Diario Oficial de Galicia
luns, 18 de decembro de 2006
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
Número do Dog:
241
Páxina do Dog:
18.319
Data da Disposición:
15 de decembro de 2006
Sección:
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
Organismo:
VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR
Rango:
Resolución
Título:
Resolución do 15 de decembro de 2006, do Servizo Galego de
Promoción da Igualdade do Home e da Muller, pola que se modifica a do 13 de
marzo de 2006 pola que se regulan as bases reguladoras que rexerán as axudas e
subvencións a entidades locais e a entidades de iniciativa social para o
desenvolvemento de programas destinados á promoción da
muller.
Resolución do 15 de decembro de 2006, do
Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, pola que se
modifica a do 13 de marzo de 2006 pola que se regulan as bases reguladoras que
rexerán as axudas e subvencións a entidades locais e a entidades de iniciativa
social para o desenvolvemento de programas destinados á promoción da
muller.
Por Resolución do 13 de marzo de 2006,
publicada no Diario Oficial de Galicia do 21 de marzo de 2006, do Servizo Galego
de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, organismo autónomo adscrito á
Secretaría Xeral da Igualdade e dependente da Vicepresidencia da Igualdade e do
Benestar, convocáronse subvencións destinadas a entidades locais e a entidades
de iniciativa social para o desenvolvemento de programas destinados á promoción
da muller.
O
artigo 2º da citada resolución establece os orzamentos destinados ao
financiamento das axudas que se concedan, non obstante, a disposición adicional
primeira dispón que se poderán ditar concesións complementarias cando se produza
ampliación, logo da publicación, do crédito inicialmente consignado.
A existencia de
dispoñibilidades orzamentarias adicionais na aplicación 05.80.212A.480.3, que
cómpre dedicar ao financiamento de programas incluídos no ámbito da convocatoria
por teren semellante finalidade, permite incrementar os créditos inicialmente
previstos, polo que, en uso das facultades que teño atribuídas,
DISPOÑO:
Artigo único.
Primeiro.-Amplíanse os créditos asignados nas bases reguladoras das
subvencións destinadas a pro
gramas de promoción da muller na contía de
183.200 euros con cargo á partida orzamentaria 05.80.212A. 480.3 dos orzamentos
do organismo para o exercicio 2006.
Segundo.-Esta modificación non afecta o prazo
establecido na referida resolución para a presentación de
solicitudes.
Disposición derradeira
Única.-Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa
publicación.
Santiago de Compostela,
15 de decembro de 2006.
Ana Luísa
Bouza Santiago
Directora do Servizo
Galego de Promoción
da Igualdade do
Home e da Muller
CONSELLERÍA DE
PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS
E XUSTIZA
© Xunta de Galicia
Información mantida pola Xunta de
Galicia
Servizo prestado pola Consellería de Presidencia, AA.PP. e
Xustiza
Correo electrónico: webdoga
xunta.es