Boletín Nº 34. Sábado, 10 de febrero de 2007
- IV. ADMINISTRACIÓN LOCAL - IV.1 PROVINCIAL - DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA - SECCIÓN DE CULTURA E DEPORTES
ANUNCIO Pág. 1426 Reg. 1368-x.
|
|
Convocatoria de bolsas para deportistas da provincia para o ano 2007
1.-OBXECTO.
A Deputación Provincial, no seu labor de promoción e difusión do deporte e conscente das dificultades que teñen moitos deportistas con talento, especialmente nas etapas de iniciación e de maior cambio corporal, para progresar naqueles deportes que teñan un carácter individual, de oposición ou náuticos, realiza a presente convocatoria de bolsas co obxecto de apoiar a práctica e o rendimento deportivo, tanto en relación ó perfecionamento técnico e obtención de maior rendimento nas respectivas modalidades deportivas, como posibilitar a súa participación en eventos deportivos, facilitándolles ós deportistas da provincia o acceso a unha preparación integral axeitada.
Establécense dous grupos segundo a idade dos aspirantes a bolsa:
Grupo A.-14-17 anos cumpridos antes do 31 de decembro do 2007.
Concederanse 12 becas de 2.000 euros cada unha delas.
Grupo B.-18-21 anos cumpridos antes do 31 de decembro de 2007.
Concederanse 12 becas de 3.000 euros cada unha delas.
Naquelas especialidades deportivas nas que o máximo rendemento se pode producir en idades temprás (ximnasia artística, natación%) poderase pasar un bolseiro do grupo A ó grupo B, a criterio do tribunal cualificador.
Exclúense da presente convocatoria os cursos dirixidos á obtención de títulos académicos ou deportivos.
A dotación total da presente convocatoria é de 60.000 euros, con cargo á aplicación presupostaria 0601/452C/48101.
Estas bolsas serán compatibles con outras axudas públicas ou privadas para a mesma finalidade, que deberá comunicarllas o solicitante á Deputación.
2.-SOLICITANTES.
Poderán participar nesta convocatoria os deportistas da provincia que reúnan os seguintes requisitos:
2.1.-Ter residencia en calquera dos municipios da provincia cunha antigüidade de 4 anos.
2.2.-Ter entre os catorce e os vinteún anos cumpridos con data límite do 31 de decembro de 2007.
2.3.-Dispoñer de licenza deportiva vixente no momento da convocatoria expedida pola Federación deportiva correspondente.
2.4.-Acreditar nivel deportivo na modalidade practicada e ter proxección nas previsións de futuro.
3.-DOCUMENTACIÓN.
As solicitudes presentaranse no modelo normalizado que pode obterse no Rexistro Xeral da Deputación ou na páxina www.dicoruna.es
Ás solicitudes achegaráselles a seguinte documentación:
3.1.-Fotocopia do DNI.
3.2.-Certificado de empadroamento en calquera municipio da provincia cunha antigüidade de, polo menos, catro anos.
3.3.-Certificación dos datos bancarios segundo modelo aprobado pola Deputación.
3.4.-Fotocopia da licenza federativa en vigor, que deberá estar vixente dende o 1 de xaneiro de 2007 até a data de publicación desta orde.
3.5.-Historial deportivo obtido durante o ano 2006, así como outros logros de anos anteriores (2003 a 2005), para o caso de competicións que se convoquen cunha periodicidade de dous ou máis anos. Faranse constar as participacións e os resultados máis importantes obtidos en competicións autonómicas, nacionais ou internacionais, con especificación de datas, lugar e nivel de competición no certificado Fedetativo. Este historial haberá de vir dilixenciado co visto e prace da Federación deportiva correspondente en documento orixinal
3.6.-Proxecto deportivo para a temporada 2007-2008.
3.7.-Se é o caso, certificación que acredite a inclusión no programa preolímpico da Federación Española correspondente ou Consello Superior de Deportes.
3.8.-Declaración por parte do interesado das axudas solicitadas o percibidas para a misma finalidade.
4.-LUGAR E PRAZO DE SOLICITUDE.
As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da deputación até o día 31 de marzo de 2007.
Tamén poderán presentarse solicitudes no mesmo prazo, en calquera das formas dispostas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común.
5.-COMPOSICIÓN DO TRIBUNAL.
O tribunal que outorgará as bolsas estará presidido polo presidente da Deputación da Coruña e formarán parte del, a deputada de Deporte, Xuventude e Medio Ambiente e persoas de recoñecido prestixio no mundo do deporte, sendo secretario o da Corporación ou persoa na que delegue.
A composición do tribunal publicarase no taboleiro de anuncios e na páxina web da deputación con anterioridade á súa reunión, co fin de que se poidan interpor, se é o caso, os recursos legais pertinentes.
6.-CONCESIÓN DAS BOLSAS.
O tribunal formularalle a proposta de selección dos bolseiros ó presidente da Deputación que é o órgano competente para dita-lo acordo de adxudicación.
6.1.-O criterio para valorar estas solicitudes consistirá en:
6.1.1.-Historial deportivo. Asignaráselle ao deportista a puntuación correspondente ao resultado do maior nivel que obtivera no ano 2006 obtida en campionato oficial, valorándose os resultados deportivos conseguidos en anos anteriores (2003 a 2005) cando se de a circunstancia de que ditas competicións se convoquen cunha periodicidade de dous ou máis anos (períodos olímpicos...), conforme ao baremo seguinte:
GRUPO 1. Até 30 puntos. Estará integrado polos deportistas que cumpren algún dos requisitos seguintes:
- Clasificación nos Xogos Olímpicos ou Campionatos do Mundo absolutos, até o rango 10.
- Clasificación en Campionatos de Europa absolutos, até o rango 8.
- Figurar na clasificación mundial oficial.
GRUPO 2. Até 20 puntos. Estará integrado polos deportistas que cumpren algún dos requisitos seguintes:
- Clasificación nos Xogos Olímpicos ou Campionatos do Mundo absolutos, até o rango 18.
- Clasificación nos Campionatos de Europa absolutos, até o rango 15.
GRUPO 3. Até 15 puntos. Estará integrado polos deportistas que cumpren algún dos requisitos seguintes:
- Clasificados entre os 6 primeiros no Campionato de España individual.
- Medallista nos Campionatos de España individual.
- Medallista nos Campionatos de España na categoría inferior a sénior na modalidade deportiva individual ou combate e que foran internacionais na súa categoría de idade ou superiores.
GRUPO 4. Até 10 puntos. Estará integrado polos deportistas que cumpren algún dos requisitos seguintes:
- Medallista nos Campionatos do Mundo, Europa, categoría inferior a sénior na modalidade deportiva individual ou de combate.
GRUPO 5. Até 5 puntos. Estará integrado polos deportistas que cumpren algún dos requisitos seguintes:
- Medallista en Campionatos autonómicos, Campionatos universitarios e outros a valorar polo tribunal avaliador.
6.1.2.-Proxecto deportivo. O interese do proxecto presentado, a proxección de futuro do deportista e a súa progresión: 10 puntos.
6.1.3.-Outros méritos. O tribunal avaliador poderá valorar outros méritos, segundo a documentación presentada polo solicitante: 10 puntos. Entre estos méritos poderase contemplar a pertenza do deportista a un club da provincia da Coruña con alomenos unha antigüidade dende o 1 de xaneiro de 2006.
6.2.-O tribunal poderá nomea-los suplentes que considere oportuno, establecendo unha orde de prioridade. Estes suplentes accederán ás bolsas unicamente no caso de existir algunha renuncia ou incumprimento das bases por parte dos titulares.
6.3.-A resolución da convocatoria darase a coñecer no taboleiro de anuncios da deputación, e na páxina www.dicoruna.es.
7.- PAGAMENTO.
As bolsas aboaranse en dous prazos, do seguinte xeito:
* O 40% á adxudicación da bolsa.
* O 60% restante, unha vez transcorridos tres meses dende a concesión e tras a presentación previa da memoria das actividades e resultados obtidos no 2006, xunto con certificación da Federación deportiva correspondente acreditativa destes extremos.
8.-OBRIGAS DOS BOLSEIROS.
8.1.-Cumprir tódalas normas establecidas nos apartados anteriores.
8.2.-Participar nas probas ou encontros deportivos correspondentes á súa modalidade e categoría deportiva durante a temporada 2007.
8.3.-Publicita-la súa condición de bolseiro da Deputación da Coruña nas competicións e actividades deportivas nas que participe.
O incumprimento das condicións recollidas nas presentes bases, así como a renuncia á bolsa, terá como efecto a obrigatoriedade de devolución da cantidade percibida á que se lle engadirán os correspondentes xuros de mora.
Coas persoas que resulten beneficiarias das bolsas a deputación poderá programar algunha actividade por medio da cal se mostre o seu aproveitamento.
Para os casos non establecidos nas presentes bases aplicarase o disposto nas Bases de execución do presuposto xeral da Deputación da Coruña, aprobado para 2007.
A Coruña, 23 de xaneiro de 2007.
O Presidente,
Salvador Fernández Moreda
O Secretario
José Luis Almau Supervía
Reg. 1368-x | |