Diario Oficial de Galicia
mércores, 7 de marzo de 2007
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
Número do Dog:
47
Páxina do Dog:
3.451
Data da Disposición:
1 de marzo de 2007
Sección:
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
Organismo:
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Rango:
Orde
Título:
Orde do 1 de marzo de 2007 pola que se establecen axudas para a
prevención e defensa contra os incendios forestais en montes veciñais en man
común.
Orde do 1 de marzo de 2007 pola que se
establecen axudas para a prevención e defensa contra os incendios forestais en
montes veciñais en man común.
O Regulamento (CE) 1698/2005, do Consello, do
20 de setembro, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo
Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), establece as normas que
regulan estas axudas, así como os obxectivos aos que debe contribuír a política
de desenvolvemento rural, o contexto estratéxico, as prioridades e medidas de
desenvolvemento rural e as normas relativas á cooperación, a programación, a
avaliación e o control, sobre a base das responsabilidades que comparten os
estados membros e a Comisión.
O Regulamento (CE) 1975/2006, da Comisión, do 7
de decembro, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento
(CE) 1698/2005 do Consello, no que respecta á aplicación dos procedementos de
control e á condicionalidade en relación coas medidas de axuda ao
desenvolvemento rural.
A Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de
subvencións, regula o réxime xurídico xeral das subvencións outorgadas polas
administracións públicas.
A Lei 14/2004, do 29 de decembro, de medidas
tributarias e de réxime administrativo, modifica o texto refundido da Lei de
réxime financeiro e orzamento, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de
outubro, adaptando este texto ao disposto na Lei estatal 38/2003, do 17 de
novembro, xeral de subvencións.
O Decreto 287/2000, do 21 de novembro, desenvolve
o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma
galega.
O
Decreto 562/2005, do 1 de decembro, establece a estrutura orgánica da
Consellería do Medio Rural e do Fondo Galego de Garantía Agraria (DOG nº 237, do
13 de decembro) e co Decreto 215/2004, do 23 de setembro, polo que se modifica o
Decreto 23/2003, do 20 de xaneiro, polo que se fixa a estrutura orgánica dos
departamentos da Xunta de Galicia; atendendo aos principios de eficacia,
desconcentración e racionalización da organización administrativa.
A Consellería do Medio
Rural é o órgano da Administración galega encargado de propor e executar as
directrices xerais do goberno no ámbito rural que engloba as competencias en
materia de agricultura, gandería, montes e prevención e defensa dos incendios
forestais, desenvolvemento rural e ordenación comarcal, estruturas rurais e
industrias agroalimentarias, de acordo co establecido na Constitución española e
no Estatuto de autonomía de Galicia.
A Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes
veciñais en man común, establece no seu artigo 25 que a Consellería do Medio
Rural lles dará aos montes veciñais en man común carácter preferente nas súas
actuacións de fomento e mellora da produción agraria e na concesión de axudas
para esta finalidade.
O espazo forestal forma parte indisoluble do
espazo rural, e polo tanto non se pode concibir ningunha
política forestal á marxe
da poboación rural e dos seus intereses. A Consellería do Medio Rural, neste
contexto, e co obxectivo primordial de contribuír á valorización do monte,
implementa esta orde de axudas coa finalidade de incrementar a vinculación das
comunidades de montes veciñais co seu monte mediante incentivos económicos que
aumenten a participación desta poboación rural na actividade económica do sector
forestal.
Por
outra banda, esta incentivación na colaboración dos titulares de montes veciñais
en man común na realización de traballos de silvicultura preventiva contribuirá
a minorar as consecuencias e os impactos negativos que os incendios forestais
poidan provocar sobre a capacidade potencial de desenvolvemento e produción
destes montes, de grande importancia na nosa comunidade, onde supoñen
aproximadamente un terzo da superficie forestal existente; e en conxunto sobre a
fauna, a flora e a paisaxe de Galiza.
En consecuencia, de conformidade co previsto no
artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galiza e no uso das facultades que me
confiren a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu
presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, e pola Lei 12/1989,
do 4 de outubro, os artigos 78 e 79 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de
outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e
orzamentario de Galicia.
DISPOÑO:
Capítulo I
Disposicións
xerais
Artigo
1º.-Obxecto.
Esta orde ten por
obxecto establecer as bases para a convocatoria de axudas en réxime de
concorrencia competitiva que os titulares de montes veciñais en man común e as
súas agrupacións poderán percibir para a prevención e defensa contra os
incendios forestais. De acordo co devandito obxectivo establécense dúas liñas de
axudas:
Liña
I: subvención para o funcionamento de brigadas preventivas
Liña II: subvención para a realización de
traballos de silvicultura preventiva con tractores e os seus
apeiros.
Artigo 2º.-Ámbito de aplicación.
O disposto nesta orde será de aplicación aos montes veciñais en man común
da Comunidade Autónoma de Galicia, excepto aqueles que estean consorciados coa
Administración, salvo que solicitasen a rescisión do dito consorcio ou o seu
paso a convenio con anterioridade á publicación desta orde.
Artigo 3º.-Condicións
xerais.
Os interesados solicitarán a
concesión das axudas baixo as seguintes condicións:
1ª Deberán presentar a solicitude, e o resto da
documentación necesaria antes de comezar o servizo ou de mercar os
equipamentos.
2ª No caso de se conceder a subvención, o pagamento será satisfeito unha
vez realizado o servizo e/ou a compra de equipos, sen prexuízo dos anticipos que
para a liña I se establezan nos artigos seguintes.
3ª Cando as axudas
consistan nunha porcentaxe do orzamento do servizo ou subministración, o total
da axuda calcularase segundo o orzamento apreciado e aprobado pola Consellería
do Medio Rural, segundo o disposto para cada liña de axudas nos capítulos II e
III desta orde. As cantidades xustificadas en concepto de IVE non serán
subvencionables na medida en que sexan recuperables pola Facenda
Pública.
Artigo 4º.-Superficies forestais mínimas para solicitar
axudas.
A superficie forestal mínima
do monte ou montes veciñais para os que se soliciten estas axudas será de
cincocentas hectáreas (500 ha). No caso de agrupación de montes estes terán que
ser estremeiros ou pertencer a un mesmo distrito forestal e sempre estar nunha
mesma provincia.
Excepcionalmente, no caso de que a CMVMC, mancomunidade ou algunha das
CMVMC que integren a agrupación estivera localizada nalgún espazo declarado como
zona de especial protección dos valores naturais, segundo o recollido no Decreto
72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados espazos como zonas de
especial protección dos valores naturais (DOG nº 69, do 12 de abril de 2004), a
superficie mínima a que fai referencia o primeiro parágrafo sería de 200
ha.
Artigo
5º.-Beneficiarios.
Poderán ser
beneficiarios destas axudas os titulares de montes veciñais en man común así
como as súas agrupacións e mancomunidades, sempre que non incorran en ningunha
das circunstancias recollidas no artigo 13.2º da Lei 38/2003, xeral de
subvencións.
No caso de agrupacións deberán facerse constar os compromisos de
execución asumidos por cada membro da agrupación.
Artigo 6º.-Solicitudes e
prazo de presentación.
1. As
solicitudes presentaranse preferentemente nos servizos de Prevención e Defensa
contra Incendios Forestais das delegacións provinciais da Consellería do Medio
Rural, sen prexuízo do disposto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de
novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento
administrativo común, segundo a redacción da Lei 4/1999, do 13 de
xaneiro.
Á
solicitude xuntaráselle a documentación requirida no capítulo IV, que está en
función da liña de axuda solicitada.
2. O prazo de presentación será dun mes contado a
partir do día seguinte ao de publicación desta orde no Diario Oficial de
Galicia.
3. A
presentación da solicitude de concesión de axuda ou subvención polo interesado
comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que
deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral
da Seguridade Social e a Consellería de Economía e Facenda da Xunta de
Galicia.
4. A
Consellería do Medio Rural poderá solicitar dos peticionarios toda a información
e xustificacións técnicas e económicas que considere necesarias, co obxecto de
comprobar a realización das actuacións subvencionables e os custos
derivados.
Artigo 7º.-Instrución e resolución de expedientes. Recursos
administrativos.
1. Unha vez
presentada a solicitude e o resto de documentación requirida no capítulo IV, os
servizos de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (en diante
S.P.D.C.I.F) revisarán a documentación e, no caso de que conteña defectos ou
omisións non esenciais, requirirán ao solicitante a emenda dela, outorgándolle
un prazo de 10 días hábiles para facelo, de conformidade co disposto no artigo
71 da Lei 30/1992, con indicación de que, de non se facer así, se desestimará,
logo de resolución neste senso, a súa petición e se arquivará o expediente sen
máis trámite, para os efectos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992.
2. Nas delegacións
provinciais da Consellería do Medio Rural valoraranse as peticións segundo os
criterios de selección recollidos nos capítulos II e III, para cada unha das
liñas de axuda e remitiranse as súas propostas á Dirección Xeral de Montes e
Industrias Forestais.
3. De acordo co disposto no artigo 22 da Lei
38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, a proposta de concesión será
formulada por un órgano colexiado constituído para o efecto, formado nas dúas
liñas de subvención por: presidente o subdirector xeral de Defensa contra os
Incendios Forestais; vogal, o xefe do Servizo de Organización e Control de
Medios, e secretario, o xefe da Sección de Coordinación e Organización; poderase
prescindir do trámite de audiencia cando non figure no procedemento nin sexan
tidos en conta outros feitos nin outras alegacións e probas que as aducidas
polos interesados; neste caso, a proposta de resolución formulada terá carácter
definitivo.
4. O director xeral de Montes e Industrias Forestais elevará a proposta
ao conselleiro do Medio Rural, que é o órgano a que lle corresponde ditar a
resolución de aprobación da subvención. A resolución efectuarase tendo en conta
os criterios de selección desta orde e en réxime de concorrencia competitiva,
axustándose aos principios de concorrencia, transparencia e
igualdade.
5.
O conselleiro do Medio Rural resolverá conceder ou denegar a axuda de xeito
motivado, concretando de ser o caso a contía, nun prazo máximo de 6 meses
contados a partir do día seguinte ao de publicación desta orde no Diario Oficial
de Galicia. Esta resolución notificaráselles aos interesados no prazo dos 10
días seguintes á toma do acordo.
6. Excepcionalmente, o conselleiro do Medio Rural
poderá acordar a ampliación do prazo máximo de resolución e notificación
mediante motivación clara das circunstancias concorrentes, e só unha vez
esgotados todos os medios á disposición posibles, de conformidade co disposto no
artigo 42.6º, en relación co artigo 49, da Lei 30/1992, de réxime xurídico das
administracións públicas e do procedemento administrativo común
(LRXPAC).
7.
No caso de non recaer resolución expresa no dito prazo, o interesado poderá
entender desestimada a solicitude, sen prexuízo da obriga legal de resolver
expresamente conforme o disposto nos artigos 42 e 44 da Lei 30/1992, do 26 de
novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento
administrativo común (LRXPAC).
8. Contra a resolución aprobatoria ou
denegatoria, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso
potestativo de reposición perante o conselleiro do Medio Rural no prazo dun mes,
que comezará a contar a partir do día seguinte ao da recepción da notificación
da resolución, ou no prazo de tres meses desde que se entenda desestimada a
solicitude por silencio administrativo; ou ben poderá ser impugnada directamente
perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, se a
resolución fose expresa, ou seis meses dende que se entenda desestimada por
silencio administrativo, consonte o disposto nos artigos 117 da Lei 30/1992, do
26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do
procedemento administrativo común (LRXPAC); e o artigo 46 da Lei 26/1998, do 13
de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.
Artigo 8º.-Actividades
subvencionables, importes, contías e criterios de selección.
As accións
subvencionables, así como os importes e as porcentaxes máximas que se
subvencionarán recóllense nos capítulos II e III desta orde para cada liña de
subvención.
Segundo o artigo 3.1º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, a concesión
de axudas axustarase aos principios de publicidade, concorrencia e
obxectividade. Os criterios específicos de valoración para a adxudicación de
axudas das solicitudes recóllense igualmente nos capítulos II e III para cada
unha das liñas de subvención.
Artigo 9º.-Obrigas dos beneficiarios e
coordinación co Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais.
(S.P.D.C.I.F)
1. O beneficiario comprométese a contratar alomenos 6 persoas para ter en
todo momento as brigadas integradas por un mínimo de catro
compoñentes.
2. En canto á contratación do persoal para a formación das brigadas de
prevención de incendios forestais, todas as actuacións derivadas desta serán
responsabilidade da entidade beneficiaria das axudas. O persoal contratado
dependerá tanto xurídica como organicamente desta entidade e en ningún caso terá
vínculo laboral coa Xunta de Galicia.
Os medios humanos e materiais a que se refire
esta orde colaborarán en labores de vixilancia e prevención no seu monte e
excepcionalmente, de acordo co previsto no artigo 47 da Lei 10/2006, do 28 de
abril, pola que se modifica a Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes,
actuarán en labores de extinción de incendios forestais declarados na súa
parroquia e nas parroquias limítrofes, no caso de ser requiridos polo
S.P.D.C.I.F.
En caso de emerxencia e con carácter extraordinario poderán ser
mobilizados polo S.P.D.C.I.F fóra do ámbito de actuación reflectido no parágrafo
anterior.
3.
As características dos vehículos, material e equipamento obxecto desta
subvención supeditaranse á normativa comunitaria, nacional e autonómica, se a
houbese, en particular no referente aos EPIs, ás directivas comunitarias, de
acordo co Real decreto 1407/1992, do 20 de novembro, polo que se regulan as
condicións de comercialización e libre circulación intracomunitaria dos equipos
de protección individual (BOE nº 311, do 28 de decembro). Os E.P.I defínense
segundo o artigo 2 do Real decreto 773/1997, do 30 de maio, sobre disposicións
mínimas de seguridade e saúde relativas á utilización polos traballadores de
E.P.I.
4. A
actividade subvencionada comezará nun prazo máximo de 15 días naturais a partir
da recepción da notificación de aprobación da subvención e unha vez levada a
cabo a inspección previa polo persoal do distrito forestal.
O beneficiario poderá
subcontratar total ou parcialmente a actividade subvencionada.
Calquera modificación na
localización ou composición do persoal contratado deberá ser comunicada aos
S.P.D.C.I.F para o seu coñecemento.
Artigo 10º. -Anticipos.
O Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que
se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma
de Galicia, establece no seu artigo 16.2. dous.3 que, con carácter excepcional e
por resolución motivada da consellaría correspondente (neste caso da Consellería
do Medio Rural), se poderá autorizar un anticipo de ata o 50% do importe total
da subvención aprobada, nos casos en que o investimento exixa pagamentos
inmediatos, sen prexuízo das limitacións que poidan existir de ser o caso na
normativa básica da Unión Europea sobre fondos estruturais. Estes anticipos
soamente se poderán conceder para a liña I desta subvención.
Para a tramitación deste
anticipo, o beneficiario deberá solicitalo previamente no anexo II da solicitude
de axudas.
Este anticipo quedará supeditado, en todo caso, a que a inspección previa
ao inicio do funcionamento da brigada, realizada polo persoal do distrito da
Consellería do Medio Rural, sexa favorable. Nesta inspección deberá verificarse
que todos os conceptos subvencionados cumpren co estipulado nesta orde,
verificándose, entre outros, os seguintes aspectos:
-Número de compoñentes e
nome dos integrantes da brigada, especificando o nome da persoa que actúa como
coordinador e responsable dos integrantes desta, e un número de teléfono de
contacto 24 horas.
-Vehículo todo terreo ou vehículo pick-up (alugado ou propio) para o
funcionamento da brigada: marca e matrícula, e constancia de que permanece en
perfectas condicións mecánicas e de dotación e que está ao día en toda a
documentación, cumprindo coas obrigas administrativas que leva aparelladas en
materia de inspección técnica (ITV), pólizas de aseguramento, impostos,
etc.
-Verificación de que os integrantes da brigada estean equipados
adecuadamente para o traballo que se vai realizar.
-En caso de que se
subvencionen motorrozadoras, verificarase que son novas e que cumpren co
estipulado na lexislación vixente e, en particular, co disposto nesta
orde.
-Ademais, no caso de que se reciba axuda para a operatividade dun tractor
con cisterna, deberase comunicar a matrícula do tractor con rozadora, nome ou
nomes das persoas que operan con el e un número de teléfono de contacto 24 horas
e deixar constancia de que este vehículo permanece en perfectas condicións
mecánicas e de dotación e está ao día en toda a documentación, cumprindo coas
obrigas administrativas que leva aparelladas en materia de inspección técnica
(ITV), pólizas de aseguramento, impostos, etc.
-No caso de que se reciba
axuda para a adquisición de tramos de mangueira para tractores con cisterna,
verificarase o disposto no anexo correspondente en canto a condicións
técnicas.
En
relación coa exixencia de prestación de garantías para realizar estes anticipos,
será de aplicación o disposto no artigo 17 do Decreto 287/2000, do 21 de
novembro.
Artigo 11º.-Execución da subvención.
A aprobación da subvención implicará o compromiso dos solicitantes de
executar as accións indicadas nas condicións propostas. A execución das
actividades obxecto de axuda deberá realizarse na extensión e co orzamento
indicado no impreso de solicitude. Unha realización da acción subvencionada un
50% inferior á proposta, agás por causa de forza maior, suporá a revogación da
subvención concedida, logo da correspondente valoración polos técnicos dos
servizos de prevención e defensa contra incendios forestais.
Realizaranse inspeccións
previas ao inicio da operatividade das brigadas de prevención (liña I) ou a
iniciación dos traballos de silvicultura preventiva (liña II) polo persoal do
distrito forestal da Consellería do Medio Rural.
Na liña I verificaranse
todos os aspectos xa mencionado no anterior artigo.
Na liña II verificaranse as superficies e
comprobaranse os datos da solicitude e a viabilidade dos traballos.
No caso de renuncia,
despois de recibida a aprobación da subvención, deberá comunicarse por escrito á
Consellería do Medio Rural.
Artigo 12º.-Responsabilidade.
A organización e materialización das actividades
subvencionadas será responsabilidade exclusiva do beneficiario.
A actuación da
Consellería do Medio Rural quedará limitada ao outorgamento da correspondente
subvención e a garantir o cumprimento da normativa en materia de
subvencións.
Artigo 13º.-Xustificacións.
O
beneficiario deberá comunicar aos S.P.D.C.I.F. da Consellería do Medio Rural a
finalización da operatividade da brigada na liña I e o remate dos traballos
mecanizados de silvicultura preventiva na liña II.
Na liña I o beneficiario
disporá de 10 días naturais dende a finalización da operatividade da brigada
para a presentación dos xustificantes das accións realizadas obxecto da
subvención, mentres que na liña II os traballos deberán estar rematados e
xustificados o máis tardar o 30 de setembro do ano en curso.
As xustificacións para o
pagamento presentaranse preferentemente nos servizos de Prevención e Defensa
contra Incendios Forestais das delegacións provinciais da Consellería do Medio
Rural, sen prexuízo do disposto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de
novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento
administrativo común, segundo a redacción da Lei 4/1999, do 13 de
xaneiro.
Os
gastos de execución das accións subvencionadas serán debidamente xustificados
polo beneficiario, mediante a presentación de facturas, nóminas, boletíns de
cotización da Seguridade Social, contratos e demais documentos acreditativos de
xustificación do investimento, tal e como establece o artigo 15 do Decreto
287/2000, do 21 de novembro.
Así mesmo, deberase presentar unha declaración
das axudas solicitadas, tanto as aprobadas como as pendentes de resolución para
esta mesma finalidade, das distintas administracións públicas competentes ou das
entidades vinculadas ou dependentes delas.
Pola súa banda, a Consellería do Medio Rural
levará a cabo a súa función de comprobación do investimento a través das
certificacións dos técnicos competentes, concretándose estas da seguinte
maneira:
1.
Liña I: operatividade das brigadas de prevención
Certificado emitido polo técnico competente en
que se indique que as brigadas estiveron operativas e colaboraron
satisfactoriamente co S.P.D.C.I.F, executando as obras programadas conforme o
establecido no artigo 19º.
Con esta certificación poderá modificarse á baixa
a cantidade aprobada inicialmente, no caso de que se realice un número menor de
unidades de obra das aprobadas.
2. Liña II: traballos silvícolas con
tractores:
Certificado emitido polo
técnico competente en que se indique se as obras realizadas foron executadas
conforme a solicitude e a memoria inicial ou modificada presentada polo
beneficiario, especificando as hectáreas rozadas por tipo de
actuación.
Con esta certificación poderá modificarse á baixa a cantidade aprobada
inicialmente, no caso de que se realice un número menor de unidades de obra das
aprobadas.
Artigo 14º.-Comprobacións.
1.
O beneficiario comprométese a someterse ás actuacións de comprobación que deba
efectuar a entidade concedente ou, de ser o caso, a colaboradora e ás de control
financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, en
relación coas subvencións e axudas concedidas e coas previstas na lexislación do
Tribunal de Contas e do Consello de Contas, consonte co disposto no Decreto
lexislativo 1/1999, modificado pola Lei 14/2004, do 29 de decembro, e o capítulo
V do Decreto 287/2000, do 21 de
novembro, polo que se desenvolve o réxime de
axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.
2º A solicitude non
implica ningún dereito para o peticionario, mentres non exista resolución
favorable.
Artigo 15º.-Revogacións.
Consonte o disposto no artigo 78.9º do Decreto lexislativo 1/1999,
modificado pola Lei 14/2004, e no artigo 19 do Decreto 287/2000, do 21 de
novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da
Comunidade Autónoma de Galicia, será motivo de revogación (total ou parcial) da
axuda recibida, mediante resolución razoada do mesmo órgano que a concedeu, e
procederá o reintegro total ou parcial da axuda recibida, xunto cos xuros
devengados dende o seu pagamento nos seguintes casos:
a) Incumprimento da
obriga de xustificar.
b) Obtención da
subvención sen reunir os requisitos exixidos para a súa concesión.
c) Incumprimento da
finalidade para a que foi concedida a subvención.
d) Incumprimento das condicións impostas ás
entidades colaboradoras e beneficiarios con motivo da concesión da axuda ou
subvención pública.
e) Incumprimento da obriga de adoptar as medidas de difusión contidas na
Lei 14/2004.
f) Resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de
comprobación e control financeiro, así como o incumprimento das obrigas
contables, rexistrais ou de conservación de documentos, cando derive a
imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o
incumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades
subvencionadas ou a concorrencia de subvencións, axudas, ingresos ou recursos
para a mesma finalidade achegadas de calquera Administración ou ente público ou
privado, nacionais, da Unión Europea ou de organismos
internacionais.
g) A adopción, en virtude do establecido nos artigos 87 a 89 do tratado
da Unión Europea, dunha decisión da que derive unha necesidade de
reintegro.
h)
Nos demais supostos previstos na normativa reguladora da subvención.
Nestes casos, excepto nos de forza maior,
procederá o reintegro da axuda percibida e dos xuros de demora devengados desde
o seu pagamento de acordo coa Lei de réxime financeiro e orzamentario da Xunta
de Galicia.
Serán casos de forza maior, de conformidade co disposto no artigo 47 do
Regulamento (CE) nº 1974/2006 da Comisión, do 18 de decembro de
2006:
a)
Falecemento do beneficiario.
b)
Incapacidade profesional de longa duración do beneficiario.
c) Expropiación dunha parte importante da
explotación, se esta expropiación non era previsible o día en que se subscribiu
o compromiso.
d) Calamidades naturais graves que afecten seriamente á superficie
agrícola da expropiación.
A notificación dos casos de forza maior e as
probas relativas a estes deberán realizarse por escrito e nun prazo de dez días
hábiles, contado desde a data en que se produciu o caso de forza
maior.
Así
mesmo, procederase ao reintegro do exceso percibido nos supostos en que o
importe da subvención, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas
doutras administracións públicas ou outras entidades públicas ou privadas,
nacionais ou internacionais, supere o custo da actividade que vai desenvolver o
beneficiario ou, se é o caso, a porcentaxe máxima do investimento subvencionable
que se estableza.
Artigo 16º.-Controis.
Non se
poderá efectuar ningún pagamento sen realizar previamente os controis
preceptivos, tanto administrativos como sobre o terreo, de acordo co plan anual
de controis con base no establecido no Regulamento (CE) nº 1975/2006, da
Comisión, do 7 de decembro de 2006.
Á parte dos órganos desta comunidade autónoma
competentes para efectuar unha fiscalización ou control a posteriori dos
pagamentos que deriven destas axudas, tamén serán competentes para a realización
dos oportunos controis e auditorías, o Servizo de Control Interno do Fondo
Galego de Garantía Agraria, na súa calidade de organismo pagador, así como os
demais órganos comunitarios de inspección e control.
Artigo
17º.-Financiamento.
As axudas que
deriven da aplicación desta orde financiaranse con cargo á aplicación
orzamentaria 11.06.551B.770.0, códigos de proxecto. 07.00.486 «Subvencións e
investimentos en materia de prevención de incendios», cofinanciado pola Unión
Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), co
seguinte reparto orzamentario por liñas de axuda:
Liña I: dotada cun total
dun un millón oitocentos corenta mil euros (1.840.000 A).
Liña II: dotada cun total
dun millón dezasete mil cento corenta e tres euros (1.017.143 A).
A Consellería do Medio
Rural, chegado o caso, poderá aumentar o orzamento dispoñible para o
financiamento da presente orde, sempre e cando existan dispoñibilidades
orzamentarias.
No caso de que quedasen remanentes de crédito destinados ao financiamento
dunha liña de axudas, tales remanentes poderán ser destinados ao financiamento
da outra liña de axudas.
Artigo 18º.-Modificación da resolución de
concesión.
Toda alteración das
condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a
obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras
administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais,
poderá dar lugar á modificación da resolución da concesión, consonte o disposto
no artigo 12.1º do Decreto 287/2000, do 21
de novembro e no artigo
12.9º da Lei 14/2004, do 29 de decembro.
Artigo 19º.-Procedemento sancionador.
O artigo 79 do Decreto lexislativo 1/1999, modificado polo artigo 13 da
Lei 14/2004, regula as infraccións e sancións administrativas en materia de
axudas e subvencións públicas, así como o réxime de responsabilidade e os
órganos competentes para o exercicio da potestade sancionadora.
A imposición de sancións
realizarase unha vez instruído o oportuno expediente, segundo ao disposto no
Decreto 287/2000, no Decreto lexislativo 1/1999, na Lei 14/2004, na Lei 30/1992
e no real Decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do
procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.
Capítulo II
Operatividade de brigadas de
prevención
Artigo 20º.-Actividades
subvencionables
Subvenciónase nesta
liña o funcionamento de brigadas de prevención.
Poderase subvencionar un máximo de dúas brigadas
para solicitantes cuxa superficie total sexa maior de 1.000 hectáreas. No resto
de solicitudes só se poderá subvencionar unha brigada.
Estas brigadas de
prevención realizarán labores de vixilancia e prevención nos seus montes. Os
labores de prevención sobre o terreo consistirán en rozas manuais selectivas en
faixas auxiliares de pista e áreas devasa, co fin de reducir a carga de
combustible presente no monte e crear zonas de descontinuidade, contribuíndo así
a diminuír o risco de propagación de incendios forestais e a minimizar os danos
causados por estes sinistros, en caso de se produciren. Estes traballos
realizaranse sempre dentro do ámbito territorial do monte ou montes para os que
o beneficiario solicite a axuda.
A planificación destes labores corresponderá á
entidade beneficiaria das axudas en coordinación co S.P.D.C.I.F, e axustarase en
todo caso ás seguintes condicións:
-Rozarase un mínimo de 4 ha/mes por brigada,
durante o seu período de operatividade.
-Os restos procedentes destes traballos serán
triturados mecanicamente. No caso de que a mecanización non fora tecnicamente
posible, poderán quedar acordoados ou ser eliminados mediante queima, para a que
cómpre solicitar a correspondente autorización.
Estas brigadas poderán
participar en labores de extinción de lumes cando se dean os condicionantes xa
reflectidos no artigo 9º, punto 2.
Dentro desta liña subvencionaranse as seguintes
accións e subministración:
a) Xornada
de traballo do persoal integrante das brigadas de prevención durante un mínimo
de 3 meses e un máximo de 5. Subvencionarase a operatividade das brigadas entre
3 e 5 meses, sendo prioritarios por esta orde os meses de maio, xuño, xullo,
agosto e setembro e podendo así mesmo quedar supeditada esta operatividade á
finalización das brigadas antes
do 15 de outubro. As brigadas estarán compostas,
en todo momento, polo menos por catro integrantes efectivos por xornada de
traballo.
b)
Adquisición de ferramentas de prevención: (motorrozadoras) coas características
mínimas que se detallan no anexo VIII. Subvencionarase un máximo de dúas
unidades por brigada.
c) Compra de ferramentas de defensa contra
incendios e material de equipo.
d)
Adquisición de batelumes.
e)
Adquisición de vestiario ignífugo e equipamento de seguranza
persoal.
f) Adquisición de caixa de
primeiros auxilios.
g) Aluguer de
vehículo todo terreo de transporte ou operatividade de vehículo todo terreo
propio.
h)
Aluguer de vehículo todo terreo equipado para a prevención e defensa de
incendios forestais ou operatividade deste, no caso de ser propio. Estes
vehículos deberán de cumprir as condicións especificadas no anexo IX desta
orde
Soamente
se poderá solicitar subvención para un tipo de vehículo g) ou h).
i) Operatividade de tractor con
cisterna.
j) Adquisición de tramos de
mangueira para tractores con cisterna. Serán tramos de mangueira con racores TB
de 25 mm, en rolos de 20 m, que cumprirán as condicións técnicas mínimas que se
detallan no anexo X desta orde. Poderanse subvencionar un máximo de 5
tramos.
A
adquisición de mangueiras para tractores con cisterna estará supeditada á
concesión de axuda para a operatividade destes medios.
Artigo 21º.-Importes e
porcentaxes máximos das axudas.
1. A
contía das axudas estará condicionada, en todo caso, á existencia de
dispoñibilidades orzamentarias.
2. Os prezos que se reflicten na seguinte táboa
son indicativos para o titular da solicitude e obrigatorios como tope máximo na
aplicación polos S.P.D.C.I.F para a aprobación dos orzamentos.
|
|
Unidade
| Descrición |
Prezo máximo aplicable
en euros |
Porcentaxe máxima subvencionable
|
|
Xornal
| Xornada de 8 horas e con dedicación plena durante elas para brigadas
de vixilancia e prevención compostas por catro integrantes efectivos,
incluíndo seguros: réxime xeral |
310 |
70%
|
|
Día
| Aluguer ou operatividade de vehículo todo terreo para brigadas de
vixilancia e prevención |
35 |
70%
|
|
Día
| Aluguer ou operatividade de vehículo todo terreo equipado para a
prevención e defensa contra incendios forestais |
50 |
70%
|
|
Unidade
| Batelumes de caucho con mango |
25 |
100%
|
|
Unidade
| Ferramenta forestal |
25 |
50%
|
|
Unidade
| Equipamento de protección individual completo (funda, botas, cinto,
máscara, gafas, luvas e lanterna) |
200 |
70%
|
|
|
|
Unidade
| Descrición |
Prezo máximo aplicable
en euros |
Porcentaxe máxima subvencionable
|
|
Unidade
| Rozadoira manual |
1.200 |
50%
|
|
Unidade
| Caixa de primeiros auxilios |
40 |
70%
|
|
Día
| Operatividade de tractor con cisterna con capacidade mínima de 2.000 l
e 100 m de mangueira |
18 |
100%
|
|
Unidade
| Tramo de mangueira con racores TB, de 25 mm en rolos de 20 m |
90 |
100%
|
|
Artigo 22º.-Criterios de selección.
Segundo o artigo 3.1º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, a concesión
de axudas axustarase aos principios de publicidade, concorrencia e
obxectividade.
As brigadas subvencionadas complementarán os labores de vixilancia e
prevención desenvolvidos polos medios propios dos S.P.D.C.I.F., de xeito que se
reforcen e se estendan as accións preventivas o máximo posible no territorio.
Estes requisitos fan necesario establecer unha asignación territorial a nivel
provincial destes medios, de xeito que se consiga unha concentración de esforzos
e unha acción de conxunto no territorio de toda a comunidade.
Polo tanto, con base no
anterior establécese a seguinte distribución territorial básica:
A Coruña
| 7 |
12
|
|
Lugo
| 6 |
10
|
|
Ourense
| 6 |
10
|
|
Pontevedra
| 8 |
15
|
|
Esta distribución territorial poderase modificar en caso de posteriores
incrementos no orzamento destinado a esta orde.
Cando as solicitudes
presentadas superen os mínimos provinciais anteriores e existan dispoñibilidades
orzamentarias, atenderanse as solicitudes de maior a menor puntuación ata o
máximo provincial, segundo o baremo seguinte:
1. Montes veciñais
situados en concellos incluídos en espazos declarados zonas de especial
protección dos valores naturais: 1 punto.
Véxase o Decreto 72/2004, do 2 de abril, polo que
se declaran determinados espazos como zonas de especial protección dos valores
naturais (DOG nº 69, do 12 de abril de 2004).
2. Número de comunidades
que integran agrupación ou a mancomunidade, puntuación:
Dúas comunidades: 0,20 puntos.
Tres comunidades: 0,45 puntos.
Catro comunidades: 0,75 puntos.
Cinco ou máis comunidades: 1 punto.
3. Superficie total da CMVMC, agrupacións de
CMVMC ou mancomunidades:
Desde 750
ata 1.250 ha: 1 punto.
Máis de 1.250
ha: 2 puntos.
Máis de 2.000 ha: 3
puntos.
4. Período de operatividade
solicitado pola mancomunidade, comunidade ou agrupación de montes veciñais que
solicitasen axuda ao amparo desta orde:
Tres meses de operatividade: 1 punto.
Catro meses de operatividade: 2
puntos.
Cinco meses de operatividade:
3 puntos.
5. Existencia de
instrumento de planificación forestal para o monte ou montes beneficiarios
(proxecto de ordenación ou plan técnico) aprobado e rexistrado pola Dirección
Xeral de Montes e Industrias Forestais: 1 punto.
6. Monte ou montes
certificados conforme o sistema de xestión forestal sustentable da Xunta de
Galicia: 1 punto.
7. Valoración polos S.P.D.C.I.F da operatividade da brigada de
prevención: ata 2 puntos.
No caso de que cada provincia cubra os mínimos
establecidos no requisito básico de distribución territorial e existan
dispoñibilidades orzamentarias, a concesión da axuda para o resto de solicitudes
pendentes farase no ámbito da Comunidade Autónoma, tendo como límite o máximo
provincial, atendendo á maior puntuación obtida polos solicitantes, segundo os
baremos anteriores.
No caso de que se cubran os máximos territoriais establecidos e existan
dispoñibilidades orzamentarias, atenderanse as solicitudes de maior puntuación,
segundo o referido baremo.
Para todos os casos, de existir empate,
prevalecerá a maior puntuación obtida no punto 7. De continuar o mesmo, será
preferente a maior puntuación obtida nos puntos 1, 2, 3, 4, 5 e 6
sucesivamente.
Capítulo III
Axudas para a
realización de traballos mecanizados de silvicultura preventiva
Artigo 23º.-Actividades
subvencionables.
Enmárcanse as
actividades que se subvencionarán dentro do plan de control selectivo de
combustible da Consellería do Medio Rural. Trátase de levar a cabo traballos
para modificar a estrutura da vexetación rompendo a súa continuidade, tanto
vertical como horizontal, de xeito que se dificulte a propagación dos incendios
forestais, en caso de producirse.
Incluiríanse aquí devasas e rotura de
descontinuidade de masas monoespecíficas, sempre de acordo co previsto no plan
de prevención existente no distrito.
Co obxecto de protexer especialmente o espazo
rural e os núcleos de poboación dos incendios, priorizaranse os traballos de
xestión de biomasa nas faixas de especial protección definidas nos puntos a e b
do artigo 21 do Decreto 105/2006, do 22 de xuño, polo que se regulan medidas
relativas á prevención de incendios forestais, á protección dos asentamentos no
medio rural e á regulación de aproveitamentos e repoboacións forestais, a
saber:
-A
totalidade das parcelas que se atopen, fóra do monte, a unha distancia inferior
a 25 metros do seu perímetro.
-A totalidade dos terreos forestais, rasos ou
arborizados, que se sitúen, dentro do monte, a unha distancia inferior a 10
metros do seu perímetro.
A xestión de biomasa nestas faixas de especial
protección farase atendendo aos seguintes criterios:
1. Asegurar que as
parcelas incluídas nas faixas de especial protección se atopen libres de
vexetación accesoria á masa principal e coa masa arbórea rareada de acordo coa
normativa existente ou que desenvolvan a Administración forestal ou os
concellos, no seu respectivo ámbito de competencias.
2. Manter libres de
vexetación arbustiva e sub-arbustiva as vías de titularidade pública e privada,
así como as gabias comprendidas nas faixas.
Artigo 24º.-Importes e porcentaxes máximos das
axudas.
1. A contía das axudas estará
condicionada, en todo caso, á existencia de dispoñibilidades
orzamentarias.
2. A subvención mínima será de tres mil euros (3.000 A) e a máxima de
seis mil euros (6.000 A) por beneficiario.
3. Os prezos que se reflicten na seguinte táboa
son indicativos para o titular da solicitude e obrigatorios como tope máximo na
aplicación polos S.P.D.C.I.F para a aprobación dos orzamentos.
|
|
Unidade
| Descrición |
Prezo máximo aplicable
en euros |
Porcentaxe máxima subvencionable
|
|
Ha
| Roza mecanizada con tractor e rozadora de brazo en faixas auxiliares
de pistas e zonas perimetrais do monte estremeiras con zonas non
forestais |
450 |
80%
|
|
Ha
| Roza mecanizada con tractor e rozadora de cadeas en áreas devasas e
zonas perimetrais do monte estremeiras con zonas non forestais |
375 |
80%
|
|
Artigo 25º.-Criterios de selección.
Segundo o artigo 3.1º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, a concesión
de axudas axustarase aos principios de publicidade, concorrencia e
obxectividade.
Os traballos de silvicultura preventiva que se desenvolverán cos
tractores deberán complementar os labores desenvolvidos polos tractores propios
dos S.P.D.C.I.F., de xeito que se acade unha acción conxunta e integrada no
territorio.
Coa finalidade de que os traballos preventivos se distribúan
axeitadamente en todo o territorio da comunidade autónoma, segundo as
necesidades, establécese a seguinte distribución territorial:
A Coruña
| 10 |
20
|
|
Lugo
| 35 |
70
|
|
Ourense
| 65 |
130
|
|
Pontevedra
| 55 |
110
|
|
Esta distribución territorial poderase modificar en caso de posteriores
incrementos no orzamento destinado a esta orde.
Cando as solicitudes
presentadas superen os mínimos provinciais anteriores e existan dispoñibilidades
orzamentarias, atenderanse as solicitudes de maior a menor puntuación ata o
máximo provincial, segundo o baremo seguinte:
1. Montes veciñais
situados en concellos incluídos en espazos declarados zonas de especial
protección dos valores naturais: 1 punto.
Véxase o Decreto 72/2004, do 2 de abril, polo que
se declaran determinados espazos como zonas de especial protección dos valores
naturais (DOG nº 69, do 12 de abril de 2004).
2. Existencia de
instrumento de planificación forestal para o monte ou montes beneficiarios
(proxecto de ordenación ou plan técnico) aprobado e rexistrado pola Dirección
Xeral de Montes e Industrias Forestais: 1 punto.
3. Monte ou montes
certificados conforme o sistema de xestión forestal sustentable da Xunta de
Galicia: 1 punto.
4. Comunidades de montes veciñais solicitantes da axuda regulada pola
Orde do 15 de marzo de 2006 pola que se establecen axudas para a prevención e
defensa contra incendios forestais en montes veciñais en man común que,
cumprindo os requisitos mínimos exixidos nela, non obtivesen subvención por
insuficiente dotación orzamentaria: 1 punto
5. Solicitantes que obtivesen subvención ao
abeiro da liña I desta orde: 1 punto.
6. Valoración polos S.P.D.C.I.F.dos traballos de
prevención: ata 1 punto.
No caso de
que cada provincia cubra os mínimos establecidos no requisito básico de
distribución territorial e existan dispoñibilidades orzamentarias, a concesión
da axuda para o resto de solicitudes pendentes farase no ámbito da comunidade
autónoma, tendo como límite o máximo provincial, atendendo á maior puntuación
obtida polos solicitantes, segundo os baremos anteriores.
No caso de que se cubran
os máximos territoriais establecidos e existan dispoñibilidades orzamentarias,
atenderanse as solicitudes de maior puntuación, segundo o referido
baremo.
Para
todos os casos, de existir empate, prevalecerá a maior puntuación obtida no
punto 6 e de continuar o mesmo, será preferente a maior puntuación obtida nos
puntos 1, 2, 3, 4 e 5, sucesivamente.
Capítulo IV
Artigo 26º.-Documentación.
As
C.M.V.M.C deberán estar legalmente constituídas e regulamentariamente inscritas
no Rexistro Provincial de Montes Veciñais en Man Común, de acordo co disposto no
artigo 57 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, para poder acceder a estas
axudas.
1.
Operatividade de brigadas de prevención.
-Solicitude segundo o anexo I. O solicitante deberá ser a C.M.V.M.C, ben
directamente ou ben a través do seu representante legal (presidente da
C.M.V.M.C).
-Valoración económica das actuacións solicitadas segundo anexo
II.
-Fotocopia do DNI, NIF ou CIF do
titular dos terreos (ou titulares no caso de agrupación) e do
solicitante.
-Certificación orixinal da entidade financeira sobre a titularidade da
conta en que se solicita o ingreso do importe da axuda.
-Certificado tomado en
asemblea xeral, asinado polo secretario, conforme autorizan o solicitante a
pedir axudas á Consellería do Medio Rural, para a execución das accións obxecto
da solicitude.
-Datos dos montes obxecto da subvención, segundo o anexo V.
-Para as agrupacións: acordo dos titulares dos
terreos forestais para a designación dun solicitante-representante para efectos
de tramitación da axuda, segundo o anexo VI.
-Declaración das axudas solicitadas, tanto as
aprobadas como as pendentes de resolución para esta mesma finalidade, das
distintas administracións públicas competentes ou das entidades vinculadas ou
dependentes delas, ou anexo VII debidamente asinado.
2. Axudas para a
realización de traballos mecanizados de silvicultura preventiva.
-Solicitude segundo o
anexo III. O solicitante deberá ser a C.M.V.M.C. ben directamente ou ben a
través do seu representante legal (presidente da C.M.V.M.C.).
-Valoración económica das
actuacións solicitadas segundo anexo IV
-Fotocopia do DNI, NIF ou CIF do titular dos terreos (ou titulares no
caso de agrupación) e do solicitante.
-Certificación orixinal da entidade financeira
sobre a titularidade da conta en que se solicita o ingreso do importe da
axuda.
-Certificado tomado en asemblea xeral, asinado polo secretario, conforme
autorizan o solicitante a pedir axudas á Consellería do Medio Rural, para a
execución das accións obxecto da solicitude.
-Datos dos montes obxecto da subvención, segundo
o anexo V.
-Para as agrupacións:
acordo dos titulares dos terreos forestais para a designación dun
solicitante-representante para efectos de tramitación da axuda, segundo o anexo
VI.
-Declaración das axudas solicitadas, tanto as aprobadas como as pendentes
de resolución para esta mesma finalidade, das distintas administracións públicas
competentes ou das entidades vinculadas ou dependentes delas, ou anexo VII
debidamente asinado.
-Memoria técnica, acompañada do orzamento e planos sobre mapas da
Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes con escala
preferentemente 1:5.000 o no seu defecto 1:10.000, máis dúas copias. Ademais,
presentaranse os datos identificativos SIXPAC
dos terreos para os que
se solicita esta axuda. No caso de concellos que non teñan asignadas referencias
SIXPAC, presentaranse as referencias catastrais.
Disposicións
adicionais
Primeira.-As axudas
contidas nesta orde son incompatibles con outras subvencións de calquera
Administración pública e con calquera outro réxime de axudas comunitarias para a
mesma finalidade.
Segunda.-Segundo o disposto no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo
que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade
Autónoma de Galicia, deberán manterse as condicións do investimento ou o emprego
ligado a este durante un período mínimo de cinco anos.
Terceira.-A Consellería
do Medio Rural poderá modificar a resolución de concesión por instancia do
beneficiario, consonte os requisitos previstos no artigo 12.2º do Decreto
287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e
subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Consonte co anterior, o
acto polo que se acorde a modificación da resolución, ou no seu caso se denegue,
será ditado polo órgano concedente, logo da instrución do correspondente
expediente en que se dará audiencia aos interesados na forma prevista no artigo
9.4º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro.
Cuarta.-Nos aspectos non previstos nesta orde
aplicarase o disposto nos artigos 78 e 79 do Decreto lexislativo 1/1999 e no
Decreto 287/2000.
Quinta.-De conformidade co artigo 13.4º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de
transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, a
Consellería do Medio Rural publicará na súa páxina web oficial as concesións das
axudas reguladas nesta orde, polo que a presentación da solicitude leva
implícita autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e
da súa publicación na cita páxina web.
De acordo co establecido na disposición adicional
primeira do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, de creación dos rexistros de
axudas, subvencións e convenios e de sancións da Xunta de Galicia, a persoa
solicitante da axuda consentirá expresamente a inclusión e publicidade dos datos
relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións
impostas, de ser o caso.
Disposicións derradeiras
Primeira.-Facúltase o director xeral de Montes e
Industrias Forestais para ditar todas as disposicións complementarias, dentro do
ámbito das súas competencias, para a aplicación da presente orde.
Segunda.-A presente orde
entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de
Galicia.
Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2007.
Alfredo Suárez Canal
Conselleiro do Medio Rural
ANEXO VIII
Definición e características técnicas mínimas que deberán cumprir as
motorrozadoras.
1. Definición.
Ferramenta
motorizada cortante, consistente nunha serra circular inserida no extremo dunha
barra ou lanza conectada a un motor. A barra é dirixida por un guiador
ergonómico que posibilita o traballo do corpo en posición vertical.
2. Bases
técnicas.
As motorrozadoras que se
desexe adquirir serán novas, de recente fabricación, de tipo moderno e de
primeira calidade.
Dado que este material se utilizará en duras condicións de traballo, as
súas características básicas serán tales que reúnan unhas condicións de
robustez, lixeireza, facilidade de manexo, conservación e mantemento, que
aseguren a máxima efectividade e duración do equipo.
2.1. Características
técnicas do material.
Basicamente, o
aparato estará constituído por un motor de dous ou de catro tempos, cun sistema
antivibración que reduza a transmisión de vibracións orixinadas polo motor e
pola ferramenta de corte en movemento, e un sistema de acendido que garante un
arranque fiable e un funcionamento do motor sen avarías.
Datos
técnicos:
-Cilindrada mínima de 45
cc.
-Potencia mínima de 2,7
CV.
2.2. Grupo motor.
Estarán dotados dun motor de explosión de 2 ou de
4 tempos, cun sistema de filtros de aire que alongue os intervalos de limpeza e
ofreza unha protección fiable do motor.
Prestarase especial atención á relación
peso/potencia.
2.3.
Carburación.
Estará provisto dun
carburador que sexa insensible a calquera posición de traballo con bomba de
combustible incorporada.
2.4. Sistema eléctrico.
O sistema de acendido electrónico garantirá un
arranque fiable e un funcionamento do motor sen avarías.
2.5.
Silenciador.
Constarán dun silencioso
adecuado para este tipo de motores de elevado número de r.p.m., e deberá
especificarse na oferta o nivel de ruído que alcanza co motor a plena
carga.
2.6.
Refrixeración.
A refrixeración
realizarase por circulación forzada de aire por medio de turbina, orientándose o
fluxo sobre as aletas do cilindro e culata por medio de carenado; a toma de aire
estará protexida por reixa.
2.7. Depósito de combustible.
Posuirá un depósito de combustible de fácil
enchedura dotado de válvula de aireación e antiderrame, e será transparente para
poder controlar o nivel de consumo. O depósito situarase preferentemente diante
do motor para ter un centro de gravidade optimizado e posuír maior confort
ergonómico. O filtro de toma será de feltro ou outro material que permita unha
longa duración e de fácil extracción e substitución.
No seu conxunto, estará
debidamente illado do calor irradiado polo motor. Preferiranse aqueles equipos
que precisen gasolina sen chumbo para protexer o ambiente e ademais non
necesiten ser alimentados con mesturas de gasolina de octanaxe alta.
2.8.
Arranque.
O arranque será manual por
cable ou electrónico.
2.9.
Embrague.
O dispositivo de
embrague será automático, de tipo centrífugo e de longa duración; estará
debidamente protexido contra a entrada de graxas, aceites e mestura de
combustible vertido.
2.10. Accesorios de corte.
A
motorrozadora virá provista dunha caixa redutora na cal se poderán inserir os
distintos elementos de corte. Serán facilmente substituíbles e disporase de
ferramentas necesarias para realizar este recambio.
Os elementos de corte
estarán homologados para a utilización de coitelas para triturar.
2.11.
Proteccións.
Valoraranse
especialmente aqueles dispositivos de que veñan dotadas, como protectores para
accesorios de corte así como o número e tipo de repostos que se entreguen con
cada unidade.
2.12. Material.
Cada unidade
virá dotada como mínimo de:
1 libro
de instrucións de uso, mantemento e pezas de recambio.
1 xogo de ferramentas básicas de
mantemento.
2 accesorios de corte
para matogueiras e un para cortar arbustos e árbores delgadas.
1 arnés co seu cinto de
porte e o seu desconector de emerxencia.
ANEXO IX
Características
técnicas mínimas que teñen que cumprir os vehículos todo terreo equipados para a
prevención e defensa contra incendios forestais.
Chasis.
Bastidor especialmente deseñado para a súa
utilización en todo terreo, con todos os seus elementos distribuídos e/ou
protexidos para que non se poidan danar nin seren extraídos accidentalmente por
ramas ou outros elementos ao circular polo monte.
Cabina.
A cabina do vehículo todo terreo terá catro
portas e cinco prazas homologadas.
Motor.
Potencia máxima non
inferior de 100 c.v. nin o par máximo desenvolvido inferior a 24
m/qg.
Depósito de auga.
Depósito de
auga de poliéster reforzado con fibra de vidro, con capacidade útil mínima de
400 l e dotado de tabiques dique para evitar envorcaduras.
A lonxitude do depósito
de auga non será superior ao 80% do longo da superficie carrozable.
Bomba.
Deberá permitir acadar cun caudal de 50 l/min
unha presión de 40 atmosferas.
Comunicacións.
Levará
instalado un equipo de radiocomunicación móbil, extraíble, altofalante xunto ao
cadro de mandos da bomba e antena, de acordo coas especificacións que determine
a S.X.D.C.I.F., así como un kit de mans libres para cumprir a normativa vixente
ao respecto.
Documentación.
O vehículo
deberá estar ao día en toda a documentación, cumprindo coas obrigas
administrativas que leva aparelladas en materia de inspección técnica (ITV),
pólizas de aseguramento, impostos, etc.
ANEXO X
Características técnicas mínimas que deberán cumprir as
mangueiras.
O material será novo, de
recente fabricación, de tipo moderno e de primeira calidade.
Dado que este material se
utilizará en operacións de extinción, en duras condicións de traballo, as súas
características básicas serán tales que reúnan unhas condicións de robustez,
lixeireza, facilidade de manexo, conservación e mantemento, que aseguren a
máxima efectividade e duración. Estas características son:
1. Constarán dun tubo
flexible, exento de rixidez en todas as súas partes, formado por 4 capas, que ao
entrar en carga adopte a sección circular. Os materiais en que estea construído,
así como o seu grosor, serán tales que este armazón teña a resistencia necesaria
para soportar polo menos unha presión de servizo de 45 bares, no caso de
mangueiras de 25 mm, e para tolerar unha presión de rotura de 90 bares, segundo
o ensaio 4 da norma UNE
23091-2B. Ademais, estes materiais serán
impermeables.
2. Os semi-racores
situados aos extremos de cada tramo serán simétricos, de tipo cola estriada,
anticorrosivos e de alta resistencia, e capaces de soportar presións de traballo
de 45 kgs/cm.
3. O tecido do armazón será de fibra pouco combustible e o
suficientemente resistente para soportar a presión interior e os desgastes que,
por arrastre ou roce contra o chan ou outros corpos, poida experimentar. O grao
de elasticidade e de dilatación en ningún caso deberá ser superior ao
6%.
© Xunta de Galicia
Información mantida pola Xunta de
Galicia
Servizo prestado pola Consellería de Presidencia, AA.PP. e
Xustiza
Correo electrónico: webdoga
xunta.es