Diario Oficial de Galicia
mércores, 28 de febreiro de 2007

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS


Número do Dog:

42


Páxina do Dog:

2.976


Data da Disposición:

19 de febreiro de 2007


Sección:

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS


Organismo:

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE


Rango:

Orde


Título:

Orde do 19 de febreiro de 2007 pola que se establecen as bases reguladoras e condicións do réxime de concesión de subvencións a empresas e organizacións para a súa adhesión e mantemento nun sistema comunitario de xestión e auditoría ambientais (EMAS) e se fai pública a convocatoria para o ano 2007.



Orde do 19 de febreiro de 2007 pola que se establecen as bases reguladoras e condicións do réxime de concesión de subvencións a empresas e organizacións para a súa adhesión e mantemento nun sistema comunitario de xestión e auditoría ambientais (EMAS) e se fai pública a convocatoria para o ano 2007.

Na busca dunha mellora continua no comportamento ambiental e no intento de lograr unha cons

tante avaliación e mellora dos resultados das actividades industriais en relación co medio, a UE estableceu un sistema de participación voluntaria en sistemas de xestión e auditoría ambiental coñecido como EMAS (Eco-Management and Audit Scheme).

Co sistema EMAS promóvese a mellora continua do comportamento ambiental das empresas mediante a implantación dun sistema de xestión ambiental, a avaliación sistemática, periódica e obxectiva do sistema, a información ao público e ás partes interesadas e a formación e a implicación activa dos empregados.

Polo tanto, a implantación deste sistema terá como resultado a aplicación de innovacións tecnolóxicas e de xestión nas empresas, contribuíndo, en definitiva, a lograr un maior crecemento empresarial, competitividade, rendibilidade e creación de emprego e, sobre todo, á obtención duns obxectivos ambientais máis ambiciosos.

Nesta mesma liña a Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia, o Decreto 185/1999, do 17 de xuño, polo que se establece o procedemento para a aplicación na Comunidade Autónoma galega dun sistema voluntario de xestión e auditoría ambiental, e o Regulamento 761/2001 do Parlamento europeo e o Consello polo que se permite que as organizacións se adhiran a un sistema comunitario de xestión e auditoría ambientais (EMAS), modificado polo Regulamento (CE) nº 196/2006, da Comisión, que constitúen a lexislación aplicable para tal efecto na Comunidade Autónoma de Galicia, inciden tamén na importancia de incentivar os sistemas de ecoxestión e ecoauditoría voluntarios das empresas.

As principais novas desta orde en relación coas publicadas en anos anteriores consisten, por un lado, na incorporación como acción subvencionable do mantemento do sistema de xestión ambiental e, por outro, na inclusión como posibles beneficiarios desta ás asociacións ou entidades sen ánimo de lucro, así como o establecemento das bases reguladoras e condicións da concesión das subvencións no tempo en que se atope vixente.

Coa implantación e mantemento deste sistema de xestión ambiental minimizaranse gradualmente os impactos producidos polas organizacións sobre o medio receptor.

Nese mesmo sentido é conveniente sinalar que a Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, pola que se regula o réxime xurídico xeral de subvencións outorgadas polas administracións públicas, modificada pola Lei 24/2005, do 18 de novembro, establece uns preceptos básicos nesta materia e motivou a adaptación do réxime xeral de axudas e subvencións da Comunidade Autónoma de Galicia ao seu contido básico a través da Lei 14/2004, do 29 de decembro, de medidas tributarias e de réxime administrativo, que procede, nos seus artigos 12 e 13, ás modificacións do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Gali

cia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, no que respecta ao réxime xeral de axudas e subvencións, infraccións, sancións e réxime de responsabilidades.

A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, consciente da importancia que ten a implantación de sistemas voluntarios de xestión e auditorías ambientais nas empresas e institucións e do requisito que EMAS ten de información pública, que lle dá un plus de transparencia pretende favorecer e impulsar a implantación deste sistema de ecoxestión e ecoauditoría establecendo unha liña de axudas para a súa implantación e mantemento.

Na súa virtude, e no uso das atribucións que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada polas leis 11/1988, do 20 de outubro, 12/1989, do 4 de outubro, e 7/2002, do 27 de decembro, en relación cos artigos 27.30º e 30 do Estatuto de autonomía para Galicia e o Decreto 1/2006, do 12 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible,

DISPOÑO:
Capítulo I
Disposicións xerais
Artigo 1º.-Obxecto e ámbito de aplicación.
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e efectuar a convocatoria para o exercicio 2007 de subvencións destinadas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a financiar a implantación e/ou mantemento dun sistema de xestión ambiental, de acordo cos principios de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non-discriminación, regulados nos artigos 3 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, que desenvolve o Decreto lexislativo 1/1999, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario en materia de axudas e subvencións públicas; e 8 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e segundo o disposto no Regulamento (CE) nº 761/2001, do Parlamento europeo e do Consello, do 19 de marzo, polo que se permite que as organizacións se adhiran con carácter voluntario a un sistema comunitario de xestión e auditoría ambientais (EMAS).

2. Estas subvencións concederanse para apoiar o proceso de implantación e mantemento dun sistema de xestión ambiental en empresas e asociacións ou entidades sen ánimo de lucro e a súa posterior adhesión ao sistema comunitario EMAS.

3. As actuacións realizadas ao amparo desta orde, e que teñan por obxecto a implantación dun sistema de xestión ambiental, non se poderán iniciar antes do 1 de decembro do ano anterior á convocatoria das subvencións e deben estar finalizadas antes da data que se determine en cada convocatoria, en todo caso e para o ano 2007, esta data será a do 31 de outubro.

4. Estas bases reguladoras apróbanse para un período de tres anos.
Artigo 2º.-Accións subvencionables.
As accións financiables segundo o disposto nesta orde son:
-Os traballos, estudos, verificacións e validacións realizados para a implantación do sistema de xestión ambiental EMAS e rexistro da empresa ou entidade solicitante.

-Os traballos, estudos, verificacións e validacións realizados para a actualización anual da declaración ambiental e os destinados á renovación no rexistro, cada tres anos, a través da validación da declaración ambiental actualizada.

Artigo 3º.-Beneficiarios.
1. Poderán acollerse a estas subvencións:
-As empresas, organizacións e asociacións ou entidades sen ánimo de lucro que pretendan implantar o sistema de xestión ambiental EMAS.

-As empresas ou entidades adheridas e rexistradas no sistema comunitario EMAS que teñan que realizar a verificación trianual para renovar a súa permanencia no rexistro.

2. As empresas e asociacións ou entidades sen ánimo de lucro que implanten por fases o sistema de xestión ambiental EMAS solicitarán as subvencións no exercicio económico no cal se produza a verificación da declaración ambiental por verificador oficialmente acreditado.

Artigo 4º.-Requisitos.
1. Os solicitantes terán que cumprir os seguintes requisitos:
a) Ter o seu enderezo social ou algún dos seus centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia e materializar o proxecto obxecto da subvención no ámbito territorial de Galicia.

b) Estar ao día das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
c) Non ter contraídas débedas coa Xunta de Galicia.
d) Posuír personalidade xurídica propia, suficiente capacidade para obrar e non estar inhabilitada para a obtención de subvencións públicas ou para contratar co Estado, comunidades autónomas e outros entes públicos.

2. Non poderán obter a condición de beneficiario das subvencións prevista nesta orde as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 13.2º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

As axudas concedidas aos sectores agrario e pesqueiro deberán cumprir o establecido no Regulamento (CE) nº 1860/2004, da Comisión, do 6 de outubro de 2004, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas de mínimis nos sectores agrario e pesqueiro (DO L 325, 28-10-2004), no cal deberán ter en conta que a axuda total de mínimis concedida a calquera empresa destes sectores non excederá de 3.000 A nun período de tres anos.

Artigo 5º.-Contía das subvencións.
A contía das subvencións previstas nesta orde será de:
a) Ata un máximo do 75% do custo da implantación e verificación (custo total) para as empresas que implanten e se rexistren no sistema comunitario de xestión e auditoría ambiental EMAS.

b) Ata un máximo do 75% do custo da verificación para renovación do rexistro.
c) Ata un máximo do 50% do orzamento cando a verificación se realice partindo da norma ISO 14001, cun importe máximo de 2.000 A.

Artigo 6º.-Gastos non subvencionables.
1. Non se considerarán subvencionables os seguintes conceptos:
-Calquera imposto pagado pola entidade.
-Gastos financieros derivados do investimento.
-Gastos de persoal, tanto propios como externos.
2. E todos aqueles que figuran na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións como non subvencionables.

Artigo 7º.-Solicitudes e prazos.
1. As solicitudes, segundo o modelo normalizado que figura como anexo I da presente orde, presentaranse preferentemente no rexistro da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible en Santiago de Compostela, no das respectivas delegacións provinciais ou de calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e irán dirixidas ao conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.

2. O prazo de presentación das solicitudes será o que figure en cada resolución anual de convocatoria. Para o exercicio de 2007, o prazo establecido será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

3. De conformidade co artigo 13.4º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, esta consellería publicará na páxina web oficial a relación dos beneficiarios e o importe de axudas concedidas, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e da súa publicación na devandita páxina web.

4. A presentación das solicitudes comporta a autorización do solicitante para obter polo seu órgano concedente de forma directa a acreditación do cumprimento das obrigas tributarias co Estado, coa comunidade autónoma e coa Seguridade Social, a través de certificados telemáticos, quedando liberado o solicitante de achegar as correspondentes certificacións.

Artigo 8º.-Documentación que deben presentar coas solicitudes.
Coas solicitudes acompañaranse os seguintes documentos orixinais ou mediante copia compulsada:

1.Acreditación da personalidade:
1.1. Persoas xurídicas:
a) Certificación do rexistro en que conste a súa constitución e os estatutos vixentes.

b) Documento acreditativo do poder co cal actúa o representante no nome da entidade, no caso de que tal poder non conste na certificación, e copia compulsada do seu documento nacional de identidade.

c) Tarxeta de identificación fiscal.
1.2. Persoas físicas:
a) Documento nacional de identidade do titular ou titulares solicitantes, así como do seu representante, de ser o caso.

b) Declaración censual de alta nas obrigas tributarias (modelo 037) na Axencia Estatal Tributaria referida a todos os titulares, de ser o caso.

2. Declaración do conxunto de todas as solicitudes de subvención efectuadas ou concedidas para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes e das axudas de mínimis dos 3 últimos anos.

3. Presentarase un estudo que non supere as 20 páxinas de extensión e que conteña:

a) Memoria técnica.
Para a implantación e rexistro no sistema comunitario de xestión e auditoría ambientais EMAS, unha memoria técnica explicativa da acción que se vai desenvolver. Esta memoria técnica incluirá, como mínimo, os seguintes puntos:

-Avaliación ambiental da instalación.
-Política ambiental para seguir (compromiso de mellora continua, prevención da contaminación e conformidade regulamentaria...).

-Cronograma que non supere o exercicio orzamentario en referencia ao establecemento dos pasos para lograr o rexistro en EMAS.

-Indicación expresa de posesión dalgún sistema de xestión ambiental, en concreto, da ISO 14001. No suposto de posesión desta norma ISO 14001, acompañarase certificado acreditativo emitido polo organismo competente.

b) Memoria valorada e orzamentos detallados dos traballos que se van realizar (gastos de consultoría e verificación) para os obxectivos establecidos no artigo 1º.

No caso de que o importe do gasto subvencionable supere os 12.000 A, no suposto de prestación de servizos por empresas de consultoría ou asistencia técnica, o beneficiario deberá presentar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores.

No caso de realizar a implantación do sistema de xestión con medios propios, presentarase un orzamento de gasto que deberá ser aprobado pola Administración para que este gasto poida ser considerado subvencionable.

c) Beneficios ambientais esperados.
4. Certificación expedida pola entidade bancaria, que acredite a existencia da conta da empresa, asociación ou entidade, indicando o número de conta no cal se deberá facer o ingreso da subvención en

caso de ser concedida, segundo o modelo do anexo IV.
5. Declaración, segundo o modelo do anexo II, de compromiso de rexistro no Rexistro Galego de Centros Adheridos ao Sistema de Xestión e Auditoría Ambiental dentro do prazo previsto nesta orde e mantemento do devandito rexistro durante un período non inferior a cinco anos contados desde a data da súa inscrición.

6. Declaración do responsable da empresa, organización, asociación ou entidade sen ánimo de lucro de non se achar incurso en ningún dos supostos considerados no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, tal como se prevé no seu punto 7 e de conformidade co modelo establecido no anexo III da presente orde. Esta xustificación deberá ser presentada coa solicitude e coa xustificación de investimento realizada.

Capítulo II
Comisión de valoración, tramitación, resolución,
xustificación e pagamento
Artigo 9º.-Comisión de valoración.
1. Presentada a solicitude acompañada con toda a documentación correspondente, procederase á súa valoración por unha comisión de avaliación, formada por tres funcionarios, adscritos á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, designados para o efecto polo titular deste centro directivo; un dos cales fará, ademais, de secretario desta.

No caso de carencias ou defectos de forma, requirirase o interesado para que, nun prazo de 10 días hábiles, emende a falta ou proporcione os documentos preceptivos. De non se proceder á devandita emenda no prazo indicado, terase por desistido da súa petición segundo o artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de resolución que deberá será ditada nos termos previstos no artigo 42 da devandita lei.

2. Esta comisión de avaliación formulará o correspondente informe-proposta de concesión ou denegación das subvencións, proposta que se axustará ao disposto no artigo 9.5º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia e que será elevada ao órgano competente para resolver.

3. Se na consulta que realice esta Administración para comprobar a ausencia de débedas tributarias, coa Seguridade Social e coa Xunta de Galicia, unha empresa, asociación ou entidade sen ánimo de lucro, se obtivese informe negativo por constar débedas pendentes con algún dos citados organismos, comunicaráselle ao solicitante, concedéndolle un prazo de quince días para a rectificación de tal defecto, procedéndose ao arquivo da solicitude, se transcorrido o devandito prazo non consta por medio do correspondente certificado positivo que o defecto detectado fose emendado.

Artigo 10º.-Criterios de valoración.
Cando o número de solicitudes con dereito a subvención exceda do crédito dispoñible nesta orde, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental proporá, dentro dos límites establecidos, o importe correspondente a cada beneficiario, realizando un rateo entre estas, en función do que supoña a porcentaxe financiable de cada solicitude sobre o total subvencionable de todas elas.

Artigo 11º.-Resolución de concesión.
1. As solicitudes de subvención serán resoltas polo director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, por delegación do conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, nos termos previstos no artigo 13 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de abril, no prazo máximo de catro meses desde a finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Transcorrido o prazo máximo para resolver sen que o interesado recibise comunicación expresa da resolución, entenderanse desestimadas as súas pretensións por silencio administrativo, de conformidade co disposto no artigo 2 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, sen prexuízo da obriga de resolver expresamente as devanditas solicitudes, de conformidade co previsto no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro.

2. Ao abeiro do disposto no artigo 78.8º do Real decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, por resolución da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental publicaranse no DOG as subvencións concedidas, expresando a convocatoria, programa e crédito orzamentario ao cal se lle imputen, beneficiario, cantidade concedida e finalidade da subvención. Cando non sexa necesaria a publicación no devandito diario oficial, segundo a precitada normativa, publicarase tal información no taboleiro de anuncios dos servizos centrais da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.

O beneficiario estará obrigado a dar publicidade da subvención concedida en toda actividade relacionada co obxecto da subvención.


3. Para os efectos do disposto no artigo 29 da Lei 38/2003, do 28 de novembro, permitirase a subcontratación total da actividade obxecto da subvención, agás cando, aumentando o custo da actividade subvencionada, non achegue valor engadido ao seu contido.

4. O outorgamento da subvención debe ser aceptado polo beneficiario no prazo máximo de 15 días, desde a súa notificación coas condicións específicas recollidas nesta orde. No caso de que o beneficiario non comunique a súa aceptación dentro do prazo indicado, considerarase que renuncia á súa solicitude de axuda.

5. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente das subvencións ou axudas

outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución da concesión.

6. As resolucións de concesión da subvención incluiranse nun rexistro durante un período de dez anos contados desde a data de concesión, onde se incluirá toda a información necesaria para demostrar que se cumpriron as condicións establecidas no Regulamento (CE) 69/2001, da Comisión, do 12 de xaneiro de 2001, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas de mínimis (DOCE L nº 10, do 13-1-2001), tal e como prevé o artigo 3.3º do propio regulamento.

Artigo 12º.-Control e seguimento.
1. Constitúese unha comisión de seguimento integrada polos mesmos membros da comisión de valoración, que se encargará do control da execución da actividade obxecto da subvención.

2. A referida comisión poderá solicitar, en calquera momento e de forma motivada, cantas aclaracións e informes sexan necesarios e convenientes e, no suposto de non ser cumpridos no prazo de 10 días, a partir do día seguinte ao da notificación, conforme prevé o artigo 76 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, considerarase decaído no seu dereito ao trámite correspondente.

Artigo 13º.-Acreditación de traballos realizados.
Para proceder ao cobramento da subvención será indispensable a presentación, antes do 31 de outubro de 2007, da seguinte documentación orixinal ou mediante copia compulsada:

a) Facturas e xustificantes bancarios dos pagamentos realizados ou outros xustificantes que acrediten o pagamento efectivo da totalidade do devandito investimento.

b) Declaración ambiental validada polo verificador ambiental.
c) No momento da xustificación da execución do proxecto e, en calquera caso, antes do pagamento, o peticionario presentará unha declaración complementaria do conxunto das subvencións solicitadas para o mesmo proxecto, tanto as aprobadas e concedidas como as pendentes de resolución, das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

d) Declaración xurada de cumprir co presuposto de implantación do sistema de xestión con medios propios aprobado pola Administración para a realización deste proxecto, de ser o caso. Poderase levar a cabo visita de comprobación por parte da Administración para verificar o seu cumprimento.

e) O solicitante verase obrigado á comunicación de calquera das modificacións das condicións que foron tidas en conta para ditar a resolución de aprobación da subvención solicitada e, en especial, as relativas ao previsto no artigo 13.2º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Artigo 14º.-Pagamento.
Acreditados os traballos realizados, no prazo e na forma prevista no artigo anterior, procederase a tramitar o pagamento correspondente.

Para o devandito pagamento, deberán terse en conta as seguintes prescricións:
-O beneficiario deberá atoparse ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias, coa Seguridade Social e non ter débedas coa comunidade autónoma, tanto no momento de ditarse proposta de resolución de concesión coma con anterioridade ao seu pagamento, comprobando a Administración esta circunstancia segundo o previsto no artigo 7.4º.

-Non terá lugar o pagamento da subvención se non foron executados a totalidade dos traballos e actividades para os cales esta foi aprobada.

-Se na verificación se detectasen non conformidades derivadas da falta de permisos, licenzas ou autorizacións que a entidade debe dispoñer para a súa actividade, non se tramitará o seu pagamento.

Artigo 15º.-Redución do pagamento.
No caso de que o investimento ou actividade realizada tivese un custo inferior ao inicialmente previsto, a subvención concedida verase diminuída en función dos custos efectivamente realizados para a súa adhesión a EMAS.

Artigo 16º.-Crédito orzamentario.
As subvencións concederanse con cargo ás aplicacións orzamentarias que, en cada un dos anos de vixencia desta orde, sinale a correspondente Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia.

As convocatorias anuais rexeranse polas bases e condicións establecidas nesta orde e, de ser o caso, pola normativa reguladora da tramitación anticipada de expedientes de gasto.

Para o exercicio do ano 2007, destinaranse:
a) Para empresas, 450.000 A que se imputarán na aplicación orzamentaria 15.03.541D.770.0. Indicativamente destinaranse 400.000 A para implantación do sistema EMAS e 50.000 A para a renovación de rexistro.

b) Para asociacións ou entidades sen ánimo de lucro destinaranse 100.000 A da aplicación orzamentaria 15.03.541D.781.1.

As empresas que reciban axudas concedidas, ao abeiro desta orde e, con cargo ao concepto orzamentario 15.03.541D.770.0, cofinanciado por fondos Feder, someteranse ao cumprimento das obrigas relacionadas coas medidas de publicidade impostas polo regulamento da Comisión (CE) número 1159/2000, do 30 de maio.

En ambos os dous casos do orzamento da Comunidade Autónoma de Galicia do ano 2007.

A devandita contía poderá incrementarse despois, se é o caso, de tramitar o oportuno expediente de modificación orzamentaria.

Artigo 17º.-Sectores excluídos.
Esta orde de subvencións acóllese ao Regulamento (CE) nº 69/2001, da Comisión, do 12 de xaneiro de 2001, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas de mínimis (DOCE L nº 10, do 13-1-2001), onde a axuda total de mínimis concedida a calquera empresa non deberá exceder de 100.000 A nun período de 3 anos. Así mesmo, quedarán excluídas destas axudas as empresas do sector

do transporte, as empresas relacionadas coa produción, transformación e comercialización dos produtos que figuran no anexo I do Tratado CE e as actividades relacionadas coa exportación (artigo 1 do Regulamento (CE) 69/2001).

Artigo 18º.-Compatibilidade de subvencións.
A subvención contida nesta orde é compatible con outras subvencións de calquera Administración pública, dentro dos límites establecidos no artigo 78 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario da Comunidade Autónoma de Galicia, no cal se sinala que o importe das subvencións non poderá, en ningún caso, illada ou conxuntamente con outras, superar o custo da actividade que vaia desenvolver o beneficiario.

Artigo 19º.-Reintegro.
Procederá o reintegro total ou parcial das subvencións reguladas nesta orde e dos xuros de mora xerados desde o momento do seu pagamento, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión e rexistro e, en todo caso, nos supostos previstos no artigo 78.10º do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

Artigo 20º.-Obriga de facilitar información.
Ademais da documentación complementaria que, durante a tramitación do procedemento, lles poidan exixir o órgano xestor correspondente da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, os beneficiarios das subvencións previstas nesta orde teñen a obriga de facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas, polo Consello de Contas e polos previstos na normativa da Unión Europea, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das subvencións públicas, así como a que lle sexa solicitada por calquera órgano comunitario de inspección ou control, segundo o indicado no artigo 78.11º do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, e no artigo 46 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Artigo 21º.-Rexistro.
1. As empresas ou as asociacións ou entidades sen ánimo de lucro que finalizasen o proceso, e recibido o pagamento da subvención, disporán dun prazo máximo de tres meses contados desde a data de pagamento para solicitar a súa inclusión no Rexistro Galego de Centros Adheridos ao Sistema de Xestión e Auditoría Ambiental, de conformidade co establecido no Decreto 185/1999, do 17 de xuño, polo que se establece o procedemento para a aplicación na Comunidade Autónoma galega dun sistema voluntario de xestión e auditoría ambiental.

2. As empresas ou as asociacións ou entidades sen ánimo de lucro que non soliciten a inscrición no rexistro no prazo previsto non poderán acollerse ás subvencións de mantemento do sistema de xestión

e auditoría ambiental EMAS. Ademais, transcorrido o devandito prazo, procederase de oficio a iniciar o trámite de reintegro das cantidades percibidas.


3. As empresas ou as asociacións ou entidades sen ánimo de lucro están obrigadas a manter en vigor o Sistema Comunitario de Xestión e Auditoría Ambiental (EMAS) e o seu correspondente rexistro, durante un período mínimo de 5 anos, no suposto de concesión da axuda solicitada con este fin.

Artigo 22º.-Recursos.
A resolución ditada polo director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, por delegación do titular da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, poralle fin á vía administrativa e contra ela poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da recepción da notificación da resolución, ou no prazo de tres meses desde que se entenda desestimada por silencio administrativo; ou ben poderá ser impugnada directamente perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses se a resolución fose expresa ou seis meses desde que se entenda desestimada por silencio administrativo.

Disposicións adicionais
Primeira.-Aos beneficiarios das subvencións reguladas nesta orde seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no artigo 79 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, así como as previsións contidas no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, que desenvolve o citado decreto lexislativo.

Segunda.-A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental poderá seguir, total ou parcialmente, o proceso de implantación de EMAS nas organizacións solicitantes das subvencións reguladas por esta orde; debendo estes solicitantes prestar a colaboración necesaria para este seguimento, logo de identificación do persoal representante do devandito centro directivo.

Disposicións derradeiras
Primeira.-Facúltase o director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental para ditar, no exercicio das súas competencias, as instrucións precisas para o desenvolvemento, interpretación e aplicación desta orde, en especial, as relativas á ampliación de prazos previstos nela, agás o de presentación das solicitudes de axuda.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2007.
Manuel Vázquez Fernández
Conselleiro de Medio Ambiente
e Desenvolvemento Sostible
CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS
E XUSTIZA



[Páx. Anterior][Sumario D.O.G.][Páx. Seguinte]



© Xunta de Galicia
Información mantida pola Xunta de Galicia
Servizo prestado pola Consellería de Presidencia, AA.PP. e Xustiza
Correo electrónico: webdoga xunta.es