Diario Oficial de Galicia
mércores, 7 de marzo de 2007

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS


Número do Dog:

47


Páxina do Dog:

3.475


Data da Disposición:

16 de febreiro de 2007


Sección:

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS


Organismo:

CONSELLERÍA DE TRABALLO


Rango:

Orde


Título:

Orde do 16 de febreiro de 2007 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para os programas de escolas obradoiro e casas de oficios, de obradoiros de emprego e de unidades de promoción e desenvolvemento no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2007.



Orde do 16 de febreiro de 2007 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para os programas de escolas obradoiro e casas de oficios, de obradoiros de emprego e de unidades de promoción e desenvolvemento no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2007.

Mediante o Decreto 289/1997, do 9 de outubro, esta comunidade autónoma asumiu as funcións e servizos transferidos pola Administración do Estado relativos á xestión realizada polo Instituto Nacional de Emprego no ámbito do traballo, o emprego e a formación e, a través dos decretos 211/2005, do 3 de agosto, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, 232/2005, do 11 de agosto, polo que se fixa a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, e mais o Decreto 536/2005, do 6 de outubro, polo que se establece a súa estrutura orgánica, a Consellería de Traballo asume o exercicio das competencias e funcións, entre outras materias, no relativo ás políticas activas de emprego.

Correspóndelle agora a esta consellería a xestión das subvencións e axudas públicas das políticas activas de emprego, entre as que están os programas de escolas obradoiro, casas de oficios, obradoiros de emprego e unidades de promoción e desenvolvemento.

Dunha banda están as escolas obradoiro, casas de oficios e obradoiros de emprego que se conciben como programas mixtos de formación e emprego que, promovidos por entidades públicas e por entidades privadas sen ánimo de lucro, están dirixidos a mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas maiores ou menores de vinte e cinco anos, segundo proceda, a través da súa cualificación profesional mediante a súa formación en alternancia coa adquisición de experiencia laboral mediante a realización de obras ou a prestación de servizos de utilidade pública ou interese social.

Pola outra temos as unidades de promoción e desenvolvemento, entendidas como módulos de intervención en ámbitos territoriais de carácter supramunicipal que, promovidos por entidades públicas ou privadas sen ánimo de lucro con tal carácter, teñen por obxectivo final descubrir as potencialidades de desenvolvemento e emprego na súa área de actuación, investigando as oportunidades de creación de emprego, mediante unha axeitada avaliación dos recursos dispoñibles, facilitando información sobre emprego e desenvolvemento, ademais de apoiar e dinamizar proxectos de escolas obradoiro, casas de oficios e de obradoiros de emprego e da posta en práctica de estratexias e metodoloxías dirixidas á inserción laboral das persoas participantes nos ditos programas de fomento do emprego. Constitúen un instrumento básico e fundamental na dinamización e detección de novas expectativas de emprego e de iniciativas emprendedoras no ámbito local, especialmente as relacionadas cos novos filóns de emprego.

Consecuentemente con estas previsións e á espera da implantación e do desenvolvemento do novo modelo

de servizo público de emprego acordado entre a Xunta de Galicia, a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), a UGT-Galicia e o S.N. de CC.OO., no marco do Diálogo Social en Galicia, estes programas mixtos de formación e emprego están dirixidos á mellora da empregabilidade das persoas desempregadas que participen neles, a través da súa cualificación profesional, en coherencia co segundo grande obxectivo fixado para o novo modelo de servizo público de emprego, que é a mellora das posibilidades de colocación das persoas desempregadas. Nesa mesma liña de trasladar ás ordes de convocatoria de 2007 os acordos acadados no marco do Diálogo Social en Galicia, priorízanse aqueles proxectos que xurdan como consecuencia de pactos territoriais de emprego, entendidos como un terceiro ámbito de participación para a planificación e xestión coordinada do conxunto dos recursos públicos que se destinan ao emprego nunha área xeográfica.

Continuando coa liña iniciada en 2006 e, en cumprimento da planificación presentada ante o Comité Autonómico de Emprego, na súa reunión do día 21 de novembro de 2006, mantéñense criterios obxectivos para a distribución territorial dos fondos e establécense, as porcentaxes indicativas dos colectivos prioritarios de beneficiarios/as das políticas activas de emprego, en coherencia co Acordo sobre obxectivos e medidas de emprego de Galicia subscrito como resultado do Diálogo Social en Galicia, que establece os obxectivos para acadar en materia de emprego, na liña da converxencia coa media do Estado e coa de Europa e as medidas e recursos que se implementarán cara á consecución dos obxectivos.

Entre as novedades máis salientables na convocatoria de 2007 cómpre sinalar que no texto articulado se inclúen medidas tendentes a garantir o cumprimento das disposicións previstas no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006 e no artigo 13 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, no relativo á publicación das axudas concedidas.

Outra das novedades introducidas, como consecuencia da especial sensibilidade da Consellería de Traballo, en particular, e da Xunta de Galicia, en xeral, consiste na introdución, dentro da formación complementaria para impartir nos proxectos, dun módulo de sensibilización en igualdade de xénero.

Noutra orde de cousas, esta convocatoria axústase ao disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia; no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia e, en concreto, no relativo aos principios de concorrencia, publicidade, transparencia, igualdade e non-discriminación na concesión das axudas.

De conformidade co previsto no citado texto refundido, o financiamento, entre outras, das axudas e subvencións previstas nesta orde, realizarase con cargo aos créditos das aplicacións orzamentarias 16.02.322A.444.1, 16.02.322A.460.2 e 16.02.322A.481.0 da Lei 14/2006, do 28 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007, por un importe de 800.000 A, 16.643.808,33 A e 1.915.503,73 A respectivamente. Para exercicios futuros, as subvencións financiaranse con cargo ás mesmas aplicacións polos importes respectivos, en 2008, de 1.000.000, 20.000.000 e 3.000.000 euros; e, en 2009, polos de 800.000, 15.000.000 e 2.000.000 euros, respectivamente. Os ditos créditos poderán ser obxecto de modificación como consecuencia da asignación ou da redistribución de fondos finalistas para o financiamento dos programas de fomento do emprego, coas limitacións que puidesen establecerse na Conferencia Sectorial de Asuntos Laborais ou as disposicións aplicables ás axudas e subvencións cofinanciadas polo Fondo Social Europeo.

Por outra banda, debe terse en conta que os fondos finalistas previstos na orde son os consignados na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2007 e que non son os definitivos, xa que a asignación realizada polo Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais é sempre superior e hai que proceder ás correspondentes modificacións orzamentarias de incorporación e xeración de créditos que, a experiencia indica, non están reflectidas no orzamento antes dos meses de xuño ou xullo. Esta situación dos créditos obriga ao establecemento de dous prazos de resolución e de valoración de solicitudes, un en abril e polo importe dos créditos vixentes ata ese momento, e outro en setembro, logo de realizada a incorporación e xeración dos fondos finalistas. O establecemento destes dous prazos leva implícita a conveniencia de que na segunda valoración se teñan en conta aquelas solicitudes das que na primeira fase non se formulase proposta de resolución, non entendéndose, conseguintemente, desestimadas.

Consecuentemente co exposto, consultado o Consello Galego de Relacións Laborais, logo dos informes favorables da Asesoría Xurídica, Dirección Xeral de Planificación Económica e Fondos Comunitarios, Dirección Xeral de Calidade e Avaliación das Políticas Públicas e Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, e autorizada polo Consello da Xunta de Galicia, na súa sesión do 15 de febreiro de 2007, a concesión de anticipos, a forma de pagamento das axudas e subvencións reguladas nesta orde así como o seu carácter plurianual; e no exercicio das facultades que teño conferidas polo artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:
Capítulo I
Disposicións xerais
Artigo 1º.-Obxecto.
Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras, así como a convocatoria, en réxime

de concorrencia competitiva, para o ano 2007, das axudas e subvencións para os programas de escolas obradoiro e casas de oficios, de obradoiros de emprego e de unidades de promoción e desenvolvemento no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 2º.-Finalidade.
1. Os programas de escolas obradoiro, casas de oficios e obradoiros de emprego configúranse como programas mixtos de emprego e formación que teñen por finalidade mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas, mediante a realización de obras ou servizos de interese xeral e social que lle posibiliten ao alumnado traballador a realización dun traballo efectivo que, xunto coa formación profesional ocupacional recibida, relacionada directamente con dito traballo, procure a súa cualificación profesional e favoreza a súa inserción laboral.

2. A programación das escolas obradoiro, casas de oficios e obradoiros de emprego integrarase, na medida do posible e conforme os itinerarios de inserción profesional que se definan, en plans integrais de emprego que dean resposta ás demandas do mercado de traballo e sexan capaces de activar o desenvolvemento territorial, xerar riqueza e, consecuentemente, postos de traballo.


Capítulo II
Escolas obradoiro, casas de oficios e obradoiros de emprego
Sección primeira
Definición e beneficiarios/as
Artigo 3º.-Escolas obradoiro e casas de oficios.
1. As escolas obradoiro son unidades de carácter temporal en que a aprendizaxe e a cualificación se alternan cun traballo produtivo, en actividades relacionadas coa recuperación ou promoción do patrimonio histórico, artístico, cultural ou natural; coa rehabilitación de contornos urbanos ou do ambiente; coa recuperación e acondicionamento de infraestruturas de titularidade pública que sirvan de base para os centros de iniciativas empresariais, así como con calquera outra actividade de carácter público ou social que permita a inserción a través da profesionalización e da adquisición de experiencia das persoas participantes.

2. As casas de oficios conceptúanse como centros de aprendizaxe e de animación do emprego xuvenil de carácter temporal, con implantación principalmente nos núcleos urbanos. A aprendizaxe e a cualificación altérnanse cun traballo produtivo, en actividades relacionadas co mantemento e coidado de contornos urbanos ou do ambiente, coa mellora das condicións de vida nas vilas e cidades a través da dotación de servizos sociais e comunitarios así como con calquera outra actividade de utilidade pública ou social relacionada co seu contorno, que permita a súa inserción laboral, recuperando, ao mesmo tempo, oficios arte

sanais ou tradicionais, preferentemente mediante a incorporación de novas tecnoloxías.

Artigo 4º.-Obradoiros de emprego.
Os obradoiros de emprego configúranse como un programa mixto que combina accións de formación e emprego dirixido a mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas de vinte e cinco ou máis anos de idade, coa finalidade de facilitar a súa posterior integración no mercado de traballo.

Artigo 5º.-Beneficiarios/as dos programas.
1. Poderán ser beneficiarios/as destes programas os mozos e mozas que, estando desempregados/as e inscritos/as no Servizo Público de Emprego de Galicia, sexan menores de vinte e cinco anos, no caso das escolas obradoiro e casas de oficios, ou teñan una idade igual ou superior no caso dos obradoiros de emprego.

2. Para poder participar nestes programas é imprescindible cumprir os requisitos establecidos na normativa reguladora do contrato para a formación, co obxecto de estar vinculado/a mediante un contrato de tales características á escola obradoiro, casa de oficios ou obradoiro de emprego, durante toda a duración da etapa de formación en alternancia.

3. Con carácter orientativo, e na medida en que o permita o paulatino establecemento dos itinerarios de inserción profesional, que permitan relacionar as persoas demandantes coas respectivas medidas e programas, de acordo coa finalidade de cada medida, establecerase unha orde de preferencia coa seguinte proporción:

a) As mulleres deberán supoñer, no seu conxunto, o 64% das persoas beneficiarias.

b) As persoas demandantes de primeiro emprego serán un 15%, das que serán mulleres o 77%.

c) As persoas paradas de longa duración serán o 42% das persoas beneficiarias, das cales o 70% serán mulleres.

d) As persoas demandantes sen formación de tipo profesional serán o 82% das persoas beneficiarias, das que serán mulleres o 61%.

Artigo 6º.-Beneficiarios/as da subvención: entidades promotoras.
1. Os proxectos de escolas obradoiro, casas de oficios e obradoiros de emprego poden ser promovidos por:

a) Organismos autónomos e entes públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Órganos, organismos autónomos e entes públicos da Administración xeral do Estado.

c) Entidades locais, os seus organismos autónomos e entidades con competencias en materia de promoción do emprego, dependentes ou asimiladas a elas, cuxa titularidade corresponda integramente ás ditas entidades locais.

d) Consorcios.
e) Universidades.
f) Fundacións, asociacións e outras entidades sen ánimo de lucro.
2. As entidades promotoras deberán ser competentes para a execución das correspondentes obras ou servizos e dispoñer da capacidade técnica e de xestión suficiente para a realización dos proxectos.

3. Non poderán ser beneficiarias as entidades que estean incursas nalgunha das circunstancias establecidas no artigo 13.2º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Artigo 7º.-Etapas e duración.
1. Os proxectos de escolas obradoiro e casas de oficios constarán de dúas etapas: unha, de carácter formativo de iniciación, e outra, de formación en alternancia co traballo ou a práctica profesional, dirixidas á aprendizaxe, cualificación e adquisición de experiencia profesional.

2. Nas escolas obradoiro, a duración de ambas as dúas etapas non será inferior a un ano nin superior a dous, sendo a duración da primeira de seis meses. As casas de oficios terán a duración dun ano, dividido en dúas etapas de seis meses.

3. Os obradoiros de emprego terán unha duración máxima dun ano así como unha única etapa de formación en alternancia co traballo ou a práctica profesional, que tamén estará dirixida á aprendizaxe, cualificación e adquisición de experiencia profesional.

4. Transcorrido o prazo de duración previsto na resolución de aprobación do proxecto, a escola obradoiro, casa de oficios ou o obradoiro de emprego considerarase finalizado.

Sección segunda
Contidos formativos
Artigo 8º.-Etapa formativa en escolas obradoiro e casas de oficios. Bolsas.
1. Durante a primeira etapa formativa, os alumnos e as alumnas dunha escola obradoiro ou casa de oficios recibirán formación profesional ocupacional, segundo o plan formativo incluído na memoria exixida na letra c) do artigo 31.2º. A formación adecuarase, na medida do posible e en función do oficio ou posto de traballo que se vai desempeñar, aos contidos mínimos establecidos nos reais decretos que regulen os certificados de profesionalidade das correspondentes ocupacións, de acordo co establecido no punto 1º do artigo 3 do Real decreto 1506/2003, do 28 de novembro, polo que se establecen as directrices dos certificados de profesionalidade.

2. Durante esta etapa, os alumnos e as alumnas terán dereito a percibir unha bolsa de 6,01 euros por día lectivo e asistido. Esta axuda será aboada mensualmente pola entidade promotora e financiada pola Consellería de Traballo nos termos previstos no artigo 42.5º.

As faltas de asistencia non xustificadas darán lugar ao desconto correspondente no pagamento das bolsas, sen prexuízo do previsto no número 4 deste artigo.

3. A percepción da bolsa será incompatible coa de prestacións ou subsidios por desemprego e coa realización de traballos por conta propia ou allea. Os alumnos e as alumnas que perciban as prestacións ou subsidios manterán a súa percepción e, unha vez esgotados, poderán percibir, a partir desa data, a bolsa correspondente. Así mesmo, os alumnos e as alumnas que cesen no seu traballo, por conta propia ou allea, poderán percibir, a partir da data de cesamento, a bolsa correspondente, sempre que non teñan dereito a obter prestacións ou subsidios por desemprego. Neste suposto, seralles de aplicación o sinalado anteriormente.

4. Os alumnos e as alumnas terán a obriga de asistir e seguir con aproveitamento as ensinanzas teórico-prácticas que poidan recibir, sendo causa de exclusión do proxecto formativo incorrer en tres faltas de asistencia non xustificadas nun período dun mes ou nove faltas de asistencia non xustificadas en toda a fase, así como non seguir con aproveitamento as anteditas ensinanzas a xuízo da persoa responsable da escola obradoiro ou casa de oficios.

5. No suposto de producirse as causas de exclusión previstas no punto anterior, a persoa responsable do proxecto poralle de manifesto por escrito ao alumno ou alumna, os feitos que fundamenten a proposta da súa exclusión, dispoñendo este ou esta dun prazo de tres días hábiles para alegar o que considere pertinente. Transcorrido este prazo, e vistas as alegacións formuladas polo alumno ou alumna, a persoa responsable da escola obradoiro ou casa de oficios resolverá o que estime procedente, debéndolle notificar a decisión adoptada á correspondente delegación provincial da consellería.

6. A partir da comunicación, ao alumno ou alumna, do inicio do procedemento de exclusión, producirase a súa suspensión preventiva e non poderá asistir á escola obradoiro ou casa de oficios ata que se resolva este procedemento. Se a resolución é favorable á exclusión, esta producirase con efectos desde a mesma data de recepción da comunicación do inicio do procedemento. Se non procedese a exclusión, o alumno ou alumna reincorporarase ao proxecto, tendo dereito a percibir as bolsas correspondentes ao período de suspensión preventiva.

Artigo 9º.-Etapa de formación en alternancia coa práctica profesional en escolas obradoiro e casas de oficios.

1. Durante a segunda etapa formativa, que se subdividirá en fases ou períodos semestrais, o alumnado-traballador complementará a súa formación en alternancia co traballo e a práctica profesional e será contratado pola entidade promotora na modalidade do contrato para a formación, polo que deberán reunir, no momento da formalización do dito contrato, os requisitos establecidos no artigo 11.2º do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, aprobado

polo Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, segundo a redacción dada pola Lei 43/2006, do 29 de decembro, para a mellora do crecemento e do emprego, e nas súas normas de desenvolvemento.


2. Durante esta etapa o alumnado-traballador percibirá as retribucións salariais que lle correspondan de conformidade co previsto na normativa aplicable e nesta orde.

3. A duración dos contratos de traballo subscritos co alumnado-traballador non poderá exceder a data de remate da escola obradoiro ou casa de oficios.

Artigo 10º.-Formación e etapa en alternancia nos obradoiros de emprego.
1. Durante o desenvolvemento do obradoiro de emprego, o alumnado-traballador, igual que o de escolas obradoiro e casas de oficios, recibirá formación profesional ocupacional, segundo o plan formativo incluído na memoria exixida no artigo 31º, en alternancia coa práctica profesional. A formación adecuarase ás previsións establecidas no inciso final do número 1 do artigo 8º.

2. Desde o inicio da súa participación no obradoiro de emprego, o alumnado-traballador será contratado pola entidade promotora na modalidade do contrato para a formación, polo que deberá reunir, para formalizar o dito contrato, os requisitos a que alude o artigo 11.2º do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, segundo a redacción dada pola Lei 43/2006, do 29 de decembro, para a mellora do crecemento e do emprego, e nas súas normas de desenvolvemento.

3. Durante esta etapa o alumnado-traballador percibirá as retribucións salariais que lle correspondan de conformidade co previsto na normativa aplicable e nesta orde.

4. A duración dos contratos de traballo subscritos co alumnado-traballador non poderá exceder a data de remate do obradoiro de emprego.

Artigo 11º.-Formación complementaria.
Nos proxectos de escolas obradoiro, casas de oficios e obradoiros de emprego impartirase a formación complementaria que determine o servizo público de emprego incluíndo, en todo caso, as materias de alfabetización informática, sensibilización ambiental e sensibilización en igualdade de xénero. Así mesmo impartirase a formación en materia de prevención de riscos laborais correspondente á ocupación que se vai desempeñar, téndose en conta, se é o caso, os contidos recollidos no correspondente certificado de profesionalidade.

O contido dos ditos módulos incluirase dentro do plan formativo exixido no artigo 31.2º c), de acordo cos contidos e tempo de impartición que, se é o caso, estableza a Dirección Xeral de Promoción do Emprego.

Artigo 12º.-Orientación, información profesional, formación empresarial e asistencia técnica.

1. O alumnado-traballador durante todo o proceso formativo, recibirá orientación, asesoramento e información profesional e formación empresarial, para o cal as escolas obradoiro, casas de oficios e obradoiros de emprego deberán contar co persoal e métodos axeitados.

2. Ao remate da actividade da escola obradoiro, casa de oficios ou obradoiro de emprego, as entidades promotoras prestaranlles asistencia técnica aos alumnos/as-traballadores/as participantes, tanto para a busca de emprego por conta allea como para o establecemento por conta propia. Para iso actuarán, se é o caso, mediante as súas propias unidades ou organismos de orientación e asesoramento, en colaboración coa Consellería de Traballo. No caso de existiren iniciativas emprendedoras de autoemprego, poderase promover a súa inclusión en viveiros de empresas ou en actuacións similares. Con esta finalidade, as entidades promotoras poderán solicitar á antedita consellería e a outras administracións públicas as axudas establecidas para os distintos programas de apoio á creación de emprego.

Artigo 13º.- Educación básica.
1. Para o alumnado-traballador participante que non acadase os obxectivos da educación secundaria obrigatoria, previstos na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e de conformidade co disposto no artigo 11.2º letra e) do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, organizaranse programas específicos coa finalidade de proporcionarlles unha formación básica e profesional que lles permita incorporarse á vida activa ou proseguir os seus estudos nas distintas ensinanzas reguladas na antedita lei orgánica e, especialmente, mediante as probas de acceso correspondentes.

2. O disposto no parágrafo anterior tamén será aplicable ás persoas que non posúan o título de graduado escolar, por ter este os mesmos efectos profesionais que o de graduado en educación secundaria, segundo establece a disposición adicional trixésimo primeira da referida lei orgánica.

Artigo 14º.-Certificacións e diplomas.
1. Finalizada a súa participación na escola obradoiro, casa de oficios ou obradoiro de emprego o alumnado-traballador recibirá un certificado expedido pola entidade promotora, nos termos recollidos no artigo 11.2º letra g) do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores e no modelo que para o efecto estableza a Dirección Xeral de Promoción do Emprego, no cal constará a duración en horas da súa participación no programa, así como o nivel de formación teórico-práctica adquirido e os módulos formativos cursados.

2. Este certificado poderá servir, total ou parcialmente, se é o caso, e logo de cumprir os requisitos que se determinen, para ser validado no seu momento polo certificado de profesionalidade previsto no Real decreto 1506/2003, do 28 de novembro, polo que se establecen as directrices dos certificados de profesionalidade.

3. A Consellería de Traballo concederalles aos alumnos e ás alumnas participantes diplomas nos cales se recollerá a duración da súa participación no proxecto, de conformidade co modelo e as instrucións que estableza a Dirección Xeral de Promoción do Emprego.

Sección terceira
Selección e contratación
Artigo 15º.-Normas xerais: grupo de traballo mixto.
1. A selección do alumnado-traballador así como a do persoal directivo, docente e de apoio participante no proxecto que se vai poñer en funcionamento, será realizada por un grupo de traballo mixto constituído para tal fin por representantes da Consellería de Traballo e da entidade promotora. A presidencia do grupo de traballo mixto recaerá na persoa representante da consellería que para o efecto sexa designada pola respectiva delegación provincial.

2. A este grupo corresponderalle establecer os criterios de selección de todo o persoal e alumnado da escola obradoiro, casa de oficios ou obradoiro de emprego de acordo co previsto nesta orde e nas instrucións e circulares da Dirección Xeral de Promoción do Emprego que a desenvolvan, procurando a maior adaptabilidade das persoas seleccionadas ás ocupacións e ás particulares circunstancias de dificultade destas.

3. Finalizados os procedementos de selección, o grupo de traballo mixto preparará a relación das persoas seleccionadas como alumnado, persoal directivo, docente e de apoio, estendendo acta, por duplicado exemplar, de todo o actuado e remitiralle un exemplar á entidade promotora para o seu cumprimento e outro á delegación provincial da Consellería de Traballo.

Artigo 16º.-Procedemento de selección dos alumnos/as-traballadores/as.
1. Para a selección do alumnado-traballador, o grupo de traballo mixto determinará o perfil das persoas candidatas, os baremos e probas que poidan aplicarse, se é o caso, e os requisitos mínimos que aquelas deben cumprir, con suxeición ao previsto nos parágrafos seguintes.

2. En todo caso, a selección irá precedida da tramitación de oferta de emprego ou actividade pola correspondente oficina de emprego, debendo esta observar, como requisitos mínimos que deben cumprir as persoas candidatas preseleccionadas, os de:

a) No suposto de escolas obradoiro e casas de oficios, ser menores de vinte e cinco anos. Para os obradoiros de emprego, ter vinte e cinco ou máis anos de idade.

b) Estar desempregadas, entendéndose nesta situación as persoas demandantes de emprego rexistradas no servizo público de emprego de Galicia, que carezan de ocupación remunerada e estean dispoñibles para o emprego.

c) Cumprir os requisitos establecidos na normativa reguladora do contrato para a formación, co obxecto de ter vinculación mediante un contrato de tales características á escola obradoiro ou casa de oficios, durante toda a duración da etapa de formación en alternancia, ou ao obradoiro de emprego, desde a súa incorporación

ao proxecto, en aplicación do previsto nos artigos 5º, 9º e 10º desta orde.
3. Terán preferencia na súa participación as persoas que, reunindo os requisitos xerais antes establecidos e, se é o caso, teñan previsto a realización deste tipo de medidas no seu itinerario de inserción profesional, teñan especiais dificultades de inserción no mercado de traballo, tales como:

a) En escolas obradoiro e casas de oficios: as mulleres en xeral, as mulleres vítimas de violencia, as persoas paradas de longa duración, as persoas con discapacidade sempre que poidan realizar os traballos e as persoas pertencentes a outros colectivos desfavorecidos ou en risco de exclusión social, especialmente, beneficiarios/as da renda de integración social de Galicia e mulleres que abandonasen o exercicio da prostitución como medio de vida.

b) En obradoiros de emprego: as persoas menores de 30 anos, as mulleres en xeral, as mulleres vítimas de violencia, as persoas paradas de longa duración, as persoas maiores de corenta e cinco anos, as persoas con discapacidade sempre que poidan realizar os traballos e as persoas pertencentes a outros colectivos desfavorecidos ou en risco de exclusión social, especialmente, beneficiarios/as da renda de integración social de Galicia e mulleres que abandonasen o exercicio da prostitución como medio de vida.


4. O grupo de traballo mixto practicará a selección de entre as relacións de persoas desempregadas confeccionadas pola oficina de emprego que deberán conter, no posible, tres persoas candidatas por posto.

5. Os alumnos e as alumnas que se seleccionen deberán manter o cumprimento dos requisitos de selección na data da súa incorporación ao proxecto.

Artigo 17º.-Procedemento de selección do persoal directivo, docente e de apoio.
1. Na selección do persoal directivo, docente e de apoio, o grupo de traballo mixto establecerá o procedemento selectivo, podendo utilizar oferta de emprego tramitada pola oficina de emprego, convocatoria pública ou ambas.

2. Así mesmo, corresponderalle ao grupo de traballo mixto:
a) Determinar o perfil, as características e os requisitos que deben cumprir as persoas candidatas.

b) Elaborar as convocatorias.
c) Establecer os baremos e, se é o caso, as probas que poidan aplicarse.
d) Preparar as ofertas de emprego que se tramitarán á oficina de emprego, se procedese.

e) Difundir as convocatorias a través dos medios de comunicación que se determinen, se é o caso.

3. A selección definitiva deberase realizar entre as persoas preseleccionadas pola oficina de emprego e as solicitudes presentadas á convocatoria pública, se é o caso, debendo considerar, na medida do posible, tres candidatos ou candidatas por posto.

Artigo 18º.-Contratación do alumnado-traballador e do persoal directivo, docente e de apoio.

1. Os alumnos e alumnas que se seleccionen incorporaranse á escola obradoiro ou casa de oficios ao inicio da primeira etapa de formación e, ao seu remate, a entidade promotora contratará as persoas que a finalizasen con aproveitamento para comezar a segunda etapa formativa. Nos obradoiros de emprego as persoas seleccionadas como alumnado-traballador serán contratadas desde a súa incorporación ao proxecto.

2. A entidade promotora contratará o persoal directivo, docente e de apoio que fose seleccionado e figure como tal nas actas do grupo de traballo mixto.

3. Os contratos de traballo formalizaranse por escrito no modelo oficial correspondente, debendo facerse constar a súa pertenza ao programa de escolas obradoiro e casas de oficios ou de obradoiros de emprego, a denominación do proxecto para o que se formaliza e, se é o caso, o número da oferta de emprego utilizada. Serán rexistrados na oficina de emprego, indicando a súa pertenza ao programa de escolas obradoiro e casas de oficios ou de obradoiros de emprego co indicador xenérico de grupo E. Ademais, cada contrato dunha escola obradoiro ou casa de oficios deberá codificarse coas seguintes claves: T01 (alumnado de escola obradoiro), T02 (docente e persoal de apoio de escola obradoiro), O01 (alumnado de casa de oficios) e O02 (docente e persoal de apoio de casa de oficios). Para os contratos dos obradoiros de emprego utilizaranse as claves E01 (alumnado-traballador participante) e E02 (persoal directivo, docente e de apoio).

Artigo 19º.-Baixas.
1. De producirse a baixa dalgunha persoa do alumnado-traballador, poderá ser substituída por outra sempre que esta teña unha base formativa suficiente para continuar o proceso formativo no cal consiste o proxecto, non podendo exceder a data de finalización do novo contrato da de remate da escola obradoiro, casa de oficios ou obradoiro de emprego.

2. A selección do alumnado-traballador para a cobertura das vacantes que se produzan, igual que a do persoal directivo, docente e de apoio que se contrate unha vez iniciado o proxecto, efectuarase polo procedemento que determine o grupo de traballo mixto para cubrir baixas, respectando, en todo caso, os trámites e requisitos establecidos nesta orde.

Artigo 20º.-Incidencias e reclamacións.
1. As incidencias e reclamacións que se puidesen suscitar, derivadas dos procesos de selección, serán resoltas polo grupo de traballo mixto sen que caiba ulterior recurso en vía administrativa.

2. Calquera que sexa o sistema de selección utilizado, seguiranse os criterios e procedementos establecidos polo Servizo Público de Emprego para a cobertura de ofertas de emprego ou actividade, polo que non será de aplicación a normativa establecida para os procedementos de selección do persoal das distintas administracións públicas aínda cando a entidade promotora sexa un organismo público. Neste último caso, o persoal e alumnado seleccionados non se considerarán incluídos nos correspondentes cadros de

persoal ou relacións de postos de traballo e, consecuentemente, non será precisa oferta de emprego público previa.

Capítulo III
Unidades de Promoción e Desenvolvemento
Sección primeira
Definición e entidades promotoras
Artigo 21º.-Concepto.
As unidades de Promoción e Desenvolvemento configúranse como módulos de intervención en ámbitos territoriais de carácter supramunicipal que colaboran na preparación, no acompañamento e na avaliación dos proxectos de escolas obradoiro, casas de oficios e obradoiros de emprego, descubrindo as potencialidades de desenvolvemento, e emprego do seu territorio, elaborando plans integrais de intervención das escolas obradoiro, casas de oficios e obradoiros de emprego e proxectos de desenvolvemento fomentando, ben directamente ou en colaboración co Servizo Público de Emprego de Galicia e as entidades promotoras, a inserción laboral das persoas participantes nos ditos proxectos.

Artigo 22º.-Funcións.
1. As unidades de Promoción e Desenvolvemento, seguindo as directrices, orientacións e prioridades fixadas pola Consellería de Traballo, realizarán as seguintes funcións:

a) Investigar as oportunidades de desenvolvemento e emprego, por medio dunha axeitada prospección e avaliación dos recursos dispoñibles e do uso de métodos e sistemas que permitan a planificación, coordinación e posta en práctica de accións e estratexias de políticas activas de emprego, fundamentalmente vinculadas aos novos viveiros de emprego.

b) Facilitar información sobre emprego e desenvolvemento, a través da súa organización, sistematización e divulgación aos axentes de emprego e desenvolvemento local, ás escolas obradoiro, casas de oficios e obradoiros de emprego e ás entidades interesadas no desenvolvemento local e na creación de emprego.

c) Apoiar, dinamizar e avaliar proxectos de escolas obradoiro, casas de oficios e obradoiros de emprego.

d) Desenvolver estratexias e metodoloxías de apoio dirixidas á inserción laboral por conta allea, á creación de iniciativas empresariais e ao autoemprego das persoas desempregadas e, especialmente, das persoas participantes en escolas obradoiro, casas de oficios, obradoiros de emprego así como noutros programas de cooperación.

e) Coordinar, sen prexuízo do establecido no punto seguinte, as actuacións dos/as axentes de emprego e desenvolvemento local que desenvolvan a súa función no seu ámbito de actuación cando a entidade á cal se lle subvenciona a súa contratación estea integrada na entidade promotora da Unidade de Promoción e Desenvolvemento.

Estas funcións axustaranse aos plans concretos de actuación do ámbito territorial de cada Unidade de Promoción e Desenvolvemento.

2. As unidades de Promoción e Desenvolvemento colaborarán na implantación das políticas activas de emprego no seu territorio de actuación, en coordinación cos e coas axentes de emprego e desenvolvemento local, desenvolvéndose esta colaboración no marco da actuación conxunta entre a entidade promotora e a Consellería de Traballo, seguindo as directrices fixadas por esta.

Artigo 23º.-Entidades promotoras.
1. Os proxectos de unidades de Promoción e Desenvolvemento poderán ser promovidos polas mesmas entidades públicas ou privadas sen ánimo de lucro que o artigo 6º desta orde recolle para escolas obradoiro, casas de oficios e obradoiros de emprego.

2. En todo caso, as entidades interesadas en promover un proxecto de unidade de promoción e desenvolvemento deberán ter un ámbito de actuación de carácter supramunicipal, ser competentes para a execución dos servizos que pretenden prestar a través da dita Unidade de Promoción e Desenvolvemento, así como dispoñer da suficiente capacidade técnica e de xestión para garantir o seu adecuado desenvolvemento.

3. Non poderán ser beneficiarias as entidades que estean incursas nalgunha das circunstancias establecidas no artigo 13.2º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Artigo 24º.-Duración.
1. A duración das unidades de Promoción e Desenvolvemento será de dous anos e estará dividida en fases de seis meses.

2. Transcorrido o prazo de duración previsto na resolución de aprobación do proxecto, a Unidade de Promoción e Desenvolvemento considerarase finalizada.

Sección segunda
Selección e contratación
Artigo 25º.-Persoal.
1. Para a realización das funcións encomendadas ás unidades de Promoción e Desenvolvemento, as súas entidades promotoras deberán contratar persoal directivo e técnico, especialista nas materias obxecto de estudo e actuación, así como o persoal de apoio necesario, baixo a modalidade contractual máis adecuada en cada caso ás actividades e tarefas que se van desenvolver.

2. A súa selección e contratación levarase a cabo de conformidade co previsto nos artigos seguintes.

Artigo 26º.-Normas xerais: grupo de traballo mixto.

1. A selección do persoal directivo, técnico e de apoio será realizada por un grupo de traballo mixto constituído para tal fin por representantes da Consellería de Traballo e da entidade promotora. A este grupo corresponderalle establecer os criterios de selección de todo o persoal da Unidade de Promoción e Desenvolvemento, de acordo co previsto nesta orde e normas que poidan desenvolvela.

2. A súa composición e funcionamento, os procedementos de selección aplicables e as demais acti

vidades selectivas regularanse polo establecido nos artigos 15º, 16º e 17º desta orde.

Artigo 27º.-Contratación do persoal.
1. A entidade promotora contratará o persoal directivo, técnico e de apoio que fose seleccionado e figure como tal nas actas do grupo de traballo mixto.

2. Os contratos de traballo formalizaranse por escrito no modelo oficial correspondente, debendo facerse constar a súa pertenza á Unidade de Promoción e Desenvolvemento, a denominación do proxecto para o cal se formaliza e, se é o caso, o número da oferta de emprego utilizada. Así mesmo, os ditos contratos serán rexistrados na oficina de emprego e codificados coa clave T02.

Artigo 28º.-Baixas.
A selección do persoal directivo, técnico e de apoio que se contrate para a cobertura das vacantes que se produzan unha vez iniciado o proxecto, efectuarase polo procedemento que para os efectos determine o grupo de traballo mixto, respectando, en todo caso, os trámites e requisitos establecidos nesta orde.

Artigo 29º.-Incidencias e reclamacións.
Será de aplicación ás incidencias e reclamacións que poidan derivarse dos procesos de selección do persoal da Unidade de Promoción e Desenvolvemento o previsto no artigo 20º desta orde.

Capítulo IV
Procedemento para a concesión de subvencións
Artigo 30º.-Solicitudes. Prazo de presentación.
1. As entidades previstas nos artigos 6º ou 23º, que desexen promover un proxecto de escola obradoiro, casa de oficios, obradoiro de emprego ou unidade de promoción e desenvolvemento e obter as axudas e subvencións establecidas nesta orde, deberán formalizar a correspondente solicitude, por exemplar duplicado, de conformidade co disposto no artigo 70 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, nun dos modelos que se publican como anexos I-E, I-O e I-U a esta orde e que estarán ao seu dispor no enlace de emprego da páxina web institucional da Xunta de Galicia (http://www.xunta.es/emprego), subscrita pola persoa representante legal, xunto coa documentación sinalada no artigo seguinte.

2. As solicitudes dirixiranse ás delegacións provinciais da Consellería de Traballo e presentaranse por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

3. Para os efectos do disposto na disposición adicional do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006 e no artigo 13 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, mediante a presentación da solicitude de subvención e a sinatura do anexo I a entidade interesada presta expresamente o seu consentimento á Consellería de Traballo para

incluír e facer públicos, nos referidos rexistros e páxina web, os datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións impostas. De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, poderán exercitarse os dereitos de acceso, rectificación, consulta, cancelación e oposición, mediante escrito dirixido á Consellería de Economía e Facenda.

4. O prazo de presentación de solicitudes para a obtención das axudas e subvencións reguladas por esta orde, tendo en consideración o previsto no artigo 34º.2, rematará o 15 de xullo de 2007.

Artigo 31º.-Documentación.
1. De carácter xeral: xunto coa solicitude, a documentación que se presentará, sempre por duplicado exemplar e en orixinais ou en copias compulsadas, será a seguinte:

a) A que acredite a personalidade xurídica da entidade solicitante, tendo en conta que:

-Se é un órgano da Administración xeral do Estado, ente público desta ou da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, organismo autónomo estatal, autonómico ou local, mancomunidade, consorcio ou algunha das entidades con competencias en materia de promoción do emprego ás que alude o artigo 6.1º letra c), deberá achegarse, segundo proceda, norma ou acordo de creación ou estatutos publicados no diario oficial correspondente, podendo substituírse por unha certificación expedida para tal efecto.

-Se é unha fundación, asociación ou outra entidade sen ánimo de lucro, achegarase, segundo proceda, escritura pública de constitución ou acta fundacional outorgada en documento público ou privado, así como os seus estatutos debidamente inscritos no rexistro correspondente, que acrediten a súa condición de entidade sen ánimo de lucro, e de ser o caso, o seu ámbito territorial de actuación.

b) Tarxeta de identificación fiscal.
c) A que acredite a personalidade e o apoderamento suficiente e subsistente de quen actúa en nome e representación da entidade solicitante. Esta circunstancia farase constar mediante copia da norma ou acordo de nomeamento publicada no correspondente diario oficial ou mediante certificación expedida para o efecto.

d) As entidades locais, os seus organismos autónomos e as entidades con competencias en materia de promoción do emprego a que alude o inciso final do artigo 6.1º letra c), deberán achegar certificación expedida polo secretario ou secretaria, na cal se recolla o acordo de aprobación do proxecto e de solicitude de subvención á Consellería de Traballo, adoptado polo órgano competente.

As demais entidades solicitantes deberán achegar a documentación que acredite que os seus órganos de goberno ou administración aprobaron o proxecto e a solicitude de subvención á Consellería de Traballo.

e) Declaración da persoa representante legal na cal se recolla o conxunto de todas as axudas ou subvencións solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade polas distintas administracións públicas com

petentes ou entes públicos nacionais ou internacionais, segundo un dos modelos que se acompañan como anexos II-E, II-O e II-U.

f) Certificado no cal consten as fontes de financiamento da parte do custo do proxecto que non sexa subvencionada pola Consellería de Traballo.

g) Declaración responsable de cumprimento dos requisitos establecidos para obter a condición de beneficiarios/as, segundo o artigo 13.2º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

2. Documentación específica. Escolas obradoiro, casas de oficios e obradoiros de emprego: ademais da indicada no punto anterior, as entidades promotoras de escolas obradoiro, casas de oficios e obradoiros de emprego deberán xuntar a seguinte documentación:

a) A que acredite a titularidade xurídica de cada un dos obxectos de actuación e a súa dispoñibilidade para realizar as obras ou a prestación dos servizos previstos no proxecto. No caso de titularidade privada, documento de cesión para o seu uso público por un período de tempo non inferior a vinte e cinco anos.

Non será necesaria a achega do documento de cesión cando a titular dos bens sexa unha das entidades sinaladas no artigo 6º.1 desta orde ou así o estime a Consellería de Traballo polo carácter social da obra ou servizo que se vaia realizar ou prestar. Nestes casos, será suficiente unha autorización por escrito das persoas titulares dos obxectos de actuación.

b) As autorizacións administrativas que sexan exixibles atendendo á natureza xurídica e ao réxime de protección dos obxectos sobre os cales se pretende actuar con ocasión do desenvolvemento do proxecto. De non ser necesarias, achegarase certificación en tal sentido.

c) Proxecto para o que se solicita a subvención e que, como mínimo, constará dunha memoria, segundo un dos modelos que se acompañan como anexos III-E e III-O, na cal se recollerán os seguintes aspectos:

-Descrición detallada da obra ou servizo que se vai realizar ou prestar, indicando o destino previsto para a súa utilización posterior. No caso de que a obra que se vai executar o requira, achegarase proxecto básico asinado por persoal técnico competente. O dito proxecto básico constará, cando menos, de memoria descritiva, planos xerais e orzamento con estimación global por capítulos.

-Plan formativo por especialidades en relación co proxecto de obra ou servizo que se vai desenvolver, de xeito que se estableza a correspondencia entre o plan formativo por especialidades e as unidades de obra ou servizos. Os itinerarios formativos adecuaranse, na medida do posible, ao establecido nos reais decretos dos correspondentes certificados de profesionalidade ou, no seu defecto, especificaranse os módulos formativos da ocupación, indicando o número de horas e os seus contidos teórico-prácticos.

Cada itinerario formativo deberá incluír a denominación dos módulos que o integran e a súa duración, o obxectivo xeral do módulo e os contidos teórico-prácticos.

-Orzamento e financiamento do proxecto, detallado segundo o disposto no artigo 32º.

-Datas previstas de comezo e finalización da actividade e de cada unha das fases en que se divide.


-Informe sobre as estratexias de desenvolvemento e perspectivas de emprego, con inclusión das previsións, o máis concretas posible, de inserción laboral do alumnado-traballador ao remate da súa participación no proxecto.

3. Documentación específica. Unidades de Promoción e Desenvolvemento: ademais da indicada no punto 1, as entidades promotoras de unidades de Promoción e Desenvolvemento deberán xuntar a seguinte documentación:

a) Certificado das retribucións que, segundo o convenio colectivo aplicable, lle corresponderán ao persoal directivo, técnico e de apoio que sexa contratado con cargo ás axudas e subvencións que se solicitan para o funcionamento do proxecto. De non existir convenio colectivo aplicable, achegarase certificación en tal sentido.

b) Proxecto para o cal se solicita a subvención e que, como mínimo, constará dunha memoria, segundo o modelo que se publica como anexo III-U, na cal se recollerán os seguintes aspectos:

-Identificación da entidade promotora (denominación, ámbito territorial e demais datos de localización), así como a estrutura, servizos e experiencia con que, en principio, conta ao respecto.

-Contido do proxecto de unidade de promoción e desenvolvemento que incluirá a súa finalidade e obxectivos, metodoloxía que se vai utilizar, estratexias previsibles de fomento do emprego, principais colectivos afectados e calendario de actuacións.

-Data prevista de comezo e duración do proxecto.
-Orzamento de gastos, expresando os custos máximos, periodificados por fases semestrais desde a data prevista de comezo e derivados da contratación do persoal técnico e de apoio así como do funcionamento da Unidade de Promoción e Desenvolvemento.

-Orzamento de ingresos, indicando a parte financiada pola entidade promotora e por outros posibles organismos ou entidades colaboradoras e a parte para a cal se solicita financiamento á Consellería de Traballo.

Artigo 32º.-Contido do orzamento das escolas obradoiro, casas de oficios e obradoiros de emprego.

Para os efectos do previsto na letra c) do artigo 31.2º, o orzamento do proxecto presentarase subdividido en:

1. Orzamento de gastos: periodificado por fases ou períodos semestrais, segundo o seguinte detalle:

a) Custos máximos totais derivados da contratación do persoal directivo, docente, administrativo ou de apoio e do alumnado-traballador.

b) No caso de escolas obradoiro ou casas de oficios, custos máximos derivados do aboamento das bolsas aos alumnos e ás alumnas durante a primeira fase.

c) Custos máximos totais derivados do funcionamento e da xestión da escola obradoiro, casa de oficios ou obradoiro de emprego:

-Medios e materiais didácticos e de consumo para a formación.
-Amortización de instalacións e equipamentos. Cando a entidade promotora achegue, para o desenvolvemento do proxecto, bens (equipamentos e instalacións) amortizables, xuntarase relación valorada destes, incluíndo as cotas de amortización que se deriven da aplicación das táboas de coeficientes de amortización anualmente establecidas.

-Viaxes do alumnado-traballador para a súa formación.
-Material de oficina.
-Aluguer de instalacións, maquinaria e equipamentos, excluído o leasing.
-Gastos xerais.
-No caso de escolas obradoiro ou casas de oficios, primas de seguro de accidentes dos alumnos e das alumnas durante a primeira fase.

-Se é o caso, o importe da póliza de responsabilidade civil para facer fronte aos riscos que para os bens e as persoas poidan derivar da actuación profesional do persoal da escola obradoiro, casa de oficios ou obradoiro de emprego durante todo o funcionamento do proxecto.

-Outros gastos de funcionamento necesarios para o desenvolvemento do proxecto.
2. Orzamento de ingresos: expresará a parte financiada pola entidade promotora e por outros posibles organismos ou entidades colaboradoras, así como a parte para a cal se lle solicita financiamento á Consellería de Traballo. De ser o caso, tamén se farán constar os posibles ingresos previstos como consecuencia, e sempre que se cumpra o establecido no artigo 46º, do alleamento de bens producidos ou servizos prestados pola escola obradoiro, casa de oficios ou obradoiro de emprego.

Artigo 33º.-Instrución e emenda.
1. O órgano instrutor dos expedientes será o servizo competente en materia de emprego da delegación provincial da Consellería de Traballo competente por razón do territorio.

2. No suposto de que a solicitude non cumpra os requisitos exixidos ou a documentación achegada contivese erros ou fose insuficiente, o órgano instrutor do expediente requirirá a entidade solicitante para que, no prazo de dez días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que se así non o fixese, considerarase desistida da súa petición, logo da correspondente resolución, de conformidade co estipulado no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Artigo 34º.-Avaliación de solicitudes. Comisión Central de Valoración.
1. Os expedientes, unha vez completos, seranlle remitidos, no prazo de quince días, xunto co informe técnico emitido pola delegación provincial e no modelo

que para o efecto estableza a Dirección Xeral de Promoción do Emprego, á Comisión Central de Valoración para o seu estudo e informe.

2. Con carácter xeral, a avaliación dos ditos expedientes pola referida comisión, terá lugar en dúas fases:

a) Para os recibidos ata o día 15 de abril: a partir da segunda quincena do dito mes.

b) Para os recibidos ata o día 15 de xullo: a partir do mes de setembro.
3. Aquelas solicitudes das cales na primeira fase de concesión non se formulase proposta de resolución, non se considerarán expresamente desestimadas e poderán ser obxecto de ulterior avaliación na seguinte fase.

4. A Comisión Central de Valoración estará composta polo director xeral de Promoción do Emprego, que a presidirá; e serán vogais os delegados e as delegadas provinciais da Consellería de Traballo, actuando como secretario, con voz pero sen voto, o subdirector xeral de escolas obradoiro e programas de cooperación.

5. Cando a Comisión Central de Valoración propoña unha variación do número de alumnos e de alumnas ou do tempo de duración solicitados, a entidade promotora, no prazo de quince días, desde a súa notificación, deberá realizar os axustes e modificacións pertinentes no proxecto presentado, para os efectos da súa aprobación segundo o previsto no artigo 36º.

Artigo 35º.-Criterios de valoración dos proxectos.
1. Na valoración dos proxectos de escolas obradoiro, casas de oficios e obradoiros de emprego teranse en consideración os seguintes criterios:

a) Número de persoas desempregadas, dentro do segmento de idade beneficiario do proxecto, existentes no ámbito territorial en que se desenvolva: ata cinco puntos.

b) Perspectivas de emprego do colectivo participante, especialmente en orde á creación de maior número de postos de traballo estables: ata dez puntos.

c) Adaptabilidade do proxecto para a participación dos colectivos sinalados como preferentes polo Servizo Público de Emprego de Galicia, de acordo co que establezan as directrices de emprego europeas, no marco da Estratexia Europea de Emprego e do Plan nacional de acción para o emprego: ata cinco puntos.

d) Carácter innovador do proxecto: ata dez puntos, tendo en consideración a súa incidencia en novos viveiros de emprego, como:

-Servizos de utilidade colectiva: rehabilitación do patrimonio artístico, histórico, cultural ou natural, revalorización de espazos públicos e urbanos, xestión de residuos, xestión de augas, protección e mantemento de zonas naturais e aqueles que incidan directa ou indirectamente no control da enerxía.

-Servizos de ocio e culturais: promoción do turismo e desenvolvemento cultural e local.

-Servizos personalizados de carácter cotián: coidado de nenas e nenos, prestación de servizos a domicilio a persoas con discapacidade ou maiores, axuda a

mozos e mozas en dificultades e/ou con desarraigamento social.
e) Calidade do proxecto, atendendo ás actuacións que se van realizar e á súa adecuación para a cualificación e adquisición de experiencia profesional do alumnado-traballador e dos beneficios sociais que se prevexa xerar: ata quince puntos.

f) Calidade do plan formativo cara á obtención do certificado de profesionalidade e á súa adecuación entre as especialidades propostas e as ocupacións máis ofertadas no mercado de traballo: ata quince puntos.

g) Ámbito de actuación superior ao municipal e que implique, no seu deseño, financiamento e execución, outras entidades locais do contorno: ata cinco puntos.

h) Achegas da entidade promotora ou doutras entidades colaboradoras, especialmente cando estas achegas diminúan a subvención que poida conceder a Consellería de Traballo: ata cinco puntos. Para tal efecto, terase en conta o esforzo investidor en cada caso.

i) Número de proxectos de escolas obradoiros, casas de oficios ou obradoiros de emprego, promovidos con anterioridade pola entidade solicitante, así como resultados cualitativos e cuantitativos: ata dez puntos. Para estes efectos, valorarase, en concreto:

-Non ter promovido proxectos durante os catro anos inmediatamente anteriores.

-A inserción das persoas participantes no mercado laboral.
-A formación e experiencia profesional adquirida.
-O resultado socioeconómico derivado da realización de proxectos de utilidade pública e social acollidos a esta orde.

l) Participación dos axentes económicos e sociais con presenza no territorio na elaboración do contido e posterior desenvolvemento do proxecto ou cando estivese vinculado ou xurdise en aplicación dun pacto local ou territorial de emprego: ata cinco puntos.

A puntuación mínima exixible para a aprobación dos proxectos e concesión da correspondente subvención será de trinta e catro puntos.

2. Na valoración dos proxectos de unidades de promoción e desenvolvemento teranse en consideración os seguintes criterios:

a) Número de persoas desempregadas existente no ámbito territorial en que se desenvolva o proxecto: ata cinco puntos.

b) Carácter innovador do proxecto: ata dez puntos.
c) Calidade do proxecto, atendendo á súa finalidade e obxectivos e á metodoloxía e estratexias previstas de fomento do emprego, inserción laboral das persoas desempregadas e dos beneficios sociais que se prevexa xerar: ata quince puntos.

d) Achegas da entidade promotora ou doutras entidades colaboradoras, téndose en conta o esforzo investidor en cada caso: ata cinco puntos.

e) Resultados cualitativos e cuantitativos de anteriores unidades de promoción e desenvolvemento, escolas obradoiros, casas de oficios ou obradoiros de

emprego promovidos ou impulsados pola entidade solicitante: ata dez puntos.
f) Participación dos axentes económicos e sociais con presenza no territorio na elaboración do contido e no desenvolvemento do proxecto, ou cando este estiver vinculado ou xurdise en aplicación dun pacto local ou territorial de emprego: ata cinco puntos.

A puntuación mínima exixible para a aprobación dos proxectos e concesión da correspondente subvención será de vinte puntos.

Artigo 36º.-Resolución.
1. Dentro dos nove meses seguintes á entrada da solicitude no rexistro do órgano competente para a súa tramitación, cumpridos os trámites previstos no artigo 34º, emitida a proposta de resolución polo órgano instrutor e fiscalizada esta pola respectiva intervención, o/a delegado/a provincial, por delegación do conselleiro de Traballo, ditará e notificaralle á entidade solicitante a resolución que proceda.

2. A resolución favorable conterá, como mínimo, os seguintes extremos:
a) Finalidade e obxectivos básicos do proxecto, número e características das persoas beneficiarias, e, se é o caso, especialidades que se impartirán.

b) Subvención outorgada con cargo aos orzamentos da Consellería de Traballo para o financiamento dos custos sinalados no artigo 40º, debendo facerse constar que o seu importe ten o carácter de estimado.

c) Duración do proxecto e datas previstas para o seu comezo e para cada unha das súas fases.

d) Referencia a que a Unión Europea, a través do Fondo Social Europeo, cofinancia a subvención concedida.

e) Calquera outra especificación que se crea oportuna en cada caso concreto.
3. Transcorrido o prazo de nove meses sen que se notificase resolución expresa entenderase desestimada a solicitude, de acordo co disposto no artigo 2 da Lei 6/2001, do 29 de xuño, de adecuación da normativa da Comunidade Autónoma de Galicia á Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

4. Sen prexuízo do previsto no artigo 57º desta orde, toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda ou subvención, e en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

5. As resolucións dos expedientes instruídos ao abeiro do disposto nesta orde esgotan a vía administrativa, polo que, de conformidade co previsto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, contra elas poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante o órgano xurisdicional competente, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, se fose expresa; se non o fose, o

prazo será de seis meses e contarase, para a solicitante e outros/as posibles interesados/as, a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Malia o anterior, cando a recorrente sexa Administración pública, poderá facer uso do requirimento previo a que alude o artigo 44 da antedita Lei 29/1998.

Potestativamente, de non ser a entidade solicitante Administración pública, con anterioridade á interposición do antedito recurso contencioso-administrativo, de conformidade co previsto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, poderá interpoñerse recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto, no prazo dun mes, se o dito acto fose expreso; se non o fose, o prazo será de tres meses e contarase, para a entidade solicitante e outros/as posibles interesados/as, a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Todo isto sen prexuízo da interposición de calquera outro recurso que se considere oportuno para a defensa dos dereitos e intereses das entidades solicitantes e doutros/as posibles interesados/as.

6. As subvencións concedidas ao abeiro desta orde publicaranse, con expresión da entidade beneficiaria, a contía e a finalidade, na forma que determine o órgano competente de acordo co disposto na Lei xeral de subvencións, na Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega e no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006.

Artigo 37º.-Modificacións do proxecto.
1. Calquera modificación que implique un cambio de titularidade da entidade promotora ou dos obxectivos e actuacións básicas do proxecto que sexan considerados como substanciais, deberá ser solicitada segundo o procedemento indicado anteriormente.

2. De ter as modificacións o dito carácter de substanciais, as delegacións provinciais remitirán as solicitudes, cando o informe técnico sexa favorable, á Dirección Xeral de Promoción do Emprego para que esta ditamine sobre a procedencia da modificación pretendida. A súa resolución correspóndelles aos delegados e delegadas provinciais, por delegación do conselleiro de Traballo.

Os mencionados cambios deberán responder a causas excepcionais debidamente xustificadas que así o exixan.

3. Para a tramitación do cambio de titularidade, a entidade promotora titular deberá presentar ante a correspondente delegación provincial a seguinte documentación:

a) Solicitude de aceptación da súa renuncia e de cambio de titularidade do proxecto, debidamente xustificada.

b) Escrito de aceptación do cambio de titularidade pola nova entidade, xunto coa documentación exixible a teor do previsto no artigo 31º.

c) Balances dos dereitos e obrigas que se transfiren e de situación e xustificación das subvencións percibidas da Consellería de Traballo.

d) Acta conxunta en que se acepta a liquidación e transferencia dos dereitos e obrigas co visto e prace do delegado ou da delegada provincial da Consellería de Traballo.

As solicitudes de modificacións non esenciais non precisarán do ditame da Dirección Xeral de Promoción do Emprego para seren resoltas pola delegación provincial. Da resolución que se dite enviarase copia á dita dirección xeral para a súa constancia.

Capítulo V
Financiamento e xustificación de subvencións
Artigo 38º.-Financiamento da subvención.
1. Os programas de escolas obradoiro, casas de oficios, obradoiros de emprego e unidades de promoción e desenvolvemento serán financiados con cargo aos orzamentos xerais da comunidade autónoma a través das axudas e subvencións que conceda a Consellería de Traballo ou ben directamente con medios propios con cargo ás partidas orzamentarias correspondentes.

2. As aplicacións orzamentarias con que se financiarán, entre outras, as anteditas axudas e subvencións son as 16.02.322A.444.1, 16.02.322A.460.2 e 16.02.322A.481.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2007, polos importes de 800.000, 16.643.808,33 e 1.915.503,73 euros, respectivamente.

Para exercicios futuros, as subvencións financiaranse con cargo ás mesmas aplicacións polos importes respectivos, en 2008, de 1.000.000, 20.000.000 e 3.000.000 euros; e, en 2009, polos de 800.000, 15.000.000 e 2.000.000 euros, respectivamente. Estes importes poderán ser incrementados ou minorados en función das solicitudes que se presenten e das axudas e subvencións que efectivamente se concedan.

3. A distribución de créditos para o financiamento das axudas e subvencións previstas no capítulo II desta orde será directamente proporcional ao número de persoas paradas e á evolución do paro rexistrado no período 2002-2006, e inversamente proporcional á evolución da poboación no citado período.

Artigo 39º.-Convenios de colaboración.
As entidades promotoras poderán subscribir convenios de colaboración con outras entidades públicas ou privadas, mediante os cales se comprometan a achegar parte ou a totalidade do custo do proxecto, descontándose estas achegas da subvención que poida conceder a Consellería de Traballo. Esta circunstancia farase constar na memoria prevista no artigo 31º.

Sección primeira
Escolas obradoiro, casas de oficios e obradoiros de emprego
Artigo 40º.-Obxecto da subvención.
1. As axudas e subvencións que conceda a Consellería de Traballo para cada escola obradoiro, casa de oficios ou obradoiro de emprego, e que se determinarán na resolución que aprobe o proxecto, des

tinaranse exclusivamente a sufragar os seguintes custos:
-Os de formación profesional ocupacional e, se é o caso, educación básica durante todas as etapas do proxecto.

-As bolsas do alumnado durante a primeira etapa formativa das escolas obradoiro e casas de oficios.

-Os salariais derivados dos contratos de traballo que se subscriban co alumnado-traballador.

2. En ningún caso, o importe da subvención concedida poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o custo do proxecto.

Artigo 41º.-Subvención para custos de formación ocupacional e educación básica. Bolsas.

1. Consideraranse como custos de formación ocupacional e, se é o caso, de educación básica, susceptibles de seren subvencionados:

-Os custos derivados da contratación do persoal directivo, docente e de apoio.
-As bolsas do alumnado durante a primeira etapa formativa das escolas obradoiro e casas de oficios.

-Os medios e materiais didácticos e de consumo para a formación.
-As amortizacións de instalacións e equipos. Para o seu cálculo utilizaranse as táboas de coeficientes anuais de amortización oficialmente establecidas.

-As viaxes para a formación do alumnado-traballador.
-Os materiais de oficina.
-O aluguer de instalacións, maquinaria e equipamentos, excluído o leasing.
-Os gastos xerais.
-Durante a primeira etapa formativa das escolas obradoiro e casas de oficios, compensarase o custo do seguro de accidentes do alumnado, así como, se é o caso, o importe da póliza de responsabilidade civil para facer fronte aos riscos que para os bens e as persoas poidan derivar da actuación profesional do persoal da escola obradoiro ou casa de oficios durante todo o funcionamento do proxecto.

-Outros gastos de funcionamento que sexan necesarios para o desenvolvemento do proxecto formativo.

2. Non poderán financiarse con cargo á subvención concedida:
-As indemnizacións por morte e as correspondentes a traslados, suspensións, despedimentos, cesamentos ou finalizacións de contratos.

-Os gastos de investimento tales como a adquisición de inmobles, instalacións, maquinarias e equipamentos.

-Os alugamentos de edificios, locais, naves, aulas ou o seu acondicionamento, sempre que non sexa

resultado da práctica profesional do alumnado-traballador participante.
-Os gastos financeiros xerados por avais, anticipos bancarios ou análogos.
Artigo 42º.-Cálculo da subvención para custos de formación ocupacional e educación básica e bolsas.

1. Para os efectos do previsto no artigo anterior, o cálculo da subvención efectuarase por hora/alumno/a de formación e por módulos e fases:

-Módulo A: mediante este módulo compensaranse os custos salariais do persoal directivo, docente e de apoio que fose seleccionado e contratado, incluídos os orixinados polas cotas por conta da persoa empregadora, derivados de continxencias comúns e profesionais, Fondo de Garantía Salarial, desemprego e formación profesional.

-Módulo B: con este módulo compensaranse os demais gastos enumerados no número 1 do artigo anterior. Dado que os alumnos e as alumnas reciben formación teórica ou teórico-práctica durante toda a xornada, consideraranse horas formativas as correspondentes á súa totalidade, tanto na primeira fase de formación como nas demais fases de formación en alternancia.

2. Para o ano 2007 establécense os seguintes importes:
-Primeira fase ou etapa de formación inicial en escolas obradoiro e casas de oficios:

-Módulo A: 2,89 euros/hora/alumno/a.
-Módulo B: 1,62 euros/hora/alumno/a.
-Segunda etapa de formación en alternancia en escolas obradoiro e casas de oficios e obradoiros de emprego, durante todo o proxecto:

-Módulo A: 2,89 euros/hora/alumno/a.
-Módulo B: 0,81 euros/hora/alumno/a.
O incremento destes módulos para anos sucesivos será do 3% anual, mentres non se dite disposición en contrario.

3. A contía dos anteditos módulos é única para cada fase, aínda que se desenvolva en dous exercicios anuais distintos e será a que lle corresponda á data de inicio da fase.

4. O importe do módulo A ten en consideración a relación dun ou dunha docente a xornada completa por cada oito alumnos/as.

O importe da subvención prevista para gastos de formación e funcionamento en cada fase será o equivalente ao resultado de multiplicar o valor dos módulos A e B polo número de alumnos/as e polo total de horas considerando a xornada completa.

5. A subvención correspondente ás bolsas nas escolas obradoiro e casas de oficios será o resultado de multiplicar 6,01 euros por 125, número de días lectivos estimados como correspondentes á primeira fase, e polo número de alumnos/as participantes previstos no proxecto.

Artigo 43º.-Subvención para custos salariais do alumnado-traballador das escolas obradoiro e casas de oficios.

Nos contratos para a formación que a entidade promotora subscriba co alumnado-traballador participante nas escolas obradoiro e casas de oficios durante a segunda etapa formativa, a Consellería de Traballo subvencionará o 75% do salario mínimo interprofesional anualmente establecido, incluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias. Así mesmo, tamén subvencionará a totalidade das cotas por conta da persoa empregadora correspondentes á Seguridade Social, Fondo de Garantía Salarial e formación profesional previstas para os ditos contratos na súa normativa específica.

Artigo 44º.-Subvención para custos salariais do alumnado-traballador dos obradoiros de emprego.

Nos contratos para a formación que a entidade promotora subscriba co alumnado-traballador participante nos obradoiros de emprego, a Consellería de Traballo subvencionará o 150% do salario mínimo interprofesional anualmente establecido, incluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias. Así mesmo, tamén subvencionará a totalidade das cotas por conta da persoa ou entidade empregadora correspondentes á Seguridade Social, Fondo de Garantía Salarial e formación profesional previstas para os ditos contratos na súa normativa específica.

Artigo 45º.-Actualización da subvención.
1. O importe das cantidades efectivas que se aboarán en cada fase estará en función do incremento anual do valor dos módulos, do salario mínimo interprofesional e das cotizacións á Seguridade Social vixentes, do número de alumnos e alumnas traballadores/as participantes en cada fase e da xustificación dos gastos subvencionados na fase anterior.

2. A actualización prevista no punto anterior non será de aplicación ás cantidades correspondentes a bolsas.

Artigo 46º.-Produción de bens e servizos.
Cando as escolas obradoiro, casas de oficios ou obradoiros de emprego, no desenvolvemento da súa actividade, produzan bens que sexan susceptibles de comercialización, poderán allearse, sempre que non se incorra en competencia desleal e se dispoña das autorizacións necesarias. Os ingresos procedentes de tales alleamentos ou da prestación de servizos deberán aplicarse ás actividades da escola obradoiro, casa de oficios ou obradoiro de emprego, debendo quedar constancia documental e contable tanto dos ingresos obtidos como do seu destino.

Sección segunda
Unidades de promoción e desenvolvemento
Artigo 47º.-Obxecto da subvención.
1. As axudas e subvencións que conceda a Consellería de Traballo para cada Unidade de Promoción

e Desenvolvemento, e que se determinarán na resolución que aprobe o proxecto, destinaranse exclusivamente a sufragar os seguintes custos:

-Os salariais derivados dos contratos que se subscriban co persoal directivo, técnico e de apoio previstos no artigo 25º.

-Os derivados do funcionamento da Unidade de Promoción e Desenvolvemento.
2. En ningún caso, o importe da subvención concedida pola Consellería de Traballo poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o custo do proxecto.

Artigo 48º.-Subvención para custos salariais.
1. A contía da subvención prevista para a contratación do persoal técnico das unidades de promoción e desenvolvemento, incluídas as cotas patronais á Seguridade Social, estímase, para o ano 2007, en 32.049,29 euros por xornada completa, ano e persoa traballadora, reducíndose proporcionalmente, de ser o caso, en función da xornada e da duración de cada contrato. A dita subvención incrementarase nun 20% para a contratación do director ou directora da Unidade de Promoción e Desenvolvemento.


2. O importe da subvención para custos salariais, incluídas as cotas patronais á Seguridade Social, derivados da contratación do persoal de apoio será, en 2007, de 17.418,09 euros por xornada completa, ano e persoa traballadora, reducíndose proporcionalmente, de ser o caso, en función da xornada e da duración de cada contrato.

3. As referidas cantidades considéranse subvencións máximas por custos salariais e cotas patronais derivadas da contratación do persoal da Unidade de Promoción e Desenvolvemento, pero non condicionarán os salarios efectivamente pactados entre ese persoal e a entidade promotora. Así mesmo, as ditas cantidades serán obxecto de minoración en función do que resulte do convenio colectivo aplicable.

4. Non serán susceptibles de financiarse con cargo á subvención concedida as indemnizacións por morte e as correspondentes a traslados, suspensións, despedimentos, cesamentos ou finalizacións de contratos.

Artigo 49º.-Subvención para gastos de funcionamento.
1. Os gastos derivados do funcionamento das unidades de promoción e desenvolvemento establécense, para 2007, en 3.205,39 euros por persoa traballadora e ano, reducíndose proporcionalmente, se é o caso, en función da xornada e duración de cada contrato.

2. Consideraranse como gastos de funcionamento susceptibles de seren subvencionados:

-Os medios e materiais de consumo e oficina.
-As amortizacións de instalacións e equipamentos. Para o seu cálculo utilizaranse as táboas de coefi

cientes anuais de amortización oficialmente establecidas. Cando a entidade promotora achegue para o desenvolvemento do proxecto, bens (equipamentoss e instalacións) amortizables, xuntarase ao orzamento de gastos relación valorada destes, incluíndo as cotas de amortización que deriven da aplicación das táboas de coeficientes de amortización anualmente establecidas.

-O alugamento de instalacións, maquinaria e equipamentos, excluído o leasing.
-Os gastos xerais.
-De ser o caso, a póliza de responsabilidade civil para lles facer fronte aos riscos que para os bens e as persoas poidan derivarse da actuación profesional do persoal participante durante todo o funcionamento do proxecto.

-Outros gastos de funcionamento necesarios para o desenvolvemento do proxecto.
3. Non poderán financiarse con cargo á subvención concedida:
-Os gastos de investimento, tales como a adquisición de inmobles, instalacións, maquinaria e equipamentos.

-O alugamento de edificios, locais ou similares.
-Os gastos financeiros xerados por avais, anticipos bancarios ou análogos.
Artigo 50º.-Actualización da subvención.
As cantidades previstas nos artigos 48º e 49º en concepto de subvención para custos salariais e gastos de funcionamento serán obxecto dun incremento anual equivalente a un 3%, mentres non se dite disposición en contrario.

Sección terceira
Pagamento e xustificación da subvención
Artigo 51º.-Pagamento da subvención.
1. Correspóndelles ás delegacións provinciais da Consellería de Traballo o pagamento das subvencións concedidas, logo da solicitude da entidade promotora, no modelo que para o efecto estableza a Dirección Xeral de Promoción do Emprego, por períodos semestrais e en función das fases do proxecto que se indiquen na resolución de concesión.

2. Unha vez iniciada a primeira fase, e despois da xustificación do comezo mediante a oportuna certificación emitida en tal sentido pola entidade promotora, aboaráselle a esta, en concepto de anticipo, unha cantidade equivalente ao custo subvencionado correspondente a ese período, que en ningún caso poderá superar:

-O 35% do importe total da subvención da escola obradoiro ou casa de oficios;
-O 50% do importe total da subvención do obradoiro de emprego;
-O 30% do importe total da subvención da Unidade de Promoción e Desenvolvemento.
Rematada a fase anterior, e logo da xustificación de gastos, no prazo dun mes contado desde a data da súa solicitude, aboaráselle ao promotor ou promotora, en concepto de pagamento á conta da liquidación definitiva e a medida que o/a beneficiario/a xustifique os gastos, unha cantidade equivalente ao custo subvencionado correspondente á nova fase, sen que en ningún caso se supere o límite do 80% do importe dos libramentos non xustificados pola entidade promotora, de acordo co establecido no artigo 53º.

3. Cando un obradoiro de emprego conste dunha fase, e unha vez acreditado o seu inicio na forma prevista no parágrafo segundo, aboaráselle á entidade promotora, en concepto de anticipo, unha cantidade equivalente ao 50% do importe total da subvención para o conxunto do proxecto.

Neste caso, despois de recibida a súa solicitude, poderá aboarse ao promotor ou promotora, en concepto de pagamento á conta e a medida que o/a beneficiario/a xustifique os gastos, unha cantidade equivalente ao 30% do importe total da subvención para o conxunto do proxecto.

4. O 20% ou, se é o caso, o 50% restante aboaráselle á entidade promotora unha vez rematado o proxecto, xustificados todos os gastos e presentada a acta de liquidación do expediente nos termos dispostos nos artigos 53º e 55º.

5. No momento da xustificación da execución total do proxecto e, en calquera caso, antes do derradeiro pagamento, o/a beneficiario/a presentará unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou das súas entidades vinculadas ou dependentes.

Artigo 52º.-Garantías.
1. No suposto de que as entidades promotoras teñan a condición xurídica de ente de dereito privado, con carácter previo á recepción dos libramentos previstos no artigo anterior, deberán constituír a favor da Consellería de Traballo, garantía para responder da correcta aplicación da subvención concedida, na forma e condicións previstas no artigo 17 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. A garantía será liberada cando sexa acreditado que a subvención concedida se aplicou á finalidade prevista e que foron xustificadas correctamente as cantidades percibidas en tal concepto.

Artigo 53º.-Forma de xustificación.
1. A entidade promotora, dentro do mes seguinte ao remate de cada fase, remitirá á Delegación Provincial da Consellería de Traballo os xustificantes dos pagamentos efectuados con cargo aos fondos recibidos. A xustificación presentarase segundo o detalle indi

cado nos modelos que estableza a Dirección Xeral de Promoción do Emprego, non podendo efectuarse compensacións entre os distintos conceptos. Así mesmo, xuntarase relación dos pagamentos realizados con identificación das persoas perceptoras e detalle das cantidades aboadas.

Unha vez verificada a xustificación por gastos efectuados, e cumprido o requisito establecido no artigo seguinte, axustarase o correspondente saldo na próxima transferencia que se vaia efectuar.

2. A xustificación por horas realizadas nas escolas obradoiro, casas de oficios e obradoiros de emprego, deberá efectuarse mediante unha relación do alumnado-traballador participante no período que se xustifica, con expresión das súas datas de alta e baixa, xunto coas copias dos seus contratos de traballo, prórrogas e partes de baixa na Seguridade Social.

Para a xustificación dos custos salariais do alumnado-traballador participante, que se efectuará en función dos contratos efectivamente formalizados e pola duración correspondente en cada fase, será necesario achegar a documentación indicada no parágrafo anterior.

A antedita documentación deberá xuntarse á solicitude de transferencia de fondos correspondentes á seguinte fase, segundo o modelo que para o efecto estableza a Dirección Xeral de Promoción do Emprego.

3. Cando as entidades promotoras sexan organismos públicos, consideraranse documentos xustificativos dos pagamentos efectuados as certificacións expedidas para o efecto polos órganos competentes e nas que consten detallados os pagamentos correspondentes a cada unha das partidas subvencionadas, así como os documentos bancarios correspondentes (extracto o cargo bancario). Igualmente deberán achegar relación dos xustificantes de gastos e pagamentos realizados, cando proceda, con cargo ao módulo B.

En calquera caso, os documentos xustificativos individualizados deberán quedar dispoñibles para as actuacións de comprobación e control.

4. As asociacións, fundacións e entidades sen ánimo de lucro presentarán documentos xustificativos individualizados dos pagamentos efectuados, así como os documentos bancarios correspondentes (extracto ou cargo bancario).

5. No caso de que non se xustifique segundo o previsto nos puntos anteriores, non se realizarán novas provisións de fondos, e procederase á reclamación das cantidades non xustificadas de conformidade co procedemento establecido para o efecto.

6. Sen prexuízo do disposto nos puntos anteriores e da ulterior xustificación ao final da fase, a entidade promotora dunha escola obradoiro ou casa de oficios, antes do día 15 do mes en que aboe as bolsas, deberá remitir á delegación provincial unha relación de perceptoras e perceptores destas, indicando as cantidades que lles serán aboadas en tal concepto e o número de días lectivos asistidos.


Artigo 54º.-Subvención máxima xustificable das escolas obradoiro, casas de oficios e dos obradoiros de emprego.

A subvención máxima que en cada fase se pode admitir como xustificada, por gastos de formación e funcionamento, para cada un dos módulos A e B e sen prexuízo das bolsas previstas no artigo 8º, non poderá exceder do que resulte de multiplicar o número de horas realizadas polo importe de cada módulo. Para estes efectos, tamén serán consideradas como horas efectivas as do alumnado-traballador que abandone o proxecto e polo tempo comprendido entre a data da súa baixa e o remate da fase ou, se é o caso, a data de alta do alumno ou alumna-traballador/a que substitúa a dita baixa e as correspondentes aos días lectivos non asistidos.

Igualmente, asimilaranse a horas de formación efectivamente impartidas as correspondentes aos períodos de vacacións anuais retribuídos desfrutados polo alumnado-traballador participante, establecidos legal ou convencionalmente.

Artigo 55º.-Liquidación do expediente.
1. Dentro do mes seguinte ao remate do proxecto, a entidade promotora remitirá á Delegación Provincial da Consellería de Traballo, nos modelos que estableza a Dirección Xeral de Promoción do Emprego, a seguinte documentación:

a) Xustificación dos pagamentos efectuados con cargo aos fondos correspondentes á segunda ou sucesivas fases, segundo proceda.

b) Relación de gastos realizados e os correspondentes xustificantes de pagamento.

c) Acta de liquidación e cadro-resumo de xustificantes de gastos.
2. Despois de verificada a xustificación presentada, e en caso de acordo, a delegación provincial da Consellería de Traballo dará a súa conformidade aos documentos antes sinalados, procederá ao aboamento das cantidades previstas no artigo 51.4º e, se é o caso, expedirá o certificado necesario para liberar a garantía constituída.

No suposto de desconformidade ou discrepancia, a delegación provincial descontará do pagamento do 20% restante as cantidades non xustificadas.

3. Revisada a xustificación, e de existir un saldo positivo a favor da Consellería de Traballo, a delegación provincial iniciará o procedemento establecido para o reintegro das cantidades non xustificadas.

4. En todo caso, no prazo de tres meses posteriores á finalización da actividade do proxecto, a delegación provincial da Consellería de Traballo remitirá á Dirección Xeral de Promoción do Emprego a documentación sinalada na letra c) do punto 1 deste artigo.

Capítulo VI
Obrigas, seguimento e control
Artigo 56º.-Obrigas.
As entidades beneficiarias das subvencións previstas nesta orde, ademais de cumprir as obrigas establecidas pola normativa aplicable con carácter xeral ás axudas e subvencións públicas, deberán:

a) Realizar as actividades para as que se concede a subvención, de conformidade coas disposicións previstas nesta orde e nas resolucións, instrucións ou circulares que a desenvolvan.

b) Acondicionar e dotar as instalacións de xeito que reúnan as condicións de seguridade e saúde laboral que permitan o normal desenvolvemento das actividades formativas desde o inicio do proxecto.

c) Se é unha escola obradoiro, casa de oficios ou obradoiro de emprego, contratar o alumnado-traballador participante, na modalidade contractual e pola duración prevista nos artigos 9º e 10º desta orde, e formalo nos aspectos teóricos e prácticos das actividades profesionais ou oficios obxecto do programa. Se é unha unidade de promoción e desenvolvemento, contratar o persoal directivo, técnico e de apoio que se determine.

d) Acreditar ante a Consellería de Traballo a realización das actividades e o cumprimento dos requisitos exixidos para a concesión da axuda ou subvención, achegando a documentación que lles sexa requirida co fin de comprobar o cumprimento das obrigas que derivan da dita concesión.

e) Satisfacer, ao seu vencemento, as obrigas económicas que deriven do funcionamento do proxecto subvencionado, especialmente as bolsas e as de carácter salarial, con independencia de que se percibise con anterioridade a subvención concedida.

f) Someterse ás actuacións de comprobación efectuadas pola Consellería de Traballo e ás da Inspección de Traballo e Seguridade Social, ás de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, ás previstas na lexislación do Consello de Contas e ás que poidan corresponder, no suposto de cofinanciamento polo Fondo Social Europeo, á Comisión e Tribunal de Contas das Comunidades Europeas.

g) Comunicar á Consellería de Traballo a obtención doutras subvencións ou axudas para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra Administración ou ente público nacional ou internacional, no momento de presentar a solicitude así como con ocasión da xustificación da execución total do proxecto e, en todo caso, antes do derradeiro pagamento.

h) Identificar convenientemente, para os efectos de difusión pública, a sede do proxecto así como as actividades e as obras e servizos que se realicen, tendo en conta que as súas actividades de publicidade e divulgación se adecuarán á normativa correspondente e ás previsións do Fondo Social Europeo. Así mesmo,

nas realizacións de carácter permanente que leven a cabo as escolas obradoiro, casas de oficios e obradoiros de emprego colocarase unha placa identificativa, seguindo os modelos e características que estableza a Dirección Xeral de Promoción do Emprego.

Artigo 57º.-Incumprimento de obrigas. Reintegro da subvención.
1. O incumprimento total ou parcial por parte da entidade beneficiaria das obrigas establecidas nesta orde así como na demais normativa aplicable aos programas de escolas obradoiro, casas de oficios, obradoiros de emprego e unidades de promoción e desenvolvemento e, con carácter xeral, ás axudas e subvencións públicas que se outorguen con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, orixinará, tendo en consideración a natureza e causas do incumprimento, e no seu caso a súa incidencia na formación e cualificación profesional do alumnado-traballador participante, o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas en concepto de axudas ou subvencións mailos xuros de demora; sen prexuízo do establecido no texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

2. As delegacións provinciais da Consellería de Traballo facilitarán información aos comités provinciais de emprego dos incumprimentos das entidades promotoras que dean lugar ao reintegro total ou parcial das axudas concedidas.

Artigo 58º.-Asistencia, seguimento e avaliación.
1. As delegacións provinciais da Consellería de Traballo son os órganos encargados de realizar as tarefas de supervisión, coordinación, asistencia técnica, seguimento e control da xestión das escolas obradoiro, casas de oficios, obradoiros de emprego e unidades de promoción e desenvolvemento, así como das axudas e subvencións concedidas.

2. Ademais de tramitar e resolver o expediente de solicitude e, de ser o caso, transferir os fondos correspondentes, deben realizar, na forma e cos procedementos que estableza a Dirección Xeral de Promoción do Emprego, as seguintes actuacións:

a) Asistencia, apoio e asesoramento técnico e administrativo tanto á entidade promotora na preparación do proxecto como á propia escola obradoiro, casa de oficios, obradoiro de emprego ou unidade de promoción e desenvolvemento na realización das actividades para as que se concede a subvención, para conseguir o éxito do proxecto: creación de emprego, cualificación, adquisición de experiencia e inserción laboral, así como a correcta realización e desenvolvemento do traballo e actividades previstas.

b) Seguimento da xestión, obtendo das escolas obradoiro, casas de oficios, obradoiros de emprego e unidades de promoción e desenvolvemento, a información referente ao seu alumnado-traballador, persoal directivo, docente e de apoio e calquera outro dato que se considere de interese para o seguimento puntual da xestión, especialmente daqueles que serviron de base para a concesión da subvención.

c) Control das axudas e subvencións concedidas e liquidación do expediente.
d) Control dos resultados obtidos. Para estes efectos:
-As entidades promotoras de escolas obradoiro, casas de oficios ou obradoiros de emprego, aos seis e doce meses da súa finalización, remitirán, debidamente cuberto, o cuestionario de inserción laboral, ademais de estaren obrigadas a proporcionar calquera outra información que se considere pertinente con tal finalidade.

-As entidades promotoras de unidades de promoción e desenvolvemento remitirán, dentro do mes seguinte ao final de cada unha das fases, unha memoria na cal se reflictan as actuacións desenvolvidas durante o dito período e as previstas para o novo semestre. Con ocasión do remate do proxecto, presentarán unha memoria final das actividades e resultados obtidos. Así mesmo estarán obrigadas a proporcionar calquera outra información que se considere pertinente con tal finalidade.

Disposicións adicionais
Primeira.-As axudas e subvencións aos programas de escolas obradoiro e casas de oficios, de obradoiros de emprego e de unidades de promoción e desenvolvemento son cofinanciadas pola Unión Europea, a través do Fondo Social Europeo

Segunda.-A concesión das axudas e subvencións reguladas por esta orde estará supeditada á existencia de crédito nas aplicacións orzamentarias 16.02.322A.444.1, 16.02.322A.460.2 e 16.02.322A.481.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2007.


As entidades sinaladas no artigo 6º, alíneas a) e b), desta orde poderán obter a concesión das referidas axudas e subvencións, logo da existencia de crédito nas aplicacións orzamentarias que, polo carácter das ditas entidades, corresponda. Para tales fins, se é o caso, realizaranse as oportunas modificacións orzamentarias, sen que en ningún caso se supere o importe total consignado nesta orde.

Terceira.-Os créditos correspondentes a subvencións que conteñan fases que se inicien en exercicios futuros, terán o carácter de plurianuais, de conformidade co preceptuado polo artigo 58.1º b) do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia e no acordo do Consello da Xunta de Galicia, adoptado na súa sesión do día 15 de febreiro de 2007 .

Cuarta.-Os créditos previstos para o financiamento das axudas e subvencións que se concedan ao abeiro desta orde poderán ser obxecto de modificación como consecuencia da asignación ou da redistribución dos fondos destinados a sufragar os programas de fomento do emprego, coas limitacións que establezan a Conferencia Sectorial de Asuntos Laborais ou as disposicións aplicables ás axudas e subvencións cofinanciadas polo Fondo Social Europeo. A asignación de créditos que, como consecuencia das posibles modificacións que puidesen producirse, resulte definitiva para o financiamento das axudas e subvencións pre

vistas nesta orde deberá ser publicada no Diario Oficial de Galicia.
Quinta.-Apróbase a delegación de atribucións do conselleiro de Traballo nos/as delegados/as provinciais, no ámbito das súas respectivas provincias, para resolver a concesión ou denegación das axudas e subvencións previstas nesta orde, aprobación ou denegación das modificacións dos proxectos así como para autorizar, dispoñer, recoñecer a obriga e propoñer os correspondentes pagamentos.

Sexta.-Se por calquera causa, no momento que a Comisión Central de Valoración teña que examinar as solicitudes, algunha das persoas que a compoñen non puidese asistir, será substituída pola persoa que sexa designada polo conselleiro de Traballo.

Sétima.-As entidades beneficiarias das axudas e subvencións previstas nesta orde están suxeitas ao réxime de infraccións e sancións en materia de subvencións, de conformidade co previsto no artigo 79 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Oitava.-Por resolución do director xeral de Promoción do Emprego establécense as pautas de actuación a seguir na selección do persoal directivo, docente e de apoio e dos alumnos e as alumnas traballadores/as participantes nas escolas obradoiro, casas de oficios e obradoiros de emprego, así como na selección do persoal integrante das unidades de promoción e desenvolvemento.

Novena.-Por resolución do director xeral de Promoción do Emprego poderanse establecer os criterios necesarios para que, a través da presente orde, en canto aos colectivos prioritarios, se poidan cumprir os obxectivos establecidos polo servizo público de emprego de Galicia, de acordo coas directrices de emprego europeas e o Acordo sobre obxectivos e medidas de emprego de Galicia subscrito como resultado do Diálogo Social en Galicia pola Xunta de Galicia, a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), a UGT-Galicia e o S.N. de CC.OO. de Galicia e a demais normativa e acordos que, se é o caso, resulten de aplicación.

Disposición transitoria
As escolas obradoiro, casas de oficios, obradoiros de emprego e unidades de promoción e desenvolvemento en funcionamento á entrada en vigor desta orde continuarán rexéndose pola normativa ao abeiro da cal foron aprobadas.

Disposicións derradeiras
Primeira.-Autorízase o director xeral de Promoción do Emprego para ditar, no ámbito das súas competencias, as resolucións e instrucións necesarias para o desenvolvemento e a execución desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2007.
Ricardo Jacinto Varela Sánchez
Conselleiro de Traballo



[Páx. Anterior][Sumario D.O.G.][Páx. Seguinte]



© Xunta de Galicia
Información mantida pola Xunta de Galicia
Servizo prestado pola Consellería de Presidencia, AA.PP. e Xustiza
Correo electrónico: webdoga xunta.es