
subvención é incompatible, para o mesmo traballador ou traballadora, coa
establecida no artigo 4º, e é compatible, se é o caso, coas bonificacións de
cotas á Seguridade Social previstas na normativa estatal, sen que ambos os dous
beneficios poidan superar o 60% do custo salarial anual.
O prazo de presentación
de solicitudes da subvención para a contratación de expertos ou expertas
técnicos/as de alta cualificación será de dous meses desde a data da alta no
correspondente réxime da Seguridade Social. Non obstante, deberá ser respectado
o prazo xeral establecido no artigo 12.2º desta orde, aínda que nesta data non
transcorresen dous meses desde a data de alta na Seguridade Social.
Artigo 6º.-Apoio á
función xerencial.
1. Para o
acompañamento na instalación da empresa, poderase financiar o apoio ás funcións
xerenciais para axudar a persoa promotora ou empresario/a na toma de decisións
necesarias para o funcionamento da empresa. O dito apoio poderá consistir nas
seguintes modalidades:
a) Axuda por titoría, entendéndose por tal o
acompañamento técnico que unha persoa experta allea á empresa, persoa física ou
xurídica que reúna garantías de solvencia e profesionalidade, lle preste á
persoa promotora ou empresario/a nas súas actividades xerenciais durante un
prazo de tempo determinado.
b) Axuda por formación, que incluirá os cursos
que a persoa promotora ou empresario/a poida recibir para obter e mellorar os
seus coñecementos sobre a función xerencial.
c) Axuda pola realización externa de estudos e
informes sobre a actividade para que a persoa promotora ou empresario/a poida
dispoñer de mellor información sobre os bens ou servizos obxecto de produción,
incluíndose nesta epígrafe os estudos de mercado, organización,
comercialización, diagnose e outros de natureza análoga.
2. O gasto orixinado polo
apoio á función xerencial deberá producirse no ano 2007 e deberá ser
efectivamente xustificado, mediante facturas e documentos acreditativos do seu
pagamento, con anterioridade á finalización do período de xustificación
establecido na resolución de concesión, ou, de ser o caso, ata o 30 de novembro
de 2007.
3. A
contía da subvención de apoio á función xerencial, que se pagará por unha soa
vez, será de ata o 75 por 100 do custo dos servizos recibidos cun límite máximo
de 12.000 euros polo conxunto das modalidades de asistencia técnica
previstas.
4.
As solicitudes de apoio á función xerencial deberanse presentar no prazo xeral
establecido no artigo 12º.2 desta orde.
Artigo 7º.-Subvención financeira.
1. A subvención financeira ten por finalidade
promover a creación de postos de traballo, mediante a redución dos xuros de
préstamos para financiar os investimentos en activo fixo que sexan necesarios
para a creación e posta en marcha das empresas cualificadas como iniciativas de
emprego. Non obstante, poderase destinar ata un 25% do préstamo para financiar o
activo circulante.
Os préstamos, para seren subvencionados, deberán ser concedidos por
entidades financeiras que teñan subscrito un convenio, para tal fin, coa
Consellería de Traballo.
2. A subvención, pagadoira dunha soa vez, será
como máximo o equivalente á redución de seis puntos do xuro fixado pola entidade
de crédito que conceda o préstamo sen que, en ningún caso, o tipo de xuro que
deba satisfacer a entidade ou persoa beneficiaria, despois de calculada a
subsidiación, poida resultar inferior a un punto. A contía calcularase como se a
subvención se devengase cada ano de duración do préstamo, incluído o posible
período de carencia.
Esta subvención ten como límite a contía máxima de 5.100 euros por
emprego estable creado para persoas desempregadas, segundo o previsto no artigo
3.3º e 4.1º desta orde.
3. As solicitudes de subvención financeira
deberán presentarse con anterioridade ao inicio da execución do proxecto de
investimento e no prazo xeral establecido no artigo 12.2º desta
orde.
Artigo
8º.-Axuda para o inicio e posta en marcha da actividade.
1. Para que unha iniciativa de emprego poida
beneficiarse da axuda prevista neste artigo ten que supoñer, cando menos, a
creación directa de emprego estable para unha persoa desempregada, segundo o
previsto no artigo 3.3º e 4.1º desta orde.
2. Esta axuda consistirá nunha subvención de ata
un 60% dos gastos necesarios para o inicio e a posta en marcha da actividade. O
importe máximo desta axuda determinarase en atención ao número de postos de
traballo estables que se van crear ata o 15 de setembro de 2007, de acordo coa
seguinte escala:
-De 1 a 2 postos de traballo:ata 18.000 euros.
-De 3 a 10 postos de traballo: ata 30.000
euros.
-De 11 a 20 postos de
traballo:ata 42.000 euros.
-21 ou
máis postos de traballo: ata 54.000 euros.
O importe da axuda non poderá superar a contía de 6.000 euros por posto
de traballo estable creado, agás no suposto de que sexa ocupado por un mozo ou
moza menor de 30 anos ou por unha muller que poderá acadar a contía de 9.000
euros. Este límite máximo por posto de traballo poderá ser excepcionado no caso
das iniciativas de emprego rural sempre que a dita excepción estea amparada na
propia definición e características do plan de actuación sectorial
correspondente.
3. Esta axuda irá destinada a sufragar os gastos necesarios derivados da
posta en marcha da actividade e do funcionamento da empresa, que se produzan
antes de que transcorra un ano desde o inicio da súa actividade, sempre que se
realicen no ano 2007 e sexan efectivamente xustificados, mediante facturas e
documentos acreditativos do seu pagamento, con anterioridade á finalización do
período
de
xustificación establecido na resolución de concesión, ou, de ser o caso, ata o
30 de novembro de 2007.
Os gastos subvencionables serán a compra de
mercadorías, materias primas e outros aprovisionamentos, arrendamento de local e
maquinaria, man de obra empregada na reforma ou adecuación do local, publicidade
e subministracións.
En ningún caso serán subvencionables, a través da axuda regulada neste
artigo, os gastos que poidan ser considerados como investimento en activo
fixo.
4. As
solicitudes de axuda para o inicio e posta en marcha da actividade deberán
presentarse no prazo xeral establecido no artigo 12.2º desta orde.
Artigo 9º.-Actividades
vinculadas aos novos viveiros de emprego.
1. As empresas cualificadas como iniciativas de emprego terán dereito a
un incremento do 10 por 100 da contía das subvencións reguladas nesta orde,
cando a súa actividade produtiva principal se inscriba dentro dos ámbitos dos
novos viveiros de emprego no marco da definición e interpretación que establece
a Comisión Europea, que a continuación se relacionan:
a) Servizos da vida
diaria:-Os servizos a domicilio (preparación e
distribución de comidas a domicilio; acompañamento e prestación doutros servizos
a persoas maiores no seu domicilio; servizos a persoas enfermas no seu
domicilio; servizos de limpeza e pasada de ferro; servizos
administrativos).
-Coidado dos nenos e nenas (coidado e educación de nenos e nenas por
debaixo da idade escolar, actividades deportivas, recreativas e culturais para
nenos e nenas en idade escolar).
-Novas tecnoloxías da información e da
comunicación (como servizos a particulares no eido da cultura, da saúde, da
comunicación, do lecer, como telemedecina, formación a distancia, teletraballo;
servizos ás empresas: información económica, servizos comerciais, contabilidade
a distancia, asistencia especializada, ou como servizos públicos: teleservizos,
acceso a bases de datos, servizos administrativos de información).
-Axuda para a inserción
da mocidade en dificultades e con desarraigamento social (axudas nos deberes
escolares; centros de inserción profesional; educación na rúa; empresas de
inserción).
b) Servizos de mellora do marco de vida:
-Mellora da vivenda (rehabilitación de vivendas
deterioradas; mantemento das vivendas).
-A seguridade (servizos de vixilancia e acollida;
instalación de materiais de seguridade; aparcadoiros;
televixilancia).
-Transportes colectivos locais (novas formas de organización dos
transportes colectivos; servizos
especializados con determinados colectivos de
persoas usuarias).
-A revalorización
dos espazos públicos urbanos (rehabilitación de espazos públicos e barrios;
mantemento de espazos públicos; iniciativas económicas e comerciais en zonas
vellas das cidades).
-Os comercios de proximidade (comercios en zonas rurais; comercios nos
barrios urbanos non céntricos; puntos comerciais multiservizo en zonas
desfavorecidas).
c) Servizos culturais e de lecer:
-O turismo (turismo rural e cultural e outros novos fenómenos turísticos;
servizo de acompañamento e acollida turística; novos servizos turísticos
telemáticos).
-O sector audiovisual (produción e distribución de películas; produción e
distribución de emisións televisivas; televisión interactiva; acceso a distancia
a bibliotecas e museos).
-A valorización do patrimonio cultural (creación
e restauración de lugares de interese cultural; servizos de difusión da cultura
e acollida turística).
-O desenvolvemento cultural local (actividades de
valorización dos recursos e actividades culturais locais como música, folclore,
teatro, gastronomía, artesanía).
d) Servizos de ambiente:
-A xestión dos residuos (recollida selectiva e
tratamento dos residuos; actividades de investigación para a reutilización dos
materiais recuperados; novas técnicas de automatización do tratamento dos
residuos).
-A
xestión da auga (realización e xestión de infraestruturas de xestión da auga;
servizos de investigación tecnolóxica e transferencia de saber facer; asistencia
á xestión de infraestruturas locais; explotación turística e deportiva das
reservas hidráulicas).
-A protección e o mantemento das zonas naturais
(actividades de protección e mantemento das zonas rurais; actividades de
investigación agronómica; creación e xestión de parques e reservas
naturais).
-A
normativa, o control da contaminación e as instalacións correspondentes
(produción de bens e servizos ligados a tecnoloxías menos contaminantes;
desenvolvemento e aplicación de novas tecnoloxías de economía da enerxía;
mellora da xestión dos sistemas de control da contaminación e o
ruído).
2. O
incremento do 10 por 100 establecido no punto anterior, en todos os tipos de
axudas previstos nesta orde, aplicarase sobre o importe que correspondería de
tratarse doutra actividade, con independencia de que, como consecuencia da
aplicación do incremento, se superen ou non os límites porcentuais ou
cuantitativos previstos para cada tipo de axuda.
Artigo 10º.-Incremento
dos incentivos.
As contías das axudas
reguladas nos artigos 4º, 7º, 8º e, se é o caso, co incremento establecido no
artigo 9º desta orde, incrementaranse nun 10 por 100, nos casos de persoas
desempregadas en que, téndose en conta para o cálculo da subvención, no momento
da súa alta no correspondente réxime da Seguridade Social, concorran algunhas
das seguintes circunstancias:
a) Traballadores e traballadoras desempregados/as
por mor dalgunha das causas previstas nos artigos 51 e 52 c) do Estatuto dos
traballadores.
b) Persoas desempregadas en situación de risco de exclusión social
pertencentes a algún dos seguintes colectivos:
-Persoas perceptoras da
renda de integración social de Galicia ou aquelas que non poidan acceder a ela,
ben por falta do período exixido de residencia ou empadroamento, ou ben por ter
esgotado o período máximo de percepción legalmente establecido, ou membros da
súa unidade familiar en desemprego.
-Persoas que participen ou participasen en
procesos de rehabilitación ou reinserción social de drogodependentes coa debida
acreditación ou autorización.
-Internos e internas de centros penitenciarios
cuxa situación penitenciaria lles permita acceder a un emprego, así como
liberados/as condicionais ou ex reclusos/as que non tivesen antes un primeiro
emprego fixo remunerado tras un período de privación de liberdade.
-Mulleres procedentes de
casas de acollida que presenten problemas adicionais de inserción ou reinserción
laboral.
-As
persoas que teñan acreditada pola Administración competente a condición de
vítima de violencia doméstica por parte dalgún membro da unidade familiar de
convivencia.
-Mulleres que abandonasen o exercicio da prostitución e se incorporen ao
mercado laboral.
-Menores internos/as incluídos/as no ámbito de aplicación da Lei orgánica
5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos e das
menores, cuxa situación lles permita acceder a un emprego, así como os e as que
estean en situación de liberdade vixiada e os ex reclusos/as.
-Mozos e mozas que estean
ou estivesen ata a súa maioría de idade baixo a tutela ou garda da
Administración autonómica.
-Traballadores e traballadoras inmigrantes que
pasen a ser residentes da comunidade cuxas características condicionen a súa
integración social.
-Emigrantes retornados/as con graves necesidades persoais ou
familiares.
-Persoas que formen parte
de colectivos ou minorías cuxas características poidan condicionar as súas
posibilidades de integración social
Estes incrementos aplicaranse con independencia
de que, como consecuencia da súa aplicación, se superen ou non os límites
porcentuais ou cuantitativos previstos para cada tipo de axuda.
Capítulo III
Competencia e procedemento
Artigo 11º.-Competencia.
A competencia para coñecer e resolver as axudas e
subvencións previstas nesta orde, por delegación do conselleiro de Traballo,
corresponderalles:
a) Aos delegados e delegadas provinciais da Consellería de Traballo,
cando a actividade para a que se solicita subvención se vaia desenvolver no
respectivo ámbito provincial.
b) Ao director xeral de Promoción do Emprego,
cando a actividade para a que se solicita subvención se vaia desenvolver en máis
dunha provincia desta comunidade autónoma e cando se trate de iniciativas de
emprego apoiadas por un departamento da Xunta de Galicia.
Artigo 12º.-Solicitudes e
prazo.
1. As solicitudes de axudas e
subvencións dirixiranse ao órgano competente para resolver e presentaranse nos
rexistros das respectivas delegacións provinciais ou, de ser o caso, na
Dirección Xeral de Promoción do Emprego da Consellería de Traballo, ou por
calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro,
modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro, de réxime xurídico das
administracións públicas e do procedemento administrativo común.
2. As solicitudes de
axudas deberán presentarse antes de que transcorra un ano desde que se inicia a
actividade da empresa. Non obstante, deberán respectarse os prazos específicos
establecidos nos artigos anteriores para cada tipo de axuda. Para o caso de que
na resolución de cualificación se concedese unha ampliación do prazo para
iniciar a actividade, as solicitudes de axudas deberán presentarse antes de que
transcorran dous anos desde a data da cualificación, e sempre que no dito prazo
iniciasen a actividade.
Para o ano 2007, o prazo xeral de presentación de
solicitudes finalizará o 15 de setembro de 2007.
3. Aquelas ILE ou IER
para as que, en virtude da data da súa constitución e do inicio da súa
actividade, finalizase o prazo de presentación de solicitude de axudas entre o
16 de setembro do ano 2006 e a data de publicación desta orde, poderán acollerse
ás modalidades de axudas previstas nesta orde. Así mesmo, as actuacións
subvencionables realizadas no mesmo período poderán acollerse ao previsto nesta
orde, aínda que transcorrese o prazo establecido desde a alta na Seguridade
Social ou se tivese iniciado a execución do proxecto de investimento. O prazo
para a presentación destas solicitudes remata o 30 de abril de 2007.
4. As solicitudes e os
anexos deste programa están dispoñibles na páxina web da Consellería de Traballo
www.xunta.es/emprego.
5. A presentación da solicitude de subvención
pola persoa ou entidade interesada comportará a autorización de quen solicita
para que o órgano concedente obteña de forma directa a acreditación do
cumprimento das súas obrigas tributarias co Estado, coa Comunidade Autónoma de
Galicia e coa Seguridade Social, a través de certificados telemáticos, polo que
queda liberada a persoa ou entidade solicitante de achegar a correspondente
certificación, segundo o establecido no artigo 43º da Lei 14/2006, do 28 de
decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007
(DOG nº 249, do 29 de decembro).
Non obstante, a persoa ou entidade solicitante
poderá denegar expresamente o consentimento, debendo achegar entón as devanditas
certificacións.
6. Mediante a presentación da solicitude de subvención, a persoa ou
entidade interesada préstalle expresamente o seu consentimento á Consellería de
Traballo para incluír e facer públicos os datos relevantes referidos ás axudas e
subvencións recibidas, así como ás sancións impostas, nos rexistros públicos de
axudas, subvencións e convenios e de sancións administrativas, regulados no
Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos
creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos
xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006 (DOG nº 153, do 9 de
agosto). Os dereitos de acceso, rectificación, consulta, cancelación e oposición
de datos de carácter persoal exerceranse ante o CIXTEC como responsable dos
ficheiros, con domicilio na rúa Domingo Fontán, 9-15702 Santiago de Compostela,
de conformidade coas prescricións da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de
protección de datos de carácter persoal.
7. Coa presentación da solicitude de subvención,
a persoa ou entidade interesada autoriza expresamente a Consellería de Traballo
para que de acordo co establecido nos puntos 3º e 4º do artigo 13 da Lei 4/2006,
do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública
galega, publique as subvencións concedidas ao abeiro desta orde no Diario
Oficial de Galicia e na súa páxina web oficial, con expresión da entidade
beneficiaria, a contía e a súa finalidade.
8. Para a presentación de solicitudes de axudas,
as persoas ou entidades beneficiarias poderán contar co asesoramento dos e das
axentes de emprego e desenvolvemento local da rede coordinada pola Consellería
de Traballo (www.tecnicosempregogalicia.xunta.es).
Artigo
13º.-Documentación.
As solicitudes
deberán presentarse nos modelos normalizados que figuran como anexos numéricos
desta orde e deberán ir acompañadas do orixinal
ou fotocopia compulsada
da documentación, común e específica, que se relaciona:
1. Documentación común para todos os tipos de
axuda:
a) Se quen solicita é persoa
física: DNI e acreditación do número de identificación fiscal, e se é persoa
xurídica: DNI e poder suficiente da persoa representante que actúa en nome da
entidade e NIF da empresa.
b) De tratarse de persoa xurídica, escritura de
constitución e inscrición no Rexistro Mercantil ou, se é o caso, no Rexistro de
Cooperativas, alta no imposto de actividades económicas ou, de ser o caso, alta
no Censo de Obrigados Tributarios no Ministerio de Economía e
Facenda.
No
suposto de que se solicite a subvención financeira con anterioridade ao inicio
da actividade, esta documentación deberá achegarse na fase de xustificación do
pagamento.
c)
Se é o caso, documentos acreditativos das circunstancias que determinen a
pertenza aos colectivos establecidos no artigo 10º desta orde.
d) Declaración
comprensiva do conxunto de todas as solicitudes de axudas efectuadas ou
concedidas, para o mesmo proxecto ou actividade, perante as administracións
públicas competentes ou outros entes públicos (segundo o modelo do anexo IV ).
Ou, de ser o caso, unha declaración de que non se solicitaron nin percibiron
outras axudas ou subvencións (no modelo de solicitude).
e) Ficha de solicitude de
transferencia bancaria e certificación da entidade bancaria acreditativa de que
quen solicita é titular da conta ( segundo o modelo do anexo VI ).
f) Documentación
acreditativa de que se encontraren ao día das súas obrigas tributarias -estatais
e autonómicas-coa Seguridade Social e de que non teñen pendente de pagamento
ningunha outra débeda coa Administración da comunidade autónoma, unicamente no
suposto de que a persoa ou entidade solicitante lle denegase expresamente a
autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir
a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade
Social e a Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia.
2. Documentación
específica:
a) Subvención á creación
directa de emprego estable:
-Declaración do número de empregos estables de carácter indefinido
ocupados por colectivos beneficiarios e relación nominal deles, con indicación
da data de incorporación efectiva (segundo o modelo do anexo III).
-DNI e documentos
acreditativos dos períodos de inscrición como demandantes de emprego na oficina
pública de emprego das persoas incorporadas á
empresa, así como do
tempo de permanencia en situación de desemprego segundo os datos do informe da
vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
-Documentos acreditativos
da incorporación efectiva con carácter indefinido e altas no correspondente
réxime da Seguridade Social.
b) Subvención para a contratación de persoal
experto técnico de alta cualificación.
-Memoria descritiva da necesidade da contratación
de expertos/as, número e perfís profesionais deste persoal, funcións que van
realizar en relación coas categorías profesionais e custos laborais
totais.
-Contratos de traballo e altas na Seguridade Social.
c) Subvención ao apoio á función
xerencial:
-Memoria descritiva da
medida de apoio solicitada en que conste, entre outros, a xustificación da súa
necesidade para o desenvolvemento da actividade empresarial e o orzamento
desagregado por conceptos, a proposta dos servizos que se van desenvolver e o
calendario previsto para súa realización, así como a conformidade da empresa,
entidade ou persoa física que vai prestar o apoio e a aceptación da persoa ou
entidade solicitante.
-Documentación acreditativa da solvencia
profesional da empresa, entidade física ou xurídica, que prestará ou xa prestase
o servizo de apoio.
d) Subvención financeira:
-Memoria económica do proxecto que inclúa o orzamento de investimentos e
o plan de financiamento en relación coa finalidade ou obxecto da
subvención.
-Contrato de préstamo ou, no seu defecto, compromiso da entidade
financeira sobre a concesión do préstamo, no cal que figuren as características
e se faga constar que a operación se acolle ao convenio subscrito para tal fin
(segundo o modelo do anexo V).
-Plan de investimentos xunto coas facturas
proforma ou orzamentos dos activos fixos e, se é o caso, xustificantes dos
activos circulantes que se financiarán co préstamo.
-Declaración do número de
empregos estables para crear ata o 15 de setembro de 2007 e relación nominal das
persoas que os vaian ocupar, con indicación daqueles polos cales se solicita a
subvención (segundo o modelo do anexo III).
e) Axuda para o inicio e a posta en marcha da
actividade:
-Memoria descritiva da
actividade e orzamento dos gastos necesarios para o inicio e a posta en marcha
da actividade, con indicación daqueles aos cales se vai destinar a subvención,
así como das fontes de financiamento.
-Declaración do número de postos de traballo
estables para crear ata o 15 de setembro de 2007 e relación nominal das persoas
que os vaian ocupar,
con indicación daquelas polas cales se solicita a subvención (segundo o
modelo do anexo III).
Artigo 14º.-Instrución e tramitación.
Se a solicitude non estivese debidamente cuberta
ou non se achegase a documentación exixida, as unidades administrativas
encargadas da tramitación do expediente, de conformidade co disposto no artigo
71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións
públicas e do procedemento administrativo común, requirirán a persoa ou entidade
interesada para que, nun prazo de 10 días, emende a falta ou presente os
documentos preceptivos, coa advertencia de que, se así non o fixer, se
considerará desistida da súa petición, logo de resolución, que deberá ser ditada
nos termos previstos no artigo 42 da antedita lei.
Artigo 15º.-Resolución e
recursos.
1. Logo da fiscalización
polas respectivas intervencións das propostas emitidas polos correspondentes
servizos, as resolucións serán ditadas polo órgano competente, por delegación do
conselleiro de Traballo, e deberán serlles notificadas ás persoas ou entidades
interesadas. As resolucións de concesión ou de denegación deberán ser sempre
motivadas.
2.
O prazo para resolver e notificar a resolución será de seis meses que se
computarán desde a data de entrada da solicitude no rexistro do órgano
competente para a súa tramitación. Transcorrido o devandito prazo sen que se
ditase resolución expresa, entenderase desestimada a solicitude de acordo co
establecido nos artigos 1 e 2 da Lei 6/2001, do 29 de xuño, de adecuación da
normativa da Comunidade Autónoma de Galicia á Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de
modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das
administracións públicas e do procedemento administrativo común.
3. As resolucións que se
diten neste procedemento esgotan a vía administrativa e contra delas cabe
interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o
órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa, e poderá
formularse, con carácter potestativo, recurso de reposición, no prazo dun mes,
ante o mesmo órgano que ditou a resolución impugnada, de conformidade co
disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición
contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime
xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo
común.
Artigo 16º.-Xustificación do pagamento.
1. De non achegarse con anterioridade, o
pagamento das axudas quedará condicionado á presentación do orixinal ou copia
compulsada, no prazo, nos termos e na forma que se estableza na resolución de
concesión, da documentación común e específica
que se exixa de forma
expresa nela, entre a que deberá figurar a relacionada nos puntos
seguintes:
A.
Documentación común para todos os tipos de axuda:
-Documentación xustificativa para acreditar o
cumprimento da actividade para a que se concedeu a subvención segundo o tipo de
axuda.
-Declaración complementaria da establecida no artigo 13.1º d) desta orde
do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as
pendentes de resolución, para o mesmo proxecto, das distintas administracións
públicas competentes ou outros entes públicos. Ou, de ser o caso, de que non
solicitaron nin percibiron outras axudas e subvencións.
B. Documentación
específica:
a) Subvención ao apoio á
función xerencial:
-Facturas da
empresa, entidade ou persoa física, e documentos acreditativos do efectivo
pagamento do servizo recibido.
-Informe escrito da actuación de apoio
desenvolvida e, para o caso de consistir na elaboración dun estudo de mercado ou
similar, presentarase copia del.
-Certificación da empresa, entidade ou persoa
física, da finalización do servizo de apoio prestado, coa aceptación ou
conformidade da empresa solicitante cos servizos recibidos.
b) Subvención
financeira:
-Copia do contrato de
préstamo, de non se xuntar á solicitude.
-De tratarse de persoa xurídica, escritura de constitución e inscrición
no Rexistro Mercantil ou, se é o caso, no Rexistro de Cooperativas, alta no
imposto de actividades económicas ou, de ser o caso, alta no Censo de Obrigados
Tributarios no Ministerio de Economía e Facenda, de non se xuntar á
solicitude.
-Documentos acreditativos da incorporación e alta no correspondente
réxime da Seguridade Social das persoas que se incorporan á empresa para
ocuparen postos de traballo estables.
-DNI e documentos acreditativos dos períodos de
inscrición como demandantes de emprego na oficina pública de emprego das persoas
incorporadas á empresa, así como do tempo de permanencia en situación de
desemprego segundo os datos do informe da vida laboral da Tesouraría Xeral da
Seguridade Social.
c) Axuda para o inicio e posta en marcha da actividade:
-Documentación xustificativa da realización dos
gastos imputados á subvención, mediante facturas e documentos acreditativos do
seu efectivo pagamento.
-Documentos acreditativos da incorporación e alta
no correspondente réxime da Seguridade Social dos traballadores e traballadoras
que ocupen os empregos estables creados tidos en conta para o cálculo da
subvención.
-DNI e documentos acreditativos dos períodos de inscrición como
demandantes de emprego na oficina pública de emprego das persoas incorporadas á
empresa, así como do tempo de permanencia en situación de desemprego segundo os
datos do informe da vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade
Social.
2.
Malia o sinalado no artigo 13º e no parágrafo anterior deste artigo, a
documentación exixida para a fase de pagamento, común e específica, poderá
presentarse xunto coa solicitude á opción da persoa ou entidade interesada.
Neste suposto poderán tramitarse conxuntamente a concesión e o pagamento da
axuda.
3.
Cando concorran varias axudas ou subvencións só será necesario presentar unha
vez a documentación coincidente, tanto na fase de solicitude coma na de
xustificación do pagamento.
4. As persoas ou entidades beneficiarias deberán
presentar a documentación xustificativa para o pagamento sinalado no punto 1
deste artigo no prazo establecido na resolución de concesión, ou, de ser o caso,
ata o 30 de novembro de 2007. Excepcionalmente este prazo poderá ser prorrogado
en 15 días de forma extraordinaria e debidamente xustificado.
5. Non se poderá realizar
en ningún caso o pagamento da subvención mentres a persoa ou entidade
beneficiaria non estea ao día do cumprimento das súas obrigas tributarias
estatais e autonómicas e da Seguridade Social, sexa debedora en virtude de
resolución declarativa da procedencia de reintegro ou teña algunha débeda
pendente, por calquera concepto, coa Administración da comunidade
autónoma.
Capítulo IV
Incompatibilidades
e obrigas
Artigo
17º.-Incompatibilidades e concorrencia.
1. As subvencións ou axudas reguladas nesta orde non poderán ser,
illadamente ou en concorrencia coas concedidas por outras administracións ou
entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, de tal contía que
superen o 80% do custo total da actividade subvencionada que vai desenvolver a
persoa ou entidade beneficiaria.
2. Non se poderán imputar os mesmos gastos aos
distintos tipos de axuda previstos nesta orde.
3. As subvencións
reguladas nesta orde serán incompatibles coas axudas establecidas nos programas
de apoio a iniciativas de emprego de base tecnolóxica, de promoción do emprego
autónomo, de integración laboral das persoas afectadas por diversidade funcional
en centros especiais de emprego
e do de promoción do emprego autónomo das persoas
afectadas por diversidade funcional, así como no programa de fomento do emprego
en cooperativas e sociedades laborais, agás que se trate da axuda para a
adquisición da condición de socio ou socia traballador/a dunha cooperativa de
traballo asociado ou dunha sociedade laboral, convocados pola Consellería de
Traballo.
4.
A axuda á creación directa de emprego estable e a subvención por asistencia
técnica para a contratación de persoal experto técnico de alta cualificación
serán incompatibles coas establecidas nos diferentes programas de fomento da
contratación por conta allea convocados pola Consellería de Traballo. Os ditos
incentivos serán compatibles, de ser o caso, coas axudas ou bonificacións ás
cotizacións á Seguridade Social.
Artigo 18º.-Exclusións.
Exclúense dos beneficios do programa establecido
nesta orde:
a) Os empregos de
carácter estable realizados con persoas desempregadas que, nos 24 meses
anteriores á data de alta na Seguridade Social, prestasen servizos mediante un
contrato indefinido en empresas ou grupos de empresas, nas cales participasen
persoas ou entidades, que, pola súa vez, sexan promotoras da empresa
solicitante.
b) Os promotores e promotoras que, nos tres meses inmediatamente
anteriores á data de inicio da nova actividade, estivesen de alta como
traballadores ou traballadoras autónomos/as en calquera réxime da Seguridade
Social.
c)
Así mesmo, serán excluídos os e as solicitantes que incorran nalgunha das
prohibicións que aparecen recollidas no artigo 13.2º da Lei 38/2003, do 17 de
novembro, xeral de subvencións.
Artigo 19º.-Obrigas das persoas ou entidades
beneficiarias.
1. Son obrigas das
persoas ou entidades beneficiarias das axudas e subvencións:
a) Estar ao día das súas obrigas tributarias
estatais e autonómicas e da Seguridade Social, así como non ter pendente de
pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública
da comunidade autónoma, con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de
concesión e realizar a proposta de pagamento da subvención.
b) Realizar a actividade
que fundamente a concesión da axuda ou subvención durante un tempo mínimo de
tres anos, salvo cesamento por causas alleas á súa vontade, o que deberá
acreditar de maneira que faga fe.
c) Comunicarlle ao órgano concedente calquera
modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así
como dos compromisos e obrigas asumidos polas persoas ou entidades beneficiarias
e, de ser o caso, a obtención concorrente de subvencións, axudas, ingresos ou
recursos que
financien a actividade subvencionada. Esta comunicación deberá efectuarse
tan pronto como se coñeza, en todo caso, con anterioridade á xustificación da
aplicación dada aos fondos percibidos.
d) Adoptar as medidas axeitadas de difusión para
darlle publicidade ao financiamento público das actuacións subvencionadas pola
Consellería de Traballo, así como, de ser o caso, cofinanciadas polo Fondo
Social Europeo, nos termos establecidos no Regulamento (CE) nº 1828, da
Comisión, do 8 de decembro de 2006, polo que se fixan normas de desenvolvemento
do Regulamento (CE) nº 1083/2006, do Consello, polo que se establecen as
disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao
Fondo Social Europeo e ao Fondo de Cohesión e o Regulamento (CE) nº 1080/2006,
do Parlamento Europeo e do Consello, relativo ao Fondo Europeo de
Desenvolvemento Rexional (DOUE L 371, do 27-12-2006).
e) O sometemento ás
actuacións de control, comprobación e inspección que efectuará a Consellería de
Traballo, ás de control financeiro que correspondan, se é o caso, á Intervención
Xeral da Comunidade Autónoma, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas
e o Consello de Contas, ou a outros órganos da Administración do Estado ou da
Unión Europea, e achegar canta información lle sexa requirida no exercicio das
actuacións anteriores.
f) Aqueloutras obrigas establecidas no artigo 78
do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia,
aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, conforme a redacción
dada pola Lei 14/2004, do 29 de decembro, de medidas tributarias e de réxime
administrativo.
2. As empresas beneficiarias destas subvencións deberán cumprir, respecto
dos distintos tipos de axuda, as seguintes obrigas:
a) Subvencións á creación
directa de emprego estable: as empresas beneficiarias, co fin de garantiren o
mantemento dos postos de traballo estables creados que fosen obxecto de
subvención, deberán presentar dentro do primeiro trimestre de cada ano unha
relación da variación das altas e baixas do persoal adscrito.
Esta obriga manterase
durante os tres anos seguintes a aquel en que se concedeu a axuda ou
subvención.
Cando no período de tres anos, desde a data da incorporación á empresa,
se produza o cesamento dalgún traballador ou traballadora, a empresa
beneficiaria está obrigada a cubrir a vacante no prazo dun mes, polo menos, en
tempo de dedicación igual ao anterior, debendo pertencer o novo traballador ou
traballadora a algún dos colectivos de persoas beneficiarias deste programa,
polo que se poida conceder unha subvención por importe igual ou superior ao da
persoa que causase baixa, o que deberá serlle comunicado ao órgano que concedeu
a axuda dentro
dos 20 días seguintes ao da substitución. Esta nova incorporación non
dará lugar, en ningún caso, a unha nova axuda.
b) Subvencións para a
contratación de persoal experto técnico de alta cualificación: as empresas
deberán manter no seu cadro de persoal a persoa experta técnica contratada, como
mínimo, polo tempo subvencionado, e se se produce o cesamento do traballador ou
traballadora, a empresa beneficiaria está obrigada a cubrir a vacante no prazo
dun mes, polo menos, en tempo de dedicación igual ao anterior, o que deberá
serlle comunicado ao órgano que concedeu a axuda dentro dos 20 días seguintes ao
da substitución. Esta nova incorporación non dará lugar, en ningún caso, a unha
nova axuda.
Deberán presentar no prazo de dous meses desde a finalización do período
subvencionado:
-Unha memoria das actividades realizadas polos expertos ou
expertas.
-Recibos dos salarios e
boletíns de cotización á Seguridade Social (TC2) dos expertos e expertas
técnicos/as, correspondentes ao período subvencionado.
c) Subvención financeira:
a persoa ou entidade beneficiaria da subvención acreditará, no primeiro
trimestre natural de cada ano e ata a súa completa xustificación, mediante
facturas, escrituras públicas ou contratos, así como os correspondentes
xustificantes de pagamento, que o importe de préstamo subvencionado foi
destinado a financiar os investimentos obxecto da subvención.
A persoa ou entidade
beneficiaria, no prazo de 30 días desde a data en que teña coñecemento do
pagamento efectivo da subvención, ten que presentar certificación expedida pola
entidade financeira, acreditativa da amortización do principal do préstamo na
contía subvencionada.
d) Axuda para o inicio e posta en marcha da
actividade: as empresas deberán enviar unha breve memoria do desenvolvemento da
actividade dentro do primeiro trimestre de cada ano e referida ao ano anterior.
A dita obriga manterase durante os tres exercicios seguintes a aquel en que se
concedeu a subvención.
Artigo 20º.-Modificación da resolución
concesoria.
Toda alteración das
condicións tidas en conta para a concesión de axudas ou subvencións, así como a
obtención concorrente de subvencións e axudas outorgadas por outras
administracións ou outros entes públicos ou privados, nacionais ou
internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión e,
eventualmente, á súa revogación.
Artigo 21º.-Revogación e reintegro.
Procederá a revogación das subvencións e axudas,
así como o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas e a exixencia do
xuro de demora, nos casos e nos termos previstos no artigo 78 do
texto
refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado
polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, conforme a redacción dada pola
Lei 14/2004, do 29 de decembro, de medidas tributarias e de réxime
administrativo, e no artigo 19 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que
se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma
de Galicia.
A
obriga de reintegro establecida no parágrafo anterior enténdese sen prexuízo do
establecido no Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se
aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde
social.
Artigo 22º.-Seguimento e control.
As delegacións provinciais e a Dirección Xeral de Promoción do Emprego
poderán comprobar, en todo momento, a aplicación das subvencións concedidas para
os fins programados. Para estes efectos, as persoas ou entidades beneficiarias
deberán cumprir as obrigas de comprobación que se establezan nesta orde e na
resolución de concesión.
Artigo 23º.-Axudas baixo condicións de
mínimis.
Os incentivos establecidos
nesta orde quedan sometidos ao réxime de axudas de mínimis, establecidos no
regulamento CE nº 1998/2006, da Comisión, do 15 de decembro de 2006, relativo á
aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas de mínimis (DOUE nº L
379, do 28 de decembro).
Polo tanto a axuda total de mínimis concedida a
unha empresa non será superior a 200.000 euros durante calquera período de tres
exercicios fiscais, ou a 100.000 euros no suposto dunha axuda concedida a unha
empresa que opere no sector do transporte pola estrada.
Disposicións
adicionais
Primeira.-Sen prexuízo das
facultades que teñan atribuídas outros órganos da Administración do Estado ou da
comunidade autónoma, a Consellería de Traballo levará a cabo a función de
control, así como a avaliación e o seguimento deste programa.
Para realizar as ditas
funcións poderanse utilizar cantos medios estean á disposición da Consellería de
Traballo para comprobar o cumprimento dos requisitos exixidos nesta orde e
demais normas vixentes que resulten de aplicación.
Ademais, o persoal
técnico de emprego que realiza os labores de acompañamento e asesoramento
colaborará nas actuacións de seguimento e avaliación das empresas cualificadas
como ILE ou IER unha vez iniciada a súa actividade.
Segunda.-A Consellería de
Traballo poderá requirir en todo momento a documentación orixinal que se
considere necesaria para acreditar mellor o exacto cumprimento das condicións
exixidas para os diferentes tipos de axuda previstas nesta orde, agás aquela que
de acordo co artigo 35 f) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico
das administracións públicas e do procedemento administrativo común, xa se atope
en poder da Administración actuante.
Terceira.-Apróbase a delegación de atribucións do
conselleiro de Traballo nos delegados/as provinciais, no ámbito das súas
respectivas provincias e no director xeral de Promoción do Emprego, para
resolver a concesión ou denegación das axudas e subvencións previstas nesta
orde, así como para autorizar, dispoñer, recoñecer a obriga e propoñer os
correspondentes pagamentos, así como para resolver os procedementos de reintegro
das subvencións indebidamente percibidas polos seus beneficiarios e
beneficiarias, respecto das resolucións concesorias, das que traen causas,
ditadas por delegación do conselleiro.
Cuarta.-A comprobación da condición de persoas
afectadas por diversidade funcional realizaraa directamente o órgano xestor das
axudas, agás que fose recoñecida por outras administracións distintas da propia
da Comunidade Autónoma de Galicia.
Non obstante, de acordo co disposto no artigo
1.2º da Lei 51/2003, do 2 de decembro, de igualdade de oportunidades, non
discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade, en todo
caso consideraranse afectadas por unha minusvalidez igual ou superior ao 33 por
cento as persoas pensionistas da Seguridade Social que teñan recoñecida unha
pensión de incapacidade permanente no grao de total, absoluta ou grande
invalidez e as persoas pensionistas de clases pasivas que teñan recoñecida unha
pensión por xubilación ou de retiro por incapacidade permanente para o servizo
ou inutilidade. Nestes supostos a acreditación do grao de minusvalidez
realizarase conforme o previsto no Real decreto 1414/2006, do 1 de decembro,
polo que se determina a consideración de persoa afectada por diversidade
funcional para os efectos da Lei 51/2003, do 2 de decembro, de oportunidades,
non-discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade.
(BOE nº 300, do 16 de decembro).
Quinta.-Para os efectos do sinalado no artigo 10º
alínea décima desta orde, terán a consideración de retornados/as aqueles e
aquelas emigrantes que cumpran coa condición de que non transcorresen máis de
dous anos entre a data de retorno e a data de alta no correspondente réxime da
Seguridade Social.
Sexta.-A concesión das axudas e subvencións previstas nesta orde estará
suxeita á existencia de crédito orzamentario.
O pagamento das axudas e
subvencións reguladas nesta orde financiarase con cargo aos créditos das
aplicacións orzamentarias que, mediante disposición complementaria, se
determinen anualmente, logo da aprobación dos orzamentos xerais da comunidade
autónoma para o exercicio correspondente.
Sétima.-No exercicio 2007 as axudas recollidas
nesta orde financiaranse con cargo ás aplicacións orzamentarias:
16.02.322C.470.1, código proxecto 2003 00452, cun crédito de 2.000.000 de
euros;
16.02.322C.470.4, código de proxecto 2007 00677, cun crédito de 3.000.000
de euros; 16.02.322C.470.4, código de proxecto 2007 00678, cun crédito de
4.000.000 de euros; 16.02.322C.470.4; código de proxecto 2007 00679, cun crédito
de 7.651.519 euros; 16.02.322C.470.6; código de proxecto 2007 00749, cun crédito
de 6.000.000 de euros 16.02.322Z.470.0, código de proxecto 2007 00692, cun
crédito de 750.383 euros; 16.02.322Z.470.2, código de proxecto 2007 00672, cun
crédito de 1.793.659 euros e 16.02.322Z.470.2, código de proxecto 2007 00700,
cun crédito de 383.283 euros.
Estas contías están recollidas na Lei 14/2006, do
28 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o
ano 2007, e constitúen o importe global das aplicacións para o financiamento
desta orde, da orde pola que se establecen as bases reguladoras do programa para
o fomento das transformacións dos contratos de carácter temporal en indefinidos
e se procede á súa convocatoria para o ano 2007, da orde pola que se establecen
as bases reguladoras do programa para a promoción do emprego autónomo e se
procede á súa convocatoria para o ano 2007 e das demais ordes que establezan as
bases das medidas de fomento do emprego, incentivos á contratación por conta
allea e actuacións de apoio a persoas emprendedoras, autoemprego e economía
social, incluídas nos programas orzamentarios 322C e 322Z.
Así mesmo, os ditos
créditos poderán ser obxecto de modificacións como consecuencia da asignación ou
da redistribución de fondos para o financiamento dos programas de fomento do
emprego, coas limitacións que estableza a Conferencia Sectorial de Asuntos
Laborais ou as disposicións aplicables ás axudas cofinanciadas polo Fondo Social
Europeo.
Oitava.-As actuacións previstas nesta orde están cofinanciadas polo Fondo
Social Europeo nun 70%, no Programa operativo plurirrexional de iniciativa
empresarial e formación continua 2000ES051PO015, agás a axuda para o inicio e
posta en marcha da actividade que está financiada con fondos propios da
Comunidade Autónoma de Galicia. No suposto de que este tipo de axuda sexa
incluído no novo marco aprobado pola Comisión Europea será obxecto de
publicación no Diario Oficial de Galicia e de comunicación aos beneficiarios e
ás beneficiarias a súa cofinanciación con fondos estructurais
europeos.
Disposicións derradeiras
Primeira.-Facúltase o director xeral de Promoción do Emprego para que
dite, no ámbito das súas competencias, as resolucións e aclaracións necesarias
para o desenvolvemento e cumprimento desta orde.
Segunda.-Esta orde
entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de
Galicia.
Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2007.
Ricardo Jacinto Varela Sánchez
Conselleiro de Traballo
© Xunta de Galicia
Información mantida pola Xunta de
Galicia
Servizo prestado pola Consellería de Presidencia, AA.PP. e
Xustiza
Correo electrónico: webdoga
xunta.es