Boletín Nº 285. Jueves, 14 de diciembre de 2006

- IV. ADMINISTRACIÓN LOCAL - IV.1 PROVINCIAL - DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA - PROMOCIÓN ECONÓMICA


ANUNCIO  Pág. 13648  Reg. 14266-x.  

Anterior
Siguiente

Convocatoria do programa de subvencións de agricultura dirixido ás entidades asociativas agrarias e labregas da provincia da Coruña durante o ano 2007

CONVOCATORIA DO PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS DE AGRICULTURA DIRIXIDO ÁS ENTIDADES ASOCIATIVAS AGRARIAS E LABREGAS DA PROVINCIA DA CORUÑA DURANTE O ANO 2007

 

1.-FINALIDADE E OBXECTO.

A finalidade desta convocatoria é apoiar ás entidades asociativas agrarias e labregas en xeral, en proxectos destinados á recuperación e valoración dos recursos agrarios endóxenos de carácter agrícola, gandeiro e forestal que teñan como obxecto:

a) O asentamento da población mediante a consolidación e a creación de emprego rural.

b) O incremento das rendas e mellora das condicións de vida.

c) A promoción e comercialización dos produtos obtidos.

Nesta convocatoria as liñas de axudas que se establecen deberán destinarse para o fomento das seguintes medidas:

1.- Axudas ás explotacións que se integren en proxectos concretos de investigación e divulgación agraria tendentes á adquisición de coñecementos teórico-prácticos que lles permitan a aplicación de técnicas innovadoras de produción, transformación e comercialización das producións agrarias.

2.- Valorización e comercialización das producinos agrarias en mercados de proximidade.

3.- Proxectos relacionados coa multifuncionalidade do monte enfocados a prevención dos incendios mediante o uso de técnicas silvo-pastorís.

4.- Proxectos que fomenten a consolidación e a creación de emprego no medio rural.

En todo caso os proxectos subvencionables terán que servir para establecer as bases téncico-económicas que mellaren as condicións de produción, transformación e comercialización co obxectivo de que os labregos e labregas involucrados adquiran os coñecementos teórico-prácticos mediante ensaios planificados, que lles permitan no futuro o establecemento de proxectos concretos mediante a aplicación das técnicas innovadoras facilitadas por experiencias similares doutras zonas e organismos adicados a investigación agraria.

Consonte co anterior e de conformidade co disposto na Lei 7/1985, de bases de réxime local, Regulamento de servizos das corporacións locais e na Lei 5/1997, de administración local de Galicia, e con cargo ao presuposto da Deputación para 2007, convócanse, para o período que vai comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2007, as subvencións que seguidamente se detallan:

 

PROGRAMA APLICACIÓN PRESUPOSTARIA
Subv. para actividade xeral: 0305/711.E/489.01
Subv. para infraestrutura e equipamento: 0305/711.E/789.01

 

Máis concretamente, as axudas poderánse referir, entre outras, ás seguintes materias:

 

Subvencións para infraestruturas e equipamento:

1. Infraestruturas materiais (peches, locais, entutorados, pequenas estufas, etc.)

2. Equipamentos técnicos (adecuación téncica de maquinaria, acondicionamento de locais, isotermas, etc.)

Subvencións para actividades:

1. Insumos

2. Estudos de viabilidade de recuperación de producinos non desenvolvidas e con potencialidade de desenvolvemento.

3. Aluguer de instalacións, maquinaria, etc.

4. Labores de implantación e acondicionamento de cultivos.

5. Asesoramento téncico para execución e supervisión do proxecto.

6. Formación técnica co fin de conseguir o fomento das medidas obxecto de axuda nesta convocatoria.

 

2.-SOLICITANTES.

Poderán optar ás axudas contidas na presente convocatoria as entidades asociativas agrarias que cumpran os seguintes requisitos:

1. Estar legalmente constituídas.

2. Desenvolver as súas actividades no ámbito territorial da provincia ou sobre temas de interese para a provincia.

3. Non estar incursa en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas.

4. Estar ao día nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

5. As peticións tamén poderán ser solicitadas polas agrupacións de labregas e labregos, aínda que non estean legalmente constituídas e sempre que realicen os investimentos ou actividades na provincia da Coruña.

No suposto de adquisición, construción, rehabilitación e mellora de bens inventariables fíxase un período de destino dos bens para o fin concreto para o que se concedeu a subvención, que será dun mínimo de cinco anos.

Non poderán ser obxecto de axuda na presente convocatoria as entidades subvenciondas, no mesmo exercicio, a través doutras convocatorias de subvencións ou de planos provinciais da Deputación.

3.- CONDICIÓNS.

As entidades poderán solicitar un máximo de dúas subvencións, ámbalas dúas no mesmo programa ou no seu caso unha subvención para actividade xeral e outra para infraestrutura e equipamento.

No caso de solicitar dúas subvencións, deberá priorizarse entre elas.

A Deputación poderá conceder ata un máximo de 15.000 euros polo total das dúas peticións.

Con carácter xeral o importe da subvención solicitada será entre o 20% e o 80% do presuposto estimativo de gastos.

 

4.-DOCUMENTACIÓN.

As solicitudes formularanse nos modelos normalizados que se facilitarán no Rexistro Xeral da Deputación, na Sección de Promoción Económica ou na páxina web de Deputación: www.dicoruna.es

Achegarase tamén a seguinte documentación:

A.- Fotocopia compulsada da tarxeta do CIF da entidade e do NIF do representante.

B.- Fotocopia dos estatutos da entidade.

C.- Certificación orixinal dos datos bancarios da entidade, segundo o modelo aprobado pola Deputación.

D.- Certificación orixinal acreditativa do acordo no que se aproba a participación nestes programas e do nomeamento do representante para as súas relacións coa Deputación.

E.-Declaración de estar ao corrente das obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

F.- Declaración orixinal do representante de non estar incurso en causas de incompatibilidade ou incapacidade para contratar e percibir subvencións da Administración pública e de aceptación das bases da convocatoria, e de que se axustan á realidade os datos e os documentos achegados coa solicitude.

G.- Autorización para que a Deputación poida obter as certificacións da Axencia Estatal da Administración Tributaria e da Tesourería da Seguridade Social nas que se acredite que a entidade está ó corrente nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social no momento de recoñecer as obrigacións e ordenar o pagamento das subvencións. No caso de non dar esta autorización, deberá a entidade solicitante achegar dita acreditacion cos documentos xustificativos da subvención.

H.- Memoria explicativa da actividade ou investimento que se vai realizar, que fará mención ás persoas benefiadas directa ou indirectamente pola axuda e o calendario fixado.

I.- Presuposto aproximado de gastos, que non poderá ser superior a 75.000 euros entre as dúas peticións, e da previsión de ingresos correspondentes para ditos gastos.

J.- No caso de realización de obras: memoria ou proxecto do técnico competente.

K.- Acreditación, en caso de realización de obras ou investimentos, da titularidade da propiedade ou dereito real que obstente sobre o ben inmoble.

L.- Acompañarase así mesmo, o compromiso da entidade respecto do seguinte:

* No suposto de realización de obras, compromiso de solicitar a licencia e autorizacións correspondentes á inversión.

* A facer constar, en todo tipo de información que realice no desenvolvemento da actividade subvencionada, a colaboración prestada pola Deputación Provincial da Coruña.

* A solicitar, polo menos, tres ofertas de distintos proveedores no caso de que o gasto sexa superior a 30.000 euros para realizar obras, ou superior a 12.000 euros para a adquisición de equipamento ou prestación de servizos, nos termos do artigo 31.3 da Lei 38/2003, xeral de subvencións.

LL.- Importe da subvención solicitada que non poderá superar ó 80% do presuposto calculado de gastos.

De conformidade co art. 35.f) da Lei 30/1992, se os documentos solicitados nos apartados A, B, e C, anteriores están en poder da Deputación, o solicitante non terá que remitilos outra vez, pero terá que sinalar a data e a dependencia na que se presentaran anteriormente.

A documentación que se entregue en fotocopia ha de vir compulsada.

O defecto, erro ou ausencia na presentación da documentación á que se refire esta base 4 deberase solucionar no prazo de dez días dende a recepción do requirimento.

 

5.- LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES.

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación e na forma prevista no art. 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Os concellos que teñan convenio con esta Deputación poderán presentar as súas solicitudes conforme ao mesmo.

O prazo de presentación de solicitudes comezará ó día seguinte á publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia e rematará o 12 de xaneiro de 2007.

A pesar do anterior, ó longo do exercicio presupostario poderán presentarse solicitudes que, por circunstancias novas ou por causas imprevisibles e excepcionais, non puideran presentarse no prazo sinalado no parágrafo anterior; esta circunstancia deberá motivarse adecuadamente, e o importe total das concesións por cada partida presupostaria non poderá superar o 10% do importe total da súa consignación.

Estas peticións tramítanse de acordo coas presentes bases, agás o cumprimento do prazo.

 

6.- RESOLUCIÓN DOS PROGRAMAS.

A concesión das subvencións realizarase, mediante un réxime de concorrencia competitiva, por resolución da Presidencia, a proposta motivada da Comisión Avaliadora e requirirá informe do Servizo de Fomento, no que se reflicta que da información que consta no seu poder, derívase que os beneficiarios cumpren todos os requisitos necesarios para acceder ás subvencións.

A comisión avaliadora estará composta polos seguintes membros:

Presidente: Deputado - presidente da Comisión de Promoción Económica, Emprego e Turismo.

Vocais: Tres Deputados/as designados/as polo Presidente da Deputación.

Na comisión actuará como secretario/a, sen voto, un funcionario do Servizo de Fomento.

6.1.- Valoración das solicitudes.-

A selección das peticións e a contía das subvencións determinarase unha vez consideradas as actividades e investimentos que se van realizar, ponderando as seguintes circunstancias:

Interese das actividades ou investimentos: ata 20 puntos, dos que 10 como mínimo concederanse en función da prioridade sinalada polo solicitante na petición.

Número de beneficiados directa ou indirectamente polas actividades ou investimentos: ata 10 puntos.

Coeficiente de financiamento derivado da solicitude: ata 35 puntos.

Adecuación das actividades ou investimentos que se van realizar ó interese provincial: ata 35 puntos.

6.2.- Notificación e publicidade da resolución.

A resolución de concesión deberase notificar expresamente a tódolos solicitantes de forma fidedigna entre o primeiro trimestre e o terceiro de cada ano, publicarase no Boletín Oficial da Provincia as subvencións concedidas no exercicio anterior.

Contra o rexeitamento expreso ou presunto das solicitudes presentadas poderán formularse os recursos que procedan.

6.3.- Reformulación de solicitudes.

Unha vez notificada a resolución de concesión, despois de solicitude razoada do beneficiario da subvención, poderá autorizarse a reformulación da solicitude inicial, mediante o cambio dos obxectivos ou conceptos concretos que se detallan na memoria ou presuposto da solicitude, sempre que se manteña a finalidade da subvención.

Esta solicitude deberá presentarse no prazo de tres meses dende a notificación da concesión e será obxecto de resolución da Presidencia, despois da proposta previa da Comisión Avaliadora que deberá ter en conta as seguintes circunstancias:

* Se o presuposto da nova actividade ou investimento é superior ou igual ó presuposto subvencionado inicial, manteranse as mesmas condicións da subvención concedida: coeficiente de financiamento, importe da subvención e presuposto subvencionado.

* Se o presuposto da nova actividade ou investimento é inferior ó presuposto subvencionado inicial, a Comisión Avaliadora, logo do informe previo do Servizo de Fomento, deberá determinar o novo coeficiente de financiamento, o novo importe da subvención e o novo presuposto subvencionado, que serán inferiores ós inicialmente estabelecidos.

 

7.- XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO.

7.1.- Prazo de xustificación.

O prazo para a xustificación das subvencións finalizará o día 31 de xullo de 2008, se ben antes de finalizar o prazo, poderá ampliarse, conforme ao previsto no artigo 49 da Lei 30/92, por solicitude do interesado ou por proposta razoada da unidade xestora.

Se non se presenta a xustificación dentro de prazo (inicial ou prorrogado), requerirase ao beneficiario para a súa presentación (art.70 do Regulamento de subvencións). A falta de presentación no prazo de 15 días dende o requerimento, dará lugar a que por resolución da Presidencia se inicie expediente de anulación do correspondente compromiso. A resolución final notificaráselle á entidade e á Intervención provincial para o seu reflexo contable.

En calquera caso, salvo o disposto no parágrafo anterior, a data límite para a xustificación non poderá exceder da fixada nas bases de execución do presuposto xeral da Deputación da Coruña para o exercicio 2007.

7.2.- Consideracións xerais.

7.2.1.- As subvencións aboaranse despois da xustificación dos gastos.

7.2.2.- Para os efectos de xustificación das subvencións, defínese o coeficiente de financiamento como o cociente entre o importe da subvención solicitada e o importe do presuposto estimativo de gastos.

A aplicación deste coeficiente ó importe da subvención concedida dará lugar ó presuposto subvencionado que será o que se teña que xustificar para cobrar a subvención; é dicir:

 

                                       Importe subvención concedida
      Presuposto subvencionado = -----------------------------------------
~                                                         Cf

 

No caso de ter outras subvencións para o mesmo obxecto que, en concorrencia coa subvención da Deputación, teñan un importe superior á cantidade resultante do cálculo anterior, o presuposto subvencionado será a suma das subvencións.

O gasto xustificado documentalmente deberá acadar polo menos, o importe do presuposto subvencionado.

7.2.3.- O importe das subvencións concedidas, en ningún caso, poderá ser de tal contía que, en concorrencia con subvencións ou axudas doutras Administracións públicas ou entidades privadas, supere o custo da actividade que desenvolverá o beneficiario.

7.2.4.- Para o cobro da subvención as entidades deberán estar ó corrente das súas obrigas fiscais coa Deputación da Coruña , situación que determinará de oficio a propia Deputación, a través do Servizo Provincial de Recadación.

Así mesmo, as entidades deberán acreditar que están ó corrente nas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

As certificacións acreditativas desta situación poderán ser solicitadas directamente pola Deputación en virtude da autorización dada pola entidade.

7.2.5.-Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, e en todo caso a obtención concorrente de subvencións doutras administracións públicas ou entidades privadas, poderá dar lugar á modificación da resolución da concesión.

7.2.6.-O beneficiario queda obrigado a facilitar canta información lle requira a Deputación e demais órganos de control externo e sométese ás responsabilidades e réxime sancionador estabelecido na Lei 38/2003, xeral de subvencións e o seu regulamento aprobado polo R.D. 887/2006, no que sexa de aplicación, e na Lei xeral orzamentaria e, no seu caso, ó disposto no Código Penal.

7.3.- Documentación xustificativa.

Para o cobro da subvención as entidades deberán presentar a seguinte documentación:

7.3.1.- Declaración ou certificación de ter cumprida a finalidade da subvención mediante a realización das actividades ou investimentos para a que foi concedida e ter cumprido o compromiso de publicidade da axuda da Deputación.

7.3.2.- Relación detallada das subvencións ou axudas obtidas doutras Administracións públicas ou entidades privadas para o mesmo obxecto ou, pola contra, declaración de non ter outras subvencións públicas ou privadas para o mesmo obxecto.

7.3.3.- Declaración de non ter pendente de xustificación outra axuda da Deputación na que xa rematara o prazo para a presentación dos xustificantes.

7.3.4.- Acreditación da realización de gastos, da forma seguinte:

A) As subvencións que teñan por finalidade a realización de actividades que xeren gastos correntes xustificaranse mediante facturas orixinais ou fotocopias compulsadas. (Terase en conta nas compulsas das facturas o disposto na disposición adicional primeira).

No caso de gastos de persoal, poderán achegarse como xustificante as nóminas acreditativas do pagamento e os documentos xustificativos de ingreso dos seguros sociais.

O IVE só será gasto subvencionable se non ten o carácter de deducible para o beneficiario.

B) As subvencións que teñan por finalidade a realización de proxectos que xeneren gastos de investimento, xustificaranse achegando os seguintes documentos:

Adquisición de bens de equipo:

- facturas orixinais ou fotocopias compulsadas. (Terase en conta nas compulsas das facturas o disposto na disposición adicional primeira).

Execución de obras:

- Se as obras se executan por administración: certificación subscrita por técnico colexiado competente e relación valorada polo importe da execución material ou facturas orixinais ou compulsadas expedidas polos distintos provedores. (Terase en conta nas compulsas das facturas o disposto na disposición adicional primeira).

- Se as obras se executan por contrata: certificación e relación valorada subscrita por técnico colexiado competente, que poderá conter os gastos xerais, beneficio industrial e IVE e factura orixinal ou compulsada expedida polo contratista. (Terase en conta nas compulsas das facturas o disposto na disposición adicional primeira).

- Licencias de obras e autorizacións que sexan necesarias para levar a cabo a actividade.

- Acreditación da recepción da obra e da súa aprobación polo órgano competente da entidade.

- Nos casos en que sexa de aplicación, a entidade deberá acreditar o cumprimento das obrigas sinaladas no art. 31.3 da Lei xeral de subvencións. (solicitude de tres ofertas de distintos provedores, no caso de que o gasto sexa superior a 30.000 euros, para a realización de obras, ou superior a 12.000 euros para adquisición de equipamento ou prestación de servizos).

Acreditación da aprobación pola órgano competente da entidade das certificacións ou facturas presentadas, segundo o expresado no apartado 4 do artigo 31 da Lei Xeral de subvencións, no suposto de adquisición, construción e rehabilitacion de bens inventariables que se destinarán os bens ó fin concreto para o que se concedeu a subvención durante o prazo de 5 anos, no caso de bens inscribibles nun rexistro público e 2 anos para o resto dos bens.

Deberá acreditarse a adecuación da obra executada, a legalidade urbanística e a conservación do Patrimonio patrimonial e mediambiental.

Así mesmo, no caso de concorrencia de subvencións públicas que estean xustificadas, poderá achegarse certificación da Administración concedente, na que se detallen os conceptos subvencionados e os importes xustificados e período ó que se refiren os gastos.

7.4.- Tramitación da xustificación

Á vista da documentación xustificativa presentada e despois dos informes da Sección de Promoción Económica e do Servizo de Fiscalización, o órgano competente valorará o cumprimento das actividades ou investimentos subvencionados e se a documentación é correcta, procederase ó pago da subvención.

No caso de que a documentación xustificativa fose incorrecta ou insuficiente, darase un prazo de dez días para a súa corrección.

Para a valoración do cumprimento da finalidade básica da subvención e pago dela, terase en conta o seguinte:

No caso de que se xustifique gasto polo 100 % do presuposto subvencionado, aboarase a totalidade da subvención.

No caso de que se xustifique gasto inferior ó 100% e, polo menos do 50% do presuposto subvencionado, aboarase a parte proporcional da subvención, mediante aplicación do coeficiente de financiación ao importe total dos gastos acreditados.

No caso de que se xustifique gasto inferior ó 50% do presuposto subvencionado , non se considerará cumprida a finalidade básica da subvención, polo que non se aboará cantidade ninguna, sin perxuicio da aplicación do réxime sancionador correspondente.

O aboamento da subvención materializarase mediante ingreso na conta sinalada pola entidade.

 

8.-RÉXIME SANCIONADOR

Será de aplicación o réxime sancionador previsto na Lei 38/2003, xeral de subvencións, coas especificacións indicadas na súa disposición adicional décimo cuarta.

Na determinación de sancións no caso de comisión de falta leve prevista no art. 56 d dita lei, aplicarase a multa fixada no art. 59 en contía comprendida entre 75 e 6000 euros.

No caso de incumprimento dos prazos de xustificación si o retraso no cumprimento do prazo de xustificación non excede dun mes, a sanción prevista na lei imporase no seu grao mínimo e será do 10% do importe da subvención outorgada co límite de 75 euros. Se excedese dun mes e non chegase a tres , a sanción imporase no seu grao medio e será do 20% do importe da subvención outorgada co límite de 400 euros. E si a extemporaneidade da xustificación excedese de tres meses, a sanción imporase no seu grao máximo que suporá o 30% do importe da subvención sin que poida superar o importe total de 900 euros. O incrumprimento reiterado, polo mesmo beneficiario, en distintas convocatorias nos prazos de xustificación implicará que se apliquen as sancións antes expostas elevando nun grao a que proceda.

 

DISPOSICIÓN ADICIONAL PRIMEIRA

Con carácter xeral admitiranse fotocopias sempre que veñan compulsadas:

- Diante de notario.

- Polo Rexistro Xeral da Deputación da Coruña.

- Polo órgano administrativo que teña no seu poder os documentos orixinais.

- Polos organismos públicos a que se refire o artigo 38.5 en relación co artígo 38.4 da Lei 30/92 do 26.11.1992 BOE nº 285 do 27.11.1992).

 

Coa finalidade de dar cumprimento ó disposto no art. 30.3 da lei 38/2003 xeral de subvencións, de 28 de novembro, no caso de presentar fotocopias, antes de facer a fotocopia deberá extenderse no orixinal da factura unha dilixencia na que se faga constar que a factura foi utilizada como xustificante de gastos para obtención dunha subvención da Deputación da Coruña.

DISPOSICIÓN ADICIONAL SEGUNDA

Para o non previsto nesta convocatoria, en especial todo aqsuelo que fai referencia á posibilidade de levar a cabo un control financieiro no ano seguinte das subvencións xustificadas e pagadas, serán de aplicación as normas incluídas nas Bases de execución do presuposto xeral da Deputación da Coruña para o exercicio de 2007 e na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

 

DISPOSICIÓN ADICIONAL TERCEIRA.

1.- A aprobación da presente convocatoria queda sometida á condición suspensiva da entrada en vigor do Presuposto da Deputación do exercicio 2007 no que se conteñan os créditos adecuados e suficientes para atender ás solicitudes que ao amparo daquela se presenten.

2.- Consonte co anterior, non se poderá realizar acto algún que supoña directa ou indirectamente compromiso provincial de transcendencia presupostaria en tanto non se cumpra a condición suspensiva citada no apartado anterior.

3.-En ningún caso a presente convocatoria xerará dereito algún a favor dos solicitantes mentres tanto non se den as condicións presupostarias, procedimentais e xurídicas de aplicación.

 

A Coruña, 30 de novembro de 2006.

O presidente, Salvador Fernández Moreda.

O secretario, José Luis Almau Supervía.

 

Reg. 14266-x