Boletín Nº 34. Sábado, 10 de febrero de 2007
- IV. ADMINISTRACIÓN LOCAL - IV.1 PROVINCIAL - DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA - SECCIÓN DE CULTURA E DEPORTES
ANUNCIO Pág. 1425 Reg. 1367-x.
|
|
Bases da convocatoria de bolsas de perfeccionamento de estudos artísticos para o ano 2007
Convocatoria de bolsas para o perfeccionamento de estudios artísticos para o ano 2007.
1.-OBXECTO.
O obxeto da presente convocatoria é a concesión de dezaoito bolsas para o perfeccionamento de estudios artísticos (artes plásticas, escénicas, musicais e da imaxe), no período 2007-2008, cunha dotación total de 161.100 euros (8.950 euros cada unha), e con cargo á aplicación presupostaria 0601/321A/48101.
2.-SOLICITANTES.
Poderán participar nesta convocatoria tódolos residentes na provincia da Coruña que pretendan realizar estudios de perfeccionamento artístico fora da Comunidade Autónoma de Galicia, e que reúnan os seguintes requisitos:
2.1.-Ter nacido a partir do día un de xaneiro de 1977 (incluido este), agás os que xa foran titulares da bolsa na convocatoria do ano anterior, que poderán ser nacidos a partir do un de xaneiro de 1976.
2.2.-Acredita-la residencia en calquer concello da provincia da Coruña, mediante a presentación do correspondente certificado de empadroamento, cunha antigüidade de, alomenos, un ano antes da data da convocatoria.
3.-DOCUMENTACIÓN.
As solicitudes deberán formularse nos modelos normalizados que se facilitarán no Rexistro Xeral da Deputación, na Sección de Cultura e Deportes e na páxina www.dicoruna.es.
Achegarase tamén a seguinte documentación:
3.1.-Currículo, con indicación dos estudios realizados, actividades profesionais desempeñadas e, en xeral, toda canta documentación considere representativa da súa formación o solicitante, así como cintas de video, casetes, etc.
3.2.-Carta de aceptación da persoa que dirixirá os estudios ou do centro onde vaia realizalos, ou acreditación da súa inscripción para a realización das probas correspondentes no centro no que se pretendan realiza-los estudos obxecto da bolsa que se solicita.
3.3.-Proxecto detallado dos estudios que vai realizar, con explicación expresa dos seguintes aspectos:
a) Contido dos estudios.
b) Obxectivos que han conquerir.
c) Duración deles: datas aproximadas de inicio e final.
d) Lugar onde se realizarán.
3.4.-Certificado de empadroamento en calquera municipio da provincia, no que deberá constar de forma expresa a data do seu empadroamento.
3.5.-Fotocopia da última declaración da renda que tivera obriga de presentar, ou se é o caso, declaración xurada de estar exento da mencionada obriga.
3.6.-Fotocopia da tarxeta do NIF.
3.7.-Escrito autorizando á Deputación para que solicite, no seu nome, á Axencia Tributaria e á Seguridade Social, a acreditación de que o solicitante está ó corrente nas súas obrigas cos citados organismos.
3.8.-Certificación de datos bancarios, segundo modelo aprobado pola Deputación (este documento deberán presentalo somente os que resulten titulares das bolsas, no momento que se lles comunique a adxudicación delas).
3.9.-Declaración doutras axudas solicitadas ou percibidas para o mesmo fin.
3.10.-A documentación poderase presentar en copias simples, tendo en conta que as persoas que resulten titulares e suplentes das becas, deberán realiza-las compulsas correspondentes.
4.-LUGAR E PRAZO DE SOLICITUDE.
A documentación deberá presentarse no Rexistro Xeral desta Deputación ata o día 31 de marzo de 2007.
5.-COMPOSICIÓN DO TRIBUNAL.
O tribunal que outorgará as bolsas estará presidido polo presidente da Deputación da Coruña e formarán parte del o deputado presidente da comisión de Cultura, Educación e Patrimonio Histórico-Artístico, representantes deste organismo e persoas de recoñecido prestixio do mundo da arte, sendo secretario o da Corporación ou persoa na que delegue.
A composición do tribunal publicarase no taboleiro de anuncios da Deputación con anterioridade á súa reunión, co fin de que se poidan interpor, se é o caso, os recursos legais pertinentes.
6.-CONCESIÓN DAS BOLSAS.-
O tribunal formulará a proposta de selección dos bolseiros, sendo as súas actuacións secretas.
O órgano competente para dicta-lo acordo de adxudicación é o presidente da Deputación.
6.1.-O tribunal convocará ós solicitantes de artes escénicas e musicais para que realicen unha proba de interpretación, e unha entrevista persoal, na que os aspirantes responderán a preguntas dos membros do tribunal sobor dos estudos que pretenden realizar, ou do seu proxecto. Ademáis, e segundo o seu criterio, tamén poderá convocar ós solicitantes de artes plásticas e da imaxe para a realización da entrevista persoal.
As probas e entrevistas terán lugar na semana comprendida entre as datas 4 e 10 de xuño, ámbalas dúas incluídas.
6.2.-Serán criterios para ter en conta para concede-las bolsas:
* O interese dos proxectos presentados: 2 puntos.
* O currículo dos solicitantes: 2 puntos.
* A valoración das probas sinaladas no apartado 6.1: 5,5 puntos.
* Outros méritos a valorar polo tribunal, segundo a documentación adicional presentada polo solicitante: 0,5 puntos.
O ter sido titular doutra bolsa similar en anteriores convocatorias non exclúe da participación nesta.
A ponderación dos criterios sinalados farase polos membros do tribunal no momento da súa constitución.
6.3.-O tribunal poderá declarar desertas as bolsas en calquera dos apartados obxecto da convocatoria, así como distribuílas ao seu criterio, e en función da calidade dos aspirantes, entre os restantes apartados.
6.4.-O tribunal poderá nomea-los suplentes que considere oportuno, tralo establecemento previo dunha orde de prioridade, podendo acceder éstes ao goce da bolsa, unicamente en caso de existir algunha renuncia ou incompatibilidade con estas bases, por parte dos titulares.
6.5.-A resolución da convocatoria darase a coñecer no taboleiro de anuncios da deputación, e na páxina www.dicoruna.es.
6.6.-O titular da bolsa, por medio de exposición suficientemente razoada, poderá solicitar a modificación do proxecto ou a realización doutro diferente, con anterioridade ó inicio dos seus estudios; a súa solicitude avaliarase polos membros da área do tribunal que fixeran a proposta de adxudicación da bolsa.
7.-PAGAMENTO.
As bolsas aboaranse en dous prazos, do seguinte xeito:
* 75%: á adxudicación da bolsa, previa presentación do xustificante da matrícula ou, se é o caso, calquera documentación que acredite os estudios que se van realizar.
* 25%: ó finalizar os estudios, previa presentación da memoria xeral e informe do centro ou do director dos estudios, tocante ó aproveitamento da bolsa.
Se a duración do curso fora menor de dez meses, poderase fracciona-lo aboamento nun número menor de prazos, en función da duración do curso. O aboamento farase tralos informes previos dos servicios de Fomento e Fiscalización e precisará da remisión da documentación sinalada anteriormente.
8.-OBRIGAS DOS BOLSEIROS.
8.1.-Cumprir tódolas normas establecidas nos apartados anteriores.
8.2.-Comenza-los estudios obxecto da bolsa, como máximo, no cuarto trimestre de 2007.
8.3.-Realiza-lo traballo ou estudio previsto aténdose á finalidade da bolsa, para o cal remitirán trimestralmente memorias avaladas polo director do traballo ou polo centro no que se realicen os estudios, que o tribunal, por instancia da deputación, e no caso de que esta o considere oportuno, poderá valorar para efectos de continuidade na percepción das bolsas.
A ausencia de presentación das ditas memorias nos prazos establecidos, sen que medie por parte do interesado solicitude razoada de prórroga que sexa admitida favorabelmente pola deputación, terá como efecto a obrigatoriedade da devolución do importe da bolsa cobrado ata o momento no que se produza o incumprimento, o que se lle engadirán os correspondentes xuros de mora..
8.4.-Os bolseiros incluídos no apartado de artes plásticas, deberán entregar á Deputación unha obra realizada durante o período no que se desenvolvan os seus estudios, nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data do pagamento do derradeiro prazo da bolsa; no apartado de imaxe será de igual cumprimento a presente disposición, debendo presentar neste caso unha reportaxe sobre un tema, que será determinado dacordo coa Deputación
O incumprimento desta condición, ou de calquera outra das contidas nas presentes bases, así coma a renuncia á bolsa, terá como efecto a obrigatoriedade de proceder á devolución do importe da bolsa concedida ó que se lle engadirán os correspondentes xuros de mora.
Coas persoas que resulten beneficiarias das bolsas correspondentes ós restantes apartados, poderase programar algunha actividade, por medio da cal se mostren publicamente os beneficios e o aproveitamento obtidos en virtude da concesión das bolsas.
9.-PROPIEDADE DOS TRABALLOS.
A propiedade dos traballos será dos seus autores exceptuando o disposto para os bolseiros incluídos no apartado de artes plásticas, debendo acompañarse á publicación ou estrea destes a mención da bolsa recibida.
A deputación resérvase o dereito a proceder á publicación, exposición ou estrea dos traballos, trala comunicación previa aos autores destes.
Para os casos non previstos nas presentes bases aplicarase o disposto nas Bases de execución do presuposto xeral da Deputación da Coruña de 2007.
A Coruña, 31 de xaneiro de 2007.
O PRESIDENTE,
Salvador Fernández Moreda
O SECRETARIO,
José Luis Almau Supervía
Reg. 1367-x | |